GUÍA LECTURAS

3
DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGO IES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO CURSO 2009-10 GUÍA DE LECTURA (v. 27-09-09) 1. INTRODUCIÓN Segundo vaias lendo as obras obrigadas, debes ir dando resposta ás preguntas dos distintos cuestionarios. É importante tamén que te fixes nos aspectos que se indican no apartado de NOTATE BENE, e prepares por escrito as respostas ás preguntas de reflexión persoal. 2. As Metamorfoses de Ovidio. 1. Frag. 1.452-567: Dafne e Apolo. 1. Cuestionario: 1. Cal foi a causa de que Apolo se namorase de Dafne? 2. Como aparece caracterizada Dafne no relato? 3. Por que Dafne rexeita a Apolo? 4. Cando Apolo persegue a Dafne, que é o que argumenta para que Dafne deixe de fuxir? 5. Que comparanza utiliza Ovidio para representa-la paixón e forza do amor de Apolo? 6. Que comparanza utiliza Ovidio para representa-la persecución de Dafne por Apolo? 7. Como remata a persecución? 8. Que fai Apolo ante a imposibilidade de posuir a Dafne? 2. NOTATE BENE: A figura de Dafne, como rapaza que gusta das actividades propias dos homes e rexeita o amor e (por extensión) o matriomonio e o sometemento ás actividades propias das mulleres segundo a concepción do mundo antigo, é un tópico literario que está moi relacionado coa literatura pastoril. 1. Que é a literatura pastoril? 2. Frag. 4.55-166: Píramo e Tisbe. 1. Cuestionario: 1. Como se coñeceron Píramo e Tisbe? 2. Como se comunican entre si? 3. Por que non poden casar? 4. Que deciden facer para poder estar xuntos? 1

description

Breve cuestionario-guía para que os/as alumnas de Latín II fagan as lecturas obrigadas para o curso 2009-2010.

Transcript of GUÍA LECTURAS

Page 1: GUÍA LECTURAS

DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGOIES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO

CURSO 2009-10

GUÍA DE LECTURA (v. 27-09-09)

1. INTRODUCIÓN

Segundo vaias lendo as obras obrigadas, debes ir dando resposta ás preguntas dos distintos cuestionarios. É importante tamén que te fixes nos aspectos que se indican no apartado de NOTATE BENE, e prepares por escrito as respostas ás preguntas de reflexión persoal.

2. As Metamorfoses de Ovidio.

1. Frag. 1.452-567: Dafne e Apolo.

1. Cuestionario:

1. Cal foi a causa de que Apolo se namorase de Dafne?

2. Como aparece caracterizada Dafne no relato?

3. Por que Dafne rexeita a Apolo?

4. Cando Apolo persegue a Dafne, que é o que argumenta para que Dafne deixe de fuxir?

5. Que comparanza utiliza Ovidio para representa-la paixón e forza do amor de Apolo?

6. Que comparanza utiliza Ovidio para representa-la persecución de Dafne por Apolo?

7. Como remata a persecución?

8. Que fai Apolo ante a imposibilidade de posuir a Dafne?

2. NOTATE BENE: A figura de Dafne, como rapaza que gusta das actividades propias dos homes e rexeita o amor e (por extensión) o matriomonio e o sometemento ás actividades propias das mulleres segundo a concepción do mundo antigo, é un tópico literario que está moi relacionado coa literatura pastoril.

1. Que é a literatura pastoril?

2. Frag. 4.55-166: Píramo e Tisbe.

1. Cuestionario:

1. Como se coñeceron Píramo e Tisbe?

2. Como se comunican entre si?

3. Por que non poden casar?

4. Que deciden facer para poder estar xuntos?

1

Page 2: GUÍA LECTURAS

DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGOIES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO

CURSO 2009-10

5. Cando Píramo chega ó lugar onde se citara con Tisbe:

1. Que pensa que pasou e por qué?

2. Pero que pasou realmente?

3. Cal é a reacción de Píramo?

6. Cando Tisbe volve ó lugar no que se citara con Píramo:

1. Que atopa?

2. Que decide facer?

7. Segundo esta lenda, cal é a causa de que as amoras da moreira sexan negras?

2. NOTATE BENE:

1. Concepto ou tópico literario de amor como paixón total que fai que os namorados rompan tódalas regras sociais (non contan co consentemento paterno) e que fai que ante a perda do amante a vida careza de sentido.

3. REFLEXIÓN PERSOAL:

1. Cal é a causa última de que se produza o tráxico final de Píramo e Tisbe?

3. Frag. 10.1-71: Orfeo e Eurídice.

1. Cal é a causa da morte de Eurídice?

2. Que fai Orfeo para recuperar a Eurídice?

3. No seu canto perante os deuses do mundo subterráneo, cal é o argumento clave que Orfeo dá para que permitan que Eurídice volva á vida?

4. Que decicen os deuses do mundo subterráneo?

5. Que condición impoñen?

6. Compre Orfeo a condición imposta?

7. Por que cres que o narrador di que Eurídice, cando morreo por segunda vez, non se queixa nin ten motivo para se laiar?

8. Quen son os seguintes personaxes da mitoloxía:

1. Tántalo

2. Ixión

3. as Bélides

2

Page 3: GUÍA LECTURAS

DEPARTAMENTO DE LATÍN E GREGOIES DA TERRA CHÁ, JOSÉ TRAPERO PARDO

CURSO 2009-10

4. Sísifo

5. Quen son os deuses do mundo dos mortos segundo a mitoloxía clásica?

9. A que relato bíblico recórdache a lenda de Orfeo e Eurídice?

3