Guía de boas prácticas na explotación do percebe

25
na explotación do guía de boas prácticas Financiado por: percebe

Transcript of Guía de boas prácticas na explotación do percebe

na explotación doguía de boas prácticas

Financiado por:

percebe

O principal fin de esta guía é recompilar nunha soa publicación todos os riscos e medidas preventivas para evitar no posible os accidentes e enfermidades profesio-nais dos/as percebeiros/as; sendo conscientes que os/as propios/as traballadores/as, expertos/as na súa profesión, son os/as primeiros/as en adoptar e perfeccionar as medidas de seguridade segundo lles ensina a súa práctica diaria dando resposta as súas necesidades.

Agradecerlle a esta xente do mar a súa implicación e colaboración na confección da presente guía, ademais da súa disposición para levarnos a mariscar, ensinándo-nos a súa maneira de traballar.

introdución

O percebe (Pollicipes pollicipes) é un crustáceo mariño que se distribúe polas costas occidentais atlánticas de España, Portugal, Francia e Marrocos.

A parte comestible é o pé que está cuberto por unha pel parda escura e dura que remata en unha uña dividida en varias placas ou escamas. Este órgano permítelle adherirse ás rochas en zonas de forte oleaxe (ondada) formando grupos ou piñas.

ZONAS DE EXPLOTACIÓN DO PERCEBE/DISTRIBUCIÓN:

Este marisco atópase en zonas de difícil acceso, en rochas situadas na zona marítimo-terrestre, ás que se pode acceder por terra ou por mar.

Cando a zona permite o acceso de ámbolos dous xeitos, é xeralmente o mal tempo o que dificulta o uso da embarcación e fai preciso que os seus tripulantes accedan ao recurso por terra.

CONfRARíAS DE PESCADORES NA COmUNIDADE AUTÓNOmA DE GA-LICIA CON PLAN DE EXPLOTACIÓN DO PERCEBE:

Provincia de A Coruña: A Coruña, Ares, Aguiño, Camariñas, Caión, Ca-melle, Cariño, Cedeira, Corme, Mera, Lorbé, Espasante, Ferrol, Fisterra, Laxe, Lira, Malpica, Muros, Muxía, O Barqueiro-Bares, O Pindo, Porto do Son, Ribeira.

Provincia de Lugo: Burela, Celeiro, Foz, O Vicedo, Ribadeo, San Cibrao.

Provincia de Pontevedra: A Guarda, Aldán-Hío, Baiona, Bueu, Cangas, O Grove.

3

Resultados por provincias das porcentaxes de permex, de marisqueo a pé e asociados a embarcacións, calculados a partir dos datos publicados na páxina web de pesca de Galicia (www.pescadegalicia.com).

PLAN DE EXPLOTACIÓN

É o modo de planificar a actividade marisqueira. Preséntano as Confrarías de Pescadores/as ou outras entidades do sector á Consellería do Mar antes do 1 de novembro de cada ano.

Os contidos mínimos son:- Número de mariscadores/as.- Períodos e zonas de extracción.- Días previstos de actividade.- Normas de comercialización.- Vixilancia.- Topes de captura por mariscador/a e día.

Este debe ser aprobado pola Consellería do Mar e publicado no DOG antes do final de cada ano.

Para traballar unha zona precísase estar en posesión do PERMEX (permiso de explotación) e estar inscrito/a nun plan de explotación de percebe aprobado para o ano que corresponda.

PLAN DO PERCEBE:

As dúas modalidades de acceso ao recurso determina á súa vez unha dualidade de per-misos de explotación:

A) A PÉ: É unha habilitación para poder exercer a actividade, sendo de carácter individual e in-transferible, válido por 5 anos, aínda que se revalida anualmente nas Delegacións Terri-toriais de Pesca ou a través das Confrarías de Pescadores/as.

Os requisitos para a súa solicitude son:

a) Ser maior de 18 anos ou menor emancipado/a e non ter máis de 65 anos.b) Estar empadroado/a nun municipio do litoral de Galicia.c) Estar en posesión do certificado de percebeiro/a.d) Non estar incapacitado/a para exercer os labores de marisqueo.e) Non ser perceptor/a de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade per-manente absoluta ou total, a favor de familiares ou perceptor/a da renda de integración social de Galicia.

5

introdución

B) A FLOTE: É unha habilitación aos tripulantes enrolados nunha embarcación, de 3ª lista con menos de 10 TRB, con permiso de explotación na modalidade de percebe. Ademais, os/as percebeiros/as tripulantes da embarcación precisan de unha acreditación da Consellería do Mar que se obtén tras realizar un curso que aporta a cualificación profesional de percebeiro/a (certificado de percebeiro/a).

TALLA MÍNIMA:Segundo a Orde do 12 de xuño de 2009 o tamaño mínimo de extracción e co-mercialización do percebe é de 15 mm, que se medirán polo diámetro maior da base do capítulo (DBC).

Cando se presenten formando piñas, polo menos o 60% do peso da piña deberá estar constituído por exemplares que alcancen o tamaño mínimo.

introdución

7

DESCRICIÓN DA TAREFA:A tarefa de recolección do percebe consiste en arrincar as piñas de marisco di-rectamente das rochas, axudándose dunha ferrada ou rasca, que se emprega a modo de palanca. O percebe extraído recóllese coa man libre que ás veces suxeita un trueiro en cuxo interior cae o marisco. As piñas logo son depositadas nunha bolsa de rede que se porta na cintura mentres se continúa mariscando.

Para poder acceder ás distintas zonas é preciso saltar polas rochas. Tamén se pode ver traballar aos/ás percebeiros/as en parellas de forma que un/unha de eles/as se descolga polas rochas suxeito/a por unha corda á cintura en cuxo cabo está o seu compañeiro/a, que actúa como sistema de seguridade ante unha eventual caída ou un golpe de mar. É un traballo que se realiza ao aire libre no que o/a traballador/a se encontra a mercé das condicións meteorolóxicas e cuxas xornadas de traballo están determinadas polo ciclo mareal.

HORARIO DE TRABALLO:Comézase a traballar dúas horas e media antes da baixamar diúrna ata unha hora e media despois, cun máximo de 4h/diarias. NUNCA máis tarde das 17:00 horas. Igual para os/as que van a pé ou a flote.

ARTES E ÚTILES DE TRABALLO:Para a captura do percebe utilizaranse as rasquetas, raspas ou ferrada que cons-tan dun mango recto de madeira unido a unha platina trapezoidal que terá unha base máxima de 15 centímetros (reguladas no Decreto 424/1993). A uti-lización de outras artes e equipos na extracción do percebe requirirá a previa aprobación do correspondente plan de explotación pola Consellería do Mar na forma que se determine regulamentariamente.

PROHIBIDO o uso de equipos ou sistemas de mergullo.

Rasquetas Bolsa recolectora

Trueiro

riscos

Ferrada

Entre os útiles auxiliares de pesca encóntranse:

Trueiro (só en algunhas zonas): bolsa de rede que contén unha cuchilla soldada na parte superior coa que se arranca o percebe caendo este dentro da rede. O conxunto está suxeito a un longo mango de madeira para poder chegar ata a piña do percebe que está fora do alcance das mans.

Bolsa recolectora (bolsa de rede) que vai atada ao redor da cintura do/a percebeiro/a para ir depositando o marisco. Está composta por unha rede para un fácil desaugue.

Corda empregada como arnés cando os/as percebeiros/as traballan en parellas.

RISCOS DO ACCESO:A) POR MAR:O acceso faise nunhas embarcacións foraborda. Actualmente as que máis están a prolife-rar son as denominadas planeadoras (construción de fibra).

1. PROPIOS DA EmBARCACIÓN: - Caídas a distinto nivel: Desde as bancadas ou amuras ao plan da embarcación. Desde a embarcación á auga. - Caídas ao mesmo nivel no plan da embarcación. - Golpes con obxectos inmóbiles: remos, toletes, bancadas, rizóns, … - Pisadas sobre obxectos: coitelos, ferradas, … - Cabezadas da embarcación á hora de navegar, podendo producir lesións nas articulacións (xeonllos e nocellos) e a columna vertebral. - Esvarar en cuberta por solo húmido ou sucio. - Colisión da embarcación coas pedras. 2. NO SALTO: - Caída á auga por esvaramentos, tropezos coa barandilla, balanceos e cabeceos da embarcación, … - Caída polas pedras tras o salto ou pola forza do mar. - Atrapamento entre a embarcación e as rochas.

B) POR TERRA:Caídas, traumatismos, cortes, picadas, rozaduras, etc debido a que ás veces o percorrido a pé faise por zonas abruptas e con moita maleza.

9

Acceso por terra

Acceso por mar

(salto da embarcación ás pedras)

RISCOS PROPIOS DA TAREfA:

Caídas polas pedras ou ao mar que poden ocasionar cortes, traumatismos, roturas de osos, escordaduras, ...

Proxección de fragmentos de partículas (anacos de pedras, fauna,…) po-dendo ocasionar afeccións oculares, feridas, …

Atrapamento por enganche da bolsa recolectora nas pedras.

Rotura do mango da ferrada durante o seu emprego, coa posibilidade de golpes e proxección de astillas á cara e ollos.

Rozaduras producidas pola roupa e calzado, ademais de outras lesións cu-táneas como a micose (infección causada polos fungos).

Fatiga muscular debido aos sobreesforzos requiridos pola actividade, como o elevado ritmo de traballo, as posturas forzadas e os movementos repetitivos. Isto pode producir unha diminución da capacidade física do/a traballador/a, que se caracteriza por: Cansazo. Movementos torpes e inseguros. Redución do ritmo de traballo (menor rendemento).

Trastornos músculo-esqueléticos debido a: - Posturas forzadas de tronco e pescozo (xiro e inclinación) podendo ocasionar dor muscular, contracturas, lumbalxias,... - Movementos repetitivos de ombros, antebrazo e pulso, ademais da forza exerci- da, asociados ao uso da ferrada, podendo producir sobrecarga muscular, dor e le- sións como: Tendinite (inflamación dos tendóns). Síndrome do túnel carpiano (compresión do nervio mediano que pasa polo pulso producindo dor e formigo nos dedos polgar, índice e corazón). - Manipulación manual de cargas durante: O traslado dos útiles ao lugar de traballo e o traslado dos útiles e da cap- tura ata o punto de control. O transporte do saco de rede que leva colgado o/a recolector/a durante a captura, podendo desequilibralo xa que se leva sempre de un lado.

Exposición a condicións ambientais de temperatura, vento e humidade extremas (o ven- to e a humidade incrementan a sensación térmica de frío e calor) aumentando a posibili- dade de padecer enfermidades osteomusculares (reuma, artrite, artroses,...). Exposición a radiacións non ionizantes: radiación solar, podendo ocasionar cancro de pel e afeccións oculares polo reflexo do sol no mar. Alteracións dixestivas debido a que os períodos de recolección están supeditados aos ciclos mareais variables.

11

riscos

RISCOS NA ESCOLLA:

Trastornos musculo-esqueléticos debidos á: - manipulación manual de cargas. - mantemento de posturas estáticas e forzadas de tronco e pescozo (xiro e inclinación). - traballo continuo coas mans: movementos repetitivos de pulso e dedos (movementos de destreza manual a ritmo elevado).

Exposición a condicións de temperatura, vento e humidade extremas, se a es-colla ten lugar nas pedras ou na embarcación, tendo en conta que a roupa e calzado poden estar mollados total ou parcialmente polas condicións meteo-rolóxicas (choiva) ou polos traballos de extracción.

Fatiga muscular e visual debido ás características da tarefa.

Risco hixiénicos, biolóxicos e mecánicos: afeccións dérmicas, feridas, rozaduras, picadas e cortes nas mans pola manipulación dos percebes.

Infeccións nas feridas abertas (tétanos).

mEDIDAS PREVENTIVAS DO ACCESO:

A) POR MAR:

1. PROPIAS DA EMBARCACIÓN:

- Dispor dos medios de salvamento e supervivencia a bordo da embarcación (extintor, aro salvavidas, ...). - Durante a navegación ir acorde co movemento da embarcación (non manter o corpo ríxido e flexionar os xeonllos). - Levar a bordo o botiquín coa revisión en vigor. - Levar un cabo de seguridade na proa para ir agarrado durante a navegación cando vaian varios. - Non exceder o número permitido de tripulantes nin rebasar a capacidade (peso) máxima da embarcación con- tando co peso da tripulación, útiles de traballo e captura. - Cuberta antiesvarante (pintura antiesvarante/goma) e calzado adecuado. - Orden e limpeza: cabos e ferramentas de traballo ben estibados para evitar tropezar ou esvarar. - Proteccións: coitelos, rizóns, barandilla… - Trincar os obxectos que podan sufrir desprazamentos. - Coñecemento sobre a forma de realizar a manobra de home á auga. - Levar posto o chaleco salvavidas (obrigatorio para os/as que non levan traxe de neopreno e aconsellable para o resto).

13

medidas

2. SALTO: - Ter en conta e calcular os balanceos e cabeceos da embarcación. - Saltar con precaución e seguridade da embarcación ás pedras e polas pedras , evitando zonas de mar batido e poboa- das de flora e fauna mariña (algas, arneiróns, ourizos, mexillóns) evitando golpes, cortes, rozaduras, resbalóns, tor- ceduras, fracturas.... - Agarrarse ao cabo de seguridade da proa para evitar caídas antes de saltar. - Aconsellable levar posto chaleco salvavidas e casco de protección.

B) POR TERRA: Limpeza e mantemento dos camiños e accesos ao recurso.

mEDIDAS PREVENTIVAS PROPIAS DA TAREfA:

Estar en posesión da documentación e permisos necesarios, sendo isto unha verificación do cumprimento da normativa e das aptitudes e capacidades dos/as mariscadores/as.

Estar atento/a ás predicións meteorolóxicas xa que NON se deber traballar se as condicións son moi adversas.

Non traballar nunca só/soa, sempre en grupo. Ter boa forma física e bo nivel de natación.

Vixilancia periódica da saúde (“recoñecemento médico”).

medidas

Contar coa correcta vacinación evitando a infección por tétanos nas feridas abertas. Evitar infeccións de feridas abertas e rozaduras tendo a man un botiquín con contido mínimo para a súa desin-fección e limpeza e protexendo as zonas afectadas en días futuros de traballo.

Non manter a mesma postura durante un longo período de tempo. Aconsellable facer cambios posturais e pausas periódicas para evitar a fatiga muscular.

Evitar movementos de torsión e rotación do tronco durante a recolección, ademais de evitar a curvatura da columna vertebral (manter o lombo o máis recto posible).

Realizar estiramentos durante a xornada de traballo.

Utilizar ferramentas axeitadas á tarefa, con mango antiesvarante, evitando facer esforzos innecesarios, ademais de facer un correcto mantemento das mesmas.

15

O saco de rede debe de ser de pequeno tamaño para non levar moito peso de cap-tura, ademais de ter a malla resistente e ir suxeito ao/á traballador/a con un sistema de fácil liberación/apertura. Baleirar frecuentemente.

Traballar coa menor superficie corporal ao sol e utilizar protección solar para a pel xa que tras a exposición excesiva á radiación UV pódese desenrolar un cancro de pel.

Limpar un pouco coa ferramenta as algas das rochas nas que se están a traballar evitando escorregar.

Respectar os tempos de descanso (sono) e ter unha alimentación axeitada.

No traslado dos útiles utilizar unha mochila coa espaldeira reforzada e pegala ás costas a unha altura superior á cadeira, sempre pensando de antemán que o peso á volta vai a ser maior (aprox. 5-6 kg de captura máis o peso da roupa mollada).

No levantamento de cargas débense manter as costas rectas, os pés firmes e se-parados e os xeonllos flexionados. Pegar a carga ao corpo. A descarga aconséllase facer sobre unha superficie elevada e non sobre o chan, para economizar esfor-zos, seguindo os consellos do levantamento, pero na secuencia inversa.

Levar auga ou bebidas isotónicas para hidratarse polo esforzo físico da tarefa de extracción.

EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS)

Se se traballa atado/a a un cabo, débese anudar simulando un sistema de arnés de cintura.

17

medidas

Levar roupa de traballo axeitada a tarefa, sendo axustada ao corpo e có-moda para un movemento áxil. Recomendado utilizar: traxe de neopre-no reforzado nos cóbados, xeonllos e cu; coa posibilidade de xeonlleiras e cobadeiras. Axuda á flotabilidade do/a percebeiro/a no caso de ser arrastrado/a por unha ola, ademais de protexelo/a do frío e de posibles rozaduras ou golpes contra as rochas. A ser posible debe ser de cores vivas para que sexa máis fácil a súa visibilidade.

medidas

Gorro/a para protexerse do sol e do frío, ademais de servir para recoller o cabelo, que pode dificultar a tarefa.

Aconsellable levar chaleco salvavidas e casco de protección xa que hai risco de golpear a cabeza contra as pedras podendo que-dar inconsciente, sufrir golpes, aturdimentos, …

O chaleco salvavidas axuda a evitar lesións torácicas (de tronco e abdome), ademais de complementar a flotabilidade e aumentar a visibilidade en caso de caída.

Calzado de seguridade: botas de auga antiesvarantes perforadas para desaugar facilmente ou calzado de tela con sola antiesvarante.

Luvas adecuadas á tarefa para evitar riscos mecánicos (cortes, rozaduras,…) e que desauguen facilmente, evitando guantes de goma, látex, …

19

mEDIDAS PREVENTIVAS DURANTE A ESCOLLA:

- Seguiranse os consellos plantexados na tarefa de extracción para

a manipulación manual de cargas.

- Manter unha postura correcta, preferiblemente sentado/a.

- Columna vertebral recta (faixa lumbar).

- Zona de traballo á altura adecuada.

- Non xirar o tronco.

- Aconsellable facer cambios posturais e pausas periódicas para

evitar a fatiga muscular.

- Guantes impermeables adecuados á tarefa: para evitar riscos

mecánicos e humidades.

- Si a escolla ten lugar nas pedras ou na embarcación hai que ter en

conta as condicións meteorolóxicas (calor, frío, choiva, vento…).

- Iluminación xeral se os traballos se realizan en un lugar pechado

(preparación/clasificación do percebe na casa para a venda).

21

medidasC) PRImEIROS AUXILIOS BÁSICOS:

Teléfonos de emerxencias sempre a man (na embarcación ter VHF e telefonía móbil ao igual que nas rochas, para contactar rapidamente co servizo de urxencias, podendo quedar a cargo do/a vixilante).

VHF: canle 16 CENTRO RADIO MÉDICO SOS Galicia: 900.44.42.22 EMERXENCIAS: 112 Centro de Saúde Local

Levar Botiquín básico, obrigatorio nas embarcacións e aconsellable por terra, podendo quedar ao cargo do/a vixilante e a disposición de todo/a percebeiro/a. Contido mínimo:

Material de curas: gasas, vendas, esparadrapo, puntos de sutura... Desinfectante: betadine, auga osixenada, amoníaco... Analxésico e anti-inflamatorio: nolotil, aspirina, paracetamol... Xogo de férulas inflables para fracturas, escordaduras e luxacións. Colar cervical.

Coñecementos mínimos sobre:- Tratamento de traumatismos e contusións: golpes, cortes, escordaduras, luxacións ou fracturas de osos.- Reanimación dun/dunha “afogado/a”.

- Ser prudente e non correr riscos innecesarios.

- Nunca darlle as costas ao mar.

- Manter unha boa forma física e ter un bo nivel de natación.

- Nunca traballar só/soa.

- Levar EPIS homologados e mantelos en correctas condicións de uso.

- Evitar posturas forzadas, movementos repetitivos e sobreesforzos.

- Facer pausas periódicas e inxerir líquidos.

- Soamente saltar cando sexa seguro.

- Á hora de levantar a carga hai que utilizar os músculos das pernas e

non os do lombo.

LEMBRA

23

BIBLIOGRAfíA LEXISLATIVA:

Orde 12 xuño de 2009 pola que se modifica a Orde do 15 de novembro de 1992, pola que se regulan os tamaños mínimos de extracción e comercialización de diversas especies de peixes, moluscos, crustáceos e equinodermos.

Orde do 6 de marzo de 2000 pola que se regula a explotación do percebe (Pollicipes pollicipes) como recurso específico no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e modificacións (Orden do 13 de novembro de 2008).

Real Decreto 487/1997, de 14 de abril, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde relativas á manipu-lación manual de cargas que entrañe riscos, en particular dorsolumbares, para os traballadores.

Decreto 424/1993, do 17 de decembro, polo que se aproba o regulamento da actividade pesqueira e das artes e aparellos de pesca permisibles en Galicia.

Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explota-ción para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e modificacións (Decreto 114/2007, do 31 de maio).