gratas e boas novas

27
Celso Fernández Sanmartín Gratas e Boas Novas

description

gratas e boas novas Autor: Celso Fernnández Sanmartín Cartas, postais e telegramas déronme moitos gustos deste tipo, aquí amoso algunhas, traídas por min ó campo dospoemas, sen importarme moito o seu tempo histórico senón a súa perdurabilidade por condensación, a súa enteirezaou completude, a súa frescura e bondade. Sen maior pretensión que velas xuntas, como absolutos caramelos

Transcript of gratas e boas novas

Page 1: gratas e boas novas

ISBN 978-841504505-2

9 7 8 8 4 1 5 0 4 5 0 5 2

Impreso o 18 de xullo de 2011día da santa Mariña e feira en Lalín

Deseñado usando Indesign e os tiposNew Cicle Fina, New Cicle Semi

New Cicle Semi Italic e New Cicle Gordita Impreso sobre papel estucado Satimat Naturel de 170 gr en interior

Capa sobre papel Kraft branco Renova de 140 grpor metro cadrado

AutorCelso Fernández Sanmartín

Deseño e maquetaciónNiko Alvarellos

Asesoramento lingüísticoTeresa Seara Domínguez

Edición e produción gráficaalvarellos®, s.l.

ISBN: 978-84-15045-05-2DL: PO 343-2011Celso Fernández Sanmartín

Gratas e Boas Novas

Page 2: gratas e boas novas
Page 3: gratas e boas novas

Gratas e Boas Novas

Celso Fernández Sanmartín

Page 4: gratas e boas novas
Page 5: gratas e boas novas

*Querido amigo: Vin a esta cidade para ter o gusto de darlle unha aperta a meu irmán (...)

Page 6: gratas e boas novas

*Querida amiga: Desexámoslles todos os da casa que empecen o ano 1927 con moita saúde e felicidades sen f in.Creo que xa terán a fotografía nosa e hannos ver bastante gordiños pois eu peso 72 k e Fausto 79 así que xa

podemos pasar o verán sen medo (...)

Page 7: gratas e boas novas

Haberá trece anos que me levaron visitar a exposición de exvotos e ofretas que hai na sacristía do santuario da Virxe de Sonsoles na cidade de Ávila (o santuario está na cima dun coto que ten o tamaño proporcionado, o xusto e necesario, para a igrexa e o recinto arborado de diante, e séntanlle como ás caídas, un restaurante a un lado e un aparcamento ó outro). A sacristía é un cuarto pequeno, alto e sen andeis, no que non cabía nada máis nas paredes. Acórdanme, de entre todas, catro cousas coma se fora hoxe: Había dúas caixiñas coma dous escaparates de xoguete que contiñan, unha, a roupa estrizada por un muíño que pillou ó dono, e que o rogo instantáneo pola vida á Virxe f ixo que o muíño o espira pero non o moera ou o que é o mesmo, non o matara. A outra tiña tamén roupa estrizada, pero queimada pola chispa dun raio que lle caeu a un pastor no monte que, neste caso, vendo como se lle viña enriba unha pavorosa tronada, invocou no ventimperio á Virxe, anticipándose así á chispa que aínda que lle caeu derriba, non o fendeu, e deixouno espido nada máis, porque sobre esa furia natural condensada, a tronada obedeceu e portouse coma unha apariencia, e todo porque se obrou o milagre coma poñéndolle ó pastor un escudo contra a morte e unha pomada para o corpo. Cada caixa tiña a súa historia escrita nunha tarxetiña. Outro motivo exposto nunha funda transparente era unha moeda dun tamaño grandeiro, que un neno tragou e logo depositou, e que a familia do neno en agradecemento á intercesión da Virxe, propiciadora da evacuación que evitou unha segura cirurxía, alí lla deixaron, en prenda, cunha nota en papel de libreta alusiva ó percance, ó alivio do percance e á ledicia pola saúde. E o último recordo vivo que conservo, de entre aquelas paredes repletas, é o dun papeliño escrito que non sei se o acompañaba algo ou nada e que dicía: Gracias, la boda salió muy bonita, y que tengamos suerte en la vida*

Admiro o peso específico da brevidade cando a brevidade o ten, e non me sinto capaz de xulgar un comportamento, nin un feito, nin un texto, cando se ref iren a desvalimentos, desexos, sortes, e mesmo inxenuidades; se vexo que se depón das palabras toda ferramenta ou arma de estilo, como desvestíndose conf iadamente; iso a min pódeme e detenme a voz, coma cando conta meu pai que collía un enxame de abellas e o levaba nas mans

E cando oio dicir: ‘Do lobo un pelo’, penso nun amuleto que para a maioría da xente podería substituír ó lobo perfectamente. O lobo destila medo e mudez, e o pelo do lobo, forza e protección e todo o que queiramos máis: compañía, experiencia, recordo, imaxinación, cura, crianza, fereza, contos. A min quen me dera (é un falar) ter un pelo do lobo ademais da palabra pelo e da palabra de e da palabra o e da palabra lobo. Pero aquí está o dito, quincalla para uns, ouro para outros

Cartas, postais e telegramas déronme moitos gustos deste tipo, aquí amoso algunhas, traídas por min ó campo dos poemas, sen importarme moito o seu tempo histórico senón a súa perdurabilidade por condensación, a súa enteireza ou completude, a súa frescura e bondade. Sen maior pretensión que velas xuntas, como absolutos caramelos

*Grazas, a voda saíu moi bonita, e que teñamos sorte na vida

Page 8: gratas e boas novas
Page 9: gratas e boas novas
Page 10: gratas e boas novas
Page 11: gratas e boas novas
Page 12: gratas e boas novas
Page 13: gratas e boas novas

*Seu f illo en Nador está ben

Page 14: gratas e boas novas
Page 15: gratas e boas novas
Page 16: gratas e boas novas
Page 17: gratas e boas novas

*Recordos de todos

Page 18: gratas e boas novas

*Todos bos

Page 19: gratas e boas novas

*Querida Lucrecia: Non se imaxina o que a estrañamos e recordamos, todo o día os temos presentes. A Paulita e a Nena os meus cariños a Jorge os meus recordos e para vd. unha aperta dos que moito a queren e non a esquecen.

Page 20: gratas e boas novas
Page 21: gratas e boas novas
Page 22: gratas e boas novas

Poucos dias já falta para a vida para Caminha o que de certo dá muito gosto a meu querido Jose

Page 23: gratas e boas novas

*A ti como máis traste mándoche este arroio, onde poderás xogar, nel, todo o resto do verán deste ano

Page 24: gratas e boas novas
Page 25: gratas e boas novas

Terei que seguir buscando materiais coma os deste libro, o mesmo que teño que seguir criando motivos para a poesía

Este libro é completo en por si, porque a súa unidade está composta pola miña escolla, que non tería f in (en f in, que o fai incompleto) pero que lle dá forma a este corpo como corpo cumprido e acabado. Un bocado chega para abrir o apetito, e iso pretende ser este bocado

Todo o traballo de conf ianza na procura de palabras-alfaia, e mensaxes-ouro, é dicir, palabras e mensaxes perdurables e preciosas, é nestas poucas páxinas, para min polo menos, un estremecemento. E quen queira pode calibrar nesta balanza os seus afectos, intuíndo nos alleos o peso da verdade na entrega das palabras, cando un sente o peso destas palabras precisamente como coincidencia plena entre intención e dicción

Foi para min unha fortuna reparar no que reparei e dar cos testemuños que dei, porque me deixan pechar os ollos e conf iar o meu corpo ás mensaxes boas. Nunca sobro me vin delas

Cando comecei a facer unha busca consciente entre este tipo de correspondencia, descubrín que as postais estaban clasif icadas (cando o estaban) pola imaxe, e así é que un pode pedilas de países, coellos, etc. E hai tendas que teñen nada máis ca un feixe e hainas que teñen millóns delas. O que non atopei foron postais clasif icadas polo texto, aínda que si algunha na que o texto inf luía no prezo de venda. Así mo explicaron por unha, carísima, remitida desde o cárcere por un preso político, completamente escrita, coa letra moi apretada, e entre medio de asuntos familiares, preocupacións e ansias cotiás redactadas nun ton coloquial, podíase traslucir certa mensaxe gardada pero presente. E ese era o motivo de ser tan valiosa. Nin as que descubrín dirixidas á realeza custaban máis que pola imaxe e a data e non tiñan outra clasif icación que polo lugar de orixe

A última tenda que visitei, querendo que fora a última para a elaboración deste libro, aínda que ocupa un cuarto pequeno, é inmensa en fondos. Durante cinco días seguidos remirei e lin milleiros de postais retorcendo a vista noutras tantas caligrafías, buscando entre formulas e retóricas o pálpito do meu interese

O criterio que seguín foi pedir postais, preferentemente antigas, enviadas a calquera lugar, pero remitidas desde os países das masivas migracións galegas de primeiros e mediados do século pasado. Noticias de Cuba, Arxentina, Venezuela, Brasil, México, ... e só me deu tempo, pola lentitude da tarefa e a parsimonia do atarefado, a ler todas as de Cuba, Arxentina e Venezuela

Lembrei que do Brasil teño a historia dunha carta, que lla recollín vai para catro anos á señora Pilar A. O., que daquela tiña 88 anos, na residencia de Campolongo, en Pontevedra. Contoume:

Page 26: gratas e boas novas

Eu levei vinte anos esperando unha carta do meu amor, e non viña a carta, ata que un día chegou, e tanta emoción me dou, que non fun capaz de abrila, a collín e sólo dicía: -Vinte anos esperándote, e chegou. Eso, foi o que máis

me emocionou; me deu un ataque epiléptico e caín ó suelo sin abrila, e dese ataque casi morro.

... A México terei que ir, facer a ruta de tantos e tantas...

E aquí remata a tarefa para este libro. O seu límite faino particular e a inf initude que presente faino humano na cobiza de máis. Un día saltou unha lebre diante miña, unha lebre que por carne non valía o que valeu polo salto. Un animal vivo, do que ensino un pelo que lle collín

Page 27: gratas e boas novas