GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a...

49
GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO Bacharelato semipresencial e a distancia MATERIAS PROPIAS DE MODALIDADE

Transcript of GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a...

Page 1: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

GUÍA DO ALUMNADO

XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO Bacharelato semipresencial e a distancia

MATERIAS PROPIAS DE MODALIDADE

Page 2: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

1

Autoras: Guillermina Domínguez Touriño e Mercedes González González

Page 3: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

2

ÍNDICE.

1. INTRODUCIÓN:PARA QUE SERVE A XEOGRAFÍA? 2. METODOLOXÍA 3. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO

4. LIBRO DE TEXTO:

4.1. Estrutura dos contidos. 4.2. Distribución temporal. 4.3. Utilización dos materiais.

5. UNIDADES DIDÁCTICAS 6. SOLUCIÓNS DAS ACTIVIDADES DE AUTOAVALIACIÓN

7. BIBLIOGRAFÍA RECOMENDADA

Page 4: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

3

GUÍA DE XEOGRAFÍA.

1. INTRODUCIÓN: PARA QUE SERVE A XEOGRAFÍA? A palabra Xeografía é un termo que procede dos gregos: Xe (Terra) e graphein (describir). Polo tanto,

significa descrición da Terra, así con maiúsculas.

Para que nos serve?: a Xeografía sérvenos para entender o que vemos cos nosos propios ollos,

reflexionar e percibir que o medio no que vivimos as persoas é complexo, xa que é unha mestura de

medio natural e intervención humana. E se nos fixamos, por exemplo, nunha paisaxe natural,

poderemos comprender que hai nela diversos niveis de organización, que teremos que recoñecer para

poder intervir nesa paisaxe ou para contribuír a mellorar as súas condicións. E isto significa entender o

territorio.

Se somos capaces de entender un territorio, veremos tamén como se desenvolve, que tipo de solucións

precisa, e por iso, tamén o territorio nos comprenderá a nos, os seres humanos. Cada territorio é

diferente, ten unha organización propia, na que actúan moitas variables, pero as claves xa as teremos e

poderemos desentrañar as súas estruturas. Pode ser un territorio natural, un territorio urbano, un espazo

industrial, etc...Tamén teremos en conta a escala, que fai variar o que vemos (escala local, rexional ou

mesmo mundial), haberemos de aguzar a vista, analizar os seus elementos, sacar conclusións, e

ademais, enfocar debidamente. No caso contrario, a Natureza, a Terra, por si mesma, non nos

desvelará os seus segredos.

Se pensamos no día a día, podes atoparlle a esta materia aínda moitas máis utilidades prácticas:

servirache para entender os acontecementos que se citan nun xornal, ou nun telexornal. Estamos a

referirnos non só a localizar un determinado punto xeográfico, o que xa nos explica unha organización

espacial, senón que tamén serve para entender unha gráfica económica, un mapa do tempo, ou un dato

poboacional. Se ollas un xornal verás que está cheo deste tipo de informacións.

2. METODOLOXÍA.

A materia, a pesar do seu título xenérico, está centrada nos seus contidos en xeografía de España, e

complementada por algúns aspectos específicos da xeografía de Galicia.

É importante saber que está formada por dous aspectos inseparables, á hora de estudar. Un aspecto

teórico, no que terás que estudar as unidades do libro, e un aspecto práctico, que non podes descoidar,

aspecto este que comprende elaboración, e sobre todo interpretación de mapas, gráficas, cadros e

comentarios de fotografías.

Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen

seguir estudos universitarios. Para preparar esta proba, hai que saber resolver un comentario práctico,

escollido de entre dúas opcións, por tanto, hai que dominar a técnica de análise de mapas e gráficas, é

dicir, aplicación práctica dos coñecementos.

Page 5: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

4

No libro de texto que vas usar, hai unha Unidade 0 (páxinas 20 a 27) que che explica os

procedementos de traballo máis habituais en Xeografía. Ademais de traballar directamente esta

unidade, sempre que teñas unha dúbida debes acudir a ela, para recordar os pasos a seguir na súa

aplicación. Comprende, ademais das técnicas de cartografía e escala, o comentario do Mapa

Topográfico Nacional, e comentarios de mapas temáticos, gráficos, datos estatísticos e textos

xeográficos.

Tamén forma parte deste aspecto práctico o vocabulario xeográfico. Ao longo do libro terás que

coñecer definicións de termos conceptuais. Así que deberás organizar un vocabulario básico con

aqueles conceptos esenciais que son precisos para manexar a materia.

A idea é que confecciones ti mesmo, nun caderno, un vocabulario con aqueles conceptos que che

propoñemos nas actividades, incluíndo os que figuran no propio libro de texto.

E ademais deberás practicar a localización nun mapa mudo de España de accidentes xeográficos,

rochas, etc..., o que formará parte do teu traballo regularmente.

3. RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO.

- É moi importante ler e coñecer todos os conceptos do vocabulario xeográfico que che propón o

texto.

- Traballar de forma cotiá coa materia, como método imprescindible para comprendela e saber

utilizar os recursos procedementais.

- Estudar sempre cun atlas xeográfico de España e de Galicia ademais dun dicionario de termos

xeográficos para consultar. Hainos a prezos asequibles no mercado editorial. Nós vos facilitamos

unha pequena bibliografía ao final desta guía, por se vos serve de orientación.

- Observar todos os debuxos e fotografías que van aparecendo ao longo da unidade correspondente,

porque vos axudan a clarexar coñecementos.

- Ver sempre o mapa conceptual que figura ao final de cada unidade, para ter presentes todos os

elementos que inciden nun feito ao mesmo tempo, despois de estudar o tema, ou para seguir as

súas liñas básicas.

- Estudar sempre confeccionando un guión propio nun folio ou caderno, facendo un pequeno

esquema dos contidos. Valerache para que cando repases, só teñas que acudir ao teu esquema,

como resumo.

4. LIBRO DE TEXTO. O libro de texto para o que está redactada esta guía é o seguinte:

MUÑÓZ-DELGADO, Mª Concepción: Xeografía. 2º Bacharelato. Ed. Anaya, Madrid, 2003. ISBN: 84-667-2260-2 4.1.- ESTRUTURA DOS CONTIDOS:

Page 6: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

5

Os contidos desta materia divídense en catro grandes bloques temáticos:

I.- Natureza e medio ambiente en España.

Neste bloque van incluídas as principais formas do relevo peninsular, a vexetación, os distintos climas,

as augas e o solo. E ademais o medio ambiente e os seus problemas, cun estudo diferenciado para

Galicia.

II.- O espazo xeográfico e as actividades económicas.

Van incluídos neste bloque o estudo por sectores económicos: primario ou rural, secundario ou

industrial, cos problemas que ocasiona no medio ambiente, e terciario ou de servizos.

III.- Poboación, espazo urbano e organización territorial.

Van incluídos o estudo da poboación española e galega, a súa estrutura, o espazo urbano e a

organización territorial de España en comunidades autónomas, xunto cos desequilibrios entre rexións

ou dentro dunha mesma comunidade, e as políticas rexionais.

IV.- España no mundo e en Europa.

Van incluídos o estudo da posición de España nun mundo tendente á globalización, e o

posicionamento e participación de España na Unión Europea.

4.2.- DISTRIBUCIÓN TEMPORAL.

Os contidos do libro de texto abarcan en total 12 unidades ou temas, agrupados en catro bloques. Se te

fixaches na estrutura dos contidos teóricos, que explicamos no apartado anterior, verás que o bloque I

trata aspectos relativos á xeografía física, mentres que os tres restantes tratan aspectos relativos á

xeografía socioeconómica. Ao ter que dividir a materia en tres trimestres, non é posible separala en

bloques.

Hai que ter en conta que o último trimestre sempre é o máis escaso de tempo, que se acumula cansazo

e que é preciso deixar un certo tempo para repasar e preparar a Selectividade. Tamén hai que ter en

conta que no primeiro trimestre, aínda non se teñen adquiridas as destrezas precisas na metodoloxía

práctica. Por iso, o criterio de distribución temporal foi este:

Primeiro trimestre: Unidades 1, 2, 3 e 4. Segundo trimestre: Unidades 5, 6, 7 e 8. Terceiro trimestre: Unidades 9, 10, 11 e 12.

A unidade 11, España no sistema mundo, e a unidade 12, España en Europa, son un pouco máis

doadas para estudar, e ademais os seus contidos xa foron tratados de forma transversal ao longo das

unidades anteriores. Por iso, o terceiro trimestre queda un pouco máis lixeiro a pesar deste reparto

equitativo.

Podes apreciar que o número de unidades é pequeno, pero non é un dato indicativo, xa que moitas

delas son moi extensas e están cheas de conceptos e técnicas procedementais que has de dominar. Así

que non confíes moito en que o temario é reducido.

Page 7: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

6

4.3.- UTILIZACIÓN DOS MATERIAIS.

- Cada unha das unidades contén ao final un apartado moi importante, no que se explica unha

técnica ou procedemento de traballo habitual para facer aplicación práctica dos conceptos da

unidade (comentario dun mapa do tempo, dun climograma, dunha pirámide de poboación, dun

plano urbano, ...). Chámase simplemente TÉCNICA. Debido á importancia das cuestións prácticas

nesta materia, deberás traballar e estudar detidamente estes apartados. Non podes esquecer que na

Selectividade sempre hai varios comentarios sobre gráficos e mapas.

- As actividades que figuran nesta guía son de dous tipos:

- 1. Actividades de autoavaliación. Están pensadas para que ti repases os temas. Nelas

propoñémosche uns exercicios, dos que dispoñerás das solucións ao final desta guía. Nestas

actividades case sempre aparece unha primeira pregunta de conceptos xeográficos, polo que xa

comentamos da importancia do vocabulario xeográfico.

- 2. Actividades para enviar á titoría . Están case todas escollidas do apartado Actividades de

síntese, (que aparecen ao remate de cada unidade). Algunhas hai que elaboralas cos datos que

figuran ao final do libro baixo o epígrafe Cartografía e Estatística. Estas actividades están

tomadas todas do libro de texto, unhas dos exercicios que figuran ao longo da unidade

correspondente e outras dos apartados do final, que xa che explicamos.Todas inclúen exercicios de

elaboración de cadros-resumo, e comentarios prácticos. Como o abano é tan amplo, a nosa

proposta , ás veces, é moi variada, pero ti deberás escoller aquelas que che parezan máis difíciles

de resolver.

- Has de ter en conta que as actividades para enviar á titoría son voluntarias, e cada quen planifica o

seu estudo e as actividades que pode facer ao longo do curso, xa que non todos e todas dispoñedes

do mesmo tempo. Pero deben ser enviadas como máximo ata 8 días antes das datas dos exames

trimestrais. Doutro modo non será posible que podades ver os fallos, unha vez que nós as

corrixamos e volas devolvamos corrixidas.

- Nas actividades para enviar á titoría sempre facemos referencia á páxina concreta do libro, ao

apartado onde está a actividade e ao título da gráfica correspondente, ou ao mapa, para que non

queden dúbidas de cal é o sinalado. Ex.: “Comenta os datos que se reflicten na táboa da páxina 120

sobre capacidade e volume dos encoros españois”.

- Se miramos na páxina 120, vemos un cadro de datos numéricos titulado: Capacidade e volume dos

encoros españois (Hm)3.

- O criterio fundamental foi ter en conta as recomendacións da CIUG e as probas propostas nos

exames de selectividade destes anos anteriores, para que o alumnado estea nas mesmas condicións

de acceder á universidade que o alumnado que vai a un instituto todos os días.

Page 8: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

7

BLOQUE I. NATUREZA E MEDIO AMBIENTE EN ESPAÑA (1º TRIMESTRE)

O primeiro bloque, coincidente co que vas a estudar no primeiro trimestre, corresponde ao que

comunmente chámase xeografía física; é dicir, aquelas circunstancias de espazo físico, relevo,

climatoloxía, diversidade hídrica e paisaxes naturais que conforman o espazo e que condicionan a vida

das persoas que o habitan. Divídese o bloque, para a súa mellor comprensión, en catro unidades que,

logo de estudadas, conformarán un todo comprensible para entender moito mellor o espazo onde vives

e como pode influír na vida cotiá. Tamén axudará a entender a necesidade das políticas de

preservación e conservación medioambientais.

UNIDADE 1: O ESPAZO XEOGRÁFICO ESPAÑOL: DIVERSIDADE XEOMORFOLÓXICA.

Ao longo desta unidade traballaremos para coñecer o espazo xeográfico español e do medio natural;

análise imprescindible para poder comprender a diversidade dun pobo; a influencia do relevo, clima,

augas, vexetación e solos, determinan as formas de vida dunha sociedade, dando lugar a paisaxes

naturais diversas e interrelacionando o medio físico e a actividade humana; así mesmo por acción u

omisión a man humana corrixe, transforma e/ou degrada o medio a través da súa intervención.

Criterios de Avaliación:

Ao remate desta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e precisión os conceptos da I Unidade que veñen especificados no libro de texto ( páxina 58. Ademais para iso terás que contar co dicionario específico proposto na bibliografía)

- Coñecer as características xeomorfolóxicas do relevo español. - Adquirir o manexo das coordenadas xeográficas, escalas de mapas, perfís topográficos, así como a

súa realización. - Localizar as principais unidades do relevo español e as súas grandes unidades morfoestruturais. - Ter conciencia da evolución e da cronoloxía xeolóxica do territorio. Actividades de autoavaliación

1. Define brevemente: Relevo / Erosión / Sedimentación / Unidades morfoestruturais/ Litoloxía

2. Caracteriza con tres trazos a configuración do relevo español

3. Enumera e explica as grandes unidades morfoestruturais do relevo continental

4. Indica as diferenzas e semellanzas existentes entre a Depresión do Ebro e a Depresión do

Guadalquivir; fai o mesmo entre os Pireneos e as Cordilleiras Béticas.

Actividades para enviar á titoría

1. Define brevemente: dolina/ marisma/ tómbolo/ lapias

Page 9: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

8

2. Fai un esquema da evolución das unidades morfoestruturais e debúxaas nun mapa.

3. Realiza un mapa litolóxico da península, colorea as grandes superficies que a forman e fai un breve

resumo de cada unha delas. Pódeste axudar do mapa que tes na páxina 37 do libro de texto.

4. Realiza un cadro resumo completando o que figura na páxina 59 do libro de texto.

5. Fai os exercicios 6 e 7 da páxina 59 do libro de texto. Tes a explicación e forma de facelo na

páxina 56.

UNIDADE 2: A DIVERSIDADE CLIMÁTICA

Nesta unidade traballaremos os diferentes climas que conforman o territorio español e como o

condicionan. Hai que ter en conta que, pola posición que ocupa a península ibérica, na zona temperada,

ten un clima suave con estacións ben diferenciadas. Estudarás a diversidade climática partindo do

conxunto de factores xeográficos e termodinámicos que inciden no clima, analizando os diversos tipos

de tempo e os principais dominios climáticos que se suceden. Como é lóxico, nesta materia e

concretamente nesta unidade, é preciso ter un claro dominio das técnicas de análise e comentario de

gráficas. Debes ler e comprender as técnicas que veñen propostas no libro de texto, nas páxinas 82-83

e 84-85, respectivamente, para poder acadar un certo dominio das prácticas correspondentes.

Criterios de avaliación:

Ao remate desta unidades terás que ser capaz de:

- Ter un vocabulario axeitado á materia tratada - Elaborar, analizar e interpretar climogramas dos diferentes climas da Península e das illas - Facer análise e comentarios de mapas do tempo e climatolóxicos - Diferenciar a variedade climatolóxica de España.

Actividades de autoavaliación

1. Define: Tempo atmosférico / Clima / Solleiro / Umbría / Tropopausa /Anticiclón / Borrasca

2. Enumera e explica os factores xeográficos que determinan os climas españois

3. Enumera e explica que aspectos hai que observar para determinar o clima dun lugar

4. Que é a aridez e como se acha?

Actividades para enviar á titoría

1. Baseándote na técnica I da páxina 82-83, do libro de texto, comenta os mapas do tempo expostos

na páxina 86. Ademais, fai o mesmo co mapa do tempo de Galicia dun día ou dous da semana.

2. Unha vez lida a técnica II, comenta e compara os climogramas propostos na páxina 87.

3. Nun mapa de España, traza unha liña entre Melilla e A Coruña. Indica os tipos de climas que se

atopan ao longo desta liña.

Page 10: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

9

UNIDADE 3 :A DIVERSIDADE HÍDRICA E BIOXEOGRÁFICA:

É ben sabido que a auga é un ben escaso e que xera moitos problemas, sobre todo a súa carencia. O

tema que presenta esta unidade propón o estudo da diversidade hídrica da Península, que nos leva a

acuñar termos como os de España Húmida e España Seca, e a tratar a problemática que xera en ambas

zonas. Ademais, terás a oportunidade de analizar a utilización boa e mala que o ser humano está a

facer dun ben escaso como é a auga. Só un 1% de toda auga que hai no planeta é doce e apta para o

consumo humano, e ese 1% é para toda a humanidade. Non esquezas a importancia de traballar cun

atlas ou co apéndice cartográfico do libro de texto e un dicionario da materia para poder solucionar as

dúbidas que atopes ao longo da unidade. O complemento é o estudo e análise dos diferentes tipos de

solo que xera a distribución hídrica de España.

Criterios de avaliación:

Ao remate desta unidades terás que ser capaz de:

- Ter un vocabulario axeitado á materia tratada - Identificar as principais concas fluviais da Península - Diferenciar as características da España húmida e a España seca - Saber construír e comentar gráficos de réximes fluviais - Diferenciar as paisaxes vexetais de España

Actividades de autoavaliación

1. Define : Escorrentía / Manancial / Estiaxe / Chea / Lagos

2. Enumera e explica brevemente os factores que condicionan as augas do territorio español.

3. Caracteriza as vertentes hidrográficas peninsulares

Actividades para enviar á titoría

1. Baseándote no mapa da páxina 91 do libro de texto, fai un similar cos ríos da península. Logo

caracteriza os ríos da nosa comunidade.

2. Localiza nun mapa de España os lagos que aparecen nomeados no texto (páx. 93-94)

3. Enumera os factores que condicionan a formación do solo.

4. Tras ler a técnica da páxina 110 do libro de texto, constrúe e comenta os gráficos de réximes

fluviais da páxina 112.

5. Indica as diferenzas que hai entre o bosque caducifolio e o perennifolio.

6. Fai un comentario das fotografías da páxina 100 do libro de texto

7. Indica as formacións vexetais que son características da zona na que vives. Sinala se son especies

autóctonas ou introducidas pola man humana.

Page 11: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

10

UNIDADE 4: AS PAISAXES NATURAIS E AS INTERRELACIÓNS NATUREZA-

SOCIEDADE.

Nesta unidade coñeceremos como as paisaxes naturais están formadas por elementos físicos que se

relacionan entre si, e tamén como o medio natural inflúe nas actividades humanas aportando recursos

esenciais para o benestar humano. Pero esta influencia é de dobre sentido: tamén veremos como inflúe

a actividade humana sobre o medio natural, os problemas ambientais que as persoas producimos e que

tipo de medidas de protección do medio deberíamos adoptar, para conseguir combinar o benestar coa

conservación do noso planeta.

Criterios de avaliación:

Ao remate desta unidade deberías conseguir:

- Comentar unha paisaxe natural de España identificando e explicando os distintos elementos que a compoñen e como se relacionan uns cos outros (zona, clima, vexetación, augas, solo). Estes elementos xa os coñeces do estudo das unidades anteriores.

- Comprender como o medio natural proporciona recursos ás persoas pero, á súa vez, os seres humanos inflúen sobre o medio natural; por iso, é un camiño de dobre dirección, con beneficios e prexuízos.

- Analizar como os elementos do medio natural afectan ao ser humano, tanto os asentamentos de poboación como as actividades económicas derivadas do aproveitamento do medio, incluíndo a xestión política destes recursos.

- Explicar como se producen algúns problemas medioambientais (contaminación, sobreexplotación,...) e analizar as políticas de protección medioambiental en España e en Galicia.

Actividades de autoavaliación

1. Define brevemente: deforestación/ chuvia ácida/ transvasamento/ ecosistema/ parque nacional e

natural.

2. Elabora un esquema sobre os principais problemas medioambientais de Galicia.

3. Explica que é una auditoría medioambiental e cal é a política respecto dos residuos sólidos

urbanos, tamén chamada “política das tres erres”.

Actividades para enviar á titoría:

1. Define con claridade e concisión os conceptos que figuran na actividade de síntese da unidade 4,

na páxina 146.

2. Na páxina 144 e 145, no apartado de Técnica, tes os pasos que has seguir para facer un comentario

de calquera paisaxe natural. Na páxina 146, (actividade de síntese nº 4) hai dúas paisaxes naturais

para comentar.

Ademais, podes comentar as fotografías da páxina 144 e 145, explicando os elementos que

compoñen esa paisaxe natural e os recursos que pode achegar o medio natural en cada caso.

Page 12: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

11

3. Comenta os datos que se reflicten na táboa da páxina 120 do libro de texto sobre a capacidade e

volume dos encoros españois.

4. Elabora un informe sobre os impactos de tipo ambiental, citados ou non no texto, que se dan sobre

Galicia e que creas que están afectando á comarca onde vives.

5. Realiza a actividade de síntese nº 2, da páxina 146: un cadro no que figuren as principais agresións

do ser humano ao medio e as solucións e actitudes persoais que poden adoptarse fronte a elas.

BLOQUE II. O ESPAZO XEOGRÁFICO E AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS. (2º

TRIMESTRE).

No primeiro bloque, que corresponde ao primeiro trimestre, xa estudamos o espazo xeográfico español

como territorio físico e o seu impacto na actividade humana. Agora, neste segundo bloque, pola contra,

estudaremos as actividades primarias, secundarias e terciarias que as persoas desenvolven sobre ese

territorio físico.

Este estudo entra no que se chama xeografía económica, así que teremos que manexar conceptos

económicos, moi utilizados na vida diaria, pero tamén moi pouco reflexionados.

Un adianto: pensade onde está situada economicamente España, e veredes que podemos situala dentro

dos países europeos desenvolvidos, así que unha primeira conclusión podería ser: a súa estrutura

económica presenta un incremento do desenvolvemento do sector terciario (servizos) e unha

diminución do sector primario (actividades extractivas). Ademais, España forma parte da Unión

Europea dende 1986, feito que ten consecuencias para as súas actividades económicas, ao moverse

dentro da política comunitaria de produción e consumo. Como exemplo, pode pensarse no caso da

industrialización do leite, ou nas subvencións europeas á produción do liño, etc...

As actividades económicas, segundo os espazos onde se realicen, e a súa rendibilidade económica, fan

que ese espazo medre máis ou menos; o que significa que tamén hai en España desequilibrios rexionais

ou zonais, que é preciso atenuar con políticas compensatorias, e outras actuacións, que nós deberemos

coñecer e valorar.

UNIDADE 5: OS ESPAZOS DO SECTOR PRIMARIO.

Estudaremos o espazo rural, e o espazo do sector pesqueiro. Tanto un como o outro, conforme pasan

os anos, vanse transformando de forma moi profunda, e aceleradamente, o que provoca problemas e

desequilibrios. Máxime, tendo en conta a crise pola que atravesa este sector, que analizaremos a

continuación, e as actuacións dentro das directrices comunitarias, que nos permitirán observar estes

problemas dende unha óptica pouco coñecida: a das políticas agrarias doutros países comunitarios.

Criterios de avaliación:

Page 13: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

12

Ao remate desta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e precisión os conceptos que aparecen na unidade 5, na páxina 194, coa axuda do dicionario.

- Saber que elementos forman parte dun espazo rural. - Definir que é poboamento rural e hábitat rural e distinguir as tipoloxías derivadas dos dous grandes

modelos de poboamento (disperso e concentrado) así como a morfoloxía das vivendas rurais. - Analizar as características xerais da actividade agrícola e da actividade gandeira. - Distinguir os principais espazos agrarios de España e localizar no mapa o espazo que abarca cada

un. - Analizar a problemática da crise do sector pesqueiro: caladoiros, problemas estruturais e

ambientais da pesca. - Explicar como inflúe a Unión Europea no axuste das políticas pesqueiras entre os seus membros.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: Agricultura intensiva/ Barbeito/ Estabulación gandeira/ Pesca de altura/ Pesca

de baixura.

2. Fai un esquema sobre os elementos que forman un espazo rural.

3. Cales son as tipoloxías de hábitat rural predominantes en Galicia?.

4. Explica o papel do foro en Galicia e enumera as súas consecuencias.

5. Fai un cadro-resumo dos cultivos que integran a produción agrícola, indicando en cada un: destino,

áreas produtivas, produción e influencia da P.A.C. (Política Agraria Comunitaria).

Actividades para enviar á titoría:

1. Define con concisión e claridade os conceptos da unidade que figuran na páxina 194 (actividade de

síntese nº 1).

2. Explica como inflúen os factores físicos nos usos do solo da nosa comunidade autónoma,

utilizando os datos estatísticos do final do libro, no apartado de Cartografía e estatística. Tes tamén

no final do libro un mapa físico de Galicia que che pode axudar para resolver este exercicio.

3. Comentario de gráficas:

- Comentar a gráfica de poboación activa agraria por idades 1984-2000, da páxina 152. - Evolución do parque de maquinaria agrícola, da páxina 163. - Evolución da produción de carne da páxina 172.(Actividade de síntese nº4). - Evolución da expansión do regadío da páxina 194. (Actividade de síntese nº4).

4. Analiza o tipo de poboamento rural que se ve nas fotografías da páxina 155. Fai o mesmo coas

fotografías da páxina 156 e explica neste caso con que materiais están feitas as construcións,

relacionándoas co medio natural.

5. Fai un cadro comparativo das paisaxes agrarias de España (actividade de síntese nº2) da páx. 194.

6. Ao final da unidade tes a Técnica que explica como se fai un comentario dunha paisaxe rural,

páxina 192. Seguindo esta técnica fai un comentario das seguintes paisaxes rurais: fotografías das

páxs.: 177/ 178/ 179/ 180.

Page 14: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

13

7. Comenta o texto da páx. 195 (actividade de síntese nº7)

UNIDADE 6: OS ESPAZOS INDUSTRIAIS.

Nesta unidade estudaremos as actividades industriais que se desenvolven en España. Para

transformar unha materia prima en produto semielaborado ou elaborado, teremos que coñecer as

materias primas, e as fontes de enerxía, que son elementos imprescindibles na industria. España é un

país dependente do exterior en canto a fontes de enerxía, feito que, ás veces, estimula a investigación

para achar enerxías renovables, limpas, que se están implantando na actualidade.

A industria española, ademais, ten etapas históricas de fortes convulsións, crise, e reestruturación,

segundo avanzamos no tempo, especialmente a partir dos anos oitenta. Todo isto teremos que

combinalo coa tendencia actual á baixa da importancia deste sector na economía fronte ao aumento da

importancia do sector terciario. É a terciarización económica, que veremos máis adiante.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e concisión os conceptos do vocabulario que aparecen ao longo da unidade. - Diferenciar as principais fontes de enerxía primaria: carbón, petróleo, gas natural, enerxía nuclear,

hidráulica e enerxías renovables. - Relacionar as materias primas e as fontes de enerxía cos espazos industriais. - Coñecer o estado dos recursos enerxéticos en Galicia. - Identificar as características principais das etapas da industrialización española:

- 1ª etapa: 1855-1975. - Crise 1975-1985. - Época actual: 1985-hoxe. Podes fixarte no mapa conceptual da unidade que está na páxina 241 do libro de texto.

- Valorar a situación na actualidade da produción industrial española, analizando os problemas estruturais que presenta e as tendencias futuras.

- Analizar a grandes trazos a política industrial actual, enfocada a resolver ou paliar os problemas estruturais, territoriais e ambientais da industria.

- Saber elaborar un comentario sobre unha paisaxe industrial.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente os seguintes conceptos: polo de desenvolvemento/ I+D (Investigación

+Desenvolvemento)/ reconversión industrial/ ZUR

2. Observa o mapa da páxina 205 e explica:

- Zonas xeográficas nas que se concentran as centrais térmicas, hidroeléctricas e eólicas,

explicando as razóns.

- Que concas fluviais teñen maior e menor importancia hidroeléctrica.

3. Explica de forma esquemática as principais áreas industriais galegas

Page 15: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

14

4. Explica as principais características das áreas industriais en declive e onde están situadas,

localizándoas nun mapa.

Actividades para enviar á titoría:

1. Realiza cadros comparativos:

- das principais fontes de enerxía (actividade de síntese nº 7) - das principais etapas da industrialización española. (actividade de síntese nº 7). - das diferentes áreas industriais españolas (actividade de síntese nº 7)

2. Consulta o mapa da páxina 197 e indica os principais xacementos de minerais de Galicia.

Relaciónaos coas unidades de relevo e coa súa antigüidade xeolóxica.

3. Comenta o mapa da páxina 231 sobre as áreas industriais españolas.

4. Comenta as seguintes gráficas:

-páxina 227, sobre distribución das empresas industriais segundo o número de traballadores. 2001. -páxina 228. Fai un comentario conxunto de: evolución do gasto en I+D 1985-2000 e gastos en I+D, 2000, para explicar a situación española en I+D. Podes observar para axudarte, o mapa da páxina 242.

5. Comenta a paisaxe industrial que aparece na fotografía da páxina 242, seguindo a técnica que se

explica nesta mesma páxina.

6. Elabora un eixe cronolóxico sobre as etapas do proceso de industrialización en España.

7. Elabora un informe sobre o contido das fotografías da páxina 209 e 240 relacionándoas coa

industria.

UNIDADE 7: OS ESPAZOS DE SERVIZOS.

Nesta unidade teremos que estudar o que se chama terciarización da economía, é dicir, a tendencia

da economía española a aumentar progresivamente o sector servizos, tendencia común a todos os

países desenvolvidos. Dentro do sector terciario ou de servizos á sociedade, veremos aqueles aspectos

máis significativos:

- transporte e as posibilidades de comunicación que ofrece. - turismo. España segue a ser un país receptor de turistas, pero nos últimos anos tamén é emisor de

turistas. - comercio, tanto interior como exterior.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e concisión os conceptos que veñen explicados na unidade no libro de texto. - Identificar as actividades que forman parte do sector servizos, e a súa distribución territorial. - Analizar as características e a problemática do transporte por estrada e do transporte ferroviario en

España. - Distinguir entre o modelo turístico tradicional, os problemas que presenta e o turismo alternativo,

coas súas vantaxes e inconvenientes.

Page 16: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

15

- Valorar o impacto espacial e ambiental do turismo en España. - Comprender os trazos fundamentais do comercio interior e exterior.

Actividades de autoavaliación:

1. Define brevemente: P.I.B./ Balanza de pagos/ Ecoturismo/ Economía sumerxida.

2. Enumera as causas do aumento do sector terciario e explica que datos demostran a terciarización

da economía española.

3. Explica como se conectará España coa rede transeuropea de ferrocarrís.

4. Especifica a estrutura das estradas na nosa comunidade autónoma.

5. Esboza as vantaxes máis importantes do turismo rural na nosa comunidade autónoma.

Actividades para enviar á titoría:

1. Analiza a influencia do medio físico no sistema de transportes da comunidade autónoma galega,

tanto terrestre como ferroviario.

2. Comenta os seguintes mapas:

- Mapa da páxina 254 sobre a densidade das estradas españolas, indicando cales son os principais eixes radiais.

- Mapa da páxina 258 sobre o transporte marítimo. - Mapa da páxina 260 sobre o tráfico nos aeroportos .

3. Elabora cadros-resumo sobre:

- Os problemas do sistema de transporte e as súas posibles solucións (dúas cando menos) - Os problemas do turismo e as súas posibles solucións (dúas ). O enunciado deste exercicio está

na páxina 280, (actividade de síntese nº 2). 4. Comenta o texto da páxina 281 titulado: Neboeiros nas praias. (actividade de síntese nº 5).

5. Comentario de gráficas:

- sobre a oferta de prazas hoteleiras da páxina 266, comparándoa coa evolución do número de visitantes e ingresos por turismo da páxina 267. Podes ver tamén a táboa da ocupación hoteleira da mesma páxina.

6. Fai un comentario sobre a gráfica da evolución do comercio exterior da páxina 281 (actividade de

síntese nº 4)

BLOQUE III. POBOACIÓN, ESPAZO URBANO E ORGANIZACIÓN TERRITORIAL.

A xeografía humana, indubidablemente, é o complemento das anteriores, pois te axudará a

comprender onde, por que e como se asenta o ser humano; como se distribúe a poboación, por que en

determinados momentos e por determinadas circunstancias (económicas e políticas) o ser humano se

traslada, como e por que en determinados momentos e conxunturas se estanca ou medra. Tras iso vén o

espazo onde se asenta. Rural ou urbano? Por que e cando?. O urbanismo, aínda que aparentemente

recente, ten as súas raíces históricas e as solucións ao poboamento masivo doutras etapas da historia.

Page 17: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

16

Así mesmo, o éxodo rural e as aglomeracións urbanas de hoxe en día provocan diferenzas rexionais e,

como consecuencia, a necesaria intervención da política para arranxar os desequilibrios que se

producen.

UNIDADE 8: A POBOACIÓN ESPAÑOLA.

Esta unidade introdúcete no espazo ocupado pola Xeografía Humana, e, polo tanto, analizará todo o

relacionado cos movementos de poboación , naturais e migratorios, así como a estrutura da poboación

española desde mediados da década de 1970. É importante subliñar os cambios que se están a producir

na estrutura da poboación, pasando de ser un país de emigración a un país de recepción de inmigrantes

e como isto configura as formas de vida e incluso a organización político- económica do país. Os

indicadores demográficos (páxina 288), axudarante a comprender os movementos da poboación e,

incluso, o desenvolvemento ou subdesenvolvemento dalgunhas zonas do país, así como a analizar o

futuro de diversas situacións socioeconómicas (o tratamento das “futuras” pensións de xubilación, a

pluralidade cultural, social ou relixiosa futura…). Tras esas análises, a unidade aborda o proceso de

urbanización: como España, e Galicia, vaise convertendo cada vez máis nun país de concentracións

urbanas, en detrimento dos espazos rurais. Despois estúdiase a organización territorial en comunidades

autónomas desde o período da transición política cara á democracia. Isto foi configurando zonas de

diferentes ritmos de crecemento, para o que houbo e hai que desenvolver políticas que palíen as

diferenzas e fomenten o desenvolvemento en comunidades como a galega, entre outras.

Criterios de avaliación:

Ao remate desta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e precisión os concepto que veñen especificados no libro de texto na VIII Unidade ( páx. 324)

- Diferenciar as distintas fontes para o estudo da poboación. - Explicar os diferentes réximes demográficos e os movementos naturais da poboación . - Analizar os problemas que implican os diferentes movementos de poboación (espaciais,

crecemento ou decrecemento…) - Analizar o crecemento por idade e sexo, actividade profesional e niveis de instrución, e os

problemas reais e de futuro que poden ocasionar. - Facer unha análises real da poboación na Comunidade Autónoma Galega. - Ser capaz de facer e interpretar gráficas, mapas e pirámides de poboación (tes a técnica explicada

na páxina 322 e na páx. 23)

Actividades de autoavaliación

1.- Define brevemente: Poboación de dereito /Poboación de feito / Malthusianismo / Taxa de

mortaldade infantil.

Page 18: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

17

2.- Explica: como pode incidir a influencia relixiosa na natalidade?

3.- Diferencia entre as migracións interiores tradicionais e as actuais

4.- Explica o que é a poboación activa e inactiva

Actividades para enviar á titoría

1. Comenta o texto da páxina 325 (exercicio nº 6), seguindo as pautas que che indica. Le atentamente

o documento, sublíñao e saca as túas conclusións razoadamente.

2. Elabora un cadro-resumo coas características e consecuencias dos réximes demográficos polos que

pasa a evolución da poboación española. Explica por que o paso dun a outro foi máis tardío en

España que noutros países europeos.

3. Elabora e comenta as pirámides de poboación propostas no exercicio 4 da páxina 324 . O máis

importante do exercicio é o comentario.

4. Fai o comentario da pirámide da poboación galega do ano 2000, que tés na páxina 319.

5. Fai unha composición breve sobre a actualidade das correntes malthusianas

6. Explica brevemente o proceso da inmigración actual e as súas consecuencias

7. Como está repartida, na actualidade, a poboación en Galicia? Caracterízaa. Fai un percorrido pola

tradición migratoria da nosa comunidade

UNIDADE 9: O ESPAZO URBANO (3º TRIMESTRE)

A Xeografía urbana introdúcete nun aspecto moi recente no tempo. Ata hai pouco ( máis ou menos

ata a metade do século XX), España era un país case todo rural, no seu hábitat e na súa sociedade; o

atraso e, nalgunhas zonas, o fracaso rotundo da Revolución Industrial, unido ao proceso do illamento

en que nos sumiu a ditadura de Franco ata 1975 (aínda que con tímidas aperturas de 1959 para

adiante…), supuxo o mantemento de estruturas decimonónicas nos sistemas de propiedade

(foros…minifundio…latifundio…) e nas espaciais. Nesta unidade traballarase tamén na análise da

morfoloxía e da estrutura urbanas, coas transformacións das zonas antigas, a creación dos ensanches

burgueses, dos barrios obreiros, axardinados etc…

Criterios de avaliación:

Ao remate desta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e precisión os conceptos que veñen especificados no libro de texto na IX unidade ( páxina 366, exercicio 1).

- Explicar o proceso de urbanización de España e de Galicia, facendo un percorrido cronolóxico-histórico desde as orixes do proceso ata a actualidade e incidindo na etapa pre-industrial e na post-industrial.

- Coñecer e reflexionar sobre a problemática que teñen as cidades españolas. - Entender os obxectivos do urbanismo.

Page 19: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

18

- Poder facer un comentario dun plano urbano, para o que tes unha técnica perfectamente explicada na páxina 364 do libro de texto.

Actividades de autoavaliación

1.- Define brevemente: cidade/ taxa de urbanización/ morfoloxía urbana/ plano ortogonal/ cidadela/

U.V.A.

2.- Enumera os problemas que presentan as cidades españolas

3.- Sinala as funcións das cidades españolas

4.- Cita as sete cidades galegas e explica as diferentes funcións de cada unha delas

Actividades para enviar á titoría

1.- Fai un comentario sobre as edificacións que aparecen nas fotografías das páxinas 343-344.

2.- Elixe unha cidade da comunidade galega e fai un pequeno traballo sobre as súas orixes, e da súa

evolución ao longo do tempo ( demografía, funcións diferentes co paso do tempo, morfoloxía

urbana…).

3.- Despois de ler detidamente a técnica de comentario de planos da páxina 364 do libro de texto, tenta

de facer un comentario da fotografía aérea proposta no exercicio nº 2 da páxina 366.

4.- Realiza un cadro comparativo das etapas do proceso de urbanización; podes utilizar como modelo o

que tes na páxina 367 (exercicio nº 3).

5.- Comenta a gráfica da evolución da poboación rural e urbana da páxina 330 do libro de texto.

(pódeste axudar das indicacións que se explican na páxina 25).

UNIDADE 10.- A ORGANIZACIÓN TERRITORIAL E OS DESEQUILIBRIOS REXIONAIS.

Estudaremos nesta unidade a organización territorial actual de España en comunidades autónomas, así

que poderás utilizar coñecementos doutras disciplinas: historia, xeografía e historia de Galicia,

economía,...como punto de partida. Lembra que a propia evolución histórica de España supuxo unha

organización política e territorial caracterizada pola súa diversidade, o mesmo que a distribución da

poboación.

Todo isto trae desequilibrios entre comunidades ou dentro dunha mesma zona, que as políticas

territoriais tratan de corrixir, potenciando as calidades de cada quen nun contexto de organización

xeral do territorio.

Criterios de avaliación:

O rematar esta unidade deberías conseguir:

- Definir clara e concisamente os conceptos da unidade que veñen especificados no libro de texto.

Page 20: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

19

- Comprender e identificar nun mapa a organización político-administrativa de España en comunidades autónomas.

- Explicar os pasos históricos precisos para que Galicia chegase a ser unha nacionalidade histórica, xunto con Cataluña e o País Vasco.

- Distinguir as principais causas dos desequilibrios territoriais entre zonas ou comunidades autónomas, derivadas do proceso de industrialización iniciado en España no século XIX.

- Valorar a realidade socioeconómica de España dentro da Unión Europea. - Analizar os principais instrumentos financeiros que a Unión Europea destina para paliar

desequilibrios e a súa repercusión en determinadas zonas españolas. - Entender como se corrixen os desequilibrios territoriais, a través dunha política rexional concreta,

ou ben a través dunha política de ordenamento territorial.

Actividades de autoavaliación:

1. Define os seguintes conceptos: fondos de cohesión, desequilibrio territorial, réxime foral.

2. Define que é unha autonomía segundo a Constitución de 1978 e enumera cinco características das

comunidades autónomas españolas.

3. Explica esquematicamente o proceso histórico e legal para que Galicia chegase á autonomía como

nacionalidade histórica. Deberás consultar información nos libros de historia de España

contemporánea.

4. Enumera os tipos de desequilibrios territoriais que coñeces en xeral.

5. Sinala as medidas máis importantes adoptadas no Tratado de Maastricht.

6. Explica que problemas xorden no futuro coa ampliación da Unión Europea.

Actividades para enviar á titoría:

1. Elabora un cadro comparativo como o que figura na páxina 386 (actividade de síntese nº 2) sobre a

evolución dos desequilibrios territoriais.

2. Interpretar un gráfico:

Na páxina 386 (actividade de síntese nº 5). Observa a gráfica das porcentaxes do Fondo de

Compensación Interterritorial destinadas a cada comunidade en 2002. Investiga por que a nosa

comunidade autónoma recibiu a porcentaxe que aparece na gráfica.

3. Elabora un pequeno informe sobre a nosa comunidade autónoma: vía de acceso, proceso histórico,

competencias, organización institucional e sede dos organismos autónomos.

4. Comenta o mapa das diferenzas no PIB en 1960-75 e explica o porque destas diferenzas entre

rexións.

Despois, podes tirar conclusións (cando menos 4 ou 5) analizando a evolución do crecemento

rexional do PIB nos catro mapas que están na páxina 374 e 375, ou ben, facer un comentario

conxunto.

5. Observa a táboa dos fondos estruturais da páxina 378 e sinala que comunidades son as máis

favorecidas. Explica os motivos.

Page 21: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

20

6. Fai unha análise dos desequilibrios territoriais de forma conxunta e acha as causas sobre o

desenvolvemento de tres comunidades: Galicia, Andalucía e Cataluña. Sigue as pautas que che da a

técnica para a análise dos desequilibrios territoriais da páxina 385 do libro de texto.

BLOQUE IV. ESPAÑA NO MUNDO E EN EUROPA.

Este bloque está formado por dous temas, que xa coñeces, ao ser tratados algúns aspectos relevantes

nos bloques anteriores, aínda que de forma transversal.

Os contidos están centrados no espazo europeo, polo que é imprescindible comprender e valorar como

España e Galicia participan actualmente nos procesos de integración en Europa, derivados da adhesión

á Unión Europea como membro de pleno dereito dende 1986. Non podemos esquecer as dificultades e

desaxustes que se derivan deste feito, polo que tamén temos que valorar a proxección de España cara

ao exterior, e as vantaxes e inconvenientes que supón participar no actual proceso de globalización

mundial.

UNIDADE 11: ESPAÑA NO SISTEMA MUNDO.

Estudaremos nesta unidade fundamentalmente a posición de España nun sistema mundial, no que

predominan os procesos de globalización económica, social, cultural e ambiental.

Só tedes que pensar no campo da información e observar como calquera feito que se produza en

calquera lugar do mundo, independentemente de que sexa ou non verdade, é coñecido no resto do

planeta de forma case inmediata. Isto significa que, na actualidade, ningún país pode quedar á marxe

desta globalización, pero tamén significa que a mundialización produce desigualdades e desequilibrios.

Estes orixinan reaccións de grandes sectores da poboación, os movementos antiglobalizadores, que

tamén coñeceremos e dos que deberemos valorar as súas actuacións.

Criterios de avaliación:

Ao rematar esta unidade deberás conseguir:

- Definir con claridade e concisión os conceptos da unidade que veñen especificados no libro de texto.

- Comprender o proceso de mundialización como multidimensional, non só económico, tendo en conta que a base é a xeneralización do sistema capitalista.

- Identificar as principais características do sistema capitalista na actualidade, tamén chamado globalización económica.

- Analizar as consecuencias da globalización, tanto positivas como negativas. - Analizar e valorar os movementos antiglobalización como resposta ás consecuencias negativas da

mundialización. - Analizar os indicadores máis importantes que sitúan a España como potencia intermedia en

relación aos países que ocupan o centro mundial.

Actividades de autoavaliación:

Page 22: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

21

1. Define os seguintes conceptos: oligopolio/ globalización/ G.7/ IDH

2. Realiza un esquema dos factores que favoreceron ao capitalismo global a partir de 1975.

3. Elabora un organigrama que reflicta as principais organizacións internacionais ás que pertence

España.

4. Explica as relacións de España e de Galicia con Iberoamérica na actualidade.

Actividades para enviar á titoría:

1. Interpreta e comenta o esquema da páxina 391 sobre o crecemento acumulativo que produce o

capitalismo.

2. Elabora un cadro como o da páxina 416 (actividade de síntese nº 2) no que se recollan de forma

sintética as características do proceso de mundialización económica, política, social, cultural e

ambiental, as súas consecuencias e as posibles alternativas.

3. Comenta conxuntamente os mapas que figuran na páxina 396 sobre as áreas dominantes da

economía mundial e da páxina 397 sobre as grandes áreas xeoeconómicas.

4. Realiza un cadro comparativo como o da páxina 416 (actividade de síntese nº 3) que reflicta os

contrastes básicos entre países desenvolvidos e países en desenvolvemento.

5. Fai un comentario sobre as seguintes gráficas:

- páxina 398: evolución da poboación por rexións.

- páxina 398: crecemento da poboación urbana.

- páxina 400: disparidades Norte-Sur no desenvolvemento humano (1960-1990)

Podes deducir conclusións comúns das tres gráficas.

6. Realiza un mapa que reflicta as liñas xeoestratéxicas de España co resto do mundo, indicando os

obxectivos que se propoñen con cada un destes ámbitos (actividade de síntese nº 4, da páxina 416).

7. Compara as seguintes gráficas:

- páxina 406: posición de España no mundo segundo a súa extensión.

- páxina 407: índice de desenvolvemento humano (IDH) de 1999.

- páxina 407: posición de España no mundo segundo o seu PIB en 2002.

E fai un comentario das conclusións deducidas, unha vez analizadas as tres gráficas.

UNIDADE 12: ESPAÑA EN EUROPA

A Unión Europea de hoxe en día ten a súa orixe na formación da C.E.E. no ano 1957, Comunidade

Económica Europea, como organización económica supranacional. O que vas traballar nesta unidade é

a vinculación de España á C.E.E desde 1986, que xa se convertera no Mercado Común, sendo ademais

dunha comunidade económica, unha serie de países que elaboran políticas económicas coordinadas.

Non debes esquecer que a entrada de España nesa organización vén dada pola transición cara á unha

Page 23: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

22

democracia e ao labor dun goberno que xa non tiña nada que ver coa ditadura. A unidade plantea un

medio físico bastante homoxéneo, unha antiga humanización do territorio, cun desenvolvemento

socioeconómico a escala mundial. A nota discordante ven dada pola fragmentación territorial e política

dos grupos humanos; contrastes económicos e sociais e heteroxeneidade cultural .

Criterios de avaliación:

Ao remate desta unidade deberías conseguir:

- Definir con claridade e precisión os conceptos que veñen especificados no libro de texto na XII Unidade ( páxina 454, exercicio 1).

- Entender e poder explicar o paso das comunidades europeas á Unión Europea. - Comprender como un todo unitario a estrutura institucional da Unión Europea (tratado de Niza-

Decembro 2000). - Explicar a posición de España na UE.

Actividades de autoavaliación

1. Define brevemente: Ecu/ euro/ Rede Natura 2000/ Fondo de cohesión/ UEM

2. Caracteriza a poboación da UE

3. Enumera as consecuencias da integración de España na UE

4. Cales son as institucións fundamentais da UE, tras o tratado de Niza? Cales os acordos principais?

( 26 Febreiro do 2001)

Actividades para enviar á titoría

1. Fai un esquema histórico do proceso recorrido por España cara á integración europea

2. Observa e analiza a táboa da páx. 422, indicando as circunstancias nas que entrou España na UEM.

3. Indaga cal é a sede das principais institucións europeas e localízaas nun mapa.

4. Sitúa, nun mapa físico de Europa, os principais ríos e lagos da UE e indica a localización das

seguintes rexións e cidades: Nordland, Auvernia, Algarve, Hamburg, Illa de Francia e East

Midlands. Indica as causas das súas altas ou baixas densidades demográficas.

5. A partir da táboa da páxina 443, fai unha análise das diferenzas entre os países da UE en canto a

benestar social. (Tes unha técnica de apoio para este exercicio na páxina 452)

6. Realiza un comentario sobre o texto presentado na páxina 455 (exercicio 7; tes un exemplo de

texto comentado nas páxinas 26-27; cando menos as pautas máis importantes do mesmo)

Page 24: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

23

SOLUCIÓNS ÁS ACTIVIDADES DE

AUTOAVALIACIÓN

Page 25: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

24

UNIDADE 1

1. Define…

Relevo: conxunto de formas que presenta a superficie terrestre

Erosión: o ataque,modificación e desgaste do relevo por parte de determinados axentes erosivos,

que poden ser climáticos ou atmosféricos e biolóxicos.

Sedimentación: é o depósito sobre a codia terrestre, continental ou mariña de materiais sólidos

procedentes da disgregación das rochas ou de substancias en disolución (sedimentación detrítica ou

química, respectivamente)

Unidades morfoestruturais: formas e disposición interna que adopta o relevo; dan lugar a

levantamentos, afundimentos e desprazamentos da codia terrestre, e da actuación da erosión e

sedimentación.

Litoloxía: é a ciencia que estuda as características físicas e químicas das rochas.

2. Características da configuración do relevo español:

a. A forma maciza b. A elevada altitude media. c. A disposición periférica do relevo montañoso.

(podes complementalas características na páxina 32 do libro de texto) 3. Enumera e explica…

Zócolos: chairas ou mesetas formadas na era primaria como resultado do aplanamento pola erosión

de cordilleiras xurdidas nas oroxéneses (formación de montañas) desta mesma era.

Macizos antigos: montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun bloque ou dun

zócolo como consecuencia dos movementos oroxenéticos alpinos.

Cordilleiras de pregamento: grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxénese da era terciaria

polo pregamento de materiais sedimentarios, sobre todo calcarios, depositados polo mar na era

secundaria. Hai dous tipos: Intermedias e Alpinas

Concas sedimentarias ou depresións: formas afundidas formadas na era terciaria e cheas con

sedimentos, de calcaria, arxila, arenitos e margas. Dous tipos: Formadas polo afundimento dun

bloque dun zócolo ( depresións do Douro, Texo e Guadiana) e as Prealpinas formadas pola

descompresión posterior ao levantamento das cordilleiras ( depresións do Ebro e do Guadalquivir)

4. Indica…

Ambas eran concas ou fosas prealpinas, de forma triangular, enchidas por potentes espesuras de

sedimentos terciarios e cuaternarios, e hoxe, relevos practicamente horizontais.

A depresión do Ebro, primeiro estivo ocupada polo mar, despois foi un lago, ata ao final da era

terciaria en que se abriu paso pola cordilleira Costeira-Catalana ata ao mar. Pola diferenza de

materiais e o clima árido deu lugar a dous tipos de relevo: Os somontes entre as serras exteriores e

Page 26: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

25

o centro da depresión; alí fórmanse os mallos (ver debuxo páxina 48) e foxas; ou no centro da

depresión relevos de moas ou planas.

A Depresión do Guadalquivir, primeiro estivo aberta ao mar, logo converteuse nun lago ou

albufeira e máis tarde en marismas pantanosas. O predominio de materiais arxilosos dá lugar a

campiñas suavemente onduladas e cando xorden os mantos de calcaria, fórmanse mesas e cerros

ou outeiros

UNIDADE 2

1. Define:

Tempo atmosférico: ao estado da atmosfera sobre un lugar nun momento determinado

Clima: sucesión habitual de tipos de tempo sobre un lugar

Solleiro: zona dun relevo montañoso que recibe o sol de cheo

Umbría: zona dun relevo que está sempre en sombra

Tropopausa: é a capa atmosférica de transición entre a troposfera e a estratosfera

Anticiclón: Tamén chamada zona de Alta Presión, é a área na que o aire rexistra unha presión

elevada ( nas latitudes medias por riba dos 1013 mb) . A súa presenza indica, polo xeral, tempo

seco e cálido nos meses de verán e frío e seco en inverno

Borrasca: Tamén chamada zona de Baixa Presión, é a área na que a presión, (nas latitudes medias

e a nivel do mar), sitúase por debaixo dos 1013 mb.

2. Enumera…

A Latitude: España está situada na zona temperada do hemisferio Norte; determina a existencia de

dúas estacións ben marcadas (verán e inverno), separadas por dúas de transición (primavera e

outono). En Canarias, pola súa localización, os contrastes son menos marcados.

A situación: A Península está situada entre dúas masas de auga de características térmicas ben

diferentes, e entre dous continentes, converténdoa nunha encrucillada de masas de aire de

características distintas.

A Influencia do mar: é escasa, debido á anchura da península; de aí as diferenzas entre unha

estreita periferia, aberta ao mar, e un ancho núcleo de terras interiores cunha tendencia climática

continental. Decisiva nos dous arquipélagos.

O relevo: inflúe no clima pola disposición, a altura e a orientación

(tes máis datos para completar a resposta na páxina 61 do libro de texto)

3. Enumera e Explica…

Page 27: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

26

Os aspectos observables periodicamente e cuantificables para determinar o clima dun lugar son: a

insolación, a nebulosidade, a temperatura, a humidade, a presión, o vento, as precipitacións, a

evaporación, a evapotranspiración e a aridez.

4. Que…?

A aridez é a relación entre a temperatura e a humidade nun espazo determinado. Aumenta coa

temperatura e coa escaseza de precipitacións; hai diversos índices para achala: O índice de

Gaussen que mide a aridez mensual; cando o dobre da súa temperatura media é maior ou igual

que o total das súas precipitacións en mm.O índice de Lautensach-Meyer, que determina a aridez

xeral dunha zona a partir do número de meses con déficit de auga (menos de 30 mm de

precipitación); así poderemos falar de zona sen aridez ou húmidas, zona semihúmida, zona

semiárida, e zona semiárida extremada.

UNIDADE 3

1. Define :

Escorrentía: desprazamento das augas pola superficie da terra (superficial) ou subterraneamente.

Pode ser ramificada ou concentrada.

Manancial: afloramento á superficie terrestre das augas subterráneas

Estiaxe: período durante o cal unha corrente de auga alcanza o seu caudal máis baixo.

Chea: é o momento de máximo caudal dun río.

Lagos: masas de auga doce ou salgadas acumuladas en zonas deprimidas que alcanzan certa

profundidade.

2. Enumera…

O Clima, desempeña un papel destacado marcando un claro contraste entre a España húmida e a

España seca .

O relevo e a topografía, influíndo na organización das concas hidrográficas, na capacidade erosiva

dos ríos, e na formación de lagos e acuíferos.

A Litoloxía, o tipo de rochas e as súas características, poden facilitar a escorrentía ou a infiltración

da auga e, polo tanto, a formación de acuíferos.

A vexetación, actuando como pantalla protectora fronte á radiación e diminuíndo a evaporación.

O ser humano, consumindo auga e tentando de corrixir ese consumo construíndo encoros,

transvasamentos etc…

3. Caracteriza … As vertentes hidrográficas peninsulares distribúense en tres:

a. Os ríos da vertente cantábrica: son curtos, xa que nacen nas montañas próximas á costa.

Posúen unha grande forza erosiva por ter que salvar un gran desnivel entre o seu nacemento e

Page 28: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

27

o seu nivel de base (o mar Cantábrico). Son numerosos, caudalosos e de réxime bastante

regular, debido á constancia e á abundancia das precipitacións na zona.. Constrúense pantanos

destinados á produción de enerxía eléctrica.

b. Os ríos da vertente atlántica: son longos, nacen preto do Mediterráneo e desembocan no

Atlántico (atravesan toda a península). O seu réxime é moito máis irregular que os anteriores,

presentando estiaxe no verán, sendo a época de menores precipitacións, así como cheas coas

chuvias de outono e primavera. Os ríos da vertente Mediterránea: curtos, agás o Ebro, dada a

proximidade existente entre as montañas, onde nace, e o mar. Cun réxime moi irregular,

erosionan violentamente e arrastran derrubas, chegando a provocar no outono cheas

catastróficas, e pola contra, importantes estiaxes no verán. Precisan da construción de encoros

para regularizar o caudal e abastecer a agricultura, a industria e aos núcleos de poboación.

Tamén podemos atopar nesta vertente, torrentes, cursos intermitentes que só levan auga cando

chove; o resto do ano os seus leitos ( ou corgas) atópanse secos.

c. Baleares e Canarias: carecen de ríos; posúen arroios, de escaso caudal, alimentados por

mananciais. En Canarias, a sobreexplotación dos acuíferos provocou que apenas existan arroios

permanentes. Tamén son frecuentes os torrentes en ambos arquipélagos.

UNIDADE 4.

1. Define…

Deforestación: É a corta de vexetación debida a acción humana. Prodúcese pola tala excesiva de

árbores, ou prácticas agrarias inadecuadas, como o abuso de praguicidas químicos, etc...A vexetación

fixa o solo coas súas raíces e retén a auga da choiva, de forma que caia paseniñamente, para evitar o

arrastre do solo, ao non golpear directamente.

Transvasamento: Transferencia de auga dun río a outro, entre unha conca que ten excedente de auga e

outra que é deficitaria. Serve para aprovisionar á conca receptora de auga de regadío, industrial ou

potable. Actualmente o transvasamento máis coñecido é o do Texo-Segura, aínda que en España

existen 38 transvasamentos. en total. En ocasións, este feito produce enfrontamentos interrexionais.

Ex.: transvasamento do Ebro. Podes consultar sobre este tema na páxina 121 do libro de texto.

Ecosistema: Conxunto de seres vivos (biocenose) en relación ao contorno no que viven (biótopo).

Poden localizarse en calquera lugar da biosfera, e as súas dimensións poden ser moi variadas (un

bosque, un humidal,...). Nun ecosistema seres e medio interaccionan.

Chuvia ácida: É unha precipitación cun grao de acidez máis elevado do normal. Tes un exemplo

gráfico na páxina 124 do libro de texto.

Page 29: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

28

Parque nacional: A lexislación española defíneo como aquel espazo que se declare a súa conservación

de interese xeral da nación coa atribución ao Estado da súa xestión e a correspondente asignación de

recursos orzamentarios.

Parque natural: Espazo que posúe valores naturais merecedor de protección co fin de facilitar os

contactos das persoas coa Natureza.

Tes as dúas definicións ampliadas e a distinción legal na páxina 131 do libro de texto.

2. Elabora…

Problemas medioambientais de Galicia.

A - Contaminación atmosférica → produce: - choiva ácida. - problemas na capa de ozono. - efecto invernadoiro. - campos de po - ruído.

B.- Deforestación → debida a: - actividades agropecuarias. - actividades industriais. - incendios forestais.

C.- Erosión e desertización do solo relacionada co anterior apartado. D.- Sobreexplotación das augas → debida a: - contaminación rural.

- contaminación industrial. - contaminación urbana.

E.- Residuos sólidos–vertidos. 3. Explica…

Auditoría medioambiental: É un estudo e elaboración dun informe nunha determinada zona

medioambiental para analizar os problemas que se derivan do proceso produtivo dunha determinada

empresa industrial.Este informe non soluciona os problemas pero contén recomendacións precisas para

corrixilos.

A política de residuos sólidos urbanos ten como obxectivo as chamadas tres erres: reducir, recuperar

e reciclar os refugos. Case todos os esforzos políticos ata o de agora en España foron dirixidos a

recuperar e aproveitar os residuos, pero houbo poucas actuacións para tratar de reducir o volume deles.

Neste proceso ten moita importancia a concienciación cidadá, e a educación.

UNIDADE 5.

1. Define…

Agricultura intensiva: É á que se lle saca un alto rendemento. Habitualmente practícase en pequenas

explotacións, por exemplo as hortas familiares para o autoconsumo de moitos pobos españois. Era a

agricultura intensiva tradicional Hoxe en día, búscase obter mellores rendementos, investindo máis

capital, mellorando as técnicas de cultivo, o que fixo aumentar espectacularmente as producións (rego

por goteo, cultivos baixo plástico,...). Os exemplos máis importantes deste tipo de agricultura

Page 30: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

29

intensiva moderna están nas provincias de Almería, Huelva, Murcia, e, en xeral, por toda Cataluña e

Levante, e son traballadas moitas por man de obra inmigrante.

Barbeito:Terra de labradío sen traballar para que descanse durante un certo período de tempo, para que

recupere fertilidade, despois de ser traballada. Dependendo do número de colleitas e de temporadas de

barbeito fálase de ano e vez ( cultivo dun cereal e un ano de descanso, característico da agricultura

mediterránea), bianual (caracterízase pola rotación trienal, en que a un ano de descanso séguenlle dous

anos de colleitas, era o máis común na Europa do Norte), etc... O barbeito implica ademais a pouca

tecnificación dos cultivos.

Estabulación: É a cría e mantemento do gando en cortes. A estabulación pode ser permanente, como

fan nas vaquerías de produción intensiva, ou relativa, como fan cos animais de labradío. Tamén existe

a estabulación estacional, que significa que os animais gárdanse no inverno, e se sacan nos meses do

verán.

Pesca de altura: É a captura de peixes realizada a grandes distancias da costa. Utilízase unha flota de

altura que pode permanecer no mar días ou semanas e introduce o proceso industrializador nos barcos

e artes de pesca.

Pesca de baixura: É a captura de peixes con técnicas artesanais e case familiares. Utiliza unha flota de

litoral que faena entre a costa a as 60 millas paralela ao litoral

2. Fai…

ESPAZO RURAL:

A. Factores físicos: Relevo: difícil mecanización. fácil erosión. Clima: tendencia á aridez. Solos: calidade mediocre.

B. Estrutura agraria: tendencia modernizadora dende 1960

- Transformacións demográficas: descenso poboación española (ver gráfico de poboación activa da páxina 152 do texto).

- éxodo rural despoboamento. envellecemento.

- Sistema de explotación, propiedade e tenencia da terra:

-Propiedade: -Latifundio (+ 100 Ha.). Características. -Minifundio (- 10 Ha.). Características. -Explotación: -parcelas. + tamaño por concentración parcelaria. -Tenencia: -directa -indirecta: -parcería (diminúe hoxe) -arrendamento.

C. Poboamento rural:

(núcleos menores de 10.000 hab.). Actividades agrarias.

- Disperso: - disperso absoluto. - concentrado laso.

Page 31: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

30

- disperso intercalar. - Concentrado: - lineal.

- apiñado. D. Hábitat rural:

(vivendas e outras dependencias)

- Casa de pedra. - Madeira entramada - Casa de barro. - Segundo o plano: - casa bloque - A rentes do chan.

- Casa en altura. - casa composta.

E. Políticas agrarias:

Antes da entrada na U.E. (1986): - sistema de propiedade da terra. - - concentración parcelaria. - - proteccionismo comercial.

Despois: P.A.C. -integración nas O.C.M. -liberalización comercial coa U.E. -modernización.

-problemas cos excedentes. 3. Cales…

Poboamento no NO: - disperso (sistema de foros). -célula básica: aldeas –parroquia, de moito significado.

Tipoloxía: - Zona Centro: - hábitat nuclear ou polinuclear. - deixa libres as terras de cultivo.

- Zona Oriental: - núcleos de maior tamaño (“aldeas pechadas”) - vivenda: a palloza

- Zona Litoral: - núcleos de estrutura laxa. - ampla extensión. O turismo e a segunda residencia degradan a tipoloxía tradicional da zona litoral. Os maiores contrastes danse entre a zona oriental e a zona litoral, en:

- Morfoloxía. - Densidade de poboación - Periurbanización.

4. Explica…

O foro é un contrato de longa duración, moitas veces por tempo indefinido, polo que se vai herdando,

entre un propietario de terras (aforante) que cede a outro (foreiro) o dominio útil das terras. Adoitábase

facer por tres xeracións a cambio do pago por parte do foreiro dunha renda anual en especie ou en

cartos. Se había outras condicións, estaban estipuladas previamente.

Os foros son unha institución tradicional en Galicia dende o século XI e responden ao interese dunha

minoría nobre de facerse co excedente agrario. Entre os donos da terra e os que as traballaban foise

desenvolvendo outro grupo social, o dos fidalgos, que eran os titulares dos foros, que á súa vez

subaforaban aos campesiños.

Os “contratos de foros” permanecen ao longo de todo o século XIX afectando a preto das ¾ partes da

terra cultivada de Galicia.. Na I República española aprobouse en 1873 unha “Lei de redención”.

Finalmente, no 1926, apróbase unha lei que permite aos campesiños acceder á propiedade das terras

Page 32: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

31

que traballaban tras o pago dunha indemnización aos aforantes. As consecuencias máis coñecidas deste

sistema son:

- Influencia na configuración do poboamento rural tradicional. - Causa do minifundismo galego. - Atraso na incorporación aos circuítos comerciais e medios técnicos da

agricultura moderna. - Causa moitas veces da emigración transoceánica. - Predominio da cultura do caciquismo secular. - Control por parte da Igrexa e a nobreza do campesiñado.

5. Fai…

CULTIVOS DA PRODUCIÓN AGRÍCOLA.

Cereais: Serven como penso para alimentación do gando ou fabricación de pensos compostos. A súa

área produtora son as terras de secano do interior. A produción colle un 37 % das terras cultivadas. A

influencia da P.A.C. é de desvantaxe: redúcense as axudas e hai un incremento dos rendementos.

Leguminosas: Serven para o consumo humano, en verde ou en seco, e para alimentación do gando.

Área de produción: rotan cos cereais no barbeito. Produción: forte redución. Influencia da P.A.C.:

subvencionadas pola Unión Europea.

Vide: Serven para consumo humano e elaboración do viño. Área de produción: Castela, A Mancha, e

outras zonas menos extensas: Rioxa, Rías Baixas, etc...Produción: baixo rendemento. Influencia da

PAC: reconversión cara á maior calidade e primas en zonas de baixa calidade para cambiar de cultivos.

Oliveira: serven para o consumo humano, de mesa nun 10%. O resto, para obtención do aceite.

(España produce o 40% mundial do aceite de oliva). Área de produción: Sur peninsular, Andalucía e

Estremadura, especialmente Córdoba e Xaén. Produción: crecemento espectacular. Influencia da PAC:

subvencións, debido á escasa mecanización, e cotas á produción.

Cultivos hortofrutícolas: Serven para consumo fresco e conservas vexetais. Área produtiva: regadíos

do litoral mediterráneo (menos a amendoeira, cultivo de secano), e vales regados do interior da

Península. Produción: cara á exportación.

Cultivos industriais: Serven para a súa transformación previa ao consumo. Área produtiva: na parte

sur da península. Produción: capitalizada por ser industrial. Influencia da PAC: fortes subvencións.

Cultivos forraxeiros: serven para alimentación animal. Área produtiva: zona Norte peninsular e nos

regadíos. Produción: medran pola demanda gandeira.

UNIDADE 6.

1. Define…

Polo de desenvolvemento: Lugares declarados de promoción industrial nas zonas atrasadas, mediante a

aplicación de medidas especiais (subvencións de diversos tipos), que favorecen ás industrias que se

Page 33: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

32

establezan alí. Estas actuacións están recollidas nos Plans de Desenvolvemento (1964-1975) durante a

época franquista. Trataban de impulsar un proceso de concentración industrial. Creáronse Polos en

Galicia (A Coruña, Vigo), Castela-León (Valladolid), e Castela-A Mancha.

I+D (Investigación + Desenvolvemento): Conxunto de actividades de investigación realizadas para

mellorar o proceso produtivo de forma científica. É unha investigación que inclúe:

Investigación básica (traballos teóricos) Investigación aplicada Traballos de desenvolvemento tecnolóxico.

Todo isto require traballadores moi cualificados e fortes investimentos. Actualmente o investimento en

España en I+D é menor do 1% do PIB, o que evidencia a posición inferior de España respecto a outros

países comunitarios.

Reconversión industrial: Adaptación dos sectores industriais que quedaron anticuados e víronse

afectados pola redución da demanda, ou polo descenso da competitividade (debido ao atraso

tecnolóxico ou o menor custo da man de obra doutros países), e pola política comunitaria. Antes de

entrar España na Comunidade Europea aplicouse á industria unha reconversión forte en moitos

sectores: siderurxia integral (aceiro) construción naval, téxtil, coiro, transformados metálicos,

etc...Moitas veces supón unha perda de grande número de postos de traballo.

Z.U.R.: Zona de Urxente Reindustrialización, nacidas en 1983. Ten un período de vixencia de 18

meses, prorrogables outros 18. Delimitáronse 6 ZUR, como podes ver no mapa da páxina 219 sobre os

resultados acadados nas ZUR (Galicia, Zona do Nervión, Barcelona, Madrid e Cádiz). Podían recibir

incentivos fiscais e financeiros, así como subvencións por incorporar traballadores dos fondos de

promoción de emprego (parados reconvertidos) aquelas empresas que se instalaran ou se trasladaran a

estas áreas, sempre que fosen viables e xerasen novos postos de traballo. A maioría dos proxectos

leváronnos Madrid e Barcelona, ante o escaso atractivo das restantes zonas.

2. Observa…

A.- As zonas de maior concentración de centrais térmicas son:

-Norte de Galicia, Asturias, León, e Cantabria. -Zona do Ebro, Zona Sur e as Illas. Son zonas con características topográficas escarpadas, zonas de minería de carbón, e de proximidade de auga para a refrixeración.

As zonas de maior concentración de centrais hidroeléctricas son:

- Metade Norte peninsular: ríos do Norte, Douro, Texo e Ebro, polas súas características topográficas (ríos con fortes desniveis e de caudal abundante)

As zonas de maior concentración de enerxía eólica son:

- Norte de Galicia: Estaca de Bares, Cabo Vilán. - Sur de España: Cádiz, o Estreito de Xibraltar, Tarifa. - Zonas montañosas do Sistema Ibérico: La Muela. -

Page 34: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

33

B.- As concas fluviais españolas caracterízanse pola súa irregularidade. As concas que son máis

regulares e teñen maior caudal son as máis aproveitables para producir enerxía hidráulica. Os ríos máis

explotados para este fin son: os da vertente cantábrica, xunto co Ebro, polos seus afluentes pirenaicos;

o río Douro e o Texo. Pola contra, os ríos da vertente mediterránea, teñen para este fin unha escasa

importancia.

3. Explica…

En Galicia temos a arteria Miño-Sil que concentra a maior parte da produción de enerxía

hidroeléctrica, cunha longa sucesión de encoros e centrais hidroeléctricas, que xeraron problemas de

tipo ambiental e paisaxístico, e que na actualidade tratan de paliarse mediante o respecto ao ecosistema

fluvial. Ex.: instalación de minicentrais, aínda que non sempre parece eficaz este sistema.

4. Explica…

Trazos característicos:

- Zonas especializadas en sectores industriais en crise. A súa man de obra esixía especialización

unicamente para esa actividade polo que non toda era reconvertible a outros traballos.

- Predominan a grande empresa e escasean as pemes, nunha concentración na que todas están

relacionadas, e que teñen unha escasa rendibilidade.

- O mercado laboral é de cualificación media ou baixa, con forte conflitividade social e alto grao de

sindicación.

- O medio está moi deteriorado dende hai moito tempo pola abundancia de industrias básicas

altamente contaminantes e un crecemento urbano desorganizado, de vivendas de baixa calidade, ás

que se unen naves abandonadas.

- Dependencia tecnolóxica e económica e escaseza de actividades terciarias.

- A incorporación á Unión Europea agravou a situación con novas restricións á produción e ao

emprego.

UNIDADE 7.

1. Define…

P.I.B. (Produto Interior Bruto): é o valor a prezo de mercado, de todas as actividades produtivas, bens

e servizos realizadas dentro dos límites territoriais do país, sen ter en conta a nacionalidade do

beneficio das rendas orixinadas, é dicir, que as rendas das empresas estranxeiras situadas en España

tamén contan.

Balanza de pagos: é un documento que rexistra todas as operacións económicas dun país co resto do

mundo durante un período determinado de tempo, anotando os ingresos e gastos de cada operación, e

Page 35: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

34

da súa diferenza xorde un saldo positivo ou negativo. A balanza de pagos componse da balanza por

conta corrente e a balanza por conta do capital.

-A balanza por conta corrente inclúe a balanza comercial (exportacións e importacións), a balanza de

servizos (pagos e ingresos por servizos) e a balanza de transferencias.

- A balanza por conta de capital inclúe os investimentos do país no exterior e os realizados por outro

países.

Ecoturismo: é o turismo que valora principalmente as condicións naturais e o respecto ao medio

ambiente. Ex.: visitas aos parques naturais.

Economía sumerxida: É a actividade económica exercida fora da regulación das leis, coa que se evitan

as obrigas fiscais pero tamén os controles de seguridade no traballo. Non hai datos exactos polo seu

carácter ilegal. Pero sábese que cando o paro laboral é moi alto, moitas persoas teñen que aceptar

traballos estacionais, e marxinais. Os grupos máis afectados son: mulleres, xoves e inmigrantes. Non

declaran á facenda os ingresos obtidos, pero, pola contra, non contan con ningunha seguridade nin

dereitos laborais. Hai determinadas formas de traballo a obra feita características: traballos a domicilio,

costureiras, etc...

2. Enumera…

O sector terciario aumenta dende 1960.

A.- Causas: - Aumento do nivel de vida → posibilita maior consumo. - A industria demanda servizos, especialmente a industria que utiliza novas tecnoloxías.

- Auxe do turismo → hostalaría, comercio, transporte,... - Servizos públicos → as administracións contribúen ao estado de benestar: educación,

sanidade, etc... - Incorporación das mulleres ao traballo → fanno neste sector e á vez, estimulan outros

servizos, como garderías. B.- O aumento do sector terciario vai unido á diminución do sector primario e secundario, como xa

viches. Tamén o número de traballadores e traballadoras é maior neste sector. Ex.: 1970–33% total

poboación activa dedicada aos servizos, e en 1994 a porcentaxe pasou a ser un 60%.

Para o ano 2000 podes consultar os mapas sobre poboación activa ocupada no sector terciario e a

participación do sector terciario no P.I.B. da páxina 249 do libro de texto.

3. Explica…

As conexións ferroviarias con Europa vénse obstaculizadas polos Pirineos e polo ancho da vía

española, que é maior que no resto de Europa. Este ancho adoptouse a mediados do século XIX para

incrementar a estabilidade das locomotoras, a causa das dificultades do relevo. Pero na rede de alta

velocidade, a Unión Europea pretende usar o ancho de vía europea en España. O proxecto deberá estar

rematado no ano 2010, e supón para España o achegamento ás principais cidades europeas.

A conexión farase a través de dúas liñas:

Page 36: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

35

- Dorsal que unirá Madrid con Francia a través de Zaragoza, Lérida e Barcelona. (AVE → estendida cara a Valencia).

- Liña dende Madrid- Valladolid e País Vasco.

4. Especifica…

A actual rede de estradas en Galicia organízase en torno a tres eixes:

a. Eixe Norte: A Coruña- Ferrol (Golfo Ártabro)- Lugo, Nacional VI. b. Eixe Sur: Nacional 525, desdobrada pola autovía das Rías Baixas (1998). Comunica Vigo con

Ourense. c. Eixe Atlántico: Máis coherente. Comunica cinco das sete grandes cidades de Galicia, agás

Lugo e Ourense. Vertébrase ao longo da autoestrada do Atlántico, que enlaza A Coruña e Vigo.

Podemos engadir a construción actual do tramo de autoestrada Santiago de Compostela- Ourense.

5. Esboza…

O turismo rural nace a raíz de programas de apoio ao desenvolvemento rural. Inclúen aloxamento

privado e unha oferta diversa de actividades de lecer relacionadas coa natureza. O turismo rural

adquiriu grande importancia na última década. É unha posibilidade que ten o campo para evitar o seu

despoboamento futuro. Axuda ao desenvolvemento endóxeno de certas áreas rurais do interior

(Ribeiras do Sil, Serras Orientais,...) porque conserva a arquitectura tradicional popular, trata de

recuperar a artesanía e as tradicións locais e serve de complemento as labores agrícolas, por tanto,

aumenta os beneficios das familias campesiñas.

Tamén diversifica a economía desas zonas. Ex.: entre 1993 e 1999 o número de establecementos pasou

de 41 a 213, acompañados por unha mellora das infraestruturas e servizos. Por tanto se perfila como

unha das modalidades alternativas do turismo tradicional.

UNIDADE 8

1.-Define brevemente:

Poboación de dereito: é a suma dos residentes presentes e ausentes no momento de facer o censo.

Poboación de feito: é a suma dos residentes presentes e os transeúntes

Malthusianismo: ao nome provén de Thomas Robert Malthus, economista e pastor anglicano que en

1798, publicou o Ensaio sobre o principio da poboación, obra cumio da que xorde unha corrente

ideolóxica que propón a redución voluntaria da natalidade: nela, o autor, afirmaba que mentres a

poboación aumenta en progresión xeométrica (2-4-8-16), os recursos ou produción alimenticia

aumenta en progresión aritmética (2-4-6-8),, polo que é necesario controlar a natalidade por medio da

contención e o atraso da idade do emparellamento. Na actualidade o neomalthusianismo é partidario

do control voluntario da natalidade, utilizando os métodos modernos.

Page 37: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

36

Taxa de mortaldade infantil: é a taxa que mide o número de fillos e fillas falecidos antes de cumprir un

ano por cada mil, en relación co total dos nacidos vivos (tes a fórmula na páxina 288 do libro de texto).

Esta taxa é moi interesante para poder calibrar o nivel de subdesenvolvemento ou desenvolvemento

dun país, pois o PIB, ou a renda per cápita, que soen ser os datos que se dan, están moito máis

sesgados que a TMI.

2.- Explica …A influencia relixiosa, sobre todo das tres grandes relixións, é moi grande, pois as tres

son pronatalistas, é dicir, fomentan a natalidade, tema moi debatido polas consecuencias que está a

traer no mundo subdesenvolvido, altas taxas de mortalidade infantil, infanticidio…. No caso concreto

da España da transición á democracia, a relixión católica deixa de influír na mesma medida que o fixo

ata o ano 1975 ( morte do ditador e da ditadura), coa despenalización e difusión dos anticonceptivos (

sobre todo da píldora , o que proporcionou ás mulleres a capacidade de decisión sobre se querían ou

non ter descendencia ou cando a querían ter); así mesmo a despenalización do aborto , aínda que só

nalgúns supostos, a crecente incorporación das mulleres ao mundo laboral asalariado, a preeminencia

das relacións de parella sobre as reprodutoras ou de coidado de fillos e fillas, e o xurdimento de formas

familiares diferentes do matrimonio e menos prolíficas (admitidas pola ONU ata 13 tipos de familia

no mundo: monoparentais, monomarentais, maternidade en solitario…). Un dato significativo na

diminución da natalidade é o mantemento, aínda na actualidade, de comportamentos sexistas no

reparto das tarefas domésticas e no coidado da prole.

3.- Diferencia… As migracións interiores son os movementos de poboación que se producen dentro

das fronteiras dun país: en España poderemos diferenzar entre as tradicionais e as actuais:

A.- As tradicionais: son as que se producen desde o último terzo do século XIX e a crise económica do

1975; protagonizadas esencialmente polo campesiñado que, por motivos laborais e case de

supervivencia, se dirixían a outras zonas agrícolas máis prósperas ou ás incipientes zonas industriais.

Podemos dividilas en: estacionais e o éxodo rural:

Estacionais ou tamén chamadas temporais: danse entre o último terzo do século XIX e a década de

1960, afectando fundamentalmente á poboación campesiña; a diferenza do nome estriba en que podían

ser estacionais a outras áreas rurais para facer labores agrarias ( a vendima, a sega…), xa que o campo

estaba pouco mecanizado e facía falta man de obra; e chamámoslle temporais aos desprazamentos ás

cidades nas épocas do ano nas que o campo non daba tanto traballo, para ir facer labores non agrarias

(na construción, nos labores domésticas,... sobre todo as mulleres).

O éxodo rural: dáse entre 1900 e 1975. É a que se produce con carácter definitivo ou de longa

duración. Protagonizábano persoas procedentes de zonas moi atrasadas de Galicia, do interior da

Península e da Andalucía oriental; zonas onde predominaban as actividades do sector primario e cun

alto crecemento vexetativo. Podemos distinguir catro etapas:

Page 38: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

37

Primeiro terzo do século XX: causado polo exceso de man de obra no campo(crise da filoxera, inicio da mecanización dos cereais). Favorecido pola oferta de traballo nas zonas industriais e polo auxe da construción de obras públicas na Ditadura de Primo de Rivera.

Na Guerra Civil e na Posguerra estáncase o éxodo rural, loxicamente. Estancamento da produción, difícil reconstrución na autarquía franquista e, ademais, a ditadura de Franco fomentou a permanencia da poboación rural no campo.

Entre 1950-1975, o éxodo acadou o seu maior volume: crecemento demográfico (baby boom), crise da agricultura tradicional pola mecanización, auxe industrial promovido polos “plans de desenvolvemento” , xerando postos de traballo nas cidades industriais, así como o fomento e apoxeo do turismo nas costas mediterráneas e as illas, creando postos de traballo. Formáronse dous eixes: o do Mediterráneo e o do Ebro.

Desde 1975: a decadencia do éxodo rural, volvendo algunhas áreas a recibir “retornados”; algunhas zonas industriais deixaron de recibir inmigración e pasaron a converterse en migratorias (Madrid, País Vasco). Tamén queda clara a influencia do desenvolvemento das autonomías xerando postos de traballo e aproveitando recursos da propia comunidade.

B.-As actuais: Desde a crise de 1975 asistimos a un novo sistema migratorio de diferentes

características:

A procedencia xa non é maioritariamente rural, provén de municipios urbanos e dos de maior tamaño.

O destino experimentou cambios: ralentizáronse as migracións entre comunidades; intensificáronse as

migracións dentro da comunidade autónoma. (debes consultar a gráfica que figura na páxina 298 do

libro de texto).

As causas e o perfil dos e das emigrantes dan lugar a distintas correntes migratorias entrecruzadas no

espazo:

- Migracións residenciais: na procura de vivendas fóra da cidade, máis baratas. Xente nova - Migracións laborais: por causa do traballo. Adultos novos - Migracións de retorno rural: antigos emigrantes que acadada a xubilación, ou xubilados e

xubiladas anticipadamente, pola crise económica, deciden volver ao seu lugar de orixe. - Movementos habituais da poboación: por motivos de traballo ( crea movementos pendulares) ou de

lecer (movementos de fin de semana) 4.- Explica …

A poboación activa é o conxunto de persoas de 16 ou máis anos que conforman a man de obra para a

produción de bens e servizos, ou que están dispoñibles: comprende tanto a que traballa (ocupada)

como a que está buscando traballo (desocupada) .

A poboación inactiva, é a que non ten traballo remunerado; pensionistas, rendeiros, estudantes, e as

persoas dedicadas aos labores do fogar: nin que dicir ten que maioritariamente este sector está ocupado

por mulleres que seguen a ocuparse dos labores domésticos e do coidado da prole e dos e das maiores;

non son contabilizadas nas E.P.A ( enquisas de poboación activa)

UNIDADE 9

1.- Define brevemente:

Page 39: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

38

Cidade: non é doado manter unha soa definición de cidade xa que depende de criterios cuantitativos e

cualitativos ; aínda así poderemos establecer unha e lle engadir eses criterios : Asentamento humano

de marcado carácter urbano que posúe unha serie de características definitorias que o distinguen dos

espazos rurais, tales como a sucesión de edificacións con solución de continuidade, unha densa rede de

transportes e comunicacións que facilita enormemente a interacción, tanto interior como exterior, unha

especialización de carácter produtivo centrada en torno aos sectores secundario e terciario e unha

elevada densidade de poboación. En España considérase como núcleo urbano aquel que excede os

10.000 habitantes (INE, Instituto Nacional de Estatística). Este sería o criterio cuantitativo; é

incompleto porque contabiliza a poboación de todo o termo municipal, de tal xeito que en

comunidades como a nosa, Galicia, coa dispersión da poboación existente, poderíamos considerar

como urbanos , espazos realmente rurais en canto ao aspecto e as funcións exercidas.

Os criterios cualitativos: fan unha definición de cidade dependendo das características morfolóxicas

(aspectos formais da cidade), sociolóxicas (posesión dunha cultura urbana), funcionais (baseado nas

actividades económicas urbanas) e espaciais (baseado na capacidade da cidade de organizar o espazo

que a rodea, interrelacionándose con outras cidades)

taxa de urbanización: é a porcentaxe de poboación urbana en relación coa poboación total

morfoloxía urbana: tamén se coñece como paisaxe urbana; é a imaxe que presenta a cidade, resultado

da combinación de tres elementos que están interrelacionados e en continua transformación, que son :

o plano/ a edificación / e as funcións ou usos do solo.

Plano ortogonal: está formado por rúas que se cortan en ángulo recto, froito dunha planificación;

existiu en todas as épocas, aínda que hoxe en día se considere característico das cidades máis

modernas; tamén se pode chamar en dameiro ou cuadrícula, (en Galicia, o barrio da Magdalena de

Ferrol; prototipo de urbanismo en Roma, polo que as cidades de orixe romana téñeno case todas

conservado; p. explo. Barcelona)

Plano radiocéntrico: denota un crecemento por etapas que desborda todas as murallas que tivo a

cidade; do seu centro diverxen rúas radiais; pode ser regular ou irregular ( o centro histórico de

Betanzos).

Plano irregular: presenta rúas estreitas e tortuosas, dispostas dun xeito anárquico, xunto con prazas

sen formas definidas. Característico de cidade vella, orixes musulmanas ou cristiás do medievo

(Centro histórico de A Coruña.Século XIV)

Cidadela: ou barrios ocultos, son vivendas situadas no interior do patio dunha casa burguesa ou preto

das instalacións industriais, tras unha tapia, para escapar do control municipal; con ventilación ao patio

e retrete e cociña colectivos.

U.V.A.: Unidades veciñais de absorción, exemplo de barriadas de promoción oficial, construídas en

tres ou catro meses, provisionais, aínda que algunhas se mantiveron máis de vintecinco anos.

Page 40: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

39

2.- Enumera…

As cidades españolas presentan problemas de diferentes tipos:

a. Problemas de vivenda: encarecemento do solo e especulación, fan que a compra ou alugamento dunha vivenda sexa unha das partidas máis importantes dedicada dos salarios. A solución ten que vir dada polas políticas serias de planificación e urbanismo: rehabilitacións, protección oficial…

b. Problemas de abastecemento e equipamento: o nivel de poboación acadado nas últimas décadas nas cidades fai que o abastecemento de enerxía, auga… se teñan disparado; ata tal punto que hai que promover o aforro das mesmas pois precisan de altos investimentos. Os equipamentos e infraestruturas, deportivas, sanitarias, culturais ou educativas tamén precisan de fortes investimentos dado que ao aumentar a poboación non son suficientes as existentes.

c. Problemas de tráfico: pola mesma situación que a anterior, as necesidades de planificación do tráfico rodado, aumentaron considerablemente, por iso é necesaria a ampliación de circunvalacións, aparcamentos e a mellora e potenciación do transporte público.

d. Problemas ambientais: A existencia dun microclima urbano, porque as temperaturas e as precipitacións son máis altas que no campo, pola concentración de gases, pola retención de calor dos materiais construtivos, pola cantidade de gases do tráfico e da industria. Isto á súa vez produce unha grande contaminación atmosférica, unha campá de po que afecta á saúde (problemas respiratorios, da pel…), ás plantas e incluso aos edificios (enfermidades da pedra…). Tamén teremos que ter en conta a contaminación acústica da que non somos moi conscientes, xa que estamos acostumados e acostumadas ao ruído, uns niveis de ruído que difícilmente soporta o oído, producíndonos trastornos que, ás veces non atribuímos a esta causa. Outro problema ambiental é a produción e eliminación de residuos, tanto das augas que teñen que ser tratadas antes de ser eliminadas ao mar ou ao río para non contaminalos, como os sólidos urbanos domésticos e industriais, cada vez máis voluminosos, debido a que cada vez son maiores as concentracións urbanas, e que precisan de grandes inversións para ser correctamente tratados, a través da depuración integral das augas e a reciclaxe.

3.- Sinala…

Podemos distribuír as funcións das cidades españolas en tres:

1. Cidades primarias: especializadas en actividades do sector primario: agrocidades andaluzas,

manchegas, murcianas e levantinas; e as mineiras (asturianas fundamentalmente).

2. Cidades secundarias: especializadas na industria ou na construción; as primeiras que se

incorporaron á Revolución Industrial (Asturias, P.Vasco ou Cataluña).

3. Cidades terciarias especializadas en servizos, sendo esta a característica que mellor define a

cidade. As grandes metrópoles nacionais: serían os exemplos Madrid, Barcelona… Os servizos

poden ser comerciais, administrativos, culturais, sanitarios…

4.- Cita...

a. A Coruña: tradicionalmente cunha función comercial, polo seu porto, na actualidade súmalle a esta

a función financeira (sede de entidades bancarias e empresas). Así mesmo, as funcións xudiciais

(Audiencia provincial), administrativas (Delegacións provinciais dos ministerios) e militares

ocupan a unha parte importante da poboación.

b. Vigo: Caracterizada pola importancia do seu porto, así como a instalación de estaleiros, industrias

de automoción (Citröen), conserveiras…etc, fan que a súa influencia traspase o ámbito

metropolitano e abarque o norte de Portugal. Non podemos esquecer que foi a primeira “cidade”

Page 41: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

40

galega que a finais do século XIX, con capital catalán, tivo as primeiras fábricas de conservas e os

primeiros estaleiros (xunto con Ferrol), sendo sé da revolución industrial recibida en Cataluña.

c. Santiago de Compostela: pola súa orixe relixiosa e as súas raíces histórico-artísticas, a cidade

conformouse e especializouse no sector servizos (turismo e hostalaría). Indubidablemente a súa

orixe reformada polo tempo vén dando dedicación case exclusiva a dito sector. A Universidade,

unha das máis antigas de España, atraía, máis do que atrae na actualidade, a numeroso alumnado,

pero coa aparición doutros centros a nivel da comunidade, ten menos presenza numérica. Abarca

tamén unha importante función de comunicacións, tanto aéreas (o aeroporto internacional de

Lavacolla), como terrestres, sanitaria (alberga o Hospital Clínico Universitario). Ademais ao ser a

capital de Galicia, reforzou a súa función de carácter administrativo, sendo a sé central do goberno

autonómico.

d. Ferrol: orixinal e xeograficamente, a cidade, baseou o seu desenvolvemento na función militar e

da industria naval, sendo desde o século XVIII, unha das cidades máis poboadas e dinámicas de

Galicia. Na actualidade e debido ás reconversións industriais, entre outras causas, está en recesión

demográfica e financeira, producíndose un estancamento do crecemento urbano.

e. Lugo: Capital provincial dunha extensa área rural de influencia. Especializada, fundamentalmente,

na administración pública, cumpre funcións educativas, sanitarias e comerciais, atendendo as

necesidades da súa área de influencia.

f. Ourense: Desde os anos 70 e por mor dos retornados e retornadas da emigración, só se viu

superada en crecemento demográfico por Vigo. É a cidade que máis medrou de Galicia, sendo un

importante nó de comunicacións ferroviarias e terrestres, o que produciu a instalación e

desenvolvemento de industrias téxtiles, alimentarias e de automoción.

UNIDADE 10

1. Define…

Fondo de cohesión: É un instrumento financeiro da Unión europea destinado a diminuír as diferenzas

de renda entre os países ricos e pobres, e para crear infraestruturas, financiando proxectos ambientais,

e plans de redes transeuropeas de transporte. Os países ricos da Unión, que son os que máis cartos

pagan, están interesados en limitar estes fondos. Os países que perciben a súa maior parte deles son

España, Portugal, Irlanda e Grecia.

Desequilibrio territorial: Son as desigualdades que aparecen entre comunidades autónomas ou dentro

de cada unha delas. Parten das condicións naturais de cada zona (clima, solo, hidrografía,...), e da

desigual distribución dos recursos (infraestruturas, transporte, renda, produción,...)e acentúanse pola

Page 42: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

41

acción humana. A poboación tamén presenta desigualdades demográficas e sociais, como estrutura de

idade, densidade de poboación, niveis de instrución, etc... no acceso ao benestar.

Réxime foral: Aféctalle ao País Vasco e Navarra. É un réxime especial ( procede do privilexio

medieval do foro) que supón que se financian cos ingresos tributarios recadados no seu territorio pola

súa administración fiscal e pactan co Estado (mediante concertos e convenios) a cantidade que se lle

paga á Administración Central do Estado.

2. Define…

A Autonomía é o recoñecemento do dereito ao autogoberno, á dirección dos propios asuntos de forma

que exista descentralización, en lugar de centralización. A Constitución de 1978 non perfilou as

Comunidades Autónomas, senón que deixou a porta aberta para que as propias nacionalidades e

rexións exerceran o seu dereito á autonomía. (Esta foi unha das condicións do consenso cos franquistas

máis aperturistas na primeira etapa da transición española).

Características:

1. Cada comunidade está rexida polo seu Estatuto de Autonomía, aprobado polas Cortes, que define a organización da comunidade.

2. Teñen competencias exclusivas, outorgadas pola Constitución e recollidas no Estatuto. Poden ser políticas, económicas, de urbanismo, de infraestruturas, de propia lingua,... Ou competencias compartidas co Estado, ou mixtas: a base legal faina o Estado e desenvolve o seu regulamento a comunidade.

3. Institucións propias: Parlamento autonómico (poder lexislativo, sufraxio universal). Goberno autonómico (poder executivo. Consellerías). Tribunal Superior de Xustiza.(poder xudicial) Presidente da Comunidade.

4. Financiamento en réxime común: tributos cedidos polo Estado (LOFCA) e ingresos propios. Financiamento en réxime foral: País Vasco e Navarra.

5. Subdivídense en provincias: agrupación de municipios. O seu órgano de goberno é a Deputación.

municipios: entidade básica da organización territorial. O seu órgano de goberno é o concello, rexido polo alcalde e os concelleiros.

Canarias e Baleares: organización local especial, en cabildos (Canarias) e consellos insulares (Baleares).

3. Explica…

En Galicia, na II República (1931-1936) o proxecto de Estatuto foi proposto polos concellos, a

instancia do Partido Galeguista (fundado en 1931), en decembro de 1932. Foi aprobado en referendo

público en 1936, e aprobado polas Cortes, ante a insistencia de Castelao, en 1938, xa case ao final da

Guerra Civil.

O modelo autonómico da II República serviu de referencia á actual organización do Estado español,

plasmada na Constitución de 1978, e aquelas comunidades que tiñan un estatuto aprobado durante a

República (Comunidades históricas) conseguiron inicialmente maiores competencias.

4. Enumera…

Page 43: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

42

O factor máis importante foi a industrialización, que xerou contrastes entre as zonas periféricas (fabrís)

e o interior (agrario). O modelo territorial que se fixo na década de 1960, no franquismo consolidou

unha zona centro pouco desenvolvida (agás Madrid) e unha periferia desenvolvida (agás Galicia e

Andalucía).

a. Desequilibrios económicos: afianzáronse na década de 1960 coa industria e o turismo. -Zonas de concentración de riqueza: País Vasco, Cataluña, Levante e Baleares. Tamén Madrid como centro financeiro e de servizos. -Medrou o PIB das rexións periféricas. - Renda per cápita: influída pola emigración (aumenta).

b. Desequilibrios demográficos: emigración de zonas rurais do centro ás urbanas e industriais da periferia e de Madrid.

c. Desequilibrios sociais: dotación de servizos sociais nas rexións máis desenvolvidas: sanitarios, culturais, de lecer, etc...

d. Desequilibrios no poder: zonas desenvolvidas convertéranse en espazos centrais que toman as decisións, e as demais quedan como espazos periféricos subordinados.

5. Sinala…

O Tratado de Maastricht firmado en 1992, co que naceu a Unión Europea. Ten dous aspectos

esenciais: a unión política e a unión económica e monetaria.

Para a unión política fixáronse os seguintes obxectivos:

- Creación dunha especie de supranacionalidade na que os cidadáns da Unión teñen liberdade de residencia, dereito ao voto, protección diplomática, etc.. Tamén acordouse unha política exterior común e de seguridade. Hoxe en día hai un representante, con rango de ministro de Asuntos exteriores, que se encarga da política exterior común.(Alto Representante da Política Exterior e de Seguridade).

- Reformar as institucións da Unión Europea e ampliar as competencias do Parlamento europeo. Na actualidade está redactado un proxecto de Constitución europea, que deberá someterse a votación.

Para a unión económica e monetaria:

- Liberdade de circulación de persoas, bens e servizos. Maior protección social para os traballadores e traballadoras.

- Está creado o Banco Central Europeo.

Tamén está xa en circulación a moeda única, o euro, funcionando dende xaneiro do 2002.

6. Explica…

A ampliación cara ao Leste presenta o problema de que subirá o nivel medio de renda das

comunidades españolas e deixará fóra dos fondos a algunhas delas. Ademais esixirá un novo reparto de

fondos, en prexuízo dos seus actuais beneficiarios, ou un aumento considerable do presuposto

comunitario, ao que se negan os países máis contribuíntes, como Alemaña ou Francia.

UNIDADE 11.

1. Define…

Page 44: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

43

Oligopolio: É o control do mercado de produtos do mesmo tipo por unhas poucas empresas de tamaño

semellante.Ao non ser ningunha máis forte que as outras, compiten entre si de forma moderada, ou

coordínanse para fixar un prezo que lles permita obter o máximo beneficio, repartíndose o mercado.

Globalización: É o proceso de evolución progresiva cara a un mua penasndo sen fronteiras. Sobre a

base da xeneralización do sistema capitalista a escala mundial, ten lugar unha globalización económica

a partir de 1975, que comprende a organización da produción a escala planetaria, o consumo imposto

de maneira uniforme e os intercambios de mercancías, capital, servizos e tecnoloxía circulan por todo

o mundo.

G7: É a reunión das sete economías máis fortes do mundo ( Estados Unidos, Canadá Xapón, Alemaña,

Francia, Italia, Gran Bretaña e Rusia). Esta última asiste como observadora. O seu obxectivo é orientar

a economía e a política a través dos cumios que celebran anualmente.

IDH ( Índice de Desenvolvemento Humano): emprega tres indicadores de desenvolvemento: o índice

de esperanza de vida, o índice de escolarización e o índice de PIB per cápita.. O resultado para cada

país é un número entre cero e un, que permite asignarlle unha posición a escala mundial. Presenta

algunhas deficiencias: non ten en conta as diferenzas por sexos en canto á esperanza de vida e

alfabetización; nin a distribución da renda, nin o respecto polos dereitos humanos, nin a calidade do

medio. Deberán ser corrixidas nun futuro próximo.

2. Realiza…

a. Desaparición dos sistemas comunistas ou de economía planificada na década de 1990 b. Retroceso das economías de autoconsumo. c. Revolución tecnolóxica (microelectrónica) > comunicación universal. d. Melloras dos transportes e telecomunicacións, que permiten: redución das distancias → aldea global. dimensión global para a produción e o mercado.

establecemento dunha rede internacional de fluxos: mercancías, capitais, información e decisións.

e. Liberalización económica: reducen as trabas para os capitais e mercancías estranxeiras. Ex.: Organización Mundial do Comercio

3. Elabora…

España participa en grandes organizacións internacionais para a paz, o desenvolvemento

socioeconómico, a defensa e a solidariedade.

A. O.N.U. (Organización de Nacións Unidas): axuda a manter a paz e a seguridade mundial.

Organismos Autónomos: -F.A.O. (Organización para a Alimentación e a Agricultura) - F.M.I. (Fondo Monetario Internacional) - Banco Mundial.

Sociais → O.I.T. (Organización Internacional do Traballo). Culturais → U.N.E.S.C.O. (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a

Cultura).

Page 45: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

44

B. Organizacións comerciais: - O.C.D.E. (Organización de Cooperación e Desenvolvemento Económico)

C. Organizacións defensivas: - O.T.A.N. (Organización do Tratado do Atlántico Norte), xunto

con 19 países democráticos. España ingresou na súa estrutura militar en 1997. - Unión Europea Occidental. 1986.

D. Colaboracións con diversas O.N.G.:

- Amnistía Internacional. ( defensa dos dereitos humanos) - Médicos sen Fronteiras ( axuda humanitaria) - Greenpeace ( defensa do medio).

4. Explica…

As relacións con América Latina seguen a darse na actualidade. Xa no século XIX e ata a

emancipación dos territorios americanos, as relacións caracterizáronse pola dependencia política e

económica das colonias cara a metrópole. Tras a independencia, os lazos incrementáronse a finais do

século XIX e principios do XX pola emigración española e galega (afectou a dous millóns de galegos)

Na actualidade mantéñense as inversións económicas para impulsar o crecemento económico e social

de América Latina, especialmente en Arxentina, México, Chile, Venezuela, Brasil e Perú.. As

inversións dirixíronse maioritariamente cara aos sectores de telefonía, e bancarios, e neste intre tamén

nos transportes públicos.

Tamén colabora España no estreitamento de relacións entre a Unión Europea e América Latina. Ex.: as

contribucións da U.E. en Latinoamérica multiplicáronse por dez desde 1985 ata 1995. E ademais

presta apoio á democratización dos gobernos latinoamericanos, e fomenta as relacións institucionais.

Respecto a Galicia a masiva emigración supuxo un fortalecemento da unión. As Casas de Galicia

funcionan en case todas as grandes cidades latinoamericanas. E ademais están os retornados,

emigrantes que seguen mantendo parte dos seus negocios en América, e serven de lazo de unión.

Moitos deles destacaron polo seu carácter de benefactores de Galicia, polo interese filantrópico

demostrado. Fixeron hospitais, escolas centros sociais, etc... que deixaron a súa pegada en moitas

aldeas de Galicia.

UNIDADE 12

1.- Define brevemente:

Ecu: (european currency unit) : a unidade de conta da Comunidade Europea, antes da implantación do

euro. O valor era a media ponderada dos valores dos países membros.

Euro: a moeda común da UE desde xaneiro do 2001: simboliza a UE, é un nome curto e pronúnciase

case igual en todas as linguas ca Unión.

Rede Natura 2000: é a que procura a conservación dos espazos naturais e da fauna e flora da UE.

Page 46: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

45

Fondo de cohesión: é o que financia proxectos de custo esaxerado para a facenda pública dos países

beneficiarios cunha importante incidencia na protección do medio ou nas redes transeuropeas. Os

cartos aportados (80-85% do proxecto, ás veces o 100%), deben gastarse equilibradamente entre

proxectos de transporte e ambientais.

UEM: é o organismo que ten como obxectivo o mantemento da estabilidade económica; os países

integrantes ( Alemaña, Austria, Benelux, España, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia e Portugal; no

2001, súmase Grecia e quedan fóra Dinamarca, o Reino Unido e Suecia, aínda que cumpren os

criterios de converxencia). Un dos requisitos esixidos para pertencer é o cumprimento estrito dos

criterios establecidos no Tratado de Maastricht (estabilidade de prezos e de tipos de cambio e baixos

niveis de déficit, débeda pública e tipos de interese).

2.- Caracteriza…

A poboación da Unión Europea alcanza os 378 millóns de persoas ( dato do ano 2001) e está

caracterizada por:

- Unha desigual distribución: máis poboada nas zonas de maior desenvolvemento do comercio

desde a Idade Media e de maior impacto da Revolución Industrial, permitindo crear aglomeracións

urbanas e servizos. A partir desas zonas diminúe a cantidade, elevándose casualmente en zonas

dispersas ou en cidades illadas. Evidentemente, e por causas xeográficas fundamentais, as

densidades máis baixas son as zonas árticas e de montaña, así como as de recursos naturais máis

baixos.

- Escaso crecemento natural: En case toda a UE hai un proceso de estancamento ou regresión, dada

a baixa natalidade e de mortalidade; as taxas máis baixas de natalidade danse no ámbito

mediterráneo (España, Italia e Grecia; sen esquecer que Galicia segue a ter crecemento cero). As

taxas de mortalidade máis elevadas, corresponden aos países máis envellecidos, como o Reino

Unido e Alemaña.

- Crecente presión migratoria de países de fóra da comunidade: Países como África ou antigos

dominios coloniais do leste son os que máis emigran a case todos os membros da UE; o peche de

fronteiras da maioría dos países da UE, fixo que a presión inmigratoria se incrementase sobre os

países do Sur, España e Italia sobre todo.

- Estrutura envellecida e terciarizada: envellecemento provocado pola caída da fecundidade e polo

incremento da esperanza media de vida; hai diferenzas notables entre países con poboación “nova”

e outros moi envellecidos (España ou Alemaña). Así mesmo a terciarización é bastante

xeneralizada, aínda que con diferentes ritmos, xa que a maior nivel de desenvolvemento maior

grado de terciarización da sociedade.

3.- Enumera…

Page 47: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

46

As consecuencias máis significativas da integración de España na CEE: de entrada, colocouna nunha

posición de atraso respecto ao espazo europeo; requiriuse un grande esforzo cos consecuentes

conflitos, para chegar á altura dunha Europa desenvolvida. Poderemos falar de :

- Consecuencias políticas: recén estreada a democracia no momento da entrada na UE, as

consecuencias positivas foron as de reforzar esa “nova” forma política e os compromisos das súas

institucións cun “novo” estado de dereito.

- Consecuencias económicas: De igual maneira, a economía española presentaba un enorme atraso

con respecto á europea: taxa de paro dobre, o PIB, a renda per cápita e a competitividade tamén

eran inferiores; baixa produtividade e menor competitividade da produción española: máis cara e

de peor calidade. Con este panorama a adhesión trouxo consecuencias de todo tipo, negativas e

positivas: houbo que sacrificar algúns sectores e algunhas comunidades ( a produción leiteira,

gandeira e pesqueira en Galicia…), e adoptáronse políticas internas da UE, modernizando,

aumentando a calidade, a produtividade, a competitividade e o coidado ambiental; melloraron os

indicadores económicos, aínda que hai diferenzas notables por rexións e gañou estabilidade a

moeda.

- Consecuencias sociais: Fíxose un esforzo importante para acadar certos índices de “benestar

social” e tratar de equiparar España ao resto das políticas sociais europeas.

4.- Cales...

Modificadas polo Tratado de Niza para garantir o funcionamento na Europa dos 27 membros, son:

O Consello Europeo: a súa función é impulsar o desenvolvemento da Unión.

Consello de Ministros: formado polos Ministros de exteriores dos estados membros.Ten funcións

executivas. As decisións adóptanse por unanimidade, maioría cualificada ou simple.

A Comisión europea: Función lexislativa, proposta de leis, e asegurar o cumprimento da lexislación e

dos tratados, ademais de xestionar o presuposto.

O Parlamento europeo: formado por parlamentarios e parlamentarias por sufraxio universal, repartidos

en función da poboación de cada país; chegarán a ser 732. Séntanse no hemiciclo por grupos

ideolóxicos e as súas funcións ampliáronse, participando na lexislación comunitaria, controlando á

Comisión e ao Consello de Ministros e aprobando, modificando ou enmendando o presuposto.

O Tribunal de Xustiza: con funcións de supervisar e garantir a aplicación dos tratados e resolver os

conflitos relativos ás leis comunitarias. As sentenzas son vinculantes para os estados membros.

O Tribunal de contas: a súa función é a de comprobar que a Unión inviste o seu diñeiro de acordo co

establecido.

O Comité Económico e Social: de carácter consultivo; sobre leis e temas económico-sociais.

Comité das Rexións: os seus 222 membros exercen funcións de goberno próximas á cidadanía. Tamén

e consultiva.

Page 48: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

47

O Sistema Europeo de Bancos Centrais

O Banco Europeo de Inversións: ambas son institucións financeiras e monetarias e a segunda concede

préstamos a longo prazo e baixo interese ás rexións máis desfavorecidas.

Page 49: GUÍA DO ALUMNADO XEOGRAFÍA- 2º BACHARELATO...Estando en 2º de bacharelato hai que ter en conta a Selectividade, para aqueles e aquelas que desexen seguir estudos universitarios.

48

BIBLIOGRAFÍA SUXERIDA. XEOGRAFÍA

XERAL:

TERÁN, M de y otros (1994): Geografía General de España. Barcelona, Ariel.

VILÁ VALENTÍ, J. (1983): La Península Ibérica. Barcelona, Ariel.

GRAN ATLAS DE ESPAÑA (1989). Barcelona, Planeta (7 tomos)

GALICIA:

ATLAS DE GALICIA (1994). Vigo, Nigra.

DICIONARIO GALEGO DE XEOGRAFÍA (1993). Santiago, Xunta de Galicia.

PÉREZ ALBERTI, A. (1986) : A Xeografía. Vigo, Galaxia.