Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de...

12
FORNO NOVO S/N 15111 BUÑO (MALPICA-A CORUÑA) TELÉFONO/FAX: 981 711 520 [email protected] Guía didáctica

Transcript of Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de...

Page 1: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

FORNO NOVO S/N

15111 BUÑO (MALPICA-A CORUÑA)

TELÉFONO/FAX: 981 711 520

[email protected]

Guía didáctica

Page 2: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...
Page 3: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

BUÑO é a única localidade alfareira da pro-

vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-

reiro, atópase ubicado próximo a un lugar

onde hai arxila de boa calidade. O lugar coñécese como Os

Barreiros.

En Buño, á alfarería denomínaselle olería, aos produtores

oleiros e aos produtos se lles chama cacharros, vasixas ou

barro. O oficio estaba realizado tradicionalmente por

homes, colaborando as mulleres en distintas fases do traba-

llo. Na actualidade tanto homes como mulleres exercen o ofi-

cio de xeito profesional. Tradicionalmente complementábanse

os escasos ingresos familiares con actividades agrícolas e

gandeiras.

As familias alfareiras estaban agrupadas en barrios, cada un

deles co seu forno. Todos os alfareiros do barrio cocían nese

forno. Consérvanse ademais de Forno do Forte, Forno dos

Mouróns, Forno da Costa e Forno da Lucha.

Page 4: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

O lugar de traballo estaba na vivenda do oleiro, sempre na cociña, que é o lugarmáis quente da casa. Enriba da cociña, que tamén era obradoiro, estaba o seca-deiro da cerámica, que se coñece como fumeiro porque o fume do fogar era oque secaba as pezas.Á carón da cociña estaba o lugar onde se almacenaba o barro e onde se prepa-raba para levalo ao obradoiro e poder tornealo

O TABOLEIRO

1. TABOLEIRO: O taboleiro é toda a peza 2. FORMA3. EIXO 4. CAMPO DA RODA5. VEO 6. CUNCHEIRA7. XUGO 8. SEDEIRA9. POIO 10. ROLADOIRO

OB

RA

DO

IRO

Page 5: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

As ferramentas utilizadas polos oleiros son moi sinxelas e atopábanse no entor-no, o mesmo que o barro. Son elementos naturais escasamente transformados,como fragmentos de canas ou plumas de galiñas; noutros casos aproveitábanserestos de materiais que se reciclaban, como un coitelo vello, un trozo de tea ou dearamio.

ÚTILES PARATORNEAR

1. CACHO 2. CANA DE DOUS BICOS3. CANA DAS CUNCAS 4. ESPITA 5. RASPADOR 6. PANO7. ARAMIO 8. HISOPE9. PLUMA

A ferramenta máis representativa de Buño é a cana. Hainas de distinto tamañoe forma e se usan para dar forma á vasixa, especialmente ao pe, para alisar asuperficie ou para decorar.

FE

RR

AM

EN

TAS

Page 6: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

Os oleiros extraen as materias primas do seu entorno máis inmediato, na granmaioría dos casos. De feito, Buño atópase nun lugar estratéxico que conta concasi todo o necesario nas súas proximidades. A materia prima máis necesaria éo barro seguido da leña. Para o barro, os oleiros van a Os Barreiros, monte quedista 1 km. de Buño e onde se atopa toda a variedade de barros que se utilizantanto para as pezas como para a súa decoración. En canto á leña, necesaria paracocer a cerámica, emprégase o toxo, moi abundante nos montes que rodeanBuño. Tamén nas proximidades había canas coas que se fan as canas, Buño obténo seu nome desta planta.

O barro empregado é de orixe sedimentaria a partir de rocas graníticas. Segúno xeito en que se sedimentara e as características do granito o barro ten diferen-tes calidades.O toxo é combustible máis tradicional e se obtiña dos matorrais e bosques cerca-nos. Hoxe en día, como é moi custoso, só se utiliza nas coceduras do Ecomuseo.A maioría dos oleiros usan fornos de gas. As canas medraban nos humedais próximos ou se plantaban nas hortas.A última materia prima indispensable é o esmalte ou frita. Coa frita vidrábanse aspezas para impermeabilizalas. Mercábase a vendedores especializados.

MAT

ER

IAS

PR

IMA

S

Page 7: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

Para a fabricación dunha peza de barro, se seguen os seguintes pasos: - Extracción do barro, que debe almacenarse para que seque.- Pisado do barro, é dicir, debe esnaquizarse e convertilo en pó.- Preparación da mistura combinando varios tipos de barro con auga. Esta mez-cla prepárase nunha artesa, onde é amasada a cantidade de barro necesariapara o traballo da xornada. - Torneado da peza - Secado das vasixas durante varios días no fumeiro. - Cocción das vasixas co lume directo, en fornos dunha cámara que se chamacúbulo. A cocción require ter uns coñecementos amplos sobre o comportamentodo lume e de cada un dos fornos para que non rompan as vasixas.

As vasixas de Buño son moi variadas. Tradicionalmente eran casi todas obxectosfuncionais, é dicir, que se usaban na vida cotiá. Hoxe en día dominan as pezasdecorativas.Entre as pezas funcionais temos pratos, fontes, cazolas, olas, pucheiros, variostipos de cuencos, chocolateiras, xerras ou queimadas.Entre as pezas decorativas temos lilos (xoguetes), buxinas (trompetas), chifres(pitos) ou macetas.

PR

OD

UT

O/

PR

OC

ESO

Botix

o de

ros

ca

Buxi

na

Can

eco

Page 8: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

Xarr

aC

Jhifr

eC

octe

leira

Caz

o do

leite

Cho

cola

teira

sBa

rreñ

a

Page 9: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

Font

ePu

chei

roPe

to

Lilo

sC

anPo

rrón

Page 10: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

Pota

Que

ixei

ra

Cun

ca

Page 11: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...

RESPOSTA AS SEGUINTES PREGUNTAS:

¿En que provincia está a localidade de Buño? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Cómo se chama en Buño a alfarería? ¿e aos alfareiros/as? . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Por qué os oleiros traballan na cociña? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Cómo se chama o lugar da casa onde secan as pezas? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Ónde se colle o barro de Buño? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Qué ferramentas se usan na olería de Buño para tornear? . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Qué ferramenta é a máis significativa? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Cal é o combustible tradicional? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

¿Cómo son as pezas hoxe en día? . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Cita 4 formas tradicionais . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .

Ponlle nome as pezas que non o levan.

Page 12: Guía didáctica€¦ · Guía didáctica. BUÑO é a única localidade alfareira da pro-vincia de A Coruña. Como todo centro alfa-reiro, atópase ubicado próximo a un lugar ...