Grilos

6

Click here to load reader

Transcript of Grilos

Page 1: Grilos

INVERTEBRADOS EN PERIGO DE

EXTINCIÓN

Especies como as libélulas, escaravellos e bolboretas corren o risco de

deixar de existir debido ao uso de produtos químicos, e ao cambio

climático en todo o mundo. En

concreto, en Europa o 9 % das

bolboretas, o 11 % dos escaravellos

que viven da madeira en

descomposición e o 14 % das libélulas

están tan ameazados que corren o risco

de extinguirse en todo o mundo. Non

debemos esquecer que as especies máis

pequenas son igual de importantes e tamén necesitan medidas de

protección. Que sería do mundo sen estes animais que regulan aos

ecosistemas desde case o máis baixo? Algúns polinizan plantas, outros

transportan sementes,outros aliméntanse de restos doutros animais, ou

doutros seres vivos.

As bolboretas, por exemplo, desempeñan un papel fundamental como

polinizadoras nos ecosistemas onde viven. Os datos difundidos revelan que

case un terzo das bolboretas de Europa ten poboacións en declive e o 9 %

corre perigo de extinción. Un 11 % dos escaravellos corren perigo de

extinguirse no continente e o 7 % pode desaparecer en todo o mundo. En

canto ás libélulas, o 14 % das 130 especies estudadas corren o mesmo risco

en parte debido a que os veráns cada vez máis cálidos e secos combinados

cunha maior extracción de auga para beber e regar fan secarse a zonas onde

viven estes animais.

Page 2: Grilos

Os grilos

Ao redor do mundo, existen moitas

especies de grilos, algúns máis benéficos

que outros, en xeral todos posúen algo en

común; o seu canto, que executan para

atraer á femia e reproducirse. Pódense

escoitar polas noites .

CARACTERISTICAS

Uno dos grilos mais benéficos para o noso horto, é o comunmente chamado

Grilo de Campo, ou Grilo Negro, (gryllus fulvipennis), mide de 3 a 4 cm, é

de cor pardo a negro e con patas alaranxadas.

A medida que soben as

temperaturas, na primavera e

verán, é máis común escoitalos.

Os grilos alcanzan o estado adulto

nun par de meses

Viven debaixo das rochas e de troncos e son de natureza nocturna.

Renovan os minerais da terra ao descompor os materiais das plantas .

Son omnívoros, comen calquera cousa dispoñible.

Aliméntanse maiormente de restos vexetais, e de insectos mortos.

Page 3: Grilos

CURIOSIDADES

Só cantan os grilos machos, e fano para atraer ás femias.

O son é producido polo roce da punta das súas ás, que remata en forma

de peine.

BENEFICIOS PARA O HORTO

Moi útiles para o noso horto, xa que cando un froito cae ao chan, se non é

rapidamente descomposto, será o recuncho perfecto para os fungos, que se

diseminarán polo vento ou pola auga e que finalmente terminarán

afectando as plantas e ás ábores froiteiras que existan ao redor. Nestes

casos, o grilo é unha moi boa solución para evitar esta situación.

Outra das grandes sorpresas, é que o grilo de campo, é o depredador

biolóxico principal de pragas importantes que afectan ás árbores froiteiras

do noso horto.

COMO ATRAELOS AO HORTO

Viven en gretas no chan, baixo pedras e troncos, prefiren lugares

húmidos e escuros, e en xeral compórtase amigablemente con outros

insectos. Unha boa idea é manter un tronco en contacto co chan húmido, ao

pouco tempo se o levantamos, e temos sorte, un grilo cantará polas noites e

aumentará a diversidade biolóxica do noso horto.

Page 4: Grilos

DEPREDADORES

Entre os depredadores dos grilos inclúese aos paxaros, os roedores e as

lagartixas.

PERIGO DE EXTINCIÓN

O grilo de árbore (Calliphona alluaudi) ou

cigarra canaria está en perigo de extinción.

Realmente sábese pouco destes insectos

como se evidencia da disparidade dos seus

nomes, aínda que si se sabe que están a

diminuír o seu número o suficiente como para catalogarse como en perigo.

Page 5: Grilos
Page 6: Grilos

RECOMENDAMOS PARA TRABALLAR NA AULA

O grilo Gastón (Montaña

encantada) (Galego) Tapa

branda – 2004

Reseña do editor

O grillo Gastón chegou nun

barco dende o seu país de

estrelas e area. Un país

fermoso, peor con poucos

recursos para poder vivir. Os seus novos veciños axúdanlle a

construir un novo fogar e él regálalles a música da súa arpa e

longas conversas sobre os costumes do seu país de orixe. Pero

alguén, o escaravello Darío, non está disposto a aceptalo entre

eles e tentará por todos os medios que se afaste canto antes de

alí. Unha fermosa fábula para os mais pequenos que nos fala de

tolerancia, de respecto, de igualdade, de integración.