Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

10
Club de lectura “Gozando no Laxeiro” Ola! Aquí estamos de novo para presentarvos os libros que lemos e recomendamos entre nós durante o 2º trimestre. O noso propósito é darvos a coñecer lecturas que seguro que vos

Transcript of Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Page 1: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Club de lectura “Gozando no Laxeiro”

Ola! Aquí estamos de novo para presentarvos os libros que lemos e recomendamos entre nós durante o 2º trimestre. O noso propósito é darvos a coñecer lecturas que seguro que vos van deleitar.Empezamos con Anabel, a gañadora desta edición.

Page 2: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Illa Soidade An Alfaya

Encantoume! Lucía vai no tren que a leva a estudar a carreira de periodismo. Durante a viaxe lembra o sucedido na Praza dos Mistos. Alí coñeceu a Soa, que lle permitiu achegarse ao mundo dos indixentes. Soa cóntalle no seu diario como por amor a un artista queda a vivir nas rúas de París, como non poden estar xuntos por medo a que ela sufra a maldade do seu maior inimigo. Recoméndollo a calquera que guste de ler; é un libro que permite deternos, por unha vez, na vida das persoas sen teito, tan invisibles na sociedade.

Anabel Ramos, 3º PDC

Page 3: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

O pintor do sombreiro de malvas

Por motivos económicos da nai, un rapaz está a pasar unha tempada cunha tía, que non o quere, nunha pequena vila francesa. Hai un grupo de rapaces que non deixan de meterse con el; no medio está Adeline coa que acabará véndose ás agachadas.Un día chega un pintor que vai á vila para esquecer o seu pasado. O rapaz faise amigo del e pasan moito tempo xuntos ata que o artista…

Gustoume moito este libro que recrea anacos da vida do pintor Vicent Van Gogh e anímoo a todos a lelo.

Verónica Vázquez, 3ºPDC

Marcos Calveiro

Page 4: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

É este un libro que reflicte moi ben a vida dos nosos avós cando eran novos. Cóntanos a historia dun neno pobre, Balbino, que vive na aldea. Un día tivo que marchar do lugar por ferir cunha pedra ao fillo do ricachón da aldea e dono das terras nas que traballa o pai. Se queredes saber a historia completa lédeo; recoméndovolo porque dá a coñecer o que lles pasou a moitas persoas antigamente: a miseria, a emigración, o poder do ricos, o San Xoán, a morte, o longo loito, a amistade…

Isaias Medala, 3ºPDC

Memorias dun neno labrego Xosé Neira Vilas

Page 5: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Nárrase a historia dunha rapaza chamada Silvia, estudante de medicina, que vai para a India traballar de cooperante nun hospital. Alí coñeceu persoas interesantes como Mahendra, un príncipe que perdera muller e fillos nun lago, ou, a Leo, outro cooperante co que ao principio non se leva moi alá. Na India, Silvia cambiou a súa maneira de pensar e de ver o mundo. Paréceme un libro moi recomendable tanto para adolescentes como para os que xa non o son, pois nel coñecemos aspectos dunha cultura distinta á nosa. A min encantoume.

María Iglesia, 3ºPDC

Chamando ás portas do ceo Jordi Sierra i Fabra

Page 6: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Ámote Leo A. Destino Xalundes Rosa Aneiros

Gustoume dende a primeira páxina e viaxei coa protagonista por todos os lugares nos que ela estivo: Lisboa, Barcelona, Andalucía, Marrakech, Istambul…Tamén sentín como miñas todas as andanzas vividas co grupo de amigos que coñece. Admiro a Leo por viaxar soa e, ademais, coa oposición da nai.Quen será o que lle deixa por todas partes unha mensaxe de amor?Aínda que é longo, recoméndovolo a todos porque é sinxelo de ler e permítenos coñecer outros países, outras cultura…

Miguel da Cunha, 3ºPDC

Page 7: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Os feitos desta novela acontecen nunha aldea de Iraq. O protagonista non ten nai e seu pai volve casar. Ao pouco iníciase unha guerra á que o pai ten que ir coma outros homes das aldeas veciñas. O pai desaparece e Khalet decide ir na súa busca para poder soterralo no seu pobo. Aí inicia a súa arriscada aventura por distintas zonas dun país en guerra, pero atopando a persoas boas que o axudan.

O que máis me gustou foi o sacrificio que fixo o rapaz por ter seu pai cerca da familia.

Manuel Pérez, 3º PDC

Irmán do ventoM. Lourenzo González

Page 8: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Venres ou a vida salvaxe Michel Tourniel

É este un libro de aventuras: o personaxe principal, Robison, chega a unha illa deserta e alí emprende unha nova vida. Salvará a un indio, Venres, que se converte ao principio no seu criado e logo, no seu mellor amigo.Destacaría moitas anécdotas da vida na illa: a pelexa de Venres cun macho montés, o refuxio de Robison na cova branca para perder o sentido ou, cando Venres destruíu todo o mundo que creara Robison. O que menos me gustou foi que, ao final, Venres traizoara a Robison marchando nun barco.

Javier Castro, 3º PDC

Page 9: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

O can dos Baskerville Arthur Conan Doyle

É esta unha novela policíaca: o tema principal xira arredor dun can que lles trae a maldición aos Baskerville porque acaba con varios dos seus membros.Destaco o personaxe de Sherlock Holmes porque resolve con moita destreza os enigmas que lle van propoñendo as accións do asasino. Gustoume moito a parte final cando, por fin, se enfrontan co monstro e conseguen vencelo nunha situación ben perigosa.A verdade é que o que menos me gustou foi que se acabase o libro e con el, todo a intriga. Por iso recoméndollo a todos os que gustedes de misteriosos crimes.

Marcos Sampayo, 3º PDC

Page 10: Gozando no Laxeiro. Segunda entrega

Todos temos un libro que nos está esperando.