Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN...

57

Transcript of Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN...

Page 1: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

DE ESTUDOBOLSAS

2

Page 2: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 101

BOLsAs DE EsTUDO 2.miniSterio de aSUntoS eXterioreS e de cooperaciÓn –

aXencia eSpaÑola de cooperaciÓn internacional e deSenVolVemento

Bolsas

Síntese

O MAEC e a AECID convocan anualmente un programa xeral de bolsas destinadas a cidadáns estranxeiros e españois para formarse en universidades e centros de investigación foráneos.

Tipos de bolsas:

• Bolsas para prácticas de deseño gráfico e campañas de comunicación de estratexias e programas culturais.

• Bolsas para a cooperación cultural en España e noutros países dirixidos a españois e estranxeiros.

Requisitos

• Ter nacionalidade española, ou doutro estado da Unión Europea con residencia en España.

• Non ter sido beneficiario de ningún programa da convocatoria de bolsas MAEC-AECID, de seis ou máis meses, nin da Fundación Carolina nos últimos tres anos.

• Posuír o pasaporte nacional con validez mínima de seis meses.

• Posuír a titulación necesaria que se requira legalmente para cursar os estudos escollidos no momento de solicitar a bolsa.

• Presentar a carta de admisión do centro de destino solicitado.

• Non superar os 30 anos de idade no caso das bolsas de cooperación e xestión cultural nin 35 anos no das de deseño gráfico.

• Para os cidadáns de países cuxa lingua oficial non sexa o español, poder acreditar coñecemento do castelán. Para os españois será necesario demostrar o coñecemento da lingua estranxeira correspondente.

Lugar Será en España para os estranxeiros, e calquera outro destino no mundo para os españois, sempre que se cumpran os requisitos da convocatoria (BOE).

Prazos de solicitude

Os prazos de solicitude varían segundo a convocatoria.

http://www.becasmae.es/

Proceso de selección

A valoración das solicitudes, que poderá incluír entrevista persoal co solicitante, tomará en consideración os seguintes

criterios:

• Currículo académico- profesional do solicitante.

• Relación da motivación exposta coas prioridades xeográficas e sectoriais da cooperación española (bolsas para a cooperación cultural).

• Coñecemento de idiomas relevantes na área á que pertenza o destino solicitado (bolsas para a cooperación cultural).

• Avais do solicitante por parte de dúas personalidades académicas ou institucionais.

Duración e contía A duración é dun ano, prorrogable por outro ano máis. A contía depende da bolsa elixida.

Page 3: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS102

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn FUlBrigHt

programa fulBrigHt-scHuman para ciudadáns da unión europea

Síntese O programa de bolsas Fulbright ten como obxectivo que os bolseiros poidan estudar, investigar ou dar clases nunha universidade de Estados Unidos, ou recibir formación profesional nun centro especializado.

Requisitos• Ser residente nun país da Unión Europea.

• Un mínimo de tres meses de experiencia previa en 2 países da Unión Europea.

• Outros requisitos, segundo a modalidade da bolsa.

Lugar En universidades ou centros especializados de Estados Unidos.

Prazos de solicitude Derradeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fulbright.es/

Duración e contía

A duración da bolsa abrangue un período de 3 a 10 meses comprendidos dentro dun curso académico.

A dotación comprende a manutención mensual, o viaxe de ida e volta e o seguro médico e de accidentes.

Page 4: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 103

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn FUlBrigHt

realiZación de masters - ministerio de educación, cultura e deporte

Síntese Bolsas para a realización de estudos de Máster en Artes, Humanidades e Ciencias Sociais en EE.UU.

Requisitos

• Nacionalidade española, de calquera outro país da Unión Europea, ou do Espazo Económico Europeo con residencia en España.

• Licenciatura ou estudos de grao con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2010.

• Nota media do expediente académico igual ou superior a 7 puntos, na escala 0-10.

• Non ter gozado bolsas para a realización de estudos de Máster no estranxeiro por un período superior a 12 meses.

• Non ter obtido ningunha titulación superior en EEUU nin estar a realizar estudos de postgrao ou proxectos de investigación predoutoral en EEUU.

• Non ter finalizado ningún doutorado.

• Non ter gozado unha bolsa Fulbright de ampliación de estudos de postgrao.

• Excelente coñecemento do idioma inglés.

Lugar En universidades de Estados Unidos.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fulbright.es/

Duración e contía

A duración das bolsas é de 12 meses, prorrogable por outro período máximo tamén de 12 meses.

Terán unha dotación mensual de 1.500 € como máximo, unha cantidade en concepto de matrícula ou taxas académicas que en ningún caso superará os 10.000 €, 1.250 € para gastos de viaxe de ida e volta e seguro de enfermidade e accidentes.

Page 5: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS104

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn FUlBrigHt

ampliación de estudos

Síntese Estas bolsas Fulbright están destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoutoral.

Requisitos

• Nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea.

• Título superior obtido entre xaneiro de 2008 e xuño de 2014.

• Excelente coñecemento do idioma inglés -falado e escrito-, demostrable mediante o Test of English as a Foreign Language (TOEFL) ou o International English Language Testing System (IELTS), Academic Version.

• Dependendo do tipo de estudo que se queira realizar, pode ser necesaria experiencia profesional e/ou a presentación dos resultados do Graduate Management Admission Test (GMAT)

Lugar En universidades de Estados Unidos.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fulbright.es/

Duración e contía

Terán unha duración de 10 a 12 meses, renovable por un segundo período de máximo 12 meses.

A contía total das bolsas comprende diversos conceptos: a viaxe, compra de libros e materiais, manutención, matrícula, seguro médico e de accidentes.

Page 6: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 105

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn ramÓn areceS

Bolsas para estudos de posgrao no estranxeiro

Síntese A Fundación Ramón Areces concederá bolsas para a ampliación de estudos en universidades e centros de investigación no estranxeiro no eido das ciencias sociais, sobre temas de economía.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Estar en posesión dun título superior, ou ben ser estudantes de último curso.

• Admisión nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro.

• Coñecemento excelente do idioma do país de destino.

Lugar Universidade ou centro situado no estranxeiro.

Prazos de solicitude No primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Valoración de méritos. Para máis información:

http://www.fundacionareces.es/fundacionareces/portal.do?IDM=20&NM=1

Duracióne contía

A duración prevista é de 12 meses, podendo prorrogarse outros 12 meses. A contía mensual prevista é de 1.650€, máis os gastos de inscrición e matrícula así como gastos de viaxe anual de ida e volta.

Page 7: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS106

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn aleXander Von HUmBoldt

Bolsas de investigación

SínteseA Fundación Alexander von Humboldt concede bolsas de investigación a mozos investigadores altamente cualificados que finalizasen os seus estudos de doutoramento para o desenvolvemento dun proxecto de investigación concreto nunha universidade ou outro centro de investigación de Alemaña.

Requisitos• Ter finalizado os estudos de doutoramento nos últimos 4 anos.

• Ter coñecementos de alemán ou inglés.

Lugar Nunha universidade ou outro centro de investigación de Alemaña.

Prazos de solicitude A convocatoria está aberta todo o ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.humboldt-foundation.de/web/home.html

Duración e contía A duración varía entre 6 meses e 2 anos.

Page 8: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 107

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn “la caiXa”

Bolsas para estudos de doutoramento

Síntese A Fundación “La Caixa” convoca bolsas de mobilidade para cursar estudios de posgrao e doutoramento en universidades españolas e estranxeiras.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Cumprir os requisitos de acceso a un programa oficial de doutoramento ou estar en condicións de facelo en setembro de 2014.

• Ter un bo coñecemento da lingua inglesa, que se acreditará mediante un certificado oficial.

Lugar En toda España, Europa, América do Norte e zona Asia-Pacífico.

Prazos de solicitude No primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Aplicación da solicitude en liña e realización dunha entrevista persoal presencial.

Para máis información:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

Duración e contía Duración inicial de un ano prorrogable por períodos iguais ata un máximo de catro anos.

Page 9: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS108

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn mapFre

Bolsas de posgrao en seguros, prevención, saÚde e medio amBiente

Síntese A Fundación MAPFRE organiza estas bolsas co obxectivo de fomentar a formación e investigación científica de titulados universitarios.

RequisitosA convocatoria está dirixida exclusivamente a programas académicos relacionados coas seguintes áreas: seguros, prevención, saúde e medio ambiente. Os estudos deben ser a tempo completo e cunha carga lectiva mínima de 120 horas, das que, a lo menos,o 50% serán de carácter presencial.

Lugar En Universidades e Institucións españolas.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fundacionmapfre.org/fundacion/es_es/te-interesa/beca-ayuda/default.jsp

Duración e contía

O período total de desfrute da beca non poderá ser inferior a 1 mes nin superior a 24 meses. Cando os estudos excedan dun curso académico, o bolseiro poderá solicitar unha única prórroga na seguinte convocatoria de bolsas.

O importe total de cada unha delas para programas dun curso completo (60 créditos mínimo) é de 6.000 euros. Para programas de duración inferior a 300 horas a contía será de 2.500 euros.

Page 10: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 109

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndacion iBerdrola

Bolsas para estudos de máster en enerxía e amBiente

SínteseA Fundación IBERDROLA presenta a Convocatoria de Bolsas para cursar Estudos de Máster en Enerxía e Ambiente en España, no Reino Unido e en Estados Unidos, dentro das seguintes áreas formativas: enerxías renovables, sistema enerxético sostible, ambiente e biodiversidade, tecnoloxías limpas de carbón, xestión de emisións, eficiencia enerxética, almacenaxe de enerxía, vehículo eléctrico e redes de distribución intelixentes.

Requisitos

• Posuír a nacionalidade española, británica, estadounidense ou mexicana.

• Estar en posesión dun título universitario de grao ou licenciatura recoñecido ou ben atoparse no último ano dos estudos.

• Acreditar un bo coñecemento de inglés e de castelán.

LugarEspaña: universidades e centros tecnolóxicos.

Reino Unido: Imperial College of London e Universidades de Edimburgo, Strathclyde, Liverpool e Glasgow.

Estados Unidos: Universidades de Rochester e Maine.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.fundacioniberdrola.org/webfund/corporativa/iberdrola?IDPAG=ESFUNAREFEIPOST&codCache=13873704453076374

Duración e contía

A duración prevista é de 9 meses. As contías totais asignadas son de 10.800€ (España), £14.400 (Reino Unido) e 18.600€ + 1.400€ para gastos de viaxe (Estados Unidos), ademais dos custos de matrícula.

Page 11: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS110

2. BOLSAS DE ESTUDO

la caiXa / centro nacional de BiotecnoloXÍa (cnB)

Bolsas de doutoramento

Síntese A Fundación “La Caixa” convoca dúas bolsas para desenvolver un doutoramento en biomedicina no Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC.

Requisitos • Estar en posesión dun título universitario superior con posterioridade ao 31 de outubro de 2010.

• Estar admitido ou en proceso de admisión nun programa de doutoramento.

Lugar No Centro Nacional de Biotecnoloxía do CSIC en Madrid.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

O proceso consta dunha fase de concurso, na que se valorarán os méritos académicos, e unha entrevista.

Para máis información:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas_es.html

Duración e contía

A duración prevista é de un ano coa posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos. A contía bruta anual vai aumentando cada ano, dende os 18.546€ o primeiro ano ata os 22.558€ o cuarto ano.

Ademais, contémplase unha dotación adicional anual de 1.500€ cada un dos dous primeiros anos e de 1.700€ cada un dos dous últimos anos, para sufragar gastos de matrícula, libros, programas informáticos, subscricións, viaxes e desprazamentos e outros gastos derivados da actividade científica ou académica do investigador.

Page 12: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 111

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn agrUpaciÓn mUtUal aSegUradora (a.m.a)

Bolsas de estudos

Síntese

As bolsas da Fundación A.M.A teñen como finalidade axudar ós novos profesionais sanitarios na preparación das súas respectivas especialidades durante un curso. As bolsas destinaranse á preparación do exame de Médico Interno Residente (M.I.R.), do exame de Farmacéutico Interno Residente (F.I.R.) e do exame de Enfermeiro Interno Residente (E.I.R.), impartidos en centros docentes nacionais. Finalmente, a adxudicación levarase a cabo mediante un sorteo ante Notario.

Requisitos

• Poden participar todos os licenciados en medicina ou farmacia e diplomados en enfermería, así como estudantes de último año que prevexan finalizar os seus estudos con anterioridade á data do sorteo e non foran beneficiarios destas bolsas en edicións anteriores. Será condición indispensable para a asignación das bolsas a presentación de certificado de estudos ou título acreditativo, así como a validación dos títulos non españois.

• A participación realizarase a través da páxina web cumprimentando todos os datos solicitados no formulario.

Lugar España.

Prazos de solicitude Derradeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Más información en:

http://www.amaseguros.com/

Duración e contía

A contía de cada unha destas bolsas será dun máximo de 3.000 euros no caso dos cursos M.I.R., de 2.000 euros para os cursos F.I.R. e de 1.600 euros para os cursos E.I.R., destinándose exclusivamente a gastos de docencia.

Page 13: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS112

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn alicia KoploWitZ

Bolsas de formación avanZada en psiQuiatría e psicología da infancia e adolescencia

Síntese

A Fundación Alicia Koplowitz anuncia a convocatoria de Bolsas para realizar estudos de Postgrao en Psiquiatría e Psicoloxía da Infancia e Adolescencia, con especial dedicación á Investigación Clínica, en Departamentos de Psiquiatría Infantil de Centros de Estados Unidos e do Reino Unido. As bolsas están destinadas a Médicos especialistas en Psiquiatría (MIR) ou a Psicólogos Clínicos (PIR) para realizar un período de formación tras finalizar a Residencia en España. Poden solicitalas as persoas que se atopen no seu último año de MIR ou PIR e aquelas que remataran a Residencia con posterioridade ó ano 2009.

Requisitos

• Nacionalidade española.

• Título de Especialista en Psiquiatría (MIR) o Psicoloxía Clínica (PIR) obtido no ano da convocatoria ou con posterioridade ó ano 2009, o certificado de habelo solicitado e de ter finalizada a especialidade antes do comezo da estancia en Estados Unidos o no Reino Unido.

• Título de Doutor en Psicoloxía en caso de estancias en Estados Unidos.

• Dominio do idioma inglés falado e escrito, preferiblemente en ambiente clínico, debidamente acreditado (certificados TOEFL, ADVANCE ou similares emitidos en data recente).

• Obtención do visado correspondente para a estancia de dous anos en EEUU si é destinado a este país.

Lugar Centros de Estados Unidos e do Reino Unido.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fundacionaliciakoplowitz.org/

Duración e contía

As bolsas terán unha duración de dous anos.

A dotación ascende a USD 50.000 anuais para estancias en Estados Unidos, y a £30.000 anuais no Reino Unido. Tamén abrangue:os gastos da viaxe;unha única asignación de USD 1.500 y £900, respectivamente, para sufragar os gastos de instalación, a compra de libros, e colexiación; seguro médico; e unha axuda anual única de hasta 1.500 euros para inscrición e gastos de viaxe para a asistencia a Congresos que deberá ser aprobada previamente.

Page 14: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 113

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn raFael del pino

Bolsas para estudos de posgrado

SínteseA Fundación Rafael del Pino convoca bolsas para estudos de posgrao para licenciados y titulados superiores españois destinadas á ampliación dos seus estudos con dedicación a tempo completo, en Universidades e Centros de investigación. O obxectivo é contribuír á formación dos dirixentes españois e ó fomento do espírito e a actividade emprendedora en España.

Requisitos

• Os solicitantes deberán ter a nacionalidade española.

• Ter finalizado tódolos cursos do grao universitario, a licenciatura ou título superior no momento de concluír o prazo da presente convocatoria.

• Estar en posesión dun título universitario expedido por unha universidade española ou, no caso de ter un título superior dunha universidade estranxeira, estar oficialmente convalidado polo Ministerio de Educación español no momento de solicitar a bolsa.

• Acreditar documentalmente un excelente coñecemento escrito e falado do inglés e do idioma correspondente ó país onde estea localizado o centro de destino. En todo caso,deberán estar en posesión da certificación esixida por dito centro.

• Acreditar documentalmente que na data de peche da convocatoria teñen a experiencia laboral mínima a plena dedicación que esixa o centro de destino.

Lugar En Universidades e Centros de investigación de primeiro nivel no mundo.

Prazos de solicitude Derradeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://becas.frdelpino.es/

Duración e contía

A bolsa que se aplica a un curso académico poderá iniciarse durante os cursos 2014-2015 ou 2015-2016. No referente ás solicitudes para realizar a tese doutoral no estranxeiro, serán requisitos indispensables que o traballo universitario realizado polo candidato na Universidade ou Centro de investigación de destino finalice inequivocamente nun prazo máximo de dous anos.

A contía máxima anual da bolsa será de 25.000 euros no caso dos estudos de doutorado ou proxectos de investigación e de 58.000 euros no caso dos estudos de máster ou similar.

Page 15: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS114

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn alFonSo martÍn eScUdero

Bolsas de investigación

SínteseA Fundación Alfonso Martín Escudero convoca bolsas para realizar traballos de investigación en universidades ou centros de investigación, en temas que estean comprendidos nalgunha das seguintes áreas: agricultura e gandería, ciencias do mar, ciencias da saúde e tecnoloxía de alimentos.

Requisitos

• Nacionalidade española.

• Ter o título de doutor de calquera universidade española ou da especialidade en Medicina (MIR), Bioloxía (BIR), Farmacia (FIR) o Química (QUIR). No caso de ter un título dunha universidade estranxeira ou dun centro español non estatal deberase acreditar a convalidación do seu título en España.

• Estar admitido nunha universidade ou centro de investigación no estranxeiro para o período solicitado.

• Posuír un bo coñecemento do idioma do país receptor ou ben de calquera outro idioma que permita unha comunicación fluída no centro de investigación.

Lugar En universidades ou centros no estranxeiro.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.fundame.org/

Duración e contía

A duración da bolsa é de 12 meses como mínimo e de 24 meses como máximo.

A dotación da bolsa inclúe: unha axuda para traslados e instalación por un importe total de 3.100 euros, seguro de enfermidade e accidentes, asignación mensual entre 1.900 y 2.700 euros, segundo o país de destino.

Page 16: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 115

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn caJa madrid

Bolsas de postgrao

SínteseA Fundación Caja Madrid ten un amplo programa de bolsas dirixido principalmente a completar a formación, en fase de postgrao, de titulados españois. Este Programa, segundo as distintas especialidades de bolsas que se convocan cada ano, esténdese a estudos de máster, doutorado ou traballos de investigación. Céntranse nas seguintes áreas: social e xurídica, biosanitaria, politécnica, ciencias e na área de música e historia da arte.

Requisitos

• Ter nacionalidade española.

• Estar en posesión dun título superior expedido por una universidade española ou,no caso de posuír un título superior dunha universidade estranxeira, estar oficialmente homologado polo Ministerio de Educación español no momento de solicitar a bolsa.

• Os candidatos que desexen realizar estudos de MBA deberán contar cunha experiencia profesional mínima de dous anos e acreditala.

• Ter un bo coñecemento, escrito e falado do idioma no que vaian a desenvolver os estudos para os que solicitan a bolsa, debendo ter superado, a estes efectos, os exames oficiais establecidos en cada caso.

Lugar En Universidades y Centros Superiores de Investigación de Europa (excepto España), Estados Unidos e Canadá.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

https://becas.fundacioncajamadrid.es/

Duración e contía

A duración é dun curso académico ordinario, cun máximo de 12 mensualidades.

A contía da bolsa comprende: o importe total da matrícula, ata un máximo de 30.000 euros, unha asignación ó bolseiro para a súa manutención e aloxamento, unha bolsa de viaxe para cubrir gastos de desprazamento, un seguro de asistencia no estranxeiro e un seguro de accidentes.

Page 17: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS116

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn la caiXa

Bolsas asia – pacífico

SínteseA Obra Social ”la Caixa” e Casa Asia convocan bolsas para cursar estudos en universidades ou centros de ensinanza superior da zona Asia-Pacífico coa vontade de impulsar o desenvolvemento das relacións entre España e a zona do mundo. Os estudos aos que se dirixe son os de máster ou doutorado. Tamén se admiten, en función do interese do tema e da valía do candidato, os proxectos de formación básica en investigación científica e técnica.

Requisitos

• Os solicitantes deben ter a nacionalidade española.

• Os graduados universitarios, licenciados e titulados superiores que cursaran os estudos en facultades ou centros de ensinanza superior das universidades españolas, en condicións de solicitar ó seu centro ou universidade a expedición do título. No caso de ter un título dunha universidade de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior deberán, acreditar a homologación do Ministerio de Educación antes da data de peche da convocatoria.

• Os que desexen realizar un MBA o un máster impartido nunha escola de negocios deben acreditar que contan cunha experiencia laboral mínima de dous anos con dedicación plena na data de peche da convocatoria.

• Acreditar o coñecemento do idioma requirido mediante certificado oficial de nivel avanzado.

Lugar En universidades da zona Asia-Pacífico, concretamente dos seguintes países: Australia, Corea do Sur, India, Xapón, Singapur e China.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/becas/becasdeposgrado_es.html

Duración e contía

O período total de desfrute da bolsa non será en ningún caso inferior a 9 meses nin superior a 24.

A dotación económica abrangue: a matrícula na universidade ou centro de ensinanza superior, dotación mensual segundo o país de destino, o custe de tres solicitudes de admisión nestas universidades, o seguro de enfermidade y accidentes e o custe de expedición do visado de estudante.

Page 18: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 117

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn pedro BarriÉ de la maZa e FUndaciÓn amancio ortega

Bolsas HigH scHool

Síntese A Fundación Pedro Barrié de la Maza e a Fundación Amancio Ortega convocan anualmente bolsas para que os alumnos e alumnas de 4º da ESO poidan realizar os seus estudos nun instituto de Estados Unidos.

Requisitos

• Requisitos: estar cursando a educación secundaria nun centro galego e obter en 3º da ESO unha nota media mínima maior a 7,5 e unha nota mínima en inglés de 7.

• As Bolsas High School inclúen a formación nas fases previas á saída, os traslados e a convalidación dos estudos realizados no estranxeiro; ademais, achegan unha pequena cantidade para gastos menores.

Lugar Estados Unidos.

Prazos de solicitude

Normalmente nos meses de outubro e novembro.

http://www.becashighschool.org/?q=guia

Proceso de selección

As solicitudes presentadas valoraranse segundo o expediente académico e as circunstancias familiares. Ademais, deberase realizar unha proba específica de inglés e unha entrevista persoal.

Duración e contía

Un ano académico. A dotación económica abrangue os gastos de viaxe, convalidación dos estudos realizados, seguro de responsabilidade civil e de saúde e unha pequena cantidade mensual para gastos.

Page 19: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS118

2. BOLSAS DE ESTUDO

FUndaciÓn amancio ortega

programa de Bolsas de BacHarelato estuda en canadá

SínteseA Fundación Amancio Ortega co ánimo de apoiar a xoves estudantes, decidiu poñer en marcha un Programa de bolsas para alumnos do sistema educativo de España, interesados en estudar en Canadá un ano escolar equivalente ao Primeiro Ano de Bacharelato.

Requisitos

• Estar inscrito como alumno de 4º da ESO nun Centro de Ensinanza de calquera Comunidade (ou Cidade) Autónoma do territorio español no momento de presentar a solicitude de participación. Non poderán participar os alumnos matriculados nun centro de ensinanza de titularidade estranxeira radicado en España.

• Nota media igual ou superior a 8,00 puntos en terceiro de ESO

• Nota final da materia de inglés en terceiro de ESO, igual o superior a 8,00 puntos.

• Enviar o formulario de inscrición debidamente cumprimentado coa documentación requirida a través da páxina web www.becasestudiaencanada.org

• Non ter desfrutado con anterioridade dun ano académico no estranxeiro, durante ningún dos cursos equivalentes a 1º, 2º ou 3º de ESO, con independencia do país no que se estudara dito curso.

• Documentación a aportar: certificado de notas de 3º da ESO e certificado de renda.

Lugar Centros educativos “High School” nas provincias canadienses Alberta, British Columbia, Nova Scotia, Ontario e Manitoba.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Máis información:

http://www.becasestudiaencanada.org/

Duración e contía

As bolsas terán lugar durante un curso escolar (10 meses dende agosto a xuño)

A contía abarca diversos conceptos: Axuda monetaria para gastos menores, que se aboarán mensualmente ó alumno, unha vez que comece os estudos en Canadá; seguro de asistencia sanitaria e responsabilidade civil; e viaxes e desprazamentos dende a poboación de destino en Canadá ata o lugar de orixe en España.

Page 20: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 119

2. BOLSAS DE ESTUDO

Banco Santander UniVerSidadeS

Bolsas iBeroamÉrica. estudantes de grao

Síntese

Esta convocatoria forma parte do Programa Internacional de Bolsas Iberoamérica Estudantes de Grao do Banco Santander, no que participan universidades de Arxentina, Brasil, España, Chile, Colombia, México, Perú, Portugal, Porto Rico y Uruguai. En particular, a Convocatoria en España diríxese a estudantes de grao en universidades españolas, que poderán realizar estancias en diferentes universidades de Iberoamérica contribuíndo así ó desenvolvemento e á consolidación do Espazo Iberoamericano do Coñecemento.

Requisitos

• Deberán ser estudantes matriculados nalgunha das Universidades Participantes no Programa e cursar estudos de grado ou licenciatura, que xa realizaran a lo menos a metade dos créditos ou superado os dous primeiros cursos dos seus estudos.

• Deberán, en todo caso, cumprilos criterios de elixibilidade, condicións e procedementos establecidos pola universidade no correspondente proceso de selección.

• O estudante que sexa seleccionado para desfrutar dunha bolsa terá que contratar de maneira obrigatoria un seguro especial.

Lugar Varias universidades de Iberoamérica.

Prazos de solicitude Primeiro semestre do ano.

Proceso de selección

Cada unha das Universidades Participantes será a responsable, en todos os seus termos, de xestionar a correspondente convocatoria das bolsas que lle sexan asignadas.

Será requisito imprescindible para permitir a participación dos estudantes nos procesos de selección de beneficiarios,

a súa inscrición a través da páxina web do banco Santander.

http://www.becas-santander.com/

Duración e contía

A duración é dun un semestre académico.

A contía será de 3.000 euros ou o importe equivalente en dólares estadounidenses na data de entrega.

Page 21: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS120

2. BOLSAS DE ESTUDO

Banco Santander UniVerSidadeS

Bolsas iBeroamÉrica. novos profesores e investigadores.

Síntese Estas bolsas facilitan a mobilidade de novos investigadores e profesores universitarios entre universidades e centros de investigación iberoamericanos.

Requisitos

O Programa diríxese ó persoal docente e investigador de universidades españolas con convenio de colaboración vixente co Santander, e ós funcionarios e persoal ó servizo de centros propios e mixtos do Consello Superior de Investigacións Científicas. Para participar no Programa, os solicitantes deben estar adscritos a algunha de tales institucións mediante contrato ou nomeamento no momento de concesión da bolsa, estando dito contrato ou nomeamento en vigor durante o período no que se desenvolva a estancia de investigación á que a bolsa se destina.

Lugar Universidades e centros de investigación iberoamericanos.

Prazos de solicitude Derradeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.becas-santander.com/

Duración e contía

A duración mínima esixida da estancia será de 2 meses e o seu importe unitario será de 5.000 euros, aboados en dous pagos.

Page 22: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 121

2. BOLSAS DE ESTUDO

coleXio de eUropa

Bolsas de estudo

SínteseOs Estados membros da Unión Europea ofertan bolsas para realizar estudos no Colexio de Europa. En España o organismo encargado é a AECID.

• Bolsas para estudos europeos especializados no Colexio de Europa Campus de Bruxas (Bélgica) e Natolín (Polonia)

Requisitos

• Estudos europeos especializados:

o Posuír o título de licenciado ou graduado para realización de estudios en materias xurídicas, económicas, político- sociolóxicas ou relacións internacionais.

o Dominio de inglés e francés

o Ter solicitado previamente ao Colexio de Europa a solicitude de praza

Lugar Campus de Bruxas (Bélxica) e Natolín (Varsovia, Polonia)

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Previamente á solicitude da bolsa, o estudante ten que ser preseleccionado polo Colexio de Europa. Para máis información:

https://www.aecid.gob.es/es/Tramites-Servicios-en-linea/becas-espanoles/Becas_Espanoles_2013-2014.html

http://www.coleurope.eu/template.asp?pagename=scholarship_Geremek

Duración e contía

A duración destas bolsas abranguerá o período de formación académica solicitada, cunha remuneración a determinar pola institución.

Page 23: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS122

2. BOLSAS DE ESTUDO

FranciaminiSterio de aSUntoS eXterioreS

Bolsas de excelencia eiffel

SínteseO programa de bolsas de excelencia Eiffel é un programa do Ministerio francés de Asuntos Exteriores. Ten como obxectivo atraer aos estudantes mais selectos en formacións de nivel máster, enxeñería ou doutoramento có fin de formar aos futuros responsables estranxeiros do sector privado ou público. Fomenta as candidaturas de estudantes procedentes de países emerxentes (máster) y de países industrializados (doutoramento).

Requisitos

O programa de bolsas de excelencia Eiffel dirixido ao doutoramento establece os seguintes requisitos de participación:

• Estar admitido nun centro de estudos superiores francés e que a tese estea supervisada de maneira conxunta ou en réxime de co-tutela.

• Ter menos de 35 anos.

• Seguir unha formación nunha da áreas de estudo seguintes: Economía e Xestión, Dereito e Ciencias Políticas, Ciencias.

Lugar Institución de ensino superior en Francia.

Prazos de solicitude Segundo semestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.campusfrance.org/en/eiffel

Duración e contía

A duración da bolsa: o programa concede bolsas que cobren 10 meses para o doutoramento, ampliables ata un máximo de 3 anos para os estudantes de Dereito e Ciencias Políticas. A contía da bolsa de doutoramento é de 1.400€ por mes e, ademais, concédese unha viaxe de ida e volta, o seguro médico, as actividades culturais e unha axuda de aloxamento baixo certas condicións.

Page 24: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 123

2. BOLSAS DE ESTUDO

alemaÑa SerVicio alemÁn de intercamBio acadÉmico (daad)

Bolsas de investigación para doutorados e futuros científicos

Síntese Esta modalidade de bolsas ofrece ós novos científicos estranxeiros a posibilidade de realizar un proxecto de investigación ou de perfeccionamento científico, xa que o seu obxectivo principal é a promoción de teses doutorais.

Requisitos

• Os candidatos deben figurar entre os mozos graduados máis cualificados do seu país que estean en posesión dun título de Licenciado, Diplomado, Máster ou do doutorado no momento de empezar a desfrutar da bolsa.

• Os solicitantes que aspiren a obter o doutorado no seu país de procedencia deberían dispoñer da confirmación de admisión correspondente da súa universidade de orixe. Os solicitantes que teñan a intención de doutorarse no marco dun programa de doutorado estruturado deberán presentar un certificado de admisión ou, a lo menos, un documento que acredite que se considerará a súa admisión.

• Unha carta de confirmación que asegure o asesoramento científico en Alemaña e que se refira explicitamente ó proxecto proposto polo candidato.

• Ademais do aproveitamento dos estudos anteriores, o criterio de selección máis importante é un proxecto de investigación ou de perfeccionamento científico convincente e ben planificado que se debe acordar previamente cun asesor científico do centro superior alemán previsto.

• Coñecementos de alemán cuxo nivel de perfeccionamento depende tanto do proxecto e da especialidade do candidato como das posibilidades de aprender alemán no seu país de orixe.

• No momento de solicitar a bolsa non deben ter transcorrido máis de seis anos dende a obtención da última titulación.

Lugar En centros de ensinanza superior públicos o nunha entidade de investigación non universitaria oficialmente recoñecidos pola República Federal de Alemaña.

Prazos de solicitude Ata o 1 de decembro de cada ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.daad.es/becas/

Duración e contía

A comisión de bolsas fixará a duración da axuda no momento da adxudicación da bolsa. Segundo o proxecto e o plan de traballo do solicitante pode ser por regra xeral de un a dez meses; para a realización do doutorado completo pode ser tres anos e catro anos en casos excepcionais.

A contía da bolsa comprende: unha cantidade mensual que varía segundo o nivel de formación do bolseiro, de 750 euros (para graduados en posesión do primeiro título) ou 1.000 euros (para doutorandos), determinadas prestacións para o seguro de enfermidade en Alemaña e unha cantidade fixa apropiada para os gastos de viaxe a non ser que estean cubertos polo país de orixe ou outra fonte financeira.

Page 25: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS124

2. BOLSAS DE ESTUDO

XapÓn miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra, deporteS, ciencia e tecnoloXÍa

SínteseO Ministerio de Educación, Cultura, Deportes, Ciencia e Tecnoloxía (MEXT) do Goberno de Xapón ofrece bolsas a estudantes estranxeiros que desexen afondar nos seus estudos sobre Xapón (lingua, cultura, etc.). O obxectivo desta bolsa é promover o entendemento mutuo e fortalecer as relacións de amizade entre Xapón e outros países a través de estudos especializados en lingua e cultura xaponesas.

Requisitos

• Nacionalidade: Os solicitantes deben ter a nacionalidade de países que teñan relacións diplomáticas con Xapón.

• Idade: Os solicitantes poderán ser os nacidos entre o 2 de abril de 1983 e o 1 de abril de 1995.

• Formación académica: Os solicitantes deberán ser estudantes en universidades estranxeiras (non xaponesas) de áreas relacionadas co idioma ou a cultura xaponesa no momento da súa chegada e da súa saída de Xapón.

• Coñecementos de lingua xaponesa: Os solicitantes deberán ter os coñecementos suficientes para seguir un curso universitario en xaponés.

• Visado: Os solicitantes deberán tramitar un visado de estudante (College Student - ryugaku) para a súa entrada a Xapón.

• Cursos: Os cursos de formación nas universidades serán unicamente os indicados no folleto Course Guidebook for Japanese Studies Students (dispoñible na páxina web do MEXT).

Lugar En universidades xaponesas.

Prazos desolicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.es.emb-japan.go.jp/

Duración e contía

Será o período necesario para completar o curso da universidade receptora que, aproximadamente, será dun ano. A bolsa é improrrogable.

A dotación mensual non se especifica. A cantidade poderá cambiar por cuestións orzamentarias. Como referencia, noutras convocatorias, outorgáronse 117.000 yenes mensuais e no caso de residir nas zonas designadas, o bolseiro podería percibir 2.000 ou 3.000 yenes adicionais ó mes.

Page 26: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 125

2. BOLSAS DE ESTUDO

repÚBlica popUlar de cHina miniSterio de edUcaciÓn

Síntese O Ministerio de Educación da República Popular China convoca bolsas para estudos universitarios, de máster ou doutoramento, de acordo co Convenio Bilateral co Goberno Español.

Requisitos• Ter a nacionalidade española.

• Requírese que o solicitante sexa universitario ou posúa o título de grao ou superior.

• Pasaporte en vigor, expediente académico actualizado e acreditar coñecementos do idioma chinés.

Lugar Universidades chinas.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Máis información en:

http://www.embajadachina.es/esp/

Duración e contía A contía total da bolsa ascende a 10.000 € por bolseiro e ano lectivo.

Page 27: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS126

2. BOLSAS DE ESTUDO

india

Bolsas de intercamBio para estudos de posgrao

SínteseO Goberno da India, baixo os auspicios do Consello Indio de Relacións Culturais (ICCR), no marco do Programa de Intercambio Cultural entre a India e España, ofrece cinco bolsas aos estudantes de España que desexen cursar estudos de posgrao ou desenvolver a súa investigación en universidades e institucións educativas na India.

Requisitos• Ser estudante de primeiro ciclo, posgrao ou doutoramento (excepto Medicina e Odontoloxía)

• Dominio do inglés.

Lugar Institucións de ensino superior na India.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.embassyindia.es/IndianEmbassy/IndianEmbassy/IndexBase/index2.php?lang=eng&key=scholarship

Duración e contía

A duración é dun ano académico, que na India comeza en xullo/agosto. A bolsa cobre os custos da matrícula e mais unha contía mensual para os gastos de manutención no país.

Page 28: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

NO EXTERIORTRABALLAR

3

Page 29: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 129

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

TRABALLAR NAs INsTITUCIÓNs DA UNIÓN EUROPEA 3.1aXenteS contractUaiS

Síntese

Os Axentes Contractuais (CAST) son traballadores temporais contratados para prestar servizos de apoio manual ou administrativo, ou para proporcionar unha capacidade adicional cando non se dispón do número suficiente de funcionarios coas cualificacións requiridas. Traballan por unha duración determinada máxima de tres ou cinco anos, dependendo do destino, prorrogables por un período igual. Habitualmente comezan cun contrato inicial máis breve de 6-12 meses, segundo o tipo de traballo, e nalgúns organismos poden chegar a ser contratados indefinidamente.

Postos

Para ser seleccionado como Axente Contractual requírese unha determinada titulación segundo o Grupo de Funcións. Existen 4 grupos de funcións posibles:

Grupo I: Tarefas auxiliares manuais e administrativas.

Grupo II: Tarefas de oficina e secretaría, de xestión administrativa, etc.

Grupo III: Tarefas técnicas de execución, redacción, contabilidade, etc.

Grupo IV: Tarefas de administración, asesoramento, tradución, etc.

Lugar Institucións, axencias e organismos da Unión Europea.

ConvocatoriasPara máis información:

http://europa.eu/epso/index_es.htm

Proceso de selección Para poder ser un Axente Contractual debe superarse o correspondente proceso de selección convocado pola EPSO.

Page 30: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS130

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.1 TR

AB

ALLA

R

N

As

INs

TIT

UC

IÓN

s D

A U

E

FUncionarioS da UniÓn eUropea

SínteseOs funcionarios da Unión Europea desempeñan un posto de traballo permanente nalgunha das súas institucións, órganos ou organismos. O acceso á condición de funcionario europeo realízase unha vez superados os procesos de selección que organiza a Oficina de Selección do Persoal das Comunidades Europeas (EPSO), publicados na súa web e no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE)

Postos

En cada convocatoria determínase o eido funcional de actividade que corresponderá aos candidatos así como os requisitos de participación. De acordo co vixente estatuto, existen dúas categorías principais de funcionarios: Administradores e Asistentes, cun sistema de carreira de 16 niveis (grados)

• Administradores (AD): son titulados universitarios, que se dedican polo xeral á elaboración de políticas e aplicación da lexislación da Unión Europea, tarefas de análise e asesoramento. O acceso á función pública realízase en dous niveis; o AD-5, que non esixe experiencia laboral, e os AD-6 AD-7, que esixe unha experiencia profesional de tres e seis anos, respectivamente.

• Asistentes (AST): desempeñan tarefas de apoio: secretaría, tarefas administrativas e contables, comunicación, desenvolvemento e aplicación de medidas, etc. Dependendo da categoría requírese ter estudos de bacharelato ou FP de grao medio e a experiencia profesional suficiente.

Lugar Institucións, axencias e organismos da Unión Europea.

Convocatorias

• Administradores: adoitan convocarse na primavera de cada ano, e se desenvolven durante o verán e o outono.

• Asistentes: adoitan convocarse no inverno de cada ano, desenvolvéndose durante a primavera e o verán do ano seguinte.

Para máis información:

http://europa.eu/epso/index_es.htm

Proceso de selección

No caso de superar todas as fases do proceso de selección, o candidato é incluído nunha lista de reserva a partir da cal se procederá ás futuras contratacións, sen que o feito de estar na lista implique ningún dereito á súa contratación.

Page 31: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 131

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.1

TR

AB

ALLA

R

N

As

IN

sTIT

UC

IÓN

s D

A U

E

emprego na UniÓn eUropea reSerVado a FUncionarioS oU perSoal daS adminiStraciÓnS pÚBlicaS

Síntese

As institucións comunitarias ofrecen diferentes posibilidades para acoller, por un determinado período, a funcionarios ou persoal laboral procedente das administracións públicas que conten co pleno apoio financeiro por parte das administracións das que proveñen.

Obxectivos:

• Proporcionar ao persoal en prácticas unha experiencia de primeira man nos métodos de traballo e nas políticas da Unión Europea.

• Adquirir experiencia, práctica e coñecemento sobre o traballo diario dos departamentos e servizos das institucións comunitarias, proporcionándolles a oportunidade de traballar nun ambiente multicultural, plurilingüe e multiétnico.

• Pór en práctica os coñecementos adquiridos nas súas áreas específicas de competencia.

Requisitos• Ser funcionario ou persoal laboral procedente das administracións públicas centrais, autonómicas ou locais.

• Ter un bo coñecemento dalgunha das linguas de traballo da Comisión (inglés, francés ou alemán)

Postos• Expertos nacionais destacados (en comisión de servizo)

• Expertos nacionais en formación profesional. Prácticas estruturais.

• Erasmus para a Administración Pública.

Lugar Institucións da Unión Europea.

ConvocatoriasRepresentación Permanente de España ante a Unión Europea.

Máis información:

http://representacionpermanente.eu/trabajar-en-la-ue/

Page 32: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS132

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.1 TR

AB

ALLA

R

N

As

INs

TIT

UC

IÓN

s D

A U

E

emprego na UniÓn eUropea reSerVado a FUncionarioS oU perSoal daS adminiStraciÓnS pÚBlicaS

Expertos nacionais en comisión de servizo

Os expertos nacionais destacados (END) ou expertos nacionais en comisión de servizo, son empregados públicos das administracións dos EEMM que, de maneira temporal, desenvolven a súa actividade profesional nas institucións da Unión Europea. As Institucións da Unión Europea recorren á figura do END buscando coñecementos e experiencia profesional de alto nivel, que complemente o perfil do seu persoal. Ademais, a figura de expertos permite promover o intercambio de experiencias e coñecementos sobre as políticas europeas.

A Comisión convoca prazas de END unha vez ao mes. O resto de Institucións/Organismos/Axencias non realizan convocatorias periódicas. Algunhas institucións e organismos contan con bolsas de candidatos accesibles a través de súas páxinas web (por exemplo, o Comité das Rexións)

As convocatorias se publican na páxina web da Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER); así mesmo se distribúen aos ministerios e as oficinas das CCAA en Bruxelas, co fin de que realicen a difusión nos seus correspondentes contornos.

A duración do destacamento é por un período determinado (entre 6 meses e 4 anos, prorrogables excepcionalmente a un total de 6 anos) e ademais deberá concretarse a qué servizo desexa adscribirse o candidato. Así mesmo, o candidato debe posuír polo menos 3 anos de experiencia así como un notable coñecemento de idiomas.

Cómpre mencionar que estas prácticas serán enteiramente sufragadas pola administración pública que envía ao funcionario, que tamén correrá cos gastos sanitarios que poidan ocasionarse durante o período de prácticas.

Expertos nacionais en formación profesional

O programa ten como obxectivo proporcionar aos empregados públicos dos Estados membros experiencia, coñecementos prácticos dos métodos de traballo, e a posibilidade de traballar nun ambiente multicultural e multilingüístico.

A Comisión Europea organiza este programa de prácticas dúas veces por ano, e teñen unha duración entre 3 e 5 meses. Para acollerse a elas, os candidatos deberán estar en activo nunha administración pública, ter un título universitario, e posuír un nivel satisfactorio de inglés ou francés. Quedan excluídos do programa aqueles candidatos que desempeñaran traballos de calquera tipo dentro das institucións da Unión Europea.

Ao igual que na figura anterior (experto nacional en comisión de servizo) este programa será enteiramente sufragado pola administración que envía ao funcionario.

As convocatorias das prácticas estruturais publícanse na web da REPER.

Erasmus para a Administración Pública

A Comisión Europea organiza, no marco do proxecto “Erasmus para a Administración Pública”, períodos de prácticas de dúas semanas destinado a mozos funcionarios dos Estados membros que traballen en temas europeos. O programa consiste nunha estancia de dúas semanas de duración en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo, durante a que se participa en múltiples actividades como job shadowing, conferencias, visitas institucionais, etc.

Os solicitantes deben ter unha antigüidade na administración que debe oscilar entre 6 meses e 5 anos, título universitario e bo coñecemento práctico de inglés ou francés. Quedan excluídos do programa aqueles candidatos que desempeñaran traballos de calquera tipo dentro das institucións da Unión Europea.

O empregado público seguirá percibindo o seu salario dos Estados membros mentres que a Comisión Europea correrá cos gastos de aloxamento e desprazamento.

O número de convocatorias oscila entre dúas e catro anuais.

Page 33: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 133

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

OUTRAs sAÍDAs LABORAIs INTERNACIONAIs 3.2eScola diplomÁtica

Síntese

A Escola Diplomática, creada en 1942, é un centro de estudos superiores dependente da Subsecretaría do Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación que ten, entre os seus cometidos:

• A formación de candidatos na carreira diplomática;

• A preparación de aspirantes á función pública internacional;

• A formación continua dos funcionarios diplomáticos;

• A formación de especialistas en relacións internacionais, política exterior e cooperación ao desenvolvemento a través de cursos e seminarios dirixidos a posgraos universitarios así como a diplomáticos doutros países;

• A formación de funcionarios que van prestar os seus servizos en embaixadas ou consulados en materias relativas ao servizo exterior;

• A realización de programas de investigación no eido dos estudos internacionais.

Estudos impartidos

Acceso á Carreira Diplomática: Á Carreira Diplomática accédese en España por oposición, convocada anualmente polo Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación. Os candidatos teñen que ser españois, maiores de idade e estar en posesión dun título universitario. A fase de oposición consta de catro exercicios eliminatorios: comentario por escrito dun tema de actualidade internacional, cuestionario de cultura xeral e aspectos teóricos e prácticos relacionados co temario; idiomas; proba oral sobre catro temas de materias xurídicas, económicas, sociolóxicas, sociopolíticas, históricas e de relacións internacionais; e resolución de catro casos de práctica diplomática e consular, de xestión administrativa e de persoal. Os aspirantes que superen os exercicios deberán seguir un curso na Escola Diplomática, que se complementa cun período de prácticas.

Máster en Diplomacia e Relacións Internacionais: A “Máster en Diplomacia e Relacións Internacionais” responde á necesidade de formación de analistas e especialistas en relacións internacionais, así como das novas xeracións de funcionarios da Carreira Diplomática e do servizo exterior español. De igual maneira, o máster é útil como preparación ao ingreso na carreira, xa que o programa representa arredor do 65% dos temas esixidos na oposición.

Cursos sobre relacións internacionais: Impártense os seguintes cursos: Dereitos Humanos; Unión Europea; Islam; Capacitación para observadores electorais internacionais; Xudaísmo; Cooperación ao desenvolvemento…

Web http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/Ministerio/EscuelaDiplomatica/Paginas/Inicio.aspx

Page 34: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS134

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2 O

UTR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

conSello de eUropa

O Consello de Europa convoca ofertas de emprego a cubrir mediante oposición, que pode ser de dous tipos:

• Convocatorias xerais, limitadas aos nacionais de estados infrarrepresentados.

• Convocatorias específicas, abertas aos nacionais de todos os Estados membros.

Os postos vacantes publícanse na páxina web, non se aceptan candidaturas espontáneas. A selección comprende tres etapas: unha preselección, unha proba escrita e unha entrevista.

Para poder traballar no Consello de Europa hai que ser nacional dun Estado membro.

O resto de requisitos (tales como a experiencia profesional, cualificacións, lingüística e habilidades de TIC) difiren de acordo a cada categoría de traballo e polo tanto pódense encontrar en máis detalle nos anuncios de vacantes específicas.

A maioría do persoal é asignado a postos en Estrasburgo, aínda que o Consello tamén ten unha oficina de representación en París e unha oficina de enlace en Bruxelas, así como en Portugal, Hungría e Austria.

http://www.coe-recruitment.com/

organiZaciÓn do tratado do atlÁntico norte (otan)

A OTAN lanza ofertas de emprego desafiantes en diversos campos, que van desde o desenvolvemento de políticas, o fomento do diálogo e a posta en marcha dos programas, ata a prestación de servizos, xestión e asignación de recursos, así como o apoio para o eficaz funcionamento da Organización.

A contratación de persoal para cada axencia da OTAN é independente.

Na súa páxina web publica unha lista das ofertas de emprego dispoñibles nas distintas oficinas da OTAN en todo o mundo, xunto coas súas condicións.

http://www.nato.int/wcm-asp/recruit-hq-e.asp

Page 35: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 135

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2

OU

TR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

naciÓnS UnidaS (onU)

A Secretaría das Nacións Unidas ten unha necesidade constante de persoal competente e implicado, de diversas partes do mundo, con especialización en diversas disciplinas. Convídase aos candidatos interesados a que presenten as súas solicitudes en liña para as vacantes que se axeiten á súa experiencia e cualificacións, mediante o novo sistema electrónico de solicitude accesible en careers.un.org

As vacantes publícanse en francés e inglés, idiomas de traballo da Secretaría e nos que se haberán de presentar as solicitudes.

http://www.un.org/es/employment/

organiZaciÓn para a cooperaciÓn e o deSenVolVemento econÓmicoS (ocde)

A OCDE lanza periodicamente ofertas de emprego. Aqueles interesados en traballar para a OCDE deberán ter:

• Nacionalidade dun estado membro da OCDE.

• Un diploma universitario.

• Capacidade de análise e interese na comprensión dos asuntos políticos dentro do seu contexto.

• Excelente coñecemento do inglés ou do francés (as linguas oficiais da organización) con boa capacidade de redacción nunha e bos coñecementos da outra. Teranse en conta outras capacidades lingüísticas.

• Un mínimo de 3 anos de experiencia laboral relevante.

• Habilidade para a xestión.

• Capacidade de traballo nun equipo multicultural.

• Bo nivel de informática.

As ofertas de emprego publícanse na páxina web unha vez á semana e permanecen activas durante un mes:

http://www.oecd.org/hrm

Page 36: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS136

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2 O

UTR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

Banco mUndial (Bm)

Á marxe dos programas de prácticas e de Mozos Expertos, o BM ten unha política activa de contratación. O persoal do BM traballa cos gobernos dos países en desenvolvemento en diversas áreas.

O Banco ofrece emprego na reestruturación do sector financeiro e a súa regulación para achegar os países en desenvolvemento a unha economía de mercado a través da mellora de infraestruturas e da liberalización. Tamén está expandindo as súas actividades no campo da educación.

Os postos de traballo desempéñanse na sede do BM en Washington ou onde se desenvolvan os proxectos. Os perfís máis buscados son economistas, educadores, científicos ambientais, analistas financeiros, antropólogos e enxeñeiros. Ademais, deben ser cidadáns dun estado membro do Banco Mundial. As ofertas publícanse na páxina web. Requírese titulación universitaria, certa experiencia previa e idiomas, sempre dependendo do posto.

http://www.bancomundial.org/empleos/

Fondo monetario internacional (Fmi)

O Fondo Monetario Internacional adoita empregar a titulados universitarios que reúnan os seguintes requisitos:

Economistas expertos:

• Titulación (máster ou doutoramento) en Ciencias Económicas ou similar.

• Un mínimo de 5 anos de experiencia en cuestións de política económica nacional.

• Experiencia nun banco central, ministerio ou institución financeira internacional.

• Tamén se terán en conta a experiencia en consultoras e grupos de investigación.

• Capacidade de discusión e nivel medio de inglés escrito.

• Valorarase tamén o coñecemento doutras linguas, como francés, ruso, chinés, árabe ou español.

Programa de economistas:

• Titulación universitaria nas áreas de macroeconomía, economía internacional, economía monetaria, finanzas públicas, emprego, pobreza ou economía política.

• Doutoramento (completo ou en curso), máster ou experiencia relevante.

• Ter menos de 34 anos.

• Bo expediente académico.

• Bo nivel de inglés e informática.

• Ter interese no traballo das organizacións internacionais.

Tamén hai ofertas noutros campos, para asistencias técnicas e investigación.

http://www.imf.org/external/np/adm/rec/recruit.htm

Page 37: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 137

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2

OU

TR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

organiZaciÓn mUndial do comercio (omc)

Poden presentar a súa candidatura a un posto vacante na OMC todas as persoas que reúnan as condicións requiridas, sen distinción de sexo:

• Ser nacional dun estado membro da OMC.

• Ter menos de 65 anos.

• Demostrar experiencia como economistas ou avogados especializados en comercio internacional.

• Posuír un título universitario de posgrao en Economía, Relacións Internacionais ou Dereito, especializado en comercio.

• Acreditar 5 anos de experiencia en gabinetes gobernamentais ou organizacións internacionais relacionadas co comercio.

• Capacidade de redacción.

• Coñecemento práctico de dúas linguas entre español, inglés e francés.

Tamén hai ofertas noutros campos para expertos, administración, asistencias técnicas e investigación con diferentes perfís requiridos.

Máis información:

http://www.wto.org/english/thewto_e/vacan_e/vacan_e.htm

intermon oXFam (io)

En Intermon Oxfam existe gran variedade de postos técnicos e administrativos, tanto en contrato laboral (na súa sede de Barcelona, ou en determinados proxectos) como para bolsas de prácticas (nas oficinas nacionais). Os requisitos son os seguintes:

• Titulación académica no campo correspondente.

• Experiencia relevante na realización de proxectos no marco da ONU ou en ONG.

• Boas dotes de comunicación, organización e negociación.

• Capacidade de traballo baixo presión e circunstancias adversas.

• Experiencia mínima de 1 ou 2 anos, dependendo do posto.

• Coñecementos de inglés, francés ou da lingua de destino para os proxectos, así como de catalán para a sede de Barcelona.

• Capacidade de traballo en equipo.

• Motivación pola cooperación internacional, o desenvolvemento e a loita contra a pobreza.

• Adaptación a contextos multiculturais e sensibilidade coa temática de xénero.

Máis información:

http://www.intermonoxfam.org/

Page 38: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS138

3. TRABALLAR NO EXTERIOR

3.2 O

UTR

As

sA

ÍDA

s L

AB

OR

AIs

INTE

RN

AC

ION

AIs

comitÉ internacional da crUZ Vermella (cicr)

Para poder facer fronte a situacións cada vez máis complexas e en ocasións perigosas, o Comité Internacional da Cruz Vermella (CICR) procura nos seus novos colaboradores as condicións precisas para exercer un oficio nun contexto non habitual: o dun país asolado pola guerra ou as súas repercusións. O CICR precisa permanentemente persoal sanitario, enxeñeiros, informáticos, xuristas e secretarios, aínda que tamén poden xurdir ofertas noutros campos. A profesión máis representativa é a de delegado cuxos requisitos son:

• Idade ideal: entre 25 e 35 anos.

• Estar disposto a permanecer só polo menos durante 24 meses.

• Formación universitaria ou equivalente.

• Experiencia profesional mínima de 2 anos; para postos técnicos, 3 anos.

• Excelente dominio de inglés e francés.

• Permiso de conducir nacional e internacional (a licenza para conducir vehículos automáticos non é suficiente)

• Sólida motivación humanitaria.

• Espírito aberto e boa capacidade de adaptación.

• Capacidade para traballar baixo presión en condicións de seguridade difíciles.

• Coñecementos informáticos.

• Certificado de antecedentes penais.

Os delegados deben cumprir varias funcións: visitar a prisioneiros de guerra e a detidos políticos, restablecer os contactos familiares, organizar actividades asistenciais e difundir os principios da Cruz Vermella e do dereito internacional humanitario. Así mesmo, como representantes da institución, deben intervir e negociar diante dos organismos gobernamentais, civís ou militares, a fin de poder realizar de maneira óptima as devanditas actividades.

http://www.icrc.org/

http://www.icrc.org/eng/who-we-are/jobs/vacancies/index.jsp

Page 39: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

DE IDIOMASAPRENDIZAXE

4

Page 40: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 141

APRENDIZAXE DE IDIOMAs 4.miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra e deporte

Bolsas para auxiliares de conversación de lingua espaÑola no estranxeiro

Síntese O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) convoca estas bolsas para fomentar o coñecemento e a difusión da lingua e a cultura españolas no exterior.

Requisitos

• Ter nacionalidade española.

• Ser estudante de último curso ou estar en posesión dunha titulación das que se relacionan no Anexo I da convocatoria.

• Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio das súas funcións como Auxiliar de Conversación.

Lugar As prazas distribúense entre Alemaña (120 prazas), Australia (3), Austria (30), Bélxica (15), Canadá (3), Estados Unidos (27), Francia (490), Irlanda (12), Italia (20), Malta (4), Nova Zelandia (3), Portugal (2) e Reino Unido (350)

Prazos de solicitude No segundo semestre do ano.

Proceso deselección

As solicitudes deben realizarse a través da aplicación informática Profex, do MECD. Aplicaranse os baremos establecidos no Anexo III da convocatoria.

Para máis información:

http://www.mecd.gob.es

Duración e contía

Tanto o número de prazas como os países participantes poden sufrir variacións en función da planificación das autoridades educativas dos países participantes.

A duración e contía varían segundo o país de destino.

Page 41: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS142

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

miniSterio de edUcaciÓn, cUltUra e deporte

Bolsas para participar en cursos de inmersión en inglÉs

Síntese O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (MECD) convoca anualmente bolsas para participar en cursos de inmersión lingüística en inglés, en réxime de internado, nun centro sito en España.

Requisitos

• Ser menor de 30 anos.

• Ter a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos superiores ou Formación Profesional de Grao Superior do MECD.

• Cumprir cos requisitos económicos que se detallan na convocatoria. A orde de adxudicación das axudas virá determinada conforme á renda per cápita familiar.

• Superar a proba de nivel na Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP)

Lugar Nun centro da UIMP: Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Granada, Tenerife, La Línea de la Concepción, Barcelona, Pirineos e Cartagena.

Prazos de solicitude Un mes a partir da publicación da convocatoria no BOE, que ten lugar no primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

A solicitude tramitarase a través da páxina web do MECD mediante formulario en liña.

Para máis información:

http://www.mecd.gob.es/portada-mecd/

Duración e contía

O curso ten unha duración dunha semana, a elixir entre o 8 de abril e o 16 de decembro do ano en curso.

A axuda cubre todos os gastos de ensinanza, material, manutención e aloxamento, aínda que o alumno seleccionado debe aboar 100€ en concepto de reserva de praza.

Page 42: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 143

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

miniSterio de aSUntoS eXterioreS e de cooperaciÓn - aecid

lectorados de castelán en universidades estranxeiras

Síntese O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación e a AECID convocan anualmente lectorados en universidades estranxeiras.

Requisitos

• Ter a nacionalidade española.

• Ser licenciado ou doutor por unha universidade española en: Filoloxía, Lingüística, Teoría da Literatura, Tradución e Interpretación ou Humanidades.

• Formación específica na didáctica do español.

• Experiencia docente de lingua e/ou de literatura en español.

• Coñecementos da lingua oficial do país de destino, ou doutra aceptada para a comunicación universitaria.

• Non superar os 37 anos de idade.

• Non ser lector MAEC-AECID na universidade seleccionada nos tres cursos inmediatamente anteriores.

Lugar Nos centros universitarios detallados no Anexo da convocatoria.

Prazos de solicitude Publicación da convocatoria durante o primeiro trimestre do ano no BOE.

Proceso de selección

Unha comisión de valoración avaliará as solicitudes, tendo en conta o expediente académico, a formación, a experiencia, etc.

Para máis información:

https://www.aecid.gob.es/es/Tramites-Servicios-en-linea/becas-lectorados/

Duración e contía

Abranguen un curso académico, pero pódese solicitar a renovación ata un total de tres anos.

Contemplan unha axuda para a viaxe e mensualidades entre 600€ e 1.200€, segundo o destino.

Page 43: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS144

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

XUnta de galiciaconSellerÍa de cUltUra, edUcaciÓn e ordenaciÓn UniVerSitaria

Bolsas de idiomas

Síntese A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca anualmente unha liña de axudas para facer cursos de idiomas no estranxeiro.

Requisitos

• Estar matriculado no curso anterior nunha universidade galega ou nun centro da UNED en Galicia.

• Ter superados polo menos 60/120 créditos do plan de estudos, dependendo da súa extensión.

• Ter unha puntuación media no expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos (6,00 puntos para os estudantes de Enxeñaría e Arquitectura)

• Non ser beneficiario desta bolsa en anteriores edicións.

Lugar Nun Estado membro da Unión Europea.

Prazos de solicitude

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir da publicación da convocatoria no DOG, que soe ter lugar no primeiro trimestre no ano.

Proceso de selección

A selección faise en base á nota media do expediente académico.

Máis información en:

http://www.edu.xunta.es/web/

Duración e contía

O curso debe ter unha duración mínima de 3 semanas, con polo menos 15 horas lectivas semanais, que se desenvolverá entre o 1 de xuño e o 30 de setembro do presente ano.

A dotación económica é de 1.100€.

Page 44: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 145

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

conSellerÍa de cUltUra, edUcaciÓn e ordenaciÓn UniVerSitaria

lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

Síntese A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca anualmente prazas para realizar lectorados en universidades españolas e estranxeiras interesadas na promoción e difusión da lingua galega.

Requisitos

• Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.

• Ser menor de 35 anos.

• Ser licenciado en Filoloxía Galega, Filoloxía Hispánica (na subsección de galego- portugués), Filoloxía Románica (sempre que a primeira ou segunda lingua románica escollida fose o galego), Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en estudos de galego e español, Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios e titulacións afíns.

• Non gozar de praza de lectorado de lingua, literatura e cultura galegas en convocatorias anteriores.

Lugar

• España: Barcelona, Cáceres e Salamanca.

• Portugal: Lisboa.

• Alemaña: Berlín, Kiel, Heidelberg e Leipzig.

• Reino Unido: Bangor (Gales).

• Polonia: Varsovia.

• Croacia: Zadar.

• Brasil: São Paulo e Río de Janeiro.

Prazos de solicitude Adoita publicarse no DOG a mediados do ano.

Proceso de selección

A comisión examinará os méritos dos interesados valorando a súa formación, actividade docente, experiencia e proxecto presentado. Posteriormente convócase aos preseleccionados a unha entrevista persoal.

Para máis información:

http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_formacion

Duración e contía

As bolsas desenvólvense no período comprendido entre o 01.10.2013 e o 30.9.2016, agás no caso das prazas localizadas en Brasil (01.01.2014 a 31.12.2016)

A contía íntegra mensual é de 1.123,96€ en centros españois e 1.277,12€ nos estranxeiros.

Page 45: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS146

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

UniVerSidadeS galegaS. centroS de lingUaS

cursos de idiomas

Os Centros de Linguas son entidades creadas coa finalidade de promover a aprendizaxe de idiomas entre os membros da Comunidade Universitaria.

Centro de Linguas da Universidadeda Coruña

• A Universidade da Coruña (UdC) dispón dun Centro de Linguas no que se imparten cursos dos idiomas alemán, francés, inglés, italiano, portugués e español para estranxeiros.

• O Centro de Linguas ten presenza tanto na Coruña como en Ferrol.

• Os cursos son trimestrais, coincidindo coas estacións do ano.

• Os cursos regulares teñen unha duración de 30 horas lectivas e custan 166€ para o público en xeral e 125€ para os membros da UdC.

• Os cursos de conversación teñen unha duración de 15 horas lectivas e custan 125€ para o público en xeral e 84€ para os membros da UdC.

Máis información:

http://www.udc.es/centrodelinguas/ga/index.html

Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela

• O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela organiza todos os anos cursos de diferentes linguas: alemán, árabe, catalán, checo, chinés, galego, español, francés, inglés, italiano, portugués, ruso ou xaponés.

• O CLM ten instalacións en Santiago e Lugo.

• Os cursos van dirixidos, en principio, aos membros da comunidade universitaria, pero neles poden matricularse todas as persoas alleas á universidade que teñan cumpridos os 16 anos.

• 80 horas lectivas desde mediados de outubro ata primeiros de xuño.

Máis información:

www.usc.es/clm

Centro de Linguas da Universidade de Vigo

• O Centro de Linguas da Universidade de Vigo organiza cursos cuadrimestrais das seguintes linguas: alemán, árabe, chinés, español, francés, inglés, italiano, persa, polaco, portugués, ruso e xaponés.

• Este centro está aberto aos interesados maiores de 16 anos.

• Tamén organiza cursos intensivos e cursos de conversación para determinadas linguas.

• Durante o verán tamén organiza cursos de idiomas.

Máis información:

http://cdl.uvigo.es/

Page 46: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 147

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

eScolaS oFiciaiS de idiomaS

cursos de idiomas

As Escolas Oficiais de Idiomas (EOI) son centros públicos especializados no ensino de idiomas. Tamén imparten cursos monográficos e de verán.

Centros e idiomas

• A Coruña: alemán, árabe, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso, chinés e xaponés. Conta con seccións en Carballo, Culleredo e Cee.

• Ferrol: alemán, francés, galego, inglés, portugués e italiano. Conta con seccións en Cedeira e As Pontes.

• Santiago de Compostela: alemán, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Negreira, Ordes, Noia e Ribeira.

• Vilagarcía de Arousa: alemán, inglés, francés, italiano e portugués.

• Lugo: alemán, galego, portugués, italiano, francés, chinés e inglés. Conta cunha sección en Sarria.

• Monforte de Lemos: alemán, francés, inglés e italiano.

• Ribadeo: alemán, francés, inglés e italiano.

• Viveiro: alemán, francés, inglés e italiano. Conta cunha sección en Burela.

• Ourense: alemán, francés, galego, inglés, chinés, italiano e portugués. Conta con seccións en Celanova, O Barco, Carballiño, Ribadavia e Verín.

• Pontevedra: alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués. Conta con seccións en Lalín e A Estrada.

• Vigo: alemán, francés, español para estranxeiros, galego, italiano, inglés, xaponés, chinés e portugués. Conta con seccións en Nigrán, Tui, Redondela, Ponteareas e Cangas.

Matrícula

Nas EOI pódese acceder ao primeiro curso ou a un curso superior superando unha proba de nivel. Tamén se pode facer unha matrícula libre para presentarse aos exames de cada un dos tres ciclos (elemental, intermedio e avanzado) sen asistir ás clases.

Para máis información:

http://www.edu.xunta.es/web

Page 47: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS148

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

repÚBlica cHeca miniSterio de edUcaciÓn, XUVentUde e cUltUra FÍSica

cursos de verán de estudos eslavos

Síntese O Ministerio de Educación, Xuventude e Cultura Física da República Checa ofrece a España bolsas para os Cursos de Verán de Estudos Eslavos (Praga, 2 bolsas; Brno, 3 bolsas; Olomouc, 2 bolsas)

Requisitos Ter suficiente coñecemento da lingua checa ou de inglés para poder seguir o curso nesta lingua.

Lugar Praga, Brno e Olomouc.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://www.mzv.cz/madrid/es/cultura_becas_cursos/cursos_de_verano_de_estudios_eslavos.html

Duración e contía

A duración máxima prevista é dun mes.

A contía cobre os gastos de aloxamento en réxime de pensión completa, a matrícula do curso e as excursións.

Page 48: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 149

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

dinamarca

Bolsas de verán para estudos de lingua danesa

Síntese Poden optar as bolsas de verán estudantes nos niveis de Grao, Máster e Doutoramento que desexen cursar estudos en lingua danesa.

Requisitos

• Non estar matriculado nunha institución de estudos superiores en Dinamarca.

• Ter unha recomendación dun profesor de danés no estranxeiro.

• Ser estudante de danés ou de lingua e literatura escandinavas.

Non é necesario cumprir todos os criterios para poder optar as bolsas.

Lugar Institucións de ensino superior danesas.

Prazos de solicitude Primeiro trimestre do ano.

Proceso de selección

Para máis información:

http://spanien.um.dk/es/servicio-consular/estudiar-en-dinamarca/becas---danish-agency-for-international-education-supports/becas-de-verano/

Duración e contía

Os estudantes non teñen que pagar o curso. Recibirán unha bolsa de 5.000 DKK para cubrir os gastos de manutención e aloxamento.

Page 49: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS150

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

italia miniSterio de aSUntoS eXterioreS

Bolsas para cursos de italiano

Síntese O Ministerio de Asuntos Exteriores de Italia convoca bolsas para cidadáns españois que desexen estudar en Italia ou desexen efectuar investigacións en arquivos, centros culturais, bibliotecas, laboratorios ou cursos de idiomas.

Requisitos Ser nacional dun Estado membro da Unión Europea e ter a formación requirida segundo opción de bolsa.

Lugar Segundo opción, varias cidades de Italia.

Prazos de solicitude

O prazo de solicitude remata antes de xuño.

Máis información:

http://borseonline.esteri.it/BorseOnLine/

Proceso de selección Valóranse o CV do solicitante, o expediente académico e unha entrevista persoal.

Duración e contía Varía segundo as cidades de destino.

Page 50: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 151

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

certiFicadoS oFiciaiS de idiomaS

exames oficiais de idiomas

Existe toda unha serie de exames oficiais dos principais idiomas para todos aqueles que buscan unha forma de certificar o seu nivel de coñecemento.

Inglés

• Cambridge. A Universidade de Cambridge propón os seguintes exames : Key English Test (KET), Preliminary English Test (PET), First Certificate in English (FCE), Certificate in Advanced English (CAE), Certificate of Proficiency in English (CPE). Ademais, a Universidade de Cambridge propón tamén outros exames específicos como o Business English Certificate. Realizan varias convocatorias ao longo do ano.

http://www.cambridgeesol.org/spain/

• TOEFL. O Test of English as Foreign Language (TOEFL) proposto por ETS é o máis importante á hora de certificar os coñecementos desta lingua nos Estados Unidos.

www.ets.org/toefl/

• Trinity. Os exames do Trinity College teñen tamén un recoñecido prestixio internacional, e divídense en 12 niveis.

http://www.trinitycollege.co.uk/

Francés

• Alliance Française. É a asociación encargada de realizar os exames oficiais do Ministerio de Educación Nacional de Francia. Na actualidade existen 6 niveis, que equivalen aos do marco común europeo de referencia. Realizan tres convocatorias de exames ao ano: en setembro, febreiro e xuño.

http://www.alliancefrancaise.es/

• Sorbonne. A Universidade da Sorbona, a través do SELFEE (Service des examens de langue française réservés aux étudiants étrangers) realiza exames de francés de recoñecido prestixio.

http://www.paris-sorbonne.fr/en/rubrique.php3?id_rubrique=261

Alemán

• Goethe-Institut. Organiza os exames oficiais de alemán de maior recoñecemento internacional. O Goethe-Institut propón 14 certificados segundo os diferentes niveis. O único centro examinador en Galicia é o Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago.

http://www.goethe.de/ins/es/lp/esindex.htm

Portugués• PLE. O Instituto Camões propón 5 exames oficiais da lingua portuguesa (CIPLE, DEPLE, DIPLE, DAPLE, DUPLE). En

Galicia encárgase de realizar os exames o Centro de Lingua Portuguesa - Instituto Camões de Vigo.

http://www.fl.ul.pt/unidades/centros/caple/

Italiano

• CELI. A Università per Stranieri di Perugia expide os Certificados de Coñecemento da Lingua Italiana (CELI) que van desde o nivel 1 ao 5.

https://www.unistrapg.it/

• CILS. A Università per Stranieri di Siena, pola súa parte, outorga os Certificados de Italiano como Lingua Estranxeira que van do nivel A ao 8.

http://cils.unistrasi.it/

Español• DELE. O Instituto Cervantes realiza os exames oficiais do Diploma de Español como Lingua Estranxeira do Ministerio

de Educación, Cultura e Deporte. O DELE ten seis niveis, adaptados ao marco común europeo de referencia.

http://diplomas.cervantes.es/index.jsp

Page 51: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS152

4. APRENDIZAXE DE IDIOMAS

BolSaS de idiomaS para docenteS

O ensino de idiomas amósase como un obxectivo básico no sistema educativo actual e, con este fin, convócanse axudas para mellorar as competencias lingüísticas dos docentes.

Ministerio de Educación, Cultura e Deporte

• Convoca prazas para estancias profesionais para actividades formativas en Alemania, Austria, Francia, Reino Unido e Suíza para profesorado e para centros que desexen acoller a un docente dalgún destes países.

• Un centro educativo acolle ao docente español por un período de dúas semanas, a desenvolver entre xaneiro e agosto. A visita non implica impartir docencia.

• Requisitos: ser funcionario de carreira e estar en situación de servizo activo. No momento da solicitude debe estar impartindo docencia en lingua estranxeira ou unha disciplina non lingüística en lingua estranxeira.

• Axuda: os gastos de docencia, desprazamento, aloxamento e xantar nos días lectivos de cada unha das actividades serán financiados directamente polo Ministerio.

Publícase no BOE no último trimestre do ano.

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/movilidad/de-profesores.html

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaPrograma PIALE

• Selecciónanse profesores para participar nun dos itinerarios de formación. O primeiro supón a inmersión no país de destino (Reino Unido, Canadá, Francia ou Estados Unidos) durante tres semanas. O segundo implica unha integración durante 4 semanas en Canadá. O terceiro supón o seguimento dun curso de dúas semanas nun centro dos seguintes países: Francia, Portugal, Alemania, e Reino Unido.

• Requisitos: ser funcionario de carreira dos corpos docentes detallados na convocatoria.

• A convocatoria publícase no DOG no primeiro trimestre do ano.

http://www.edu.xunta.es/web/linguasestranxeiras/133/244

Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE)Axudantes Comenius

• O obxectivo desta acción é brindar a oportunidade a futuros profesores de calquera materia de mellorar o seu coñecemento de linguas estranxeiras, así como de desenvolver as súas capacidades docentes.

• A duración das axudantías pode ser de 12 a 45 semanas, baixo a supervisión dun docente, nun centro educativo doutro país participante no Programa Erasmus+.

• Requisitos: completar polo menos dous cursos académicos que conducen directamente á docencia, ou estar cursando ou estar en posesión do título do Máster Universitario en Formación do Profesorado, ou realizar o Curso de Adaptación Pedagóxica. Tamén pode participar o futuro profesorado que finalizase a súa formación, pero aínda non exercese regularmente como docente.

http://www.oapee.es/oapee/inicio/pap/comenius.html

Page 52: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

INFORMACIÓNMÁIS

5

Page 53: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 155

MÁIs INFORMACIÓN 5.información de interese

EUROPASS CV EUROPEO

O CV europeo (Europass) é un documento que axuda aos cidadáns europeos a presentar as súas capacidades e cualificacións persoais dunha maneira sistemática, sinxela e facilmente comprensible en toda Europa.

http://europass.cedefop.europa.eu/es/home

O Europass compleméntase principalmente co Pasaporte Europeo de Competencias e co Pasaporte de Linguas, formulario que permite unha clara presentación e descrición dos coñecementos lingüísticos do interesado.

REDE EURES

EURES (EURopean Employment Services) é unha rede de cooperación dirixida ao emprego e á libre circulación de traballadores, un dos principios fundamentais da Unión Europea (UE). A rede inclúe os membros EURES (servizos públicos de emprego e Comisión Europea), as asociacións transfronteirizas e outros socios EURES (asociacións de traballadores, organizacións patronais, universidades, e outras institucións locais e rexionais). O seu obxectivo é prestar servizos aos traballadores, aos empresarios, e a calquera cidadán que desexe beneficiarse do principio da libre circulación de persoas, proporcionando información e asesoramento sobre ofertas e demandas de emprego, situación e evolución do mercado de traballo e sobre condicións de vida e traballo de cada país.

http://ec.europa.eu/eures/home.jsp?lang=es

SERVIZO VOLUNTARIO EUROPEO

O Servizo Voluntario Europeo (SVE) apoia o traballo voluntario transnacional da xuventude. O seu obxectivo é desenvolver a solidariedade e promover a tolerancia entre a mocidade, fundamentalmente para reforzar a cohesión social na Unión Europea.

http://europa.eu/youth/country/76/theme/46_es

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES E DE COOPERACIÓN

O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación publica unha serie de guías que permiten obter unha maior orientación na carreira profesional internacional:

http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/OportunidadesProfesionalesFormacion/Paginas/Inicio.aspx

INFORMACIÓNOUTRAS BOLSAS

Existen numerosas páxinas que informan das bolsas de estudo vixentes noutros países. Entre elas cabe destacar dúas:

http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/OportunidadesProfesionalesFormacion/Paginas/Inicio.aspx

http://sre.gob.mx/becas/

Page 54: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS156

5. MÁIS INFORMACIÓN

páxinas WeB de interese

• Fundación Galicia Europa http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/

• Unión Europea http://europa.eu

• Comisión Europea http://ec.europa.eu/index_es.htm

• Dirección Xeral de Educación e Cultura (EAC) da Comisión Europea http://ec.europa.eu/youth/index_en.htm

• Representación da Comisión Europea en España http://ec.europa.eu/spain/

• Consello da Unión Europea http://www.consilium.europa.eu/homepage.aspx?lang=es

• Parlamento Europeo http://www.europarl.europa.eu/news/es

• Oficina do Parlamento Europeo en España http://www.europarl.es

• Representación Permanente de España ante a Unión Europea http://www.es-ue.org

• Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/Paginas/inicio.aspx

• Ministerio de Educación, Cultura e Deporte http://www.educacion.gob.es

• Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia http://www.edu.xunta.es/

• Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia http://xuventude.xunta.es/

Page 55: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 157

5. MÁIS INFORMACIÓN

• Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID)

http://www.aecid.es

• Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos de España

http://www.oapee.es/

• Consello da Xuventude de España (CJE)

http://www.cje.org/

• Instituto da Xuventude en España (INJUVE)

http://www.injuve.es/

• Axencia Nacional Española do Programa Xuventude en Acción

http://www.juventudenaccion.injuve.es/

• Axencia de Educación, Audiovisual e Cultura da Unión Europea

http://eacea.ec.europa.eu/

• Portal Europeo da Xuventude

http://europa.eu/youth/es

• Euroscola

http://www.euro-scola.com/

• European Youth Foundation (EYF) do Consello de Europa

http://www.eyf.coe.int/fej/

• Carné Xove Europeo

http://www.euro26.org/

• Foro Europeo da Xuventude

http://www.youthforum.org

• EURODESK (Servizo de información sobre Europa para a mocidade)

http://www.eurodesk.org/

• EURYDICE (Rede Europea de Información Educativa)

http://www.eurydice.org/

Page 56: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS158

5. MÁIS INFORMACIÓN

• ERYICA (Páxina web dirixida a quen traballa con información xuvenil)

http://www.eryica.org/

• Erasmus Student Network (Asociación interdisciplinar de estudantes de Europa)

http://www.esn.org/

• UNIVERSIA (información para universitarios)

http://www.universia.es

• Portais de prácticas e ofertas de traballo no eido internacional e da Unión Europea:

o http://www.iagora.com/::lang=es

o http://www.eurobrussels.com/

o http://jobs.euractiv.com/

Page 57: Fundación Galicia Europa - BOLSAS DE ESTUDO...102 GUÍA DE PRÁCTICAS E SAÍDAS LABORAIS NA UNIÓN EUROPEA E ORGANIZACIÓNS INTERNACIONAIS 2. BOLSAS DE ESTUDO FUndaciÓn FUlBrigHt

prácticas esaídas laboraisna Unión Europea eOrganizacións Internacionais

Guía de

na U

nió

n E

uro

pea e

Org

aniz

ació

ns In

tern

acio

nais

práctic

as e

saíd

as la

borais

Guía

de

Bolsas

Estadías

Prácticas

Idiomas

LOMO9 mm