Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

10
FUNCIÓNS SINTÁCTICAS E UNIDADES

description

Partindo dos argumentos semánticos, preséntanse as funcións sintácticas básicas na oración e as unidades que as desempeñan.

Transcript of Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

Page 1: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

FUNCIÓNS SINTÁCTICAS E UNIDADES

Page 2: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

1. ESQUEMA SEMÁNTICO DA ORACIÓN: o verbo e os argumentos.

 As accións ou estados expresámolos mediante oracións, é

dicir, con un verbo cando menos (ex. corro) ou, normalmente, con un verbo que implica a inclusión de un ou varios participantes (chamados argumentos).

 Daquela, cada verbo condiciona a existencia dun grupo de

palabras co que combinar. Cada grupo de palabras que precisa un verbo para ser usado de xeito aceptábel é, logo, un argumento.

 Así, por exemplo, o verbo adorar non pode empregarse

só (*adoro non é aceptábel), senón que require dous grupos de palabras distintos, dous argumentos (o meu fillo adora a música).

Page 3: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

Se pensamos en varios verbos ao chou, logo descubrimos que hai distintas posibilidades:

 Eu buceo (só é preciso que apareza quen fai a acción)A moza colle mazás (precísanse dous argumentos)O futuro depende de todos nós (tamén se precisan dous)As xuízas concedéronlle a liberdade ao reo (conceder require tres argumentos)etc. Mais, ademais destes tamén podemos incluír outros grupos

de palabras que non son esixidos polo verbo para facer enunciados correctos. Son os argumentos libres, non requiridos polo verbo, aínda que poden expresar contidos fundamentais na mensaxe. Por exemplo:

Eu buceo preto das illas CíesA moza colle mazás na túa eiraetc.

Page 4: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

2. FUNCIÓNS A cada argumento o núcleo verbal asígnalle unha

función semántica (axente, paciente...) e unha función sintáctica (SUXEITO, CD...).

 2.1. Suxeito.O realizador ou causante da acción verbal soe funcionar

sintacticamente como suxeito. A moza colle mazás1º argumento

axente

SUXEITO

Mais non sempre o suxeito é realizador ou causante:As plantas medranO home caeu

Page 5: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

2.2. Complementos.A maioría dos verbos precisan máis argumentos có que é

suxeito. Son os complementos argumentais, que funcionan de:

 Complemento directo (CD, substituíble por o/a/os/as e

variantes): A moza colle mazás > A moza cólleas. Complemento indirecto (CI, substituíble por lle/lles): As

xuízas concederon a liberdade ao reo > As xuízas concedéronlle a liberdade.

 Suplemento (SUPL., introducidos por preposición esixida

polo verbo e non substituíbeis polos pronomes de CD): O futuro depende de todos nós.

 (Outros: complemento predicativo, atributo,

complemento axente.) 

Page 6: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

Ás veces, estes complementos tamén poden aparecer de maneira libre, non requiridos necesariamente polo verbo:

O can come é unha oración perfectamente aceptábel, pero tamén pode aparecer:

-un segundo argumento, o CD: O can come os ósos-un terceiro argumento, o CI: O can cómelles os ósos aos

veciños...Porén, os complementos constituídos por argumentos

sempre libres funcionan de Complemento circunstancial (CC; vede os exemplos finais da diapositiva 3).

Page 7: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

Os verbos que requiren un só argumento (suxeito) son intransitivos. Os que requiren dous, a non ser que sexan copulativos (ser, estar...), chámanse transitivos. Estes, os transitivos, tamén poden requirir tres argumentos (suxeito, CD e CI). O suxeito identifícase pola concordancia en número co verbo:Os deportistas asustaron o nenoAínda que nalgúns casos a concordancia non é suficiente e hai que botar man da orde:Os deportistas asustaron os nenosOs nenos asustaron os deportistas

Page 8: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

Os intransitivos poden expresar procesos que dependen da vontade dun axente (ex. A nena chora) ou estados e logros (ex. A flor medra). Neste último caso, o argumento suxeito é o paciente ou experimentante da acción verbal, non axente.

 Argumento 1 Argumento 2Axente paciente

Verbos transitivos SUXEITO CDEx. A profesora colleu o xiz

_______________________________________________________único argumentoaxenteSUXEITO

Verbos Ex. Os nenos rinIntransitivos único argumento

pacienteSUXEITOEx. O xiz rompeu

Page 9: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

3. UNIDADES Cando falamos de argumentos temos en conta o

significado dun conxunto de palabras en relación coa acción ou estado que transmite o verbo. Cando falamos de funcións atendemos á relación sintáctica desas palabras co verbo. Pero non nos referimos ata agora aos elementos que formaban eses grupos, é dicir, ás unidades.

 A clase de palabra (substantivo, adxectivo...) máis

importante do grupo determina o tipo de unidade. Un caso:O can comeSintagma nominal

(a base é un substantivo)

Page 10: Funcións sintácticas e unidades en lingua galega

Se observamos os exemplos todos anteriores, inducimos que a función de suxeito desempéñaa un sintagma ou frase nominal (SN), aínda que pode incluír dentro de si outra oración. O CD tamén soe ser un SN, mais hai algúns casos nos que aparece un sintagma preposicional (SPrep.) co enlace a, forma típica do CI. O suplemento é sempre un SPrep.