formas do relevo
-
Upload
maribel-iglesias -
Category
Education
-
view
72 -
download
8
description
Transcript of formas do relevo
FORMAS DO RELEVO1º de ESO
Unha cordilleira é unha sucesión de montañas enlazadas entre sí . O Himalaia é unha cordilleira, o Everest unha montaña. Unha Serra tamén é unha sucesión de montañas, pero é máis pequena.
SERRA DOS ANCARES, LUGO
Unha depresión é unha zona do relevo terrestre situada a unha altura inferior que as rexións circundantes. Na foto aparece representada a Depresión do Guadalquivir, con que cores?
Un val é unha chaira entre montañas. Pode ter unha forma en V, orixinada a partir da erosión dun río, val fluvial, ou en U orixinado a partir da erosión dun glaciar. Na foto río Conso, Ourense
Un glaciar é un río de xeo.
Foto: Glaciar dos Alpes franceses
Val glacial con forma de U. Val de Leh, India
Unha chaira ou planicie é unha gran estensión de terreo chá, sen elevacións. Foto: Pampa arxentina
Unha meseta é unha zona alta e chá. Foto Utah, EEUU
ÁREAS MONTAÑOSAS
Debuxo e textos: Mon Daporta e Adela Leiro
PARTES DUN RÍO
Un afluente é unha corrente de auga que vai desembocar noutra principal. Foto: Ríos noruegos
Os meandros son as curvas que describe o curso dun río, especialmente no seu tramo máis baixo, cando hai pouca pendente e predomina a sedimentación de materiais. Foto: río Cauto en Cuba
Un río forma un canón cando se encaixa fortemente nos materiais do lugar por onde discorre. Foto: Canón do río Sil, Galicia
Un encoro é unha construción que se fai nun río e que impide o paso da auga, coa finalidade de que esta se acumule, e poida ser aproveitada como suministro para consumo nas cidades ou nos regadíos, ou tamén para producir electricidade. Foto: presa de Hoover en Nevada, EEUU.
Un delta é o territorio triangular formado na desembocadura dun río, mediante a acumulación de sedimentos que se depositan a medida que a corrente do río vai desaparecendo.
Foto, delta do río Nilo, Exipto
Unha ría é un val fluvial asolagado polo mar. Na foto ría de Cée e Corcubión, Galicia
Un fiordo é un val glacial asolagado polo mar. Na foto
fiordo noruego
Un esteiro (estuario en castelán) é unha zona de costa onde desemboca un río e acumúlanse gran cantidade de sedimentos. Esta área queda cuberta pola preamar. Foto: Esteiro do Umia, Cambados
Unha fervenza é un desnivel brusco no leito dun río onde se precipita a auga. Foto: Salto del Ángel, Venezuela, a fervenza máis alta do planeta, supera os 1000 mtrs de caída.
Un lago é unha masa considerable de auga, de maior ou menor profundidade, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar. Foto: lago en Nova Zelanda
Debuxo: Mon Daporta
Unha península é unha porción de terra rodeada de auga por todas as partes menos por unha, que a une ao continente. Na foto Península da Baixa California, México
Un cabo é unha parte da costa que penetra no litoral. Foto: Cabo en Cornwall, Inglaterra
Un golfo é unha entrada do mar na terra, normalmente de forma arredondada. Unha badía é similar a un golfo pero máis pequena. Foto Golfo de Gabes, Túnez
Unha badía é algo máis pequena cun golfo. Foto: badía de San Sebastián, País Vasco.
Os cantís son terreos abruptos, de forte pendente.
Foto: Cantís nas proximidades do Cabo Ortegal, A Coruña
Unha illa é unha porción de terra rodeada de auga por todas partes. Foto: Illa do
arquipélago das Fidxi, Océano Pacífico
Un arquipélago é un conxunto de illas máis ou menos próximas. Foto: imaxe de satélite das Illas Canarias
Un Atol (atolón en castelán) é unha Illa de arrecifes de coral en forma de anel, que ten unha lagoa no
seu interior. Foto: Illa no Pacífico (Tokelau)
PLATAFORMA CONTINENTAL TÁMARA CONTINENTAL
CHAIRA ABISAL
A plataforma continental é o perímetro estendido de cada continente, que queda cuberto por mares pouco profundos. A plataforma nace na liña da costa e esténdese ata a támara continental, forte desnivel que dá paso á chaira abisal. Foto: Golfo de México visto en 3D
Unha duna é un monte de area formado pola acción do vento nos desertos e nas praias. Foto: Dunas móbiles de Corrubedo, Galicia
Unha Albufeira (palabra de orixe árabe) é a palabra coa que se coñece unha lagoa litoral de auga salgada ou lixeiramente salobre. Está separada do mar por unha lingua ou barra de area pero en comunicación con este por un ou máis puntos. Foto: Lagoa litoral situada ao pé do Monte Louro, Muros, A Coruña
LAGOABARRA DE AREA
MAR
Un tómbolo é o Istmo de area que une ao continente o que antes fora unha illa ou illote.
Foto: tómbolo nunha illa grega
Unha marisma é un terreo baixo situado na desembocadura dun río que queda inundado cando sobe a marea e está sempre encharcado e cheo de lama. Foto: Marismas do Guadalquivir, Huelva
AUTORA: MARIBEL IGLESIAS BALDONEDO
MATERIAL ELABORADO GRAZAS A UNHA LICENZA DE FORMACIÓN DA Consellería de Educación da Xunta de Galicia
Todas as imaxes utilizadas, agás aquelas nas que se indique expresamente a autoría, proceden do banco de imaxes de Wikimedia Commons e están baixo licenza de uso CC
LICENZA de uso : CC-BY-SA