FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

16
III Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador Do 13 ao 18 de outubro de 2014 Illa de San Simón - Redondela

Transcript of FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Page 1: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

III Obradoiro Internacional de Tradución Poética

Con barqueira e remador

Do 13 ao 18 de outubro de 2014Illa de San Simón - Redondela

Page 2: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Fotografías da illa de San Simón© Turismo de Galicia. Vicente Domínguez

Page 3: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

PresentaciónEsta súa terceira edición consolida xa o Obradoiro Internacional de Tradución

Poética Con barqueira e remador coma un proxecto estable pero á vez enormemente anovador. Unha iniciativa pioneira no noso país, mais concibida a semellanza das que se seguen a celebrar noutras latitudes, nunha cita anual en Galicia coordinada por Yolanda Castaño.

Durante unha semana, sete participantes �vidos dende o sueste asiático ata os países nórdicos pasando por Europa do leste� comparten un enriquecedor traballo de mutuo transvasamento entre linguas. Comparten os esixentes perfís de seren poetas recoñecidos nos seus países e, á vez, sensibles tradutores literarios.

Facendo da illa de San Simón a súa inspiración e residencia, este berce simbólico da lírica galega aloxa así un traballo intensivo, presencial e recíproco, no que cada poeta traduce a cadanseu idioma e é traducido/as aos demais, empregando o inglés como lingua vehicular.

Mais, alén do obradoiro especializado �que se desenvolve nas instalacións da illa polas mañás� a oportunidade única de contar en Galicia con tal elenco literario procura un rico intercambio entre este e mais o público lector galego, a través dun programa de actos abertos e gratuítos.

Patrocinado polas secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e mais polo Concello de Redondela, a carón doutras entidades colaboradoras, Con barqueira e remador coloca Galicia no mapa do intercambio literario internacional, facendo do galego ferramenta e, de Galicia, inmellorable campo de traballo e espazo de acción.

Page 4: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia
Page 5: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Programa de actos

Recital poético multilingüe ATENDENDO AO MEU AMIGO, en colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra.A mellor mostra tanto do traballo poético dos autores/as participantes coma do labor de tradución (ao galego) durante o proxecto.

Mércores 15Casa das Campás. Pontevedra

Mesa redonda + recital CERCANDO AS ONDAS en colaboración con GAELT, Facultade de Filoloxía e Tradución eUniversidade de Vigo.Recital acompañado dunha breve re�exión sobre a tradución poética.

Xoves 16Salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución. CUVI

Recital poético multilingüe ATENDENDO AO MEU AMIGOen colaboración co Concello de Redondela.Lectura poética como broche de ouro ao obradoiro, coa participación de cada poeta no seu idioma orixinal, e versións en galego dos textos recitados.

Venres 17Multiúsos da Xunqueira. Redondela

20 h

13 h

20 h

outubro

Page 6: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia
Page 7: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Participantes

Page 8: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

K�rlisV�rdi��

© Liene Ruce

O poeta, crítico e tradutor K�rlis V�rdi�� (Riga, 1979) licenciouse en Teoría Cultural pola Academia Letoa de Cultura. Doutorado en Literatura pola Universidade de Letonia, dende 2007 traballa no Instituto de Literatura, Folclore e Arte da mesma universidade, e é membro do consello de redacción da revista literaria Latvju Teksti. É autor de tres libros de poesía: Ledlau�i (Os rompexeos, 2001), Biezpiens ar kr�jumu (Requeixo con crema, 2004) e Es (Eu, 2008). Parte da súa obra foi traducida para revistas e libros colectivos no estranxeiro, así como incluída en importantes antoloxías internacionais. Ademais, volumes individuais do seu traballo viron a luz �en tradución� en ruso, polaco, checo e inglés (no prelo). E el mesmo ten traducido obras de T.S. Eliot, Walt Whitman, Emily Dickinson, Georg Trakl ou Joseph Brodsky, entre outros. Entre as súas publicacións sobre literatura salientan A dimensión social e política do poema en prosa letón (2010) ou Bastarda forma (2011), á vez que co-editou o volume colectivo Teoría literaria contemporánea (2013). Recibiu, en 2001 e en 2008, o Premio en Cultura do xornal Diena, o Premio de Poesía en 2008 e, un ano antes, o Galardón Literario Anual polo seu libro de poesía infantil Sopa de letras.

Page 9: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Kate�ina Rud�enková naceu en 1976 en Praga. Autora de poesía, prosa e teatro, publicou catro libros de poesía: Ludwig (1999), Není nutné, abyste m� nav�t�voval (Non fai falta que me visites, 2001), Popel a slast (Cinzas e gozo, 2004) e Ch�ze po dunách (Paseo polas dunas, 2013), polo que foi galardoada co prestixioso Magnesia Litera 2014. Do mesmo xeito, é autora do libro de relatos Noci, noci (Noites, noites, 2004) e da obra de teatro Niekur (2007), que recibiu o premio á mellor peza orixinal no certame Alfred Radok de 2006, e levouse á escena no teatro Ungelt de Praga en 2008. Só un ano antes, fóralle concedida unha residencia para dramaturgos internacionais no Royal Court Theatre de Londres, e doutra obra dramática, �as t�e��ového dýmu (O tempo do fume de cereixa) fíxose unha lectura dramatizada en Nova York en 2008.

Xa en 2003 recibira o premio alemán Hubert Burda para poetas mozos de Europa do leste e, en 2011, Rud�enková �xo parte do obradoiro de tradución poética Poetisa Visegrad en Hungría. Ademais, ten participado en moitos festivais literarios internacionais, a súa poesía foi traducida a dezasete linguas e poemarios seus viron a luz �en tradución� en Austria e Serbia.

Kate�inaRud�enková

© Adam Hlavá�

Page 10: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

LeireBilbao

© Iban Gorriti

Nada en Ondarroa en 1978, Leire Bilbao iniciouse no mundo das letras da man da improvisación oral, xénero que máis tarde abandonou para dedicarse á literatura escrita. En 2006 publica o seu primeiro libro de poesía, Ezkatak (Escamas) na editorial Susa, e no mesmo ano iniciará tamén a súa faceta como autora de literatura infantil, na que acabará por sumar ata doce títulos editados. De �nais do 2011 data o seu segundo poemario, Scanner.

Algúns dos seus poemas foron musicados por varios cantantes vascos, como Javier Muguruza ou Maddi Oihenart. Parte da súa obra está traducida a linguas coma o inglés, alemán, italiano, francés, galego, catalán e castelán. Do mesmo xeito, os seus poemas foron recollidos en diversas antoloxías: El poder del cuerpo, Desira plazer, Forked Tongues ou Sangrantes. Leire Bilbao ten ofrecido multitude de recitais poéticos e é colaboradora en varios medios de comunicación en Euskadi.

Page 11: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Marilar Aleixandre naceu en Madrid e desenvolve a súa obra literaria en galego. É autora de poesía: Catálogo de velenos (1998, Premio Esquío), Desmentindo a primavera (2002), Abecedario de árbores (2006) ou Mudanzas (Premio Caixanova-PEN 2007); de narrativa, con títulos como Lobos nas Illas (1996), Teoría do caos (Premio Xerais, 2001) ou O coitelo en novembro (2010); e de narrativa xuvenil e infantil, con A expedición do Pací�co (premios Merlín e da Crítica, 1995), A cabeza de Medusa (Premio Caixa Galicia en 2008 e White Ravens en 2009) ou Robinson contado polas alimarias (2011). A súa obra tanto poética coma en prosa está traducida ao portugués, castelán, catalán, éuscaro e chinés, e foi recollida en antoloxías en inglés. Traduciu a poesía de Sandra Cisneros (Muller ceiba, 1997) e Lewis Carroll (A caza do Carbairán, Lista de Honra do IBBY), ademais de obras de narrativa. Traballa como bióloga e catedrática de didáctica das ciencias na Universidade de Santiago de Compostela.

© Manuel G. Vicente

MarilarAleixandre

Page 12: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Alvin Pang, nado en Singapur en 1972, é poeta, escritor e editor. Os seus poemas foron traducidos a quince linguas e ten participado en festivais e publicacións importantes de todo o mundo. Foi bolseiro do Programa Internacional de Escritura Creativa da Universidade de Iowa en 2002. Entre os seus libros cóntanse títulos como: Testing the Silence (Sondeando o silencio, 1997), City of Rain (A cidade da chuvia, 2003), What Gives Us Our Names (Aquilo que nos dá os nosos

nomes, 2011) e Tumasik: Contemporary Writing from Singapore (Tumasik: escrita contemporánea de Singapur, 2009).

Foi galardoado como Artista Novo do Ano de Singapur na categoría de literatura en 2005. Pouco tempo despois, en 2007, recibiu o Premio Nacional das Artes e a Cultura do seu país. Participou en representación de Singapur no Parnaso Poético que tivo lugar en Londres en 2012 como celebración paralela ás Olimpíadas. Os seus libros de poesía máis recentes viron a luz no estranxeiro: Other Things and Other Poems (Outras cousas e outros poemas), publicado en Croacia; e Waiting for the Barbarians (Agardando polos bárbaros) publicado no Reino Unido pola editorial Arc, ambos os dous do 2012.

AlvinPang

© Silvestar Vrijic

Page 13: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Cosmin Per�a é un poeta e novelista romanés nacido en 1982 en Vi�eu de Sus, na comarca de Maramure�. Licenciado en Letras pola Universidade Babe�-Bolyai de Cluj-Napoca, completou os seus estudos de literatura na Universidade de Bucarest, cun mestrado en literatura contemporánea e unha tese de doutoramento arredor da literatura fantástica de Europa do leste. Publicou libros de poesía: Zorovavel (2002), Santinela de lut (Sentinela de arxila, 1ª ed. 2006, 2ª ed. 2010), Cântec pentru Maria (Canción para María, 2007), B�trânul, o divin� comedie (O ancián, unha divina comedia, 2009), Bocete �i Jelanii (Prantos e lamentos, 2009), F�r� titlu (Sen título, 2011); novelas como Întâmpl�ri la marginea lumii (Aventuras no confín do mundo, 2007), Dou� povestiri (Dúas historias, 2010) ou Teo�l Câinele de �i lemn (Teó�lo e o can de madeira, 2012), libros de relatos como Vizita (A visita, 2013), ou ensaios como Introdución ao fantástico como interpretación (2011) ou o traballo monográ�co Radu G. �eposu, o re�namento e a intuición (2012). Poemas seus ou fragmentos en prosa foron traducidos a dezasete linguas e saíron máis de 250 recensións sobre as súas obras tanto en libros coma en prensa cultural romanesa ou internacional.

Cosmin

Per�a

© Gigi Puica

Page 14: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

CatharinaGripenberg

© Uwe Klos

Catharina Gripenberg é unha poeta e dramaturga nacida en 1977 en Jakobstad, na costa oeste de Finlandia. Pertence á minoría �nesa de fala sueca, e escribe neste idioma. Gripenberg ten publicados tres poemarios: På diabilden är huvudet proppfullt av lycka (Na diapositiva a cabeza está ateigada de felicidade, 1999), Ödemjuka belles lettres från en till en (Humildescoidadas cartas de un a un, 2002) e Ta min hand, det vore underligt (Cólleme da man, sería raro, 2007), que ten como escenario a poesía da autora modernista �nesa de expresión sueca Edith Södergran. Os libros de Gripenberg publícanse en Suecia e en Finlandia, tamén traducidos ao �nés, e recibiron galardóns coma o premio de poesía Tanssiva Karhu da Radio Nacional Finesa. Ademais, poemarios seus viron a luz �en tradución� en Irán en 2008 e en Serbia en 2012.

Gripenberg conta cun mestrado en literatura pola Universidade de Helsinki, e estudou tamén escritura creativa en Noruega e cine en Dinamarca. Traduciu para o sueco ao poeta danés Per Højholt. Vive actualmente en Copenhague, traballando como editora literaria na pequena editorial Ellips, fundada en 2010 e centrada na poesía, o ensaio e mesturas interxenéricas, mentres prepara o que será o seu cuarto poemario.

Page 15: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia
Page 16: FOLLETO BARQUEIRA E REMADOR 3 - Xunta de Galicia

Patrocinan

Colaboran

CONCELLO DE

REDONDELA

tris

quel

ia