Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das...

14
Folla de información de saúde pública. As chinches Marzo 2011 Fonte: http://phil.cdc.gov/phil/

Transcript of Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das...

Page 1: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

Folla de información de saúde pública.As chinches

Marzo 2011

Fonte: http://phil.cdc.gov/phil/

Page 2: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro
Page 3: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

3

Folla de información de saúde pública. As chinches.

As chinches acompañan o home dende hai moito tempo no seu entorno. Despois da Segunda Guerra Mundial, co uso xeneralizado dos insecticidas sintéticos, as poboacións de chinches reducíronse moito e as infestacións �xéronse raras. Nos últimos dez anos, produciuse un rexurdimento da súa presenza debido ao aumento das viaxes e o crecemento do comercio de mobles vellos que puidesen contelas, ás restricións do uso de biocidas cun maior poder residual e aos cambios nas prácticas de control doutras pragas que, pola súa vez, controlaban as poboacións de chinche (como ocorre pola desaparición das cascudas polo uso de atraentes especí�cos, xa que comparten hábitat coas chinches).

Que é unha chinche?A chinche común ou chinche da cama adulta (Cimex lectularius)é un insecto de aproximadamente 6-7 milímetros de lonxitude, de forma ovalada, aplanado, de cor castaña avermellada e cuberto de pequenos pelos dourados. A chinche emite un característico cheiro a mofo doce debido á secreción dunha glándula situada na parte inferior do tórax.

Para chegar a adultas, pasan por cinco fases de desenvolvemento (denominadas ninfas ou chinches inmaturas) e cada unha delas

Fonte: University of Kentucky. College of agriculture. Entomologyhttp://www.ca.uky.edu/entomology/ - Fotos: M. Potter 2004

Page 4: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

4

Folla de información de saúde pública. As chinches.

necesita, polo menos, unha comida de sangue para pasar á seguinte fase. Ao eclosionar, as ninfas non son máis grandes ca unha cabeza de al�nete. As ninfas poden sobrevivir durante meses sen alimentarse e os adultos durante máis dun ano.

Son nocturnas, pero poden alimentarse a plena luz do día cando teñen fame. Cada femia pode poñer 200-500 ovos de 1 mm e cor branca, en super�cies ou fendas, ao longo de dous anos ou máis de vida. O ciclo de vida, de ovo a ovo, pode levar catro ou cinco semanas baixo boas condicións.

Aliméntase do sangue dun hóspede mediante a picadura da pel.

Fonte: Fonte : Texas A&M University. Center of Urban and estructural entomologyFoto: J. Austin, Texas A&M University. 2007http://urbanentomology.tamu.edu/bedbugs/bedbugs.cfm

Life Cycle of theBed Bug

Cimex lectularius

Second Stage Larva(2 mm long)

Takes a blood meal them molts.

First Stage Larva(1.5 mm long)

Takes a blood meal them molts.

Third Stage Larva(2.5 mm long)

Takes a blood meal them molts.

Egg(15 mm long)

Fourth Stage Larva(3 mm long)

Takes a blood meal them molts.

Fifth Stage Larva(4.5 mm long)

Takes a blood meal them molts.

Adult(5.5 mm long)

Take repeared blood meals over several weeks.Females lay up to eggs per day, continuously.

Page 5: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

5

Folla de información de saúde pública. As chinches.

Onde se atopan as chinches?A chinche da cama escóndese en fendas durante o día e sae durante a noite para alimentarse. Pode atoparse arredor dos botóns e as costuras dos colchóns, no somier ou na súa cuberta, sacos de durmir, roupa de cama e en calquera greta do marco de madeira das camas. Outros lugares nos que se pode atopar son marcos de cadros, escritorios, mobles tapizados, zócolos, gretas no piso, detrás de papel de parede solto, dos enchufes e chaves de luz, marcos de portas e ventás, condutos de luz, maletas, mochilas, libros etc.

En infestacións masivas pódense atopar nos ocos dos muros, áticos e outras áreas pechadas. Poden mobilizarse a grandes distancias para obter a súa comida de sangue.

Como se detectan?Tendo en conta que son moi pequenas, nocturnas, e que poden detectar e evitar a presenza de produtos químicos (incluídos produtos de limpeza), as chinches son difíciles de controlar. Transpórtanse facilmente nas equipaxes, mobles, caixas e incluso nas roupas. Excepto xusto despois de inxerir sangue, teñen un espesor pequeno, o que lles permite introducirse por estreitas

Fonte: ©2005 Department of Medical Entomology, Westmead Hospital, Westmead. A Code of Practice for the Control of Bed Bug Infestations in Australia Draft Third Edition www.bedbug.org.au

Page 6: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

6

Folla de información de saúde pública. As chinches.

fendas. En ausencia de hóspedes, os adultos poden vivir sen alimentarse durante meses.

Os signos típicos que poden detectar con precisión unha infestación de chinches inclúen:

roupa de cama ou nos refuxios habituais.

hora das picaduras (normalmente nocturna) e outros factores para identi�car se foron provocados polas chinches.

Cal é a importancia sanitaria das mordeduras?As chinches aliméntase unicamente de sangue, xeralmente de mamíferos (especialmente de humanos e morcegos) ou de paxaros.

Téñense atopado ata 28 patóxenos humanos nas chinches comúns, pero non se probou que poidan transmitirlle axentes patóxenos ao home. Non obstante, pódense dar complicacións debidas ao arrastre mecánico de axentes infecciosos pola pel ou secundarias á irritación e posterior rascado.

Aínda que a picadura adoita ser indetectable, a saliva contén proteínas que poden causar una reacción alérxica no caso de mordeduras repetidas que provoca ronchas crónicas ou recorrentes.

Os síntomas típicos dunha picadura inclúen inchazón, in�amación e cor vermella. As ronchas avermelladas poden chegar a picar intensamente durante varios días, e a miúdo se aprecian en liña pola zona do corpo onde se produciron as picaduras.

Page 7: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

7

Folla de información de saúde pública. As chinches.

Que facer en caso de mordedura?As picaduras das chinches normalmente non espertan ao seu hóspede. Poden producirse en calquera parte do corpo, pero normalmente localízanse cerca das veas próximas á pel.

Unha soa chinche pode picar máis dunha vez preto da mesma zona. Ora ben, as picaduras en diferentes partes do corpo indican mordeduras de varias chinches.

No caso de ser picado por chinches, lave con coidado a zona das mordeduras con auga e xabón. As picaduras das chinches adoitan ser autolimitadas, é dicir, curan espontaneamente con ou sen tratamento especí�co, polo que xeralmente non requiren outra atención.

No caso de picor forte, pode aplicarse unha loción calmante, evitando sempre rascar o lugar da mordedura para evitar a súa posible infección.

Fonte: GUIA DE CONTROL PARA CHINCHE DE CAMA Gale E. Ridge, The Connecticut Agricultural, Experiment Station, www.ct.gov/caes.Foto: Gale Ridge, Rose Hiskes e Timothy O’Connor.

Fonte: Texas A&M University. Center of Urban and estructural entomologyhttp://urbanentomology.tamu.edu/bedbugs/bedbugs.cfmFoto: Fletcher et al 2002

Page 8: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

8

Folla de información de saúde pública. As chinches.

No caso de persistir o picor forte ou se aparecen infeccións na pel, faise necesario acudir aos servizos médicos.

Como se prevé a infestación por chinches?Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro organismo de goberno a calquera nivel.

Recoméndanse as seguintes estratexias preventivas:

baixo o mobiliario.

os papeis pintados se están soltos.

durmir, utilizando auga quente a máis de 50º C.

aloxamentos.

incidente relacionado con picaduras nocturnas.

contempladas nos plans de control de pragas.

Como se poden eliminar as chinches?Existen distintas posibilidades de eliminación física mediante emprego de aspiradoras con �ltros especiais, ademais doutras técnicas, como o selado dos refuxios ou incluso o uso de cubrecolchóns de peche hermético, que sempre que sexa posible, estarán certi�cados para a protección fronte a chinches.

Page 9: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

9

Folla de información de saúde pública. As chinches.

As técnicas físicas de eliminación inclúen o uso da calor (por enriba dos 50º C), do frío (as chinches poden tolerar -15º C durante períodos curtos de tempo), de atmosferas controladas (dióxido de carbono) ou do vapor de auga.

Non obstante, o uso exclusivo de técnicas e produtos non insecticidas demostrou que non son e�caces de por si. Un control efectivo, polo xeral, consistirá na aplicación de insecticidas nas super�cies e nas fendas onde se poidan ocultar as chinches.

Como se fan os tratamentos?As pautas básicas que maioritariamente se recomendan no control de pragas están baseadas na loita integral contra pragas; é dicir, na adopción dun amplo conxunto de medidas preventivas e de vixilancia previas á utilización de biocidas, cuxo uso queda reservado a aquelas situacións nas que sexa estritamente necesario.

Neste sentido o concepto de Control Integrado de Pragas responde ao propósito de aumentar a selectividade e a especi�cidade na loita contra os vectores e as pragas limitando, ao mesmo tempo, o impacto sobre a saúde, o custe e o deterioro medioambiental.

Quen fai os tratamentos?Toda empresa que se dedique á aplicación/manipulación de biocidas debe estar inscrita, antes de comezar a súa actividade, no Rexistro O�cial de Establecementos e Servizos Biocidas (Orde do 26 de maio de 2008 pola que se crea o Rexistro O�cial de Establecementos e Servizos Biocidas, e se establecen as bases para a inscrición neste e o seu funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia).

Page 10: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

10

Folla de información de saúde pública. As chinches.

Os produtos biocidas empregados deben estar rexistrados no Rexistro O�cial de Biocidas da Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e Igualdade.

O persoal debe ter a cuali�cación necesaria para o desempeño da dita actividade: o persoal encargado da aplicación/manipulación dos biocidas debe estar en posesión do carné básico de aplicador/manipulador de biocidas e o responsable da empresa debe posuír o carné cuali�cado de aplicador/manipulador de biocidas (Orde 30 de xullo de 1997, DOG do 15 de setembro de 1997 e Real Decreto 830/2010, de 25 de xuño, BOE do 14 de xullo de 2010).

Que lle debo pedir á empresa aplicadora de tratamentos?

A empresa de servizos deberá entregarlles aos clientes, antes dos tratamentos un documento no que se informe dos riscos existentes, tanto para os propios traballadores como para terceiros, como consecuencia dos tratamentos que se van levar a cabo, así como as medidas preventivas que se van establecer para evitar e controlar estes. Cando se teña constancia da recepción e aceptación do cliente deste documento, é cando a empresa de servizos pode realizar o tratamento especí�co para cada caso.

O servizo de aplicación, con posterioridade ao tratamento, debe entregarlles aos clientes un certi�cado acreditativo no que deixe constancia do traballo que se vai realizar e no que �guren:

dosi�cación)

Page 11: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

11

Folla de información de saúde pública. As chinches.

dos seus niveis de capacitación

Page 12: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

12

Folla de información de saúde pública. As chinches.

Enlaces

de Sanidade http://www.sergas.es, accedendo á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Publica, seguindo a ruta: Saúde Pública/Áreas de traballo/Sanidade ambiental/Biocidas.

http://www.sergas.es/MostrarContidos_N2_T01.aspx?IdPaxina=61105

Public health signi�cance of urban pests

http://www.euro.who.int/InformationSources/Publications/Catalogue/ 20080617_9

Center for Desease Control & Preventión (CDC)

http://www.dpd.cdc.gov/dpdx/HTML/Frames/A-F/Bedbugs/body_Bedbugs_page1.htm

Australia. 2009

http://medent.usyd.edu.au/bedbug/bedbug_cop.htm

http://www.anecpla.com

The Connecticut Agricultural, Experiment Station, www.ct.gov/caes.

Page 13: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

13

Folla de información de saúde pública. As chinches.

Fotos– Public Health Image Library (PHIL)  http://phil.cdc.gov/phil/

– University of Kentucky. College of agriculture. Entomology http://www.ca.uky.edu/entomology/ Foto: M. Potter 2004

– Texas A&M University. Center of Urban and estructural entomology http://urbanentomology.tamu.edu/bedbugs/bedbugs.cfm

Foto: J. Austin, Texas A&M University. 2007

– ©2005 Department of Medical Entomology, Westmead Hospital, Westmead.A Code of Practice for the Control of Bed Bug Infestations in Australia Draft Third Edition (www.bedbug.org.au)

– GUIA DE CONTROL PARA CHINCHE DE CAMA Gale E. Ridge, The Connecticut Agricultural, Experiment Station, www.ct.gov/caes. Fotos: Gale Ridge,Rose Hiskes e Timothy O’Connor.

– Texas A&M University. Center of Urban and estructural entomology http://urbanentomology.tamu.edu/bedbugs/bedbugs.cfm

Foto: Fletcher et al 2002

Page 14: Folla de información de saúde pública. As chinches...Actualmente, non hai obriga de informar das infestacións por chinches ás autoridades competentes en saúde pública ou outro

Conselleríade Sanidade

Innovación e Xestión da Saúde Pública

Información divulgativa

D.L

.: 92

4-20

11