Final preguntón

2
ACABOUSE “O PREGUNTÓN” Crónica de Antonio González López. Monfero, maio de 2012 Tras 10 semanas de pesquisas e obsesión por atopar as respostas das preguntas do I Concurso “O Preguntón”, organizado pola Biblioteca Castelao, remataron as preguntas. Durante 10 semanas, unha morea de alumnos da ESO, separados en ___ grupos, buscamos as respostas ás cuestión que se nos plantexaban no taboleiro da Biblioteca e no blogue da mesma. Había preguntas algo difíciles… Pero case sempre as superamos… O que é certo é que xa sabemos unhas cantas cousas máis. Co “Preguntón” rimos, buscamos as respostas, tentamos “consultar” algunha vez ós nosos compañeiros e compañeiras (que daban a “consulta” cara e limitada) e tamén lles preguntamos ós nosos profesores e profesoras. “O Preguntón” foi un concurso moi interesante e as puntuacións foron boas (exceptuando a “H y A”, que destacaron a pesar dun erro cometido na derradeira semana de concurso). As preguntas puxéronas profesores/as de varias materias e departamentos, e cada semana na que se publicaban as novas preguntas, aparecían as puntuacións e as respostas correctas da semana anterior. As preguntas foron moi variadas e culturais, xa que agora sabemos algo máis (pois na “Wikipedia” viñan as 7 Maravillas do Mundo Antigo) e tivemos que darlle á cabeza cos xeroglíficos. Os participantes ficamos contentos, parece que xa falta algo no recreo dos venres, cando iamos “votar” (botar as follas das respostas na urna) ó pitar o timbre do recreo, tras rematar de cubrir a folla. Esperamos que se

Transcript of Final preguntón

Page 1: Final preguntón

ACABOUSE “O PREGUNTÓN”

Crónica de Antonio González López.

Monfero, maio de 2012

Tras 10 semanas de pesquisas e obsesión por atopar as respostas das preguntas do I Concurso “O Preguntón”, organizado pola Biblioteca Castelao, remataron as preguntas.

Durante 10 semanas, unha morea de alumnos da ESO, separados en ___ grupos, buscamos as respostas ás cuestión que se nos plantexaban no taboleiro da Biblioteca e no blogue da mesma. Había preguntas algo difíciles… Pero case sempre as superamos… O que é certo é que xa sabemos unhas cantas cousas máis. Co “Preguntón” rimos, buscamos as respostas, tentamos “consultar” algunha vez ós nosos compañeiros e compañeiras (que daban a “consulta” cara e limitada) e tamén lles preguntamos ós nosos profesores e profesoras.

“O Preguntón” foi un concurso moi interesante e as puntuacións foron boas (exceptuando a “H y A”, que destacaron a pesar dun erro cometido na derradeira semana de concurso). As preguntas puxéronas profesores/as de varias materias e departamentos, e cada semana na que se publicaban as novas preguntas, aparecían as puntuacións e as respostas correctas da semana anterior. As preguntas foron moi variadas e culturais, xa que agora sabemos algo máis (pois na “Wikipedia” viñan as 7 Maravillas do Mundo Antigo) e tivemos que darlle á cabeza cos xeroglíficos.

Os participantes ficamos contentos, parece que xa falta algo no recreo dos venres, cando iamos “votar” (botar as follas das respostas na urna) ó pitar o timbre do recreo, tras rematar de cubrir a folla. Esperamos que se volva celebrar outro Preguntón o ano que vén, será o II Concurso O’Preguntón.