FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos...

25
1 GRAO EN FILOSOFÍA | CURSO GUÍA DOCENTE | 2018-19 FILOSOFÍA DA LINGUAXE II 1. INFORMACIÓN BÁSICA DESCRICIÓN A materia ten o código G5031325. É unha asignatura obrigatoria de 3º curso do Grao en Filosofía, impartida durante o segundo semestre. É de 6 créditos ECTS, aos que corresponden 150 horas ECTS, 51 presenciáis e 99 non presenciais. Depende do Dpto. de Filosofía e Antropoloxía (Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia). PRERREQUISITOS Non require necesariamente dunha formación previa, ainda que ter coñecementos xerais sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ou Lóxica Elemental e Filosofía da Linguaxe I (2º curso de Grao) resulta de moita utilidade.

Transcript of FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos...

Page 1: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

1

GRAO EN FILOSOFÍA | 3º CURSO

GUÍA DOCENTE | 2018-19

FILOSOFÍA DA LINGUAXE II

1. INFORMACIÓN BÁSICA

DESCRICIÓN

A materia ten o código G5031325. É unha asignatura obrigatoria de 3º curso do Grao en

Filosofía, impartida durante o segundo semestre. É de 6 créditos ECTS, aos que corresponden

150 horas ECTS, 51 presenciáis e 99 non presenciais. Depende do Dpto. de Filosofía e

Antropoloxía (Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia).

PRERREQUISITOS

Non require necesariamente dunha formación previa, ainda que ter coñecementos xerais

sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de

Semiótica (1º curso de Grao) ou Lóxica Elemental e Filosofía da Linguaxe I (2º curso de

Grao) resulta de moita utilidade.

Page 2: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

2

IMPARTICIÓN

Será impartida en galego (prf. U. Rivas) e castelán (prof. A. Sobrino, coordinador). O

programa, en galego e castelán, está dispoñible no sitio web:

http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/programa_materias.html

A materia é impartida polos docentes, profesores titulares da Area de Lóxica e Filosofía da

Ciencia, Mª Uxía Rivas Monroy e Alejandro Sobrino.

A información relevante da materia, asi como os avisos e cualificacións, mostrarase no

campus virtual da USC.

http://www.usc.es/gl/servizos/ceta/tecnoloxias/campus-virtual.html

O horario da asignatura é o que figura no taboleiro de anuncios da Facultade e na seguinte

ligazón:http://www.usc.es/gl/centros/filosofia/profesorado.html

TITORÍAS

Os horarios de titoria son os que figuran no decanato e na porta do despacho 328 e 314, 3º

andar. O teléfono do despacho é: 881812525 (UR), 881812534 (AS). Para consultas fora das

horas de titorías pode usarse o Campus Virtual ou os enderezos electrónicos:

[email protected] e [email protected]

2. SITUACIÓN DA MATERIA NA TITULACIÓN

BLOQUE FORMATIVO NO QUE INTEGRA A MATERIA

É unha das materias obrigatorias que se oferta no 3º curso de Grao en Filosofía dende a Área

de Lóxica e Filosofía da Ciencia. É unha materia pertencente ao módulo “Filosofía da

Linguaxe e da Mente”, que comprende as materias de Semiótica (materia básica de 1º curso),

Filosofía da Linguaxe I (materia obrigatoria de 2º curso) e as materias optativas Filosofía da

Mente e Clásicos da Filosofía Analítica (optativas de 4º curso). As demais materias deste

bloque pertencentes á Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia que tamén gardan afinidades

temáticas con esta asignatura son a materia de formación básica de 1º curso de Grao

Page 3: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

3

Argumentación e Retórica, a materia obrigatoria de 2º curso de Grao Lóxica elemental, e a

materia optativa deste mesmo 3º curso Filosofía e Intelixencia Artificial; e, por último, as

materias obrigatorias de 3º curso de Grao: Filosofía da Ciencia I, e as de 4º curso Filosofía

da Ciencia II e Filosofía da Lóxica.

PAPEL DA MATERIA DENTRO DO BLOQUE

A materia impártese no 3º curso de Grao, polo que o alumnado xa iniciou a súa formación

na Área de Coñecemento de Lóxica e Filosofía da Ciencia co estudio das materias de

Semiótica, Argumentación e Retórica, Lóxica Elemental, Filosofía da Ciencia I e Filosofía

da linguaxe I. A materia da titulación coa que garda maior afinidade temática é Filosofía da

Linguaxe I, que se imparte no curso anterior, e tamén con Semiótica (materia básica de 1º

curso), ambas pertencentes ao módulo “Filosofía da Linguaxe e da Mente”. É unha materia

que senta as bases para afondar nos coñecementos das materias deste módulo ofertadas en 4º

curso con carácter opcional, a saber, Filosofía da Mente e Clásicos da Filosofía Analítica,

para as que sirve de materia introdutoria. Pero tamén permite establecer vinculacións directas

coas materias obrigatorias de 4º curso de Grao: Filosofía da Lóxica e Filosofía da Ciencia II,

ambas pertencentes á Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia.

3. OBXECTIVOS DA MATERIA Obxectivos xerais do grao:

1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando esta no conxunto dos

saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo

contemporáneo.

2) Combinar a formación en Filosofía coa ensinanza das habilidades necesarias para

aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.

3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.

4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e

estratexias de aprendizaxe, aplicables ademais ao longo da vida.

5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais a

Page 4: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

4

igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento

para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.

Obxectivos específicos da materia:

1) Prestar atención ás discusións filosóficas que se orixinaron a partir dos autores que

propiciaron o xiro lingüístico na filosofía e o nacemento da Filosofía Analítica (G. Frege,

B. Russell, L. Wittgenstein e J.L. Austin), coa súa consideración de que os problemas

filosóficos eran problemas lingüísticos, que se resolvían ou disolvían mediante a análise

lóxica; e considerar as achegas dalgúns dos continuadores desta tradición (R. Carnap e

W.O. Quine). Estas discusións trataban de establecer as conexións entre verdade,

coñecemento, lóxica e linguaxe, atendendo deste xeito a cuestións ontolóxicas e

epistemolóxicas e empregando a lóxica como ferramenta de análise e solución de certos

problemas filosóficos.

2) Presentar un dos principais enfoques semánticos no estudo sistemático da linguaxe, a

saber, a Filosofía Analítica, e os seus principais representantes da primeira metade do

século XX: as súas propostas van dende a aceptación do significado como entidade

abstracta ata as críticas a reificación do significado, sen que por isto último perda sentido

a idea de significado dunha expresión como contribución significativa ao conxunto da

oración da que forma parte, dando conta por tanto do principio de composicionalidade

semántica.

3) Presentación das propostas pragmáticas iniciadas a partir das obras da última etapa de

Wittgenstein, coa súa concepción do significado como uso, e continuadas pola doutrina

dos actos de fala de Austin.

COMPETENCIAS DE TIPO XERAL

1) Coñecer a disciplina, as teorías, os métodos, as correntes e as aplicacións, seguindo a súa

historia e as súas formulacións contemporáneas.

2) Coñecer a reflexión filosófica contemporánea sobre a linguaxe, as súas correntes e

aplicacións, abordada en detalle no programa da materia.

Page 5: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

5

3) Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.

4) Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da

investigación.

5) Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.

6) Capacidade para analizar e argumentar loxicamente, así como para debater e dialogar.

7) Capacidade para organizar a información, considerar e resolver problemas.

8) Desenvolvemento do razoamento crítico e o espírito inventivo e construtivo.

COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO

1) Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da

Filosofía, seguindo a súa historia e nas súas formulacións contemporáneas.

2) Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.

3) Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da

investigación.

4) Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.

5) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.

6) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, considerar e resolver

problemas.

4. CONTIDOS

I) DOCENCIA EXPOSITIVA

TEMA I: A SEMÁNTICA DE G. FREGE

1. Frege: Etapas do seu pensamento. Frege como lóxico, matemático e filósofo da linguaxe.

2. Teorías sobre a identidade. Modo de designación, modo de determinación, modo de

presentación.

3. Sentido e referencia. Principio de intercambiabilidade salva veritate e principio de

composición.

4. Sentido e referencia de expresións singulares, predicativas e oracións.

Page 6: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

6

5. Sentido e referencia no discurso habitual, no discurso directo e no discurso indirecto.

6. Caracterizacións e función do sentido. Sentido e representación. Sentido e tono.

7. Características do pensamento. Pensamento e verdade. Pensamento e linguaxe.

OBXECTIVOS

(i) Facer unha breve presentación e introdución ó pensamento de G. Frege, destacando nas

súas obras as dimensións de matemático e lóxico como coordenadas que enmarcaron a súa

reflexión en torno á linguaxe.

(ii) Proporcionar o contexto previo á distinción sentido/referencia, que se atopa nas primeiras

páxinas da Conceptografía e que é retomada despois en “Sobre sentido e referencia”. No tema

se presentan aqueles aspectos básicos e máis relevantes da semántica fregeana e, de maneira

especial, se presta atención á distinción sentido/referencia e as súas aplicacións.

(iii) Facer ver a importancia do papel que a lóxica desempeña no pensamento fregeano. A

misión da lóxica como aclaratoria e dilucidatoria de pensamentos respecto á linguaxe e a

concepción desta última como fonte de malentendidos, son características que permanecerán

nos subseguintes pensadores analíticos.

BIBLIOGRAFÍA

Fontes:

G. FREGE: Estudios sobre semántica, Ariel: Barcelona, 1973.

--- Investigaciones lógicas, Tecnos: Madrid, 1984.

--- Conceptografía. Fundamentos de la aritmética, UNAM: México, 1972. (Esp.: pp. 7-16, 26-

27).

--- “Sobre sentido y referencia”, en Estudios sobre semántica. Tamén en La búsqueda del

significado, L.M. Valdés Villanueva (ed.), Tecnos: Madrid, 1991.

--- “El pensamiento”, Investigaciones lógicas, Tecnos: Madrid, 1984, pp. 49-85.

---“Introducción a la lógica”, Teorema, vol. XIV/3-4, 1984, pp. 497-509.

Exposicións xerais:

ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1985.

Page 7: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

7

ACERO, J.J., BUSTOS, E., QUESADA, D.: Introducción a la filosofía del lenguaje, Cátedra:

Madrid, 1982.

BLASCO, J.L., GRIMALTÓS, T., SÁNCHEZ, D.: Signo y pensamiento: una introducción

filosófica a los problemas del lenguaje, Ariel: Barcelona, 1999.

BUSTOS, E.: Filosofía contemporánea del lenguaje I., UNED: Madrid, 1987.

GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos: Madrid, 1997.

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza Editorial: Madrid,

1986. (Esp.: pp. 177-179).

KENNY, A.: Introducción a Frege, Cátedra: Madrid, 1997.

RIVAS MONROY, Mª U.: “Aspectos semánticos de Frege”, Agora, 5, 1985, pp. 201-212.

--- “La noción de sentido fregeana: ¿semántica, epistemología u ontología?”, Agora, 9, 1990,

pp. 83-95.

Estudos:

ANGELELLI, I.: Studies on G. Frege and Traditional Philosophy, Reidel Publishing Co.:

Dordrecht, 1967.

BELL, D.: Frege’s Theory of Judgement, Clarendon Press: Oxford, 1979.

BURGE, T.: “Belief de re”, Journal of Philosophy, LXXIV, 1977, pp. 309-325.

--- “Sinning against Frege”, Philosophical Review, LXXXVIII, 1979, pp. 398-432.

--- “Frege on Truth”, Frege Synthesized, L. Haaparanta & J. Hintikka (eds.), Reidel Publishing

Co.: Dordrecht, 1986, vol. 181.

--- “Frege on Sense and Linguistic Meaning”, The Analytical Tradition, D. Bell & N. Cooper

(eds.), Basil Blackwell: London, 1990.

--- Truth, Thought, Reason. Essays on Frege, Clarendon Press: Oxford, 2005.

DUMMETT, M.: “Gottlob Frege”, Encyclopedia of Philosophy, P. Edwards (ed.), 1972.

--- Frege. Philosophy of Language, Duckworth: London, 1981.

--- The Interpretation of Frege’s Philosophy, Duckworth: London, 1981.

ECHEVERRÍA, J.: Análisis de la identidad, Juan Granica: Barcelona, 1987.

KLEMKE, E.D.: Essays on Frege, Urbana: London, 1968.

Page 8: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

8

SCHIRN, M.: Studies on Frege/Studien zu Frege, 3 vol., Bard Cannstatt, Stuttgart, 1976.

SLUGA, H.: G. Frege, Routledge & K. Paul: London, 1980.

THIEL, C.: Sentido y referencia en la lógica de G. Frege, Tecnos: Madrid, 1972.

VON KUTSCHERA, F.: Filosofía del lenguaje, Gredos: Madrid, 1979. (Esp.: pp. 60-70).

TUGENDHAT, E.: “The Meaning of ‘Bedeutung’ in Frege”, Analysis, 30, 1970, pp. 177-189.

TEMA II: B. RUSSELL: O ATOMISMO LÓXICO E A TEORÍA DAS

DESCRICIÓNS DEFINIDAS

1. O atomismo lóxico. A forma lóxica. Feitos, proposicións, particulares. A influenza de

Wittgenstein.

2. Coñecemento por familiaridade e coñecemento por descrición.

3. O predominio do referencialismo: a análise das descricións definidas e dos nomes propios.

OBXECTIVOS

(i) Amosar a importancia que a lóxica e a análise lóxica teñen para o coñecemento e a

descrición do mundo na doutrina do atomismo lóxico. A filosofía do atomismo lóxico parte

dunha determinada concepción da análise lóxica, que conduce a unha determinada ontoloxía.

Se a análise lóxica proposta por Russell é atómica, é dicir, pretende chegar aos átomos

lóxicos, a ontoloxía o é tamén. O mundo está formado por átomos -particulares- que se

relacionan entre eles -feitos atómicos. A isto engádese unha tese semántica, baseada na

correspondencia entre átomos da linguaxe e átomos da realidade. Só falta engadir unha tese

epistemolóxica, relativa ó coñecemento deses átomos, para ter unha doutrina filosófica

consistente.

(ii) Desenvolver a teoría semántica russelliana vinculada ao atomismo lóxico, e apoiada

na distinción epistemolóxica entre coñecemento directo e coñecemento por descrición.

Amosar a importancia que ten a teoría das descricións definidas no pensamento russelliano,

e sinalar o relevante papel concedido por Russell á lóxica no seu pensamento. Tamén incidir

en como a filosofía da linguaxe de Russell, aínda ocupándose dos mesmos problemas que

Page 9: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

9

interesaban a Frege, discorreu por derroteiros distintos ó estar guiada por principios

ontolóxicos e epistémicos tamén distintos.

BIBLIOGRAFÍA

Fontes:

B. RUSSELL: La evolución de mi pensamiento filosófico, Alianza Editorial: Madrid, 1982.

--- Los principios de la matemática, Espasa-Calpe, 1977.

--- “La filosofía del atomismo lógico” en Lógica y conocimiento, Taurus: Madrid, 1981.

--- “Sobre la denotación”, Lógica y conocimiento, Taurus: Madrid, 1981, pp. 51-74.

--- “Conocimiento directo y conocimiento por descripción”, Misticismo y lógica, Edhasa:

Barcelona, 1987, pp. 209-230.

--- “Descripciones”, en La búsqueda del significado, Valdés Villanueva, L.M. (ed.), Tecnos:

Madrid, 1991, pp. 46-56.

Textos xerais:

ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1985.

ACERO, J.J., BUSTOS, E., QUESADA, D.: Introducción a la filosofía del lenguaje, Cátedra:

Madrid, 1982

BUSTOS, E.: Filosofía contemporánea del lenguaje I., UNED: Madrid, 1987.

BLASCO, J.L., GRIMALTÓS, T., SÁNCHEZ, D.: Signo y pensamiento: una introducción

filosófica a los problemas del lenguaje, Ariel: Barcelona, 1999.

CLACK, R.J.: La filosofía del lenguaje de Bertrand Russell, Fernando Torres: Valencia, 1976.

GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos, Madrid, 1997.

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza Editorial: Madrid,

1986.

Estudos:

ALSTON, W.P. Y OTROS: Los orígenes de la filosofía analítica, Tecnos: Madrid, 1976.

AYER, A.J.: Russell, Ed. Grijalbo, Barcelona, 1972.

Page 10: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

10

FREGE, G.: Gottlob Freges Briefwechsel, Felix Meiner Verlag: Hamburg, 1980.

GEACH, P.T.: “Russell’s Theory of Descriptions”, Analysis, 10, 1950, pp. 84-88.

--- “Russell on Meaning and Denoting”, Analysis,19, 1958, pp. 69-72.

KAPLAN, D.: “What is Russell’s Theory of Descriptions”, en The Logic of Grammar, D.

Davidson & G. Harman (eds.), Dickenson Publ.: Encino, 1975.

KLEMKE, E.: Essays on B. Russell, Univ. of Illinois Press: Urbana, 1970.

JAGER, R.: The development of B. Russell’s Philosophy, G. Allen & Unwin: London, 1972.

REGUERA, I.: “Bertrand Russell, el escéptico apasionado”, J.M. Bermudo (Dir.), Los filósofos

y sus filosofías, Vicens-Vives: Barcelona, 1983, pp. 281-330.

SCHILPP, P.A.: The Philosophy of B. Russell, Northwestern Univ. Press: Evanston y Chicago,

1944.

SIMPSON, T.M.: Formas lógicas, realidad y significado, Eudeba: Buenos Aires, 1975.

VARIOS, Homenaje a B. Russell, Oikos-tau, 1967.

URMSON, J.O.: El análisis filosófico, Ariel: Barcelona, 1978.

TEMA III: WITTGENSTEIN: O TRACTATUS E AS INVESTIGACIÓNS

FILOSÓFICAS

1. Introdución: Lóxica e filosofía: os límites da expresión do pensamento.

2. O deseño ontolóxico: obxectos, estados de cousas, feitos, mundo, realidade.

3. A doutrina da figura. A linguaxe: a teoría da proposición.

4. O espazo lóxico: o posible e o verdadeiro. Dicir e amosar.

5. O abandono dos supostos do Tractatus. Os “xogos da linguaxe”, os “aires de familia” e

as “formas de vida”.

6. A doutrina do significado como uso. Os abusos do referencialismo. A importancia das

regras.

7. A filosofía como descrición dos usos lingüísticos.

OBXECTIVOS

(i) Este tema desenvolve unha liña de pensamento similar á do atomismo lóxico de Russell,

pero diferenciándose do mesmo nun dos puntos máis significativos do Tractatus, en opinión do

Page 11: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

11

seu autor: a distinción entre o dicir e o amosar e, por conseguinte, o marcar o establecemento de

límites á expresión do pensamento. Novamente, ponse aquí de manifesto a estreita vinculación

existente entre unha teoría semántica e unha determinada concepción ontolóxica, especialmente

cando se parte do principio semántico de que o significado dos nomes son os obxectos aos que

eles se refiren. Wittgenstein distingue claramente entre dúas funcións semánticas: a de nomear

e a de describir ou representar, a primeira é relativa aos nomes e a segunda ás proposicións.

Porén, e a diferenza da teoría de Russell, falta no Tractatus unha teoría epistemolóxica. Esta

obra é unha figura no sentido wittgensteiniano: representa, como nun diagrama, as relacións de

proxección entre linguaxe e realidade.

(ii) Destacar a dimensión transcendental e fundamentadora que adquire a lóxica en

Wittgenstein, ao ser o lugar da posibilidade da realidade e do mundo, deste xeito a importancia

da lóxica en Wittgenstein xa non se limita á de ser un instrumento de análise que reflicta máis

claramente o que a linguaxe ordinaria oculta.

(iii) O Tractatus contiña unha teoría semántica da linguaxe, baseada nunha concepción

atomista da realidade. A filosofía da linguaxe das Investigacións contrasta coa súa teoría

anterior pola relevancia que adquire unha dimensión ata agora esquecida, e que Wittgenstein

introduce por primeira vez: a pragmática. A consideración social da linguaxe nunha dobre

vertente: como unha actividade máis que acompaña calquera actuación humana e como

xeradora de accións sociais (ordenar, cantar, maldicir, prometer, etc.) son aspectos

importantes da súa nova concepción. A necesidade de vincular o significado coa súa

dimensión social supón un cambio importante na propia concepción do significado, o cal

depende agora do uso das palabras nos diferentes xogos da linguaxe dos que poden formar

parte. A dimensión transcendental que tiña a lóxica no Tractatus está ausente das

Investigacións, aínda que Hierro S. Pescador é da opinión de que esta perspectiva segue

estando presente nas Investigacións filosóficas, pois aquí Wittgenstein sigue ocupándose do

“sistema de condicións que fan posible á linguaxe”.

BIBLIOGRAFÍA

Fontes:

Page 12: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

12

L. WITTGENSTEIN: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza Editorial: Madrid, 1973.

--- Diario filosófico (1914-1916), Ariel: Barcelona, 1982.

--- “Notas sobre lógica” e “Notas dictadas a G.E. Moore en Noruega”, ámbolos dous en Diario

filosófico (1914-1916). “Notas sobre lógica”, tamén en Teorema, Valencia, 1972.

--- Los cuadernos azul y marrón, Tecnos: Madrid, 1976.

--- Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.

--- Cartas a Russell, Keynes y Moore, Taurus: Madrid, 1979.

Exposicións xerais:

ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1985.

ACERO, J.J., BUSTOS, E., QUESADA, D.: Introducción a la filosofía del lenguaje, Cátedra:

Madrid, 1982

BUSTOS, E.: Filosofía contemporánea del lenguaje I., UNED: Madrid, 1987.

BLASCO, J.L., GRIMALTÓS, T., SÁNCHEZ, D.: Signo y pensamiento: una introducción

filosófica a los problemas del lenguaje, Ariel: Barcelona, 1999.

CLACK, R.J.: La filosofía del lenguaje de Bertrand Russell, Fernando Torres: Valencia, 1976.

GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos, Madrid, 1997.

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza Editorial: Madrid,

1986. (Esp.: pp. 189-200).

Estudos:

ACERO, J.J., FLORES, L., FLÓREZ, A. (eds.): Viejos y nuevos pensamientos. Ensayos

sobre la filosofía de Wittgenstein, Editorial Comares: Granada, 2003.

ALSTON, W.P. E OUTROS: Los orígenes de la filosofía analítica, Tecnos: Madrid, 1976.

ANSCOMBE, G.E.M.: Una introducción al Tractatus de Wittgenstein, Ateneo, 1977.

AYER, A.J.: Wittgenstein, Crítica: Barcelona, 1986.

BAUM, W.: Ludwig Wittgenstein, Alianza Editorial: Madrid, 1988.

BARTLEY, W.W.: Wittgenstein, Cátedra: Madrid, 1982.

BLASCO, J. L.: Lenguaje, filosofía y conocimiento, Ariel: Barcelona, 1973.

Page 13: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

13

BRAND, G.: Los textos fundamentales de Ludwig Wittgenstein, Alianza Editorial: Madrid,

1981.

FANN, T.: La concepción de la filosofía en Wittgenstein, Tecnos: Madrid, 1975.

FERRATER, J. E OUTROS: Las filosofías de Ludwig Wittgenstein, Oikos-tau: Barcelona,

1966.

GARCÍA SUÁREZ, A.: La lógica de la experiencia, Tecnos: Madrid, 1976.

HARTNACK, J.: Wittgenstein y la filosofía contemporánea, Ariel: Barcelona, 1977.

HIERRO S. PESCADOR, J.: “La idea de mostrar en el Tractatus de Wittgenstein”, Theoria, 2ª

época, vol. VII, 1992, nº 16-17-18, tomo B, pp. 859-874.

--- Significado y verdad, Alianza: Madrid, 1990.

JANIK, A. & TOULMIN, S.: La Viena de Wittgenstein, Taurus: Madrid, 1974.

KENNY, A.: Wittgenstein, Revista de Occidente: Madrid, 1974.

MALDONADO, T.: Vanguardia y racionalidad, Gustavo Gili: Barcelona, 1977.

MOUNCE, H.O.: Introducción al Tractatus de Wittgenstein, Tecnos: Madrid, 1993.

PEARS, D.F.: Wittgenstein, Grijalbo: Barcelona, 1973.

PRADES, J.L. & SANFÉLIX,V.: Wittgenstein: Mundo y lenguaje, Cincel: Madrid, 1992.

REGUERA, I.: La miseria de la razón, Taurus: Madrid, 1980.

--- “L. Wittgenstein, la razón de la miseria”, J.M. Bermudo (Dir.), Los filósofos y sus filosofías,

Vicens-Vives: Barcelona, 1983, pp. 333-377.

SÁDABA, J.: Lenguaje, magia y metafísica, Ediciones Libertarias: Madrid, 1984.

SCHULZ, W.: Wittgenstein. La negación de la filosofía, G. del Toro: Madrid, 1970.

STENIUS, E.: Wittgenstein Tractatus, Blackwell: Oxford, 1960.

URMSON. J.O.: El análisis filosófico, Ariel: Barcelona, 1978.

WAISMAN, F.: Los principios de la filosofía lingüística, UNAM: México, 1970.

TEMA IV: J. AUSTIN: CÓMO FACER COUSAS CON PALABRAS

1. Actos de fala. Acto fonético. Acto fático. Acto rético.

2. Emisións constatativas vs. emisións realizativas.

3. Doutrina dos infortunios.

Page 14: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

14

4. Actos locucionarios, ilocucionarios y perlocucionarios.

OBXECTIVOS

(i) Amosar como, cada vez máis, vaise concretando a proposta wittgensteiniana (de apelar ao

uso e aos xogos da linguaxe para entender o funcionamento da propia linguaxe e evitar así os

problemas filosóficos), e como a consideración programática da filosofía como descrición de

usos lingüísticos vaise perfilando ata adquirir en Austin a forma dunha técnica.

(ii) Destacar a aportación máis interesante de Austin, a saber, a teoría das forzas ilocucionarias,

que fai baixar do seu pedestal aos enunciados –as oracións por antonomasia para lóxicos e

neopositivistas– ao situalos ao mesmo nivel que calquera outro acto lingüístico. Aquí Austin

sigue tamén baixo a onda expansiva de Wittgenstein, cando este criticaba o excesivo

reducionismo do atomismo lóxico, ao ocuparse unicamente das proposicións.

(iii) Mostrar a importancia dunha das principais ideas analizadas e diseccionadas por Austin, a

saber, a de que a linguaxe non só serve para falar, senón que ao falar facemos cousas con ela, o

que dá lugar a doutrina dos actos de fala. Esta doutrina constituíra a base para a teoría dos actos

de fala que sistematizará e desenvolverá J.R. Searle.

BIBLIOGRAFÍA

Fontes:

J. L. AUSTIN: Ensayos filosóficos, Alianza: Madrid, 1989.

--- Sentido y percepción, Tecnos: Madrid, 1981.

--- Palabras y acciones, Paidós: Buenos Aires, 1971.

Exposicións xerais:

ACERO, A.A.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Madrid, 1985.

BLASCO, J.L., GRIMALTÓS, T., SÁNCHEZ, D.: Signo y pensamiento: una introducción

filosófica a los problemas del lenguaje, Ariel: Barcelona, 1999.

GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos, Madrid, 1997.

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986.

Page 15: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

15

Estudos:

ACERO, J.J.: “John Langshaw Austin, filósofo del lenguaje ordinario”, en Bermudo, J.M.

(Dir.), Los filósofos y sus filosofías, Vicens-Vives: Barcelona, 1983.

BLANCO SALGUEIRO, A.: Palabras al viento. Ensayo sobre la fuerza ilocucionaria,

Trotta: Madrid, 2004.

BLASCO, J.L.: Lenguaje, filosofía y conocimiento, Ariel: Barcelona, 1973.

CAMPS, V.: Pragmática del lenguaje y filosofía analítica, Península: Barcelona, 1976.

MUNDLE, C.W.K.: Una crítica de la filosofía lingüística, F.C.E.: México, 1975.

URMSON, J.O.: El análisis filosófico, Ariel: Barcelona, 1978.

URMSON, J.O., QUINE, W.V. y HAMPSHIRE, S.N.: “La filosofía de J.L. Austin”, en J.

Muguerza (ed.), La concepción analítica de la filosofía, vol. II, Alianza: 1974, pp. 529-551.

TEMA V: R. CARNAP: O POSITIVISMO LÓXICO DA FILOSOFÍA DA LINGUAXE

1. Carnap e o Círculo de Viena.

2. A teoría verificacionista do significado.

3. A crítica á metafísica.

4. A filosofía como sintaxe lóxica.

5. Empirismo, ontoloxía e semántica.

6. Verdade lóxica e verdade fáctica.

7. Intensión e extensión.

OBXECTIVOS

(i) Amosar ata qué punto a concepción neopositivista se reflicte na filosofía da linguaxe

mantida polo Círculo de Viena, especialmente por Carnap.

(ii) Subliñar a importancia que a lóxica e os sistemas formais alcanzan neste movemento,

constituíndo o punto culminante dunha liña de pensamento iniciada en Frege e continuada con

Russell e Wittgenstein.

Page 16: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

16

(iii) Amosar como a concepción da filosofía como sintaxe lóxica é quizais a idea que mellor

resume esta peculiar forma de abordar os problemas filosóficos por parte dos positivistas

lóxicos.

BIBLIOGRAFÍA

Fontes:

R. CARNAP: Autobiografía intelectual, Paidós: Barcelona, 1992.

--- “La antigua y la nueva lógica”, en A.J. Ayer (Comp.), El positivismo lógico, F.C.E.: México,

1978, pp. 139-152.

--- “La superación de la metafísica mediante el análisis lógico del lenguaje”, en A.J. Ayer, El

positivismo lógico, Fondo de Cultura Económica: Madrid, 1978, pp. 66-87.

--- “Psicología en el lenguaje fisicalista”, en A.J. Ayer, El positivismo lógico, pp. 171-204.

--- “Filosofía y sintaxis lógica”, en J. Muguerza, La concepción analítica de la filosofía, vol. I,

Alianza: Madrid, 1974, pp. 294-337.

--- “Empirismo, semántica e ontología”, en J. Muguerza, La concepción analítica de la filosofía,

vol. II, pp. 401-419.

--- “Sobre las oraciones de creencia”, T. Moro Simpson (Comp.), Semántica filosófica:

problemas y discusiones, Siglo XXI: Buenos Aires, 1973, pp. 331-334.

--- “Significación y sinonimia en las lenguas naturales”, en E. Coumet, O. Ducrot e J. Gattegno,

Lógica y lingüística, Nueva Visión: Buenos Aires, 1978, pp. 111-125.

Exposicións xerais:

ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Madrid, 1985. (Esp.: pp. 118-126, 144-

152).

BUSTOS, E.: Filosofía Contemporánea del Lenguaje I (Semántica Filosófica), Cuadernos de

la UNED: Madrid, 1987. (Esp.: pp. 89-111).

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar. Una introducción temática a la filosofía del

lenguaje, Tecnos: Madrid, 1997. (Esp.: pp. 227-229, 293-294, 452-453, 488-495).

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986. (Esp.:

pp. 360-378, 386-401).

Page 17: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

17

Estudos:

AYER, A.J.: El positivismo lógico, Fondo de Cultura Económica: Madrid, 1978.

SCHILPP, P.A. (Ed.): The Philosophy of R. Carnap, Open Court: La Salle, 1963.

TEMA VI: A TEORÍA CONDUTISTA DO SIGNIFICADO: W.O. QUINE

1. Dous dogmas do empirismo.

2. A teoría conductista do significado. Significado estimulativo.

3. Oracións ocasionais, oracións permanentes, oracións observacionais.

4. A traducción radical e a súa indeterminación.

5. O criterio do compromiso ontolóxico.

OBXECTIVOS

(i) Este tema serve de ponte para indicar o comezo dunha época e o remate doutra, coincidente

ademais cun cambio xeográfico importante: de Europa a Norteamérica.

(ii) Con Quine e o seu artigo “Dous dogmas do empirismo” a filosofía analítica, pode dicirse,

vai chegando ao seu fin. Quine é considerado xa un filósofo postanalítico.

(iii) Establecer as relacións entre a filosofía da linguaxe de Quine e o mundo da ciencia e do

condutismo. Quine evita en semántica as nocións intensionais, pero non dúbida en introducir

nocións psicolóxicas ou neurofisiolóxicas para explicar o significado; isto é, obviamente, unha

nova perspectiva para abordar problemas semánticos.

(iv) Destacar a enorme importancia que tivo a crítica de Quine ao empirismo lóxico, a cal pon

de manifesto que o coñecemento científico non se pode basear unicamente na experiencia, senón

que está continuamente entrelazado de coñecemento teórico, dando lugar a unha complexa rede

de enunciados con distintos graos de dependencia da experiencia.

(v) A relatividade ontolóxica e a súa dependencia dun marco ou esquema conceptual é outro

dos puntos de interese do pensamento de Quine que este tema quere enfatizar.

BIBLIOGRAFÍA

Page 18: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

18

Fontes:

W.O. QUINE: “Sobre lo que hay”, en Desde un punto de vista lógico.

--- “Dos dogmas del empirismo", en Desde un punto de vista lógico. También en L.M. Valdés

Villanueva, La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid, 1991, pp. 220-243.

--- Desde un punto de vista lógico, Ariel: Barcelona, 1963.

--- Palabra y objeto, Labor: Barcelona, 1968.

--- “Filosofía y decisión óntica”, en J. Muguerza (Sel.), La concepción analítica de la filosofía,

vol. II, Alianza: Madrid, 1974.

--- La relatividad ontológica y otros ensayos, Tecnos: Madrid, 1974.

--- Filosofía de la lógica, Alianza: Madrid, 1981.

--- Las raíces de la referencia, Revista de Occidente: Madrid, 1977.

--- La búsqueda de la verdad, Crítica: Barcelona, 1992.

--- “Significado y traducción”, en L.M. Valdés Villanueva, La búsqueda del significado, pp.

244-269.

--- Del estímulo a la ciencia, Ariel: Barcelona, 1998.

--- Acerca del conocimiento científico y otros dogmas, Paidós: Barcelona, 2001.

Textos xerais:

ACERO, J.J.: “Willard van Orman Quine, la preocupación ontológica”, en J.M. Bermudo (Dir.),

--- Los filósofos y sus filosofías, Vicens-Vives: Barcelona, 1983.

--- Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Madrid, 1985. (Esp.: pp. 182-190).

GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.

(Esp.: pp.427-472

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos: Madrid, 1997. (Esp.: pp. 106-108, 229-

230, 237-244, 496-514).

HAACK, S.: Filosofía de las lógicas, Cátedra: Madrid, 1978. (Esp.: pp. 63-71, 195-199).

KUTSCHERA, F.: Filosofía del lenguaje, Gredos: Madrid, 1979. (Esp.: pp. 98-139).

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986. (Esp.:

pp. 401-436).

Page 19: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

19

Estudos:

BLASCO, J.L.: “El sentido de la ontología de Quine”, Cuadernos de filosofía y ciencia, 2,

Valencia, 1982.

DAVIDSON, D. & HINTIKKA, J. (Eds.): Words and Objections. Essays on the Work of W.O.

Quine, Reidel: Dordrecht, 1969.

GIBSON, R.F.: The Philosophy of W.O. Quine, Florida University Press: Tampe, 1982.

ROMANOS, G.D.: Quine and Analitic Philosophy, MIT: Cambridge, Mass. 1983.

R. SCHULDENFREI, R.: “Quine en perspectiva”, Teorema, V, 1, 1975, pp. 49-65.

SHANAN, R. W. & C. SWAYER, C. (Eds.): Essays on the Philosophy of W.O. Quine,

University of Oklahoma Press: Oklahoma, 1979.

VARIOS: Aspectos de la filosofía de W.O. Quine, Teorema, Valencia, 1975.

II) DOCENCIA INTERACTIVA

i) ANÁLISE DOS TEXTOS QUE SE INDICAN A CONTINUACIÓN (Total ou

parcialmente, a realizar na aula)

• G. FREGE, “Sobre sentido y referencia”, en Estudios sobre semántica, en L.Ml. Valdés

Villanueva, La búsqueda del significado, Técnos: Madrid, 1999, pp. 24-45.

• B. RUSSELL, “La filosofía del atomismo lógico” en Lógica y conocimiento, Taurus:

Madrid, 1981, pp. 249-395.

• L. WITTGENSTEIN, Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.

(Proposicións 1-4, 4.4.032-4.1212 e 6.4-7).

• L. WITTGENSTEIN, Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988, Parágrafos:

§1-§133.

• J.L. AUSTIN, Conferencia VIII de Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona,

2004, pp.:141-154.

• R. CARNAP, “La superación de la metafísica mediante el análisis lógico del lenguaje”,

en A.J. Ayer, El positivismo lógico, Fondo de Cultura Económica: Madrid, 1978, pp.

66-87.

Page 20: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

20

• R. CARNAP, “Empirismo, semántica y ontología”, en J. Muguerza, La concepción

analítica de la filosofía, vol. II, pp. 401-419.

• W.V.O. QUINE, “Dos dogmas del empirismo", en Desde un punto de vista lógico.

También en L.M. Valdés Villanueva, La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid,

1991, pp. 220-243.

5. METODOLOXÍA DA DOCENCIA

TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS

a) Docencia expositiva: clases teóricas de exposición, abertas á intervención e ao debate.

b) Docencia interactiva:

(i) Análise de textos

(ii) Cuestionarios de preguntas

(ii) Recensión de libros propostos no programa

(iv) Debates.

Titorización en grupos: Avaliación da marcha do curso e suxerencias de mellora

6. AVALIACIÓN (i) Avaliación continua

A avaliación continua constará de dúas partes:

a) Dous exames parciais sobre o temario e os textos traballados nas clases

b) Tarefas desenvolvidas nas aulas interactivas.

De non acadar a cualificación mínima de aprobado (5) en cada un dos parciais, o alumnado

poderá presentarse ao examen final.

c) O alumnado exento de asistencia as aulas segundo a normativa da USC terá que presentarse

ó exame final da materia e será valiado polo mesmo.

(ii) Exame final

O exame constrará de 10 preguntas de resposta breve sobre os diferentes apartados do

temario.

Page 21: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

21

Avaliación de competencias

As competencias da matéria son avaliadas en todos e cada un dos diferentes modos e

dimensións da avaliación continua (a, b) e no exame final (c)

Na análise de texto as comperencias serán avaliadas pola fondura da leitura, pola

contextualización das ideas e pola claridade da súa exposición. Na recensión de libros as

competencias serán avaliadas pola comprensión mostrada e pola síntesis lograda. Na

resolución dos cuestionarios as competencias serán avaliadas en función da precisión coa que

se responda. Nos debates terase en conta a agudeza e solidez das argumentacións. Nas probas

escritas, tanto parciais como global, as competencias serán avaliadas atendendo á claridade

e precisión coa que se responda, e tamén á madurez mostrada nas contestacións.

Alcánzanse os obxectivos fixados e trabállanse as competencias sinaladas co conxunto de

actividades previstas para o seguimiento da materia.

Avalianse os obxectivos e competencias coas probas previstas para a avaliación continua

ou, no seu caso, coa proba do examen final (nalgunha das oportunidades).

2ª Oportunidade

No caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, as cualificacións obtidas nos exames

parciais conservaranse para a 2ª oportunidade. Tamén se terá en conta a actividade realizada

na docencia interactiva. Alumnado con exención de asistencia á clase: Deberá presentarse ó examen final.

DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN

a) Docencia expositiva: A cualificación obtida nos dous exames parciais suporá o 80% da

cualificación global. É condición necesaria para poder realizar este cómputo, que en cada un

dos exames parciais se acade como mínimo a puntuación de 5. Se este non fora o caso, o

alumnado que se encontre nesa situación deberá facer o exame final da materia.

Page 22: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

22

b) Docencia interactiva: Proporciona o 20% restante da cualificación; repartida entre as

distintas actividades.

c) Examen final. 10 preguntas de resposta breve. Cada pregunta valorarase como máximo

con 1 punto. O alumnado con exención de asistencia á clase será calificado polo exame final.

NORMATIVAS

“Normativa de Permanencia”, do 25 de maio de 2012:

Art. 5.2: “A cualificación dunha convocatoria na que o alumno non se presenta, ou non supera

os obxectivos establecidos será de ‘suspenso’, salvo que o estudante non realice ningunha

actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente,

en cuxo caso constará como ‘non presentado’”.

“Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de

cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:

Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha

materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con

independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor.

Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de

fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e

das fontes”.

TEMPO DE ESTUDO E TRABALLO PERSOAL

- Horas presenciais: 51h.

Horas de Titorías 3h.

Clases Expositivas 24h.

Clase Interactiva 24h.

- Horas non presenciais: 99h.

Page 23: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

23

Docencia expositiva: 24 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia a clase)

e 45 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diario do visto na

clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).

Docencia interactiva: 24 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia as

clases e participación activa nas mesma) e 50 horas de preparación das actividades interactivas

programadas na aula

Actividades titoriais en grupos: Titorías personalizadas en grupo (3h.) para por en común as

impresións sobre a evolución do curso e as posiblidades de mellora.

RECOMENDACIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA

1. Asistencia diaria ás clases.

2. Lectura diaria dos temas que se tratan nas aulas.

3. Lecturas das fontes.

3. Estudio sistemático e regular dos temas da materia.

4. Programar e preparar, coa antelación suficiente, as distintas actividades correspondentes

á docencia interactiva da materia.

5. Utilización das horas de atención ao alumnado para resolver dúbidas, problemas e todo

tipo de preguntas relacionadas coa materia.

7. BIBLIOGRAFÍA 1) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

A) Obrigatoria

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, vol. II. Alianza: Madrid,

1986.

B) Textos para analizar

FREGE, G.: “Sobre sentido y referencia”, en Estudios sobre semántica, pp. 49-51. Tamén en

La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva (ed.), pp. 24-45.

Page 24: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

24

RUSSELL, B.: “Conocimiento directo y conocimiento por descripción”, Misticismo y lógica,

Edhasa: Barcelona, 1987, pp. 209-230.

WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.

WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.

CARNAP, R.: “Empirismo, semántica e ontología”, en J. Muguerza, La concepción analítica

de la filosofía, vol. II, pp. 401-419.

R. CARNAP, “La superación de la metafísica mediante el análisis lógico del lenguaje”, en A.J.

Ayer, El positivismo lógico, Fondo de Cultura Económica: Madrid, 1978, pp. 66-87.

QUINE, W.O.: “Dos dogmas del empirismo”, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del

significado, pp. 220-243.

C) Libros para recensionar

ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1985.

AUSTIN, J.L.: Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona, 2004.

CARNAP, R.: Autobiografía intelectual, Paidós: Barcelona, 1992.

DOXIADIS, A.; PAPADIMITRIOU, C.H.; PAPADATOS, A.; e DI DONNA, A.,

Logicomix, Sinsentido: Madrid, 2011.

WITTGENSTEIN, L.: Cartas a Russell, Keynes y Moore, Taurus: Madrid, 1979.

2) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (Opcional)

FONTES

AUSTIN, J.L.: Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona, 2004.

CARNAP, R.: Autobiografía intelectual, Paidós: Barcelona, 1992.

- “Filosofía y sintaxis lógica”, en J. Muguerza, La concepción analítica de la filosofía, vol.

I, Alianza: Madrid, 1974, pp. 294-337.

- “La superación de la metafísica mediante el análisis lógico del lenguaje”, en A.J. Ayer, El

positivismo lógico, 1965, pp. 66-87.

FREGE, G.: “El pensamiento”, Investigaciones lógicas, Tecnos: Madrid, 1984, pp. 49-85.

- Estudios sobre semántica, Ariel: Barcelona, 1973.

- Investigaciones lógicas, Tecnos, Madrid, 1984.

Page 25: FILOSOFÍA DA LINGUAXE II - USC · sobre linguaxes formais e naturais como os impartidos en cursos previos nas materias de Semiótica (1º curso de Grao) ouLóxica Elemental e Filosofía

25

QUINE, W.O.: Desde un punto de vista lógico, Ariel: Barcelona, 1963.

- La relatividad ontológica y otros ensayos, Tecnos: Madrid, 1974.

- La búsqueda de la verdad, Crítica: Barcelona, 1992.

RUSSELL, B.: La evolución de mi pensamiento filosófico, Alianza, 1982.

- “La filosofía del atomismo lógico” y “Sobre las proposiciones: qué son y qué significan”,

ambos en Lógica y conocimiento, Taurus: Madrid, 1981, pp. 245-449.

- “Conocimiento directo y conocimiento por descripción”, Misticismo y lógica, Edhasa:

Barcelona, 1987, pp. 209-230.

WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.

- Los cuadernos azul y marrón, Tecnos: Madrid, 1976.

- Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.

- Cartas a Russell, Keynes y Moore, Taurus: Madrid, 1979.

COMPLEMENTARIA

ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1985.

ACERO, J.J.: Lenguaje y filosofía, Octaedro: Barcelona, 1993.

GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.

GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos: Madrid, 1997.

HIERRO S. PESCADOR, J.: Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986.

HIERRO S. PESCADOR, J.: Significado y verdad. Ensayos de semántica filosófica, Alianza:

Madrid, 1990.

FRAPOLLI, Mª.J. & ROMERO, E.: Una aproximación a la filosofía del lenguaje, Síntesis:

Madrid, 1998.

PICARDI, E.: Teorías del significado, Alianza: Madrid, 2001.

VALDÉS VILLANUEVA, L.Ml.: La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid, 1999