Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo...

15
Fichas Informativas EXPOSITORES DO CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS PRESENTES EN

Transcript of Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo...

Page 1: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

Fichas Informativas

EXPOSITORES DO

CONSELLO

GALEGO DE COOPERATIVAS

PRESENTES EN

Page 2: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

1

PRODUTOS LÁCTEOS, DERIVADOS E APÍCOLAS

Cooperativa Caprina Galega, S. Coop. Galega, nace como unha sociedade de economía social, concretamente como unha cooperativa de traballo asociado. O proxecto nace no ano 2014 e integra a 4 mozos, parados de longa duración, cuxas idades van dende os 24 aos 36 anos, cunha gran preparación en gandería caprina e ovina. Dende os seus comezos, adícanse á produción de leite de cabra e a súa transformación, con gran potencial no mercado debido ás propiedades alimenticias dos produtos derivados deste tipo de leite, tales como o queixo, iogures, requeixo, callada, nata… . En outubro de 2014 trasládanse a Sarria onde montan as novas instalacións acadando unha produción media de 250 litros ao día con aproximadamente 100 animais. A día de hoxe contan con 270 cabras adultas (en fase de parideira) que nestes momentos están en plena produción acadando unha media de 400 litros ao día.

PRODUTOS

Queixo semicurado de cabra

Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr.

Queixo de cabra madurado con mofos: pezas de 190 gr. e 950 gr.

Queixo de cabra fresco láctico: pezas de 200 gr.

Iogur de cabra natural: botes de 140 ml e 430 ml.

Iogur de cabra con marmelada de arándanos: botes de 140 ml.

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Cooperativa Caprina Galega, S. Coop. Galega Contacto: Miguel Rodríguez

Email: [email protected] Teléfono: 652311642

Page 3: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

2

Na Cooperativa Agraria Provincial da Coruña entenden que a práctica é unha estupenda maneira de

aprender. Foi por iso que no 2009 asumiron a xestión directa dunha granxa no concello de Miño (A Coruña).

Así naceu Granxa O Cancelo, un proxecto para traballar a favor do sector lácteo. Producen leite aproveitando

os recursos da nosa terra e ofertan un produto local e diferenciado.

Granxa O Cancelo é un proxecto integrador que pretende conectar directamente a produtores con

consumidores, sen intermediarios. Non se trata dunha granxa produtora de leite máis. Utilízanse técnicas de

produción que lles permiten obter os mellores rendementos garantindo un uso responsable e sustentable dos

recursos, o benestar das súas vacas e as boas condicións de traballo para as persoas.

Tamén se realiza unha tarefa de formación de persoal técnico, colabórase con outras empresas, con centros

de investigación e universidades e desenvólvese un labor divulgativo para dar a coñecer aos consumidores

como se produce o leite que consomen e a importancia deste sector para o noso país.

Granxa O Cancelo é un soño feito realidade. É unha mostra máis da aposta da Cooperativa Agraria Provincial

da Coruña polo sector lácteo galego e polo desenvolvemento do medio rural.

PRODUTOS A vocación de Granxa O Cancelo á hora de facer xeados foi a de elaborar unha crema excepcional a partir do

fantástico leite de vaca que se produce na Granxa. O proceso de elaboración dos xeados é totalmente

artesanal; comeza coa dosificación e mestura de todos os ingredientes e a súa pasteurización a 80 graos

centígrados para eliminar calquera contaminación bacteriolóxica. Despois realízase o proceso de mantecación

directamente sen extraer a mestura da máquina e arrefríase progresivamente ata os -6 graos, temperatura á

que se procede ao envasado.

Todos os xeados de Granxa O Cancelo son sen glute, aptos para persoas celíacas.

Elabórase unha variada carta de sabores que van desde os máis tradicionais como a nata, vainilla, chocolate,

amorodo, limón, plátano, ... a elaboracións máis especiais como turrón, crema de licor café, ... en distintos

formatos.

Page 4: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

3

Comercialízase en envases de 500 ml, envase ideal para a conservación durante máis tempo en perfecto

estado.

Tamén se comercializa en envases de 2 litros, en formato cadrado, e envase de 6 litros en formato redondo

adecuado ao consumo profesional para vitrinas e hostalería.

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Cooperativa Agraria Provincial, S. Coop. Galega Contacto: Niní Maceiras

Email: [email protected] Teléfono: 698156631

Page 5: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

4

Mel Flor do Xallas é unha cooperativa constituída por socios dos concellos de Negreira e Santa Comba, que

xa eran produtores de mel con anterioridade e envasábana e vendíana a particulares. A través da

cooperativa, pódena comercializar con máis beneficio e con todas as garantías sanitarias e de control de

calidade.

Contan cunha experiencia no sector apícola de máis de 25 anos, e é de destacar que as colmeas están

situadas lonxe dos cultivos, debido á utilización de insecticidas polos agricultores.

A extracción realízase por centrifugado, sen proceso de quentamento, para que o mel non perda as súas

propiedades e beneficios tan recoñecidos.

A cooperativa ten a honra de ser expositora dende a primeira "Feira do Mel de Oleiros" na Coruña, e xa

celebraron a XXII edición con grande asistencia de público e vendas.

Un dos obxectivos principais da cooperativa é potenciar o consumo do mel entre os nenos e mozos, tendo en

conta que o mel achega un 20% menos de calorías que o azucre. É ademais, un alimento enerxético natural,

axeitado para estudantes, deportistas e recomendado en estados carenciais do organismo e a astenia.

PRODUTOS Comercialízase o mel puro, sen pasteurizar, en envases de:

Bote cristal de 1 Kg

Bote cristal de ½ Kg.

Envase anti goteo de 350 gr.

Bote cristal de 150 gr. (ideal para obsequio de convidados en celebracións)

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Mel Flor do Xallas, S. Coop. Galega

Contacto: Teresa Blanco Email: [email protected]

Teléfono: 680299207

Page 6: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

5

Esta cooperativa dedícase fundamentalmente á produción de leite de vaca, á cría de gando de carne e a dar

servizo de asesoramento ás explotacións gandeiras. Fundada en 1969, a entidade aposta dende o principio

por servizos de calidade e innovación. Froito desta estratexia, en 2005 crea unha fábrica artesanal de

produtos lácteos con leite de vaca cru, sendo, ata o momento, a única en Galicia.

Os produtos da cooperativa caracterízanse pola súa calidade, consecuencia dun estrito proceso de selección,

control, conservación e distribución.

Todos os produtos Campo Capela, requeixo, crema de requeixo, queixo fresco, queixo do país, queixo- tetilla,

nata fresca, manteiga e torta de requeixo, están elaborados con leite cru de vaca, sen conservantes nin

colorantes. Non conteñen ningún tipo de aditivo ou proceso que desvirtúe o seu sabor e as súas

potencialidades nutricionais.

PRODUTOS

Variedades de requeixo:

Requeixo: requeixo tradicional galego de elaboración artesanal, feito con leite cru.

Crema de requeixo: requeixo tradicional azucrado con textura de crema, elaborado a partir de

leite cru.

Torta de requeixo: sen conservantes e con todo o sabor dos produtos naturais.

Licor de requeixo.

Queixos:

Queixo fresco: queixo tradicional de Galicia de elaboración totalmente artesanal. Baixo en sal.

Queixo país: queixo tenro semicurado, de elaboración artesanal, elaborado con leite cru.

Queixo tetilla: Trátase do primeiro queixo elaborado en Galicia con leite cru de vaca, protexido

baixo a Denominación de Orixe Queixo Tetilla.

Manteiga artesanal:

Produto co sabor, aspecto e a textura da manteiga tradicional. É ideal para torradas con azucre, mel ou

marmeladas.

A presentación pode ser en barriña tradicional ou en terrina.

Page 7: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

6

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Productores del Campo de Capela, S. Coop. Galega Contacto: Ana Vence

Email: [email protected] Teléfono: 620476364

Page 8: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

7

PRODUTOS VITIVINÍCOLAS E OUTRAS BEBIDAS

A Adega Cooperativa Virxe das Viñas foi fundada no ano 1964 polos viticultores da bisbarra de Valdeorras

pertencentes a catro concellos, Petín, Vilamartín de Valdeorras, O Bolo e A Rúa de Valdeorras, sendo este

último o máis céntrico e onde se encontra situada a adega. Actualmente a cooperativa conta con 850 socios e

ten 350 hectáreas de viñedo representando aproximadamente o 45% da produción da bisbarra. Isto garante a

máxima calidade da súa materia prima.

Os seus viñedos aséntanse en chans luosentos, calcáreos, graníticos terrosos e de aluvión que se estenden

polas abas e as ribeiras dos ríos Sil e Xares. Esta diversidade de chans unida a un microclima especial que

vai dende o mediterráneo morno ao mediterráneo fresco dá un carácter único aos seus viños.

Os viños desta adega están elaborados co apoio da máis moderna tecnoloxía a partir das variedades de

godello, Dona Branca e pombo fino en brancos e mencía e garnacha en tintos.

PRODUTOS Os viños da adega Virxe das Viñas elabóranse baixo a D.O. Valdeorras:

Pingadelo tinto: elaborado 100% con uva mencía, variedade que proporciona viños de cor

púrpura, intensa e elegante, aroma froiteiro e tenra carnosidade non exenta de nervio. Utilízanse

plantacións principalmente das abas da Rúa e Vilamartín, con cepas de máis de 20 anos e chans

arxilo-ferrosos. A súa fermentación alcohólica realízase en depósitos coas súas augardentes a

unha temperatura de 25ºC. Unha vez descubado realízase a segunda fermentación.

Pingadelo branco: elegante e expresivo. Ao degustalo descubrirá o sentido da pureza e o

"terroir". Está elaborado ao 100% coa uva godello. Utilízanse principalmente plantacións da zona

de O Bolo de máis de 25 anos, a unha altitude de entre 500 e 600 metros e con chans luosentos.

A súa fermentación faise en depósitos de aceiro inoxidable a unha temperatura de 15ºC.

Posteriormente realízase unha crianza de 3 meses sobre as súas lías e un pase lixeiro de

madeira.

Rúa tinto: viño elaborado coa variedade garnacha, tradicional, amplo e con carácter. A

fermentación realízase cos seus augardentes e, unha vez descubado, lévase a cabo a

fermentación maloláctica.

Page 9: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

8

Rúa branco: viño sorprendente, aberto, natural e de gran riqueza aromática. Consta dunha

mestura de variedades brancas de Valdeorras cultivadas na mesma parcela. Elabórase en

depósito con temperatura controlada e realízase unha crianza sobre as súas lías.

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, S. Coop. Galega Contacto: Julio Ricarte

Email: [email protected] Teléfono: 988310607

Page 10: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

9

EIDOSELA é o nome que xorde da unión dos topónimos Eidos e Sela, que son os nomes do barrio e da

parroquia respectivamente, onde Adegas Eidosela atópase localizada.

Adegas Eidosela fúndase no ano 2007 por un grupo emprendedor de 60 viticultores decididos a unir esforzos

para formar unha cooperativa. En conxunto, este grupo de amigos que comparte a ilusión dunha zona

xeográfica, Condado de Tea, conta cun total de 45 hectáreas de viñedos propios, o que lles permite controlar

o proceso completo para conseguir que ata o máis esixente dos padais comparta o seu gusto pola calidade.

Dispoñen dunhas amplas e modernas instalacións equipadas coa última tecnoloxía para combinar tradición e

innovación.

PRODUTOS

Baixo a D.O. Rías Baixas, a adega Eidosela produce as seguintes marcas:

Eidosela Albariño: trátase dun viño elaborado exclusivamente con uvas albariño vendimadas no

seu estado óptimo de maduración. Á vista presenta unha cor amarela palla con fulgores

verdosos. En nariz ofrece unha intensidade alta. As súas notas froiteiras e florais recordan as

froitas de ósos dando como resultado un produto fresco e sutil. É un viño moi potente, sedoso e

cunha acidez moi ben integrada.

Arbastrum Condado de Tea: este viño está elaborado con uvas albariño, treixadura e outras

variedades autóctonas. É moi afroitado, fresco e destacan nel as notas de mazá verde que lle

achega a uva treixadura. En boca é un viño suave, saboroso e cunha acidez moi equilibrada.

Eidosela Selección Barrica: é un viño amarelo palloso con escintileos dourados, limpo e

brillante. Presenta unha asociación de leas finas, torrados, afumados e toques froiteiros. Ten

unha intensidade moi alta. Ten un moi bo paso en boca, saboroso, fino, con toques tánicos,

graxos e cremosos. Presenta unha boa conxunción da froita ao seu paso por barrica. Delicado,

goloso, franco e elegante. Presenta unha gran potencia, é moi persistente e con gran corpo e

Page 11: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

10

estrutura. Fermentado e vinificado durante 4 meses en barricas de carballo francés e 4 meses en

depósito de aceiro inoxidable.

Gran Arbastrum: é un viño cunha cor amarela pallosa con ribete grisáceo, limpo e brillante. En

nariz ten unha intensidade media-alta destacando a conxunción de variedades que achega

matices únicos. En boca é moi complexo, suave e delicado, debido á mestura de variedades; á

súa vez é sabroso, expresivo e con carácter. Presenta unha boa conxunción da froita ao seu

paso por barrica. Delicado, goloso, franco e elegante, con notas minerais e cunha acidez moi

equilibrada. Fermentado e vinificado durante 4 meses en barricas de carballo francés e 4 meses

en depósito de aceiro inoxidable.

Eidosela Burbullas do Atlántico extra brut: este viño limpo, afroitado e con aroma a mazá e

cítricos, presenta unha cor amarela pallosa e unha burbulla moi fina. En boca é un viño fresco,

lambeteiro e cun posgusto froiteiro e elegante.

Eidosela Burbullas do Atlántico brut nature: cor amarela pallosa pálido con reflexos verdoso-

dourados, burbulla fina, persistente e elegante; en nariz é fresco, limpo e afroitado, aromas de

mazá e cítricos con lixeiros toques de froitos secos. En boca é fresco, seco e delicado, cun

posgusto froiteiro e elegante, lembrando a variedade albariño.

Eidosela Burbullas do Atlántico brut: en fase visual presenta unha bonita cor rosa salmón cun

rosario persistente e burbulla fina. En nariz está fresco e afroitado con certa complexidade

destacando as froitas negras e a cereixa con notas de pan torrado procedente da segunda

fermentación en botella. En boca está vivo con boa acidez ensamblada perfectamente coa

apreciación doce, lembrándonos en retro nasal as mesmas sensacións da fase olfativa.

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Bodegas Eidosela, S. Coop. Galega Contacto: Rubén García

Email: [email protected] Teléfono: 986665550

Page 12: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

11

Cannaliza é unha cooperativa adicada á produción e distribución de cáñamo industrial e alimentario.

Contan con amplas superficies de cultivo respectuoso co medio ambiente onde se producen as variedades

certificadas e avaladas pola Unión Europea.

O cáñamo é unha planta moi versátil que ao longo da historia achegounos múltiples beneficios asociados á

alimentación, á bio-construción, ó téxtil, medicinais... etc.

Os beneficios nutricionais do cáñamo son recoñecidos amplamente pola súa achega de Omega 3, Omega 6,

proteínas, fibra e vitaminas. Utilizado en forma de semente enteira, semente pelada, infusión, aceite ou fariña.

É un indispensable na cociña moderna.

PRODUTOS

HIDROMEL MANUELA

O Hidromel Manuela é unha bebida alcohólica baseada na fermentación de auga (Sant Hilari Sacalm) e mel,

cuxa gradación oscila entre os 11º e os 15º. Totalmente artesán feito con produtos 100% naturais en tres

variedades:

Hidromel Manuela Doce.

Hidromel Manuela con Especias.

Hidromel Manuela con Cáñamo.

CASA ALDAIA

Cervexa artesá Casa Aldaia. A exquisita receita conta co ingrediente estrela o cáñamo que proporciona un

toque brillante a esta cervexa, elaborada con auga de manancial (Sant Hilari Sacalm).

Casa Aldaia preséntase en dúas variantes:

Casa Aldaia Loura (con cáñamo, Alc. 5,5%).

Casa Aldaia Torrada (con cáñamo e mel, Alc. 9%).

Page 13: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

12

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Cannaliza, S. Coop. Galega Contacto: Bárbara Abeledo

Email: [email protected] Teléfono: 638760119

Page 14: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

13

PRODUTOS CÁRNICOS

Monte Cabalar é unha cooperativa de explotación comunitaria de terra que agrupa aproximadamente 3.600

propiedades de máis de 1.000 propietarios nunha explotación gandeira en extensivo con máis de 700 ha de

monte nas parroquias de Somoza, Tabeirós, Nigoi, Arca e Souto (concello da Estrada) co obxectivo de intervir

sobre o abandono e o minifundio.

O proceso social xerado a partir de marzo de 2006 culminou positivamente na constitución da cooperativa coa

participación de máis de 330 socios, e na materialización do proxecto: a experiencia da explotación

silvopastoral en réxime cooperativo.

Coa satisfacción de estar a xestionar os recursos dos montes, obtéñense produtos cárnicos da máxima

calidade que se comercializan con marca propia en canles curtas, a través da venda directa a socios ou na

localidade, completando na práctica o ciclo do monte á mesa nunha experiencia de soberanía alimentaria.

PRODUTOS

Salchichón de poldro: é o seu primeiro produto cárnico transformado, un produto natural e

exclusivo, elaborado con carne magra de poldro (85%) e touciño de porco celta (15%). Está

pensado para valorizar os poldros do monte e familiarizar o consumidor cunha carne magra,

branda e con alto contido en proteína e ferro, que ten menos do 0,3% en graxa e máis do 24%

dos seus ácidos graxos son omega-3, polo que resulta imprescindible nunha dieta sa.

Chourizo de poldro: elaborado con carne magra de poldro de monte (85%) e touciño de porco

celta (15%). Ten un sabor distinguido a caza que recorda o monte onde se crían e un baixo nivel

de graxa aportado co touciño de porco celta. De salgado medio-baixo, está elaborado con

pemento doce. Non contén glute nin lactosa.

Crema de poldro sen graxa: combina os dous produtos máis representativos do monte galego,

a carne de poldro e a castaña, para conseguir unha crema de untar delicada, apetitosa e moi

saudable. A crema está elaborada co 80% de carne, 15% fariña de castaña, 5% aceite de oliva

virxe, sal, azucre, pementa e proteína láctea.

Page 15: Fichas Informativaseusumo.gal/sites/default/files/Fichas Informativas Expoordes 2017ba… · Queixo de cabra fresco con marmelo: pezas de 200 gr. Queixo de cabra madurado con mofos:

14

Chacina de poldro: produto natural e exclusivo sen aditivos onde se empregan as partes máis

nobres do poldro. Ten un gusto salino e un sabor afumado natural.

Chourizo de “porco celta”: Chourizo típico galego, serve para cociñar ou comer cru. Elaborado

con magros seleccionados de porco celta, embutido en tripa natural de porco. Utilízanse

pementos de Murcia, especias suaves e conservadores e a súa curación é media, sen fume nin

glute.

Salchichón e chourizo de tenreira: elaborado con carne magra de tenreira criada no monte

(85%) e touciño de porco celta (15%). Estes produtos non conteñen glute.

DATOS DE CONTACTO

Nome da cooperativa: Monte Cabalar, S. Coop. Galega Contacto: Fuco Barreiro

Email: [email protected] Teléfono: 638104441