FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama...

19
FACULTADE DE FILOLOXÍA SEGUIMENTO DO PLAN DE VIABILIDADE GRAO EN FILOLOXÍA CLÁSICA 2017

Transcript of FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama...

Page 1: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

FACULTADE DE FILOLOXÍA

SEGUIMENTO DO PLAN DE VIABILIDADE

GRAO EN FILOLOXÍA CLÁSICA

2017

Page 2: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

2

Presentación

O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades

implantada na USC desde o curso 2009-2010, recibiu no curso 2014-15, con data 3 de

xuño de 2015, un informe negativo do seu Plan de Viabilidade que conduciu a un

período de reflexión dentro da titulación e á redacción dun novo Plan de Viabilidade,

aprobado o 26 de febreiro de 2016. O problema básico detectado polas autoridades

competentes foi a inexistencia dun plan coherente de captación de alumnos. Aínda que

no informe final de avaliación realizado pola ACSUG se desvincula a cuestión do

número real esixido, na práctica o problema incrementouse pola esixencia de cifrar a

matrícula en 50 alumnos de novo ingreso, cando durante varios cursos a matrícula se

establecera en 25, número que figura na memoria de verificación do título. Outros

aspectos negativos salientados foron a limitada orientación laboral, que segundo o

informe da ACSUG se vería mellorada coa consecución de dobres titulacións, e a

observación de elevadas taxas de abandono e baixas taxas de graduación.

No que se refire á cuestión da orientación laboral e da necesidade de estimular

as dobres titulacións, a estrutura dos títulos de grao da Facultade de Filoloxía favorece a

consecución, cun breve incremento do tempo de graduación, de dúas titulacións, polo

que non nos pareceu que tivésemos que dedicar unha especial atención no noso plan de

melloras a este aspecto. Remitimos xa que logo ao Plan de Viabilidade para os

argumentos que manexamos daquela, relativos á estruturación das ensinanzas nos Graos

de Filoloxía.

Detección de puntos febles e accións de mellora

As accións que consignamos no Plan de Viabilidade centráronse na creación dun

plan coherente de captación de alumnado. Interesounos incrementar a nosa presenza

como titulación ante a opinión pública, e iso mediante accións tanto no exterior como na

nosa Facultade. No exterior, tanto no seo do programa A Ponte como a partir de

convites particulares, fixemos un programa de conferencias divulgativas nos centros de

Ensino Secundario que cumprimos na súa totalidade (coa salvedade de que o título

dunha delas, “Mulleres na Antigüidade, o que a literatura nos conta” parece contradicir

Page 3: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

3

a pretensión de falar sobre o ciclo de Troia á que nos comprometemos no PV; no fondo,

as mulleres literarias das que se falou intégranse no ciclo de Troia, de xeito que

cumprimos na súa totalidade co número e coas temáticas das conferencias

programadas).

Dentro da Facultade, establecemos unha serie de actuacións vinculadas á

atracción dos estudantes de Ensino Secundario, así como á colaboración e

participación dos seus profesores, os cales en boa medida son egresados da antiga

Licenciatura en Filoloxía Clásica. As accións que fixemos dentro da Facultade foron

publicitadas tamén entre os egresados do Grao en Filoloxía Clásica, algúns dos cales

acudiron a colaborar e prestar axuda na montaxe dalgunha das actividades,

nomeadamente os talleres (de escrita, cociña, vestimenta e mitoloxía) organizados co

gallo da entrega de premios da II Olimpíada de Tradución. Ademais destes talleres,

organizamos, en colaboración coa sección galega da Sociedad Española de Estudios

Clásicos, un curso de latín falado e uns obradoiros de cultura clásica. Estes actos,

sumados a conferencias organizadas na Facultade vinculadas ás actividades dos

grupos de investigación, así como á presentación dalgún libro, permitíronnos

participar da vida académica co sector do Ensino Secundario do que, en definitiva, o

Grao espera nutrirse en meirande medida.

Como dicimos, semella que estas accións van tendo os seus efectos, e cremos

que o incremento da matrícula deste curso 2016-17, con 29 alumnos en primeiro

curso, non é alleo a estas accións. Os datos da participación na II Olimpiada de

Tradución, un concurso de tradución de textos gregos e latinos para o Ensino

Secundario, deixan ver unhas cifras en constante incremento: se o ano 2014-15, na I

Olimpiada, participaron 47 alumnos na proba de latín e 27 na de grego,

correspondentes a 15 centros de secundaria, na II a participación foi de 98 alumnos en

latín e 41 na proba de grego, e foron 32 os centros participantes, é dicir, que o

incremento foi de máis dun 50% na participación. Sabemos, ademais, que estudantes

de secundaria que gañaron algún dos premios do certame nas súas dúas edicións

cursan actualmente o Grao en Filoloxía Clásica (por lei de protección de datos non

axuntamos os nomes). Para este curso 2016-17 está xa convocada a III Olimpiada, que

se celebrará no segundo trimestre. Pódese acceder á información completa sobre as

actividades realizadas no curso pasado neste enlace:

Page 4: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

4

http://www.usc.es/es/departamentos/latin_grego/modules/news/news_0009.html

Recollemos tamén o impacto mediático destas accións:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2016/04/09/olimpiada-traduccion/00031460146480889747724.htm http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/mugardos/2016/04/29/solo-damos-latin-griego-clases-letras-ensenan-pensar/0003_201604F29C12993.htm http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/mejores-traductoras-textos-clasicos-ies-canido/20160430000055152959.html

O outro aspecto ao que se lle prestou atención foi ao da mellora dos datos

negativos que presentabamos en abandono e graduación. Os números no que respecta á

taxa de abandono durante o primeiro curso do grao no curso 2015-16 non son bos, un

25% fronte ao 14,98% que é a media da USC, e a taxa de abandono conforme ao Real

Decreto 1393 é dun 47,37%, fronte á media da USC, que é dun 23,19%. De todos os

xeitos, merece a pena lembrar o que argumentamos no informe de seguimento do curso

2014-15: estamos lastrados polo curso 2012-13, no que só accederon á titulación 9

alumnos, dos cales abandonou o 50%. En calquera caso, somos conscientes do

problema, xa que é verdade que, polo que se refire ao abandono en primeiro curso, os

datos do curso 2014-15 parecían ofrecer unha tendencia á mellora (abandono dun

17,39%, fronte ao 26,32 do curso 13-14) que quebrou. Por iso seguimos practicando as

accións de mellora destinadas a conservar os nosos estudantes a base dunha reflexión

sobre a pedagoxía e os mecanismos docentes das linguas.

Visto que o abandono parece máis frecuente despois do primeiro curso,

puxemos en marcha no PV unhas accións dedicadas á reconsideración da nosa

actividade docente, sobre todo polo que atinxe á docencia interactiva das materias

Lingua Grega 1 e 2 e Lingua Latina 1 e 2. Fixemos reunións e intentamos formular

novas estratexias didácticas, derivadas en gran medida da didáctica comunicacional das

linguas, para o ensino do grego e do latín. Implicamos tamén a estudantes egresados que

se ofreceron para unha docencia de apoio aos estudantes de primeiro, sempre desde esas

mesmas premisas do ensino situacional e aplicando, para o caso do latín, os presupostos

de Hans Orberg. Pódese seguir o desenvolvemento das súas actividades neste enlace:

http://asociacionaclabe.blogspot.com.es/

Page 5: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

5

A profesora da área de Filoloxía Grega María Teresa Amado, impartiu tamén

docencia de reforzo en lingua grega, facendo fincapé no estudo do léxico e da gramática

máis elemental. Un dato que podemos manexar para ver o grao de consecución destes

obxectivos é o de satisfacción dos estudantes coa docencia recibida, que no curso 2015-

16 foi, globalmente, dun 4,18 sobre 5.

Datos positivos témolos na taxa de éxito, que foi no curso 2015-16 dun 90,61%,

superior á media da USC (86,20%) e mellorando con respecto ao curso 2014-15, no que

foi dun 80,99% e era inferior á media da USC (85,70 % en 2014-15). Mellorou tamén a

taxa de rendemento, que está en 2015-16 nun 75,90%, moi perto da media da USC

(76,79%), rompendo unha tendencia á baixa do ano 2014-15 (68,71%). Na taxa de

avaliación mantémonos por debaixo da media da USC e baixando un pouco en relación

aos anos anteriores: estamos nun 83,77%, fronte á media da USC de 89,08%. Baixamos

tamén na taxa de graduación, aínda que este ítem semella un tanto flutuante: foi de

43,48% no ano 2013-14; de 66,67% no curso 2014-15 e de 42,11% no curso 2015-16,

por debaixo da media da USC (54,99%). Tamén subiu a duración media dos estudos

(4,79 en 2015-16 fronte a 4,14 do curso anterior), pero segue a estar por debaixo da

media da USC (4,82). Pódense consultar as táboas correspondentes ao final deste

informe.

Page 6: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

6

Seguimento das Accións de Melloras propostas no Plan de Viabilidade

Denominación da proposta

AM---01. Organización de conferencias temáticas para ser impartidas nos centros de ensino secundario de toda Galicia

Punto feble detectado

Baixa demanda da titulación de GFC, non acadando o número mínimo de alumnos/as de novo ingreso requirido pola Xunta de Galicia.

Responsable da súa aplicación

Programa A Ponte

Equipo Decanal da Facultade

Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación

Obxectivos específicos

(1) Mellorar a visibilidade da titulación de Filoloxía Clásica a través da explicación de contidos de interese para os estudantes de bacharelato

(2) Mellorar as porcentaxes de estudantes interesados en cursar estudos de Filoloxía Clásica na USC

Actuacións a desenvolver

Preparación dunha oferta de catro conferencias temáticas ao redor da Filoloxía Clásica para ofertalas aos centros de ensino medio de Galicia.

Os eixes temáticos destas conferencias temáticas serán:

1. Prehistoria das linguas e prehistoria dos pobos: coñece a lingüística indoeuropea

2. Como se representaba o teatro en Grecia e Roma

3. Que temos do grego: a herdanza lingüística na ciencia e na vida cotiá

4. Grandes mitos: a guerra de Troia e as fazañas de Alexandre Magno. O seu papel na literatura e no cine.

Período de execución

Curso 2015---2016. Curso 2016---2017. Curso 2017---2018.

Indicadores de execución

--- Número de conferencias impartidas en centros de ensino secundario.

--- Número de asistentes ás conferencias temáticas.

--- Relación de centros de ensino secundario onde se impartiron as conferencias.

--- Demanda das conferencias temáticas.

Seguimento

Ao longo do curso 2015-2016 o noso PDI impartiu as seguintes conferencias: ( vid. http://www.usc.es/gl/departamentos/latin_grego/charlas.html)

1.- Profesora María Teresa Amado Rodríguez: "Facendo ciencia en grego: raíces gregas da linguaxe científica (Conferencia de clausura da III Xornada Galega TCAE-TAPSD" IES de Leixa , Ferrol ( A Coruña), xoves, 12 maio 2016, 18:15 horas.

2.- Profesora María Teresa Amado Rodríguez "Do texto á escena", IES Valle Inclán , Pontevedra, martes, 24 maio 2016, 13:30 horas.

3.- Profesor José Virgilio García Trabazo, "Lingüística Indoeuropea:reconstruíndo a prehistoria das nosas linguas", IES de Valga, Valga (Pontevedra), xoves, 17 marzo 2016, 13:00 horas.

Page 7: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

7

4.- Profesora Helena de Carlos Villamarín, " Mulleres na Antigüidade: o que a literatura nos conta", IES Alexandre Bóveda ,Vigo (Pontevedra), venres, 15 abril 2016, 11:30 horas

Denominación da proposta

AM---02. Organización de concursos: Olimpíada de tradución

Punto feble detectado

Baixa demanda da titulación de GFC, non acadando o número mínimo de alumnos/as de novo ingreso requirido pola Xunta de Galicia.

Responsable da súa aplicación

Equipo Decanal da Facultade.

Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación.

Obxectivos específicos

Organizar un concurso en calquera soporte que permita asociar a Filoloxía Clásica da Universidade de Santiago con un recoñecemento de calidade creativa.

Actuacións a desenvolver

O concurso é tamén un reclamo interesante para fomentar o interese dos estudantes en determinadas disciplinas. A Universidade de Santiago ten experiencia na celebración de concursos de narración e de deseño gráfico, cunha interesante demanda de estudantes de bacharelato.

Ademais da organización do concurso, a acción de comunicación completarase c o p r e m i o e n s i m e s m o , a s í c o m o cun sistema de publicidade específico que vai desde a organización de actos concretos (como a presentación ou a entrega do premio) ata a cartelería e a publicidade necesaria para darlle a correcta difusión.

Período de execución

Curso 2015---2016. Curso 2016---2017. Curso 2017---2018.

Indicadores de execución

--- Participantes (número de estudantes; número de centros de orixe) no concurso e evolución anual (ou segundo periodicidade do programa) na mesma.

--- Datos de matrícula.

Seguimento

Celebración da Segunda Olimpíada de Tradución (vid. http://www.usc.es/gl/departamentos/latin_grego/modules/news/news_0013.html)

Do 15 de febreiro ao 18 de marzo de 2016.

Entrega de premios, 6 de maio de 2016

Datos de participación:

I Olimpíada 2015: 47 alumnos proba latín, 27 grego, 15 centros.

II Olimpíada 2016: 98 latín, 41 grego, 32 centros.

Page 8: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

8

Denominación da proposta

AM---03. Elaboración de material informativo para grupos de interese.

Punto feble detectado

Baixa demanda da titulación de GFC, que non acada o número mínimo de alumnos/as de novo ingreso requirido pola Xunta de Galicia.

Responsable da súa aplicación

Equipo Decanal da Facultade

Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación.

Obxectivos específicos

Elaborar unha información moi detallada sobre distintos aspectos de interese como a inserción laboral, as competencias profesionais, as posibilidades de simultanear estudos, as posibilidades de matrícula como segunda titulación, os datos máis salientables da Facultade, etc.

Actuacións a desenvolver

Se ben os estudantes de bacharelato deben ter acceso aos materiais informativos (folletos, web, podcasts elaborados polos profesores da titulación no que sinteticen os motivos polos que os alumnos deben cursar as materias que imparten, e que se colgarán na páxina web do Departamento) é imprescindible establecer un material específico para estudantes egresados, profesores do centro, orientadores nos centros de ensino medio e persoas de relevancia pública. O material será difundido entre os grupos de interese con capacidade de liderado de opinión.

O material será difundido entre os grupos de interese con capacidade de liderado de opinión.

Período de execución

Curso 2015---2016. Curso 2016---2017. Curso 2017---2018.

Indicadores de execución

--- Materiais deseñados e distribuídos (soporte, cantidade, potenciais receptores,...)

--- Datos de matrícula.

Seguimento Esta acción estase a implementar en varias fases: na primeira delas a acción é global a título de Facultade. Neste sentido, no curso 2015-16 enviáronse por correo postal trípticos e marcapáxinas a centros de Ensino Secundario públicos e privados de Galicia. Así mesmo, aproveitando o programa A Ponte, sexa por medio dos nosos profesores conferenciantes, sexa por medio das visitas de estudantes á Facultade de Filoloxía, sexa pola presenza do noso PDI nas Comisións Delegadas das Probas de Acceso á Universidade, os trípticos informativos relativos á estrutura dos nosos Graos e a outras informacións son repartidos entre o estudantado de Secundaria.

Ao longo dos vindeiros cursos tentarase elaborar unha publicidade máis específica do Grao en Filoloxía Clásica.

Page 9: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

9

Denominación da proposta

AM---04. Organización de actividades destinadas aos líderes de opinión.

Punto feble detectado

Baixa demanda da titulación de GFC, non acadando o número mínimo de alumnos/as de novo ingreso requirido pola Xunta de Galicia.

Responsable da súa aplicación

Equipo Decanal da Facultade

Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa Italiana

Obxectivos específicos

Elaborar unha axenda de actividades destinadas aos grupos de interese con capacidade de influencia na opinión dos futuros estudantes (estudantes egresados, profesores do centro, orientadores nos centros de ensino medio e persoas de relevancia pública) que permita realizar no centro varias actividades ao longo do curso para que este público obxectivo teña un contacto constante co centro.

Actuacións a desenvolver

A organización de actividades no centro destinadas aos grupos de interese con capacidade de influencia na toma de decisión é un elemento que xa ben sendo usado pola Universidade de Santiago en titulacións como xornalismo ou comunicación audiovisual.

Estes encontros, a modo de reunións informais, cursos de formación específica, conferencias de alto interese, talleres de aplicación de técnicas (escrita, aplicacións e programas informáticos) etc son un xeito claro de explicarlle á sociedade as actividades de interese que se fan no centro.

Período de execución

Curso 2015---2016. Curso 2016---2017. Curso 2017---2018.

Indicadores de execución

--- Número de participantes de distintos sectores.

--- Número de reunións/actividades organizadas.

--- Datos de matrícula.

Seguimento

Celebración dos Obradoiros de Cultura Clásica (25 de novembro 2015) con participación de profesorado de Ensino Secundario.

Con motivo da entrega de premios da II Olimpíada de Tradución (6 de maio de 2016) celebráronse talleres didácticos na Facultade de Filoloxía aos que acudiron os alumnos premiados cos seus profesores. Ademais diso, profesores de varios centros de Secundaria prepararon os diferentes talleres.

Celebración de cursos de formación, como o Curso de Formación en Latín Activo: Latine doceamus, latine discamus (25 de abril 2016): http://www.usc.es/es/departamentos/latin_grego/modules/news/news_0007.html

Page 10: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

10

Denominación da proposta

AM---05 Creación e establecemento de vínculos estables cos estudantes egresados.

Punto feble detectado

Ausencia de información sobre ítems que atinxen a este colectivo: cuestións de autoemprego e emprego en xeral; percepción do equipamento material que envolve a titulación.

Responsable da súa aplicación

Equipo Decanal da Facultade

Departamento de Latín e Grego (actual Departamento de Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana)

Obxectivos específicos

Coñecemento da situación laboral deste colectivo

Utilización deste grupo como un sector importante dentro dos líderes de opinión

Detectar posibles necesidades de materiais e servizos

Actuacións a desenvolver

Organización dunha xuntanza cos alumnos de último ano do grao para establecer puntos de contacto (recabar correos electrónicos, creación dun grupo “social”) e poder manter contacto con eles.

Creación dun grupo social (whattsapp, facebook) no que se integren o meirande número posible de estudantes xa egresados, que poden ser localizados mediante os seus enderezos e invitados a participar.

Período de execución

Curso 2015---2016. Curso 2016---2017. Curso 2017---2018.

Indicadores de execución

Número de participantes nestes foros Número de enquisas entregadas

Presenza de membros deste colectivo nas actividades de formación e publicitación do título

Seguimento

Reunión en novembro de 2015 cos estudantes de 4º. Creación dun grupo de correo electrónico con eles e cos anteriores egresados. A coordinadora escribe dúas veces aos egresados interesándose por eles e pedíndolles participación nas enquisas. Por primeira vez temos resposta nas enquisas de satisfacción.

Denominación da proposta

AM---06 .Revisión e adaptación dos programas de materias.

Punto feble detectado

Necesidade de introducir métodos de ensino---aprendizaxe de linguas máis prácticos e interactivos .

Responsable da súa aplicación

Departamento de Latín e Grego

Obxectivos Conseguir unha máis atractiva, natural e activa implicación do estudante no

Page 11: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

11

específicos proceso inicial de aprendizaxe das linguas clásicas.

Actuacións a desenvolver

Adaptar os programas das materias implicadas para dar más peso a actividades relacionadas con métodos do estilo de Hans H. Orberg, Lingua Latina per se illustrata, Santiago Carbonell, Diálogos, ou Mario Díaz, Alexandros.

Levar a cabo esas actividades no desenvolvemento da materia coa axuda inescusable da Aula virtual.

Período de execución

Desde o curso 2015---2016

Indicadores de execución

Grao de satisfacción de profesores e estudantes

Mellora das distintas taxas que miden o grao de éxito do proceso de ensino---aprendizaxe

Seguimento

Reunións de coordinación para introducir melloras nos programas, especialmente nas clases interactivas. Pódense consultar as guías docentes e os campus virtuais das materias Lingua Grega 1 e 2, Lingua Latina 1 e 2. Tamén as enquisas de satisfacción coa docencia recibida: 4,18 sobre 5 no curso 2015-16.

Denominación da proposta

AM---07. Apoio titorial extraordinario.

Punto feble detectado

Os estudantes chegan con distintos niveis de coñecemento das linguas clásicas.

Responsable da súa aplicación

Departamento de Latín e Grego

Obxectivos específicos

Conseguir unha nivelación homoxénea de coñecementos nas linguas grega e latina en todos os estudantes.

Reforzar actividades específicas para estudantes con deficiencias no seguimento adecuado das materias.

Actuacións a desenvolver

Organización de clases de nivelación con cargo aos profesores responsables das materias.

Organización de actividades de reforzo desenvolvidas por alumnos egresados (dentro do proxecto Clauis nostra) e coordinadas polos profesores responsables das materias.

Período de execución

Desde curso 2015---2016

Indicadores de execución

Grao de satisfacción de profesores e estudantes

Mellora das distintas taxas que miden o grao de éxito do proceso de ensino---aprendizaxe

Page 12: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

12

Seguimento

A Profesora María Teresa Amado impartiu no curso 2015-16 clases de apoio extra para a materia Lingua Grega 1 Estudantes egresados impartiron aulas de apoio en grego e latín: http://asociacionaclabe.blogspot.com.es/

Page 13: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

13

Táboas e indicadores: 1.Datos de matrícula e evolución (ata o curso 2015-16)

Page 14: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

14

2.Datos de matrícula de inicio de estudos

Page 15: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

15

3. Taxa de abandono durante o primeiro curso

Código IN40G-S01-PM-01 Nome Taxa de abandono durante o primeiro curso (Grao) Procedemento de Cálculo Porcentaxe entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso,

que non se matricularon no título nos cursos X+1 e X+2, e o núm. total de estudantes da cohorte que accederon ao título no curso X

2012-13 2013-14 2014-15 2015-16

Total (%) 50,00 26,32 17,39 25,00

Page 16: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

16

4. Taxa de graduación

Código IN37G-S01-PM-01 Nome Taxa de graduación Procedemento de Cálculo Porcentaxe de estudantes que finalizan os estudos no tempo

previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis en relación á súa cohorte de entrada

2013-14 2014-15 2015-16 Total (%) 50,00 66,67 42,11

Page 17: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

17

5. Informe da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Curso académico 2011/2012 2012/2013 2013/2014 2014/2015 2015/2016

Pregunta Media Media Media Media Media Explica a programación da materia e os criterios de avaliación ao comezo da súa actividade docente

4.33

4.34

4.21

4.41

4.34

Cumpre co programa e o plan de traballo previsto 4.24 4.23 4.17 4.35 4.26

O material de apoio (bibliografía, textos, exercicios, manuais de prácticas,...) resúltame útil para a

3.99

3.98

3.99

4.15

4.16

Os recursos didácticos empregados reforzan a comprensión da materia (soportes multimedia, aula virtual, TICs, encerado, actividades prácticas e complementarias, guía docente, mapas conceptuais, esquemas, cadros,

3.79

3.96

3.94

4.06

4.16

Motiva a participación crítica e activa dos/as estudantes no

3.87 3.84 3.87 4.01 4.12

Favorece que desenvolva a miña capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucións nesta

3.72

3.76

3.74

3.87

4.06

Propón actividades para favorecer a miña aprendizaxe autónoma (a procura de información complementaria, a realización de

3.69

3.84

3.83

3.93

4.09

Organiza ben as clases e explica con claridade facilitando a comprensión

3.90 3.84 3.85 4.00 4.12

Resolve as dúbidas que se lle formulan (clase, titorías, aula virtual,

4.26 4.16 4.21 4.38 4.42

Consegue facerme ver a relevancia desta materia e o seu interese para a

3.90 4.11 3.94 4.07 4.21

Considero que hai coordinación entre os/as distintos/as profesores/as da materia (responde soamente se tes máis de un/unha profesor/a nesta

3.64

3.45

3.76

4.05

3.56

Ten unha actitude receptiva que facilita a comunicación cos/coas

4.19 4.13 4.12 4.23 4.30

A axuda recibida nas titorías foime de utilidade (responde unicamente se as

3.53 3.79 3.62 4.06 4.27

Globalmente estou satisfeito/a co/coa profesor/a

4.00 3.98 3.99 4.12 4.22

Curso académico 2011/2012 2012/2013 2013/2014 2014/2015 2015/2016

Valoración

3.96 3.99 3.96 4.13 4.18

Porcentaxe de

51,85 58,44 44,44 48,62 45,45

Page 18: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

18

6. Informe da enquisa de satisfacción dos egresados (curso 2014-2015)

- FICHA TÉCNICA -

Deseño cuestionario: Servizo de Xestión Académica e Área de Calidade e Mellora de Procedementos Forma realización: Cuestionario autoadministrado

Traballo de campo: Área de Calidade e Mellora de Procedementos

Tabulación dos datos: Área de Calidade e Mellora de Procedementos

Data de realización enquisas: Marzo, abril e novembro de cada curso Elaboración informe: Área de Calidade e Mellora de Procedementos

Curso 13/14 Curso 14/15 Número cuestionarios cubertos: - 2 Taxa de resposta: - 25,00%

Satisfacción coa titulación e o centro

Indica o teu grao de satisfacción coa formación recibida na titulación: Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Formación Teórica - 3,53 3,00 3,56

Formación Práctica - 2,46 3,00 2,67

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Valora o grao en que a titulación contribuíu a que adquiriras ou potenciaras os seguintes aspectos da túa formación:

Curso 13/14 Curso 14/15 Media título

Media global

Media título

Media global

Capacidade para a aprendizaxe autónoma - 3,64 3,50 3,68 Pensamento crítico - 3,33 3,00 3,41 Capacidade de comunicación oral/escrita - 3,20 2,50 3,31 Capacidade de traballo en equipo - 3,27 1,50 3,44 Capacidade de análise - 3,30 3,00 3,37 Capacidade de transmitir información, ideas, problemas e solucions dentro do meu ámbito de estudo

-

3,27

3,00

3,36

Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas dun xeito creativo ou ori inal dentro do me ámbito de est do

-

2,90

3,00

2,97

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Se realizaches prácticas externas durante a titulación, indica en que grao consideras que completaron a túa formación

-

3,75

-

3,89

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Se participaches nalgún programa de mobilidade, indica en que grao consideras que contribuíu á túa formación

-

4,08

5,00

4,06

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Page 19: FACULTADE DE FILOLOXÍA · Presentación . O Grao en Filoloxía Clásica, unha titulación da rama de Artes e Humanidades implantada na USC desde o curso 2002010, recibiu no curso

19

Media título

Media

Media título

Media

Indica o grao en que a formación recibida na titulación cumpriu as expectativas creadas antes de comezala

-

3,03

2,50

3,11

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Indica o grao de satisfacción global co profesorado da titulación - 3,02 3,00 3,15 Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Indica a túa satisfacción coa adecuación dos horarios, o calendario académico e de exames e a organización académica en xeral co título

-

2,76

4,00

2,95

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Valora a información e apoio recibidos nas actividades de acollida e presentación realizadas polo centro/título

-

2,76

3,50

2,90

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Curso 13/14 Curso 14/15

Media título

Media

Media título

Media

Indica a túa satisfacción coas infraestruturas e os materiais dispoñibles no teu centro - 2,78 4,00 2,89 Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Valora os seguintes recursos e servizos (só no caso de que os empregaras)

Curso 13/14 Curso 14/15 Media título

Media

Media título

Media

Recursos tecnolóxicos (Campus Virtual, Secretaría Virtual, redes wifi, etc…) - 3,57 4,00 3,62 Biblioteca - 3,90 4,50 3,92 Cafetería/comedor - 3,42 5,00 3,45

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

Satisfacción coa información, xestión académica e reclamacións

Indica a idoneidade dos seguintes medios para obter información

Curso 13/14 Curso 14/15 Media título

Media

Media título

Media

Oficina de Información Universitaria - 3,12 3,50 3,22 Unidade de Xestión Académica - 3,12 2,00 3,26 Páxina web da Universidade de Santiago de Compostela - 3,30 3,50 3,45 Información na propia Facultade/Escola ou Título (web propia, presentacións,…) - 3,08 4,50 3,16 Outros (Folletos informativos, anuncios en prensa, publicidade en xeral,..) - 2,49 4,00 2,59

Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)

No caso de que algunha vez presentaras algunha reclamación ante a Dirección ou o Decanato do centro, valora a atención recibida

Curso 13/14 Curso 14/15 Media título

Media global

Media título

Media global

Dirección ou Decanato do Centro 2,70 5,00 2,80 Escala de valoración desde 1(Nada) ata 5(Moito)