FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula,...

12
FACULTADE DE FILOLOXÍA TFG Grao en Linguas e Literaturas Modernas Comisión de Títulos de Grao GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO 2016/2017

Transcript of FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula,...

Page 1: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

FACULTADE DE FILOLOXÍA

TFG Grao en Linguas e

Literaturas Modernas

Comisión de Títulos de Grao

GUÍA DOCENTE E MATERIAL DIDÁCTICO

2016/2017

Page 2: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

FACULTADE DE FILOLOXÍA AUTORES: Comisión de Títulos de Grao da Facultade de Filoloxía Edición electrónica 2016 ADVERTENCIA LEGAL: Reservados todos os dereitos. Queda prohibida a duplicación total ou parcial desta obra, en calquera forma ou por calquera medio (electrónico, mecánico, gravación, fotocopia ou outros) sen consentimento expreso por escrito dos autores.

2

Page 3: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

Obxectivos da materia

Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela, aprobada no Consello de Goberno do 2 de maio de 2013, o TFG consiste na elaboración dun traballo orixinal no que se acrediten as destrezas e os coñecementos adquiridos durante os estudos realizados na titulación de Grao.

No § 2.4 da antedita Normativa especifícase que “os traballos deberán estar orientados á

aplicación das competencias asociadas á titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo”.

O TFG no Grao en Linguas e Literaturas Modernas (GLLM), realizado baixo a dirección dun profesor con docencia no título, serve para a posta en práctica dos coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos no Grao, así como para a comprobación das competencias vinculadas a este.

Contidos

O TFG debe ser un traballo orixinal e versar sobre un tema relacionado co GLLM. Segundo se recolle no artigo 3 do Regulamento do TFG da Facultade de Filoloxía, tense que adecuar aos contidos do Maior e incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación.

Debe ser redactado e defendido na lingua do Maior, agás no caso do Maior en Filoloxía Románica, no que se pode empregar calquera das linguas románicas.

O tema concreto do TFG debe adecuarse á oferta de liñas temáticas vixente no curso académico 2016-2017. A cada alumno adxudícaselle, previa solicitude, unha liña temática e mais un titor. Posteriormente, o alumno e o titor delimitan o título do TFG, que debe ser aprobado pola Comisión de Títulos de Grao da Facultade.

A oferta de liñas temáticas e titores para o curso 2016-2017 está dispoñible en http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/TFG.html, desde xullo de 2016. A do GLLM é a seguinte:

Lingua e Literatura Alemás

Liña temática Director Nº TFG Recomendacións

Gramática Alemana – Morfología/Sintaxis María José Domínguez Vázquez 1

Semántica, Lexicología y Lexicografía María José Domínguez Vázquez 2

Lingüística contrastiva María José Domínguez Vázquez 1 alemán><español/alemán><gallego

Traducción María José Domínguez Vázquez 2 alemán><español/alemán><gallego

Lingüistica Contrastiva español/alemán Irene Doval Reixa 2

Traducción español alemán: elaboración Irene Doval Reixa 2 corpus bilingües y memorias de traducción

Page 4: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

Traducción alemán español: lengua jurídica Irene Doval Reixa 2 y económica

Construcciones características del alemán Irene Doval Reixa 2 hablado: análisis sintáctico y semántico-

pragmático Análise do discurso: a lingua do discurso Irene Doval Reixa 1 político

Sintaxis alemana Irene Doval Reixa 1

Cultura Alemana Jaime Feijóo Fernández 2

Literatura alemana de la Ilustración al Jaime Feijóo Fernández 3 Romanticismo

Literatura e memoria.Literatura do Rosa Marta Gómez Pato 2 Holocausto

Literatura en lingua alemá a partir de 1945 Rosa Marta Gómez Pato 2

Literatura alemá dende o Posromanticismo Rosa Marta Gómez Pato 2 ata o Realismo

Literatura alemá do exilio Rosa Marta Gómez Pato 1

Literatura alemá e autobiografía Rosa Marta Gómez Pato 1

Tradución no par alemán-galego/castelán Rosa Marta Gómez Pato 2

Literatura alemá medieval: a novela Emilio González Miranda 2 cortesana

Literatura alemá medieval: a épica heroica Emilio González Miranda 2

Literatura alemá medieval: a narrativa breve

Emilio González Miranda 2

Literatura da Idade Moderna temperá: a Emilio González Miranda 2 novela en prosa

Literatur da Idade Moderna temperá: a Emilio González Miranda 2 novela picaresca

Variación e cambio na lingua alemá Barbara Lübke 1

Gramática alemá Barbara Lübke 2

Morfoloxía alemá Barbara Lübke 1

Semántica, Lexicología y Lexicografía del Carmen Mellado Blanco 1 Alemán

Fraseología del Alemán(-Español) Carmen Mellado Blanco 1

Historia de la Lengua Alemana Carmen Mellado Blanco 1

Lingüística Contrastiva Alemán-Español Carmen Mellado Blanco 1

Literatura escrita por mujeres de la época Dolors Sabaté Planes 1 de vanguardias

Discursos político-culturales de la Dolors Sabaté Planes 1 República de Weimar

Relaciones político-culturales hispano- Dolors Sabaté Planes 1 alemanas durante la República de Weimar

y la II Guerra Mundial

Page 5: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

Literatura de viajes moderna y Dolors Sabaté Planes 1 contemporánea escrita por mujeres

Nº total de TFG ofertados 53

Lingua e literaturas Francesas

Liña temática Director Nº TFG Recomendacións

Didáctica do Francés como Laura Pino Serrano 1 Lingua Estranxeira Nuria Rodríguez Pedreira 2 Francés de Especialidade Nuria Rodríguez Pedreira 1 Francofonía Carlos Pérez Varela 1 Gramática Francesa Laura Pino Serrano 3

María Luz Casal Silva 2 Lingua Francesa Montserrat López Díaz 2

Nuria Rodríguez Pedreira 1 Lingüística Francesa Montserrat López Díaz 2

Literatura de Expresión Francesa Manuel García Martínez 2 Laurence Malingret 2

Teatro e Estudos Teatrais Manuel García Martínez 3 Tradución Literaria Laurence Malingret 2

Cultura Francesa María Luz Casal Silva 2 Carlos Pérez Varela 3

Ecocrítica César Pablo Domínguez Prieto 1 Estudos Teatrais Anxo Abuín González 1

Intermedialidade Anxo Abuín González 1 Antonio Jesús Gil González 1

Literatura, Cine e Televisión. A Anxo Abuín González 1

adaptación

Socioloxía da Literatura e da É conveniente estar

Arturo Casas Vales 1 matriculado/a na materia

Cultura “Socioloxía da literatura”

do Minor TLLC

Nº total de TFG ofertados 34

Page 6: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

Lingua e Literatura Italianas

Liña temática Director Nº TFG Recomendacións

Léxico e Diccionarios María Teresa Sanmarco Bande 1 Lingüística Italiana Diacrónica Benedict Buono 1 Lingüística Italiana Sincrónica María Montes López 2

Literatura Italiana Escrita por Mulleres María Consuelo de Frutos

1

Martínez

Literatura Italiana Medieval Isabel González Fernández 1 Literatura Italiana dos Séculos XV e XVI Ana María Domínguez Ferro 2 Literatura Italiana dos Séculos XIX e XX Cristina Marchisio 1 Nº total de TFG ofertados 9

Lingua Portuguesa e Literaturas Lusófonas

Liña temática Director Nº TFG Recomendacións

Elias José Feijó Torres 3 José Luís Forneiro Pérez 1 María Isabel Morán Cabanas 1

Cultura e Literaturas Lusófonas Carlos Quiroga Díaz 2 María Felisa Rodríguez Prado 2 José António Souto Cabo 1 María Carmen Villarino Pardo 1

Língua Portuguesa José Luís Forneiro Pérez 1 José António Souto Cabo 1

Oralidades do Português Julio Diéguez González 2 Ortografia portuguesa Julio Diéguez González 2 Literaturas europeas

María do Cebreiro Rábade Villar 1

comparadas

Teorías da lírica María do Cebreiro Rábade Villar 1 Nº total de TFG ofertados 19

Filoloxía Románica Liña temática Director Nº TFG Recomendacións

Mercedes Brea López 2 Dada a amplitude da liña

Lingüística Románica: estudos

proposta, é preferible que se Francisco Fernández Campo 2 histórico-comparativos fale con algún dos docentes

para perfilar o tema do traballo

Francisco Fernández Rei 2

Lingüística Románica: aspectos Francisco Fernández Rei 2 Dada a amplitude da liña proposta, é preferible que se

de sociolingüística fale co director para perfilar o

Manuel González González 2

tema do traballo.

Page 7: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

Mariña Arbor Aldea 2 Dada a amplitude da liña

Esther Corral Díaz 2

Literatura Románica Medieval: proposta, é preferible que se Elvira Fidalgo Francisco 2

xéneros, autores e textos fale con algún dos docentes

Santiago Gutiérrez García 2 para perfilar o tema do

traballo. Pilar Lorenzo Gradín 2

Nº total de TFG ofertados 20

No caso de que un alumno, por causas debidamente xustificadas, non puidese

defender o seu TFG en ningunha das oportunidades do curso académico 2015-2016, poderá solicitar que a asignación que entón se lle fixo se prorrogue ata este curso.

No artigo 10 do Regulamento do TFG da Facultade de Filoloxía indícase que, de modo excepcional, o estudante e/ou o titor poden solicitar a anulación da asignación do TFG, ou ben o cambio de proxecto, mediante escrito razoado remitido á Comisión de Títulos de Grao e presentado na Secretaría da Facultade antes da conclusión das actividades docentes do primeiro semestre do curso. Así mesmo, se precisa facer algún cambio menor no título, debe solicitalo mediante escrito razoado remitido á Comisión ata o 15 de xuño.

Tal e como se especifica na Memoria do GLLM, a extensión do TFG será de entre 65.000 e 120.000 caracteres con espazos, excluídos apéndices.

O TFG deberá incluír na súa estrutura os seguintes elementos: Portada e primeira páxina. Índice paxinado. Introdución. Contidos / Desenvolvemento. Conclusións. Bibliografía consultada. Apéndices (se os hai).

Bibliografía básica e complementaria

O titor de cada TFG proporcionaralle ao alumno unha bibliografía inicial que

deberá ser completada coa indagación do estudante.

Competencias

• Ser capaz de definir os obxectivos do traballo. • Ser capaz de deseñar e organizar as tarefas para alcanzar os obxectivos

previstos e desenvolver o traballo de acordo cos mesmos. • Saber buscar e seleccionar información relevante. • Facer uso dos coñecementos adquiridos ao longo dos estudos que sexan

pertinentes para o obxecto do traballo, e integrar con eles a nova información conseguida.

Page 8: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

• Ser capaz de organizar a información da que dispón e presentala de forma clara, sistemática e precisa, para que sexa comprendida por outras persoas.

• Saber identificar as limitacións e/ou carencias do traballo realizado e propoñer nas conclusións suxestións de cara ao futuro.

• Dominar a expresión oral e escrita en distintos contextos. Metodoloxía do ensino

Segundo se explica no § 5.1 da Normativa, o TFG debe ter un titor que asista

ao estudante na realización do mesmo. O titor planificará sesións de traballo, nas que establecerá a programación das tarefas e orientará o TFG. Será responsable de asesorar ao estudante no desenvolvemento do traballo e de velar polo cumprimento dos obxectivos fixados, así como de realizar o seguimento e emitir un informe preceptivo e confidencial sobre o mesmo antes da súa defensa.

Sistema de avaliación

A avaliación dos TFG realízase por un ou varios tribunais –dependendo do número dos traballos que se teñan presentado– formados por tres profesores da USC que impartan docencia no GLLM, excluído o titor. Deben nomearse tamén dous suplentes para cada tribunal.

O tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde conforme aos criterios de avaliación recollidos máis abaixo e axustados ao disposto na memoria de verificación do título, outorgando a cualificación conforme á seguinte escala numérica, de 0 a 10, con expresión dun decimal, á que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa:

Non Presentado 0 - 4,9: Suspenso 5,0 - 6,9: Aprobado 7,0 - 8,9: Notable 9,0 - 10: Sobresaliente

Os membros do tribunal de avaliación realizarán un informe, segundo o

modelo elaborado para estes efectos, no que avaliarán os seguintes aspectos:

a) Calidade do TFG: cumprimento dos obxectivos propostos, adecuación e desenvolvemento das tarefas formuladas, metodoloxía, dificultade e conclusións.

b) Presentación escrita do TFG: presentación xeral, claridade expositiva, estruturación e corrección gramatical e ortográfica.

c) Presentación oral e defensa: concisión, claridade expositiva, capacidade de debate, defensa argumental, propiedade e corrección no uso da lingua.

O informe do titor será tido en consideración no momento de cualificar o

traballo.

A cualificación final outorgada ao TFG por cada membro do tribunal obterase de acordo coa seguinte ponderación:

a) Contido: 65%.

Page 9: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

b) Presentación escrita: 15%. c) Presentación oral: 20%.

A cualificación final resultará de aplicar a media aritmética entre as notas

atribuídas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.

A mención de Matrícula de Honra (MH) poderá outorgarse a aqueles TFG que obteñan unha cualificación igual ou superior a 9,0. O seu número non poderá exceder do 5% do alumnado matriculado nesta materia no curso académico 2016-2017. Se o número de alumnos é inferior a 20, poderase conceder unha MH. Esta mención só poderá outorgarse unha vez rematadas as defensas de todos os traballos correspondentes ao curso académico. Naquelas titulacións nas que se constituíse un único tribunal en todas as oportunidades, será este o que outorgue as MH que correspondan. No caso de existiren dous ou máis tribunais avaliadores, a atribución desta cualificación corresponderá realizala á Comisión de Títulos de Grao, oídas as propostas dos diferentes tribunais actuantes.

Este sistema será válido para as dúas oportunidades a que dá dereito a matrícula do TFG.

Tempo de estudo e traballo persoal

Na Memoria de verificación do GLLM atribúeselle a cada crédito un valor de 25 horas de traballo do estudante, polo que ao TFG, materia de 12 créditos, correspóndenlle 300 horas de dedicación (aproximadamente 20 horas semanais nun cuadrimestre).

Procedemento xeral para elixir, elaborar e defender o TFG

MATRÍCULA

1. Para matricularse do TFG só se poden ter pendentes, como máximo, 75

créditos, excluídos os correspondentes ao TFG. 2. A matrícula dá dereito a dúas oportunidades por curso académico, e hai tres

opcións para elixir: febreiro, xullo ou setembro. É importante ter en conta que a oportunidade de febreiro unicamente poderá ser empregada por aqueles alumnos que se gradúen ao remate do primeiro cuadrimestre.

SELECCIÓN DE LIÑA TEMÁTICA E TITOR

3. Os departamentos ofertan cada ano unha serie de liñas temáticas e titores, que se coñecen con tempo suficiente.

4. No mes de setembro hai que entregar na secretaría da Facultade, no prazo que se fixe, un formulario para a solicitude de asignación de traballo coas propostas de liña temática e titor que máis interesen, por orde de preferencia. Se un alumno matriculado do TFG no curso anterior non o puidese ter defendido en ningunha das oportunidades por causas debidamente xustificadas, pode solicitar neste mesmo prazo que se lle prorrogue a asignación de liña temática e titor.

5. Cando varios estudantes solicitan a mesma liña e titor, teñen prioridade aqueles con mellor expediente académico, polo que é MOI IMPORTANTE

Page 10: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

que a solicitude inclúa un número suficiente de propostas, para evitar que a Comisión de Títulos de Grao teña que asignalos de oficio.

6. É ACONSELLABLE poñerse en contacto previamente co titor ou titores das liñas que máis interesen para clarificar o tipo de traballo que se podería elaborar, sobre todo se a liña temática é de carácter moi xeral.

SELECCIÓN DE TEMA E TÍTULO

7. Unha vez que se asigne a proposta, o alumno debe contactar co seu titor a fin de delimitar o tema concreto e o título do TFG.

8. No prazo máximo dun mes desde a asignación, debe entregarse na secretaría da Facultade un formulario, que levará o visto e prace do titor, no que se incluirá o título e unha breve descrición do contido do TFG.

DEFENSA

9. Pódese presentar a solicitude de defensa pública do TFG aínda que haxa algunha materia pendente de ser avaliada na segunda oportunidade.

10. Para a defensa pública do TFG é imprescindible ter superados todos os créditos da titulación.

11. O TFG debe contar co visto e prace do titor (vid. infra, Observacións, § x).

12. Debe cubrirse o documento ‘Solicitude de defensa’ cos datos do alumno e os

do TFG. É IMPRESCINDIBLE incluír o título do traballo nas tres linguas que se solicitan.

13. O documento debe enviarse no prazo establecido, en formato DOC e sen asinar, ao seguinte enderezo de correo electrónico:

[email protected] O nome do documento debe conter a denominación abreviada do Maior en Linguas e Literaturas Modernas e os apelidos do estudante, como no seguinte exemplo:

italiano_rodriguez_lopez.doc

14. No mesmo prazo, entréganse na Secretarías do Departamento de Filoloxía

Francesa e Italiana (TFG Francés e Italiano), de Filoloxía Galega (TFG Portugués e Románicas) e de Filoloxía Inglesa e Alemá (TFG Alemán) os seguintes documentos: • Unha copia en papel do documento anterior (Solicitude de defensa),

asinada polo estudante e mais polo titor. • Unha copia en papel do documento coa autorización de difusión e a

declaración de que se trata dun traballo orixinal, asinado unicamente polo estudante.

• Unha copia en papel actualizada do expediente do alumno, extraído da súa secretaría virtual. Se algunha materia está pendente de ser avaliada na segunda oportunidade, a Normativa da USC dispón que “o secretario/a do

Centro solicitará do profesorado encargado das materias que informe sobre as cualificacións do alumnado que vaia presentar os traballos na mesma convocatoria” (artigo 4, § 4.3).

Page 11: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

• Tres copias en papel encadernadas do TFG, asinadas polo estudante e polo titor.

• Unha copia electrónica do TFG en CD-ROM, en formato PDF, tamén asinada por ambos os dous na primeira páxina.

15. Días despois o tribunal anunciará con antelación suficiente o lugar e a hora en que se realizará o acto de defensa do TFG. Observacións

É conveniente que, antes de iniciar o proceso, se lea con atención a Normativa

vixente da USC e mais o Regulamento para a elaboración do TFG da Facultade, dispoñible en en http://www.usc.es/gl/centros/filoloxia/guiacentros/TFG.html. Recoméndase a consulta frecuente desta páxina, onde hai información completa e actualizada sobre todo o proceso de elaboración e defensa do TFG, ademais dos formularios que se precisan ao longo do mesmo.

É RESPONSABILIDADE DO ALUMNO:

i. Asistir ás sesións de traballo concertadas co titor. ii. Desenvolver o traballo conforme á planificación acordada co titor e, de non ser

así, xustificar as desviacións. iii. Atender ás indicacións do titor. iv. Tomar a iniciativa na resolución de problemas. v. Cumprir cos prazos, requisitos formais e de presentación establecidos na

normativa e nesta guía docente. Debe lembrarse que o TFG supón unha dedicación de 300 horas.

É RESPONSABILIDADE DO TITOR: vi. Reunirse co alumno nas ocasións acordadas.

vii. Aconsellar ao alumno sobre as cuestións relativas á realización do traballo. viii. Advertir o estudante cando o progreso do TFG estea por debaixo do estándar

esperado e aconsellalo sobre o modo de resolver o problema. ix. Emitir o informe preceptivo. x. Dar o visto e prace ao TFG. Con el, o titor non se responsabiliza da calidade,

senón que se limita a dar a súa conformidade aos seguintes aspectos do traballo: • Adecúase a contidos do Grao en LLM; máis en concreto, á liña temática

asignada, así como ao título e resumo previamente aprobados. • Cumpre os requisitos mínimos esixidos relativos á extensión e á

estruturación (vid. supra, Contidos).

Page 12: FACULTADE DE FILOLOXÍA...Obxectivos da materia Segundo se recolle na Normativa de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de

QUE NON SE DEBE ESPERAR DO TITOR: xi. O labor do titor é meramente orientativo, de xeito que non se debe esperar del que

corrixa a redacción e cada unha das incorreccións gramaticais ou ortográficas do TFG; a súa tarefa non é actuar como corrector de probas do traballo.

xii. Debe lembrarse que, segundo a Normativa da Planificación Académica Anual do curso 2016-2017, o encargo do titor é de 3,5 horas lectivas e 6,5 de titorías para cada TFG, polo que non se debe esperar del que se ocupe de xeito constante e ininterrompido dos traballos que lle fosen asignados, e tampouco que estea dispoñible en calquera horario, nos días non laborables ou nas súas vacacións.