FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes...

20

Transcript of FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes...

Page 1: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en
Page 2: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

3.5. O/a estudante que realice a súa estadía de prácticas nun determinado semestre está obrigado a asistir regularmente ás clases doutras materias nas que puidese estar tamén matriculado/a e a respectar o horario establecido pola entidade na que realice as súas prácticas. Por elo, é conveniente realizar a estadía de prácticas nun semestre no que non se cursen outras materias distintas ao Traballo Fin de Grao. En todo caso, a empresa/entidade/organismo facilitará a asistencia aos exames oficiais.

4. SOLICITUDES

4.1. Quen desexe participar no proceso de selección deberá facelo constar por escrito, mediante a presentación no Decanato da Facultade do modelo de solicitude que figura no Anexo I da presente convocatoria. En todo caso observaranse os prazos establecidos no apartado 5, co obxecto de dispoñer en prazo da nota media do expediente académico de cara ao proceso de asignación das prazas ofertadas.

4.2. Para seren admitidos/as ao procedemento de selección os/as aspirantes deberán cubrir todos os apartados da solicitude, manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos e condicións de acceso esixidas, referidas á data de expiración do prazo sinalado para a presentación de solicitudes.

4.3. A comprobación do falseamento dos datos da solicitude suporá decaer nos seus dereitos de participación na convocatoria, sen prexuízo da esixencia da responsabilidade disciplinaria en que o/a alumno/a puidera incorrer.

4.4. A presentación da solicitude implica a total aceptación das bases da presente convocatoria.

5. PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Prácticas Curriculares: Primeiro prazo: Do 27 ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro de 2015 (Lémbrase que o mes de agosto non é hábil a efectos administrativos). Segundo prazo: do 9 de setembro ao 25 de setembro de 2015. Terceiro prazo: do 21 de xaneiro ao 12 de febreiro de 2015 .

Prácticas Extracurriculares:

O período de solicitude permanecerá aberto dende o 16 de setembro de 2015 ao 31 de maio de 2016.

6. LUGAR DE RECOLLIDA E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

Os modelos de solicitude estarán dispoñibles na conserxería ou no Decanato da Facultade de Ciencias Política e Sociais. Tamén é posible descargar o modelo de solicitude no seguinte enderezo web: http://www.usc.es/gl/centros/politicas/practicas.html

A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en horario de atención ao público (de 9:00 a 14:00 horas).Tamén poderá enviarse por correo electrónico ao enderezo [email protected], ou a través do Servizo de Correos, mediante envío certificado ao enderezo: USC. Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Decanato Avda. do Dr. Ángel Echeverri, s/n. Campus Vida. 15782 Santiago de Compostela

Page 3: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

7. LUGAR DE NOTIFICACIÓNS DOS ACTOS DERIVADOS DA PRESENTE CONVOCATORIA

De conformidade co artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, o taboleiro de anuncios no que se efectuarán as sucesivas comunicacións será o taboleiro de anuncios sito no vestíbulo da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. Tamén se publicarán no enderezo web http://www.usc.es/gl/centros/politicas/practicas.html , sen prexuízo da súa publicación complementaria noutros medios electrónicos ou taboleiros da USC.

8. OFERTA DE PRAZAS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS EXTERNAS (Anexo III).

8.1. A relación coa oferta de prazas para a realización de prácticas externas dos/das estudantes do Grao en Ciencia Política e da Administración publícase como Anexo III da presente convocatoria.

8.2. A relación de empresas, entidades ou organismos do Anexo III actualizarase semanalmente para incluír as novas ofertas de prazas que se vaian recibindo.

8.3. O 14 de setembro de 2015 publicarase o listado de empresas que se utilizará no acto de asignación de prazas recollido no apartado 10.2 desta convocatoria.

9. SELECCIÓN E ORDEACIÓN DOS CANDIDATOS

9.1. Practicas Curriculares: Primeiro Prazo:

a) Unha vez rematado o primeiro prazo de presentación de solicitudes, publicarase no taboleiro e na web da Facultade a relación provisoria de aspirantes admitidos e excluídos ordenados en función da súa cualificación media (calculada segundo o protocolo do SUG).

b) Terase en conta a cualificación media que figure no expediente do/da solicitante o día 9 de setembro de 2015.

c) Para emendar os defectos da publicación anterior, os aspirantes desconformes coa súa cualificación media poderán presentar a oportuna solicitude de modificación na Secretaría do Decanato da Facultade, no prazo de 3 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación da lista de admitidos e excluídos. No caso de non facelo, manteranse definitivas as súas cualificacións.

Segundo e terceiro Prazo: a) As solicitudes presentadas entre o 9 e o 15 de setembro serán ordenadas en función da

súa cualificación media (calculada segundo o protocolo do SUG), e poderán elixir en función da puntuación obtida, unha vez que remate o proceso de elección dos solicitantes do primeiro prazo.

b) As solicitudes que se presenten con posterioridade ao 15 de setembro ordenaranse por orde de entrada, e adxudicaráselle unha praza das vacantes existentes no momento de presentar a solicitude.

9.2. Practicas Extracurriculares: a) Coas solicitudes presentadas ata o día anterior, o segundo e o último venres de cada mes

publicarase no taboleiro e na web da Facultade a relación de prácticas extracurriculares adxudicadas aos e aspirantes admitidos ordenados en función da súa cualificación media (calculada segundo o protocolo do SUG).

Page 4: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

10. ASIGNACIÓN DE PRAZAS

10.1. Os/as estudantes que no curso no que van a realizar as prácticas externas propiciasen a sinatura dun convenio cunha empresa ou entidade terán nese curso académico preferencia para a realización de prácticas na empresa ou entidade proposta.

10.2. Finalizado o proceso de solicitude, os/as estudantes admitidos/as serán convocados/as para o día 16 de setembro, ás 12 horas, no Salón de Graos, para elixir a praza na que desexen realizar as prácticas curriculares. a) En primeiro lugar elixirán os solicitantes do primeiro prazo de solicitude, en función da orde

de prelación obtida pola súa cualificación media. b) A continuación poderán elixir aqueles solicitantes que presentaron a súa solicitude entre o 9

e o 15 de setembro, en función da orde de prelación obtida pola súa cualificación media. 10.3. A asignación de prazas, das solicitudes presentadas con posterioridade ao 15 de setembro

farase mediante resolucións da Decana de acordo cos criterios establecidos no apartado 8.

11. COMISIÓN DE SEGUIMENTO DAS PRÁCTICAS

11.1. O Coordinador de prácticas da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais, profesor Andrés Cernadas Ramos, responsabilizarase da organización da asignación de titores e coordinará o seguimento e avaliación das prácticas dende o punto de vista académico.

11.2. Designarase entre os profesores da titulación un ou unha titor/a académico/a nomeado/a polo Centro para cada práctica ofertada coa misión de facer un seguimento máis directo da práctica, dar resposta ás expectativas formativas establecidas, asegurar o seu correcto desenvolvemento e informar en primeira instancia sobre as memorias de prácticas entregadas polo estudante e a entidade colaboradora.

11.3. A Comisión de TFG, prácticas externas e mobilidade delegada da Xunta de Facultade ocuparase do seguimento das prácticas externas.

12. SELECCIÓN DO ALUMNADO SOLICITANTE

12.1. No proceso de asignación das prazas de prácticas garantiranse os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito dos aspirantes.

12.2. Naquelas entidades ou empresas nas que solicitan un perfil competencial concreto, na publicación da oferta de prazas observase as materias e cualificación requiridas para poder obstar a dita praza.

12.3. O listado de seleccionados coa asignación de prazas publicarase no taboleiro de anuncios e páxina web da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais.

13. RENUNCIA E PERMUTAS ENTRE DESTINOS

O alumnado que desexe renunciar á praza obtida trala asignación contemplada no apartado 9 deberá presentar na oficina do responsable da Unidade de Apoio á Xestión a Centros e Departamentos da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais un escrito de renuncia á praza asignada nun prazo máximo de 2 días hábiles a partires da data de publicación no taboleiro da Facultade do listado de seleccionados. O alumnado que renuncie fóra do prazo establecido decaerá nos seus dereitos.

Page 5: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

14. ADXUDICACIÓN DEFINITIVA

Finalizado o prazo de renuncia, realizarase a adxudicación definitiva das prazas que se fará pública no taboleiro de anuncios e na páxina web do centro.

15. MATRÍCULA

15.1. Antes do inicio das prácticas, o estudante ten que ter formalizada a oportuna matrícula na Unidade de Xestión Académica (UXA), e liquidar os prezos públicos que lle correspondan.

15.2. A falta de matrícula previa á realización das prácticas impedirá, en todos os casos, o desenvolvemento das mesmas e a súa inclusión ou recoñecemento no expediente dos créditos por equivalencia.

16. AVALIACIÓN

16.1. No departamento onde se leve a cabo a formación práctica designarase un Titor con titulación académica suficiente, baixo cuxa supervisión realizará as prácticas cada estudante, e que velará polo cumprimento do plan específico de formación práctica fixado polo profesor titor. Cando o/a estudante se incorpore ao período de prácticas, o seu Titor remitirá ao Coordinador de Prácticas da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais o “Certificado de incorporación ás prácticas” que se recolle como Anexo IV desta convocatoria. Unha vez que o estudante remate a súa estancia formativa o titor externo emitirá un informe sobre as actividades realizadas durante o período de prácticas, indicando o período (datas de inicio e fin) (Ver modelo de informe no Anexo V da presente convocatoria)

16.2. O estudante presentará ademais unha memoria de prácticas. 16.3. A avaliación das prácticas levaraa a cabo o titor académico da USC, tendo en conta o informe do

estudante, a memoria presentada polo estudante ao final das prácticas e o informe do/a titor/a externo/a do departamento onde levase a cabo a formación práctica.

16.4. O réxime de cualificacións será o ordinario das materias do plan de estudos. 16.5. O titor académico será o encargado da xestión das actas académicas da materia, asinará as

actas elaboradas e dará traslado das mesmas á correspondente Unidade de Xestión Académica (UXA). A Secretaría Xeral establecerá as oportunas instrucións en materia de actas así como para a resolución das incidencias detectadas. O réxime de entrega, conservación e custodia será o xeral da USC.

16.6. A correspondente Unidade de Xestión Académica (UXA) poñerá a disposición do organismo convocante das prácticas os datos oportunos aos efectos estatísticos e de avaliación do rendemento das prácticas.

17. INCLUSIÓN DAS PRÁCTICAS NO EXPEDIENTE

17.1. No expediente académico reflectiranse o destino e entidade colaboradora na que o alumnado realizou as súas prácticas, os créditos e a avaliación recibida. Asemade, o contido das prácticas deberá ser certificado polo departamento competente da entidade colaboradora.

17.2. A imputación das prácticas realizadas terá lugar no curso académico no que foron matriculadas, e na convocatoria que coincida co período de finalización das mesmas.

17.3. Para os casos de recoñecemento, a data de inclusión das prácticas no expediente será a correspondente á data de pagamento dos prezos públicos.

17.4. As prácticas extracurriculares reflectiranse no Suplemento Europeo do Título, con indicación do destino e entidade colaboradora na que o alumnado realizou as súas prácticas, os créditos

Page 6: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

recoñecidos e a avaliación recibida. Asemade, o contido das prácticas deberá ser certificado polo departamento competente da entidade colaboradora.

18. DEREITOS DOS CANDIDATOS SELECCIONADOS

18.1. O alumnado admitido ás prácticas terá dereito a ser titorizado e avaliado no seu desenvolvemento.

18.2. No caso de que a/o estudante, unha vez matriculado, non recibise a formación en prácticas por incumprimento da entidade colaboradora, o Centro procurará a súa incorporación noutra entidade na mesma convocatoria de prácticas e, de resultar imposible, terá dereito á devolución dos prezos públicos aboados e preferencia na asignación das prazas na convocatoria de prácticas seguinte.

19. DEBERES DOS CANDIDATOS SELECCIONADOS

19.1. O alumnado deberá formalizar a matrícula antes do inicio do período de prácticas. A non formalización da matrícula no prazo establecido suporá a renuncia á realización de prácticas nese curso académico.

19.2. As/os estudantes están obrigados á realización do número total de créditos dos que estean matriculados. A cualificación do alumnado que renuncie ás prácticas, unha vez comezado o seu período de formación ou transcorrido o prazo de renuncia ao que fai referencia o apartado 12 da presente convocatoria, será de suspenso, e perderá o dereito a solicitar praza na mesma entidade en futuras convocatorias.

19.3. A/o alumna/o comprometerase co seu período de formación, capacitándose nas rutinas profesionais da entidade colaboradora, realizando as tarefas asignadas, respectando o sistema organizativo, gardando sixilo sobre os asuntos que coñeza, e cumprindo os límites horarios establecidos na presente convocatoria.

19.4. O alumnado comunicará ao titor académico de prácticas do Centro calquera dúbida, ou incidencia que se produza no desenvolvemento das prácticas.

19.5. A/o alumna/o, ao remate do período de prácticas, ten a obriga de presentar un informe (ver modelo no Anexo VI da presente convocatoria) e unha memoria (ver recomendacións para a elaboración da memoria de prácticas no Anexo VII da presente convocatoria) ante o/a titor/a académico como máximo nos 15 días seguintes ao remate das mesmas.

20. RELACIÓN DOS ESTUDANTES COA ENTIDADE COLABORADORA

20.1. A vinculación das/dos estudantes en prácticas coa entidade asinante do convenio de colaboración non terá en ningún caso carácter laboral nin a consideración de contrato en prácticas, aprendizaxe, tempo parcial ou calquera outra modalidade existente.

20.2. As/os estudantes en prácticas non poderán realizar tarefas de responsabilidade ou risco na entidade colaboradora, nin realizar tarefas propias e exclusivas do persoal da mesma. As actividades estarán sempre e en todo caso orientadas a unha aprendizaxe práctica titorizada.

20.3. A entidade colaboradora non poderá cubrir co alumnado en prácticas ningún posto de traballo, nin sequera con carácter eventual ou interino. Non se poderá formalizar ningunha modalidade de contrato de traballo entre a entidade colaboradora e o estudante mentres sexa de aplicación o convenio de colaboración respecto dese estudante.

20.4. A entidade colaboradora receptora de alumnado en prácticas nomeará un/ha titor/a de prácticas que garantirá unha axeitada programación, desenvolvemento e verificación das prácticas, informando ao Centro de calquera incidencia que se produza no devalar das prácticas.

Page 7: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en
Page 8: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

       

ANEXO I

Modelo de solicitude para participar nas prácticas externas do Grao en Ciencia Política e da Administración

CURSO ACADÉMICO 2015-2016

DATOS PERSONAIS: Apelidos Nome DNI / NIF Enderezo postal Localidade Código Postal Teléfono Fixo Teléfono Móbil Correo Electrónico CONVENIO PROPICIADO POLO SOLICITANTE:

Se o solicitante ten prioridade na adxudicación, por ter propiciado a sinatura dun convenio Indique o nome da

empresa/organismo e o período de preferencia

Nome da Empresa/organismo Período

SOLICITUDES DE PRÁCTICAS EN CONCELLOS Se desexa realizar as prácticas nun concello que non figura na relación de prazas ofertadas indique o nome do concello

e o período de preferencia

Concello Período

Pola presente, a/o estudante abaixo asinante solicita a súa inscrición na presente convocatoria de prácticas, declarando que coñece e acepta as bases de dita convocatoria, e que é consciente de que calquera ocultación ou inexactitude nos datos reflectidos na presente solicitude levará consigo o seu arquivo. Asemade, a alumna ou alumno abaixo asinante consente na cesión de datos do seu expediente ao Decanato e ás entidades colaboradoras para a realización da selección. En Santiago de Compostela, a …. de ………………de 2015 SINATURA DA/DO SOLICITANTE: ESPAZO RESERVADO Á ADMINISTRACIÓN

Page 9: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO II

GRAO EN CIENCIA POLÍTICA E DA ADMINISTRACIÓN

FICHA TÉCNICA DO PROGRAMA DE PRÁCTICAS TITULACIÓN Grao en Ciencia Política e da Administración

PERFIL DO ALUMNADO PARTICIPANTE

Estudantes do 4º curso matriculados na materia “Prácticas Externas” do Grao en Ciencia Política e da Administración.

OBXECTIVOS XERAIS DAS PRÁCTICAS

Desenvolvemento de tarefas adecuadas ao seu nivel de formación, relacionadas coa ciencia política e a xestión pública, que permitan ao/a alumno/a, unha vez completada a titulación, dispoñer dunha experiencia que lle facilite a súa integración no mercado laboral.

COMPETENCIAS ESPECÍFICAS QUE O ESTUDANTE ACADARÁ AO SUPERAR AS PRÁCTICAS

- Familiarización co funcionamento de administracións públicas, institucións, partidos políticos, empresas ou organizacións non gobernamentais.

- Capacidade de xestión de material documental.

- Coñecemento dos procedementos máis frecuentes da xestión das organizacións.

- Capacidade para identificar e transmitir ideas, problemas e solucións.

- Capacidade de análise do entorno das organizacións

- Capacidade de análise de problemas de xestión

- Capacidade para planificar e organizar o traballo

- Capacidade de elaboración e exposición de informes.

RELACIÓN DE POSIBLES ACTIVIDADES ACORDES AO PERFIL COMPETENCIAL DO ALUMNO/A NO INICIO DAS PRÁCTICAS

- Colaboración en tarefas administrativas relacionadas cos principais procesos organizativos

- Asistencia no desenvolvemento da función de recursos humanos, xestión de asuntos económicos e infraestructural.

- Asistencia en tarefas de comunicación interna e externa

- Elaboración de informes.

- Análise de datos (cualitativa e cuantitativa)

- Organización de bases documentais e datos comúns.

- Manexo e interpretación de distintos documentos.

- Seguimento e avaliación de actividades.

- Deseño de proxectos e campañas

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS CURRICULARES

As prácticas curriculares terán a duración prevista na memoria da titulación, duración750 h (Número de créditos ECTS: 30; número de horas por crédito: 25) Períodos de realización: 1) 1º semestre (outubro 2015-febreiro 2016) 2) 2º semestre (febreiro 2016 -xuño 2016)

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS EXTRACURRICULARES

As prácticas extracurriculares terán unha duración de entre 250 e 375 horas (entre 10 e 15 créditos ECTS).

Page 10: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO IV

CERTIFICADO DE INCORPORACIÓN ÁS PRÁCTICAS

DATOS DO TITOR:

Apelidos Nome DNI e-mail Entidade/Empresa Cargo que ocupa Teléfono Fixo Teléfono Móbil

DATOS DO ALUMNO:

Apelidos Nome DNI e-mail Teléfono Fixo Teléfono Móbil

Don/a …………………………………………………….………………….………, como titor/a

de Don/a …………………….…………………………………………………….…, certifico que

con data ……………………. o/a estudante de cuarto curso da Titulación de Grao en Ciencia

Política e da Administración, incorporouse para a realización das prácticas externas na

entidade/empresa ………………………………….………………………………………………..

En __________________, a ____ de _________________ de 2015

Page 11: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO V

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2015                                                                                             1 

INFORME DO TITOR/A DA ENTIDADE COLABORADORA

DATOS XERAIS

Nome do/a alumno/a:

Nome da entidade colaboradora:

Departamento no que se integra o/a alumno/a:

Nome do/a titor/a externo/a:

Cargo que ocupa o/a titor/a na entidade:

Tfno.: Fax: E-mail:

CALENDARIO E HORARIO DAS PRÁCTICAS

Data de inicio das prácticas: ______ de __________________ de 20__

Data de finalización das prácticas: ______ de __________________ de 20__

Nº de horas diarias: _______ , dende as __________ ás ___________ horas

Nº total de horas realizadas: _______

RESUMO DAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS POLO/A ESTUDANTE:

Page 12: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO V

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2015                                                                                             2 

Pregámoslle que nas seguintes táboas exprese o seu grao de satisfacción co desempeño do/a alumno/a

CUMPRIMENTO DE OBRIGAS: Nada

satisfeito/a Pouco

satisfeito/a Satisfeito/a

Moi satisfeito/a

Asistencia

Cumprimento do plan de traballo

OBSERVACIÓNS:

REALIZACIÓN E APROVEITAMENTO DAS ACTIVIDADES: Nada

satisfeito/a Pouco

satisfeito/a Satisfeito/a Moi

satisfeito/a

Desenvolvemento das actividades previstas

Calidade na execución das tarefas encomendadas

Avance no dominio das técnicas e ferramentas necesarias no posto de traballo

Progreso en aptitudes e habilidades profesionais

OBSERVACIÓNS:

Page 13: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO V

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2015                                                                                             3 

APTITUDES: Nada

satisfeito/a Pouco

satisfeito/a Satisfeito/a Moi

satisfeito/a

Integración na entidade

Motivación

Iniciativa

Responsabilidade

Creatividade

Predisposición para aprender

Traballo en equipo

Capacidade de aprendizaxe

Receptividade ás críticas

OBSERVACIÓNS: AVALIACIÓN GLOBAL: Considerando tódolos los aspectos anteriores, como avaliaría globalmente a estadía de prácticas do/a estudante?

Nada satisfactoria

Pouco satisfactoria

Satisfactoria Moi satisfactoria

Razoe brevemente a súa valoración:

Sinatura do titor e selo da entidade

En ______________________, a ______ de ________________ de 20__

Page 14: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO V

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2015                                                                                             4 

A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais agradece a súa colaboración na formación dos seus estudantes.

Este informe deberá ser remitido ao titor/a académico/a do Centro por calquera dos seguintes medios:

- Entregándoo ao estudante nun sobre pechado, que o fará chegar ao seu titor/a

académico.

- Por correo postal, ao seguinte enderezo:

A/A Nome do titor/a académico/a Facultade de Ciencias Políticas e Sociais Avda. Dr. Ángel Echeverri, s/n - Campus Vida 15782 - Santiago de Compostela

- Por correo electrónico dirixido ao titor/a académico/a

Page 15: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO VI

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2014                                                                                              1 

INFORME DO/A ESTUDANTE

DATOS XERAIS: Nome e apelidos do/a estudante:

Tfno.: E-mail:

Nome da entidade colaboradora onde realizou as prácticas:

Horario das prácticas:

Total de horas por día: ______ , dende as _______ ás ________ horas. Nº Total de horas realizadas: __________

Pregámosche que nas seguintes táboas expreses o teu grao de satisfacción coa experiencia realizada

Nada satisfeito/a

Pouco satisfeito/a Satisfeito/a

Moi satisfeito/a

Espazo e equipamento de traballo

Horario

Ambiente de traballo

OBSERVACIÓNS:

Page 16: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO VI

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2014                                                                                              2 

ACTITUDES DO/A TITOR/A ASIGNADO/A POLA ENTIDADE:

Nada satisfeito/a

Pouco satisfeito/a

Satisfeito/a Moi satisfeito/a

Axuda para a integración na entidade, unidade ou equipo

Explicación das tarefas

Resolución de dúbidas

Motivación

Xestión de situacións problemáticas de carácter laboral ou persoal

OBSERVACIÓNS: VALORACIÓN DA ESTADÍA DE PRÁCTICAS

Nada satisfeito/a

Pouco satisfeito/a

Satisfeito/a Moi

satisfeito/a

Encaixe xeral entre a Titulación e as prácticas realizadas

Progreso en aptitudes e habilidades profesionais

Que materias das cursadas ao longo da titulación foron máis útiles para realizar as prácticas?

OBSERVACIÓNS:

Page 17: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO VI

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2014                                                                                              3 

AVALIACIÓN GLOBAL:

Considerando tódolos aspectos anteriores e calquera outro non considerado, como avaliarías globalmente as prácticas realizadas? (Marcar cun “X”)

Nada satisfeito/a

Pouco satisfeito/a Satisfeito/a

Moi satisfeito/a

Razoa brevemente a túa valoración: Finalmente, recomendarías esta entidade a outros estudantes para a realización da súa estadía de prácticas no vindeiro curso académico?

Si Non

Por que?

Sinatura do/a estudante

En ______________________, a ______ de ________________ de 20__

Este documento deberá ser entregado ao titor/a académico/a (ou, no seu defecto, á Secretaría do Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais), xunto coa memoria de prácticas, nun prazo máximo de 15 días dende o remate da estadía de prácticas.

Page 18: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO VII

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2014                                                                                              1 

RECOMENDACIÓNS PARA A ELABORACIÓN DA MEMORIA DE PRÁCTICAS EXTERNAS NA TITULACIÓN

DE GRADUADO/A EN CIENCIA POLÍTICA E DA ADMINISTRACIÓN

1. Introdución A finalidade do programa de prácticas externas da Titulación de Graduado/a en Ciencia Política e da Administración é promover o desenvolvemento profesional e a inserción laboral dos futuros titulados. Para elo, o programa permite por a proba os coñecementos e competencias adquiridos durante os tres primeiros cursos da Titulación, así como descubrir novas posibilidades de aplicación. Ademais, contribúe a dar a coñecer mellor as oportunidades profesionais e o perfil competencial dos titulados ás distintas entidades colaboradoras. Ao abeiro do programa de prácticas externas, os estudantes de cuarto curso da Titulación de Graduado/a en Ciencia Política e da Administración realizarán de xeito obrigatorio unha estadía mínima de prácticas de 700 horas de duración, ás que se sumarán 50 horas dedicadas á elaboración da memoria de prácticas. A memoria de prácticas, xunto co informe cumprimentado do estudante, se lle fará chegar ao titor/a académico/a nun prazo máximo de 15 días dende o remate da estadía de prácticas. Este documento ten como obxectivo facilitar ao estudantado o traballo de elaboración da memoria de prácticas. 2. Que é a memoria de prácticas? A memoria de prácticas é un traballo estruturado que ten por obxectivo informar sobre as tarefas desempeñadas e os coñecementos e competencias adquiridos durante a estadía de prácticas. A memoria debe demostrar que as prácticas realizadas foron útiles para aplicar os coñecementos e competencias adquiridos durante os tres cursos anteriores da Titulación, así como para adquirir novos coñecementos e competencias, referidos, por exemplo, á resolución de problemas, traballo en equipo, creatividade ou xestión de proxectos. Ademais, a redacción da memoria de prácticas debe probar a adquisición dunha certa familiarización coa escritura profesional por parte do/a estudante. Non obstante, a memoria se redactará de xeito comprensible para outros estudantes do mesmo nivel e formación. Xa que logo, a memoria non é a presentación dun traballo de investigación que obrigue ao/á estudante a crear unha contribución inédita sobre un tema; nin tampouco un “diario de a bordo” que se limite a describir cronoloxicamente as actividades levadas a cabo durante a estadía de prácticas. A información sobre as funcións desempeñadas e as tarefas realizadas na entidade receptora constitúe só unha parte dos contidos do traballo. É moi recomendable que, antes da redacción do texto definitivo, a/o estudante se entreviste co/titor/a correspondente para que lle dea o visto bo aos contidos e estrutura da memoria.

Page 19: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO VII

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2014                                                                                              2 

3. Recomendacións para a redacción da memoria A memoria de prácticas é o resultado dun traballo continuo realizado ao longo da estadía de prácticas, polo que é desexable ir tomando notas sobre a natureza das actividades desenvolvidas (a xeito de diario) dende o primeiro día no que a/o estudante acude á entidade receptora. Estas notas débense ter en conta no momento de reflexionar sobre os contidos e a estrutura da memoria, pero non deben ser insertadas directamente no texto definitivo. O máis importante da elaboración dunha boa memoria de prácticas é dedicar tempo a reflexionar sobre a relación entre as funcións desempeñadas e as tarefas realizadas durante a estadía de prácticas e a formación e as competencias adquiridas durante os tres primeiros cursos da Titulación. A memoria debe presentar unha estrutura argumentativa sólida e clara dende a introdución ás conclusións, relacionando ao longo do texto (en cada apartado e incluso en cada parágrafo) os datos empíricos e os argumentos. A introdución é moi importante porque o seu contido é a base de todo o desenvolvemento posterior. Non obstante, é recomendable redactala unha vez rematada a memoria. O texto da memoria debe obrigatoriamente informar sobre as actividades principais da entidade de acollida, pero sen desvelar aqueles datos que a entidade considera confidencias. En ningún caso un dato recollido durante a estadía de prácticas pode ser difundido sen autorización da entidade receptora e sen realizar unha mención precisa da súa procedencia. É sempre recomendable respectar as normas de cortesía que esixen que na memoria de prácticas apareza un agradecemento explícito á entidade de acollida e ás persoas que contribuíron decisivamente á realización das prácticas. Ademais, unha vez finalizada, debe enviarse á entidade unha copia da memoria. En canto ás conclusións, valorarase a capacidade demostrada pola/o estudante para transmitir o modo en que as aprendizaxes anteriores ás prácticas se transformaron noutras aprendizaxes de rango superior, e en que medida a experiencia na entidade de acollida lle permitiu abrir camiño cara a novas oportunidades de desenvolvemento profesional. Unha estrutura arquetípica de memoria debería incluír as seguintes seccións:

- Introdución. - Actividades principais desenvolvidas. - Actividades complementarias. - Principais coñecementos e habilidades aplicados. - Dificultades / Problemas atopados. - Descrición da calidade das relacións mantidas (titor/a; outros estudantes en prácticas;

empregados/as da mesma unidade; outros traballadores da entidade; usuarios/as). - Autoavaliación do traballo desenvolvido e valoración dos coñecementos e habilidades que

considera necesario reforzar de cara á futura inserción laboral. - Conclusións.

Page 20: FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida ... · A presentación das solicitudes farase no Decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais de luns a venres en

FACULTADE DE CIENCIAS POLÍTICAS E SOCIAIS Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 881 815 128 http://www.usc.es/gl/centros/politicas

ANEXO VII

© Facultade de Ciencias Políticas e Sociais (USC), 2014                                                                                              3 

Finalmente, na redacción da memoria débense ter en conta as seguintes esixencias:

A extensión do texto principal da memoria debe ser dun mínimo de 10 páxinas en formato Arial 10 a 1,5 espazos (ou o equivalente a un mínimo de 5.000 palabras).

Ao texto principal, se engadirá unha portada, na que se incluirán tódolos datos persoais do estudante e unha referencia á entidade de acollida e o período de prácticas; unha segunda páxina, na que figurarán os agradecementos e unha terceira co índice e paxinación, así como, se procede, un índice de gráficos, cadros e táboas.

No caso de citar bibliografía, débese engadir unha relación final das obras citadas. Anexos (se procede)

4. Avaliación das prácticas A avaliación das prácticas corresponde ao coordinador de prácticas, tendo en conta a memoria presentada polo/a estudante, así como o informe do titor externo da entidade colaboradora e o informe do titor académico correspondente. O réxime de cualificacións será o ordinario das materias do plan de estudos. A avaliación da memoria de prácticas se fundamentará nos seguintes extremos:

Presentación Estrutura (ordenación dos contidos) Calidade expositiva (uso da linguaxe, precisión conceptual,claridade) Planificación do traballo realizado e axuste aos requerimentos da entidade colaboradora Sentido da responsabilidade: compromiso, cortesía coa entidade receptora e respecto pola

propiedade intelectual.