Exposición Ramón Cabanillas (TESAL)

2
Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados en 1876. Poeta en lingua galega, considérase un dos escritores máis destacados da literatura galega do século XX, aínda que pode situárselle máis propiamente nunha etapa de transición entre o século XIX e o XX. Recibiu en vida o apelativo de "Poeta de Raza". A súa producción poética mostra os seus dotes como versificador en numerosos rexistros temáticos e estilísticos, como o amoroso, o relixioso e o cívico. Apoiou o movemento agrarista e pertenceu ás Irmandades da Fala, o que fixo que se lle considerara un símbolo do Nacionalismo anterior á Guerra Civil. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos, na Real Academia Galega e na Real Academia Española. O conxunto da súa obra resulta amplio, complexo e de difícil catalogación. En canto ós seus libros de poemas, o primeiro é No desterro. Visións galegas (1913), que contén poemas patrióticos cercáns á poesía de Curros Enríquez, si ben Cabanillas mantúvose cercán ó catolicismo; nél percíbese a lectura de Rosalía de Castro, así como influencias modernistas. O mesmo sucede en Vento mareiro (1915). En Da terra asoballada (1917) abundan as composicións de carácter reivindicativo da identidade política e cultural de Galicia. En O bendito San Amaro (1926) imita a factura dos romances de cego, con debuxos de Castelao. O poemario Na noite estrelecida (1926) está influido polo celtismo e enlaza a lenda do Grial con Galicia, coa intención de exaltar a su patria. En A rosa de cen follas. Breviario dun amor (1927) insisteu na descripción da vida e a paisaxe mariñeira da súa terra, así como en conta-las costumes da Galicia campesiña, aínda que se trata dun poemario de amor. Despois da Guerra Civil publicou Camiños do tempo (1949), no que recuperou o sentimento céltico pondaliano. Antífona da cantiga (1951) pasou a denominarse en edicións posteriores Cancioneiro popular galego, porque recolle un bo número de cantares populares, cunha introducción en prosa. Outras obras poéticas posteriores foron Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e de tempos idos (1955) e Samos (1958), última obra publicada en vida do autor, que constitúe un poema épico de inspiración relixiosa. Póstumamente publicouse Romaxes da Franqueira con mais o Romance i o diálogo do mouro i o cristiano (1974). Cabanillas tamén escribiu obras dramáticas: A man da santiña (1921) é unha comedia de costumes escrita a instancias de Antonio Vilar Ponte para a primeira actuación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego; O mariscal (1926), escrito en colaboración con Antón Vilar Ponte é unha traxedia histórica sobre a execución do mariscal Pero Pardo de Cela polos Reises Católicos ás portas da Catedral de Mondoñedo, que lle serve ós seus autores para denunciar a venganza do poder central castelán contra os señores feudales galegos, con clara intención ideolóxica. Trala Guerra Civil escribiu o texto parateatral Romance do cristián e do mouro na Franqueira (1949), Macías o namorado (1956), Ofrenda das fadas no portal de Belén (1958) e Galicia, 1808 (inédita). Ramón Cabanillas Ramón Cabanillas Polo Salnés con (1876-1959) Exposición Fotográfica 50 Aniversario do Pasamento Salas Multiusos do Thalasso Spa Moaña Rúa Pura P . Prado nº 1 36950 Moaña Pontevedra T. 986 118 894 | [email protected] | www.tesal.com

Transcript of Exposición Ramón Cabanillas (TESAL)

Page 1: Exposición Ramón Cabanillas (TESAL)

Ramón Cabanillas Enríquez naceu en Cambados en 1876. Poeta en lingua galega, considéraseun dos escritores máis destacados da literatura galega do século XX, aínda que pode situársellemáis propiamente nunha etapa de transición entre o século XIX e o XX. Recibiu en vida oapelativo de "Poeta de Raza". A súa producción poética mostra os seus dotes como versificadoren numerosos rexistros temáticos e estilísticos, como o amoroso, o relixioso e o cívico.

Apoiou o movemento agrarista e pertenceu ás Irmandades da Fala, o que fixo que se lleconsiderara un símbolo do Nacionalismo anterior á Guerra Civil. Ingresou no Seminario de EstudosGalegos, na Real Academia Galega e na Real Academia Española.

O conxunto da súa obra resulta amplio, complexo e de difícil catalogación. En canto ós seuslibros de poemas, o primeiro é No desterro. Visións galegas (1913), que contén poemas patrióticoscercáns á poesía de Curros Enríquez, si ben Cabanillas mantúvose cercán ó catolicismo; nélpercíbese a lectura de Rosalía de Castro, así como influencias modernistas. O mesmo sucedeen Vento mareiro (1915).

En Da terra asoballada (1917) abundan as composicións de carácter reivindicativo da identidadepolítica e cultural de Galicia. En O bendito San Amaro (1926) imita a factura dos romances decego, con debuxos de Castelao. O poemario Na noite estrelecida (1926) está influido poloceltismo e enlaza a lenda do Grial con Galicia, coa intención de exaltar a su patria. En A rosade cen follas. Breviario dun amor (1927) insisteu na descripción da vida e a paisaxe mariñeirada súa terra, así como en conta-las costumes da Galicia campesiña, aínda que se trata dunpoemario de amor.

Despois da Guerra Civil publicou Camiños do tempo (1949), no que recuperou o sentimentocéltico pondaliano. Antífona da cantiga (1951) pasou a denominarse en edicións posterioresCancioneiro popular galego, porque recolle un bo número de cantares populares, cunhaintroducción en prosa. Outras obras poéticas posteriores foron Da miña zanfona (1954), Versosde alleas terras e de tempos idos (1955) e Samos (1958), última obra publicada en vida do autor,que constitúe un poema épico de inspiración relixiosa. Póstumamente publicouse Romaxes daFranqueira con mais o Romance i o diálogo do mouro i o cristiano (1974).

Cabanillas tamén escribiu obras dramáticas: A man da santiña (1921) é unha comedia decostumes escrita a instancias de Antonio Vilar Ponte para a primeira actuación do ConservatorioNazonal de Arte Galego; O mariscal (1926), escrito en colaboración con Antón Vilar Ponte éunha traxedia histórica sobre a execución do mariscal Pero Pardo de Cela polos Reises Católicosás portas da Catedral de Mondoñedo, que lle serve ós seus autores para denunciar a venganzado poder central castelán contra os señores feudales galegos, con clara intención ideolóxica.

Trala Guerra Civil escribiu o texto parateatral Romance do cristián e do mouro na Franqueira(1949), Macías o namorado (1956), Ofrenda das fadas no portal de Belén (1958) e Galicia, 1808(inédita).

Ramón CabanillasRamón Cabanillas

Polo Salnés con

(1876-1959)

Exposición Fotográf ica

50 Aniversar io do Pasamento

Salas Mult iusos do Thalasso Spa Moaña

Rúa Pura P. Prado nº 1 36950 Moaña

Pontevedra

T. 986 118 894 | [email protected] | www.tesal.com

Page 2: Exposición Ramón Cabanillas (TESAL)

Realizou estudos de Técnico Medio de Laboratorio de Imaxe Fotográfica (1998-1999) eRealización de Audiovisuais e Espectáculos (1999-2001) na Escola de Imaxe e Son de Vigo(EISV). Traballa, dende o 2003, como fotógrafo en El Faro de Vigo, redacción de Vilagarciade Arousa.

En 1987 comeza na fotografía no Taller Fotográfico "Auzotegi", de Pamplona. En anosposteriores, comeza a publicar en medios locais de Navarra. A partir de 1991 da o saltoá profesionalidade, con traballos en publicacións de varios lugares de España. En 1992,cunha reportaxe sobre a guerra en Croacia e Bosnia, comenza como "freelance",traballando como tal ata 2001. En 1994 trasládase a Barcelona, onde compaxina o traballocon estudos no Instituto de Estudos Fotográficos e Cinematográficos de Cataluña (U.P.I.F.C),para completar a súa formación técnica, ata ese momento autodidacta. Dende 2001,abandona o traballo de reporteiro, dedicándose a outras disciplinas fotográficas, traballosde creación persoal e ensaios fotográficos.

Coruñés, nado en París o 3 de decembro de 1965, e cambadés dende fai 18 años.Fotógrafo dende 1991. Ten como principal actividade a fotografía de autor e fai traballosesporádicos en publicidade, sen dedicación profesional exclusiva, ata 2007, data na quemontou un estudo fotográfico. Autor da páxina web www.cambadosenfotos.net.

Nada o dous de novembro de 1973.Descubriu a fotografía nos anos 90 e o seu primeiro contacto foi co laboratorio de brancoe negro que lle parecía máxico. Dende entón ten traballado en prensa en varios medios.Aquí, na comarca do Salnes, actualmente faino en La Voz de Galicia.

Meaño (Pontevedra) 1981.Cursou estudos superiores de Artes Plásticas (Fotografía Artística), na Escola de Artes AntónFailde de Ourense (2002-2004). Realizou con Óscar Molina “Mirar detrás de la cámara”, -workshop encamiñado cara unha búsqueda creativa, mudando a súa posición ante aimaxe contemporánea- (2005). Ampliou a súa formación na Escola GrisArt de Barcelona,cos artistas Luca Pagliari e Rafael Badía (2005-2006).

Realizou diversas exposicións en Galiza, España e Portugal. Participa nunha exposicióncolectiva de 10 fotógrafos contemporáneos galegos no proxecto “Galigrafías”(próximamente). Colabora habitualmente no colectivo galego Fotoxoguete, ondepublicarán dúas monografías súas durante o 2009.A súa obra foi galardoada pola Obra Social Caja Madrid, e pola Deputación de Pontevedra(Novos Valores).

Cambados, 1980.Estudou o Ciclo Superior de Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña entre os anos1998 e 2000. Traballa como fotoxornalista na Delegación de Arousa do Xornal La Voz deGalicia. No 2004 traballou no Diario de Arousa en 2004.

Nado en Poio (Pontevedra) o 8 de xaneiro de 1981.Cursou estudos de laboratorio de fotografia no IES Arcebispo Xelmirez en Santiago deCompostela no curso 2003-2004, e realizou un curso de operador de camara de cine evideo na mesma cidade durante o ano 2004.En 2005 comenzou o seu periplo pola fotografía de prensa, labor que desempeña nacomarca de Arousa para o Diario de Arousa.

Nado en Curitiba-Paraná-Brasil, fillo de pai galego e nai brasileira.Licenciado en Educación Artística-Artes Plásticas (ufpr), profesor de fotografía e artes naInternational School of Curitiba. Redactor gráfico Faro de Vigo-Arousa dende 1993.Premio Galicia en Foco 2008.

Cursou estudos de fotografía artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo deSantiago de Compostela, e Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña.Traballou en Fotofixa na produtora NTR Telefábrica do Grupo Voz, e como fotoxornalistanos Xornais: La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa no Salnés. Na actualidadetraballa en La Voz de Galicia en Pontevedra.Premio Galicia de xornalismo deportivo.

Fotógrafo identificado co ambiente cotián e cunha tendencia creativa orientada caraá a realización de imaxes que tentan representar, dende unha perspectiva metafísicae poética,espazos temporais apoiados na memoria.Expón a súa obra regularmente, participando nos últimos anos en numerosas exposiciónscolectivas e individuais. Camiñante incansable, curioso e observador, imprime aos seustraballos unha coherencia estilística, con dose de naturalidade e de aberta visión.

Traballa como fotoxornalista dende o ano 1989 en diversos xornais galegos. Dende o ano2000 ata hoxe traballa como fotoperiodista en diversas revistas de toda España.No 2004 fundou “Fotoxoguete” empresa cultural da fotografía en Galiza, con propostascomo: obradoiros, librería, encontros, comisariados e coordinacións. No 2006 crea aeditorial “Fotoxoguete” coa publicación ata o día de hoxe de varios libros.

ExposiciónRamón Cabanillas

Polo Salnés con

Con motivo do 50 Aniversario do Pasamento do autor, invitouse a once fotógrafos aparticipar nesta exposición. A cada fotógrafo entregáronselle tres poemas de RamónCabanillas para que fixesen un traballo personal e creativo, inspirados e guiados polaobra do poeta. De esta maneira cada fotógrafo expón tres obras, contando a exposicióncun total de 33 obras. Esta exposición foi organizada por Candea e dirixida e comisariadapor Fotoxoguete en colaboración co Grupo Tesal.

Realizou estudos de Técnico Medio de Laboratorio de Imaxe Fotográfica (1998-1999) eRealización de Audiovisuais e Espectáculos (1999-2001) na Escola de Imaxe e Son de Vigo(EISV). Traballa, dende o 2003, como fotógrafo en El Faro de Vigo, redacción de Vilagarciade Arousa.

Iñaki Abella

En 1987 comeza na fotografía no Taller Fotográfico "Auzotegi", de Pamplona. En anosposteriores, comeza a publicar en medios locais de Navarra. A partir de 1991 da o saltoá profesionalidade, con traballos en publicacións de varios lugares de España. En 1992,cunha reportaxe sobre a guerra en Croacia e Bosnia, comenza como "freelance",traballando como tal ata 2001. En 1994 trasládase a Barcelona, onde compaxina o traballocon estudos no Instituto de Estudos Fotográficos e Cinematográficos de Cataluña (U.P.I.F.C),para completar a súa formación técnica, ata ese momento autodidacta. Dende 2001,abandona o traballo de reporteiro, dedicándose a outras disciplinas fotográficas, traballosde creación persoal e ensaios fotográficos.

Quico Álvarez

Coruñés, nado en París o 3 de decembro de 1965, e cambadés dende fai 18 años.Fotógrafo dende 1991. Ten como principal actividade a fotografía de autor e fai traballosesporádicos en publicidade, sen dedicación profesional exclusiva, ata 2007, data na quemontou un estudo fotográfico. Autor da páxina web www.cambadosenfotos.net.

Eduardo Apariz

Nada o dous de novembro de 1973.Descubriu a fotografía nos anos 90 e o seu primeiro contacto foi co laboratorio de brancoe negro que lle parecía máxico. Dende entón ten traballado en prensa en varios medios.Aquí, na comarca do Salnes, actualmente faino en La Voz de Galicia.

Mónica Irago

Meaño (Pontevedra) 1981.Cursou estudos superiores de Artes Plásticas (Fotografía Artística), na Escola de Artes AntónFailde de Ourense (2002-2004). Realizou con Óscar Molina “Mirar detrás de la cámara”, -workshop encamiñado cara unha búsqueda creativa, mudando a súa posición ante aimaxe contemporánea- (2005). Ampliou a súa formación na Escola GrisArt de Barcelona,cos artistas Luca Pagliari e Rafael Badía (2005-2006).

Realizou diversas exposicións en Galiza, España e Portugal. Participa nunha exposicióncolectiva de 10 fotógrafos contemporáneos galegos no proxecto “Galigrafías”(próximamente). Colabora habitualmente no colectivo galego Fotoxoguete, ondepublicarán dúas monografías súas durante o 2009.A súa obra foi galardoada pola Obra Social Caja Madrid, e pola Deputación de Pontevedra(Novos Valores).

Luis Barreiro

Cambados, 1980.Estudou o Ciclo Superior de Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña entre os anos1998 e 2000. Traballa como fotoxornalista na Delegación de Arousa do Xornal La Voz deGalicia. No 2004 traballou no Diario de Arousa en 2004.

Martina Miser

Nado en Poio (Pontevedra) o 8 de xaneiro de 1981.Cursou estudos de laboratorio de fotografia no IES Arcebispo Xelmirez en Santiago deCompostela no curso 2003-2004, e realizou un curso de operador de camara de cine evideo na mesma cidade durante o ano 2004.En 2005 comenzou o seu periplo pola fotografía de prensa, labor que desempeña nacomarca de Arousa para o Diario de Arousa.

Emilio Moldes

Nado en Curitiba-Paraná-Brasil, fillo de pai galego e nai brasileira.Licenciado en Educación Artística-Artes Plásticas (ufpr), profesor de fotografía e artes naInternational School of Curitiba. Redactor gráfico Faro de Vigo-Arousa dende 1993.Premio Galicia en Foco 2008.

José Luiz Oubiña

Cursou estudos de fotografía artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo deSantiago de Compostela, e Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña.Traballou en Fotofixa na produtora NTR Telefábrica do Grupo Voz, e como fotoxornalistanos Xornais: La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa no Salnés. Na actualidadetraballa en La Voz de Galicia en Pontevedra.Premio Galicia de xornalismo deportivo.

Mónica Vila

Fotógrafo identificado co ambiente cotián e cunha tendencia creativa orientada caraá a realización de imaxes que tentan representar, dende unha perspectiva metafísicae poética,espazos temporais apoiados na memoria.Expón a súa obra regularmente, participando nos últimos anos en numerosas exposiciónscolectivas e individuais. Camiñante incansable, curioso e observador, imprime aos seustraballos unha coherencia estilística, con dose de naturalidade e de aberta visión.

Xaquín Rosales

Carlos Puga