Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María

12
TRABALLO REALIZADO POR: GUILLERMO FERNÁNDEZ PORTAS MARÍA RODRÍGUEZ GONZÁLEZ 4ºC RAMÓN CABANILLAS

Transcript of Ramón Cabanillas, traballo de Guillermo e María

T R A B A L L O R E A L I Z A D O P O R :

G U I L L E R M O F E R N Á N D E Z P O R TA S

M A R Í A R O D R Í G U E Z G O N Z Á L E Z

4 º C

RAMÓN CABANILLAS

BIOGRAFÍA

Ramón Cabanillas Enríquez (Cambados, 3 de xuño de 1876 – 9 de novembro de 1959).Está considerado como un dos autores máis relevantes da primeira metade do século XX.

TRAXECTORIANo ano 1910 emigrou a Cuba, onde

publicou as súas primeiras obras e entrou en contacto co galeguismo da emigración.

De volta á Galiza, traballou en varios concellos do país e coñeceu de primeira man a loita agrarista. O compromiso co proxecto das Irmandades da Fala levouno a colaborar asiduamente no periódico “A Nosa Terra”.

En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega.

En 1976 foille adicado o Día das Letras Galegas. A Xunta de Galicia acordou dedicar o ano 2009 a Cabanillas

ESTILO LITERARIO

Poesía LíricaPoesía

Narrativa

POESÍA LÍRICA

Segue aos poetas do Rexurdimento, Rosalía e Curros. De carácter intimista (temas como o amor e

natureza) De carácter costumista (temas rurais) De carácter cívico (temas agraristas e anticaciquís,

exaltación do medio rural fronte á cidade)

POESÍA NARRATIVA

Poesía narrativa: segue a Pondal.Cabanillas realiza un poemario orientado cara á

recuperación das raíces e ´s creación de mitos como un xeito de mobilizar a conciencia colectiva. Así nace Na noite estrelecida.

Tamén de carácter narrativo é O bendito San Amaro, que narra o pecado, penitencia e milagres de don Amaro de Aventei, personaxe lendario na tradición popular da comarca do Salnés.

Samos, que presenta a historia e a vida comunitaria deste mosteiro no que Cabanillas pasou algunhas temporadas.

OBRAS TEATRAIS

Como autor teatral ten dúas obras: A man de Santiña, ambientada

nun tema amoroso. O Mariscal é unha traxedia

histórica sobre a execución do mariscal Pardo de Cela polos Reis Católicos; serve para denunciar a vinganza de poder central castelán contra os señores feudais galegos, con clara intención ideolóxica.

DESTACAN AS SEGUINTES ETAPAS:

Etapa pregaleguista.1916-1920: Etapa

galeguista. 1921-1930: Etapa mítico-

saudosista. 1949-1959: Etapa da

posguerra.)

ETAPA PREGALEGUISTA

Nesta etapa mostra a nostalxia do desterrado polo que quedou atrás. É unha etapa de poesía cívica, reivindicativa e anticaciquista. As obras máis destacadas desta etapa foron: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).

ETAPA GALEGUISTA 1916-1920

Nesta etapa emprega a Galiza como suxeito colectivo para mostrar a contraposición entre o labrego galego de actitude positiva e o fidalgo castelán de actitude negativa ou pesimista. As obras máis destacadas desta etapa foron Da terra asoballada (1917) e A saudade nos poetas galegos (1920).

ETAPA MÍTICO-SAUDOSISTA 1921-1930

A intención da obra literaria de Ramón Cabanillas nesta etapa era crear unha verdade paralela que mostre as leccións do pasado para dominar o presente e ter un mellor futuro. A linguaxe da produción literaria desta etapa era complexa e sistemática, con moito simbolismo, polo que non era entendible pola maior parte da poboación. As obras máis destacadas desta etapa foron A man da santiña (1921), O cabaleiro do Santo Grial (1922), Estoria do bendito San Amaro que foi chamado no mundo o Cabaleiro de Arentéi (1925), Na noite estrelecida (1926), O Mariscal (1926) e A rosa de cen follas (1927).

ETAPA DA POSGUERRA 1949-1959

As obras máis destacadas desta etapa foron Camiños no tempo (1949), Antífona da cantiga (1951), Da miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e tempos idos (1955) e Samos (1958)