Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En...

12
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 58 - febreiro de 2015 O 2014 foi un ano máis perdido para o em- prego en Galicia, e xa van seis desde o inicio da crise. Destruíronse 216.000 empregos desde que empe- zou a crise; isto é, desapare- ceron 18 de cada 100 pos- tos de traballo. A EPA demos- tra que a leve recuperación da actividade económica en 2014 no estado non trae, porén, datos positivos para Galicia. / PÁX. 3 Exercer o dereito de folga non é un delito

Transcript of Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En...

Page 1: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 58 - febreiro de 2015

O2014 foi un ano máisperdido para o em-prego en Galicia, e xa

van seis desde o inicio dacrise. Destruíronse 216.000empregos desde que empe-zou a crise; isto é, desapare-

ceron 18 de cada 100 pos-tos de traballo. A EPA demos-tra que a leve recuperaciónda actividade económica en2014 no estado non trae,porén, datos positivos paraGalicia. / PÁX. 3

Exercero dereito de folga

non é un delito

Page 2: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

GALiCiA SiNdiCAL Número 58 - febreiro de 2015

2

www.galicia.ccoo.es

Os gobernos do PP deGalicia e de España es-fórzanse por estrullar as

cifras e estatísticas sobre em-prego para demostrar que a si-tuación mellora; e o mesmocon outras variables económi-cas. Esforzo propagandísticobaldío ante as múltiples citaselectorais deste ano. CCOO véndenunciando adoito a precarie-dade do pouco emprego quese crea e a nula reactivacióneconómica pola incapacidadede consumo dunha cidadaníaafogada con recortes ou au-sencia de ingresos.Non cadra que Galicia nin Es-

paña vaian mellor no econó-mico nin no emprego se asmedidas de recorte continúane a persecución sindical e so-cial se acentúa. Para os gober-nos de Rajoy e de Feijóo, osculpables da crise teñen carade pensionista, de muller tra-balladora que cobra menos caun home por facer o mesmo,de persoa dependente, de tra-ballador maduro en desem-

prego de longa duración, depaciente de hepatite sen tra-tamento, de mozo formadoemigrado… Contra eles eelas orienta as súas políticasde recorte e austeridade; ecoa covardía de non se en-frontaren realmente e coamesma firmeza contra os po-deres especulativos causan-tes da crise financeira.Milleiros de persoas están

sendo xulgadas polo seu acti-vismo social, por defenderenos seus dereitos, por exercerencomo cidadanía. Xente solida-ria que se mobilizou contradesafiuzamentos, contra odesmantelamento dos servizospúblicos, en defensa da sani-dade e do ensino público, endefensa do emprego no seusector e nas súas empresas.Xente que é tratada igual cacriminais e que poden acabarencarcerados.As folgas convocadas contra

as reformas laborais do PSOEe do PP no goberno, perotamén as convocadas a prol do

CAIXA DO CORREO «GALICIA SINDICAL»

emprego en empresas e sec-tores, convertéronse en filónspara os gobernos do PP paraescarmentar sindicalistas e fol-guistas combativos. A ameazado cárcere é o bico da pirámidede ameazas á clase traballa-dora que exerce os seus derei-tos; pasando previamente polarepresión e persecución sindi-cal, o despedimento, as lista-xes negras. Un patrón decomportamento incompatiblecoa democracia.Coas mobilizacións do pa-

sado 18-F, en Galicia, en Es-paña e en todo o mundo,lanzouse unha mensaxe: a si-tuación vai cambiar, a cidada-nía seguirá tomando concien-cia e partido para que a demo-cracia venza á especulación, epara que os gobernos «gober-nen» en favor do pobo que re-presentan, no canto de casti-galo con recortes e con repre-sión. En Grecia defendéronsecon folgas xerais fronte á troicae os gobernos afíns e ao caboconseguiron un novo Executivo

que defende a democracia eos dereitos da súa cidadanía.Como sindicato, temos que

manter o noso compromisode defensa dos dereitos de-mocráticos, e o dereito á folgaé un termómetro da calidadedemocrática dun país. Paraseguir exercendo ese com-promiso en defensa dos de-reitos da clase traballadora,temos moitísimos bos exem-plos dos que aprender comose defende o emprego e osdereitos laborais nas empre-sas. Os compañeiros e com-pañeiras de Lantero déronnosunha lección maxistral decomo han actuar os respon-sables sindicais e o conxuntodo persoal ante decisións in-xustas. A súa folga e o poste-rior acordo alcanzado sonunha vitoria indiscutible.Cando teñamos dúbidas de

como facer o noso labor sindi-cal, lembremos o exemplo deLantero e de tantas outras mo-bilizacións sindicais que con-taron co total apoio social.

GALICIA SINDICAL abreun espazo destinado arecoller as opinións e

achegas da militancia de Comi-sións Obreiras. De entre os es-critos recibidos, publicaransecada mes os que se considerenmáis interesantes en opiniónde quen fai esta publicación.

Os textos deberán indicar a au-toría e a súa vinculación conCCOO de Galicia; non poderánsuperar os 1.000 caracteres e de-beranse remitir ao enderezo decorreo electrónico da publicación([email protected]),indicando no asunto «Caixa docorreo Galicia Sindical».

Page 3: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

3

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 58 - febreiro de 2015

Un ano máis perdido parao emprego en Galicia, exa van seis desde o inicio

da crise. Destruíronse 216.000empregos desde que empezoua crise, no terceiro trimestre do2008; isto é, desapareceron 18de cada 100 postos de traballo.A leve recuperación da acti-

vidade económica en 2014 noestado non se traduce en Gali-cia nin en creación de empregonin en mellora das condiciónsde vida da cidadanía; así o evi-dencian os datos da enquisa depoboación activa (EPA). Men-tres no conxunto do estado oemprego medra un 2,5%, nacomunidade autónoma pér-dense 2.200 postos de traballo,así que o ano rematou cunhacaída do 0,2 %.Esta diminución concéntrase

no sector primario (9.900 em-pregos menos), mentres queos restantes sectores non danxerado emprego para compen-sar esa caída. A industria crea

3.300 empregos en 2014, datopositivo pero ás claras insufi-ciente para compensar os55.000 perdidos durante acrise e para converter o sectorindustrial no motor da activi-dade e do emprego que Galicianecesita. O mesmo sucede nosector dos servizos: crea 3.800empregos, cantidade ínfimafronte aos 67.100 destruídos.Na construción hai 500 empre-gos máis.A perda de emprego afecta

ás mulleres (4.300 empregosmenos), mentres que oshomes gañan 2.100 (benefí-cianse da creación de empregona industria e nos servizos). Asituación é especialmente agre-siva coa xente máis nova: o98 % do emprego perdido co-rresponde a persoas menoresde 35 anos, malia que o seupeso no emprego é só do 24 %.O sector público segue so-

portando no último ano o im-pacto dos recortes, sobre todo

a Administración local e as em-presas públicas (400 empregosmenos). Pola contra, o sectorprivado crea 8.100 empregosen todo o ano.

Emprego: pouco e precarioQue tipo de emprego se crea?

De escasa calidade, baixa remu-neración e nula protección so-cial. No último ano hai 14.300empregos temporais máis, peroá custa de 6.500 indefinidosmenos. Outro tanto sucede coaxornada a tempo completo: hai1.700 persoas menos con estaxornada que hai un ano. Em-prego temporal e emprego atempo parcial; emprego quenon se consolida nin contribúea recuperar a actividade econó-mica; e emprego que, polassúas indignas condicións, nonserve para desenvolver un pro-xecto de vida presente nin fu-turo. Ese foi o emprego creadoen Galicia en 2014. Esa é, unano máis, a envelenada her-danza da reforma laboral, conefectos xa no presente perotamén no futuro: desde CCOOalertamos de que as curtas eprecarias carreiras profesionaisdificultarán ou impedirán reuniros requisitos para acceder ásprestacións contributivas pordesemprego ou por xubilación.Outro dato destacable sobre

os demais en 2014 é o derruba-mento da poboación activa:19.000 activos menos nos últi-mos doce meses. Isto evidenciaque cada vez máis persoasabandonan o mercado laboral, emesmo o país, ante a falta de ex-pectativas de atopar un traballoe desenvolver un proxecto devida en Galicia.

O ano 2014 péchase en Gali-cia con 263.800 persoas des-empregadas, o que se traducenunha taxa de paro do 20,9 %.A cifra é alarmante pero, denon diminuír a poboación ac-tiva, o desemprego estaría pró-ximo ás trescentas mil persoas. A situación de desemprego

agrávase porque xa hai166.700 parados e paradas delonga duración, que son o 63 %do total da poboación parada,máis da metade das persoasdesempregadas. Hai 107.000persoas que xa levan máis dedous anos desempregadasnunha situación moi difícil por-que, a partir dese tempo, es-gótanse as prestacións pordesemprego.O 2014 foi un ano pésimo

para o emprego en Galicia,para os galegos e as galegas,sobre todo para as 263.800persoas desempregadas e paraaquelas que habitan nalgún dos88.400 fogares en que todosos seus activos están en paro. Estes malos datos para Gali-

cia son o «éxito» de Feijóo, dassúas políticas e do seu empeñoen intensificar en Galicia as re-ceitas de Mariano Rajoy, co re-sultado dunha evolución doemprego moito peor ca amedia estatal.En CCOO vimos denunciando

desde o inicio da crise que sonposibles outras políticas parasuperar esta situación senfacer recaer o custo sobre aspersoas máis débiles. Só cóm-pre vontade política porquecompetencias xa temos nanosa Comunidade. Galicia e osgalegos e galegas non merecenpadecer esta situación.

Maica Bouza SeoaneSecretaria de Emprego de CCOO de Galicia

n A leve recuperación da actividade económica en 2014 no estado non se traduce en Galicia nin en creación de emprego nin enmellora das condicións de vida da cidadanía

Page 4: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

GALiCiA SiNdiCAL Número 58 - febreiro de 2015

4

www.galicia.ccoo.es

Os convenios colectivosfixan o salario de máis deonce millóns de persoas en

España; son, por tanto, un ele-mento fundamental non só nascondicións de vida dos asalaria-dos, senón no funcionamento daeconomía. Por iso o debate sobreo incremento dos salarios en2015 ten que partir do contextoeconómico no que se produce,que se pode sintetizar nos se-guintes puntos:1. A economía española vol-

veu medrar despois de seis anosde recesión: en 2014, o PIB creceuarredor do 1,5 % e as previsiónspara 2015 sitúano por riba do2 %. Ábrese, pois, un novo esce-nario macroeconómico que per-mite (en realidade, obriga)mellorar os salarios en España.Sería inconcibible que os asala-riados non participasen deste in-cremento da riqueza, entre outrascousas porque pagaron o prezomáis alto na recesión.2. O PIB está a crecer impul-

sado pola demanda interna, cunpapel destacado do consumo pri-vado. Non é o sector exte-rior –por unha suposta compe-titividade gañada grazas á des-valorización salarial– o quepuxa do crecemento. É, comosempre ocorreu en España, ademanda interna: sempre queesta cae, cae o PIB; e candocrece, o PIB tamén o fai.Nos tres primeiros trimestres

de 2014, a economía medrou o1,2 %: a demanda interna ache-gou 2 puntos ao crecemento doPIBmentres que a externa detraeu0,8 puntos. Para consolidar a re-cuperación hai que reforzar a de-

manda interna, en especial ogasto dos fogares que actúa detractor sobre o investimento e opropio gasto público.3. A recuperación económica

é, ademais de incipiente, fráxil: oaumento do consumo –que ex-plica en gran parte o crecementodo PIB– non deriva dun aumentoda renda dispoñible senón dacaída do aforro. As familias nonaumentaron os seus ingresos en2014, o que fixeron foi deixar deaforrar: o aforro neto minguou o48 % en comparación co mesmoperíodo de 2013. E este é, obvia-mente, un camiño de curto per-corrido. A maior propensión aoconsumo, ligada a un cambio nasexpectativas, arrincou o motor darecuperación pero agora cómpreconsolidala arrequentando os in-gresos dos fogares, para o que éimprescindible un aumento realdos salarios.4. Os principais riscos que

afronta a economía da UE, e portanto a española, son o estanca-mento por falta de demanda e adeflación. Talvez non sexa unrisco inmediato, pero a decisióndo BCE de levar a cabo a expan-sión cuantitativa ten na loita con-tra a deflación unha das súasrazóns principais.É necesaria unha ampla batería

de medidas fiscais, orzamenta-rias ou monetarias para comba-ter o risco de «estancamentosecular»; pero a medida máis útil,eficiente e inmediata é o aumentodos salarios. Unha suba real quemellore a renda das familias, quereactive a demanda e que se tras-lade aos prezos, aquí e en toda aUnión Europea.

5. A posición de España évantaxosa neste terreo porquenos dous últimos anos os dife-renciais xogan ao noso favorna variación dos prezos e noscustos laborais. En 2014, o IPCharmonizado no Estado é do–1,1 % e na media da UE éo –0,2 %. Canto aos custos la-borais unitarios, en España re-ducíronse o –0,6 % no tresprimeiros trimestres de 2014fronte a un incremento do 0,9 %de media na UE. Xa que logo, enprezos e en custos laborais, aeconomía española ten unhamarxe ampla en comparacióncos seus países competidores.6. Esta mellora competitiva

nos custos laborais amplía aenorme marxe que acumulou aeconomía española, en especialo sector industrial, nos últimoscinco anos. O industrial é o sec-tor básico para a competitivi-dade exterior, dado o seu pro-tagonismo no intercambio co-mercial. Os custos laborais uni-tarios do sector industrial enEspaña caeron o 18 % desde2009, mentres que na UE se re-duciron de media só o 3 %.Temos, pois, unha marxe acu-

mulada de máis de 15 puntos

que permite pactar incrementossalariais sen que afecten á capa-cidade competitiva das empre-sas españolas.Se se teñen en conta todos

estes elementos, a conclusión éevidente: a consolidación da re-cuperación económica dependede que aumenten os salariosreais para reforzar o gasto dosfogares e, en consecuencia, ademanda interna, que é a pancafundamental do crecemento.Unha mellora do poder adqui-

sitivo dos salarios que debe fixarcomo limiar mínimo a inflacióne abrirse á situación concretadas empresas e os sectores, uti-lizando como referencia os in-crementos de produtividade.Ese aumento real dos sala-

rios é, ademais de necesario,posible, dada a ampla marxeque teñen as empresas espa-ñolas en termos de custos e deprezos. Necesario, posible exusto porque a desvalorizaciónsalarial que sufrimos nos últi-mos anos está detrás do inso-portable aumento da desi-gualdade e a pobreza laboral,que ha combaterse con incre-mentos nos salarios dos quemenos cobran.

Ramón Górriz, secretario confederal de Acción SindicalManuel Lago, economista de CCOO

Page 5: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

5

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 58 - febreiro de 2015

O RETROVISOR · por Benxamín Rocha

SEN COMENTARIOS

Tras máis de catro meses de folga, a unidade de acción do persoal, aglutinada ao redor de CCOO,

foi clave para que o conflito se resolvera de xeito favorable aos traballadores e traballadoras de Lantero

Andan os poderes fácticosa cuestionar a continui-dade de Grecia na Unión

Europea por culpa dunhas re-centes eleccións nas que resul-tou gañador un molesto partidode progreso e europeísta; peroteño para min que esta é cadavez máis unha Europa propie-dade de tres e menos a Europados pobos pola que suspira-mos. No noso país, pertencera esta Europa, a dos pobos, foidesde sempre un afervoadodesexo progresista, ao contra-rio da posición carpetovetó-nica do franquismo e os seusnostálxicos. En 1972, Mingoteresumía esta idea nunha viñetaen que un celtibero, aposta-do entre cumios pirenaicos,advertía: «Integrarnos en Eu-

ropa? Ben, que pasen!».No comezo desta crise da

que pouco sabemos e moitosufrimos, o pánico estendeuseentre os xefes de Estado dospaíses membros e propuxeronrefundar o capitalismo sobreprincipios éticos. Os resulta-dos: paro insostible, desigual-dade crecente, privatizaciónsgalopantes de servizos públi-cos, rescates avarentos, empo-brecemento da democracia…Nin un cualificativo positivo aprol do pobo!Neste ano do que apenas le-

vamos arrincado unha folla doalmanaque, nós andamosquentando motores para afron-tarmos unha xeira de elec-cións. Temos expectativasfundadas de que os resultados

sexan alentadores polas novi-dades que se nos presentan,polas ansias de rachar conprácticas vellas e por abrirmosa porta a unha maior participa-ción cidadá na toma de deci-sións nas cousas públicas. «Vientos del pueblo me lle-

van, / vientos del pueblo mearrastran, / me esparcen el co-razón / y me aventan la gar-ganta», din os versos deMiguel Hernández.

De non ser así, teremosque valernos do enxeño e dohumor político para estañar ador das feridas: en 1971, ce-lebráronse baixo a ditaduraeleccións a Cortes polo terzode representación familiar eMingote publicou daquelaunha viñeta co seguinte slo-gan: «Vote a Gundisalvo. Avostede que máis lle ten,home?».Pois a ver!

Page 6: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

GALiCiA SiNdiCAL Número 58 - febreiro de 2015

6

www.galicia.ccoo.es

Desde 2012 ata os nososdías, o grupo empresarialdesmarcouse da «tradi-

ción» da Comisión de Expertosda Organización Internacionaldo Traballo (OIT) para atacar odereito de folga. Segundo a súavisión, o dereito á folga non éalgo que se poida deducir au-tomaticamente do dereito á li-berdade sindical. A situaciónmundial levou a ConfederaciónSindical Internacional (CSI) aconvocar unha xornada de loitaa prol deste dereito o pasado18 de febreiro; convocatoriaque CCOO e UGT secundamosen todo o estado español de-bido á nosa problemática espe-cífica, da que máis adiantefalarei.No ámbito internacional, os

problemas non son novos. Xanos anos noventa do séculopasado, o empresariado co-mezou a criticar o dereito defolga. Así, no relatorio de1994 sobre liberdade sindical,entendían que deberían prohi-

birse a «folga política» e a«folga de solidariedade». Apostura foise radicalizando atao devandito informe xeral do2012, no que se introduciuunha oposición absoluta aodereito de folga.Na Unión Europea pasamos

por unha época en que é evi-dente a tendencia desregula-dora do dereito do traballo; conafectación directa ou indirectados dereitos fundamentais co-lectivos, aínda que o máis pre-xudicado é o dereito de nego-ciación colectiva e o poder con-tractual dos sindicatos.En España, a folga foi o

único mecanismo ao que osindicato puido recorrer comodefensa fronte á aplicacióndas reformas laborais postasen marcha a partir das políti-cas de austeridade. As folgasxerais convocadas –tres entre2012 e 2013, amais da folgaxeral do ensino dese últimoano– foron acompañadas denumerosos conflitos locais e

loitas de empresa que se pro-longaron como reacción ássucesivas medidas destruto-ras do emprego. A participa-ción de milleiros de sindi-calistas e militantes nestasaccións foi perseguida penal-mente, e son máis de trescen-tas as persoas procesadas entodo o Estado.Pola súa banda, a lei de se-

guridade cidadá pretende so-meter á sanción económicadisuasoria a quen participe enpiquetes, manifestacións e ac-cións de conflito. A interpreta-ción xudicial permitiu que osempresarios e empresarias in-terpoñan demandas de con-flito colectivo pedindo respon-sabilidade por danos, aíndaque non conseguiron chegar áorde xudicial de disolución dafolga, como si sucede no es-quema británico de «liber-dade» de folga.Nos últimos anos, a folga

caracterízase en Galicia porser un fenómeno esencial-mente de empresa, orientadaao mantemento do emprego;é, ante todo, unha folga de de-fensa. A máis activa seguesendo a reivindicación salarial,aínda que agora case semprequerendo evitar a redución desalarios.

Un fenómeno de liberdadeCon todo, debemos com-

prender o sentido profundo dodereito de folga, a partir do calha lerse a acción sindical: afolga é a expresión do conflitoque enfronta os traballadores eas traballadoras co sistema ca-pitalista, non as clases traballa-dora e empresarial como con-

secuencia da súa relación con-tractual. Alén diso, é un fenó-meno de liberdade: a persoa enfolga libérase do traballo explo-tador mediante o seu rexeita-mento temporal; é un feito queprocura cambiar a situaciónpara obter unha mellor relaciónde forzas. Coa folga preténdeserexeitar o autoritarismo laborale as condicións abusivas; sa-lienta, polo tanto, o seu carác-ter político-democrático. Afolga, en resumo, debe ser en-tendida como eixe da tutela dotraballo e dos dereitos que delderivan.

n A participación de milleiros de sindicalistas e militantes nestas accións foi perseguida penalmente, e son máis de trescentas aspersoas procesadas en todo o Estado

Xesús Castro BaamondeSecretario de Acción Sindical de CCOO de Galicia

Page 7: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

7

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 58 - febreiro de 2015

Aacción sindical interna-cional marcou comocita clave o 18 de fe-

breiro para desenvolver portodo o mundo mobilizaciónssindicais en defensa do de-reito de folga. Así o decidiu oConsello Xeral da Confedera-ción Sindical Internacional(CSI), tendo en conta os con-tinuos ataques que este de-reito está a recibir en moitospaíses membros da Organiza-ción Mundial do Traballo(OIT), que protexe o dereitode folga co Convenio número87 sobre liberdade sindical.Non só pretenden vulnerar o

dereito de folga os gobernos demoitos países. Tamén o Grupode Empresarios da propia OITfai presión para que este orga-nismo internacional o deixe senefecto, nun cambio sorpren-dente de actitude tras máis desesenta anos sen que o ditogrupo o cuestionase; agoraaproveita para entorpecer odesenvolvemento normal daOrganización na súa funciónprotectora dos dereitos labo-rais no mundo.Esta nova situación está a oca-

sionar que altos tribunais nacio-nais se pronuncien ao respecto,ben a instancias dos gobernosinteresados ben dos propios em-presarios. Concretamente, o Tri-bunal Supremo de Canadá con-firmou nun veredicto históricoque «o dereito de folga é un ele-mento esencial de todo procesode negociación colectiva eficazprotexido pola Constitución ca-nadense». Para este tribunal, a leique negaba o dereito de folgapara determinados traballadores

do sector público, sen dispordoutro mecanismo alternativo,era inconstitucional, e ampara asúa decisión no antedito conve-nio así como noutros tratados in-ternacionais.En liña coa sentenza do Tribu-

nal Supremo de Canadá e co dis-posto pola OIT, desde España asorganizacións sindicais CCOO eUGT rexistraron perante a OIT, opasado novembro, unha queixacontra o Goberno de España«por atentar contra a liberdadesindical, o dereito á negociacióncolectiva e o dereito de folga», esolicitaron ao Comité de Liber-dade Sindical deste organismounha resposta urxente.Ambos os sindicatos detalla-

ron os continuos procesos pe-

nais que se están abrindo en Es-paña contra folguistas, nunhaaplicación retorta do Código pe-nal, que sanciona o chamado de-lito de «coaccións para promovera folga», e outros tipos penaisque veñen empregando para cri-minalizar a actividade sindical,como o delito de atentado, des-obediencia ou desordes públicas.Máis de trescentos folguistas

están sendo xulgados, e por isodesde ambos os sindicatos ins-tan a OIT a actuar urxentemente,tanto polas repercusións para aspersoas afectadas como polarestrición que supón ao exercicioda liberdade sindical e ao dereitode folga, e máis tendo en contaas gravísimas penas privativas deliberdade que levan consigo.

En homenaxe aos compañeiros e compañeiras de Lantero, Vilagarcía de Arousaacolleu a mobilización central do 18-F en Galicia

n Os gobernos de moitos países e o Grupo de Empresarios da OIT intentan acabar co recoñecemento de que goza o dereito de folga

Page 8: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

GALiCiA SiNdiCAL Número 58 - febreiro de 2015

8

www.galicia.ccoo.es

O persoal da Rede Galega deKioscos (REGAKI), empresaque pertence ao Grupo CO-GAMI, continúa a mobilizarsepara evitar o despedimento de90 persoas en toda Galicia.A protesta máis recente tivo

lugar o pasado 12 de febreiroa carón das instalacións daConsellaría de Traballo. Esco-lleron este lugar para denun-

ciar o «maltrato» que está apadecer o colectivo «sen quea Consellaría se manifeste»,malia que COGAMI percibiu di-ñeiro público.REGAKI pertence ao grupo

GES (Galega de Economía So-cial) que, pola súa vez, é a ma-triz empresarial do GrupoCOGAMI (Confederación Ga-lega de Persoas con Discapaci-

dade). A Rede presentou en ou-tubro do ano pasado un con-curso de acredores voluntariodebido á suposta insolvenciaque lle impedía cumprir coassúas obrigas. Posteriormente, aempresa pediu a liquidación dasociedade perante o XulgadoMercantil n.º 1 da Coruña, oque suporía o despedimento de90 persoas.

CCOO esixe que os servizoshemodinámicos funcionen deluns a domingo e as vinte ecatro horas do día no HospitalUniversitario Lucus Augusti(HULA) e no Complexo Hospi-talario de Ourense (CHOU). Osindicato considera «inacepta-ble» que os pacientes sexantrasladados á Coruña, Santiagode Compostela ou Vigo.

A Federación do Ensino deCCOO pídelle ao novo conse-lleiro de Educación, Román Ro-dríguez, que durante o seumandato non continúen as po-líticas «restritivas» na Consella-ría. O sindicato cualifica o pe-ríodo anterior de «nefasto».

Recollida de sinaturas en Ourense

A Federación de Pensionis-tas e Xubilados de CCOOcontinúa a recadar sinaturasen toda Galicia contra a po-breza enerxética. O últimoacto de recollida foi o pasadodía 10 en Ferrol. Comisiónsxa recolleu sinaturas por estemotivo en localidades comoVilagarcía de Arousa ou San-tiago de Compostela e conti-nuará con este labor por todoo país.

CCOO denuncia que a Conse-llaría do Medio Rural e do Maramortiza de 130 postos da rela-ción de postos de traballo porvalor de tres millóns de euros e,ao tempo, subcontrata con em-presas privadas as brigadas he-litransportadas, por valor de 3,9millóns (sen IVE).Para CCOO, esta amortiza-

ción é «incoherente» porquesupón un maior gasto, pois oque fai a Consellaría é reduciro capítulo orzamentario de

gastos de persoal para incre-mentar o dos investimentos.Ademais, o sindicato criticaque se trata dun xeito de facer«amigos privados» mediantecontratos públicos e á custa dedegradar as condicións sala-riais e laborais do persoalsubcontratado.CCOO sinala tamén que as

subcontratacións que a Xuntade Galicia leva a cabo con em-presas privadas para realizartraballos continuados e estrutu-

rais que lle son propios «rema-tan adoito en sentenzas xudi-ciais que declaran os traba-lladores/as como indefinidosnon fixos» da Administración, oque supón un «agravio compa-rativo» co persoal anotado naslistaxes de contratación. Comoresultado, a Xunta primeiro sub-contrata un servizo públicocunha empresa «amiga» e logo,por sentenza, acábase facendocargo do persoal contratado enfraude de lei.

Traballadores e traballadoras de REGAKI protestan a carón da Consellaría de Traballo

Page 9: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

9

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 58 - febreiro de 2015

A Federación de Servizos deComisións Obreiras de Galiciagañou as eleccións no sectorda banca en Galicia. Despois daxornada electoral de onte, unde cada tres delegados e dele-gadas do sector foi elixidopolas siglas de CCOO.Nestas eleccións, Comisións

Obreiras logrou 63 delegados e

delegadas por 61 da CIG e 34 daUGT. Os restantes 52 foron elixi-dos nas candidaturas doutras or-ganizacións. Desta maneira, co30 % dos delegados e delegadas,CCOO eríxese como primeiraforza sindical do ámbito.Ademais, CCOO-Servizos é a

primeira forza sindical en enti-dades como o Banco Popular,

Banco Santander, Sabadell-Ga-llego ou Bankinter, ao tempoque se mantén como sindicatode referencia no Banco Pastor,BBVA ou Deutsche Bank.Canto ao ámbito territorial,

CCOO-Servizos tamén é a pri-meira forza sindical nas provin-cias da Coruña e Ourense e,por moi pouca diferenza, se-

gunda forza en Lugo e Ponte-vedra.A Federación de Servizos

agradécelles aos traballadorese traballadoras do sector a con-fianza que depositaron nascandidaturas de CCOO e venestes resultados un apoio aolabor realizado polo sindicatonos últimos catro anos.

n Un de cada tres delegadas e delegados do ámbito foron elixidos nas candidaturas de Comisións Obreiras

CCOO gañou as elecciónssindicais en Dinak S. A. e Mi-visa Envases S. A., do sectorindustrial de Vigo. En Dinak,CCOO logrou seis de novemembros do comité. A CIG,que desde o 2003 obtiveratoda a representación, que-dou só con tres. En Mivisa,CCOO tamén logrou seis dosnove delegados; a UGT, dous;o terceiro, unha candidaturaindependente.

CCOO gañou as eleccións e, ademais, sitouse como primeira forza sindical na maioría dos bancos

Recentemente foron aseleccións sindicais do per-soal laboral no Concello deBoimorto, as primeiras desdeque se elixe un comité deempresa.Nestes comicios, CCOO lo-

grou os cinco delegados edelegadas do comité. Comi-sións agradécelles aos traba-lladores e traballadoras aconfianza depositada na súacandidatura.

CCOO gañou as elecciónssindicais en Faurecia Siste-mas de Escape, empresa dosector de compoñentes deautomoción con sede enVigo. Nestes comicios, a can-didatura de CCOO logroucinco representantes no co-mité, un máis que hai catroanos. A segunda forza sindi-cal, a UGT, mantense en tres,mentres que a CIG quedacun só delegado.

Comisións Obreiras volveugañar as eleccións sindicaisna Asociación Nosa Señorade Chamorro, entidade naro-nesa que se dedica á aten-ción a persoas con disca-pacidade. Igual que hai catroanos, a candidatura de CCOOfoi a que acadou maioresapoios e logrou dúas delega-das de persoal de tres posi-bles. A terceira delegada foielixida polas siglas da UGT.

Page 10: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

GALiCiA SiNdiCAL Número 58 - febreiro de 2015

10

www.galicia.ccoo.es

Nestes últimos tres anosdesde que o PP aprobou areforma laboral, os tribu-

nais foron moldeando unhanorma que contén moitos aspec-tos negativos, ao tempo que sus-cita numerosas interrogantes.No anterior número do GALI-

CIA SINDICAL comentamos asentenza do Tribunal Supremo do22 decembro 2014 sobre ultraac-tividade dos convenios colecti-vos. A resolución xudicial abateun dos preceptos centrais da de-vandita reforma e defende a vi-xencia dos convenios ata despoisde caducaren. Lonxe de pechar odebate, segue orixinando novaspreguntas.Malia que nunha recente sen-

tenza –do 22 de xaneiro–, o Tri-

bunal Constitucional se puxo dolado do Goberno, cómpre sinalarque se trata da excepción e nonda regra: as diferentes instanciasxudiciais emitiron pronuncia-mentos que van máis na liña doque defendemos os sindicatos,tamén o propio TC coas senten-zas de 16 xullo de 2014 e 22 xa-neiro 2015, así como o auto do12 febreiro de 2014, que atan-guen as materias «despedimentoimprocedente», «facultade unila-teral do empresario de modifica-ción substancial de condicións detraballo fixadas extraestatutaria-mente», «prioridade aplicativa doconvenio de empresa», causas«económicas, técnicas, organiza-tivas ou de produción», «exclu-sión do ámbito da negociación

colectiva, das cláusulas de xubi-lación forzosa» e «validez dolaudo que entraña a non-aplica-ción dun convenio tras unha ne-gociación sen acordo».

Ampliación das causasAínda que a reforma ampliou

as causas polas que as empresaspodían levar a cabo despedimen-tos obxectivos –como a baixadada facturación–, varias sentenzasdo Supremo subliñaron que ostribunais poden pronunciarsesobre as causas económicas eavaliar a súa proporcionalidade.Tamén, a pesar de que a reformaeliminou o control previo dos ex-pedientes de regulación de em-prego, os xulgados puxeron freoá execución dun ERE baixo dúas

premisas: ten que haber boa von-tade negociadora polas dúas par-tes e a empresa debe achegartoda a documentación aos traba-lladores e ás traballadoras.

Contrato de empredendedoresPor último, cómpre salientar

que varias sentenzas declararonilegal o contrato de emprende-dores, de carácter indefinidopero cun ano de proba. A pri-meira resolución xudicial nestecaso data de finais de 2013 ebaseouse na Carta Social Euro-pea para declaralo ilegal –porexcesivo–, e aínda que o Tribu-nal Constitucional o considerouválido, a normativa europea po-de seguir promovendo senten-zas que o declaren ilegal.

OTribunal Constitucionalavala a reforma laboral aodesestimar en sentenza o

recurso de inconstitucionalidadepresentado polos grupos parla-mentarios socialista e da Es-querda Plural contra a Lei3/2012, do 6 de xullo, de medi-das urxentes para a reforma domercado de traballo. É a segundaocasión en que o TC se pronun-cia nese sentido.Desgraciadamente, esta se-

gunda sentenza vén reafirmarque o dereito á estabilidade noemprego, o dereito ao traballo, odereito á negociación colectiva ea liberdade sindical, o dereito átutela xudicial efectiva e o dereitoá igualdade dos traballadores etraballadoras se subordinen aconsideracións de mera discre-cionalidade política que nadateñen que ver co dereito ao tra-ballo garantido pola Constitución.O alto tribunal avala asuntos

como a terminación da relaciónlaboral pola simple vontade libre,inxustificada e sen compensa-ción económica, a cargo do em-presario, como sucede codespedimento libre durante o pe-ríodo de proba nos contratos deapoio a emprendedores, ale-gando que «concorre a propor-ción esixible entre o sacrificio queás garantías do traballador supóna adopción da medida e os bene-ficios individuais e colectivos damesma».

Ampara a discrecionalidadeEnde mal, o TC ampara o des-

pedimento baseado en motivostan discrecionais como a redu-ción de facturación e ingresos,sobre os que non pode habercontrol xudicial, e non secunda alectura do dereito á tutela xudicialefectiva máis garantista que o Tri-bunal Supremo fai na súa dou-trina social.

Orecente conflito de Lanterodéixanos un veredicto quequeremos destacar. Trá-

tase da sentenza 00008/2015 doXulgado Social n.º 2 de Ponteve-dra á demanda presentada poladirección de Lantero contra todoo comité de empresa e de folga,coa que pretendía que se decla-rase ilegal a folga realizada naempresa a partir do 13 de outu-bro de 2014. O que Lantero bus-caba era confundir sobre acompetencia para convocar afolga, aludindo á celebracióndunha asemblea informativa naque o comité de empresa recibiuo referendo do persoal á súaconvocatoria de folga. Segundoa dirección, foi esa asemblea aque convocou a folga, e denun-ciou que nela participara xenteallea á empresa. Pero a xuíza queatendeu o caso sinala claramenteque quen convocou a folga foi ocomité de empresa en aplicación

das súas facultades, logo de re-cibir o apoio unánime de todosos seus membros a esa decisióntomada nunha reunión o 3 de ou-tubro; cumpríase así o dispostono artigo 3.2 do RDL 17/1977.Para a xuíza é claro que «a reu-nión celebrada o 4 de outubro (aasemblea citada) foi para infor-mar a todos os traballadoressobre a decisión de convocar afolga e obter o seu apoio».A dirección de Lantero tamén

quixo encerellar as cousas de-mandando o comité de empresapor incumprimento nos procede-mentos acordados para a solu-ción extraxudicial de conflitos.Mais de novo a xuíza desestimoua demanda, ao afirmar que o co-mité de empresa cumpriu o pre-visto, e que foi a propia direcciónde Lantero quen presentou un«escrito ante o CGRL solicitandoo desistencia da mediación noproceso de folga».

Page 11: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

11

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 58 - febreiro de 2015

Celso Carnero Ferreiro, vi-gués, ten 42 anos e está afi-liado a CCOO desde 1999.

Entrou no sindicato grazas á con-fianza que tiña nos compañeirose compañeiras de Comisións; sócatro anos despois foi elixido de-legado da súa empresa, GKN,responsabilidade na que acabade ser reafirmado nas últimaseleccións sindicais, hai menos dedous meses.Segundo Celso, aínda que en

GNK «nos sentimos apoiadospola afiliación», cre que ser dele-gado sindical hoxe en día «estámal visto» por mor dos «ataquescontinuos da patronal e daprensa, que tamen é patronal».Que procuran os compañeiros

e compañeiras de Celso candocontactan co sindicato? «Nor-malmente, precisan solucións ássúas inquedanzas, dúbidas ou re-

clamacións por cuestións labo-rais, aínda que tamén asesora-mos en temas de carácter xeral,sobre todo relativos ao conveniocolectivo».En GKN, os delegados de

CCOO e o conxunto da afilia-ción forman «unha gran fami-lia» desde hai anos, un grupo«no que todos temos claroque a unión fai a forza e queesa forza é a que nos permi-te seguir avanzando e frear osretrocesos».

Amediados de febreiro, a Fe-deración de Servizos deCCOO gañou as eleccións

sindicais no sector da banca deGalicia. A clave do éxito está notraballo desenvolvido polos dele-gados de delegadas de Comi-sións, xente como IgnacioCastro, empregado de Banesto e,tras a absorción da entidade, tra-ballador do Banco Santander.Ignacio ten 40 anos e reside e

traballa en Lourenzá. Está afiliadoao sindicato desde o ano 1999,decisión que adoptou polas súasinquedanzas sociais e o consellofamiliar. Moi pouco tempo des-pois de se afiliar, no 2001, foi eli-xido delegado en Banesto.Coida que os maiores retos

para o seu labor cotián son a«degradación que se está produ-cindo continuamente» na protec-ción legal dos traballadores e

traballadoras e a «campaña deataque ao traballo sindical».A pesar das adversidades, os

compañeiros e compañeiras va-loran o labor sindical de CCOO naempresa, sindicato ao que aco-den procurando «proximidade,resolución de consultas e xestiónde conflitos». Cal é a súa maiorsatisfacción como delegado?«Ver casos concretos nos queconseguimos mellorar as condi-cións de traballo e solucionar si-tuacións inxustas».

Manolo Villares (Lousame,1949). Incorporouse moinovo á loita clandestina,

ingresando nas Xuventudes Co-munistas en 1968. Foi detido va-rias veces por mor do seuactivismo, e mesmo chegou a serencarcerado no ano 1972.No 1.º Congreso do Sindicato

Nacional de CCOO de Galicia, ce-lebrado no ano 1978, Manolo Vi-llares resulta elixido membro dacomisión executiva galega. Nosanos seguintes tamén tería res-ponsabilidades de ámbito provin-cial e comarcal, para máis tardevolver á executiva nacional e,posteriormente, presidir a Funda-ción 10 de Marzo.

De arriba cara abaixo: ManoloVillares, Aurora Plata e Carlos Núñez

Aurora Plata Casais (San-tiago, 1951). Licenciada enMatemáticas pola USC e

doutora en Ciencias da Educa-ción. Desde a época universitariapertenceu á contorna naciona-lista, militando no PSG-EG. Foiconcelleira no Concello de San-tiago como integrante da candi-datura de Unidade Galega en1979, nas primeiras elecciónsmunicipais democráticas.Afiliouse á Federación do En-

sino de CCOO ao redor de 1984e tivo papeis sindicais moi va-riados nos anos seguintes, nosque ademais promoveu iniciati-vas de debate e análise no ám-bito educativo.

Carlos Núñez Rodríguez (Ou-rense, 1941). Entrou con sóquince anos no PCE e, catro

anos depois, foi enviado á URSS,onde pasou case tres máis. Re-gresou a España para reforzar opartido e o movemento obreiroen Galicia, e chegou a Vigo en1963. No verán de 1965 é detidoe, tras o paso polo cárcere, quedaen liberdade provisional, pero en1966 o Tribunal de Orde Públicacondenouno a catro anos de pri-sión, dos que acabará cumprindoun e medio. Xa libre, o acoso daextrema dereita obrigaríao a exi-liarse en París ata 1977. Tras alegalización do PCE, en 1979 foielixido concelleiro en Vigo.

Page 12: Exercer o dereito de folga non é un delito - ccoo.gal · galo con recortes e con repre - sión. En Grecia defendéronse con folgas xerais fronte á troica e os gobernos afíns e

Número 58 - febreiro de 2015

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Omes de febreiro foi de re-muda para o Goberno deGalicia. Os malos resul-

tados das enquisas internas eexternas obrigaron a Feijóo aresponder ao reto das inminen-tes eleccións municipais si-tuando dous conselleiros comocabezas de lista para dúas dasgrandes cidades de Galicia,Jesús Vázquez (Educación) enOurense e Elena Muñoz (Fa-cenda) en Vigo, fórmula xa en-saiada meses atrás candodesignou a Agustín Hernández(Medio Ambiente) como alcaldenon electo de Santiago deCompostela.Os alcaldables foron substi-

tuídos por dous novos conse-lleiros, Valeriano Martínez paraa carteira de Facenda e RománRodríguez para a de Cultura eEducación. Martínez terá o di-fícil reto de definir unha estra-texia de crecemento para Ga-licia. Rodríguez, pola súa parte,terá outra que tampouco pa-rece fácil: endereitar a nefastaxestión do seu predecesor.O primeiro en recibir deberes

do seu xefe directo foi Rodrí-guez, a quen Feijóo lle enco-menda a procura do «consen-so» en materia educativa e lin-güística. Precisamente, dúascuestións en que o consensodesapareceu coa chegada doPP ao Goberno da Xunta. JesúsVázquez tivo máis de cincoanos e medio as competenciaseducativas e de normalizaciónlingüística, período no que fixogala de autoristarismo e amo-sou desprezo constante polanegociación.Que agora se queira procurar

«consenso» é unha magníficanoticia, mais non parece unhapetición sincera cando parte deFeijóo, o presidente que con-sentiu xusto o contrario durantemáis dun lustro.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez