Exemplo exame Estrutura Moral 4º ESO

4
ÉTICA 4º ESO Estrutura moral Nome.................................Nº. . .Data........... 1. Vocabulario Etnocentrismo Crenza / Coñecemento 2. Autonomía / Heteronomía Di se as seguintes persoas se comportan de xeito autónomo ou heterónomo, xustificando a túa resposta: a) Imos facer unha competición de dardos entre a xente da cuadrilla. Estamos na cafetería decidindo as normas para participar, os premios e as quendas. b) Non podo ir convosco á cafetería. O meu amigo Xan ponse furioso se non quedo con el polas tardes. c) Apetéceme saír coa miña cuadrilla pero a miña amiga Carla está operada, así que decido ir ó hospital facerlle unha visita. Por isto collín o autobús; xa estou chegando. d) Onte decidín que hoxe visitaría á miña amiga Carla no hospital, pero agora mesmo debe estar pasando o único autobús e aínda non saín de cama. 3. Cuestións a) Explica esta frase de J.P. Sartre: Estou condenado a ser libre b) Explica por que é tan importante en ética o concepto de Liberdade c) Explica o concepto de Tolerancia. Hai algún límite para a tolerancia? 4. Discusión: Edipo de Tebas Discute se Edipo de Tebas era libre ou non para matar a Laio

description

Exemplo de exame de Estrutura Moral. IES Pedro Floriani, Departamento de Filosofía, 4º ESO 2002-03.

Transcript of Exemplo exame Estrutura Moral 4º ESO

Page 1: Exemplo exame Estrutura Moral 4º ESO

ÉTICA 4º ESOEstrutura moral

Nome......................................................................Nº........Data..........................

1. VocabularioEtnocentrismo Crenza / Coñecemento

2. Autonomía / HeteronomíaDi se as seguintes persoas se comportan de xeito autónomo ou heterónomo, xustificando a túa resposta:

a) Imos facer unha competición de dardos entre a xente da cuadrilla. Estamos na cafetería decidindo as normas para participar, os premios e as quendas.

b) Non podo ir convosco á cafetería. O meu amigo Xan ponse furioso se non quedo con el polas tardes.

c) Apetéceme saír coa miña cuadrilla pero a miña amiga Carla está operada, así que decido ir ó hospital facerlle unha visita. Por isto collín o autobús; xa estou chegando.

d) Onte decidín que hoxe visitaría á miña amiga Carla no hospital, pero agora mesmo debe estar pasando o único autobús e aínda non saín de cama.

3. Cuestiónsa) Explica esta frase de J.P. Sartre: Estou condenado a ser libreb) Explica por que é tan importante en ética o concepto de Liberdadec) Explica o concepto de Tolerancia. Hai algún límite para a tolerancia?

4. Discusión: Edipo de TebasDiscute se Edipo de Tebas era libre ou non para matar a Laio

Puntuación: Prgs. 1, 2: 2 ptos.; Prgs. 3, 4: 3 ptos.Non contestes ningunha pregunta nesta folla.Pon o teu nome e número en tódalas follas que entregues

Page 2: Exemplo exame Estrutura Moral 4º ESO

ÉTICA 4º ESOEstrutura moral

Nome......................................................................Nº........Data..........................

1. VocabularioTolerancia Autonomía / Heteronomía

2. Crenza / CoñecementoDi se as seguintes afirmacións son crenzas ou coñecementos, xustificando a túa resposta:

a) Estou vendo a Pedro. Ten unha camiseta verde.b) Cando chegues busca a Pedro. Poderás saber quen é porque

seguramente levará unha camiseta verde, como soe facer.c) Creo que Deus existe: o 100% dos Papas estiveron de acordo

nisto.d) O equipo médico cre que a paciente ten unha enfermidade

contaxiosa: o 90 % estaban de acordo, á vista das análises e as radiografías.

3. Cuestiónsa) Explica esta frase de J.P. Sartre: Estou condenado a ser libreb) Compara a situación dos seres humanos e as máquinas ante a éticac) Explica o concepto de Tolerancia. Hai algún límite para a tolerancia?

4. Discusión: Edipo de TebasDiscute se Edipo de Tebas era libre ou non para casar con Iocasta

Puntuación: Prgs. 1, 2: 2 ptos.; Prgs. 3, 4: 3 ptos.Non contestes ningunha pregunta nesta folla.

Page 3: Exemplo exame Estrutura Moral 4º ESO

Pon o teu nome e número en tódalas follas que entregues