Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas

2
EVITAR CHOQUES DE PAXAROS CONTRA AS XANELAS Estímase que máis de 100 millóns de aves morren cada ano por golpearse coas xanelas. Moitas veces, despois de chocar, as aves quedan aparvadas momentaneamente e logo recupéranse. Sen embargo, o máis frecuente é que o choque lles produza graves dános internos e con iso, a morte. As aves chocan contra as xanelas ou contra os cristais porque ven a paisaxe (árbores, ceo, nubes) reflectido na superficie do cristal, pero non perciben que unha superficie dura e transparente se interpón entre eles e o espazo aberto diante. As aves que foxen dos depredadores son mesmo máis proclives a chocar porque voan cara á vexetación para protexerse. Os cristais totalmente transparentes fan que as aves non os perciban e tenten voar a través deles. QUE PODEMOS FACER CUNHA AVE ACCIDENTADA? Se atopas unha ave ferida por un golpe contra unha xanela, pona nun recipiente ou caixa opaca con tapa (por exemplo, unha caixa de zapatos) e déixaa nun lugar quente e tranquilo, lonxe do alcance das túas mascotas ou doutros predadores. Se fai moito frío, terás que metela a cuberto. Non tentes darlle auga nin comida. A escuridade acougará ao paxaro mentres se recupera, o que ocorrerá nuns poucos minutos, a menos que estea seriamente ferido. Vólveo a sacar fóra en canto pareza recuperado . Se non se recupera nun par de horas lévao a un veterinario ou a un centro de recuperación. Lembra que legalmente non podes ter ningunha ave silvestre na teu poder, polo que o mellor é que chames a SE/BirdLife (tfno. 914340910) ou a SEPRONA que che indicará o que facer nese caso.

Transcript of Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas

Page 1: Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas

EVITAR CHOQUES DE PAXAROS CONTRA AS XANELAS

Estímase que máis de 100 millóns de aves

morren cada ano por golpearse coas

xanelas.

Moitas veces, despois de chocar, as aves

quedan aparvadas momentaneamente e logo

recupéranse. Sen embargo, o máis frecuente

é que o choque lles produza graves dános

internos e con iso, a morte.

As aves chocan contra as xanelas ou contra os cristais porque ven a paisaxe (árbores,

ceo, nubes) reflectido na superficie do cristal, pero non perciben que unha superficie

dura e transparente se interpón entre eles e o espazo aberto diante. As aves que foxen

dos depredadores son mesmo máis proclives a chocar porque voan cara á vexetación

para protexerse. Os cristais totalmente transparentes fan que as aves non os perciban e

tenten voar a través deles.

QUE PODEMOS FACER CUNHA AVE ACCIDENTADA?

Se atopas unha ave ferida por un golpe contra unha xanela, pona nun recipiente ou caixa

opaca con tapa (por exemplo, unha caixa de zapatos) e déixaa nun lugar quente e

tranquilo, lonxe do alcance das túas mascotas ou doutros predadores. Se fai moito frío,

terás que metela a cuberto.

Non tentes darlle auga nin comida. A escuridade acougará ao paxaro mentres se

recupera, o que ocorrerá nuns poucos minutos, a

menos que estea seriamente ferido. Vólveo a

sacar fóra en canto pareza recuperado . Se non se

recupera nun par de horas lévao a un veterinario

ou a un centro de recuperación.

Lembra que legalmente non podes ter ningunha

ave silvestre na teu poder, polo que o mellor é

que chames a SE/BirdLife (tfno. 914340910) ou a

SEPRONA que che indicará o que facer nese

caso.

Page 2: Evitar que os paxaros choquen contra as xanelas

PARA PROTEXER AS AVES :

Comezaremos por identificar as zonas máis perigosas, aquelas xanelas que están

enfronte das outras. Porque estas xanelas crean a ilusión dun túnel á paisaxe polo que

intentan pasar as aves.

Eliminaremos a aparencia de túneles colocando adhesivos plásticos por fóra da xanela.

Siluetas negras de aves como falcóns, aguias, bufos ou outros depredadores poden

funcionar non pola súa forma, senón porque fan visibles as xanelas. Adhesivos

semitransparentes tipo tea de araña ou outros debuxos tamén poden valer. Canto máis

claro sexa a cor do adhesivo mellor, xa que así verase tamén ao amencer e á noitiña, o

máis importante é que ocupe practicamente todo ou cristal.

Tamén podemos eliminar reflexos con pulverizadores