ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS -...

12
ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

Transcript of ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS -...

Page 1: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

ESTUDO SOBRE AS

ESPONXAS VEXETAIS

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

Page 2: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

2

ÍNDICE

Páx.

1. INTRODUCIÓN. .......................................................................... 3

2. A LUFFA. .................................................................................... 4

2.1. O Cultivo. ............................................................................ 5

3. UTILIDADES. .............................................................................. 7

4. CONCLUSIÓNS. .......................................................................... 9

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS. .................................................. 10

Page 3: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 3

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

1. INTRODUCIÓN.

O presente estudo pertence a nunha liña de traballo da

asociación AXEL que ten por obxectivo a detección de oportunidades de

negocio para as zonas rurais da provincia de Lugo. Nese proceso de

busca descubrimos que nos anos sesenta era moi común o uso das

esponxas vexetais para o aseo diario, de xeito que na maioría dos

fogares españois se dispuña delas. Os avances tecnolóxicos na industria

levaron as esponxas sintéticas de goma-espuma ao mercado e o, non

sempre ben entendido, desenvolvemento económico, fixo que

reemprazasen rapidamente ás vexetais, que caeron en desuso.

Pero, ¿que é unha “esponxa vexetal”?. É o froito dunha planta

tropical que no seu interior está formado por unha densa rede de fibras

vexetais que forman un cilindro oco. Trátase dun produto natural,

ecolóxico e biodegradable que ten múltiples aplicacións, aínda que o seu

uso maioritario é para o mantemento da hixiene corporal.

Actualmente as esponxas vexetais estanse convertendo nun

produto cada vez máis utilizado, xa sexa por unha conciencia dos

consumidores máis ecolóxica na que se valora o natural e o respecto ao

medio ambiente, porque se coñecen e valoran as súas propiedades, ou

simplemente pola facilidade de acceso, xa que se atopa dispoñible en

establecementos de venda de produtos de hixiene corporal e farmacias,

a prezos accesibles. Outra razón pola que a súa comercialización vai en

aumento é que serven de materia prima para a elaboración de múltiples

produtos que dan resposta a moitas das necesidades cotiás das

persoas, dende soletas para calzado ata recheos para colchóns ou

cestos.

Page 4: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 4

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

2. A LUFFA.

As esponxas vexetais obtéñense dos froitos dun grupo de sete

especies de plantas tropicais que pertencen ao xénero Luffa, único

xénero da subtribo Luffinae, dentro da familia das cucurbitáceas. Son

plantas gabeadoras, que poden alcanzar máis de 15 metros de

lonxitude. De orixe asiática, medran silvestres na zona do Amazonas.

Desenvólvense mellor en zonas de temperaturas altas, adaptándose

tamén a climas temperados, a pesar de que a súa fibra perde

elasticidade e resistencia.

Imaxe 1: Debuxo de Luffa aegyptiaca L.

Fonte:

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/24/Luffa_aegyp

tiaca_Blanco2.334-cropped.jpg/220px-Luffa_aegyptiaca_Blanco2.334-

cropped.jpg

Cada planta ten flores masculinas e femininas. Os froitos son

alongados cun tamaño medio de 25 centímetros, podendo chegar

incluso ata o medio metro. Presentan cor verde con liñas máis escuras

que tenden a poñerse de cor amarelo alaranxado no momento da

colleita.

Page 5: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 5

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

2.1. O Cultivo.

Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

deixar que sequen na propia planta. Cada froito contén no seu interior

arredor de 500 sementes que se extraen cortando a punta do exemplar

seco.

A sementeira realízase na primavera, ben de forma directa ou ben

facilitando a xerminación con transplantado posterior. Na sementeira

directa trázanse filas cunha separación de 1,50 m. entre si, cunha

separación entre plantas dentro da mesma fila de 70 cm. En cada un

dos ocos colócanse tres sementes, deixando máis adiante só as plantas

máis fortes.

Os solos deben ser ricos en nitróxeno e fósforo, e contar cunha

moi boa drenaxe. Non se desenvolve ben en zonas próximas ao mar, xa

que se ve prexudicada pola salinidade.

Necesita rego no verán, como mínimo unha ou dúas veces por

semana, mantendo o solo sempre ben drenado, e hai que realizar os

labores necesarios para manter o solo libre de vexetación adventicia.

As flores, que aparecen en torno ao mes trala xerminación, deben

ser eliminadas de igual forma que calquera outra rama secundaria,

para que a rama principal chegue ao soporte.

Para evitar o ataque das pragas o mellor é evitar o uso de

produtos químicos de síntese. Para o control dos ataques de insectos

aconséllase utilizar plantas resistentes e eliminar aquelas que poidan

estar enfermas.

A colleita realízase en outono. O proceso de preparación da

esponxa consiste en retirarlle a pel e o baleirado interior das sementes.

Unha vez limpas déixanse secar durante aproximadamente sete días

nun lugar ventilado, á sombra. Nunca se deben expoñer ao sol xa que a

estrutura se volvería máis áspera.

Page 6: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 6

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

Opcionalmente, pódese branquear a esponxa, mediante a

inmersión en auga cunhas pingas de hipoclorito. Posteriormente

vólvense a mergullar en auga limpa e cólganse ata que sequen.

Outra alternativa é o tinguido da esponxa para darlle distintas

tonalidades de cor e conseguir maior variedade de referencias de venda.

Para que non perdan a condición de produto “natural” débense utilizar

tinturas naturais, e preferiblemente ecolóxicas.

Tralo secado final, o produto queda preparado para o envasado e

comercialización.

Imaxe 2: Detalle dunha planta de Luffa cultivada.

Fonte: http://blog.cultivosaltec.com/wp-content/uploads/2012/11/P1010008.jpg

Page 7: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 7

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

3. UTILIDADES.

As aplicacións ás que se poden destinar as esponxas vexetais son

variadas.

Hixiene corporal e facial: é o uso que se lles deu tradicionalmente, e

por tanto, ao que se destina maioritariamente. Resulta beneficiosa para

a saúde por varios motivos: estimulan a circulación sanguínea de forma

natural e non deixan residuos nocivos na pel, ao contrario que as

sintéticas, exfolian e eliminan as células mortas da epiderme e

contribúen a evitar a aparición da celulite.

Está indicado o seu uso como exfoliante facial natural para peles

graxas, xa que as súa textura favorece a apertura dos poros, facilitando

a limpeza e evitando molestos brillos. Recoméndase esta aplicación

unha vez por semana.

Produto de limpeza: como estropallo natural para lavar a vaixela,

permitindo unha limpeza de calidade e coidando a pel das nosas mans.

Outros usos: elaboración de cepillos para os pés, soletas para o

calzado, chancletas, zapatillas, luvas, cubreasentos para os vehículos,

recheos para colchóns ou cestos, filtros, illantes acústicos, etc.

No caso das aplicacións para hixiene corporal e facial é

importante que despois de cada uso se coloquen nun lugar ventilado no

que se facilite o seu secado. Doutro xeito, debido á súa estrutura e

composición orgánica, pode converterse nun substrato sobre o que

proliferen bacterias que poden resultar prexudiciais para a saúde.

Recoméndase facilitar o secado da esponxa despois de cada uso,

substituíla periodicamente (cada tres meses como moito, ou cando se

observen cambios de olor ou de cor). Para extremar as medidas

hixiénicas de conservación da esponxa pódese, de cando en vez,

introducir no microondas (mollada, dentro dun recipiente apropiado)

durante 20 segundos, ou mergullala nunha disolución de auga cun 5%

de hipoclorito.

Page 8: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 8

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

Existen outras esponxas “vexetais” que se elaboran a partir de

celulosa, que se extrae da madeira das árbores ou dos seus residuos,

polo que se trata dun proceso de transformación ou fabricación. As

verdadeiras “esponxas vexetais”, non se “fabrican”, senón que se

“producen” e, sobre todo, teñen as propiedades beneficiosas que se

detallaron nos parágrafos precedentes, mentres que as fabricadas a

partir de celulosa carecen delas.

Tamén existen outras esponxas de orixe mariña. Aínda que o

aspecto poida ser moi semellante ao das esponxas vexetais, en realidade

non son “vexetais”, senón “animais”, invertebrados acuáticos

pertencentes ao filo Porifera. Existen unhas 9.000 especies (Chapman,

A. D., 2009), maioritariamente mariñas, xa que só unhas 150 viven en

auga doce. Foron considerados plantas ata o ano 1765, no que se

descubriu a existencia de correntes internas de auga e foron

recoñecidos como animais, cunha dixestión intracelular.. Carecen de

auténticos tecidos, e son filtradores, grazas a un complexo sistema

acuífero de poros, canles e cámaras que xera correntes de auga a partir

do movemento dunhas células flaxeladas (coñecidas como cianocitos). A

esponxa de mar atópase principalmente en augas profundas de mares

cálidos, polo que a súa dificultade da súa “colleita” e o complexo

proceso de preparación fan que resulte moito máis custosa que a

esponxa de luffa e, con toda seguridade, menos ecolóxico.

En Galicia hai unha empresa que se dedica á produción e

comercialización de esponxas vexetais (das “verdadeiras”). Trátase de

Ibérica de Esponjas Vegetales, con sé en Caldas de Reis, na provincia de

Pontevedra. Teñen un centro onde desenvolven as súas propias

investigacións e realizan os cultivos en pequenas parcelas, de xeito

artesanal, empregando produtos naturais e biodegradables para o

sistema de entitoramento e controlando as malas herbas de forma

mecánica, evitando sempre o uso de produtos sintética derivados do

petróleo. Atopan o maior interese polos seus produtos en países como

Austria, Alemaña e os mercados árabes. Recibiu o premio “Xove

Emprendedor” en 2013, promovido pola Asociación de Jóvenes

Empresarios de Pontevedra.

Page 9: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 9

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

4. CONCLUSIÓNS.

Iniciativas como a da empresa caldense demostran que é posible

unha dinamización do rural baseada no aproveitamento das

especificidades propias do entorno galego, reactivando a agricultura

como sistema económico, e con capacidade para competir nun mercado

global.

A crecente concienciación da sociedade polos procesos produtivos

respectuosos co medio ambiente e a valoración dos produtos naturais

augura un futuro prometedor para o mercado das esponxas vexetais. A

posta en marcha de novas explotacións produtivas podería acelerar o

proceso de “recuperación” do mercado fronte ás esponxas sintéticas, e o

traballo de xeito cooperativo entre produtores, centros de investigación

e industria permitiría o desenvolvemento de novos produtos e novas

utilidades para estas fibras, diversificando aínda máis a súa actividade,

minimizando a competencia entre as empresas involucradas e

incrementando o beneficio económico que se pode obter delas coa

incorporación de novos valores engadidos.

O desenvolvemento de actividades en torno á produción e

comercialización das esponxas vexetais é un claro exemplo de

viabilidade da agricultura nas zonas rurais cando se desenvolve con

visión empresarial e aproveitando os recursos endóxenos de cada zona.

A realización das actividades de xeito respectuoso co entorno garante a

súa sustentabilidade e dota dun valor engadido adicional aos produtos

finais.

Así pois, o cultivo de luffa representa unha boa oportunidade

para realizar no noso territorio, xa que contamos cunhas condicións

climáticas adecuadas (non debemos esquecer que pertencen á mesma

familia que o pepino ou os cabazos, que se veñen cultivando en Galicia

dende antano).

Page 10: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Estudo sobre as esponxas vexetais Páxina | 10

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS.

Analía (2014). S.O.S Belleza Natural. Recuperado o 04/07/2016 de

http://sosbellezanatural.com/n/1045/beneficios-y-caracteristicas-de-

la-esponja-vegetal.html

Bratskeir, K. coa tradución de Velasco, M. (17/08/2014). The

Huffington Post. Recuperado o 07/07/2016 de

http://www.huffingtonpost.es/2014/08/17/esponjas-vegetales-

ducha_n_5657213.html

Chapman, A.D. (2009). Numbers of Living Species in Australia and the

World. Toowoomba: Australian Biodiversity Information Services.

Recuperado o 13/07/2016 de:

http://www.environment.gov.au/science/abrs/publications/other/nu

mbers-living-species/discussion-invertebrates#porifera

Esponjasvegetales.com (2014) Recuperado o 04/07/2016 de

http://www.esponjasvegetales.com/que-es-y-para-que-sirve-esponja-

vegetal-luffa-loofah.html

Ibérica de Esponjas Vegetales. Recuperado o 30/06/2016 de

https://www.luffa-esponjas.com/

MundoHR (26/05/2015). Blog oficial de noticias da Corporación Hijos

de Rivera. Recuperado o 05/07/2016 de

http://www.mundohr.com/iberica-de-esponjas-y-ecocelta-

protagonizan-esta-semana-el-espacio-del-mercado-de-la-cosecha-en-

vigo/

Narváez, D.E. (2011). Proyecto de factibilidad para la creación de una

microempresa productora y comercializadora de productos para aseo

personal con Luffa cylindrica (esponja biodegradable), ubicado en el

distrito metropolitano de Quito. Quito: Universidad Politécnica

Salesiana. Recuperado o 12/07/2016 de:

http://dspace.ups.edu.ec/bitstream/123456789/4981/1/UPS-

QT02269.pdf

Page 11: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e

Este documento rematouse de elaborar en xullo de 2016

ASOCIACIÓN DE XÓVENES EMPRENDEDORES LUCENSES Rúa Montero Ríos, 69, Entrechán. 27002, Lugo (España) CIF: G27305218 - Inscrición Rexistral: 2004-7139-1 Correo: [email protected] Teléfono: +34 982221510

Page 12: ESTUDO SOBRE AS ESPONXAS VEXETAIS - axelugo.orgaxelugo.org/wp-content/uploads/2017/01/Esponxas-Vexetais-1.pdf · Para obter as sementes débense seleccionar os mellores froitos e