ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para...

26
ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO EXECUTIVO

Transcript of ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para...

Page 1: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 1

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Page 2: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como
Page 3: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 3

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

A Galicia exterior

70%30%70% galegos

que naceron no exterior / 30% emigrantes

516.489 galegos residen no exterior

Galicia ten unha enorme responsabilidade histórica cos galegos do exterior, por iso ten que corresponder axudándolles a acadar a cobertura das súas necesidades básicas. Os galegos que viven fóra das nosas fronteiras son, ademais, unha oportunidade tanto á hora proxectar a imaxe de Galicia no exterior como á de superar o seu reto demográfico logrando o seu retorno

Máis de 228.000 teñen menos de 45 anos

• Alemaña• Arxentina• Brasil• Cuba

• Estados Unidos de América

• Francia• México

• Reino Unido• Suiza• Uruguai• Venezuela

11 países agrupan o 95% dos galegos do exterior

Page 4: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 4

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

ObxectivosObxectivo xeral da Estratexia Emigración 2020Estender os beneficios da recuperación económica de Galicia aos galegos do exterior; reforzar as axudas para cubrir as necesidades básicas aos galegos do exterior; afianzar os vínculos cos galegos do exterior pondo o foco nos mozos, que son o mellor vehículo tanto para a proxección exterior de Galicia como para fomentar o retorno, principal ferramenta para superar o reto demográfico da comunidade; ratificar a importancia das

entidades como principais ferramentas de divulgación da marca Galicia e de execución dos programas tanto sociais como culturais da Xunta no exterior, e potencialas coa súa actualización tecnolóxica, a través das TICs, e social, reforzando o papel da mocidade nos seus órganos decisorios; e crear ferramentas máis eficaces de protección do patrimonio cultural exterior e de divulgación da Galicia territorial entre os que destaca a lingua.

Liñas de actuación

Reforzar as axudas individuais de carácter social para galegos do exterior que residen en países que están a atravesar unha situación de inestabilidade política e social. Non só ampliando as contías senón tamén o seu ámbito de alcance, coa inclusión dos medicamentos. É o caso de Venezuela, que está a sufrir unha gravísima crise social.

Colaborar coas entidades galegas do exterior para o mantemento e a posta en marcha de centros de día ou residencias de anciáns para o colectivo de maiores en países con deficientes sistemas públicos de protección.

Reforzar os vínculos da mocidade exterior con Galicia a través dos programas Conecta con Galicia, Aventúrate, campus deportivos, actividades deportivas e campos de traballo. Queremos preparalos para que tomen o relevo das entidades no exteriore afianzar a súa relación con Galicia.

Fomentar a presenza e o peso das mulleres tanto nas bases como nos órganos directivos das entidades galegas no exterior.

Potenciar as entidades, que son as nosas principais ferramentas para chegar aos galegos do exterior. Isto pasa necesariamente , non só por preparar o relevo xeracional, senón tamén pola súa actualización tecnolóxica a través do uso das TICs.

Crear novas ferramentas para intensificar a defensa do noso patrimonio cultural que está fóra das nosas fronteiras. Crearase un centro de referencia da emigración e executarase o Plan Director para a Protección do Patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior.

Apoiar mediante accións conxuntas dos centros galegos e as asociacións de empresarios galegos do exterior as actividades de promoción exterior que se desenvolvan pola Xunta de Galicia ou o Goberno de España, e nas que participen empresas galegas, coa finalidade de exportar os nosos produtos.

Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como referente.

Page 5: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 5

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

1 Área de información e asesoramento no exterior

2 Área social

3 Área de xuventude e deporte

4 Área de igualdade

5 Área de atención ás entidades galegas no exterior

7 Colaboración cos espazos de representación da Galicia exterior

8 Aplicación do marco normativo

6 Área de cultura e lingua

Page 6: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 6

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

OBXECTIVO 1ºFacilitar o acceso a todas as medidas e programas da Xunta de Galicia destinadas aos galegos residentes no exterior a través das TICs.

MEDIDAPublicar na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración todos os programas da Xunta de Galicia destinados ás persoas e ás institucións do exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDATer a disposición de todos os galegos residentes no exterior un número de teléfono e un correo electrónico onde recibir información completa de todas as axudas dispoñibles.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

1 Área de información e asesoramento no exterior

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

MEDIDAIntensificar a divulgación dos programas da Xunta de Galicia no exterior, organizando encontros informativos nos puntos de referencia da nosa diáspora.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDASIntensificar a divulgación a través de material tanto escrito como audiovisual das distintas axudas que se fai chegar aos centros.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 3ºFacilitar a información e o acceso aos medios para que os emigrantes galegos e os seus descendentes dispoñan de cobertura sanitaria nas súas viaxes temporais a Galicia.

MEDIDAInformar a través das entidades galegas no exterior e facilitar ás máis importantes os medios para xestionar a Tarxeta Galicia Saúde Exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºFacilitar o acceso directo á información e o asesoramento na xestión das axudas e programas da Xunta de Galicia para as persoas e as entidades do exterior naqueles países nos que resulte máis complicado mediante as novas tecnoloxías.

MEDIDAReforzar a rede de oficinas de información e asesoramento dependentes das entidades no exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAColaborar coas entidades galegas do exterior para que, naqueles lugares onde exista unha grave situación de crise socioasistencial, poidan contratar persoal cualificado para a detección, información e asesoramento de posibles problemas sociais, individuais e colectivos.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAIncentivar ás comunidades galegas do exterior para que divulguen no país de residencia, especialmente a través das TICs, os programas da Xunta de Galicia.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 7: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 7

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

2

A

Área social

OBXECTIVO 1ºCubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria dos galegos residentes no exterior, e a determinados familiares, en situación de precariedade económica.

MEDIDAAxudas económicas directas para galegos cuxa unidade familiar se atope nunha situación de precariedade económica que lle impida o acceso á cobertura das necesidades básicas e que non sexan cubertas polo sistema social e asistencial do país de residencia.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºAtender aos galegos máis maiores e residentes no exterior para que poidan vivir de forma digna e que poidan recibir os coidados asistencias básicos.

MEDIDAAxudas económicas directas para sufragar os gastos básicos de coidado de aqueles galegos maiores, residentes

no exterior, que se encontren en situación de dependencia e que necesiten unha terceira persoa para o seu coidado, sempre que no seu país de residencia non teñan dereito a este tipo de asistencia.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 3ºMinimizar a falta de asistencia sanitaria básica e de medicamentos dos galegos que, por falta de recursos e pola inexistencia dunha cobertura mínima no país de residencia, non poden acceder a eles.

MEDIDAAxudas para contribuír aos gastos de tratamentos e atención médica daqueles galegos que sufran unha enfermidade crónica ou grave e que non teñan cobertura sanitaria e asistencial no seu país de residencia.

OBXECTIVO 4ºVelar por aqueles galegos residentes non exterior que sufran unha situación de invalidez ou enfermidade permanente ou unha situación de violencia de xénero.

MEDIDAAxudas directas para aqueles galegos en situación de invalidez ou que padezan unha enfermidade permanente que os incapacite.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas directas para aquelas galegas residentes no exterior que sufran violencia de xénero.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAS DE APOIO ÁS PERSOASAXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS

Page 8: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 8

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Área social

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

2B AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

E PARA A REALIZACIÓN DE VIAXES POR RAZÓNS DE INTERESE SOCIAL, ASISTENCIAL OU HUMANITARIO

Velar por aqueles galegos residentes no exterior que sufran unha situación de desemprego grave.

MEDIDAAxudas directas para paliar unha situación de desemprego non cuberta no país de residencia e que xere unha situación de carencia de medios económicos na unidade familiar.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 5º

OBXECTIVO 6ºFlexibilizar os mecanismos de rexistro das solicitudes das axudas naqueles países nos que non se dispoña dos medios electrónicos e telemáticos ou nos que existan causas que imposibiliten a mobilidade no territorio.

MEDIDAEstablecemento de puntos habilitados para recibir información e presentar as solicitudes naqueles países onde existan circunstancias que imposibiliten a presentación das solicitudes por vía electrónica ou que se impida ou sexa moi complicada a mobilidade ata aqueles lugares de rexistros establecidos na normativa.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Asegurar a asistencia a galegos residentes no exterior que por causas sobrevidas se atopen en grave risco de exclusión social.

MEDIDAAxudas económicas directas para os galegos no exterior en situación de marxinación social ou de tal grao de dependencia, que non se poidan valer por si mesmas e non reciban a necesaria atención por ningún medio.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas económicas directas para galegos no exterior que se atopen con situacións derivadas de problemas perentorios referidos á alimentación, vestido, educación e outros de natureza análoga non cubertos polos diferentes sistemas de protección.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas económicas directas para galegos no exterior que se atopen nunha situación de carácter social, asistencial ou humanitario que requiran dunha intervención urxente.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 1º

Page 9: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 9

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

OBXECTIVO 2º

OBXECTIVO 3º

C

D

ACCIÓN PARA MANTER OS VÍNCULOS DE UNIÓN E O REENCONTRO COA TERRA DOS EMIGRANTES GALEGOS DO EXTERIOR CON CARENCIA DE RECURSOS.

OUTRAS ACCIÓNS NO ÁMBITO SOCIOASISTENCIALAxudar a paliar necesidades de unidades

familiares que, por causas naturais ou catastróficas, perdesen ou sufrisen graves danos nas súas vivendas habituais.

MEDIDAAxudas económicas directas para paliar situacións sobrevidas causadas por graves catástrofes naturais ou outras causas que provoquen a perda ou grave deterioro da vivenda habitual e do enxoval e que exista unha carencia de medios para palialas.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Facilitar viaxes a galegos residentes no exterior que teñan que recibir atención médica especializada ou asistencial en lugares distintos á súa residencia habitual e que carezan de medios para poder facelo.

MEDIDAAxudas económicas directas para galegos con problemas sanitarios graves cuxo tratamento non estea debidamente cuberto ou con respecto dos cales a súa atención no Estado español supoña unha vantaxe significativa.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 1ºManter os vínculos con Galicia dos emigrantes galegos máis maiores que non puideron volver aos seus lugares de orixe, para que coñezan a Galicia actual.

MEDIDAAxudas para posibilitar a viaxe a Galicia de emigrantes maiores e aos seus cónxuxes ou parellas de feito con carencia de medios para convivir no seo das súas familias de orixe mediante o Programa Reencontros na Casa.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas para posibilitar a viaxe a emigrantes maiores que, por carencia de medios, non tiveron oportunidade de volver visitar Galicia desde hai moito tempo, facilitando a súa estancia nunha residencia de tempo libre e a posibilidade de convivir coas súas familias de orixe, mediante o programa Reencontros na Terra.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 1ºFacilitar o acceso dos emigrantes galegos e os seus descendentes a cobertura sanitaria nas súas viaxes temporais a Galicia.

MEDIDAFacilitar ás entidades galegas no exterior máis importantes os medios para xestionar a Tarxeta Galicia Saúde Exterior.COMPETENCIA | Consellería de Sanidade e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºFacilitar a condición de familia numerosa ás familias que residen no exterior para que poidan gozar desta condición nas súas estadías temporais na Galicia territorial.

MEDIDAFacer os cambios normativos necesarios para que as familias galegas do exterior poidan gozar da condición de familia numerosa.COMPETENCIA | Consellería de Política Social

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

Page 10: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 10

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Área social2

MEDIDAS DE APOIO A TRAVÉS DAS ENTIDADES

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

OBXECTIVO 1ºAsegurar a continuidade no labor de protección dos galegos máis desfavorecidos polas entidades galegas do exterior, con especial atención a todas aquelas que prestan servizos de coidado á terceira idade e á dependencia.

MEDIDAColaborar coas entidades galegas do exterior para a atención de colectivos de galegos da súa área de influencia que precisen atención social ou sanitaria.COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAColaborar coas entidades galegas do exterior para o mantemento e a posta en marcha de centros de día ou residencias de anciáns en países con deficientes sistemas públicos de protección.COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAColaborar coas entidades galegas do exterior para a mellora de infraestruturas ou dotación de equipamentos destinados a prestar servizos sanitarios e asistenciais á comunidade galega residente no exterior.COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFomentar a cooperación entre as entidades galegas con fins sanitarios e asistenciais.COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºAsegurar o acceso a medicamentos básicos para enfermidades crónicas ou graves aos galegos no exterior naqueles lugares onde o acceso é difícil ou imposible.

MEDIDAColaborar coas entidades galegas do exterior para dar acceso a medicamentos aos galegos residentes na súa área de influencia, que non terían de outro xeito.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 11: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 11

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

3 Área de xuventude e deporte

Promoción de actividades culturais, formativas, deportivas, de lecer, sociais e outras que fomenten que a mocidade galega do exterior participe activamente na realidade social da Galicia territorial, e favorecer a súa implicación no seo das entidades galegas do exterior.

MEDIDAA través do programa Conecta con Galicia, a mocidade da Galicia exterior comparte con mozas e mozos residentes en Galicia diversas actividades nas que toman contacto co Camiño de Santiago e a nosa cultura, natureza e o noso mar, así como coas súas familias residentes en Galicia. COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 1º

MEDIDAO programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, busca facilitarlles o contacto coa realidade galega e a oportunidade de convivir cos mozos e mozas residentes en Galicia para a realización de actividades do mar, da natureza e medio ambiente e de aventura. Con este programa tamén se incentiva o contacto coa súa familia residente en Galicia.COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAPromocionar os Campus deportivos para fomentar o deporte entre a xuventude no exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración e Secretaría Xeral do Deporte

MEDIDAFomentar as redes de voluntariado entre a xuventude do exterior para o seu achegamento ás comunidades galegas e a súa contribución á colectividade galega máis necesitada.COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración.

OBXECTIVO 2ºApoio á formación da mocidade do exterior.

MEDIDAFomentar accións formativas presenciais e online para mellorar as habilidades sociais e de xestión, administración e dirección que permitan á xuventude galega asumir os retos de liderado que as colectividades galegas demandan.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFomentar accións formativas presenciais e online para incidir no coñecemento da historia, a lingua e a cultura galega e na realidade social e económica de Galicia.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 12: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 12

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Área de xuventude e deporte3

MEDIDAActuacións para que os mozos e mozas coñezan o tecido asociativo da nosa emigración e o seu traballo no mantemento da cultura e lingua, e farán un traballo propio e de colaboración con entidades para o coidado dos nosos maiores mediante accións sociais e asistenciais. COMPETENCIA | Consellería de Política Social e Secretaría Xeral da Emigración.

MEDIDAOrganizar e participar en congresos e xuntanzas da xuventude galega no exterior. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDACrear a Tarxeta Xuventude Exterior para ofrecer aos mozos galegos residentes no exterior descontos e vantaxes das entidades colaboradoras en Galicia, no resto das comunidades autónomas españolas e no estranxeiro. COMPETENCIA | Consellería de Política Social

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

4 Área de igualdade

Reivindicación da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, potenciando o seu vínculo co tecido asociativo, poñendo en valor o papel capital da muller no proceso da emigración galega.

MEDIDAPromover foros de debate e outras accións semellantes entre as mulleres galegas do exterior e as residentes na Galicia territorial que analicen a situación e perspectivas da muller galega, e ofrezan as conclusións necesarias para orientar as accións en política de emigración da Xunta de Galicia. COMPETENCIA | Vicepresidencia e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDALevar a cabo campañas de concienciación co compromiso de igualdade nos espazos de representación da galeguidade.COMPETENCIA | Vicepresidencia e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFacer un estudo social, económico e cultural sobre a situación da muller galega no exterior que sirva para orientar as políticas públicas de Galicia e para promover o cambio cultural das comunidades galegas a favor da plena igualdade entre os homes e as mulleres. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 1º

Page 13: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 13

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

5 Área de atención ás entidades galegas no exterior

OBXECTIVO 1ºMellora das dotacións para ampliar os servizos ofrecidos, fundamentalmente os servizos de carácter social, cultural e os relacionados coas novas tecnoloxías.

MEDIDAProgramas de axuda destinados a financiar a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación de instalacións e/ou patrimonio cultural da súa propiedade e tamén para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable .COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable destinados ao cumprimento das funcións sociais propias das comunidades galegas no exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFomentar a participación dos galegos do exterior nas entidades existentes no país de residencia, así como apoiar a creación de novas comunidades nos lugares onde non existen.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºFomento da acción e programas de actuación das entidades galegas en favor dos galegos residentes no exterior.

MEDIDAFomentar e axudar a que as entidades leven a cabo actividades formativas, culturais e sociais, dirixidas á xuventude e outras para a mellora da vida dos galegos do exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAContribuír cos gastos de funcionamento ordinario das institucións, destinados á modernización e mellora da súa xestión. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 3ºChegar a un maior número de galegos, facendo que os servizos que prestan as entidades se destinen tanto aos seus socios coma aos galegos non asociados que vivan na súa área de influencia.

MEDIDAImpulsar a estrutura organizativa e de xestión das entidades, fomentando a súa agrupación e potenciando as competencias das federacións de comunidades para cumprir dun xeito máis adecuado e coordinado coas súas funcións no ámbito social, cultural e asistencial.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFacilitar os recursos necesarios e o asesoramento ás entidades galegas en proceso de unión. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 14: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 14

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

MEDIDAPromover que as accións, axudas e programas sociais e culturais cheguen a todos os galegos no seu ámbito de actuación e non só aos socios.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas ás entidades galegas do exterior para que todos aqueles galegos residentes na área de actuación dunha destas entidades non deixe de pertencer a ela ou participar nas súas accións sociais e culturais por razóns económicas.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Área de qtención ás entidades galegas no exterior

5

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

OBXECTIVO 5ºFacilitar a incorporación das TIC e potenciar normativa e economicamente o seu uso no seo das entidades para facilitar e optimizar o seu traballo diario.

MEDIDACrear ferramentas ou programas para a xestión das entidades que facilite a súa organización interna e a xustificación dos programas de axuda da Xunta de Galicia.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas para a compra de programas ou sistemas de xestión das entidades.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 6ºImplantación da tramitación totalmente electrónica nas relacións das entidades galegas no exterior coa Administración galega.

MEDIDACrear e implantar os mecanismos e os sistemas de acreditación e sinatura para que as entidades galegas se comuniquen coa Administración galega de forma totalmente dixital.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 7ºImplantar o e-learning ou aprendizaxe electrónica como recurso didáctico para aqueles casos con dificultades para as modalidades de aprendizaxe tradicionais ou presenciais, como as comunidades galegas do exterior.

MEDIDAAxudar as entidades galegas a obter as ferramentas necesarias para impartir cursos, seminarios ou outras formas de aprendizaxe e difusión da lingua e a cultura galegas nas súas instalacións.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 4ºPotenciar dentro das entidades espazos de encontro da xuventude coa realidade socioasistencial que lle é próxima.

MEDIDAAxudas ás entidades que creen dentro da súa organización espazos de encontro da xuventude, onde poidan desenvolver accións que reforcen o seu vínculo coa propia entidade e coa Galeguidade.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 15: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 15

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

OBXECTIVO 9ºPromover que as comunidades galegas do exterior se abran máis á xuventude e á muller.

MEDIDAPromover, mediante a súa valoración nas ordes de axudas as entidades, o acceso dos máis mozos e as mulleres á dirección das entidades.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 10ºPromover o importante labor das entidades galegas do exterior como escaparates da Galicia territorial, converténdose nos mellores promotores do turismo de Galicia.

MEDIDAApoiar mediante accións conxuntas dos centros galegos e as asociacións de empresarios galegos do exterior as actividades de promoción exterior que se desenvolvan pola Xunta de Galicia ou o Goberno de España, e nas que participen empresas galegas, coa finalidade de exportar os nosos produtos.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAImpulsar a coordinación entre as entidades galegas do exterior e as asociacións de empresarios na súa área de actuación co fin de establecer ou fortalecer os vínculos e a mutua colaboración.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAccións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como referente.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración e Axencia de Turismo de Galicia

MEDIDAAxudas para o desenvolvemento de eventos que teñan por finalidade a promoción da Comunidade Galega no exterior, converténdose, por tanto, as nosas comunidades nos mellores promotores de Galicia no exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAColaborar coas comunidades galegas na promoción turística de Galicia, facéndolles chegar información actualizada e material de promoción turística da nosa comunidade.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 8ºCrear vogalías específicas relacionadas coas TIC e as redes sociais nas entidades galegas, facendo unha mención ou recoñecemento especial a aquelas entidades galegas no exterior que destaquen no uso das TICs.

MEDIDAPromover, mediante a súa valoración nas ordes de axudas ás entidades, que creen vogalías específicas relacionadas coas TIC e as redes sociais nas entidades.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 16: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 16

ESTRATEXIA RETORNA 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

OBXECTIVO 1ºDifundir e promover a cultura e tradicións galegas entre os galegos do exterior, reforzando así os seus vínculos coa súa terra de orixe e incrementando a súa implicación no devir da comunidade galega.

MEDIDAAxudas a entidades para proxectos culturais, sociais e formativos das entidades galegas no exterior e aquelas que promovan a difusión e preservación do patrimonio cultural de Galicia entre as colectividades de galegos residentes nos lugares de asentamento. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAIncentivar e apoiar as accións de promoción no exterior do Camiño de Santiago. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas a entidades para accións informativas ou divulgativas sobre aspectos da vida social, cultural ou económica de Galicia, como a edición e difusión de libros ou publicacións de interese xeral e programas de radio e

televisión dedicados á realidade galega, ou a organización ou participación en xornadas, exposicións ou feiras sectoriais.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAApoiar proxectos promovidos pola xuventude que teñan relación con Galicia, como a formación específica da mocidade na xestión das entidades galegas, intercambios, formación sobre novas tecnoloxías da comunicación, creación de grupos de teatro, música e danza, actividades culturais ou foros de debate.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDASubvencionar proxectos de actividades de carácter extraordinario para as entidades que as promoven ou nos que participan activamente, cuxa finalidade sexa a promoción cultural, social ou económica de Galiciapara as que se xustifique a súa especial relevancia e diferenciación (25, 50, 75 anos e centenarios).COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºDefensa e conservación do patrimonio artístico, arquitectónico, cultural e documental da galeguidade.

MEDIDAImplementar o Plan Director para a Protección do Patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior.COMPETENCIA | Consello da Cultura Galega e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAPreservar o patrimonio cultural que atesouran os preto de 200 centros galegos espallados polo mundo a través da catalogación e dixitalización.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral da Emigración e Amtega

MEDIDAFomentar a recuperación da memoria viva da emigración para crear unha base documental de testemuñas orais. COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

6 Área de cultura e lingua

Page 17: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 17

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

MEDIDAApoiar iniciativas audiovisuais para promover o diálogo intercultural entre a Galicia territorial e a Galicia exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAAxudas para investimentos dirixidos a accións de catalogación, restauración e inventariado de fondos artísticos, bibliográficos ou documentais das entidades.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDACrear o centro de referencia da emigración galega e da galeguidade.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Secretaría Xeral da EmigraciónColabora Consello da Cultura Galega e outras entidades

OBXECTIVO 3ºPromover e poñer en valor a música galega como un dos sinais de identidade de Galicia.

MEDIDADifundir a web trilingüe (galego, castelán e inglés) Galician Tunes, () que ofrece aos artistas, grupos, asociacións e empresas do sector unha ferramenta para potenciar a difusión internacional do seu traballo. COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 4ºAchegar a historia, actualidade e tendencias culturais de Galicia á diáspora para reforzar os vínculos das segundas e terceiras xeracións.

MEDIDAReforzar o programa Escolas Abertas, polo que se realizan na Galicia territorial cursos de especialización dirixidos aos profesores ou profesionais que dirixen escolas ou talleres de cultura galega nas entidades galegas do exterior para socios ou cidadáns galegos residentes nas súas áreas de influencia en gaita

tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta e confección de traxe tradicional galego. O programa inclúe, ademais, unha nova liña especificamente dirixida á formación de mozos en habilidades de dirección.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAPotenciar a realización de obradoiros de fala, cultura, folclore ou gastronomía na sede das comunidades galegas do exterior nas modalidades de baile tradicional, gaita, percusión, canto e pandeireta, encaixe de palillos, obradoiros artesáns e de confección de traxes tradicionais, cociña galega e seminarios de cultura galega. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 18: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 18

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

Área de cultura e lingua6

MEDIDAPromocionar o Arquivo da Emigración Galega como o espazo común que reúne y constrúe a memoria colectiva da identidade galega espallada máis aló das nosas fronteiras.COMPETENCIA | Consello da Cultura Galega e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDADifundir o Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura, que inclúe desde hai anos figuras emerxentes de diversas disciplinas de países como Uruguai e Arxentina.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 5ºPreservar o galego e fomentar o seu uso e coñecemento tanto nas entidades do exterior como nas actividades culturais que organicen.

MEDIDAIncentivar o uso do galego nas comunidades galegas do exterior, tanto a nivel administrativo como de forma de comunicación entre os galegos do exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDASubvencionar ou axudar a financiar os custes da convocatoria de cursos de galego tanto a través das comunidades galegas como doutros centros ou institucións que se consideren útiles.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 6ºDifundir a literatura galega en galego fóra das nosas fronteiras e fomentar o galego entre os lectores de todo o mundo.

MEDIDASeguir potenciando o catálogo de obras da Secretaría Xeral da Emigración e situada na súa páxina web (www.galiciaaberta.com). COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDADivulgación da páxina web Portico of Galician Literature, a través da que se pode acceder a unha selección de fragmentos de obras de autores e autoras galegos actuais traducidos ao inglés.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 7ºIncentivar o aprendizaxe e uso do galego entre os galegos residentes no exterior para lograr a igualdade de condicións cos galegos residentes na Galicia territorial á hora de lograr a plena integración social, educativa e laboral en caso de retorno.

MEDIDAApoiar e difundir as clases de galego nos propios centros da comunidade galega no exterior a través da formación de profesores e docentes que traballen en centros sociais, culturais ou educativos do estranxeiro. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración e Secretaría Xeral da Emigración

Page 19: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 19

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

MEDIDAFomentar a asistencia a clases preparatorias para a obtención dos certificados Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 de xeito telemático.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDADivulgar os programas de formación en diversos países, dentro do ensino non universitario con colaboracións con centros como o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres, onde a lingua galega está implantada como materia optativa na ESO e Bacharelato, a formación en literatura, cultura e lingua galega no Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol, de Bos Aires, ou na Hermandad Gallega de Venezuela. COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAContinuar potenciando e consolidando o ensino e a investigación da lingua e da cultura galega nas universidades de fóra de Galicia nas que xa existe como materia de estudo e introducilo noutras universidades de interese estratéxico. Destacan os Centros de Estudos Galegos (CEG).COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

MEDIDADifundir o convenio co Instituto Cervantes para ampliar as súas accións de proxección internacional da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia e cos lectorados universitarios de Berlín, Lisboa, Roma, Varsovia, Río de Xaneiro e São Paulo.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDACursos de verán de lingua e cultura galegas para persoas de fóra de Galicia, que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística desde hai máis de tres décadas coa organización do Instituto da Lingua Galega e a colaboración da Real Academia Galega. COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

MEDIDADivulgación dos cursos de verán para persoas procedentes do estranxeiro e doutras partes de España, que se celebran na Galicia territorial co obxectivo de darlle ao alumnado universitario a oportunidade de familiarizarse tanto coa lingua galega como coa realidade sociocultural de Galicia..COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Real Academia Galega, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Secretaría Xeral da Emigración

Page 20: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 20

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Área de cultura e lingua6

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

MEDIDADifundir as bolsas de formación que o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades convoca para titulados estranxeiros en proxectos de investigación que se estean levando a cabo no seu seo.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAImplicar a todos os galegos nas actividades de fomento e promoción do uso do galego a través dun concurso para elaborar unha exposición de carteis divulgativos sobre a obra, a época e a situación sociolingüística da etapa histórica vivida polo autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas.COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

Achegar á poboación máis nova da Galicia territorial o fenómeno da emigración.

MEDIDAImplantar na programación das ensinanzas primaria e secundaria de Galicia o estudo da historia da emigración de Galicia e o seu presente. COMPETENCIA | Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 8º

7 Colaboración cos espazos de representación da Galicia exterior

OBXECTIVO 1ºPotenciar a capacidade de colaboración, asesoramento e difusión da información do Consello de Comunidades Galegas e da súa Comisión Delegada.

MEDIDAColaboración co Consello de Comunidades Galegas para o seguimento do cumprimento dos obxectivos do Plan Integral, revisando anualmente a execución das diferentes medidas nas reunións da Comisión Delegada.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFomentar a capacidade de iniciativa e asesoramento dos membros do Consello das Comunidades Galegas sobre os principais problemas que afectan os galegos residentes no exterior para incrementar a eficacia dos servicios e recursos que a Xunta de Galicia pon ao servizo da diáspora.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDADeseño de accións que modernicen a comunicación, transparencia e bo goberno dos órganos de representación das colectividades galegas no exterior. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDANo marco de competencias dos órganos de representación, promover en cooperación coas comunidades galegas, grupos de traballo online sobre a formación e capacitación na cultura galega, educación e acceso ao emprego, modernización das entidades, etc. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 21: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 21

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Estrutura da Estratexia Emigración 2020

| Medidas de apoio á emigración da Comunidade Autónoma de Galicia

8 Aplicación do marco normativo

OBXECTIVO 1ºSeguimento e aplicación da Lei da Galeguidade

MEDIDAFomento entre as comunidades galegas do exterior, e entre os seus membros do coñecemento da Lei da Galeguidade e do resto de normativa de aplicación, dotándolles ferramentas necesarias para a súa difusión. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFomentar a fusión das entidades galegas no exterior, faciliántdolles asesoramento e axuda durante o proceso.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAFavorecer o cumprimento por parte das entidades galegas no exterior dos obxectivos marcados polos diferentes consellos de comunidades. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAPromover a través das diferentes convocatorias de axudas ás entidades galegas no exterior melloras na calidade dos servizos, a renovación xeracional, a integración da mocidade e da muller e a súa modernización de cara a acadar unha xestión eficiente. COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

OBXECTIVO 2ºDifusión dos dereitos e deberes dos galegos no exterior

MEDIDACreación de guías sobre os procedementos que regulan o exercicio dos dereitos dos galegos residentes no exterior, como os que regulan a atención sanitaria nas estancias temporais en España, a nacionalidade e o visado, a fiscalidade e herdanzas, ou a educación e homologación, entre outros.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDADesenvolver unha campaña de difusión presencial e a través das TICs, en colaboración cos centros da galeguidade e as entidades colaboradoras, para achegar a normativa ao maior número posible de galegos no exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

MEDIDAElaboración da normativa que regule a concesión de distincións a persoas ou entidades vinculadas coa Galicia exterior.COMPETENCIA | Secretaría Xeral da Emigración

Page 22: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 22

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Conclusións

O Goberno galego segue a dar resposta ás necesidades dos galegos no exterior, principalmente a aqueles de primeiras xeracións, pero sen esquecer aos seus descendentes máis inmediatos. A eles van dirixidas a meirande parte das medidas que conforman esta Estratexia Emigración 2020.

O obxectivo fundamental é garantir cobertura socioasistencial aos máis de medio millón de galegos espallados polo mundo, tanto de xeito individual como a través das preto de 200 entidades de diversa clase e tamaño que existen no mundo. A situación de certos países, fundamentalmente situados en América, obrigan ao Goberno galego a estar máis pendente ca nunca do benestar dos emigrantes que partiron hai décadas cara o Novo Continente, onde se estableceron e lograron, en moitos casos, unha estabilidade persoal e profesional que nestes intres se ve ameazada. Evitar que se propaguen, ou que se incrementen ou agraven os casos de necesidade máis urxentes, é unha das máximas preocupacións da Secretaría Xeral da Emigración e, por extensión, da Xunta de Galicia. Así o probaron os diferentes Gobernos galegos das últimas décadas a través das distintas liñas de axuda e apoio ao colectivo de galegos no exterior.

No eido cultural, as liñas de traballo do Goberno galego buscan crear unha canle de dúas direccións entre a Galicia territorial e a exterior. Así, ao labor de difusión dos valores, autores e obras que forman parte do legado cultural da comunidade autónoma galega súmase o da protección do patrimonio cultural da Galicia exterior. A creación do centro de referencia da emigración e a execución do Plan Director para a Protección do Patrimonio das Comunidades Galegas no Exterior son só dous exemplos dos proxectos deseñados coa colaboración doutros departamentos da Xunta. A difusión e fomento da lingua será outro eixo clave na estratexia de divulgación da cultura e a identidade galegas no exterior grazas ás ferramentas que poñen á nosa disposición as máis recentes tecnoloxías.

A modernización e actualización das entidades galegas no exterior pasa por abrir os seus órganos de dirección a dous dos actores que están a xogar un papel máis relevante nos constantes cambios que está a experimentar a todos os niveis

a sociedade actual: a muller e a mocidade. Mentres o papel da primeira é indiscutible e evidente na historia da humanidade, é na segunda na que radica o relevo xeracional e o salto á sociedade globalizada a través, entre outras ferramentas, das TICs. As tecnoloxías da información revélanse como a solución a moitas das dificultades que a dispersión xeográfica dos galegos do exterior levan combatendo durante décadas, e permiten ás entidades camiñar cara unha xestión eficiente.

A unidade, tanto a nivel interno como externo dos centros galegos no exterior, é igualmente fundamental para garantir a súa supervivencia e, por tanto, a dos principais vehículos de galeguidade fóra das nosas fronteiras. As comunidades galegas no exterior seguen a ser o principal transmisor dos valores e as tradicións de Galicia no resto do mundo e supoñen unha peza clave e irremprazable para o mantemento e reforzo dos vínculos de todos os galegos do exterior coa súa terra. Son estes lazos os que manteñen viva esa gran oportunidade de proxección exterior que ten Galicia, tan valiosa de cara á súa promoción fóra das nosas fronteiras como ao fomento do retorno.

Page 23: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 23

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

Todos estes obxectivos plásmanse en 102 medidas repartidas nas seguintes oito áreas:

1 Información e asesoramento no exterior

2 Social, tanto de xeito individual 16 como a través das entidades galegas no exterior 5

3 Xuventude e deporte

4 Igualdade

5 Atención ás entidades

6

7

8Cultura e lingua

Espazos de representación da Galicia exterior

Aplicación do marco normativo

2

21

9

3

21

30

30

7

Page 24: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como
Page 25: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 25

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO

METAS 2020

Destinar as políticas de emigración máis de 26 millóns de euros ata 2020

1

Reforzar a atención social, especialmente en países en situación de crise.

2

Afianzar os vínculos coas novas xeracións de galegos no exterior (TIC s, deporte e cultura)

3

Fortalecer as entidades galegas a través da súa modernización (TIC s e mocidade)

4

26M

Euros

Impulsar a proxección exterior de Galicia (cultura, comercio e turismo)

5

+228.000

516.489

persoas

galegos

Menores de 45 anos

no exterior

+150.000

179

galegos

entidades

Maiores de 65 anos no exterior

no exterior

Page 26: ESTRATEXIAESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020 RESUMO · Accións de promoción da gastronomía galega para consolidar a Galicia no lugar que lle corresponde no panorama internacional como

P. 26

ESTRATEXIA EMIGRACIÓN 2020

RESUMO EXECUTIVO