Eric Clapton

40
ERIC CLAPTON

description

Biografia de Eric Clapton feita por min para un traballo de informatica

Transcript of Eric Clapton

Page 1: Eric Clapton

ERIC CLAPTON

Page 2: Eric Clapton

PRÓLOGO:

Neste traballo pretendo ensinar mediante textos e imaxes como foi e como é a vida de Eric Clapton. Pretendo atopar documentos sobre a súa autobiografía xunto con imaxes da súa familia, amigos e os seus discos en solitario e con outros grupos como por exemplo Cream e John Mayall's Bluesbreakers. Espero facer un traballo ben documentado e con bastantes imaxes e con documentos que escribira el, como a carta que lle escribiu ao seu fillo cando caeu dende o edificio onde traballaba a nai, espero que lle guste a quen o lea, e tamén espero atopar todo iso, e que o que atope sexa todo real.

Page 3: Eric Clapton

INTRODUCCIÓN:

Eric Patrick Clapton Shaw (Ripley, Surrey, Inglaterra, 30 de marzo de 1945) é un guitarrista, cantante e compositor de rock e de blues, coñecido pola súa mestría coa guitarra eléctrica, sobre todo coa súa Stratocaster. E coñecido como Slowhand (Man lenta), dende a súa época en The Yardbirds, de onde tamén saíu outro grande mestre da guitarra, Jimmy Page. Eric é membro do Salón da Fama do Rock por partida triple; por ser membro de The Yardbirs, Cream e pola súa carreira en solitario. A vista de moitos críticos Eric foi un dos artistas máis respectados e influintes de todos os tempos. Ademais, aparece no posto número 4 da lista "Os 100 grandes guitarristas de todos os tempos" da revista Rolling Stone e no posto número 53 do seu especial "Inmortais: Os 100 grandes artistas de todos os tempos".

O seu estilo musical sufriu múltiples cambios ao longo da súa carreira, pero as súas raíces sempre estiveron profundamente ligadas co blues. É recoñecido como un innovador en varias etapas da súa carreira, practicando o blues rock con John Mayall's Bluesbreakers e The Yardbirds, e o rock psicodélico con Cream, ademais de tocar estilos moi diversos na súa etapa en solitario: Delta blues no seu álbum Me and Mr. Johnson, pop na súa canción "Change the World" ou reggae na súa versión do tema de Bob Marley (“I shot the Sheriff”). Posiblemente o seu maior éxito foi a canción "Layla" da súa época con Derek and the Dominos.

Nos seus últimos traballos rende tributo a Robert Jonhson, un dos seus maiores ídolos.

Page 4: Eric Clapton

ÍNDICE DE CAPÍTULOS:

BIOGRAFÍA.....................................................................................................................5

CARREIRA EN SOLITARIO POR ANOS.....................................................................9

DISCOGRAFÍA..............................................................................................................14

NOVO DISCO DE ERIC CLAPTON.............................................................................16

CARTA AO SEU FILLO................................................................................................17

A AUTOBIOGRAFÍA DE ERIC CLAPTON CHEGA A ESPAÑA.............................21

O SEU MELLOR AMIGO E A SÚA EX-MULLER.....................................................22

TRIANGULO AMOROSO DE ERIC CLPTON............................................................23

ERIC CLPTON E A REVOLUCIÓN DO BLUES ELÉCTRICO.................................24

O CAPRICHO DE ERIC CLAPTON.............................................................................25

O ÚLTIMO FILLO DE ERIC CLAPTON......................................................................26

EPÍLOGO........................................................................................................................27

ÍNDICE DE CITAS.........................................................................................................28

ÍNDICE DE ILUSTRACIÓNS.......................................................................................29

BIBLIOGRAFÍA (direccións web).................................................................................30

Page 5: Eric Clapton

BIOGRAFÍA:

XUVENTUDE:

Eric Clapton naceu en The Green, Ripley, Surrey, Inglaterra, como fillo ilexítimo de Patricia Molly Clapton, de 16 anos, e Edward Walter Fryer, un piloto de Canadá de 24 anos. O seu pai regresou ó lado da súa muller en Canadá antes de que Eric nacera. Eric medrou cos seus avós crendo que eran os seus pais, e que a súa nai era a súa irmá. Anos despois súa nai casouse con outro soldado de Canadá e mudouse a Canadá, deixando a Eric Clapton cos seus avós. Cando Eric tiña 9 anos descubriu a verdade, sendo este un momento decisivo na súa vida.O día que cumpriu 13 anos, recibiu como agasallo unha guitarra, que aprendeu a tocar de modo autodidacta. Á idade de 17 anos formou o seu primeiro grupo, The Roosters. Eric medrou escoitando gravacións de blues de músicos de Chicago e de grandes guitarristas como B.B. King e Freddie King.

SALTO Á FAMA:

En 1964 o seu nome comezou a soar como membro de The Yardbirds, un grupo de Rock and Roll con influencias do blues. Neste grupo foi onde se converteu rapidamente nun dos guitarristas máis populares da escena musical inglesa. Sen embargo, Eric seguía fortemente comprometido co blues, polo que fuxe do novo rumbo pop de The

Yardbirds, en parte porque “For your love” foi escrita polo músico pop Graham Goulman, que escribiu temas para o grupo de adolescentes Herman`s Hermits e o grupo pop The Hollies. Varias veces negouse a tocar esta canción e renunciou ó grupo tan pronto como a canción foi gravada.Despois de varios meses de práctica Eric uniuse a John Mayall's Bluesbreakers. A súa execución tivo unha grande influencia no primeiro álbum deste grupo, ademais inspirou unha fugaz onda de graffitis nos que se podía ler:

“Clapton is God” (Clapton é un Deus).En 1966 Eric Clapton forma o que se denominou primeiro supergrupo da historia do rock: Cream, con baixista Jack Bruce e o batería Ginder Baker. Aínda que só estiveran xuntos un par de anos, a súa influencia foi enorme, con temas tan coñecidos como “Sunshine of your Love”, “White Room” e o clásico “Crossroads”. As presentacións en vivo de Cream, coas súas longas improvisacións, serviron como modelo para moitos grupos tanto de Hard Rock como de Rock progresivo nos anos 60 e 70.Despois da desaparición de Cream, Eric formou outro supergrupo, Blind Faith, novamente con Baker e co músico Steve Winwood e o baixista de Family, Rick Greich, no que só editou un disco antes da súa desaparición, menos dun ano despois da súa formación.

Page 6: Eric Clapton

Portada do disco Layla.

Portada dun dos discos que publicou Eric Clapton con Cream.

Etapa solista:Despois de Blind Faith enfocouse sobre todo na súa carreira en solitario, aínda que se acabou integrando noutros proxectos fugaces como Delaney & Bonnie ou Derek and the Dominos. Con Derek and the Dominos produciu un dos seus maiores éxitos, “Layla” (dedicada a Patty Boyd, naqueles momentos muller do seu mellor amigo George Harrison).

Eric mantívose practicamente inactivo durante 1971 e 1972, por unha seria adición á cocaína. Peter Townshend, guitarrista de The Who, axudoulle a superala e a organizar un concerto de regreso no Rainbow Theatre de Londres en 1973. Nos seguintes anos fixo versións de moitos temas: “Cocaine” e “After Midnight”, temas orixinais de J.J. Cale, e “I Shot the Sheriff”, de Bob Marley, que o levaron outra vez ó éxito.

A carreira de Eric pareceu debilitarse nos anos 80,aínda que fixo unha exitosa presentación no concerto multitudinario Libe Aid. A edición de Crossroads en 1988, un dos seus primeiros paquetes recopilatorios no novo formato Compaq disc, revitalizou a súa carreira.

En 1991 houbo unha traxedia na súa vida, morreu o seu fillo de catro anos ó caer dende o piso 53 do apartamento da nai en Nova York. Na súa memoria, escribiu o tema “Tears in Heaven”, tema que se converteu nun grande éxito masivo e grazas a ese tema

recibiu seis premios Grammy. Nese mesmo ano Eric incentivou ó seu amigo George Harrison para saír xuntos de xira por Xapón, sendo o ex-Beatle a estrela principal acompañado de Eric Clapton e os seus músicos. As fabulosas presentacións que deron

Page 7: Eric Clapton

xuntos non só axudaron a xuntar máis a súa amizade, senón para reivindicar a fama de ambos e a súa calidade como músicos de talento.

En 1993, Eric recibiu seis Grammys por Unplugged, entrou no Rock & Roll Hall of Fame como parte do grupo Cream ( como parte de The Yarbirds entraron antes). En canto ás gravacións, Eric aparece en varios álbums tributo: Tribute To Curtis Mayfield, Stone Free: A tribute To Jimi Hendrix, e Bob Dylan 30th Anniversary Concert.

En setembro de 1994, edita From The Cradle, que é o primeiro álbum de Blues íntegro gravado por Eric, no que se recolle unha colección de temas clásicos. Gañou o Grammy ó mellor Álbum de Blues Tradicional en 1995 e vendeu máis de tres millóns de copias en Estados Unidos sendo o disco de Blues que máis se vendeu en toda a historia.

En abril de 1996, publicou un novo disco recopilatorio co nome de Crossroads 2: Live In The Seventies, que consistiu en actuacións en directo gravadas durante os anos 70, así como catro temas de estudo inéditos. Eric

tamén obtivo un gran éxito ese ano co tema “Change The World”. Tamén participou nun concerto homenaxe a Stivie Ray Vaughan e no concerto Princes Trus no Hyde Park de Londres.

En 1997, Eric colaborou con Simón Cimie nun álbum titulado Retail Therapy. Eric tamén gañou outros tres Grammy: gravación do ano e mellor vocalista pop masculino por “Change The World” e compartiu o Grammy á mellor actuación de Rock instrumental por “SRV Shuffle”, do álbum tributo a Stevie Ray Vaughan. En marzo, publicou o álbum Pilgrim e en xuño abriu unha clínica para a rehabilitación de drogadictos e alcohólicos na illa caribeña de Crossroads Center.

En 2004 publicou un álbum tributo ó bluesman Robert Johnson: Me and Mr. Johnson que incluía 14 versións dos 29 temas que gravou o mestre do Blues do Missisippi durante a súa breve carreira nos anos 30. Ese mesmo ano Eric creou Crossroads Guitar Festival.

Page 8: Eric Clapton

En 2005 publicou varios álbums: Back Home e Sessions For Robert J e un ano despois publicou Road to Escondido con J.J. Cale.

En 2007 con motivo da celebración dos 25 anos do seu tema Layla, Eric ofrece un dobre CD recopilatorio cos seus 36 mellores temas en solitario, E lanzou a súa autobiografía, chamada Clapton: A Autobiografía. E participou en moitos concertos en directo, incluída a última xira en 2008 con músicos como Doyle Bramhall II, Robert Randolph, Pino Palladino e Willie Weeks.

Eric Clapton cos seus 63 anos é aínda un dos músicos máis importantes de Blues e de Rock, e tamén unha lenda viva da guitarra.

Page 9: Eric Clapton

CARREIRA EN SOLITARIO POR ANOS:

-Anos 70:

Os primeiros anos da década dos 70 foron desastrosos para a vida persoal de Eric Clapton, que estaba dominado polas súas adiccións. Deixou de facer xiras e refuxiouse

na súa casa de Surrey, no Reino Unido. Alí dedicouse á súa adicción á heroína, deixando de lado a súa carreira, só apareceu no Concerto por Bangladesh en agosto de 1971, onde se desmaiou no escenario, foi reanimado e seguiu tocando. En xaneiro de 1973, o guitarrista de The Who, Pete Townshend, organizou un concerto no Raindow Theatre para axudarlle a volver á escena musical. Este concerto contou tamén coa colaboración de Ron Wood e Steve Winwood. Gravaron o concerto e publicaron o CD como Eric Clapton’s Rainbow Concert. Grazas á axuda de Townshend e a unha terapia

de acupuntura Eric deixou o consumo de heroína en 1973. Eric devolveulle o favor en 1975 aparecendo na ópera de rock de The Who, “Tommy”, interpretando o tema “Eyesight To The Blind”.

En 1974, xa con Pattie Boyd (aínda que non se casou con ela ata 1979), e rehabilitado da súa adición á cocaína e á heroína, Eric formou unha banda para o seu proxecto en solitario co baixista Carl Radle, o guitarrista George Terry, o teclista Dick Sims, o batería Jamie Oldaker e Marcy Levy. Con estes músicos, Eric gravou 461 Ocean Boulevar (1974), baixo a produción de Tom Dowd. Era un álbum con cancións máis simples e con menos solos de guitarra; sendo

Page 10: Eric Clapton

a versión da canción de Bob Marley “I shot a Sheriff” o seu primeiro tema en chegar ó #1 nos Estados Unidos.

O álbum de 1975 There’s One in Every Crowd foi unha decepcionante continuación do seu anterior álbum, xa que nin sequera entrou no “Top Ten”. A banda fixo unha xira mundial na que se gravou un disco directo, E.C. Was Here. A continuación viría o álbum de 1976 No Reason to Cry, coas colaboracións de Bob Dylan e The Band.

En agosto deste mesmo ano, Eric, provocou un dos momentos máis criticados da súa vida, cando, durante un concerto en Birmingham, falou sobre a crecente emigración que sufría Inglaterra. Visiblemente intoxicado, deu o seu apoio a un político da época que se chamaba Enoch Powell e dixo que o Reino Unido estaba en perigo polo crecemento da comunidade negra. Este incidente, xunto con outro parecido provocado por David Bowie, foron os causantes da creación dunha asociación chamada “Rock Against Racism”. Eric, de feito, nunca se retractou deses comentarios, aínda que ten dito en varias ocasións que non é racista.

En novembro de 1977 chegou o seu álbum Slowhand, moi ben recibido pola crítica, onde figura a canción “Wonderful Tonight”, outra canción dedicada a Pattie Boyd, e a canción “Cocaine”, que era unha versión de J.J. Cale.

En 1978 chegou Backless, que non foi recibido da mesma maneira polas críticas, este álbum contaba con dous temas de Bob Dylan e tamén había unha nova versión de J.J. Cale. O único tema que entrou no “Top Ten” foi “Promises”. Este foi o último álbum que gravou coa banda que o acompañou dende 1974.

-Anos 80:

En 1980, editase o dobre álbum en directo Just one night, gravado no teatro Budokan, en Tokio, onde o máis destacado é a súa nova banda, liderara polo guitarrista Albert

Lee, que lle da un aire totalmente novo a súa música.

En 1981, invitan a Eric Clapton ó concerto benéfico de Amnistía Internacional. Neste concerto foi acompañado por Jeff Beck. Nese mesmo ano publica o álbum titulado Another Ticket, un álbum con polémica dende o principio, xa que Polydor non aceptou a primeira entrega do álbum producida por Glyn Jonhs, e tivo que volver a gravar todo o álbum co produtor Tom Dowd. Ademais, nun

Page 11: Eric Clapton

dos primeiros concertos da xira, Eric quedou inconsciente por culpa da súa adicción ó alcohol. Nesta época Eric comeza a apoiarse máis na relixión.

En 1983 lánzase ó mercado Money and Cigarettes, coa compañía discográfica Reprise Records, coa memorable portada que mostra a Eric Clapton fumando preto da súa stratocaster derreténdose. Eric chamou así a ese álbum “porque pensei que chegaría o momento en que serían as únicas cousas que me quedarían”. Para ese álbum Eric desfaise de toda a súa banda, a excepción de Albert Lee, ademais de contar coa colaboración de Ry Cooder.

En 1984, aparte de editarse un recopilatorio chamado Backtrackin, colaborou no álbum do membro de Pink Floyd Roger Watera, que despois o acompaña na súa xira. A partir de aquí reuníronse en numerosas ocasións. Despois da xira púxose a gravar Bhind The Sun, que supuxo a súa primeira colaboración con Phil Collins, que ademais de tocar a batería, encargouse da produción. Este mesmo ano sería especialmente significativo na súa vida, xa que, aínda que seguía casado con Pattie Boyd, empezou unha relación con Yvonne Kelly. Froito desa relación, en xaneiro de 1985

naceu a súa filla Ruth. Nin Eric, nin Kelly deron a coñecer o nacemento da súa filla ata 1991. Así pois, Pattie non soubo a existencia da rapaza ata 1991, cousa que a indignou, e declarou: “O que máis me doeu foi que Eric soubo da súa existencia todo ese tempo. Mentres me declaraba amor incondicional, levaba seis anos pagándolle manutención a Yvonne”

En 1986 lanzouse o álbum August, o título refírese ó mes no que naceu o seu primeiro fillo recoñecido, Conor. Este álbum, tamén producido con Phil Collins, obtivo as mellores ventas dende Another Ticket. Destaca a colaboración de Tina Turner en varios temas. En 1988 editouse Crossroads, unha caixa recopilatoria de catro discos, que facía un repaso dende que estivo en The Yardbirds.

En 1989, Eric lanzou ó mercado Joureyman, un álbum de moitos estilos, toca Jazz, Blues, Pop e Soul. Neste álbum colaboraron George Harrison, Phil Collins, Dary Hall,

Page 12: Eric Clapton

Chaka Khan, Mick Jones, David Sanborn e Robert Cray. Este mesmo ano Eric divorciouse de Pattie Boyd, que alegaba infidelidades.

-Anos 90:

Os primeiros anos da década dos 90 foron especialmente tráxicos para Eric Clapton. O 27 de agosto, o seu compañeiro Stevie Ray Vaughan, co que estaba de xira, e dous técnicos da xira morreron con el nun accidente de helicóptero durante o traslado entre concertos. Despois, o 20 de marzo de 1991, o seu fillo Conor, que tiña catro anos, morreu ó caer dun piso 53 dun rañaceos de Nova York no que se atopaba coa súa nai. O seu sentimento quedou reflectida no tema “Tears in Heaven”, que a escribiu con Will Jennigs. A canción aparece primeiro de banda sonora da película “Rush” e despois no seu álbum de 1992 Unplugged, nunha versión acústica, polo cal recibiu seis premios Grammy, entre eles o do álbum do ano e a mellor canción de Rock do ano.

En setembro de 1994, editase From The Cradle, que é o primeiro álbum de blues integramente gravado por Eric Clapton, no que se recolle unha colección de temas clásicos. Gañou o Grammy ó mellor álbum de Blues tradicional en 1995, e vendeu máis de tres millóns de copias en Estados Unidos, sendo o disco de Blues que máis copias vendeu en toda a historia. En 1995 saíu outro recopilatorio máis, que se chama The Cream of Clapton.

En abril de 1996 publicouse unha nova caixa recopilatoria co título de Crossroads 2: Live In The Seventies, que consiste en actuacións en directo gravadas entre os anos 1974 e 1978, así como catro temas de estudo inéditos. Eric tamén obtivo un grande éxito ese mesmo ano coa canción composta por Wayne Kirpatrick, Gordon Kennedy e Tommy Sims, “Change The World”, coa que gañou un Grammy á mellor canción do

ano 1997, ese mesmo ano gravou Retail Therapy, un álbum de música electrónica con Simón Climiel. Tamén participou nun concerto homenaxe a Stevie Ray Vaughan e no concerto Princes Trus en Hyde Park en Londres.

En marzo de 1998, Eric publicou o álbum Pilgrim con material totalmente novo, cousa que non ocorreu dende había máis dunha década. Nesta ocasión tamén contou coa colaboración de Simón Climiel. En 1999 editouse un dobre álbum con material dos anos 70 que se chamou The Blues, e outro que se chamou Clapton Chronicles: The best of Eric Clapton, con material máis recente. Eric acabou esta década co álbum con B.B. King, Riding with The King, que gañou un premio Grammy ó mellor álbum de blues tradicional en 2001. Durante a gravación deste álbum coñeceu á súa actual muller Melia McEnery coa que se casou en 2002 e coa que ten tres fillas: Julie Rose(13 de

Page 13: Eric Clapton

xuño de 2001), Élla May(14 de xaneiro de 2003), e Sophie Velle (1 de febreiro de 2005).

-2000:

En 2001, editase Reptile, que tivo unha relativamente boa crítica. En 2002, Eric tocou en Party at The Palace, concerto co que se celebraron os 50 anos do reinado da raíña Isabel II de Inglaterra, xunto con outros artistas como Paúl McCartney, Bryan Adams, Keith Airley, Atomic Kitten, Shirley Bassey, Toni Bennet, Blue, Emma Bunton, The

Corrs, Joe Cocker, Phil Collins, Ray Cooper, etc. En novembro dese mesmo ano organizou un concerto homenaxe a George Harrison, quen morreu o ano anterior de cáncer. Xunto a el tocaron Paúl McCarney, Ringo Starr, Jeff Lynne, Tom Petty e Ravi Shankar, entre outros.

En marzo de 2004 Eric publicou un álbum tributo ó bluesman Robert Johnson, Me And Mr. Johnson, que inclúe 14 versións dos 29 temas que gravou o mestre do blues de Mississippi durante a súa breve carreira nos anos 30.

En maio de 2005, o grupo Cream reúnese para unha serie de concertos no Royal Albert Hall de Londres. As gravacións resultantes publicáronse en CD e DVD. Despois fixeron un concerto no Madison Square Garden de Nova Iork. O 30 de agosto dese mesmo ano saíu á venda o álbum Back Home, co material totalmente novo.

O 20 de maio de 2006 Eric fixo unha actuación con Roger Taylor (Queen) e Roger Waters (Pink Floyd) no castelo Highclere. Tamén fixo unha aparición nun concerto de Bob Dylan en Columbus, Ohio. O 7 de novembro dese mesmo ano publicou un álbum con J.J. Cale: The Road to Escondido.

Na primavera de 2009 saíu á venda un set cos CD e os DVD de tres concertos con Steve Winwood no Madison Square Garden.

Page 14: Eric Clapton

DISCOGRAFÍA:

The Yardbirds:

* Five Live Yardbirds (1964)

John Mayall's Bluesbreakers:

* Blues Breakers with Eric Clapton (1966)

Cream:

* Fresh Cream (1966) * Disraeli Gears (1967)* Wheels Of Fire (1968)* Goodbye (1969)

Blind Faith:

* Blind Faith (1969)

Delaney & Bonnie: * On Tour with Eric Clapton (1970)

Derek & The Dominos:

* Layla & Other Assorted Love Songs (1970)* In Concert (1973) * Live at The Fillmore (1994)

En solitario:

* Eric Clapton (1970) * Eric Clapton's Rainbow Concert (directo) (1973) * 461 Ocean Boulevard (1974) * There's One in Every Crowd (1975) * E.C. Was Here (directo) (1975) * No Reason to Cry (1976) * Slowhand (1977) * Backless (1978) * Just One Night (directo) (1980) * Another Ticket (1981) * Money and Cigarettes (1983) * Behind the Sun (1985)* August (1986) * Journeyman (1989)

Page 15: Eric Clapton

* 24 Nights (directo) (1991) * Rush (1992) * Unplugged (directo) (1992)* Stages (directo) (1993) * From the Cradle (1994) * Live in Montreux (directo) (1997) * Pilgrim (1998) * Blues (1999) * Riding with the King (2000)* Reptile (2001) * Eric Clapton Live (directo) (2002) * One More Car, One More Rider (directo) (2002)* Me and Mr. Johnson (2004) * Back Home (2005) * Sessions For Robert J (2005) * The Road to Escondido (2006), con J.J. Cale

Page 16: Eric Clapton

NOVO DISCO DE ERIC CLAPTON:

Eric Clapton publicará a finais de setembro o seu novo disco que titulou “Clapton” e que inclúe unha colección de versións das súas cancións favoritas, ademais de outros

temas orixinais.

O compositor cantante e guitarrista de rock e blues coñecido polo apodo de “man lenta” polo seu modo de quecer as cordas da guitarra, anunciou a publicación deste novo disco, que será o número 19 da súa carreira en solitario, o próximo 28 de setembro.

Trátase do seu primeiro disco de estudo en cinco anos, coa compañía discográfica Warner Music, e contén catorce temas: unha colección de versións das súas cancións favoritas que abarca country, blues, stan-dards e brass bands tradicionais

do século pasado, ademais dos seus temas novos.

Segundo dixo Eric, “este disco non é no que nun principio pensamos. De feito, é mellor, porque simplemente deixei que as cousas pasasen. É unha colección de cancións que non estaban no mapa e gústame moito porque é unha sorpresa para os fans, porque tamén é unha sorpresa para min”.

Neste novo disco, Eric explora a ampla gama de influencias que axudaron a construír a súa sensibilidade musical.

“Clapton” foi producido polo guitarrista e habitual colaborador de Eric, Doyle Bramhall II e contou na súa gravación coa colaboración de músicos de luxo e amigos como J.J. Cale, Sheryl Crow, Allen Toussaint, Wynton Marsails, Steve Winwood ou Jim Keltner.

Page 17: Eric Clapton

-CARTA AO SEU FILLO:

Eric Clapton escribiulle unha carta ó seu defunto fillo, que publicou na súa autobiografía:

20 de marzo de 1991

“Dende o principio, houbo algo de medo na miña relación con Conor. Despois de todo, era un pai part-time. Os nenos poden ser moi desprezativos e crueis sen intención, e eu tomei as súas palabras de modo persoal. Sen embargo, a medida que conseguía manterme sobrio, sentíame máis e máis cómodo coa idea de velo. Así estaba en marzo

de1991, cando arranxei para velo en Nova York, onde Lori e o seu novo mozo, Silvio, estaban pensando en mercar un novo departamento. Na noite do 19 de marzo, pasei a buscalo polo departamento da rúa 57 Este, para levalo ó circo en Long Island. Era a primeira vez que saiamos xuntos os dous sós, sen ningún acompañante, e eu estaba nervioso e excitado. Foi unha gran saída. El non parou de falar en toda a noite e

estaba feliz de ver ós elefantes. Dinme conta por primeira vez do que significaba ter un fillo e ser pai. Lémbrome de estarlle dicindo a Lori, cando volvemos, que dende ese momento os días que me correspondía telo, quería coidalo sen axuda de ninguén.

Á mañá seguinte levanteime cedo para pasar a buscalos, a Lori e a Conor y levalos ó zoolóxico, e despois a almorzar ó Vice, o meu restaurante italiano favorito. Máis ou menos as once da mañá soou o telefono. Era Lori, estaba histérica, berrando que Conor estaba morto. Pensei: isto é ridículo. Como pode estar morto? Fíxenlle a máis tonta das preguntas: “estás segura?”. Nese momento díxome que se caeu pola ventá. Estaba desencaixada. Díxenlle:”Vou para hai”.

Lémbrome de ir camiñando por Park Avenue, tratando de convencerme de que estaba todo ben, como se alguén poidese cometer un erro acerca de algo así. Cando estaba preto do edificio, vin á policía e ás ambulancias na rúa e seguín de longo, sen o valor de entrar. Finalmente entrei no edificio, e a policía fíxome algunhas preguntas. Subín no ascensor ata o departamento, que estaba no piso 53. Lori estaba fora de si e falando soa coma unha tola. A esa altura estaba tranquilo. Encerreime en min mesmo, e

Page 18: Eric Clapton

convertinme nunha desas persoas que se fan cargo dos demais. Falando coa policía, souben o que pasou sen ter que entrar no cuarto. O Living tiña ventá dende o piso ao chan e poderían estar abertas durante a limpeza. Non había reixas porque o edificio escapaba ás regularidades normais. Esa mañá, o porteiro estivo limpando as ventas e deixounas abertas. Conor estaba xogando ao escondite coa súa coidadora, e mentres, Lori estaba distraída cando o porteiro a advertiu sobre o perigo, Conor entrou no cuarto e seguiu de longo ata a ventá. Caeu 49 pisos antes de aterrar sobre o edificio do

lado que era de catro pisos. Lori non estaba en condicións de ir á morgue, así que tiven que ir eu só. Puido ser calquera o dano físico que sufriu e despois de recollelo do teito do edificio do lado reconstruírono, pero cando vin a súa cara pensei: “Este non é o meu fillo, o meu fillo foise”. Funo ver outra vez á funeraria para despedirme e pedirlle perdón por non ser un pai mellor. Días despois, acompañados por amigos e familiares, Lori e máis eu fomos a Inglaterra co ataúde.

O funeral de Conor tivo lugar na igrexa de Santa María Magdalena, en Ripley,

onde eu medrei, nun frío e solitario día de marzo, pouco antes do meu 46 aniversario. Estaban todos os meus vellos amigos, foi un servizo fermoso, pero eu estaba mudo. Miraba o ataúde e non podía falar. Enterrámolo nunha parcela xusto ó lado da parede da igrexa, e cando o ataúde baixaba a súa avoa italiana púxose histérica e intentou tirarse á tumba. Recordo que me impactou, porque non son dado a expresar emocións. Cando saímos do cemiterio, atopámonos diante dun muro de periodistas e fotógrafos. Eran sobre 50. O curioso é que, mentres moitos dos presentes consideraron iso unha falta de respecto, non me afectou de ningunha maneira. Non me importaba. Só quería que todo iso rematase.

Despois do funeral, cando a familia de Lori xa se fora e o pobo estaba tranquilo e eu só cos meus pensamentos, atopei unha carta que Conor me escribiu dende Milán dicíndome que me estrañaba e que me quería volver pronto a Nova York. Escribiu: “Ámote”. Esta carta vina como algo positivo. Tiña miles de cartas de condolencia para ler, escritas dende todas as partes do mundo, por amigos, estraños e persoas como o Príncipe Carlos e os Kennedy. Estaba asombrado. Unha das primeiras que abrín foi de Keith Richards. Só dicía: “Si hai algo que poida facer por ti, só dimo”. Sempre lle estarei

agradecido. Non vou negar que a veces perdín a fe, e o que me salvou a vida foi o amor incondicional e a comprensión dos meus compañeiros e amigos en Alcohólicos

Page 19: Eric Clapton

Anónimos. Ía ás reunións e a xente rodeábame, dábanme compañía, mercábanme café deixábanme falar do que pasara. Incluso máis dunha vez pedíronme que fose o coordinador.

Despois dunha desas reunións, acercóuseme unha muller e díxome: “Vostede acaba de sacarme a última escusa que tiña para beber. Sempre me dixen que si algo lles pasase ós meus fillos, tería unha xustificación para emborracharme. Vostede demostroume que iso non é verdade”. De repente, dinme conta de que atopei a maneira de converter toda esta traxedia nalgo positivo. Estaba na posición de dicir: “Se puiden atravesar isto e manterme sobrio, calquera pode”. Non había unha maneira mellor de honrar ó meu fillo”Esta é a súa carta, e a continuación a canción Tears in Heaven, que lle dedicou ó seu fillo coa tradución:

WOULD YOU KNOW MY NAMEIF I SAW YOU IN HEAVEN?WOULD IT BE THE SAMEIF I SAW YOU IN HEAVEN?I MUST BE STRONG AND CARRY ON´CAUSE I KNOW I DON´T BELONG HERE IN HEAVEN...

WOULD YOU HOLD MY HANDIF I SAW YOU IN HEAVEN?WOULD YOU HELP ME STANDIF I SAW YOU IN HEAVEN?I´LL FIND MY WAY THROUGH NIGHT AND DAY´CAUSE I KNOW I JUST CAN´T STAY HERE IN HEAVEN...

TIME CAN BRING YOU DOWN, TIME CAN BEND YOUR KNEESTIME CAN BREAK YOUR HEART, HAVE YOU BEGGING PLEASE...

BEYOND THE DOOR THERE´S PEACE I´M SUREAND I KNOW THERE´LL BE NO MORE TEARS IN HEAVEN...

WOULD YOU KNOW MY NAMEIF I SAW YOU IN HEAVEN?WOULD IT BE THE SAMEIF I SAW YOU IN HEAVEN?I MUST BE STRONG AND CARRY ON´CAUSE I KNOW I DON´T BELONG HERE IN HEAVEN…

Tradución:

SABERÍAS O MEU NOMESE TE VISE NO CEO?SERÍA O MESMOSE TE VISE NO CEO?DEBO SER FORTE E SEGUIR ADIANTEPORQUE SEI QUE O MEU LUGAR NON ESTÁ AQUÍ NO

Page 20: Eric Clapton

CEO...CONSEGUIRÍAS A MIÑA MANSE TE VISE NO CEO?AXUDARÍASME A RESISTIRSE TE VISE NO CEO?ATOPAREI O MEU CAMIÑO A TRAVÉS DA NOITE E DO DÍAPORQUE SEI QUE NON PODO ESTAR AQUÍNO CEO...

O TEMPO PODE ABATERTE, O TEMPOPODE DOBRAR OS TEUS XEONLLOSO TEMPO PODE ROMPER O TEU CORAZÓN,FACERTE SUPLICAR POR FAVOR...

MÁIS ALÁ DA PORTA HAI PAZ, ESTOUSEGUROE SEI QUE ALÍ NON HABERÁ MÁIS LÁGRIMASNO CEO...

SABERÍAS O MEU NOMESE TE VISE NO CEO?SERÍA O MESMOSE TE VISE NO CEO?DEBO SER FORTE E SEGUIR ADIANTEPORQUE SEI QUE O MEU LUGAR NON ESTÁ AQUÍNO CEO...

Eric Clapton interpretando Tears In Heaven

Page 21: Eric Clapton

A AUTOBIOGRAFÍA DE ERIC CLAPTON CHEGA A ESPAÑA:

Eric Clapton un músico tan famoso como controvertido escribiu a súa propia biografía, outro máis que se introduciu no mundo da literatura e decidiu escribir todas as súas experiencias, alegrías e tristezas, un personaxe que tivo moitos problemas de adición na súa vida, alcohol, drogas e mulleres, tres ingredientes importantes para facer a vida dun famoso moito máis interesante, parece ser que agora ese é o tema favorito das editoriais.

Esta vez, a empresa Global Rhythm trae a autobiografía de Eric, titulada “Clapton” ás librerías españolas, un libro que seguramente captará a atención de moitos lectores xa que conta a historia turbulenta de Eric Clapton, comezando pola noticia de que cría que seus avós eran os seus pais e que a súa verdadeira nai era a súa irmá maior, pasando pola amizade con George Harrison, ex-Beatle, quen lle axudou

nos momentos de fraqueza e rematando pola perda do seu fillo de catro anos Conor, feito que o reconciliou coa música e inspirouno a compoñer un dos seus temas máis coñecidos “Tears in Heaven” e que finalmente foi o que o trouxo a pisar terra de novo e facer que a súa vida profesional mellore nos últimos tempos.

Page 22: Eric Clapton

O SEU MELLOR AMIGO E A SÚA EX-MULLER:

George Harrison: naceu en 1943, George era un dos catro Beatles, morreu dun cáncer, e despois de morrer Eric Clapton e outros dos seus amigos fixéronlle un concerto tributo.

Pattie Boyd: naceu en 1944, foi modelo e fotógrafa. Casouse con George Harrison, e pouco despois de casarse con George, namorouse de Eric Clapton, e casouse con el. Eric basouse nela para Crear o seu exitoso tema: “Layla”.

George Harrison con Pattie Boyd.

Eric Clapton con George Harrison.

Page 23: Eric Clapton

TRIÁNGULO AMOROSO DE ERIC CLAPTON:

En 1966, George Harrison cásase con Pattie Boyd, unha modelo que coñeceu durante o rodaxe da película dos Beatles: Que noite a daquel día. Nesa década, George e Eric coñécense e fan unha grande amizade. Ademais os dous fan colaboracións para os seus correspondentes grupos. Eric participou no tema dos Beatles “While my guitar gently weeps”; e George tocou “Badge” con Cream.

Durante unha crise matrimonial entre George e Pattie, esta pediu consello a Eric. Eric non se puido resistir ós encantos da modelo, e volveuse tolo pola muller do seu mellor amigo. Despois diso Eric e Pattie viviron a escondidas de George. Pattie non sentía nada por Eric, senón que o que quería era darlle celos a George, e abandonase a relixión e a súa búsqueda espiritual.

Pattie volveu con George, e o pobre Eric sentiuse como un adolescente ó que o deixou a moza, e tirou todo o seu amor no tema “Layla”, que gravou con Derek and the Dominos, mentres afogaba as súas penas coa adicción á heroína. O nome de Layla procede do poema de amor árabe “A historia de Layla e Manjnum”, do poeta persa Nizami. A Eric impresionouno tanto esa historia que trata sobre un home obsesionado cunha muller casada e o seu amor imposíbel, e Eric decidiu converter a Pattie na súa Layla.

Layla non é a única canción dedicada a Pattie, o tema dos Beatles “Something”, compostos por George Harrison trata do seu amor con Pattie.

En 1977, George e Pattie divórcianse, e Pattie decídese casar con Eric Clapton. Ó principio molestoulle a George que Pattie se casase con Eric, pero ó final superouno. De feito George tocou con Paúl McCarney e Ringo Starr na voda de Eric. Unha mostra de amizade entre Eric e George.

En 1989, Pattie e Eric divórcianse, porque Eric cansouse de ela, non pola súa imposibilidade de ter fillos, senón porque Eric comeza a ter relacións

Page 24: Eric Clapton

cunha modelo que se chama Lory, con quen tivo o seu fillo Conor Clapton, que caeu do piso 53 dun rañaceos.

ERIC CLAPTON E A REVOLUCIÓN DO BLUES ELÉCTRICO:

Entre a primavera de 1965 e o verán de 1966, Eric Clapton formou parte dos Bluesbreakers de John Mayall, un dos grandes pioneiros do Rhythm’n’Blues de Londres. Naquela época, a súa reputación como guitarrista estaba despegando despois duns inicios moi bos cos Yardbirds. Con John Mayall gravou o álbum “Bluesbreakers with Eric Clapton”, publicado en 1966, cando Eric Clapton xa abandonara o grupo. O segredo da súa revolución do blues eléctrico non só estaba na destreza como guitarrista, tamén o son único que obtivo Eric, inédito ata a data e que foi imitado nos seguintes anos polos grupos Heavy Metal de finais da década. Este son altamente distorsionado, rico en sustancia, denso e á vez brillante, proviña dunha Gibson Les Paul Standard conectada a un amplificador Marshall. Esta guitarra histórica, sen embargo, deixouse de fabricar o ano en que Eric a mercou de segunda man en 1965.

A finais dos anos 50, a casa Gibson estaba perdendo terreo fronte a Fender na venda de guitarras eléctricas de corpo sólido. Unha primeira reacción foi abaratar os prezos no modelo Les Paul, poñendo á venda entre 1958 e 1960 a Les Paul Standard, que só se fabricou en acabado sunburst para recortar gastos. A segunda medida, en 1961, consistiu no rediseñado completo do instrumento, que se denominou Gibson SG.

Non se sabe con exactitude o ano de fabricación do modelo de Eric, dise que é o de 1960, porque Eric sentíase especialmente cómodo con ese modelo, e tamén se sabe que a fabricada ese ano ten un mastro máis delgado que a dos

anos anteriores. Este mastro delgado é o responsable de que a púa de Eric collese máis velocidade ó executar solos durante esa época.

No verán de 1966, despois de que Eric deixe ós Bluesbrakers, e durante os ensaios para a primeira actuación de Cream, a Gibson Les Paul Standard de Eric foi roubada. Xa que se trataba dun modelo descatalogado, reeprazala non sería nada fácil. Eric probou outros exemplares da Gibson Les Paul, pero según dixo a sensación non é a mesma.

Aínda que os instrumentos e a amplificación non eran os mesmos, o son era similar en “Fresh Cream”, primeiro álbum do grupo de Eric Clapton, Cream.

Page 25: Eric Clapton

O CAPRICHO DE ERIC CLPTON

O capricho de Eric Clapton, non é nada menos que un Ferrari, pero non un Ferrari calquera, senón un Ferrari 458 Italia V12.

O modelo de serie é un Ferrari 458 Italia V8, pero a Eric non lle parece suficiente, e segundo lle dixo ós dirixentes de Ferrari, quere ese coche pero cun V12. O V8 que trae

de serie, é de 4.5 litros e que ten 580 cv de potencia, pero o que lle quere meter Eric, é un V12 de 6.0 litros procedente dun Fiorano que ten 620 cv. A potencia é bastante parecida, pero os V cambian, e iso cámbiao todo. O V8 ofrece unha potencia e un rendemento bastante máis equilibrados. Un V12 é o motor máis estable de todos os motores existentes, pero se o apuras, podes acabar no

hospital ou no cemiterio. O V12 require un chasis moito máis pesado cunha carga aerodinámica máis agresiva, sen embargo o V8 é máis nervioso pero podería montar un chasis máis lixeiro que o do V12 e polo tanto, case coa mesma lixeireza, podería obter máis axilidade.

O problema ven cando pos un V12 nun chasis deseñado para un V8. Pensándoo ben, podería ser a combinación perfecta, a mestura máis perigosa e á vez máis radical. Con esas dimensións e ese motor, o paso por curva pode ser algo complicado se os freos non están preparados para ese motor. Por outro lado a aceleración sería incrible, igual que a súa velocidade máxima. Pero sobre todo, o prezo que pediría Ferrari por esa transformación (si chega a facela), vai ser para moitos, a inversión das súas vidas, mentres para outros será un modelo inédito de Ferrari, que estará nos seus garaxes.

Page 26: Eric Clapton

O ÚLTIMO FILLO DE ERIC CLAPTON

Eric Clapton é pai con 59 anos. Eric é pai por quinta ocasión na súa vida; esta vez é unha nena. A nai só ten 29 anos.

Según informaron varias fontes de prensa británica, a muller de Eric, Melia, deu a luz a unha nena nun hospital de Londres.

“A nena e a súa nai están ben de saúde. Eric estivo alí en todo momento do parto”, dixo un familiar da muller de Eric. Esta persoa tamén dixo que Eric e Melia aínda non decidiran o nome da nena.

Eric e Melia xa teñen dúas fillas en común: Julie Rose (tres anos), e Ella Mae (de dous anos). Os outros dou fillos que tivo Eric Clapton foron: Ruth (de 19 anos, filla do seu matrimonio con Yvonne Kelly); e Cono( fillo de Lori; que morreu ó caer do piso 53 dun edificio de Nova Iork).

Page 27: Eric Clapton

EPÍLOGO:

Finalmente creo que atopei máis documentos sobre Eric Clapton e a súa vida. Agardaba atopar menos pero tiven sorte co tema, porque ademais de que a súa vida é moi interesante, é un dos mellores músicos de Rock e de Blues de toda a historia da música. Tivo unha vida difícil, pero agora creo que xa asentou a cabeza, ou iso debería facer Eric segundo a miña opinión, pero dos vellos rockeiros nunca se sabe. O que si, quería facer era poñer máis deseño no meu traballo, pero non mo permitiron, que lle vou facer! Aínda así, creo que quedou ben feito, agora xa non é cousa miña, téñenme que dicir que lle parece á xente que o lea.

Os rockeiros nunca morren.

Un saúdo de Alexandre.

Page 28: Eric Clapton

ÍNDICE DE CITAS:

Na páxina 17, 18 e 19, o que está aí escrito saqueino de:“http://www.taringa.net/posts/noticias/968466/Eric-Clapton-habla-sobre-su-hijo-_yapa_.html”; que ó mesmo tempo foi extraído da autobiografía de Eric Clapton.

Na páxina 19 e 20, saqueino de:“http://www.letras4u.com/eric_clapton/tears_in_heaven.htm”.

O único que fixen nesas páxinas foi traducir o que atopei en internet e poñelo no idioma que eu me desenrolo con maior facilidade; o galego.

Page 29: Eric Clapton

ÍNDICE DE ILUSTRACIÓNS:

Case todas as imaxes que aparecen no traballo atopeinas a través de Google Images, e as que non atopei a través de Google Images, atopeinas a través de taringa.net.

Page 30: Eric Clapton

BIBLIOGRAFÍA (direccións web):

http://www.taringa.net/posts/musica/2133150/El-triangulo-amoroso-entre-George-Harrison-y-Eric-Clapton.html

http://www.taringa.net/posts/musica/2635109/Eric-Clapton---Biografia-ilustrada.html

http://www.taringa.net/posts/noticias/968466/Eric-Clapton-habla-sobre-su-hijo-_yapa_.html

http://www.letras4u.com/eric_clapton/tears_in_heaven.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Eric_Clapton

http://www.blogymusica.com/musica/02982/eric/clapton/biografia

http://www.20minutos.es/noticia/800837/eric/clapton/disco/

http://www.todomusica.org/eric_clapton/#

http://www.taringa.net/posts/info/1998231/eric-clapton.html

http://garajeland.blogspot.com/2008/05/cuando-eric-clapton-era-dios_15.html

http://www.tuexperto.com/2010/01/16/htc-mytouch-3g-fender-eric-clapton-presenta-una-edicion-limitada-del-htc-magic-en-ee-uu/

http://motorfull.com/2010/06/ferrari-458-italia-v12-clapton-capricho

http://www.esmas.com/espectaculos/farandula/423082.html

http://www.plasticosydecibelios.es/ruth-hija-claptonlanza-su-primer-disco-117/

http://www.20minutos.es/noticia/800837/eric/clapton/disco/

http://www.fotonostra.com/albums/celebres/ericlapton.htm

http://www.todomusica.org/eric_clapton/#

http://es.wikipedia.org/wiki/Pattie_Boyd

http://rockpop.suite101.net/article.cfm/el-nuevo-disco-de-eric--clapton--lleva-su-propio-nombre

Page 31: Eric Clapton

http://www.puntaweb.com/cgi-bin/musica/consultar_musica_div.pl?cod=129