O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá...

13

Transcript of O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá...

Page 1: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa
Page 2: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na praza da Ferrería de Pontevedra se escoitaban por primeira vez os acordes do que despois sería o himno oficial deste festival. Cunha enerxía desbordante do público e os artistas, nunha calorosa noite de verán, sobrevoaban o ambiente os sons da nosa fala. Iso deu lugar a un disco que recolleu toda a emoción desa primeira vez.

Dez anos despois a ponte cultural que contribuíu a afianzar os lazos que xa existían entre os países da lusofonía é xa unha sólida realidade. Baixo o abrigo común do galego-portugués trazamos un mapa conxunto. Apostamos polo contacto, o intercambio, a fusión de ritmos e ideas, a pescuda de raíces comúns e a reflexión sobre a nosa identidade e o futuro da mesma a través da música. Descubrímonos abrazándonos e cantando xuntos. As voces que un día saíron de porto cara a outros territorios volven a casa, ao útero materno, á Galiza que viu nacer esta lingua espallada en varios continentes.

Por todo isto e por puro amor a esta idea decidimos facer deste proxecto o buque insignia deste soño. Porque cremos que nós somos a fonte, Portugal a ponte e o paraíso serían aqueles lugares onde se uniron as nosas almas nunha comuñón que nunca antes existira e que é posible polo coñecemento e cariño mutuos. Cantos na Maré naceu para selar ese pacto de complicidade e percorrer xuntos a “Travesía da Saudade”, recoñecéndonos nesa sonoridade atlántica que provén dese mar fecundo e poderoso que nos une.

Como dez anos atrás, fundiremos os diversos xéneros musicais como se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, aproveitando o legado musical que os galegos levaran alén mar. Esa mestura non é gratuíta, supón darlle continuidade e actualizar esa tradición cultural. Unir os nosos ritmos e sotaques diferentes neste encontro, varios troncos da mesma raíz.

UxíaDirectora artística

Page 3: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

10 anos de festivalCantos na Maré volve á cidade de Pontevedra para celebrar o seu décimo aniversario afianzando os cimentos da ponte cultural que leva construíndo dende 2003. Unha vez máis os territorios atlánticos que comparten unha lingua irmá conflúen no principal evento musical da lusofonía a nivel mundial.

Cantos na Maré é especial, unha oportunidade irrepetible. Novos valores e artistas consolidados comparten escenario e, logo de varios días de ensaio cunha banda internacional, crean un repertorio único. O resultado é un espectáculo diferente, de alta calidade musical e emocional. Unha maneira de construír a nosa identidade común a través da diversidade. Un evento que logra tecer unha rede que perdura no tempo.

Estes son algúns dos músicos que pasaron por Cantos na Maré nas súas edicións anteriores:

Brasil: Lenine, Zezo Ribeiro & Vanessa Forhagian, Renata Rosa, Luanda Cozetti, Ceumar, Paulinho Moska, Socorro Lira, Chico César...

Portugal: António Zambujo, Filipa Pais, María João e Mário Laginha, Zeca Medeiros, Dulce Pontes, Sérgio Godinho, Carlos do Carmo...

Cabo Verde: Jon Luz, Tcheka, Nancy Vieira, Sara Tavares, Tito Paris, Mayra Andrade, Batuko Tabanka...

Angola: Waldemar Bastos, Aline Frazão, Alberto Mvundi...

Guinea-Bissau: Manecas Costa, Kimi Djabate, Eneida Marta...

Mozambique: João Afonso, Astra Harris, Amélia Muge...

Galicia: Uxía, Guadi Galego, Narf, Ugia Pedreira, Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón, Xabier Díaz, Xoán Curiel...

Page 4: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

As voces do 2013O 12 de xaneiro de 2013 celebrarase o décimo Cantos na Maré. O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra volverá encherse de talento.

Nesta edición chega dende Portugal Rui Veloso, o pai do rock portugués, con máis de trinta anos de carreira que o converteron en toda unha institución.

Dende Brasil, Chico César, coa enerxía, compromiso e ritmos afrobrasileiros dun artista que repite en Cantos na Maré para celebrar o décimo aniversario.

Dende Mozambique, Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais do seu país coa música moderna, así como o embaixador mundial da timbila.

E dende Galicia, Sés, que concentra a frescura dos novos valores galegos nos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.

Cantos na Maré, un proxecto de Nordesía coa dirección artística dunha figura capaz de conectar con músicos de todos os xéneros: Uxía. E coa dirección musical de Paulo Borges, un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas.

Page 5: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Rui Veloso | Portugal

O pai do rock portugués, con máis de trinta anos de carreira que o converteron en toda unha institución

Cantante, compositor e guitarrista, considerado por moitos como o pai do rock portugués. Máis de trinta anos de éxitos convérteno en toda unha institución musical, polo que vén de editar Rui Veloso e amigos, un disco de duetos no que se rodeou de colegas como Carlos do Carmo, Tito Paris, Zeca Medeiros ou Manecas Costas, nomes ben coñecidos no Cantos na Maré. Malia todo, este será o seu primeiro concerto en Galicia.

Comeza a tocar a harmónica aos 6 anos e na adolescencia, influenciado polo blues e por nomes como de B.B. King, Bob Dylan e Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa primeira banda. Aos 23 anos lanzou o seu primeiro álbum, Ar de rock, un verdadeiro estrondo no ámbito musical portugués, que abre a porta dunha nova xeración de músicos. Dende entón publicou máis dunha ducia de discos orixinais, case todos eles discos de platino. Entre os seus grandes éxitos destacan temas como “Porto Covo”, “Não Há Estrelas No Céu”, “Sei de Uma Camponesa” e “A Paixão”.

www.ruiveloso.net

Page 6: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Chico César | Brasil

Enerxía, compromiso e ritmos afrobrasileiros nun artista que repite en Cantos na Maré para celebrar o décimo aniversario

A música de Chico César ten influencias da súa terra natal, A Paraíba, pero tamén da samba, o funk, o reggae, o jazz e o afro-pop. Antes de comezar en solitario foi compositor para outros artistas, entre eles Maria Bethânia, e antes diso, xornalista. Foi a principios dos 90 cando, logo do éxito dunha xira por Alemaña, decidiu deixar o xornalismo para centrarse na música. A partir de entón o seu recoñecemento mundial foi en aumento. Os temas do seu primeiro disco “A Primeira Vista” ou “Mamá Africa” teñen versións en varios idiomas e este ano volven soar trala reedición do álbum como Aos vivos agora. Ten editados outros dez discos, todos eles cargados de crítica social e letras comprometidas. Un deles, Respeitem meus cabelos, brancos, é un canto á tolerancia e a defensa das ideas. Un dos máis recentes, Francisco forro y frevo, mergúllase nos ritmos das festas populares nordestinas.

Xa interveu no primeiro Cantos na Maré, no que exerceu de director musical. Agora recunca para celebrar o décimo aniversario.

www.chicocesar.com.br

Page 7: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Cheny Wa Gune | Mozambique

Mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial do “Timbila Groove”

O proxecto de Cheny Wa Gune explora a simbiose entre a música moderna e os instrumentos mozambicanos. O seu traballo aproxima xeracións e influencias converténdose nunha das revelacións musicais máis consistentes do seu país. Cofundador da grande orquestra Timbila Muzimba, exerceu como embaixador mundial dun dos principais instrumentos de Mozambique, a m'bila, amosando alí onde vai o seu talento para os batuques tradicionais.

En 2007 fundou a súa propia banda, Wa Gune Quarteto, coa que conquistou aos seguidores internacionais da música de fusión, que bautizaron o seu estilo como “Timbila Groove”. En 2010 gravou o seu primeiro álbum como solista, Jindji Jindji. Ademais, embarcouse nunha morea de proxectos internacionais que o levaron por países como Brasil, Portugal, Alemaña, Dinamarca, Austria ou Madagascar, aos que agora suma este Cantos na Maré.

www.wagunequartet.com

Page 8: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Sés | Galicia

A frescura e a enerxía don novos valores galegos toda xunta nos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino

Sés é o proxecto musical da cantautora coruñesa María Xosé Silvar: ritmos americanos repensados en galego e en feminino, letras escritas a conciencia e unha actitude enérxica e independente enriba e debaixo do escenario.

Formada na música e no baile tradicional, en 2007 crea xunto a tres amigos Chámalle Xis!, un dos grupos revelación daquel ano e un dos gañadores do concurso A Coruña Son, apadriñado por Santiago Auserón. Despois de máis dunha trintena de concertos por toda Galicia e logo de colaborar con grupos como Zënzar ou Xabier Díaz, en 2010 arranca o seu proxecto como Sés (o nome «caseiro» de María Xosé Silvar). Co seu primeiro disco, Admirando a condición, un proxecto 100% en galego e 100% en feminino, converteuse nunha promesa entre os novos valores musicais do país.

www.mariaxosesilvar.com

Page 9: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Uxía | GaliciaDirección artística

Unha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua, que soubo como ninguén conectar a música galega coa doutros pobos

A súa prolífica carreira converte a Uxía nunha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións seguirán tendo a presenza latente da música tradicional, cun tratamento innovador. Ademais, soubo como ninguén conectar a música galega coa doutros pobos, especialmente coa dos países lusófonos.

Na súa traxectoria colaborou con artistas como Dulce Pontes, Noa, Chico César ou Rasha, e foi até 1991 a voz de Na Lúa. En solitario debutou con Foliada de marzo (1986) ao que seguiron discos como Estou vivindo no ceo (1995), Danza das areas (2000) e Eterno navegar (2008). En 2011 publicou Meu Canto, unha relectura dos temas fundamentais do seu repertorio xunto a temas novos, gravado en Brasil con Sérgio Tannus e a colabraoción de Lenine. Recentemente presentou Andando a terra, un traballo musical sobre os poemas de Manuel María.

www.uxia.net

Page 10: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

A banda de 2013Paulo Borges | Azores-Portugal Piano e dirección musical

Paulo Borges é director musical de Cantos na Maré desde a segunda edición do certame. Este feito e a súa experiencia como músico e produtor en traballos discográficos de diferentes músicos de Galicia e Portugal, fan de Borges un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas. Natural das illas Azores, é autor de bandas sonoras para teatro e televisión. Forma parte da banda Coro dos Tribunais e participou en discos de Zeca Medeiros, Xosé Manuel Budiño, a Señora Carmen e Uxía.

Berg | PortugalGuitarra

Está considerado un dos mellores músicos portugueses, sempre asociado á súa integración da banda de Rui Veloso como guitarrista. É coñecido tamén por ser o editor da banda sonora da telenovela da TVI Meu amor, emitida entre 2009 e 2010 e que gañou o Emmy Internacional á mellor telenovela. Así mesmo é un produtor de éxito.

Jose Manuel Díaz | CubaContrabaixo

Naceu en Matanzas, Cuba. Estudou contrabaixo na Escuela Nacional de Música de La Habana e no Instituto Superior de Artes. Participou en diferentes proxectos, desde a música clásica até o jazz. En Galicia participou no proxecto galego-cubano “Descarga ao Vivo”, e tocou con Marful e Guadi Galego. Forma parte do grupo da cantora angolana Aline Frazão.

Joaquim Teles "Quiné" | Portugal)Batería e percusión

Tocou e toca con varios nomes da escena portuguesa e internacional, como Mário Laginha, Maria João, Fausto, Sérgio

Page 11: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Godinho, Vitorino, Charles Benavente, Jorge Pardo, Ralph Towner ou os galegos Fran Pérez Narf e Uxía. Durante case dúas décadas, de 1990 ao 2007, tocou coa Brigada Víctor Jara. En 2008 editou dacôrdamadeira, o seu primeiro álbum en solitario.

Sérgio Tannus | BrasilGuitarra, viola caipira e cavaquinho

Músico autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, Sérgio Tannus é un dos artistas máis completos do panorama musical brasileiro, que combina a súa brasilidade coa influencia de múltiples estilos. En Galicia colaborou nos últimos anos nas gravacións e en directo con multitude de músicos. Acompañou a Uxía na gravación do seu último disco, Meu Canto, e acaba de presentar o seu primeiro disco, Son brasilego.

Page 12: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

Cantos na Maré é un proxecto producido e impulsado por Nordesía Produccións, unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en 1996 e dende aquela traballa nos ámbitos da distribución musical e a creación, xestión e produción dalgúns dos proxectos culturais e artísticos máis notables das últimas décadas en Galicia.

Profesionalización, especialización, eficiencia, innovación e internacionalización son as claves que guían o traballo de Nordesía. En 16 anos de traxectoria participou na creación, conceptualización, deseño ou produción de máis de 3.000 eventos, programacións e proxectos, como Cantos na Maré, o festival de jazz Imaxinasons, o ciclo Sons da Diversidade, a Festa dos Mundos, o ciclo Con Voz Propia, Ao Pé da Letra, o programa As Nosas Músicas, Compostela Festival, o ciclo universitario Tribos Ibéricas, o espectáculo MundoLois, The Galician Connection Festival...

Nordesía apostou sempre por conectarse co mundo, asistindo ás principais feiras, encontros e foros internacionais de música, establecendo alianzas con empresas, profesionais e institucións de diferentes países e territorios, e levando a música galega polo mundo, facendo posible as xiras internacionais por máis de 22 países dos principais artistas galegos.

Page 13: O tempo pasa voando. Aínda parece onte cando na … · se fosen da familia: samba, choro, alalá galego, marrabenta e baião, ... Eric Clapton, desenfunda a guitarra e forma a súa

VENDA DE ENTRADASAnticipada: 25 €Á venda a partir do 3 de decembroNo teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com.Venda anticipada ata esgotar localidades.

Despacho de billetes (sábado 12 de xaneiro): 30 €Pazo da Cultura: de 19:00 h ata o comezo do espectáculo

www.nordesia.com

www.facebook.com/cantosnamare

Máis información:

Esmeralda L. CastroResponsable de Comunicacion

[email protected] 185 187