ERASMUS+ EN PORTUGAL · ERASMUS+ EN PORTUGAL Esta é a primeira vez que alumnos do CS...

2
b rdos 26 ERASMUS+ EN PORTUGAL Esta é a primeira vez que alumnos do CS Automatización e Robótica Industrial do noso instituto participan nun programa Erasmus+, e o país escollido foi Portugal. Entre marzo e maio tres alumnos deste ciclo tiveron a oportunidade de realizar ás súas prácticas obrigatorias (FCT) nun país cunha lingua próxima e cultura atraente, en contacto con persoas especialmente amables e mellorando a súa competencia técnica ao mesmo nível que en calquera outro país da Unión Europea. Na INAPAL Plásticos de Matosinhos, no Porto, o alumno Adrián Castaño estivo a realizar tarefas de mantemento nos sistemas automatizados e robotizados que a empresa ten instalados para a fabricación de pezas de plástico e composite, principalmente para o sector da automoción. Xunto con este alumno estiveron tamén Manuel e Roi do ciclo superior Mecatrónica Industrial realizando tamén unha estadía Erasmus+. http://www.inapalplasticos.com Na INOUT Automation Systems, en Lisboa, Borja Abal e Eloy Álvarez estiveron a aprender cómo se programan aplicacións reais no campo da automatización e control. Esta empresa está especializada no deseño de aplicacións automáticas para control e xestión de sistemas de abastecemento de auga, irrigación e parkings. Os nosos formandos tiveron a oportunidade de coñecer cómo se concibe e desenvolven proxectos reais neste campo. http://www.inout.pt/ Opinión de Eloy Álvarez sobre a súa estadia en Lisboa: Estas prácticas na cidade de Lisboa están resultando toda unha experiencia, tanto na empresa, na que nos adican moito tempo a formación e grazas a iso estamos aprendendo moito e adaptándonos á súa maneira de facer as cousas, como tamén polas actividades realizadas no noso tempo libre, coñecemos sitios máis turísticos e interesantes de Lisboa e coñecemos xente agradable que axudan a que a experiencia do Erasmus+ sexa moi satisfactoria. Borja Abal e Eloy Álvarez na INOUT Automation Systems, en Lisboa e Adrián Castaño na INAPAL Plásticos de Matosinhos, no Porto (Matosinhos)

Transcript of ERASMUS+ EN PORTUGAL · ERASMUS+ EN PORTUGAL Esta é a primeira vez que alumnos do CS...

Page 1: ERASMUS+ EN PORTUGAL · ERASMUS+ EN PORTUGAL Esta é a primeira vez que alumnos do CS Automatización e Robótica Industrial do noso instituto participan nun programa Erasmus+, e

b r

dos

b r

dos

26

ERASMUS+ EN PORTUGAL

Esta é a primeira vez que alumnos do CS Automatización e Robótica Industrial do noso instituto participan nun programa Erasmus+, e o país escollido foi Portugal. Entre marzo e maio tres alumnos deste ciclo tiveron a oportunidade de realizar ás súas prácticas obrigatorias (FCT) nun país cunha lingua próxima e cultura atraente, en contacto con persoas especialmente amables e mellorando a súa competencia técnica ao mesmo nível que en calquera outro país da Unión Europea.

Na INAPAL Plásticos de Matosinhos, no Porto, o alumno Adrián Castaño estivo a realizar tarefas de mantemento nos sistemas automatizados e robotizados que a empresa ten instalados para a fabricación de pezas de plástico e composite, principalmente para o sector da automoción. Xunto con este alumno estiveron tamén Manuel e Roi do ciclo superior Mecatrónica Industrial realizando tamén unha estadía Erasmus+.

http://www.inapalplasticos.com

Na INOUT Automation Systems, en Lisboa, Borja Abal e Eloy Álvarez estiveron a aprender cómo se programan aplicacións reais no campo da automatización e control. Esta empresa está especializada no deseño de aplicacións automáticas para control e xestión de sistemas de abastecemento de auga, irrigación e parkings. Os nosos formandos tiveron a oportunidade de coñecer cómo se concibe e desenvolven proxectos reais neste campo.http://www.inout.pt/

Opinión de Eloy Álvarez sobre a súa estadia en Lisboa: Estas prácticas na cidade de Lisboa están resultando toda unha experiencia, tanto na empresa, na que nos adican moito tempo a formación e grazas a iso estamos aprendendo moito e adaptándonos á súa maneira de facer as cousas, como tamén polas actividades realizadas no noso tempo libre, coñecemos sitios máis turísticos e interesantes de Lisboa e coñecemos xente agradable que axudan a que a experiencia do Erasmus+ sexa moi satisfactoria.

Borja Abal e Eloy Álvarez na INOUT Automation Systems, en Lisboa e Adrián Castaño na INAPAL Plásticos de Matosinhos, no Porto (Matosinhos)

Page 2: ERASMUS+ EN PORTUGAL · ERASMUS+ EN PORTUGAL Esta é a primeira vez que alumnos do CS Automatización e Robótica Industrial do noso instituto participan nun programa Erasmus+, e

b r

dos

b r

dos

27

Opinión de Borja Abal sobre a súa estadia en Lisboa: A experiencia en Lisboa é moi positiva. Nunha primeira impresión atópaste cunha cidade diferente á idea que te podes facer se te imaxinas unha cidade... “moderna”. Pero logo de visitar algúns sitios como o Castelo de San Jorge ou a torre de Belén, percátaste de que te atopas nunha cidade con moita historia e que queren manter esa imaxe de Lisboa. Unha visita obrigatoria é coller o tren para poder vistitar Belén e ir ás praias que hai por esa costa.

O ambiente é incrible, ao tratarse dunha cidade que recibe estudantes de Erasmus de moitos lugares, atópaste con xente de todas partes e acabas coñecendo moitas persoas.

A experiencia na empresa é moi boa. É raro atoparse no sector da programación xente que che deixe ver o seu código. E atoparse cunha empresa que traballa unicamente en automatización e que che permita traballar cos seus bloques de código agradécese. Ademais ensínanche o seu estilo de programación máis como se organiza o código para poder traballar cos compañeiros dunha maneira organizada e comprensible para todos. Resulta unha maneira moi boa para facerte unha idea de como se traballa nunha empresa. Ademais, o ambiente entre os compañeiros é moi bo e iso sempre mellora as prácticas.

Uxía Casal (Xefa do Departamento), Adrián Castaño, Eloy Álvarez e Borja Abal, CS Automatización e Robótica Industrial

ESTADÍA DE PROFESORADOEntre os pasados días 8 e 10 de maio a profesora Uxía Casal, responsable das estadías Erasmus+ para o ciclo superior Automatización e Robótica Industrial, realizou unhas visitas ao país veciño, Portugal, co obxecto de establecer un contacto persoal cos responsables das empresas que acolleron alumnos en prácticas.Estas visitas permitiron fortalecer as relacións entre o noso instituto e as empresas colaboradoras no programa Erasmus+ para Educación Superior en Portugal, así como para intercambiar valoracións sobre os modos de traballo das empresas galegas e portuguesas e crear posibles canles de comunicación entre ambas.

Agradecemos inmensamente a amabilidade e atención con que recibiron á profesora do noso departamento de Electricidade e Electrónica e con que atenderon aos alumnos. Estamos seguros de que, pola exitosa experiencia que resultou, nos próximos cursos se repetirán estas estadías.

Imaxes da estadía de Adrián Castaño, Manuel e Roi en Porto e Matosinhos