Entre o pasado e o futuro

2
Programación | 212 | mai.  xuñ. | 2011  | Guy Maddin O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers François Truffaut / Antoine Doinel A herdanza de François Truffaut Vidas extremas: as películas de Kazuo Hara Fóra de serie Off Galicia / Premios Mestre Mateo CGAI Júnior Master Class José Luis Guerin GUY MADDIN: En colaboración con: Festival Internacional de Cinema d’Autor de Barcelona, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Catalunya. "Entre o pasado e o futuro Hai unha definición moi bonita, por insuperable, que non pode ser máis apropiada para comprender a obra de Guy Maddin (Canadá, 1956). Nunha reseña de Anthony Lane sobre The Saddest Music in the World (2003) para “The New Yorker”, o crítico falaba do cine de Maddin como un cine da “derrière-garde”, un neoloxismo que encerra un grande paradoxo e, ao tempo, evidencia esa suma de vontade vangardista e procura no pretérito de todo tipo de material creativo, sexa ou non cinematográfico, do canadense. Estamos ante unha vangarda que mira cara atrás, entre o pasado e o futuro e que non necesariamente se atopa no presente. Maddin é un viaxeiro no tempo. Nas súas mans, a filmoteca uni- versal resucita e toma un corpo novo, aprópiase do contempo- ráneo, como se as imaxes de Murnau, Wiene, Jean Vigo, Busby Berkeley, Feuillade, Georges Franju ou Lotte Reiniger recupe- raran o alento cada vez que o canadense empuña a súa Bolex de 16 mm. A operación, porén, non ten tanto de pastiche posmo- derno como de nova vida fílmica deses fotogramas que forman parte das materias de historia do cine. A mirada de Maddin foxe do catálogo enciclopédico; máis ben amosase como algo moi distinto: do que se trata é de invocar un pasado que moitos dan por morto para proxectalo cara ao porvir. Se como apuntaba Raymound Bellour, “a morte do cine non sería nada máis que iso, un recordar inmenso”, ao longo da filmografía do canadense nos atopamos ante a visualización esplendorosa desa idea. A resistencia ante o esquecemento emerxe, pois, como poética no seu cine. “Para Guy Maddin toda narración contemporánea que sexa honesta é finalmente un relato sobre a amnesia”, subliña o seu compañeiro de batallas fílmicas, George Toles. Non tanto sobre senón contra a amnesia. Non estraña que entre as capas de imaxes que se amontoan violentamente en cada un dos seus planos desfilen desde lembranzas persoais a fantasías ucrónicas e reformulacións de varios xéneros cinematográficos: calquera elemento ou vivencia é susceptible de ser metamorfoseado, como se constatara a natureza mutante das cousas e do mesmo cine. A transformación deses materiais pon en escena certa idea de movemento, como tamén o seu uso dunha narrativa torrencial. A montaxe sobresaltada, cumio dos postulados de Kuleshov, apare- ce como outra das marcas da casa. O cine de Maddin ten que verse, así, como un tratado de bricolaxe cinematográfica. Todo o seu traballo é, en última instancia, o retrato de varias tensións, de certa idea do convulso. E nese sentido, é moi físico. Hai espectros, vam- piros e outros tantos monstros nas súas imaxes, pero sobre todo hai unha morea de corpos. Feridos, mutilados, namorados ou en fricción, sobre todos eles esperta o corpo do seu cine: en celuloide, en 16mm, Súper 8, branco e negro, ás veces en cor, en ocasións vídeo e píxeles, un corpo onde escribir o relato das súas obsesións. Son abundantes e recorrentes, polo que enumeralas nestas liñas sería estragar a sorpresa. E unha mágoa, xa que pouco cine existe hoxe que sorprenda tanto como o de Guy Maddin. Sorpresa e emoción. Eu non pido máis” (Paula Arantzazu Ruiz). Agradecementos: Guy Maddin, Paula Arantzazu Ruiz. O CEO NA TERRA. NATHANIEL DORSKY,  PHIL SOLOMON, ROBERT BEAVERS: En colaboración con: y Comisariado por Garbiñe Ortega, “O Ceo na Terra. A multidimen- sionalidade no cine de vangarda norteamericano” é un ambicioso e revelador ciclo que propón un achegamento a catro dos autores estadounidenses experimentais –a colaboración co certame (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico en A Coruña permite que a cidade acolla noutro espazo a obra de Zoe Beloff en similares datas– onde a sensación de iconoclastia, beleza e emoción domina, cons- truíndo unha auténtica fita, unha experiencia para o espectador máis avezado. Coproducido por La Casa Encendida, contamos coa presenza dun autor de magnetismo e recoñecemento crecentes, Nathaniel Dorsky que, logo da súa presenza no último Festival de Rotterdam, presentará tres das catro sesións dedicadas a el. “Segundo anuncian, pronto chegará a expansión dunha nova con- ciencia e seremos capaces de viaxar por novas dimensións. Este ciclo nos achega a catro realizadores norteamericanos que queren experimentalo antes a través do cine: Zoe Beloff actúa como médium entre o real e o imaxinario, e o seu universo único e ás veces estereoscópico, define a relación entre os distintos planos invisibles nos que vivimos; Phil Solomon, colaborador durante anos de Stan Brakhage, representa, mediante numerosas técnicas, a abstracción reflexiva e a emoción do que está na procura constan- te; Robert Beavers combina elegantemente a estética do mundo natural e da arte; e Nathaniel Dorsky, consegue revelar o pulso interno dos elementos e a cadencia da luz californiana, amosando que o experimental non está rifado coa beleza. A súa obra, que se presentará case íntegra, permitenos entrar nun estado hipnótico descoñecido ata agora no cine” (Garbiñe Ortega, comisaria). Distribución programas: Nathaniel Dorsky: Cancións cinemáticas (Triste, 1978- 1996; Alaya, 1976-1987; Arbor Vitae, 1999-2000), Luz sa- cra (Song of Solitude, 2005-2006; Pastourelle, 2010; Thre- nody, 2003-2004; The Visitation, 2002), Musica cíclica: Tres variacións e un tema (Sarabande, 2008; Compline, 2009; Aubade, 2010; Winter, 2007) e Meditación (Variations, 2002; Pneuma, 1977-1983; Love’s Refrain, 2000-2001). Phil Solomon: Revelacións nocturnas (Nocturne, 1980; The Exquisite Hour, 1989; Psalm li: Walking distance, 1999; Yes, I Said Yes, I Will, Yes, 1999; Seasons..., 2002, realizada xunto a Stan Brakhage) e O que queda por ver (What’s out Tonight is Lost, 1983; The secret garden, 1988; Remains to be seen, 1989; The Snowman, 1995; Last days in a lonely place, 2008). Robert Beavers: A aura de todas as cousas (Ruskin, 1975-1997; Pitcher of Colored Light, 2007; The Suppliant, 2010) e Na procu- ra (From the Notebook of.. ., 1971-1998; The Stoas, 1991-1997). Agradecementos: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers, Light Cone (Francia). FRANÇOIS TRUFFAUT / ANTOINE DOINEL: Logo dunha indómita traxectoria como crítico e da dirección de tres curtametraxes, o cineasta francés François Truffaut (1932-1984) realiza a súa exitosa ópera prima Los cuatrocien- tos golpes (1959). O filme, moi persoal, amargo e con abundan- tes compoñentes autobiográficos, aproximábase á complexa infancia dun cativo con problemas de adaptación ao seu con- torno chamado Antoine Doinel, papel interpretado polo adoles- cente Jean-Pierre Léaud, logo actor emblemático do seu cine e, por extensión, de relatos de autor esixentes e laboriosos. Truffaut, nunha singular operación, decide volver a radiografar a personaxe percorrendo épocas e itinerarios da súa xuventude: o episodio Antoine et Colette (1962) –onde lanza o personaxe de Colette, interpretado pola recén falecida Marie-France Pis- sier- do filme El amor a los veinte años; Besos robados (1968) e Domicilio conyugal (1970). Vinte anos de Antoine Doinel (e da sociedade francesa) desenvólvense entre a primeira incursión e a quinta e última, a recapitulación ou mosaico que extrae frag- mentos das anteriores El amor en fuga (1979). No prólogo ao seu libro Les aventures de Antoine Doinel (1970), volume que acolle os guións e notas de traballo dos por entón catro achegamentos a Doinel, Truffaut relata unha anécdota clarividente. Logo dun pase televisivo de Besos robados, entra á mañá seguinte nunha taberna descoñecida. O camareiro, como acontecerá outras veces, mestura no seu maxín cineasta e actor e lle espeta: “Esa película fíxoa hai tempo, non? Era vostede máis novo...”. Ambos os dous auto- didactas sensibles, individualistas e impulsivos, bordeando a delincuencia e o naufraxio vital na súa mocidade, a fantasía sen límite e certo carácter entrañable van redimir o seu tránsito á madurez –lugar de chegada finalmente imposible para Léaud-, un conxunto de circunstancias que lle serven a Truffaut nesta serie de títulos para formular unha moi particular relación co ser humano e o seu tempo, mentres exercita un delicioso e agridoce xogo de espellos. MASTER CLASS: JOSÉ LUIS GUERIN / GUEST: En setembro de 2007 José Luis Guerin presenta En la ciudad de Sylvia no Festival de Venecia. A partires dese momento embárcase nunha xira por todo o mundo presentando a película en festivais e filmotecas. “Desafieime a min mesmo aceptando sen exclusión todas aquelas citas de certames e festivais que me requiriran como convidado”, afirma o propio Guerin, explicando a razón pola que no curso dun ano viaxou a 48 cidades, entre as que se contaron, por exemplo, A Coruña e Santiago de Compostela. Froito desa viaxe é a película Guest, estreada de novo en Venecia en 2010: “Chego a unha cidade descoñecida e vagabundeo cámara en man, sen outro rumbo nin idea preconcibida, máis que a dunha predisposición aberta ao encontro, á revelación latente no fortuíto”. A Master Class de José Luis Guerin aborda precisamente a rodaxe de Guest, así como a súa laboriosa posprodución, procesos durante os que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. É a oportunidade, ademais, para recuperar Unas fotos en la ciu- dad de Sylvia, a película paralela a En la ciudad de Sylvia que, en certo sentido, anticipa os modos de produción de Guest. E representa, sobre todo, a oportunidade de darlle visibilidade a esta última película, maltratada e confinada a unhas condi- cións de semiclandestinidade na súa distribución e exhibición. A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición (contacto a tra- vés do correo electrónico [email protected]), con prazas limitadas. Agradecementos: José Luis Guerin, Nuria Esquerra. A HERDANZA DE FRANÇOIS TRUFFAUT: É posible rastrear as pisadas de François Truffaut no cine con- temporáneo? Ata non hai moito podería parecer bastante difí- cil, dada a renitencia dos cineastas a recoñecer a súa influencia, máis palpable entre a cinefilia. Sen embargo, no curso dos últi- mos anos distintos cineastas, sorprendente e preferentemente asiáticos, non deixaron de facer explícito o seu recoñecemento ao autor de Los cuatrocientos golpes. Un dos primeiros foi Tsai Ming-liang en ¿Qué hora es?, onde recuperaba a Jean-Pierre Léaud e homenaxeaba ao mestre francés. Léaud volve a facer acto de presenza, con todo o peso simbólico que comporta, en Visage, a última longametraxe de Tsai e a única que até agora non programara o CGAI. Ao coreano Hong Sang-soo asóciaselle habitualmente máis con Eric Rohmer que con Truffaut, pero o espíritu deste último parece anidar en Oki’s Movie, unha pelícu- la contaxiada do ánimo da Nouvelle Vague e protagonizada por personaxes masculinas enfermas de amor polas mulleres. Ta- mén Comment je me suis disputé… (Ma vie sexuelle), a segun- da longametraxe de Arnaud Desplechin, pode verse como unha versión contemporánea d’ El amante del amor cunha voz en off moi debedora de Henri-Pierre Roché. Desplechin é o cineasta francés que máis recoñeceu a influencia de Truffaut. Entre os norteamericanos esa honra corresponderíalle a Wes Anderson, cuxa curtametraxe Hotel Chevalier é unha homenaxe declarada a París e ao romanticismo do autor de Jules y Jim. Finalmente, este breve percorrido pola herdanza truffautiana conta cun documental, Deux de la vague, que reconstrúe os inicios da Nouvelle Vague a partires da relación entre François Truffaut e Jean-Luc Godard, coa figura de Jean-Pierre Léaud polo medio. Aínda que dirixido por Emmanuel Laurent, boa parte do crédito do documental hai que atribuírllo a Antoine de Baecque, bió- grafo dos dous grandes cineastas e profundo coñecedor das circunstancias daquela conflitiva relación. Agradecementos: Finecut Co. (Corea), Oya Jeong, Fortissi- mo (Holanda), Wide Management (Francia), Camille Rous- selet, Why Not Productions (Francia), Guillaume Namur. FÓRA DE SERIE: A sección de estreas Fóra de serie non perde a súa actitude, segue a destapar materiais iconoclastas que triunfan mundo adiante sen alcanzar facilmente os circuítos de exhibición convencionais. Comezamos coa premiada Misterios de Lisboa, do xenial e prolífico chileno afincado en Francia Raúl Ruiz, dignificación moderna do folletín. Estreamos o 6 de maio, ao tempo que outros puntos de España, a película da estimulante cineasta francesa Mia Hansen-Love El padre de mis hijos. O Oso de Ouro en Berlín para Miel (2010) do turco Semih Kaplanoglu supuxo o final da narración da triloxía –con cronoloxía invertida- da vida dun home, Yusuf, que ofrecemos tal e como a concibiu o seu director. A vida dos traballadores dunha filmoteca tamén pode ser materia fílmica, unha circunstancia –localizada en Montevideo- na que persevera con destreza La vida útil de Federico Veiroj. Agradecementos: Federico Veiroj. VIDAS EXTREMAS:   AS PELÍCULAS DE KAZUO HARA: Autor de só catro películas realizadas desde o ano 1972, o cineasta xaponés Kazuo Hara é un dos grandes nomes da histo- ria do documental contemporáneo. A súa obra dá visibilidade a suxeitos incómodos que perturban profundamente á sociedade do seu país: extremistas políticos, enfermos do corpo e do espí- rito, amantes libertarios que desvelan os seus conflitos ante a cámara, persoas ou “personaxes” extremas que se expoñen ante unha cámara que non deixa de oscilar entre a empatía e o rexeitamento. Unha vez derribada a privacidade, o “escán- dalo” mudará de signo. E o acceso ao prohibido ou ao marxinal transformarase en xesto político. Kazuo Hara traballa coa súa produtora e parella, Sachiko Kobayashi, nunha serie de pezas que “cambiaron os límites do que podía ser filmado”, uns títulos que o propio cineasta define como “películas de acción”. Unha delas, a estarrecedora The Emperor’s Naked Army Marches On (Camiña, exército espido do emperador, 1987), foi considerada por Susan Sontag como “o documental de documentais”. Agradecementos: Isaac Monclús, The Japan Foundation Film Library. OFF GALICIA / PREMIOS MESTRE MATEO: En colaboración con: Academia Galega do Audiovisual Agradecementos: Xavier Bermúdez, Xamalú Films, Uqui Per- muy, Marisela Lens, Fernanda del Nido, Jorge Coira, Xes Chape- la, Simón Vázquez, Dani de la Torre, Marcos Nine, Continental, Acadèmia del Cinema Català.

description

Folleto del Centro Galego de Artes da Imaxe donde figura un texto introductorio al corpus cinematografico de Guy Maddin, con motivo de la retrospectiva que el CGAI le dedicó en el mes de mayo de 2011.

Transcript of Entre o pasado e o futuro

Page 1: Entre o pasado e o futuro

Programación | 212 |

mai.  xuñ.  |  2011  |

Guy Maddin

O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers

François Truffaut / Antoine Doinel

A herdanza de François Truffaut

Vidas extremas: as películas de Kazuo Hara

Fóra de serie

Off Galicia / Premios Mestre Mateo

CGAI Júnior

Master Class José Luis Guerin

GUY MADDIN:En colaboración con: Festival Internacional de Cinema d’Autor de Barcelona, IVAC-La Filmoteca de Valencia e Filmoteca de Catalunya.

"Entre o pasado e o futuro

Hai unha definición moi bonita, por insuperable, que non pode ser máis apropiada para comprender a obra de Guy Maddin (Canadá, 1956). Nunha reseña de Anthony Lane sobre The Saddest Music in the World (2003) para “The New Yorker”, o crítico falaba do cine de Maddin como un cine da “derrière-garde”, un neoloxismo que encerra un grande paradoxo e, ao tempo, evidencia esa suma de vontade vangardista e procura no pretérito de todo tipo de material creativo, sexa ou non cinematográfico, do canadense. Estamos ante unha vangarda que mira cara atrás, entre o pasado e o futuro e que non necesariamente se atopa no presente.

Maddin é un viaxeiro no tempo. Nas súas mans, a filmoteca uni-versal resucita e toma un corpo novo, aprópiase do contempo-ráneo, como se as imaxes de Murnau, Wiene, Jean Vigo, Busby Berkeley, Feuillade, Georges Franju ou Lotte Reiniger recupe-raran o alento cada vez que o canadense empuña a súa Bolex de 16 mm. A operación, porén, non ten tanto de pastiche posmo-derno como de nova vida fílmica deses fotogramas que forman parte das materias de historia do cine. A mirada de Maddin foxe do catálogo enciclopédico; máis ben amosase como algo moi distinto: do que se trata é de invocar un pasado que moitos dan por morto para proxectalo cara ao porvir. Se como apuntaba Raymound Bellour, “a morte do cine non sería nada máis que iso, un recordar inmenso”, ao longo da filmografía do canadense nos atopamos ante a visualización esplendorosa desa idea.

A resistencia ante o esquecemento emerxe, pois, como poética no seu cine. “Para Guy Maddin toda narración contemporánea que sexa honesta é finalmente un relato sobre a amnesia”, subliña o seu compañeiro de batallas fílmicas, George Toles. Non tanto sobre senón contra a amnesia. Non estraña que entre as capas de imaxes que se amontoan violentamente en cada un dos seus planos desfilen desde lembranzas persoais a fantasías ucrónicas e reformulacións de varios xéneros cinematográficos: calquera elemento ou vivencia é susceptible de ser metamorfoseado, como se constatara a natureza mutante das cousas e do mesmo cine. A transformación deses materiais pon en escena certa idea de movemento, como tamén o seu uso dunha narrativa torrencial. A montaxe sobresaltada, cumio dos postulados de Kuleshov, apare-ce como outra das marcas da casa. O cine de Maddin ten que verse, así, como un tratado de bricolaxe cinematográfica. Todo o seu traballo é, en última instancia, o retrato de varias tensións, de certa idea do convulso. E nese sentido, é moi físico. Hai espectros, vam-piros e outros tantos monstros nas súas imaxes, pero sobre todo hai unha morea de corpos. Feridos, mutilados, namorados ou en fricción, sobre todos eles esperta o corpo do seu cine: en celuloide, en 16mm, Súper 8, branco e negro, ás veces en cor, en ocasións vídeo e píxeles, un corpo onde escribir o relato das súas obsesións. Son abundantes e recorrentes, polo que enumeralas nestas liñas sería estragar a sorpresa. E unha mágoa, xa que pouco cine existe hoxe que sorprenda tanto como o de Guy Maddin. Sorpresa e emoción. Eu non pido máis” (Paula Arantzazu Ruiz).

Agradecementos: Guy Maddin, Paula Arantzazu Ruiz.

O CEO NA TERRA. NATHANIEL DORSKY, PHIL SOLOMON, ROBERT BEAVERS:

En colaboración con: y

Comisariado por Garbiñe Ortega, “O Ceo na Terra. A multidimen-sionalidade no cine de vangarda norteamericano” é un ambicioso e revelador ciclo que propón un achegamento a catro dos autores estadounidenses experimentais –a colaboración co certame (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico en A Coruña permite que a cidade acolla noutro espazo a obra de Zoe Beloff en similares datas– onde a sensación de iconoclastia, beleza e emoción domina, cons-truíndo unha auténtica fita, unha experiencia para o espectador máis avezado. Coproducido por La Casa Encendida, contamos coa presenza dun autor de magnetismo e recoñecemento crecentes, Nathaniel Dorsky que, logo da súa presenza no último Festival de Rotterdam, presentará tres das catro sesións dedicadas a el.

“Segundo anuncian, pronto chegará a expansión dunha nova con-ciencia e seremos capaces de viaxar por novas dimensións. Este ciclo nos achega a catro realizadores norteamericanos que queren experimentalo antes a través do cine: Zoe Beloff actúa como médium entre o real e o imaxinario, e o seu universo único e ás veces estereoscópico, define a relación entre os distintos planos invisibles nos que vivimos; Phil Solomon, colaborador durante anos de Stan Brakhage, representa, mediante numerosas técnicas, a abstracción reflexiva e a emoción do que está na procura constan-te; Robert Beavers combina elegantemente a estética do mundo natural e da arte; e Nathaniel Dorsky, consegue revelar o pulso interno dos elementos e a cadencia da luz californiana, amosando que o experimental non está rifado coa beleza. A súa obra, que se presentará case íntegra, permitenos entrar nun estado hipnótico descoñecido ata agora no cine” (Garbiñe Ortega, comisaria).

Distribución programas:

Nathaniel Dorsky: Cancións cinemáticas (Triste, 1978-

1996; Alaya, 1976-1987; Arbor Vitae, 1999-2000), Luz sa-cra (Song of Solitude, 2005-2006; Pastourelle, 2010; Thre-nody, 2003-2004; The Visitation, 2002), Musica cíclica: Tres variacións e un tema (Sarabande, 2008; Compline, 2009; Aubade, 2010; Winter, 2007) e Meditación (Variations, 2002; Pneuma, 1977-1983; Love’s Refrain, 2000-2001).Phil Solomon: Revelacións nocturnas (Nocturne, 1980; The Exquisite Hour, 1989; Psalm li: Walking distance, 1999; Yes, I Said Yes, I Will, Yes, 1999; Seasons..., 2002, realizada xunto a Stan Brakhage) e O que queda por ver (What’s out Tonight is Lost, 1983; The secret garden, 1988; Remains to be seen, 1989; The Snowman, 1995; Last days in a lonely place, 2008).Robert Beavers: A aura de todas as cousas (Ruskin, 1975-1997; Pitcher of Colored Light, 2007; The Suppliant, 2010) e Na procu-ra (From the Notebook of..., 1971-1998; The Stoas, 1991-1997).

Agradecementos: Nathaniel Dorsky, Phil Solomon, Robert Beavers, Light Cone (Francia).

FRANÇOIS TRUFFAUT / ANTOINE DOINEL:Logo dunha indómita traxectoria como crítico e da dirección de tres curtametraxes, o cineasta francés François Truffaut (1932-1984) realiza a súa exitosa ópera prima Los cuatrocien-tos golpes (1959). O filme, moi persoal, amargo e con abundan-tes compoñentes autobiográficos, aproximábase á complexa infancia dun cativo con problemas de adaptación ao seu con-torno chamado Antoine Doinel, papel interpretado polo adoles-cente Jean-Pierre Léaud, logo actor emblemático do seu cine e, por extensión, de relatos de autor esixentes e laboriosos. Truffaut, nunha singular operación, decide volver a radiografar a personaxe percorrendo épocas e itinerarios da súa xuventude: o episodio Antoine et Colette (1962) –onde lanza o personaxe de Colette, interpretado pola recén falecida Marie-France Pis-sier- do filme El amor a los veinte años; Besos robados (1968) e Domicilio conyugal (1970). Vinte anos de Antoine Doinel (e da sociedade francesa) desenvólvense entre a primeira incursión e a quinta e última, a recapitulación ou mosaico que extrae frag-mentos das anteriores El amor en fuga (1979).

No prólogo ao seu libro Les aventures de Antoine Doinel (1970), volume que acolle os guións e notas de traballo dos por entón catro achegamentos a Doinel, Truffaut relata unha anécdota clarividente. Logo dun pase televisivo de Besos robados, entra á mañá seguinte nunha taberna descoñecida. O camareiro, como acontecerá outras veces, mestura no seu maxín cineasta e actor e lle espeta: “Esa película fíxoa hai tempo, non? Era vostede máis novo...”. Ambos os dous auto-didactas sensibles, individualistas e impulsivos, bordeando a delincuencia e o naufraxio vital na súa mocidade, a fantasía sen límite e certo carácter entrañable van redimir o seu tránsito á madurez –lugar de chegada finalmente imposible para Léaud-, un conxunto de circunstancias que lle serven a Truffaut nesta serie de títulos para formular unha moi particular relación co ser humano e o seu tempo, mentres exercita un delicioso e agridoce xogo de espellos.

MASTER CLASS: JOSÉ LUIS GUERIN / GUEST:En setembro de 2007 José Luis Guerin presenta En la ciudad de Sylvia no Festival de Venecia. A partires dese momento embárcase nunha xira por todo o mundo presentando a película en festivais e filmotecas. “Desafieime a min mesmo aceptando sen exclusión todas aquelas citas de certames e festivais que me requiriran como convidado”, afirma o propio Guerin, explicando a razón pola que no curso dun ano viaxou a 48 cidades, entre as que se contaron, por exemplo, A Coruña e Santiago de Compostela. Froito desa viaxe é a película Guest, estreada de novo en Venecia en 2010: “Chego a unha cidade descoñecida e vagabundeo cámara en man, sen outro rumbo nin idea preconcibida, máis que a dunha predisposición aberta ao encontro, á revelación latente no fortuíto”. A Master Class de José Luis Guerin aborda precisamente a rodaxe de Guest, así como a súa laboriosa posprodución, procesos durante os que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. É a oportunidade, ademais, para recuperar Unas fotos en la ciu-dad de Sylvia, a película paralela a En la ciudad de Sylvia que, en certo sentido, anticipa os modos de produción de Guest. E representa, sobre todo, a oportunidade de darlle visibilidade a esta última película, maltratada e confinada a unhas condi-cións de semiclandestinidade na súa distribución e exhibición.

A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición (contacto a tra-vés do correo electrónico [email protected]), con prazas limitadas.

Agradecementos: José Luis Guerin, Nuria Esquerra.

A HERDANZA DE FRANÇOIS TRUFFAUT:É posible rastrear as pisadas de François Truffaut no cine con-temporáneo? Ata non hai moito podería parecer bastante difí-cil, dada a renitencia dos cineastas a recoñecer a súa influencia, máis palpable entre a cinefilia. Sen embargo, no curso dos últi-mos anos distintos cineastas, sorprendente e preferentemente asiáticos, non deixaron de facer explícito o seu recoñecemento ao autor de Los cuatrocientos golpes. Un dos primeiros foi Tsai Ming-liang en ¿Qué hora es?, onde recuperaba a Jean-Pierre Léaud e homenaxeaba ao mestre francés. Léaud volve a facer acto de presenza, con todo o peso simbólico que comporta, en

Visage, a última longametraxe de Tsai e a única que até agora non programara o CGAI. Ao coreano Hong Sang-soo asóciaselle habitualmente máis con Eric Rohmer que con Truffaut, pero o espíritu deste último parece anidar en Oki’s Movie, unha pelícu-la contaxiada do ánimo da Nouvelle Vague e protagonizada por personaxes masculinas enfermas de amor polas mulleres. Ta-mén Comment je me suis disputé… (Ma vie sexuelle), a segun-da longametraxe de Arnaud Desplechin, pode verse como unha versión contemporánea d’El amante del amor cunha voz en off moi debedora de Henri-Pierre Roché. Desplechin é o cineasta francés que máis recoñeceu a influencia de Truffaut. Entre os norteamericanos esa honra corresponderíalle a Wes Anderson, cuxa curtametraxe Hotel Chevalier é unha homenaxe declarada a París e ao romanticismo do autor de Jules y Jim. Finalmente, este breve percorrido pola herdanza truffautiana conta cun documental, Deux de la vague, que reconstrúe os inicios da Nouvelle Vague a partires da relación entre François Truffaut e Jean-Luc Godard, coa figura de Jean-Pierre Léaud polo medio. Aínda que dirixido por Emmanuel Laurent, boa parte do crédito do documental hai que atribuírllo a Antoine de Baecque, bió-grafo dos dous grandes cineastas e profundo coñecedor das circunstancias daquela conflitiva relación.

Agradecementos: Finecut Co. (Corea), Oya Jeong, Fortissi-mo (Holanda), Wide Management (Francia), Camille Rous-selet, Why Not Productions (Francia), Guillaume Namur.

FÓRA DE SERIE:A sección de estreas Fóra de serie non perde a súa actitude, segue a destapar materiais iconoclastas que triunfan mundo adiante sen alcanzar facilmente os circuítos de exhibición convencionais. Comezamos coa premiada Misterios de Lisboa, do xenial e prolífico chileno afincado en Francia Raúl Ruiz, dignificación moderna do folletín. Estreamos o 6 de maio, ao tempo que outros puntos de España, a película da estimulante cineasta francesa Mia Hansen-Love El padre de mis hijos. O Oso de Ouro en Berlín para Miel (2010) do turco Semih Kaplanoglu supuxo o final da narración da triloxía –con cronoloxía invertida- da vida dun home, Yusuf, que ofrecemos tal e como a concibiu o seu director. A vida dos traballadores dunha filmoteca tamén pode ser materia fílmica, unha circunstancia –localizada en Montevideo- na que persevera con destreza La vida útil de Federico Veiroj.

Agradecementos: Federico Veiroj.

VIDAS EXTREMAS:  AS PELÍCULAS DE KAZUO HARA:Autor de só catro películas realizadas desde o ano 1972, o cineasta xaponés Kazuo Hara é un dos grandes nomes da histo-ria do documental contemporáneo. A súa obra dá visibilidade a suxeitos incómodos que perturban profundamente á sociedade do seu país: extremistas políticos, enfermos do corpo e do espí-rito, amantes libertarios que desvelan os seus conflitos ante a cámara, persoas ou “personaxes” extremas que se expoñen ante unha cámara que non deixa de oscilar entre a empatía e o rexeitamento. Unha vez derribada a privacidade, o “escán-dalo” mudará de signo. E o acceso ao prohibido ou ao marxinal transformarase en xesto político. Kazuo Hara traballa coa súa produtora e parella, Sachiko Kobayashi, nunha serie de pezas que “cambiaron os límites do que podía ser filmado”, uns títulos que o propio cineasta define como “películas de acción”. Unha delas, a estarrecedora The Emperor’s Naked Army Marches On (Camiña, exército espido do emperador, 1987), foi considerada por Susan Sontag como “o documental de documentais”.

Agradecementos: Isaac Monclús, The Japan Foundation Film Library.

OFF GALICIA / PREMIOS MESTRE MATEO:En colaboración con: Academia Galega do Audiovisual

Agradecementos: Xavier Bermúdez, Xamalú Films, Uqui Per-muy, Marisela Lens, Fernanda del Nido, Jorge Coira, Xes Chape-la, Simón Vázquez, Dani de la Torre, Marcos Nine, Continental, Acadèmia del Cinema Català.

Page 2: Entre o pasado e o futuro

Programación | 212 |

mai.  xuñ.  |  2011  |

Información xeral Todas as películas proxéctanse en versión orixinal, agás indicación contraria. A duración das películas é orientativa e aproximada. Esta programación pódese ver alterada por razóns alleas á nosa vontade. Unha vez iniciada a sesión non se permitirá a entrada á sala de proxeccións. As sesións de Aforamento Limitado teñen reservadas un número indeterminado de butacas. As sesións sinaladas con sofren modificacións sobre os horarios habituais.

Prezo da entrada• Xeral: 1’20 €• Carné Xove: 0’60 €• Aboamento para 10

sesións: 9 €• As sesións de Entrada

Gratuíta notificaranse no programa.

A venda de entradas iniciarase 15 minutos antes de comezar a sesión (non se venden entradas por anticipado). Só se venderán un máximo de dúas entradas por persoa.

Sala de proxecciónsCGAI. Durán Loriga, 10 baixo. 15003 A CoruñaTel.: 881 881 270 Fax: 881 881 271E-mail: [email protected]@cgai.orgSubtitulado en galegoSubtitula’m S.L.

Información adicional sobre ciclos e películaswww.cgai.org

Dep

ósito

lega

l: C 6

71-2

001

MARTES MÉRCORES XOVES VENRES SÁBADOmaio

06

maio

13

maio

21

maio

27

xuño

03

xuño

10

xuño

17

xuño

24

maio

07

maio

14

maio

28

xuño

04

xuño

11

xuño

18

xuño

25

maio

18

maio

24

maio

31

xuño

07

xuño

14

xuño

21

xuño

28

maio

05

maio

12

maio

20

maio

26

xuño

02

xuño

09

xuño

16

xuño

23

xuño

30

maio

04

maio

11maio

10

maio

19

maio

25

xuño

01

xuño

08

xuño

15

xuño

22

xuño

29

maio

03 18.00 e 20.45 horasFóra de serie El padre de mis hijos

Mia Hansen-Love, 2009. 112’. Vídeo. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horasFóra de serie: Triloxía Yusuf

Miel Semih Kaplanoglu, 2010. 100’. Subt. Castelán.

18.00 horasOff Galicia Doli, Doli, Doli…

coas conserveiras. Rexistro de traballo Uqui Permuy, 2011. 63’. Vídeo. Presentación pola súa autora. Entrada gratuíta.

18.00 e 20.45 horas Guy Maddin

Dracula: Pages of a Virgin Diary (2002)73’. Vídeo. Subt. Galego.

18.00 horasO Ceo na Terra: Robert Beavers

Na procura (1971-1998) 70’.

20.45 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Música cíclica: Tres varia-cións e un tema (2007-2010)65’. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky. Entrada gratuíta.

18.00 e 20.45 horasTruffaut / Doinel El amor en fuga

François Truffaut, 1979. 94’. Subt. Galego.

20.00 horasA herdanza de Truffaut

Comment Je me suis dispu-té…(ma vie sexuelle) Arnaud Desplechin, 1996. 178’. Subt. Galego.

18.00 horasMaster Class de José Luis Guerin

20.45 horas Fóra de serie Guest José Luis Guerin, 2011. 133 .́

18.00 horasOff Galicia Rafael

Xavier Bermúdez, 2008. 116’. Presentación coa presenza do seu autor. Entrada gratuíta.

18.00 horasCGAI Júnior Donde viven los

monstruos Spike Jonze, 2009. 101’. Versión castelá. Entrada gratuíta.

18.00 horasOff Galicia: Premios Mestre Mateo

18 comidas Jorge Coira, 2010. 107’. Pre-sentación coa presenza do director. Entrada gratuíta.

18.00 horasO Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky

Meditación (1977-2002)74’. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky. Entrada gratuíta.

18.00 horasOff Galicia: Mestre Mateo

Jazz en liberdade (Xes Chapela, 2010)Man Fred, home sen paz (Simón Vázquez, 2010) 147’. Vídeo. Presentación a cargo dos autores. Entrada gratuíta.

18.00 horasOff Galicia: Mestre Mateo

Mar libre Dani de la Torre, 2010. 161’. Vídeo. Presentación coa presenza do seu autor. Entrada gratuíta.

18.00 horasOff Galicia: Mestre Mateo/ Premis Gaudí

Radiografía dun autor de tebeos (Marcos Nine, 2010)A Tropa de Trapo(Alex Colls, 2010) 94’. Presentación a cargo dos seus autores. Entrada gratuíta.

18.00 e 20.45 horasGuy Maddin Curtametraxes

(1995-2007)Cowards Ben the Knee (2003) 84’. Vídeo. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horas Guy Maddin

Archangel (1990)83’. Subt. Galego.

18.00 horasO Ceo na Terra: Phil Solomon

Revelacións Nocturnas (1980-2002)65’.

20.45 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Cancións cinemáticas (1976-2000) 85’.

18.00 e 20.45 horasTruffaut / Doinel Los cuatrocientos

golpes François Truffaut, 1959. 93’. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horasA herdanza de Truffaut

Hotel Chevalier (Wes Anderson, 2007)Oki,s Movie (Hong Sang-soo, 2010) 93’. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasKazuo Hara Sayonara CP

(1972) 82’. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasKazuo Hara The Emperor,s

naked army marches on (1987) 122’. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasGuy Maddin Careful (1992)

100’. Vídeo. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horasFóra de serie: Triloxía Yusuf

Leche Semih Kaplanoglu, 2008. 100’. Vídeo. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horasGuy Maddin My Winnipeg

(2007)80’. Subt. Castelán.

18.00 horasGuy Maddin Programa 1 curta-

metraxes (1985-2010)89’. Vídeo. Subt. Galego.

20.45 horas Guy Maddin Programa 2 curtametraxes: compilacións (2005-2008)84’. Vídeo.

18.00 horasO Ceo na Terra: Phil Solomon

O que queda por ver (1983-2008) 75’. Cine /vídeo.

20.45 horas O Ceo na Terra: Nathaniel Dorsky Luz sacra (2002-2010)75’. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky. Entrada gratuíta.

18.00 e 20.45 horasTruffaut / Doinel Domicilio conyugal

François Truffaut, 1970. 100’. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasA herdanza de Truffaut

Deux de la vague Emmanuel Laurent, 2009. 93’. Subt. Galego.

18.00 horasFóra de serie Guest

José Luis Guerin, 2011. 133’.

20.45 horas Fóra de serie Unas fotos en la ciudad de Sylvia José Luis Guerin, 2007. 67 .́ Vídeo.

18.00 e 20.45 horasFóra de serie La vida útil

Federico Veiroj, 2010. 70’.

18.00 e 20.45 horasGuy Maddin Tales from the Gimli

Hospital (1988)70’. Vídeo. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasGuy Maddin The Saddest Music

in the World (2003)100’. Vídeo. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasFóra de serie: Triloxía Yusuf

Huevo Semih Kaplanoglu, 2007. 93’. Vídeo. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horasGuy Maddin Twilight of the Ice

Nymphs (1997)90’. Vídeo. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horas Guy Maddin

Brand upon the brain! (2006)95’. Subt. Galego.

18.00 horasO Ceo na Terra: Robert Beavers

A aura de todas as cousas (1975-2010) 74’.

20.45 horas Guy Maddin Waiting for twilight Noam Gonick, 1997. 60’. Vídeo. Subt. Castelán.

18.00 e 20.45 horasTruffaut / Doinel Antoine et Colette

François Truffaut, 1962. Besos robadosFrançois Truffaut, 1968. 122’. Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasA herdanza de Truffaut

Visage Tsai Ming-liang, 2009. 138 .́ Subt. Galego.

18.00 e 20.45 horasKazuo Hara Extreme private

Eros: love song (1974)98’. Subt. Galego.

20.00 horasKazuo Hara A dedicated life

(1994)157’. Subt. Galego.

20.00 horasFóra de serie Misterios de Lisboa

Raúl Ruiz, 2010. 266́ . Vídeo. Subt. Castelán.