ENCONTRO CON X. NEIRA VILAS

1
ENCONTRO CON X. NEIRA VILAS E VISITA Á CIDADE DA CULTURA (2/02/12) Autora do artigo: Jennifer Pérez Gómez. Unha mañá dun día calquera, comezamos unha viaxe cara a un afastado lugar. Foron dúas eternas horas de autobús pero coa mellor compañía que hoxe en día temos: Os compañeiros da clase. Dirixiámonos a Gres (Vila de Cruces), preto de Santiago, coa escusa de ir falar e ver a Xosé Neira Vilas, un home de mundo, con experiencias moi amplas de vida e cun sentido do humor digno de admirar. Ó chegarmos, xa nos preparara un cuarto onde puxera unha chea de cadeiras para todos nós e onde el nos contaría as súas fermosas historias. A pesar de ser moi velliño, tiña intactos todos os seus recordos: Cartas de seu pai no exilio, cando era rapaz, cando ía ó colexio, etc. Foinos explicando cousa por cousa e cando rematou, ensinounos unha parte do seu mundo, a súa biblioteca e a súa colección de trebellos antigos. Unha era un cuarto cheo de libros, non só seus, senón de moitos outros grandes autores, outros era grandes clásicos e os moitos outros libros, eran de amigos seus. O outro cuarto era como viaxar a outra época, setenta anos para atrás... Alí había cousas de tódolos tipos: musicais, de traballo no campo, de ir á escola, da casa. Cousas que quedaron no pasado pero que el soubo valorizar e encadrar naquel cuarto. Despois de sacar unhas fotos con el e de asinar uns cantos libros, puxémonos de volta ó camiño. Esta vez cara a Santiago, capital de Galicia, coa fin de agardar a nosa quenda para entrar na Cidade da Cultura. Durante a espera, aproveitamos para ver a catedral, pasear polas rúas e para ir xantar. Cando rematamos fomos para a Cidade da Cultura, un edificio moi peculiar. Dixéronnos que o deseño quería imitar unha montaña pero a min paréceseme máis ás ondas do mar. As salas máis bonitos foron as dúas de fóra, imitando a catedral de Santiago coas súas dúas torres. Na primeira que vimos había colgadas plantas da envexa ou das meigas; din os contos de vellas que se che regalan unha destas plantas, espántanche as meigas e a envexa. Na segunda sala colgaban unhas campaíñas que soaban ó entrar o vento. Ó marchar queriamos ver o manifesto Máis Alá! Pero como é un “museo” de arte contemporánea as exposicións cambian cada pouco, así que non o puidemos ver. Despois disto e xa de noite, retomamos o camiño de volta ás nosas casas. Foi un día interesante rodeado de compañeiros e cultura galega.

description

ENCONTRO CON X. NEIRA VILAS E VISITA Á CIDADE DA CULTURA (2/02/12)

Transcript of ENCONTRO CON X. NEIRA VILAS

Page 1: ENCONTRO CON  X. NEIRA VILAS

ENCONTRO CON X. NEIRA VILAS E VISITA Á CIDADE DA CULTURA (2/02/12)

Autora do artigo: Jennifer Pérez Gómez.

Unha mañá dun día calquera, comezamos unha viaxe cara a un afastado lugar. Foron dúas eternas horas de autobús pero coa mellor compañía que hoxe en día temos: Os compañeiros da clase.

Dirixiámonos a Gres (Vila de Cruces), preto de Santiago, coa escusa de ir falar e ver a Xosé Neira Vilas, un home de mundo, con experiencias moi amplas de vida e cun sentido do humor digno de admirar.

Ó chegarmos, xa nos preparara un cuarto onde puxera unha chea de cadeiras para todos nós e onde el nos contaría as súas fermosas historias. A pesar de ser moi velliño, tiña intactos todos os seus recordos: Cartas de seu pai no exilio, cando era rapaz, cando ía ó colexio, etc. Foinos explicando cousa por cousa e cando rematou, ensinounos unha parte do seu mundo, a súa biblioteca e a súa colección de trebellos antigos. Unha era un cuarto cheo de libros, non só seus, senón de moitos outros grandes autores, outros era grandes clásicos e os moitos outros libros, eran de amigos seus. O outro cuarto era como viaxar a outra época, setenta anos para atrás... Alí había cousas de tódolos tipos: musicais, de traballo no campo, de ir á escola, da casa. Cousas que quedaron no pasado pero que el soubo valorizar e encadrar naquel cuarto.

Despois de sacar unhas fotos con el e de asinar uns cantos libros, puxémonos de volta ó camiño. Esta vez cara a Santiago, capital de Galicia, coa fin de agardar a nosa quenda para entrar na Cidade da Cultura. Durante a espera, aproveitamos para ver a catedral, pasear polas rúas e para ir xantar.

Cando rematamos fomos para a Cidade da Cultura, un edificio moi peculiar. Dixéronnos que o deseño quería imitar unha montaña pero a min paréceseme máis ás ondas do mar. As salas máis bonitos foron as dúas de fóra, imitando a catedral de Santiago coas súas dúas torres. Na primeira que vimos había colgadas plantas da envexa ou das meigas; din os contos de vellas que se che regalan unha destas plantas, espántanche as meigas e a envexa. Na segunda sala colgaban unhas campaíñas que soaban ó entrar o vento.

Ó marchar queriamos ver o manifesto Máis Alá! Pero como é un “museo” de arte contemporánea as exposicións cambian cada pouco, así que non o puidemos ver.

Despois disto e xa de noite, retomamos o camiño de volta ás nosas casas. Foi un día interesante rodeado de compañeiros e cultura galega.