Para as familias - edu.xunta.gal³ns de... · MÚSICA Roi Casal. Textos Neira Vilas Son galego. Son...

5
Atlas arqueolóxico da paisaxe galega Describe as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval. Para as familias:

Transcript of Para as familias - edu.xunta.gal³ns de... · MÚSICA Roi Casal. Textos Neira Vilas Son galego. Son...

Atlas arqueolóxico da paisaxe galega Describe as diferentes formas da paisaxe que se foron sucedendo ao longo dunha boa parte da historia do que hoxe é Galicia, dende a prehistoria até a época medieval.

Para as familias:

Xulia Alonso: Futuro imperfecto No ano 2010 Xulia Alonso publicou a novela Futuro imperfecto, escrita en 2005 para a súa filla Lucía. Nel conta a vida dela e do seu home dende que se coñecen cara a 1981, até a morte del en 1992 por mor da SIDA. Unha novela que non debes perder.

MÚSICA Roi Casal. Textos Neira Vilas Son galego. Son cubano Con Pablo Milanés e outros. CD Editorial Xerais

Guadi Galego Vinilo e CD O mundo está parado

PATRICK NESS:

Un monstro vén a verme

A grave doenza da nai, a difícil relación coa avoa , a distancia que o separa do pai, os problemas na escola... Conor ten que asumir a verdade. Emocionante, divertida e conmovedora, unha novela s obre o amor, a perda e a esperanza.

Ophiusa - Xogo de cartas da historia do Reino de

Galiza.

Entretido xogo de mesa para maiores e pequen@s, qu e axudará a@s xogador@s a organizaren cronoloxicamente os seu s coñecementos da historia.

A PARTIR DE 12 ANOS

LEDICIA COSTAS :

Recinto gris

Tras unha día de galerna, Cidade Vii foi invadida por un exército adestrado para conseguir unha cidade perfecta. Aqueles soldados al tísimos de uniforme negro e cabeza de lobo peiteaban o territorio, rexistraban cada ca sa, non deixaban nada ao chou. Tiñan instrucións moi claras que cumprir: colleren aquele s que perturbaban o equilibrio social, ás persoas consideradas diferentes, metelas nos cam ións e trasladalas a Recinto Gris, un lugar habilitado para aloxar os que non encaixab an no seu deseño. Aqueles soldados lobos presentáronse na casa de Nube, unha rapaza in capaz de mentir, coa intención de levala. KATHI CLARK:

La casa del Ángel de la guarda Un refugio para nilñas judías

En 1944, durante a ocupación dos alemáns en Hungría, envían a Susan e a Vera a un convento para escondelas dos nazis. Alí, as irmás aprenden o verdadeiro significado do valor grazas ás monxas, que arriscan as súas vidas para acollelas. Pero cando os soldados cheguen a altas horas da noite, estarán as nenas a salvo do inimigo ás portas?

JORGE GAMERO:

Simón, no; Saimon

Un instituto calquera dunha vila calquera, o día a día, a desgana, a falta de ilusión, as tensións e un futuro incerto para os mozos e mozas levarán ao límite a relación entre alumn@s e profesor@s.

SES Opoñerse á extinción

MÚSICA