En que mundo vivimos? - 1ª parte: O MUNDO TAL E …...En que mundo vivimos …? – Xeo. e Historia...
Transcript of En que mundo vivimos? - 1ª parte: O MUNDO TAL E …...En que mundo vivimos …? – Xeo. e Historia...
En que mundo vivimos …? – Xeo. e Historia 4º ESO – viaxeaitaca.com 1
En que mundo vivimos? - 1ª parte: O MUNDO TAL E COMA EU (Nós) O VEXO (vemos)
1.- Debate previo (10 minutos en grupo e 10 minutos en grupo clase):
Que sei? Se tiveses que dividir o mundo en áreas ou zonas…
1. … Que criterios usarías?
2. … Que zonas distinguirías?
3. … Cal é a problemática que destacarías?
2.- Coas conclusións da actividade anterior, elabora un mapa conceptual (citerios, zonas, problemática) que che
servirá de axuda para a seguinte tarefa.
3.- Mapamundi.
a) Divide o mundo actual en zonas atendendo aos criterios que previamente consensuamos na clase
durante a tarefa anterior.
b) Redactade un breve texto (8 – 10 liñas mínimo) no que tentedes explicar a vosa visión do mundo na
actualidade.
En que mundo vivimos …? – Xeo. e Historia 4º ESO – viaxeaitaca.com 2
En que mundo vivimos …? – Xeo. e Historia 4º ESO – viaxeaitaca.com 3
En que mundo vivimos? - 2ª parte: O mundo actual.
Refuxiados republicanos españoles en Francia (1939)
Refuxiados sirios ás portas de Europa (ano 2016)
MAPA CONCEPTUAL. Traballamos en equipo. Presentamos o resultado de xeito individual: Elaboramos un mapa conceptual no que
esquematicemos as características principais do mundo no s XXI:
A nova orde internacional
Os anos 90: a fin da Guerra Fría.
Unha nova orde internacional. o EEUU o Europa do Leste o A Unión Europea o Mundo árabe e fundamentalismo islámico.
A globalización
Concepto
Características
Desafíos e problemas.
No deseño do mapa conceptual podedes (debedes) tomar (tomaredes) algunhas decisións determinantes á hora
da súa elaboración. Poño 1 exemplo: Partir dun acontecemento relevante e tomalo coma punto de partida. P.ex: A
caída do Muro de Berlín, o atentado das Torres xemelgas en NY …
É importante que teñades presente que o traballo pode - e debe- estar deseñado por todo o equipo, pero cada
alumna/o debe elaborar o seu propio a partir do deseño conxunto.
En que mundo vivimos …? – Xeo. e Historia 4º ESO – viaxeaitaca.com 4
Presentaremos os resultados ao resto de compañeiros/as, explicando non só o contido senón tamén o proceso
de elaboración.
Anexos de información: información complementaria ao mapa conceptual e ao mapamundi, que consideredes ou demasiado extensa para poñer neles ou simplemente que vos servirá de axuda na elaboración da proba obxectiva (texto expositivo)
Mapa: Sobre o mapa político actual de Europa, colorear os países según a disposición política dos anos 80. Traballos a entregar (individual): mapa conceptual e mapamundi, xunto cos anexos de información. Proba obxectiva: Redactar un texto expositivo sobre o mundo no s XXI, usando como material de apoio o
mapa conceptual e o mapamundi, xunto cos anexos de información complementarios a estes.
En que mundo vivimos? - 3ª parte: As raíces. A guerra fría.
MAPA CONCEPTUAL.
Traballamos en equipo. Presentamos o resultado de xeito individual: Elaboramos un mapa conceptual no que
esquematicemos as características principais do mundo durante o periodo da Geurra Fría:
o A Guerra fría: Concepto e características. o Os bloques enfrontados. o Crises e conflitos máis significativos. o O nacemento da Europa unida.
Presentaremos os resultados ao resto de compañeiros/as, explicando non só o contido senón tamén o proceso
de elaboración.
MAPA. Con todos os datos anteriores, idea un mapamundi que sirva de resumo a todo o feito anteriormente: zonas, acontecementos, datas, personaxes.
Anexos de información: información complementaria ao mapa conceptual e ao mapamundi, que consideredes ou demasiado extensa para poñer neles ou simplemente que vos servirá de axuda na elaboración da proba obxectiva (texto expositivo)
Traballos a entregar (individual): mapa conceptual e mapamundi, xunto cos anexos de información.
Proba obxectiva: Redactar un texto expositivo sobre o mundo durante o periodo da Guerra Fría, usando
como material de apoio o mapa conceptual e o mapamundi, xunto cos anexos de información complementarios a estes.