Elementos e factores do clima

32
TEMPO E CLIMA Isaac Buzo Sánchez (adaptado) FACTORES E ELEMENTOS

description

Tradución ao galego dunha presentación do profesor Isaac Buzo sobre os elementos e os factores do clima

Transcript of Elementos e factores do clima

Page 1: Elementos e factores do clima

TE

MP

O E

C

LIM

A

Isaac Buzo Sánchez(adaptado)

FACTORES E ELEMENTOS

Page 2: Elementos e factores do clima

INTRODUCIÓN:Diferenza entre tempo e clima

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Tempo: Estado físico da atmosfera nun momento e un lugar determinado• Clima: sucesión de estados do tempo• Tempo atmosférico é estudado pola metereoloxía (rama da física)• Clima: pola climatoloxía, rama da xeografía física• Exemplo: de vermos unha película, o tempo atmosférico estaría representado

por cada filmograma, mentres que o clima sería a sucesión de filmogramas, ou sexa, o filme enteiro

Page 3: Elementos e factores do clima

INTRODUCIÓN

TEMPO E CLIMA

Temperaturas

Precipitacións

Humidade

Insolación

Nubosidade

Presión e ventos

ELEMENTOS

ASTRONÓMICOSZonalidade

FACTORESDINÁMICOS

Corrente en chorroFronte polar

Características das masas de aireCentros de acción

FACTORESXEOGRÁFICOS

Influencia mariñaAltitude Media

OrientaciónProximidade aos continentes

FACTORES

Compóñense de: Son modificados por:

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 4: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Aquelas cualidades físicas da atmosfera que son cuantificables

• Pódense medir con aparatos específicos:

• Temperatura, humidade, presión, vento, insolación, etc.

– Para medir estas variables utilízase un sistema normalizado de aparatos que se sitúan nas estacións metereolóxicas

– Para seren válidas as medidas e poderen ser comparadas, todos os aparatos deben ter as mesmas características (distancia ao chan, tamaño, localización despexada, etc.)

Page 5: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Temperaturas

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• É o grao de calor do aire– Mídese en graos centígrados (ºC) ou

graos Farenheit (ºF)– Para a súa medición utilízase o

termómetro• Pódese representar por medio:

– Mapa de liñas (isotermas)– Mapa de coropletas (con tinturas

isométricas)• Temperaturas varían pola:

– Proximidade ao mar– Latitude– Altitude

• A amplitude térmica é a diferenza entre a temperatura máxima e a mínima

• Cando as temperaturas baixan de 0ºC prodúcense xeadas, maiores no interior que na costa

Page 6: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Mapa de temperaturas

Mapa de Isotermas

Mapa de coropletas

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 7: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Humidade del aire

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Cantidade de vapor de auga que contén o aire

• Depende de:– Proximidade do mar– Temperatura (diminúe

cando esta aumenta)

• Higrómetro: aparato que mide a humidade

– Mídese en tantos por cento

– Relación coa cantidade de vapor de auga que puidese conter a masa de aire no caso de estar saturada

• España: supera o 70% nas áreas costeiras e na submeseta norte (aquí con diferenzas estacionais)

Page 8: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• É a caída de auga procedente das nubes

• Pode ser en forma líquida ou sólida.

• Mídese co pluviómetro en milímetros (mm) ou litros por metro cadrado (l/m2).

• Represéntase nos mapas mediante liñas (isoietas) ou por medio de tinturas isométricas de tonos azuis (mapas de coropletas).

• Orixínanse pola elevación, arrefriado e condensación do vapor de auga contido no aire.

• Tipos de choiva: Ooográfica, convectiva e frontal.

• En España caracterízanse por ter un volume anual modesto e por ter unha gran variabilidade interanual, estacional e espacial en función dos factores climáticos.

• Identifícanse tres rexións atendendo á cantidade de precipitacións:

– España húmida, España seca e España árida

Page 9: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións, Tipos

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• As precipitacións prodúcense pola gravidade, cando o tamaño da pinga de auga que compón a nube aumenta e o seu peso é maior que a forza do aire ascendente.

• Para que chova debe haber auga condensada na atmosfera (nubes)

– Cando a masas de aire ascenden e se arrefrían condénse o vapor de auga.

• Polo tanto, cando hai ascensos de masas de aire, pódense producir precipitacións, e cando se produce o contrario (o aire descende) hai tempo estable e asollado.

Page 10: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións: Convectiva

O aire ascende e condénsase formando nubes e precipitacións cando

Chuvia convectiva:•O aire en contacto cunha superficie quente, elévase pola calor•A humidade que contén condénsase producíndose precipitacións

– Situación de treboadas de verán

1

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 11: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións: Orográficas

2Chuvia orográfica:•Masas de aire húmidas atópanse cunha cordilleira•Teñen que elevarse para sobrebapasala•No ascenso, o vapor de auga condénsase:•Prodúcense precipitacións na ladeira de barlovento, ficando a ladeira de sotavento como un lugar seco, pois o aire xa baixa sen humidade (Efecto Foëhn)

Prof. Isaac Buzo Sánchez

O aire ascende e condénsase formando nubes e precipitacións cando

Page 12: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións: Frontais

3.1

Chuvia frontal. Fronte FríaUnha masa de aire frío (procedente do norte) avanza sobre unha masa de aire cálido (procedente do sur)O aire cálido é menos denso e vese obrigado a ascender sobre a masa de aire frío, condensándose nese ascenso rápido o vapor de agua

Prof. Isaac Buzo Sánchez

O aire ascende e condénsase formando nubes e precipitacións cando

Page 13: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións: Frontais

3.2

Chuvia frontal. Fronte cálidaUnha masa de aire cálido (procedente do sur) avanza sobre unha masa de aire frío (procedente do norte)O aire cálido é menos denso e asciende suavemente sobre a masa de aire frío que actúa como unha cuña condensándose lentamente en nubes del tipo estrato e deixando grande cantidade de precipitacións diante da fronte

Prof. Isaac Buzo Sánchez

O aire ascende e condénsase formando nubes e precipitacións cando

Page 14: Elementos e factores do clima

3.3

Chuvia frontal. Fronte ocluídaUnha fronte fría alcanzou a unha fronte cálidaFican en superficie dúas masas de aire frío (de distintas características) e en altura unha masa de aire cálido

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións: Frontais

Prof. Isaac Buzo Sánchez

O aire ascende e condénsase formando nubes e precipitacións cando

Page 15: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Precipitacións: Frontais

•As frontes represéntanse nos mapas do tempo por medio de símbolos:– Fría: triangulares– Cálida: semicirculares– Ocluída: alternancia de ambos– Estacionario:Un cara adiante e outra cara atrás

Fronte cálida

Fronte ocluida

Fronte fría

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 16: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Mapa de precipitacións

Mapa de isoietas

Mapa de coropletas

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 17: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Insolación

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Cantidade de radición solar recibida na superficie terrestre• Varía coa latitude e a orientación do relevo• Mídese co heliógrafo en número de horas de insolación• En España superan as 2000 horas/ano

– Existen notables diferenzas entre a cornixa cantábrica (insolación menor) e as áreas do sueste peninsular e Canarias

Page 18: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Nubosidade

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• É o estado da atmosfera no que o ceo aparece cuberto de nubes en maior ou menor grao

• Mídese en octas ou octavos da bóveda celeste cubertas por nubes (por observación directa)

• Para medir a altura das nubes utilízase o ceilómetro• En España a área de maior nubosidade é a cornixa cantábrica, mentres que a

de maior número de días despexados é o val do Guadalquivir, a costa suratlántica e algunhas zonas de Canarias

Page 19: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Presión e ventos

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Presión: peso do aire sobre a superficie da terra

• Mídese en milibares (mb)

• Úsase o barómetro para a súa medición

• Nos mapas é representada por medio de liñas que unen os puntos coa mesma presión (isobaras)

• De ser a presión maior de 1013 mb atopámonos cun anticiclón. De ser menor, cunha borrasca

• Depende das características das masas de aire:

– Inverno: dominan as altas presións

– Outono e primavera: as baixas presións– Verán: as altas presións

Page 20: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Presión e vento

Mapa do tempo ou isobárico•Represéntase a presión por medio do uso de isobaras que unen puntos que teñen igual presión•Aqueles lugares que teñen máis de 1013 mb denomínanse centros de alta presión ou anticiclóns•Os que teñen menos son centros de baixa presión ou borrascas

Isobara

Centro de alta presión ou anticiclónCentro de baixa presión ou borrasca

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 21: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Presión e viento

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Os ventos son movementos horizontais de masas de aire

• Prodúcense como consecuencia das diferenzas de presión

• Circulan desde as zonas de alta presión ás zonas de baixa presión, seguindo aproximadamente a dirección marcada polas isobaras

• Para medir a dirección utilízase o catavento (arriba). Para medir a súa velocidade utilízase o anemómetro (abaixo)

• En España os ventos dominantes son os de poñente (de oeste a leste)

Page 22: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Presión e viento

No hemisferio norte, a causa do efecto de Coriolis, o vento circula nos centros de baixa presión en contra das agullas do reloxio e nos de alta presión segundo as agullas do reloxio

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 23: Elementos e factores do clima

ELEMENTOS CLIMÁTICOS:Presión e vento

Canto maior sexa o gradiente de presión (é dicir, canto maior sexa a diferenza de presión dende un lugar a outro), maior será a intensidade do ventoNun mapa ddo tempo o gradiente de presión obsérvase nos lugares onde existen moitas isobaras xuntas

O gradiente de presión é moi alto, existen moitas isobaras xuntas, o vento neste lugar será moi forte

Non existe ningunha isobara próxima, o que indica que apenas varía a presión e, polo tanto, non ha movemento de masas de aire

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 24: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Astronómicos: Zonalidade

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• A Península Ibérica atópase na zona temperada do planeta (35º-43º N)• Esta localización provoca unha marcada estacionalidade dos nosos climas

– Debido á diferenza da inclinación dos raios do sol ao longo do ano• A zonalidade fai que exista a variación de temperatura de norte a sur da

península

Page 25: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores dinámicos: Corrente en chorro

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Trátase dunha corrente tubular de fortes ventos que circulan na capas altas da atmosfera entre os 30º e os 50º de latitude N, con sentido E-O

• Pode acadar velocidades entre 300 e 400 km/h, formando un cinto arredor da Terra

• Esta corrente fai que os ventos que cheguen á Península veñan cargados de grande humidade por estaren en contacto co océano Atlántico

• Tamén recebe o nome de Jet Stream

Page 26: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores dinámicos: Fronte Polar

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• É a separación entre as dúas masas de aire de características físicas (temperatura, humidade, etc.) diferentes:

– Masa de aire polar frío e masa de aire tropical cálido

• Nas frontes prodúcense unha grande cantidade de precipitacións debido a que as masas de aire cálido ascenden sobre as de aire frío, provocando a condensación da humidade e a conseguinte precipitación

• No verán esta liña móvese cara ao norte de Europa, ficando a Península baixo a influencia das masas de aire cálido

– Sen moitas posibilidades de precipitacións e con maiores temperaturas

Page 27: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores dinámicos: Centros de acción

Prof. Isaac Buzo Sánchez

• Son centros de altas (anticiclón) ou baixas presións (borrascas)

• As altas presións provocan que descendan as masas de aire e, polo tanto, non se produzan precipitacións

• Nas zonas de baixas presións o aire é ascendente, condensándose e puidendo producir precipitacións

• Na Península dominan os seguintes centros de acción:

– Anticiclónicos: anticiclón das Azores, Escandinavo, anticiclón térmico europeo e ibérico

– Borrascosos: depresión de Islandia, depresión do golfo de Xénova, depresión térmica do norte de África e do interior peninsular

Page 28: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores dinámicos: Centros de acción

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 29: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores xeográficos: influencia mariña

A proximidade do mar exerce un efecto termorregulador, suaviza as temperaturas (este efecto dilúese cando nos adentramos no continente)As características das correntes mariñas (frías ou cálidas) tamén inflúen no clima das zonas costeirasA constitución maciza da península fai que se noten as diferenzas térmicas entre o interior e a costa

INVERNO

VERÁN

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 30: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores xeográficos: altitude

A altitude provoca un descenso das temperaturas, denominado “gradiente térmico vertical”, consistente no descenso dunha media de 0,6 ºC por cada 100 m de altitude Na Península Ibérica, cunha altitude media de 660 m e a presenza de relevos montañosos que superan os 1000 m, o gradiente térmico vertical faise patente

Podemos observar nste mapa de temperaturas medias anuais, como as menores temperaturas danse nas zonas coincidentes con cordilleiras; isto débese ao gradiente térmico vertical

Prof. Isaac Buzo Sánchez

Page 31: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores xeográficos: orientación

Elaboración propia Prof. Isaac Buzo Sánchez

• A existencia de relevos montañosos dificultan a entrada de masas de aire, provocando precipitacións orográficas na ladeira costeira (barlovento) e descenso das precipitacións na interior (sotavento) “efecto Foehn”

– Vai acompañado dun aumento da presión das temperaturas na ladeira de sotavento, debido a que a masa de aire xa baixa seca (descargou a barlovento)

• A orientación dos sistemas montañosos con respecto ao sol tamén produce que haxa maior temperatura na ladeira que recebe maior insolación (solaina) da oposta (avesío)

• A disposición do relevo peninsular bordeando a meseta, provoca un descenso das precipitacións cara ao interior

Page 32: Elementos e factores do clima

FACTORES CLIMÁTICOS:Factores xeográficos: proximidade de

continentes europeo e africano

A proximidade ás masas continentais europea e africana facilita a influencia das masas de aire que están sobre ellas

– En inverno entra aire frío do norte europeo– En verán entra aire cálido do sur africano

Zona temperada

Zona cálida

Zona fría

Prof. Isaac Buzo Sánchez