D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página...

36
D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1

Transcript of D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página...

Page 1: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1

Page 2: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

O 22 de marzoA Deputación de Lugoconvídate a celebrar os

Días Mundiais da Árbore e da Auga

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 2

Page 3: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

O inverno que acaba de rematarpode pasar á historia de Galicia como o máis seco dos últimos corenta anos.Aprendamos a coidar da auga.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Ás 11,00 h.

Na aula lerem

os o conto

Dona Pinga e don Carballo

fan amizade

Falaremos da

historia

Faremos unh

a actividade

E responder

emos ás pregun

tas do libro

Ás 11,30 h.

Elixiremos un

nome para a árb

ore que imos

plantar.

O xogo consi

stirá en prop

or varios, es

cribilos

nun papel e

sacar un ao

azar.

12,00 h.

Será a hora

da árbore e

da auga

en toda a pr

ovincia de L

ugo.

No espazo elix

ido plantare

mos un carbal

lo

e regarémolo po

r primeira v

ez.

Deste xeito fa

remos o seu ba

utizo

poñéndolle

o nome elixi

do a cada ár

bore.

OO 2222 ddee mmaarrzzooAA DDeeppuuttaacciióónn ddee LLuuggooccoonnvvííddaattee aa cceelleebbrraarr ooss

DDííaass MMuunnddiiaaiiss ddaa ÁÁrrbboorree ee ddaa AAuuggaa

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 3

Page 4: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Dona Pinga e don Carballofan amizade

Xosé A. Perozo

Ilustracións

Jaime Asensi

4

© Deputación de Lugo, para esta edición, 2012

© Versátil, Servizos Editoriais, s.l.

© Xosé A. Perozo Ruiz, para os textos

© Jaime Asensi, para as ilustracións

Revisión lingüística: Mercedes Pacheco Vázquez

Deseño e maquetación: Isabel Llantada / Jaime Asensi

Impresión: La Ibérica. Santiago de Compostela

ISBN: 978-84-938253-7-9

Dep. Legal:

Para celebrar o s D íasMu

ndia is da Árbore e da Auga

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 4

Page 5: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

DDoonnaa PPiinnggaa ee ddoonn CCaarrbbaallllooffaann aammiizzaaddee

XXoosséé AA.. PPeerroozzoo

Ilustracións

JJaaiimmee AAsseennssii

Para celebrar o s D íasMu

ndia is da Árbore e da Auga

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 5

Page 6: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Un día un labrego colocou unha serie de landras noseu invernadoiro coa sa intención de plantar unha

carballeira nunha terra dos Ancares que estaba empezando adesertizar. O labrador díxolle ó seu fillo:

– Cando estas landras xerminen en pequenas árbores, trans-plantarémolas a aquela terra que ves alí cada vez máis árida e seca.Andando o tempo serán árbores frondosas e seica ese terreo setransforme nunha fermosa fraga á que veñan pousar os paxaros, aspombas, os mouchos, as curuxas e toda clase de aves que, cos seusexcrementos, traerán outras sementes das que nacerán outrasplantas e outras árbores doutras especies. Entón o noso bosque

6

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 6

Page 7: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

encherase de esquíos, de coellos, de lebres, doutros roedores, deraposos e, ó mellor, mesmo de xabarís… ¿Quen sabe?

O neno quedou mirando para o labrego e logo dunha pausafixo unha observación moi intelixente.

–Pero se a terra está seca, non agromarán os carballos, pai.–Aínda non está seca de todo –dixo o pai pasándolle unha

man por riba do ombreiro–. Pode que aínda cheguemos a tempode salvala. Por ese terreo pasan augas subterráneas das quebeberán os raizames e, ademais, nós regaremos a plantación ataque os carballos sexan grandes, estean fortes e dean boa som-bra. Logo o bosque atraerá a chuvia e formará un ciclo no que aauga pasará do subsolo ás plantas, destas por evaporación áatmosfera e do ceo volverá caer sobre a fraga xerando vida. Serácomo un círculo que agora está interrompido porque non haiárbores nin plantas.

Ó neno convenceulle a idea do pai e decidido colleu unregador cheo de auga.

–¿Que fas? –preguntou o labrego.

7

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 7

Page 8: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

8

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 8

Page 9: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

–Regar as landras –contestou o fillo–, así xerminarán pron-to. Xa teño ganas de ver o bosque, ver nacer as flores e escoitar ocanto dos paxaros.

–Non sexas impaciente, a Natureza ten o seu ritmo e nonconvén alteralo. Agora as landras só son sementes e deben ter aterra, o fertilizante e a humidade axeitados aquí no invernadoiro,protexidas da calor e do frío.

–¿E cando poderei xogar no bosque?–Deberá pasar moito tempo, porque un bosque tarda moito

en facerse pero moi pouco en desaparecer.–¿Por que?–Por mor dos incendios, por aqueles que os cortan para

obter madeira sen deixar que se reproduzan, porque os abando-nan e enferman… Por moitas razóns incomprensibles…

–De acordo –dixo o neno–, pero agora déixame regar porprimeira vez.

O labrego permitiulle que humedecese a terra e el conten-touse moito por contribuír ó nacemento do bosque.

9

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 9

Page 10: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Tamén estaban ledas as landras no abrigadoiro da terra, sen-tindo como a humidade as acariñaba. Entre as gotas de auga via-xaba unha moi famosa á que todos na Natureza coñecían por donaPinga. Ó saír do regador espreguizou coma se espertase dunlongo soño.

–Xa ía sendo hora de moverse –dixo filtrándose entre osgrans de terra–, estaba entumecida.

–Tampouco estivemos tanto tempo no alxibe e no regador–respondeulle outra gota que ía na súa compaña–. Es hiperactiva,cativa.

–Eu veño da Reserva da Biosfera, nas Terras do Miño e nonsoporto a inactividade, prefiro moverme dun lado a outro e coñe-cer países.

10

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 10

Page 11: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Nonrematara de dicir a última

palabra cando topou cunha landra.–¡Ola! –dixo o froito-semente–. De momento non

teño sede, así que podedes seguir camiño.As dúas gotas mirárona con ar molesto.

–¿E ti quen vés sendo? –preguntou dona Pinga.–Agora só son unha landra, pero en pouco tempo serei uncarballo, forte e xigantesco –respondeu fachendosa–.Salveime de ser comida polos porcos ou de que metrituren para fabricar penso para os animais. Pronto

serei unha árbore sa e verei a luz do sol,producirei moitas landras e serei moi

feliz, estou certa.

11

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 11

Page 12: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

12

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 12

Page 13: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

13

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

A dona Pinga gustoulle aquela landra tan optimista e entre-tiveron o tempo en falar sobre moitas cousas. Deseguido a gotadeuse conta de que a landra tiña pouco mundo, non viaxara nadanin tiña intención de facelo.

–As árbores non nos movemos do sitio onde nacemos –dixoresignada a landra–, temos que contentarnos coas historias queconta o vento, coas novas que trae a chuvia e coa compaña quenos fan os paxaros e as aves… Ó noso xeito, somos felices.

–Pois eu non podería vivir eternamente no mesmo lugar–respondeulle dona Pinga–. Sempre viaxo, pola atmosfera, polosríos, navego polas lagoas, descanso nos acuíferos subterráneos,visito os océanos e, mesmo, formo parte dos seres vivos. Nunhaocasión cheguei a ser neve. ¡Pasei tanto frío! Non sei se volvereirepetir a experiencia.

–¿E como fas para subir ó ceo?–É moi fácil, convértome en vapor, evapórome e chego

onde me pete…

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 13

Page 14: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

14

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 14

Page 15: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Dona Pinga,que é moi faladora, comezou a contar

historias das súas aventuras á landra e así pasa-ron unha morea de días ata que a landra se decatou de

que comezaba a xerminar, e díxolle:–Foi moi interesante esta charla, dona Pinga, non vou

esquecela, pero agora déixame descansar un cacho que xaempezo a ser carballo.

Despedíronse coa maior naturalidade do mundo edona Pinga, sen facer ningún tipo de equipaxe, decidiu queera o momento de comezar unha nova aventura. Comoquen baixa por un tobogán, esvarou por un túnel infinitoata que de novo deu de narices cun longo verme cego.

–Chegas en bo momento –suspirou alombriga–, empezo a ter sede.

15

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 15

Page 16: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Pero dona Pinga, quetiña outros propósitos, correu porriba da súa pel buscando unhasaída.

–Síntoo, señora lombriga, agora non teño intenciónde pasar polas súas tripas.

E emprendeu a fuxida sen saber moi ben onde ía. A lombri-ga non se deu por vencida e xirando sobre si lanzouse na súa per-secución. A carreira polos túneles baixo terra resultou tan frenéti-ca que nin a gota nin a lombriga se deron conta de que o camiñoremataba no teito dunha gran cova chea de estalagmitas e ambasas dúas caeron desde unha grande altura a unha lagoa da que par-tía un regato subterráneo.

16

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 16

Page 17: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Dona Pinga sentiuse reconfortada ó atoparse entre outrasgotas no remanso e viu que máis alá outras camiñaban comounha gran manifestación nunha tarde de protesta. Unha dasgotas, que semellaba moi anciá, díxolle anoxada:

–¿E ti de onde saes, toda emporcallada de terra?–Veño do exterior –contestou dona Pinga mentres tentaba

asearse.–¡O exterior! –respondeu con morriña a gota vella–. Hai

case trescentos anos que non saio, ¿que hai por alí de novo?–O de sempre, avoa, moito ruído e moita contaminación.–Se é así, quedo aquí. Non teño ganas de viaxar nin de tra-

ballar limpando porcallada.–¿Onde leva ese río, avoa? –Ó mar. Está preto, apenas un mes de viaxe sen perigos

importantes.

17

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 17

Page 18: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Dona Pinga,que xa perdera de

vista a lombriga, despe-diuse da gota vella e conti-

nuou o seu camiño na compañadoutras gotas que desexaban volver

ver a luz do sol. Tardaron pouco máis devinte días en chegar ó mar e era certo que

encontraron escasos tropezos. Souberon queestaban chegando polo cántico das ondas e polocheiro salgado. O terreo trocouse areento antes dever millóns de gotas de auga que transportabanalgas dunha parte para outra mentres outras se afa-naban cargando co sal nun baile sempre repetido.

18

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 18

Page 19: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

19

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 19

Page 20: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

–¡Benvida, dona Pinga! –recibiuna unha transportadora dosal–. Hai moito tempo que non a vemos por este mar.

–¡Ola, amiga! –respondeu dona Pinga–. É certo, hai déca-das que non visito nin o mar, nin os océanos. A última vez queestiven por aquí, pasei máis de mil anos percorrendo o planetadun lado a outro sen evaporarme.

–Non es a única que pasa tanto tempo facendo ondas. Onteevaporouse unha veciña que levaba tres mil anos transportandosal. Por fin decidiu viaxar. A min dáme moita preguiza, pero igualfágoche compaña nesta ocasión.

20

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 20

Page 21: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Distraídas pola conversa, as dúas gotas nonse decataron da proximidade dun peixe que silencio-

samente se aproximou, abriu a boca e enguliunas xunto cuntorrente doutros centos de gotas. A liorta foi impresionante.Saltos, carreiras, laios, abandono do sal… A maioría corría caraás branquias do animal para escapar, pero algunhas non puideronimpedir viaxar cara ó aparato dixestivo do peixe. Dona Pingaagarrou a compañeira e tiveron sorte de saír ilesas, sen perder nino hidróxeno nin o osíxeno, polo aparato respiratorio do animal.De novo no mar, dona Pinga pensou que había ter máis coidado sequería seguir viaxando.

–Os seres vivos necesitan de nós para vivir e respirar–dixo sufocada–, todos teñen unha alta porcentaxe de auga.En realidade a meirande parte dos seus corpos é auga.

Agora debo seguir viaxando, amiga.

21

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 21

Page 22: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

E así foi. Durante un longo período de tempo, quizais cenanos ou máis, percorreu os océanos.Axudou a respirar os animaisacuáticos, andou prendida da quilla dun barco de pescadores.Fixo amizade cun golfiño moi simpático e coñeceu un náufragoque conseguiu chegar nadando a unha illa deserta. Unha mañásubiu á superficie do océano para quentarse co sol na compañadunha excursión de gotas, as cales decidiran evaporarse para per-correr a atmosfera nunha viaxe de lecer. Coa chegada do amen-cer, a calor xogou coas gotas, incháronse e, transformándose envapor, comezaron a voar coma se fosen paxaros.

22

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 22

Page 23: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

23

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 23

Page 24: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Antes do mediodía, toda a expedi-ción estaba acomodada nunha nube

e un guía moi divertido explicoulles aruta a seguir, presentoulles o vento condutor

e falou dos avións que cruzaban o ceo por riba delas, das avesmigratorias que cruzaron no traxecto e das paisaxes que pasa-ban baixo das súas plantas. Polo camiño foron recollendo máise máis pasaxeiras ata que a nube se tornou moi gris polo peso detantas gotas. O oitavo día da viaxe soprou un ar moi frío e donaPinga comezou a estar incómoda e sentirse pesada. A outrasmoitas gotas sucedeulles igual. Entón o guía falou con elas paraanunciarlles que podían baixar, que estaban de novo sobre terrae que se non o facían axiña, terían que converterse en sarabia ouen neve para aterrar no cume das montañas nevadas. Pasou porriba das Terras do Miño e lembrou a ledicia da súa estancia na

Reserva da Biosfera daquel lugar e, como nonestaba disposta a pasar frío convertidaen neve, saltou da nube e gran partedas pasaxeiras seguírona.

24

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 24

Page 25: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Aquela chuvia caeu sobre un fermoso bosque, que antesfora só unha carballeira, no que cantaban os paxaros, e as bolbo-retas e as abellas saltaban de flor en flor. Había moita vexetacióne xunto ós vellos carballos tamén vivían mimosas, algún amenei-ro, moitos castiñeiros, freixos, cerdeiras silvestres e outras espe-cies que dona Pinga non coñecía moi ben. A gota filtrouse naterra, como tiña por costume, e xa se dispuña a viaxar á procuradun río subterráneo cando unha raíz tirou dela, e enguliuna.

Ós poucos a gota viuse dentro da árbore transportando seivae outros alimentos cara ás follas, e desde as follas empurrando oosíxeno para que toda a árbore respirase, ata que unha tardiñapuido por fin aproveitar a transpiración do carballo, liscar á plata-forma dunha folla e ver a luz de novo.

–¡Ola, dona Pinga! –díxolle o carballo emocionado.Dona Pinga mirouno estrañada.–Non te coñezo, amigo.–¡Claro, pasaron tantos anos! –respondeu o carballo–. Eu

son a landra do invernadoiro, ¿lembras?

25

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 25

Page 26: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

26

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 26

Page 27: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

A dona Pinga volvéronlle á memoria as lembranzas daqueltempo e sorprendeuse de como cambiara a paisaxe, de canta vidahabía naquel terreo que un día estivera case deserto. E don Carba-llo comezou a contar historias, porque el agora tiña moitas cousasdas que falar. E dona Pinga aproveitou para pasar uns días deasueto e charla.

Antes de marchar preguntoulle ó seu amigo o carballo: –¿Que foi do labrego que plantou o bosque?–Hai moitos anos que morreu pero o seu

fillo continuou o exemplo coidando do bosquena memoria do pai. Agora é o neto quen se ocupade limpar o terreo e de evitar os incendios…

E referiu o nobre empeño daquela familiapor salvar a Natureza e a vida dos Ancares.

Pero esta xa é outra historia. Se cadra paraoutra viaxe de dona Pinga.

27

Dona P inga e don Carballo

fanamiza

de

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 27

Page 28: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

As outras h istor i as de dona P inga e don Carba llopara facer todos xuntos na clase ou en fam i l i a

28

DonaPingaedonCarballofanamizadE

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 28

Page 29: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

As outras h istor i as de dona P inga e don Carba llopara facer todos xuntos na clase ou en fam i l i a

29

Despois de ler o conto podemos facer cousas deste xeito:1.- O 21 de marzo, Día Mundial da Árbore, podemos ir plantar unha

nova árbore cos amigos a un monte ou a un prado no que teñamospermiso. Darémoslle un nome á nosa árbore e a cada pouco iremosvisitar esa amiga, ver como medra, limpar o seu contorno, achegar-lle fertilizantes e auga... nunha palabra, darlle o mesmo agarimoque ó compañeiro ou compañeira máis fiel.

2.- O 22 de marzo, Día Mundial da Auga, podemosfacer moitas cousas polo líquido elemento. Unhamoi importante, que se debe converter en cos-tume diario, será usar na ducha só a cantidadexusta para enxaboar e enxaugar. Debemos pensarsempre que unha ducha rápida é máis hixiénica e tan eficaz como unbaño longo nunha bañeira chea.

3.- Tamén podemos xogar coa historia de dona Pinga e don Carballofacendo unha lectura teatralizada e mesmo, cun pouco de tempo,facer unha representación de teatro. Pedíndoo por correo electró-nico, o autor deste conto pode mandar ó centro escolar a versión parateatro. O seu enderezo é: [email protected]

4.- Entre todos, ou cadaquén no seu caderno de traballo, debemos pintar ungran círculo no que pola parte de fóra debuxaremos os pasos que deudona Pinga, desde que atopou a landra ata que regresou á folla de donCarballo. Pola parte interior do mesmo círculo, en paralelo, podemos

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 29

Page 30: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

imaxinar os cambios na vida sedentaria da árbore, desde que se sementaa landra ata que moitos anos despois volve dona Pinga e atopa un carba-llo de máis de medio século de vida. Eses dous procesos chámanse ciclohidrolóxico e ciclo da vida da árbore.

5.- Fagamos un experimento divertido. Collamos un recipiente de augae dividámola en tres partes iguais. Unha convertémola en xeo. Outrapoñémola nun bote a temperatura ambiente. E a terceira fervémolae recollemos todo o vapor nun gran globo. Pesarán o mesmo as trespartes en distinto estado? Cal ten máis volume?

Tamén podemos utilizar o conto como base para saber máis da re-lación das árbores coa auga. Contesta as seguintes preguntas:1.- Saberías dicir por que a terra onde sementaron as landras estaba em-

pezando a desertizarse?2.- É certo que o bosque atrae a chuvia?3.- Que consello lle dá o pai ao fillo para que non altere o ritmo da Na-

tureza?4.- Entre a vida de dona Pinga e don Carballo existe unha diferenza

esencial. Saberías dicir cal é?5.- A quen lle gusta máis vivir aventuras, a dona Pinga ou a don Carba-

llo?6.- Dona Pinga afirma que ela forma parte dos seres vivos. Saberías

dicir canta porcentaxe de auga hai neles?

30

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 30

Page 31: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

7.- Serías capaz de calcular, polo que dona Pinga conta, canto tempotarda en pecharse un ciclo da auga? Aproximadamente, claro!

8.- Por que tiña medo dona Pinga a perder o hidróxeno ou o osíxenodentro do peixe?

9.- Podes investigar e descubrir cantos anos pode vivir un carballo?10.- Resolvamos un curioso problema de matemáticas. Ó remate do

conto, o pai que sementou a landra xa non existe, tampouco o fillo,que estaba con el, agora é o neto do primeiro efillo do segundo quen coida da fraga de carba-llos. Poñamos que o sementador tiña corentaanos o comezo da historia e morreu ós oitenta. Ofillo tiña doce cando sementaron as landras emorreu ós oitenta e cinco. O neto cumpriu vintee cinco anos cando morreu o avó e no momentode regresar dona Pinga xa cumprira setenta e seis. Con estes datos,cantos anos ten don Carballo ó remate da historia? O resultado podeser un destes: 80 anos, 85 anos, 91 ou 110 anos. Cantos calculas ti?

11.- Que sucedería se dona Pinga, no seu camiñar polo mundo, remataseemporcallada e contaminada?

12.- Se dona Pinga tivese curiosidade por saber a idade de don Carballoque debería facer?

31

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 31

Page 32: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

Para saber máis• As árbores, como todas as plantas, e a auga sonamigas e complementarias para a existencia davida na Terra.

• A auga é un elemento básico da vida. Os cientí-ficos aseguran que a cantidade total de augaexistente no planeta non cambia nunca perocorre o risco de contaminarse e ser perigosapara a propia vida.

• As plantas tamén son fundamentais para a existencia de vida na Terra.Son seres autótrofos, isto quere dicir que non necesitan doutros serespara alimentarse.

• A fotosíntese é un fenómeno natural polo que as plantas verdes, ade-mais de utilizala para alimentarse, transforman a auga e o anhídridocarbónico en materia orgánica.

• As árbores, por medio das súas raíces, collen auga do solo, xunto consales minerais. Durante a fotosíntese a auga oxídase e libera o osíxenoá atmosfera. Outro elemento esencial para a vida.

• A auga existente na Terra constitúe a hidrosfera. As tres principaisreservas de auga están nos océanos, nos continentes e na atmosfera.A auga atopámola en tres estados: líquida, sólida –xeo e neve-, e ga-sosa.

32

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 32

Page 33: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

• O 97% da auga é salgado e está nos mares e océanos. Só o 3% restanteé a auga doce que enche os ríos, lagos, augas soterradas, xeos, montesnevados... que bebemos e utilizamos para vivir.

• Os bosques teñen unha función moi importante no equilibrio da Natu-reza. Proporcionan recursos -madeiras, froitos, osíxeno, substanciascomo a resina, a goma, o látex...-, son refuxio para animais e persoas,contribúen a purificar o aire, protexen o solo e almacenan auga.

• Os tres ríos máis grandes do mundo son o Amazonas en América, oNilo en África e o Yangtsé en Asia.

• A diferenza entre un bosque e unha selva é que o primeiro adoita serde menor extensión e está poboado por menor número de especies.

• As selvas teñen unha densidade moi grande de árbores e multitude deespecies ás que acompañan milleiros doutras plantas. A súa biodiver-sidade é moi rica.

• As árbores máis grandes do planeta son as secuoias, poden chegar amedir máis de cen metros de altura cun diámetro de tronco de sete me-tros na base. Poden chegar a vivir ata 3.000 anos.

• Algúns carballos, como o protagonista do noso conto, poden vivir ata1.500 anos. O piñeiro do Colorado, EE UU, é a árbore máis lonxeva,coñecemos exemplares de case 5.000 anos de idade.

• O vapor de auga transportado e circulando pola atmosfera pode perco-rrer distancias superiores a mil quilómetros antes de converterse enchoiva.

33

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 33

Page 34: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

34

Solucións ás preguntas1.-Seguramente a terra estaba comezando desertizarse porque non tiña nin árbores nin plantas e as escorrentías levaban a terra útil.

2.-Si. Está probado cientificamente que os bosques, ademais de protexer os solos mantendo a hu-midade, exercen unha importante atracción natural da auga que hai na atmosfera.

3.-O pai aconsella ó neno non alterar os ritmos da Natureza.4.-Hai moitas diferenzas pero a máis importante é que don Carballo é un ser vivo e dona Pinga

non. Porén, no conto vemos que a árbore non é nada aventureira pero a pinga de auga si.5.-Por iso a dona Pinga gústalle máis vivir aventuras. Se non fose deste xeito non existiría este

conto que realmente é a aventura do ciclo hidrolóxico.6.-A auga forma parte de entre o 70 e o 90 % dos seres vivos.7.-Os ciclos hidrolóxicos son moi difíciles de calcular. Está estimado que unha pinga podería tar-

dar ata mil anos en cumprir un ciclo completo.8.-Dona Pinga ten medo porque os peixes respiran tomando o osíxeno que leva a auga formando

parte da súa estrutura molecular.9.-Un carballo pode vivir ao redor de mil cincocentos anos.10.-O cálculo, pola conta da vella, pode quedar reflectido neste esquema:PersonaxeSementeiraTempo Morte do avóTempoFin da historia

transcorridotranscorridoAvó40 anos40 anos80 anos

Fillo/Pai12 anos52 anosNeto25 anos51 anos76 anos

Carballo0 anos40 anos51 anos91 anosResulta evidente que este sería un ciclo hidrolóxico moi curto.11.-Se dona Pinga arrastrase a contaminación con ela remataría por envelenar a don Carballo no

lugar de darlle vida.12.-Debería contar os aneis concéntricos que cada ano crecen ó redor do seu tronco.

Solucións ás preguntas

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 34

Page 35: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 35

Page 36: D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 1terrasdomino.deputacionlugo.org/docs/difusion... · a e don C a r b a l l o f a n a m i z a d e A dona Pinga gustoulle aquela landra

D.PINGA2012:Maquetación 1 14/11/12 13:54 Página 36