Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico...

24

Transcript of Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico...

Page 1: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos
Page 2: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

Este dossier de prensa contén:

Listado de Organizadores Relación de exposicións individuais e colectivas indicando as datas e sala de cada

unha delas Panel de exposicións por localidades e salas Salas e espazos expositivos por localidades cos seus enderezos, teléfonos e horarios

Os datos básicos da 27 edición son:

Organizadores: 62 Exposicións individuais: 50 Exposicións colectivas: 36 Outras actividades: 10 Cidades e vilas: 25 Salas e espazos expositivos: 71 (37 Ourense)

Calquera información complementaria: teléfonos de contacto con fotografos, fotografías para publicar, etc. Está dispoñible na secretaría do Outono Fotográfico Teléfono 988 228 500. Fax 988 249 930 e-mail: [email protected] www.outonofotografico.com

Ourense, 24 de outubro de 2009

Page 3: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

OUTONO FOTOGRÁFICO 2009

ENTIDADES E INSTITUCIÓNS PARTICIPANTES:

Organizan: Amarante Amencer

Anacos da Cidade Asociación de Veciños O Polvorín

Asociación de Veciños Parque Barbaña Asociación Fotográfica O Potiños

Aspanas Ateneo de Ferrol

Ateneo de Ourense Auditorio Municipal de Ourense

Bodegas Docampo Caixanova

Caja Madrid Câmara Municipal de Chaves

Casa da Xuventude de Chantada Casa da Xuventude de Lalín

Casa da Xuventude de Ourense Casa da Xuventude de Tui

CEIDA Centro Comarcal de Terra de Caldelas

Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo de Ourense Centro Cultural Deputación de Ourense

Centro de Maiores de Caixa Galicia de Ourense Clube Alpino Ourensán

Clube de Prensa de Ferrol Colectivo Violeta

Colexio Profesional de Delineantes e Técnicos Superiores Proxectistas de Ourense Concellerías de Cultura e Xuventude de Ourense

Concello de Allariz Concello de Barbadás Concello de Boborás Concello de Celanova

Concello de Leiro Concello de Maceda Concello de Maside

Concello de Monforte Concello de Oroso Concello de Verín

Concello de Xinzo de Limia Concello do Barco de Valdeorras

Delegación Territorial da Xunta de Galicia de Lugo Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense

Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela Escola de Imaxe e Son de Vigo

Fundación Caixa Galicia Fundación Festa da Istoria de Ribadavia

Fundación Florencio Álvarez e Mª Teresa Esteban Fundación Vicente Risco Galería Manuel Márquez Galería Marisa Marimón

Galería Sargadelos do Barco de Valdeorras Galería Volter

Grupo Fonmiñá de Lugo Librería Eixo

Liceo de Ourense Livraria Torga

Médicos do Mundo Museo Etnolóxico de Ribadavia Museo Municipal de Ourense

Purificación García Sala Alterarte

Universidade de Vigo. Vicerreitoría do Campus de Ourense Coordina: Casa da Xuventude de Ourense Patrocina: Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Page 4: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

PROGRAMA Exposicións individuais

• EBOLOWA… CON SABOR A ÁFRICA De Juan Alberto Soutullo González Ebolowa é unha poboación situada na Rexión do Sur de Camerún. As súas xentes e as súas paisaxes amosan un rostro alegre e acolledor. Na frondosidade da selva africana conviven a ilusión e a supervivencia, o sorriso e a impotencia, a riqueza e a miseria. É a achega da Asociación Xuvenil Amencer ao Outono Fotográfico. Na Sala de Exposicións da Asociación Xuvenil Amencer, do 26 de outubro ao 14 de novembro

• AS ÁRBORES PERDIDAS de Xosé Ramón Reigada As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos de fío condutor pola paisaxe cambiante da comarca de Monterrei, sometida a fortes presións. En contraposición están as montañas como símbolo da eternidade. Nun punto intermedio sitúanse os núcleos de poboación, que se asimilan ao presente temporal. A auga dos ríos representa a vida das persoas, que pasa, unhas veces lenta e silente, clara; outras axitada e barullenta, toldada. Na Casa do Escudo de Verín, do 30 de outubro ao 12 de novembro

• 7 PECADOS CAPITAIS de Rut Martínez Viso Este conxunto, titulado ‘Os sete pecados capitais’ e composto por sete fotografías, achéganos aquilo que san Tomé de Aquino definiu: chamounos así porque xeran outros vicios na vida moderna: a soberbia, a avaricia, a envexa, a ira, a luxuria, a gula, a pereza. Dános unha nova imaxe do que, hoxe en día, algúns poderían considerar como «pecados», ou, mellor dito, «vicios», pero desde un punto de vista máis atrevido, menos pecaminoso e con unha carga de erotismo evidente. Digamos que... quen non comete algún deles de vez en cando? No Café Plaza de Ourense, do 30 de outubro o 30 de novembro

• PIRUJAS de Eva Domínguez Como o seu título indica, as imaxes son de mulleres, novas, libres e desenvoltas... No Lizarrán de Ourense, 30 de outubro o 30 de novembro

• MIS PERIPLOS de Jesús Rodríguez Montero Na mostra aparecen reunidas dúas grandes afeccións de Montero: as viaxes e a fotografía. A través de 30 fotografías, o artista monfortino amósanos desde a súa perspectiva poboacións e lugares moi diversos da xeografía peninsular: Sevilla, Córdoba, Granada, Salamanca, Madrid, Barcelona, Covadonga... Na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, ata o 30 de outubro

• CONTRAPUNTOS de Luisa Lorenzo Serie de fotografías onde a autora pretende mostrarnos, a modo de espello, reflexos que, totalmente opostos, detonan unha serie de sentimentos enfrontados no espectador. De xeito sutil amósanos, desde o seu particular punto de vista, os polos opostos que conforman un mesmo contrapunto. Un salto inmediato entre dúas situacións totalmente distintas, estralando sentimentos moi diferentes, tanto como a vida mesma... que en segundos nos pode dar un xiro de cento oitenta graos. Contrapuntos..., afinando melodías de luz e cor. No Castelo de Maceda, do 1 ao 15 de novembro

• UNHA PAUSA NO TEMPO de Óscar Rodríguez Nogueira Afortunado aquel que é capaz de apreciar a beleza das pequenas cousas —e o mundo no que vivimos está cheo: as follas no outono, o sorriso dun neno, a choiva, as pedras no río, unha flor, o sol atravesando o teu cabelo...—. Ser capaz de captar ese preciso instante máxico e facer que dure para sempre é unha experiencia inigualable, e mellor aínda cando se comparte. É o desexo de quen atrapou ese instante para transmitir todas esas emocións. Amosa varias instantáneas, froito das súas viaxes por Francia, Portugal, Finlandia, Estonia e Galicia. En colaboración con AFEM Morea. Na Galería Sargadelos do Barco de Valdeorras, do 1 ao 15 de novembro

• DURGA PUJA de Pablo Araújo A puja de Durga festéxase ao longo dos nove días de Navaratri: segundo o calendario hindú, os primeiros

Page 5: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

nove días do mes de Ashwin (outubro). Celébrase en toda a India, pero con gran celo na zona leste do país, especialmente Bengala do Oeste, onde se fai na maioría das casas e nos Mandaps (fíos de flores) que se erixen en case cada lugar. Os Mandaps da Puja embelecen as imaxes da deusa Durga e son preparados polos habitantes do lugar, que fan quendas de noite para homenaxear a súa deusa. No Café Cultural Auriense de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

• TRANGALLADA de Miguel González Anllo É un estado de espírito, un xeito de vivir e de ver o mundo. Facer cada instante especial, ignorando os problemas, a fin de aproveitar o momento. No Cafe Pop Torgal de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

• SENEGAL de Ruth Beltrán As fotografías son un pouco resume da viaxe que fixen coa miña irmá (case eterna compañeira de viaxe) a Senegal. Hai fotografías tanto do sur, onde se pode ver un pouco a cultura Bassari, como da zona de Saint Louis, ao norte do país. No Bistró Bar Leal de Santiago de Compostela, do 1 ao 30 de novembro

• ALMAS de Jorge J. Martínez Percorrido polos anos de retratos e nus, feito a través de liñas, formas, curvas, sombras..., para chegar ás persoas, ás Almas. No Elephant de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

• MARXE ESQUERDA, NOTAS Ó PÉ DA RÚA de Dani González Laguna Un pequeno percorrido por situacións cotiás na cidade de Barcelona, que ben poderían pasar en calquera cidade. Trátase de amosar un instante desa xente que vive á marxe dos canons da sociedade, que está na marxe máis social dun contorno capitalista; xente que xa non se preocupa pola crise, por facenda, por ter un coche ou pagar unha hipoteca, só xente que vive día a día no seu pequeno mundo, facendo o que quere ou o que pode, e tratando de sobrevivir nesas inquedanzas, pero que tamén ten sentimentos e sensacións non moi diferentes aos de calquera... Para todos eles, estas notas a pé da rúa... Na Cafetería Cátedra de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

• 1368 HORAS de Jairo González Fernández Dous océanos, dous mundos distintos. O Atlas e os Andes. Marrocos e Ecuador. Un breve percorrido por distintos lugares de dous países separados por máis de 8.000 quilómetros. En Marrocos, rúas e monumentos de Casablanca, Marrakech e Essaouira. Lugares destacados e lugares anónimos, uns xunto a outros; o pasado no presente e o presente sen futuro, nalgúns casos. No Ecuador, o país do Mariscal Sucre, a maxestosidade dos Andes, onde case se pode tocar o ceo cos dedos das mans. Todo iso, acompañado por rostros; facianas da infancia que miran con incerteza, uns, ou con esperanza, outros, o futuro que os agarda, un futuro que eles mesmos deberán construír, pero ao que todos podemos contribuír. No Faíscas de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

• OLLADAS DESDE O GOLFO DE FONSECA de Judith Sing Jackson No Golfo de Fonseca existen uns problemas claros: a sobreexplotación vinculada ao manexo inadecuado dos recursos mariños, presión humana, destrución progresiva dos bosques salgados, desorganización e pouca implicación da poboación. Por iso a exposición pretende amosar as accións que se desenvolven desde Amigos da Terra para actuar directamente sobre un sector vulnerable como o que representan os pescadores pobres, que, por unha parte, son dotados cun gremio legal e con suficiente forza para incidir nas decisións, a través de instrumentos democráticos de participación cidadá, e por outra, son fortalecidos profesionalmente, de xeito que se poida lograr un manexo sostible e diversificado das áreas mariñas. Ademais, está a incorporación da muller nos procesos de desenvolvemento e de procesamento e comercialización dos produtos pesqueiros como unha forma de lle abrir espazos económicos. No Moucho de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

• VIVENCIAS de Beatriz Moares González «Nesta serie de fotografías, baséome nunha parte das vivencias dunha etapa da miña vida, onde a miña persoa e o meu estado emocional traballaron xuntos para crear esta obra fotográfica. “O solpor, para volver de novo; rexurdir das cinzas como unha ave fénix; unha e mil veces máis...”» No Trampitán de Ourense, do 1 ao 30 de novembro

Page 6: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

• ELAS de Xosé Manuel Otero «Pecho os ollos, miro cara a dentro, e sempre están elas. Elas. Sempre elas. Esplendorosos camiños de perseveranza e loita. Ansiados e azuis países de repouso e acougo. Elas. Sempre elas. Ergo as mans e volvo abrir os ollos. E como lóstrego aceso escribo con letras de prata. A imaxe perfecta e xenerosa. De Elas. Sempre de Elas. No meu renacemento non suplico outra cousa que ser unha de Elas.» Na Sala de Exposicións do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, do 2 ao 30 de novembro

• PASSERBY IN CHINA de Alfonso de Castro De Castro é un fotógrafo cuxa obra abarca dúas décadas e percorre cinco continentes. A súa colección, «Passerby in China», presenta imaxes feitas na China durante dúas visitas nos anos 2001 e 2002. Céntrase na xente e as escenas cotiás dun país que comparte os seus segredos celosamente. De Castro enfoca a súa atención nas áreas afastadas dos lugares turísticos e a súa ollada penetra na fluidez da realidade. Estas fotos amosan unha visión inédita da vida na China e permítennos observar a condición humana neste país. A exposición chega ao Outono Fotográfico por xentileza do Espai Fotogràfic Can Basté, de Barcelona. Na Casa do Concello de Leiro, do 2 ao 30 de novembro

• OLHAR CATALÃO EM TERRAS LUSAS de Enric Vives-Rubio «Deixei Cataluña despois de 23 anos de existencia. Fun á procura dunha aventura. Quixen fuxir da miña vida en Barcelona. Mudeime para Lisboa. Por amor. Ficaba apenas seis meses. Xa levo aquí máis de cinco anos. Continuo a ficar por amor. Cinco anos a coñecer Portugal, as súas xentes e as súas terras. Todos os días a descubrir xente nova, cada día a observar un lugar diferente, e a vivir novas experiencias. Cinco anos a traballar nunha das máis belas profesións do mundo, ou talvez aquela que máis e mellor mostra a realidade, a de fotoxornalista. Esta mostra de traballos non quere ser unha homenaxe a Portugal, nin un resume do que aconteceu no país nos últimos cinco anos. Simplemente, é o meu Portugal, os meus portugueses, a miña profesión.» Na Fundación Vicente Risco de Allariz, do 2 ao 30 de novembro

• CONTRASTES de Cástor Villar Sabucedo Imaxes das súas viaxes polo mundo. Mostra composta por 28 fotografías a cor e branco e negro. Esta recompilación é un breve reflexo dalgunhas das súas experiencias dende que comezou a súa afección pola fotografía, tanto de paisaxes, natureza, retratos, etcétera. Amosa os contrastes existentes entre dous mundos próximos pero totalmente opostos, como son a auga e a vida que ela representa, expresada nas fotografías tomadas en Galicia e norte de Portugal, nos seus ríos e na riqueza da súa flora, enfrontado ao deserto e a dureza das condicións para desenvolver a vida nel que representan as fotografías do súa derradeira viaxe a Marrocos, onde quedou abraiado pola beleza das súas paisaxes e a sinxeleza da súa xente ás que lles brinda unha homenaxe con imaxes cargadas de cor e forza. No Centro Comarcal de Terra de Caldelas, do 2 ao 30 de novembro

• DA CEPA Á COPA de Dolores A. Carretero Vaquer A autora, estudante de publicidade na Escola de Arte, realiza unha reportaxe do viño desde a cepa ata que chega á copa, de aí o nome da exposición. As imaxes foron captadas na zona da Axarquía, Torrox. Nos seus outeiros crecen as uvas moscateis, coñecidas polo seu sabor e exquisitez, orixinarias de Málaga. Nos IES nº 1-Señorín e IES Chamoso Lamas-Mesego, do Carballiño, do 2 ao 30 de novembro

• A BEIRA/LA ORILLA de Paco Núñez Beira, termo, límite, extremo, bordo, canto, marxe, testa, reborde, ribeira, beiravía, franxa, linde, orela, resalto, saínte, lado, aresta, fío, marco, Beira. No Concello de Boborás, do 2 ao 30 de novembro

• ARTE NA RÚA de Francisco Menjívar Leonardo da Vinci, no seu tratado de pintura, dicía: «Se observas algúns muros sucios de manchas ou construídos con pedras dispares poderás ver a imaxe de distintas paisaxes... e aínda verás figuras ou rostros de estraño aspecto e infinitas cousas». Para esta exposición quixen que as fotos sexan o reflexo do colorido, as texturas e as formas que se poden atopar onde en principio non hai beleza. Se te detés e observas paredes manchadas, portas deterioradas, ruínas, etc., podes sorprenderte descubrindo arte abstracta en calquera rúa de calquera cidade. No Concello de Maside do 2 ao 30 de novembro

Page 7: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

• SENTIDO DEL RITMO de Edmundo Paz Conxunto de oito fotografías en formato 35mm sobre tema de manequíns. Realicei esta serie facendo un percorrido habitual por distintos escaparates de moda da cidade de Vigo. No expositor permanente d’O Potiños, do Carballiño, do 2 ao 30 de novembro

• RECUNCHOS de Fernando Sacó Vidal Recompilación de fotografías que tratan de reflectir pequenos lugares, tanto locais como doutros países. Nesta exposición non só trato de que as miñas fotos fagan unha lixeira descrición do lugar onde foron tomadas, senón que transmitan algo máis que paisaxes e monumentos, buscando isto nos pequenos recunchos que tantas veces se pasan por alto. No Mesón O Queixo de Ourense, do 2 ao 23 de novembro

• A SECA RIBEIRA SACRA de Manuel Blanco Guerra ‘Celta’ Percorrido fotográfico polas ribeiras do Sil, logo da desfeita das obras no encoro. Unha visión fantasmal da vexetación oculta baixo as augas. Un berro de impotencia ante a morte lenta e escura. O atractivo dos tons neutros, resaltado polo branco e negro. Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 2 ao 15 de novembro

• EXPRESION.ES de Paz Vicente Vivimos nunha continua mutación. O noso mundo cambia constantemente. Ese continuo devir foi a orixe de «expresion.es», que nacen como consecuencia da preocupación polos innumerables cambios que sofre o corpo humano. Comezo cun estudo dos rostros; imaxes que mostran a realidade detrás da que cada un se agocha. Xestos, soños, o reflexo dos recordos. Son imaxes desposuídas da súa propia expresión, do seu movemento, do seu contorno, esvaecidas, desfiguradas detrás de máscaras ata que a liña ou contorno deixan de ter importancia, e a cor e a luz pasan a desempeñar un papel primordial e as dotan dunha nova identidade. Situando unha barreira ante a cámara, creo atmosferas ambiguas, un mundo interior que os envolve dándolles un aspecto irreal, fantasmagórico ás veces. Ilusións, fantasías, sombras, recordos. A ocultación tende así á transfiguración, a facilitar o traspaso do que se é ao que se quere ser. Da realidade que é á que quero que sexa. Na Casa do Concello do Carballiño, do 2 ao 30 de novembro

• ESTRECHANDO EL TRAZO De Héctor Guzmán Serie de imaxes realizadas polo fotógrafo co propósito de documentar o labor creativo da artista Asun Adá. Na súa visión intimista, intenta capturar e recrear ese momento de enfrontamento solitario ao proceso construtivo. Héctor Guzmán trata de reflectir a súa vez a similitude nos trazos e as curvas que realiza a pintora cos trazos, curvas e texturas que representan a integración dela mesma. Así, o fotógrafo estreita o seu encadre acurralando o trazo que representa o labor da autora, trazo de tinta pero tamén trazo de pel. Na Casa da Cultura de Barbadás, do 2 ao 15 de novembro No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia en Ourense, do 16 ao 30 de novembro

• CUBA; PRETÉRITO IMPERFECTO de Ernesto Gómez del Valle Gómez A sempre fermosa e fotoxénica Cuba. As súas xentes, os recunchos da Habana... En fin, Cuba. No Ateneo de Ourense, do 4 ao 18 de novembro

• ANACOS DA NOSA TERRA de Kike Corbacho Permite descubrir aos seus visitantes os 25 anos de percorridos por Galicia de Kike Corbacho, o seu autor. Kike Corbacho fotografou ao longo deses anos lugares da nosa terra que en moitos casos están sen descubrir. É unha escolma do seu traballo estruturada en tres bloques: festas, paisaxes e a Galicia profunda. Segundo o seu autor: «Con esta proposta quero plasmar os encantos de Galicia para a xente de dentro e para os de fóra». Por outra parte, Kike Corbacho tamén fai fincapé no carácter didáctico da exposición: «a idea é que os escolares coñezan recantos de Galicia aos que nunca foron, e a partir deste primeiro contacto visiten os sitios cos pais o en excursións cos seus centros». Na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, do 4 ao 29 de novembro

• MIRADAS DESDE MALAWI de Ana Campderrich A autora, voluntaria da Fundación África Directo, achéganos a Malawi, onde o labor da fundación contribúe a mellorar unhas precarias condicións de vida. Un país pequeniño, quizais descoñecido para moitos.

Page 8: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

Caracterízase por ser dunha pobreza extrema e estar na lista dos 10 países máis pobres do mundo. Pero para os que estiveron alí, hai moito máis. Máis do que poida entrar nestas breves liñas. Está cheo de persoas cun gran corazón, que acollen a todo o que se achegue a eles dunha maneira asombrosa. Comparten o que teñen e ofrecen o que non teñen. Moitas mulleres, incombustibles traballadoras que cun sorriso e unhas cancións fan que o traballo máis sufrido pareza algo divertido. O lago Malawi, precioso lugar que percorre o país de norte a sur. Cidades particulares. Solpores inesquecibles... No Turco de Ourense, do 5 ao 30 de novembro

• GALLÆCIA ANTIGA. O VAL DOS CIGURRI de Pedro Vidal Valdeorras, lugar privilexiado polo clima, pola súa situación, pola abondosa conca hidrolóxica e pola riqueza mineira, tamén é ruta de entrada á Gallæcia. A Idade da Pedra, a Idade do Bronce ou a Idade do Ferro deixaron aquí os seus sinais de identidade. Habitada polos galaicos, en concreto pola tribo que os romanos chamaron dos Cigurri, enfrontados galaicos e romanos durante as chamadas guerras cántabras a pesar da feroz resistencia indíxena, Roma pasou a conquistar o territorio galaico cara ao ano 19 a. C. Culturas tan antigas e que con todo nos achegaron gran parte do que posuímos: o interese pola arte e pola ciencia, as normas de convivencia, a sagrada hospitalidade dos galaicos, a súa belísima ourivería, o humanismo do dereito romano, o amor pola natureza —pois os galaicos crían que os ríos, montes, bosques e regatos eran o fogar das súas divindades—. A xenial enxeñería romana, con calzadas, pontes, urbanismo, mercados, baños públicos, etc. O cultivo da vide e da oliveira. Guerra e progreso nunha longuísima espiral que é a historia, onde Dioniso e Apolo se suceden coma a noite e o día, e cada mañá todo volve a comezar. Con estas fotografías, intenta o autor sacar á luz unha pequena porción do pasado. Obxectos, cerámica, moedas e as súas moradas, agora habitadas polo xabaril, a carqueixa e a maleza. No Centro Comercial Ponte Vella de Ourense, a partir do 5 de novembro

• MIRADAS de Flor Fernández Nesta mostra atopámonos con imaxes que invitan á reflexión; nelas Flor Fernández condúcenos a situacións cotiás onde o máis insignificante queda realzado e as pequenas cousas aparecen con forza, incluso con dureza. Mirar imaxes é viaxar dentro dos sentimentos onde só teñen cabida as emocións. No Centro de Interpretación de Castrelo do val, do 6 ao 30 de novembro

• AT THE CHECKPOINT de Khaled Jarrar O fotógrafo palestino Khaled Jarrar, a través das case que 40 imaxes que se presentan nesta exposición, fainos un relato visual dos coñecidos como Checkpoints, lugares establecidos polas autoridades israelís para que os cidadáns palestinos poidan pasar non só para traballar dentro do Estado Hebreo senón incluso para poderen ir a outras zonas do territorio palestino. Estes puntos de control onde os palestinos teñen que pasar moitas horas e sufrir humillantes controis por parte do exército israelí amosan a dureza e a descrición dun sufrimento «universal», pois a estes retratos non fai falta pórlles unha localización xeográfica. Son a viva expresión de calquera lugar onde as persoas teñan que convivir coa violencia, coa guerra ou co terror. Retratando as xentes do seu pobo, Khaled Jarrar fainos un alegado contra a «estupidez humana», pola defensa dos dereitos humanos e por tanto a favor da paz, entendida como algo máis que «ausencia de guerra». Na Asociación de Veciños do Parque Barbaña, do 9 de novembro ao 4 de decembro

• DERIVAS de Antón García «Se hoxe fotografamos o cotián como se fose extraordinario quizais é porque presentimos a súa fuga. Unha observación polo miúdo das cousas do mundo dispostas a ser contempladas convídanos á “non esencialidade”, o “devir” de Blanchot, o respecto á outridade nunha relación desde a igualdade, un establecemento de correspondencias ante o que se acha a ambos os lados da cámara, a lentitude do encontro no que aínda é posíbel soster a mirada e tomar tempo, o do ser humano e o do medio que o rodea. A vida corrente pasa por unha comprensión que excede o sentido, sen ningún xesto de dominio sobre o suceso, e advirte o que de inminente hai na arte. Hai algo anónimo que se mestura con historias pasadas, estados de ánimo e a persistencia fráxil do íntimo. É esa intranscendencia do común a que fai posíbel mirar de esguello as formas que do real se revelan.» Vanesa Díaz Otero. Na Galería Volter de Ourense, do 12 de novembro ao 12 de decembro

• FUTILLOS de Xacobe Meléndrez Fassbender «Futillos» é como lle chaman en Guatemala ao futbolín. Esta serie é unha homenaxe ao inventor deste xogo, Alexandre de Fisterra (1919-2007), de apelido tomado do nome da súa vila. Foi exposta en Madrid e Cuernavaca (México) en 2009, e agora visita Ourense da man da Livraria Torga e do Outono Fotográfico. Os «matracos» ou «matraquinhos», como lles chaman en Portugal, son un xogo que tivo moita relevancia na xuventude de moitas xeracións... Marcaba, e aínda o fai, retos, primeiros contactos, amizades, discusións;

Page 9: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

canalizaba enerxía... Alejandro Rodríquez Campos (o seu nome de nacemento) foi republicano perseguido e exiliado en moitos países: Francia, Ecuador, Guatemala..., pero sobre todo en México, onde coñeceu o poeta León Felipe, do que foi amigo e editor. Foi un grande axitador social na sombra, e como poeta deixou dous versos que se repiten nas súas necrolóxicas e nos achegan ao seu perfil inconformista, os mesmos que inspiraron estas fotografías: «... estáis ahí muertos como si fueseis a vivir toda la vida». Na Livraria Torga de Ourense, do 13 ao 30 de novembro

• CARTEIS PARA UN TEMPO De José Luis Diz O cartel como elemento de comunicación non é un sinal moderno, senón que as súas orixes poderían remontarse ao paleolítico, cando os primitivos homes escribían sobre a pedra a golpe de rudimentario cicel, teima que foi seguida tamén na Idade Media para perdurar divisorias entre parroquias, coutos, demarcacións, etc., e chegaría ata os nosos días en moi diversas e diferentes formas de expresión. Recóllense nesta exposición de vinte fotografías toda unha ampla gama de carteis, sinais, anuncios e demais posibilidades comunicativas, cunha elaboración máis ou menos coidada polos seus autores, onde nos informan dalgún acontecer, ás veces botando un sorriso, pero sempre xogando un importante papel no día a día de cada quen. A variedade de escenarios, nalgún caso de contraste, marcan cada unha das imaxes obtidas a través da cámara de J. L. Diz, nun ambiente onde a comunicación entre xentes é o factor dominante. Na Casa da Cultura de Barbadás, do 16 ao 30 de novembro

• CAMIÑO, FOTO E PALABRA de Juan Rúa O Camiño de Santiago é un camiño exterior e interior. Pés, corazón e alma. A compañía, a soidade, a música, o silencio, o frío, a calor, a auga, a sede, a fame, a fartura, a dor, a ledicia, a sombra, a luz, os soños, as pedras, o luscofusco, o amencer, as caricias do vento, o arrecendo da lúa chea..., no Camiño cada momento é diferente. Pero vívense todos con intensidade. Alí hai tempo para rir e para chorar, para morrer e para renacer, para sementar soños e para velos medrar... Para mirar, para escoitar, para falar... E para estar calados, en silencio, aprendendo a convivir con un mesmo. A foto, a palabra, e sobre todo o latexo que non se ve na foto e o silencio que non se reflicte na palabra...; todos forman parte do Camiño. Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 16 ao 30 de novembro

• A LO LEJOS/AO LONXE de Mari C. Hernández Izquierdo Serie de fotos onde o elemento condutor da exposición son as cores dos campos de Castela. Xogando coa luz e cos encadres, a superficie da planicie castelá cobra nova vida e trócanos os habituais criterios predefinidos que tiñamos sobre da Meseta. Na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, do 16 ao 30 de novembro

• DE SANTOS E DEVOCIÓNS de Mila Fernández Tema recorrente, que aborda a autora para entretecer unha colección de imaxes representativas sobre elementos de tipo relixioso. A mostra está conformada por obxectos de culto de igrexas galegas, onde se percibe o esforzo e a devoción dos seus fregueses na elaboración destes ornamentos, coa súa particular beleza chea de contrastes. Do artístico ao naif, a fotógrafa amósanos que o máis importante non é o resultado estético destes obxectos tanto como o seu efectivo valor espiritual. No Castelo de Maceda, do 16 ao 30 de novembro

• ASÓMATE! de Carlos Lorenzo Pérez Instantáneas que presentan diferentes xeitos de ver os lugares polos que podemos mirar para dentro ou para fóra. Esta colección agrupa imaxes de ventás ou outros elementos arquitectónicos que serven para ver cara ao exterior, ou quizais para axexar que acontece dentro. Organiza a Fundación Curros Enríquez. Na Casa dos Poetas de Celanova, do 16 ao 30 de novembro

• SERES, ESTARES E LUGARES de Roberto Vázquez Gutiérrez Unha breve mostra de obras seleccionadas polo autor, onde repasa, na súa memoria, as sensacións que o levaron na súa itinerante mocidade desde a súa querida cidade natal ata o seu actual lugar de residencia. Na Galería Manuel Márquez de Ourense, do 20 de novembro ao 13 de decembro

• BERLIN ORIENTAL. TEMPO de Alfonso Bueno Gayo O tempo permite ordenar a secuencia dos feitos, establecendo un pasado, un presente e un futuro. Vinte anos despois da caída do Muro de Berlín, nunha sociedade que vai cada vez máis ás présas, amósase en espazos representativos desta orde temporal do Berlín Oriental a identidade atemporal de cada lugar na sinxeleza,

Page 10: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

para, despois, reflexionar sobre o uso que se lles dá, na sociedade, aos espazos ao longo da historia. Na Fábrica de Allariz, do 20 de novembro ao 8 de decembro

• CINEPHILIA. OUFILM FESTIVAL de Antía González Diéguez Colaboradora do Museo Etnolóxico (Ribadavia) na realización de varias reportaxes e en traballos documentais do seu importante Fondo Fotográfico. Centrada na fotografía de autor, colaborou co Festival de Cine de Ourense na edición 2008 cunha serie de imaxes proxectadas na sesión de clausura. Mostra producida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia. Na Igrexa da Magdalena de Ribadavia, do 20 de novembro a 21 de decembro

• OURENSE. RECUPERANDO CIDADE de Victoria Peña-Rey Volve a fotógrafa ao Outono Fotográfico, neste caso con imaxes da súa cidade. Mostra producida polo Museo Etnolóxico de Ribadavia. Na Igrexa da Magdalena de Ribadavia, do 20 de novembro a 21 de decembro

• TEMPO ATOPADO de Manuel Outumuro É unha exposición de fotografías realizadas por Manuel Outumuro durante estes últimos vinte anos. A selección das imaxes aquí expostas foi extraída do amplo e documentado arquivo persoal do fotógrafo, tendo o seu libro Test como referente e punto de partida. Poderiamos dicir que estas fotografías son os «resultados» dos tests que aparecen nese libro. (�) No Museo Municipal de Ourense, do 25 de novembro ao 24 de xaneiro

• A BORDO DO OBXECTIVO de Miguel Riopa «Hai un rumbo en fotografía que direcciona de tal forma a mirada do espectador que acaba sentíndose no mesmo lugar onde foi tomada. Neste caso, na America’s Cup en Valencia. As imaxes realizadas por Miguel Riopa marcan ese rumbo, logran ese obxectivo con asombroso equilibrio. Por un lado, reflicten o refinado dinamismo dese deporte, pero ao mesmo tempo plasman a coidada estratexia dos seus participantes. Evitan de tecnicismos, de xeito que o observador, aínda o máis ignorante, se sente próximo ás escenas. Porque, enlazadas dun modo secuencial, narran aínda máis do que describen por si soas. Hai elegancia, con esas proas cravándose como coitelas no mar; hai risco, tensión, nervios, con navegantes enfrontando as súas esloras ou baixo a ameaza da botavara; hai colorido, na celebración da vitoria, nos velames, neses costados descomunais; e hai, sobre todo, moita auga. Auga dese Mediterráneo que o envolve todo para reivindicar o seu indiscutible papel protagonista. A este sucumbe o fotógrafo, e xunto a el, nós.» Alberto Otero. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 28 de novembro ao 9 de decembro

• GRAFFLICIA de Miguel Doval Mostra dos traballos levados a cabo, durante este ano, co grupo de rapaces graffiteiros/as en distintas zonas da nosa cidade. No acto inaugural desta mostra presentarase en sociedade a nova asociación cultural Grafflicia, composta por un grupo de mozos afeccionados ao mundo do hip-hop. No Centro de Recursos de Amarante e Verdegaia de Ourense, do 10 ao 31 de decembro

• RETRATOS de Eduardo Núñez Regresa o autor ao Outono Fotográfico, dez anos despois da súa segunda serie «Retratos», e de novo presenta unha selección persoal de xente da cultura local: Ánxeles Cuña, Manolo Figueiras, Xoán Torres, Miguel Mosquera, Chus Pato, Xurxo Oro, Afonso Vázquez-Monxardín, Xosé Ramón Quintana... Comezou esta serie hai vinte anos, e nesta entrega mantén o branco e negro como característica. Xunto coas novas fotos, na exposición poderanse ver as realizadas en 1989 e 1999. Con esta mostra clausúrase o Outono Fotográfico de 2009. (�) No Museo Municipal de Ourense, do 17 de decembro ao 24 de xaneiro

Page 11: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

Exposicións colectivas

• FESTIMAGE Festimage é un evento promovido pola Câmara Municipal de Chaves. Coa realización do Festimage, o municipio de Chaves ten fundamentalmente dous obxectivos: divulgar entre os residentes e visitantes da cidade a arte fotográfica e dixital e —sacando partido das facilidades de comunicación proporcionadas pola Internet— incluír nesa divulgación autores das máis diversas orixes. Os 50 traballos finalistas e o gañador do Premio do Público foron expostos no mes de xullo. Simultaneamente, algúns dos traballos finalistas foron ampliados a gran formato e quedaron expostos ata finais de agosto nalgunhas rúas e prazas do centro histórico da cidade portuguesa. A cuarta edición do Festimage rexistrou a maior participación da súa historia. Participaron no concurso de fotografía e de arte dixital 2.847 persoas, procedentes de 76 países. A fotógrafa Victoria Balaban, da República de Moldavia, foi a gañadora do Festimage 2009. O seu traballo foi unha fotografía en branco e negro, á que deu o título de «Black». En segundo lugar clasificouse o italiano Daniele Cascone, cunha composición dixital da súa serie «A concrete wall». O terceiro premio gañouno o fotógrafo Benoit Rousseau, de Francia, cun tríptico en cor. O holandés Huib Limberg quedou en cuarto lugar, e Ly Hoang Long, vietnamita, acadou o quinto posto. O francés Yvon Buchmann gañou este ano o Premio do Público, que se desenvolve de forma paralela ao premio oficial do Festimage a través da votación do público. En total, foron concedidos máis de 12.000 euros en premios. www.festimage.org. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 29 de outubro ao 12 de novembro

• MULLERES ABRINDO CAMIÑOS «A exposición que Caja Madrid achega ao Outono Fotográfico é unha selección de fotografías que pretende reflectir nun instante global ás mulleres do século XXI. Para iso trazouse un percorrido a través de situacións na vida de mulleres concretas: desde o espazo máis íntimo do goce do corpo ata a acción na vida pública. Son mulleres anónimas que conducen as súas vidas e mulleres que, liderando proxectos para un mundo mellor, chegaron a ser célebres. Todas elas, nestas fotografías, deveñen iconas universais que simbolizan a forza, a alegría, a graza, a intelixencia, a tenrura e todos aqueles sentimentos e emocións que hoxe empuxan cara adiante ás mulleres de calquera parte do mundo. Símbolos, pero sen esquecer a pegada que as súas historias e os seus rostros concretos deixaron impresa na fotografía, sempre aliada da realidade do presente, grazas ao punto de vista dos fotógrafos e as fotógrafas, os seus artífices. A mostra desenvólvese en catro ámbitos: o corpo como vehículo de goce e expresión e como signo da esencia feminina; a pegada das mulleres no seu contorno; as diferentes maneiras de entender e de expresar a vida a través das emocións, e os novos camiños que a muller do século XXI vai inventando en resposta aos acontecementos da historia recente.» Laura Terré Alonso, comisaria da exposición. (�) No Museo Municipal de Ourense, do 29 de outubro ao 22 de novembro

• 19.º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2008 Premios e obras seleccionadas no certame organizado polo Ateneo de Ferrol, para celebrar o Día Mundial do Medio Natural, con obras de 50 fotografías en total. O certame conta cunha ampla participación de fotógrafos que resaltan nas súas obras a importancia da natureza nas súas vertentes de coidado e denuncia das agresións que recibe esta no tipo de sociedade que estamos a construír. Obras de Javier Arcenillas (1.º premio), Xan Corral Paz, Raúl Esteban Lerma, Patricia Fernández González, Antonio J. Fernández Marín, Carlos Folgoso Sueiro, Pere Font Ruiz (3.º premio), Miguel A. Fraga Vila, Sandra García Rey, Juan Manuel Hernández López, Mario Llorca Loureiro, Antonio López Fernández, Jose M. Máiquez Mijares, Ángel Manso Fernández, Jose Meis Meaño (2.º premio), Alejandro J. Meizoso Alonso, Antonio Pérez, Rubén Pérez Novo, Alberto Porres Viñes, Jordi Reig Purgimon, Salvador Ríos González, Víctor Rivera Jove, José F. Rodríguez Nieto, Fernando Román Areán, Rubén Vázquez Trujillo e Eduardo Verdes Pereira. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 29 de outubro ao 11 de novembro

• UN ANACO DE CADA UN Mostra heteroxénea de estudantes da Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Diversos estilos, formatos e técnicas —mesmo orixes dos autores— nunha colaxe cun nexo común: a mirada clara que dá a forza da mocidade, que non da inexperiencia. A visión que teñen da fotografía e o que para eles representa forma esta exposición tomando un anaco de cada un. Eles son: Ángela Anido, Loreto de Araújo, Sara Balado, María Teresa González Borace, Esteban Leyton, Jennifer Otero, Rafael Pasadas, Ana Pernas, Xavier Podevin, Alicia Saavedra. Na Sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 29 de outubro ao 14 de novembro Na Escola de Arte Mestre Mateo de Santiago de Compostela, do 23 de novembro ao 21 de decembro

• FOTÓGRAFOS DA NATUREZA 2009 O concurso anual Wildlife Photographer of The Year é un ano máis a achega de Caixanova ao Outono Fotográfico. Está organizado pola BBC e o Museo de Historia Natural de Londres co patrocinio de Shell, celebra este ano a súa edición número trinta e cinco. Aberto aos fotógrafos profesionais e afeccionados de

Page 12: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

todas as idades, pretende promover o crecente interese pola natureza e o medio, e converteuse no máis prestixioso certame mundial de fotografía da natureza do panorama internacional. Nesta edición recibíronse máis de 32.000 imaxes procedentes de 82 países. A magnífica colección de imaxes desta exposición é o mellor expoñente do esplendor, o drama e a diversidade da vida no planeta Terra. Os estilos e protagonistas das fotografías son moi variados, desde a plasmación abstracta da natureza ata os retratos de animais, pasando polo comportamento máis íntimo dos seres vivos e, mesmo, o efecto do quecemento global. Nesta edición, a fotografía seleccionada como a máis impactante e salientable de todas as presentadas foi «Leopardo das neves», do fotógrafo Steve Winter, que conseguiu capturar esta imaxe despois de dez meses de traballo no parque nacional de Hemis de Ladack, na India. Tamén foron galardoados nas diferentes categorías do concurso Miguel Lasa (España-Reino Unido) por «Amencer polar»; Antoni Kasprzak (Polonia) por «Choque de pigargos»; Cyril Ruoso (Francia) por «A recompensa do cazador», David Maitland (Reino Unido) por «Táboas»; Carlos Virgili (España) por «Medusa solar», Yongkang Zhu (China) por «Cisnes nivais», e Cece Fabbro (Estados Unidos) por «Ciprés dos pantanos», entre outros. (�) No Centro Social Caixanova, en Ourense, do 30 de outubro o 13 de decembro

• ESTAMPAS DUNHA ROMARÍA Fotografías premiadas no concurso convocado na edición de 2009 da Romaría Etnográfica Raigame que se celebra cada ano o día 17 de maio, en Vilanova dos Infantes. Organiza o Concello de Celanova e o Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo. Na Casa dos Poetas de Celanova, do 1 ao 15 de novembro No Centro da Cultura Popular Xaquín Lorenzo, do 16 ao 30 de novembro

• D LINE 09 Fotografías que versan sobre unha situación ou circunstancia que conseguen expresar con especial sensibilidade e habilidade a realidade. Fotografías de Lidia Daquintas Santas, Benjamín Domínguez Salgado, José Antonio Fernández Araújo, Francisco Gutiérrez Tejerina, M.ª Carmen Nóvoa Pérez, Daniel Oliveira Vázquez, Alfredo Rodríguez Barreiros, Santiago Sotelino Nogueira e M.ª Belén Taboada Rodríguez. No Liceo de Ourense, do 1 ao 15 de novembro

• 13.º CERTAME DE FOTOGRAFÍA VIÑA DO CAMPO Por décimo terceiro ano, as Bodegas Docampo, de Sampaio (Ribadavia), reúnen os premios e as obras seleccionadas no seu certame: fotografías en cor con tema relacionado co mundo do viño e o seu contorno. Os premios, por valor de 3.000 euros, foron esta edición para Nacho Lavid Soberón (1.º premio), Blas Carrión Guardiola (2.º premio), José López Pérez (3.º premio) e Chelo García Rey (accésit); a mostra contén ademais unha selección das restantes fotografías participantes. No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia en Ourense, do 2 ao 13 de novembro

• DONA INTERIOR Trinta obras de diversas mulleres artistas, todas pertencentes ao interior. Todas teñen unha visión de seu dentro do mundo da arte fotográfica. Elas son Maribel Castro, Raquel Castro, Eva Domínguez, Rosa Fernández Rojo, Flor Fernández Santamarina, Natalia G. Devesa, Carolina Martínez, Iria Rodríguez Gómez, Alejandra Vacuii, Marta Vega e Rosa Veiga. Na Librería Eixo de Ourense, do 2 ao 15 de novembro No Centro Comercial Pontiñas de Lalín, do 17 ao 30 de novembro

• XII PREMIO INTERNACIONAL DE FOTOGRAFÍA HUMANITARIA LUIS VALTUEÑA Este premio convócase anualmente en recordo de Luis Valtueña, Flors Sirera, Manuel Madrazo e Mercedes Navarro, cooperantes de Médicos do Mundo asasinados en Ruanda en 1997 e en Bosnia en 1995, cando traballaban en proxectos de acción humanitaria. Nesta décimo segunda edición presentáronse 806 fotografías de 281 autores representantes de 43 países. O xurado decidiu premiar as fotografías de Andrew McConnell dos desprazados polo conflito armado no leste da República Democrática do Congo. As imaxes de McConnell revélannos as condicións de vida de miles de persoas que malviven en campamentos en condicións precarias tras anos de guerra sen fin. A lista de premiados complétaa o fotógrafo español Víctor Fraile, pola súa serie «China, homes-gaiola». Ademais, Orlando Varría (Chile) gañou o premio especial «O cambio climático e os seus efectos sobre a saúde humana» e Aitor Lara (España) obtivo o premio especial «Integración das persoas inmigrantes: cara a unha Europa multicultural». Nestas doce edicións, o premio converteuse nun referente da fotografía humanitaria e no seu papel de achegar unha realidade ás veces esperanzadora e ás veces aterradora. (�) No Local Social do Centro Multiúsos de Aspanas en Ourense, do 2 ao 20 de novembro

• INTERRETRATOS Imaxes a través do achegamento, de Sandra Alonso e Antonio Matías. Achega do Concello de Oroso ao Outono Fotográfico. No Centro cultural Fernando de Casas Novoa, de Sigüeiro, do 2 ao 30 de novembro

Page 13: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

• FOTODIVERSA Tres artistas, Marta Bran, Jonatan Cabaleiro Pradairo e Bea Romarty. Da obra desta última dinos: «En 2005 comezo os meus proxectos de Fotoescaner. Desde entón estiven investigando e creando un modo e unha técnica para concentrar e expresar nun só espazo o agora expandido: acontecendo. Buscando interiorizar cómo unha máquina procesa e fai, interiorízome posible máquina codificando a realidade, os meus ollos son o percorrido do escáner e as miñas mans xogan coas súas a facer coa luz unha maxia chamada Fotoescaner. En 1889, Bergson presentaba en París a súa tese de doutoramento “Os datos inmediatos da conciencia”. Os meus proxectos de Fotoescaner recollidos entre 2005 e 2009 queren ser a miña particular homenaxe a Bergson. É a miña achega para este Outono Fotográfico 2009». No Centro Comarcal Terras de Trives, do 2 ao 30 de novembro Nos cafés La Galería, Principal e Veira Sil, do Barco de Valdeorras, no mes de decembro

• DIVERSOS HORIZONTES Expóñense diversas fotografías cedidas por afeccionados novos da comarca. Na Casa da Xuventude de Lalín, do 2 ao 30 de novembro

• VISIÓN EISV A xa tradicional presenza dos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo no Outono Fotográfico, baixo os auspicios de Xulio Correa. Na Casa da Xuventude de Chantada, do 2 ao 25 de novembro

• OLLADAS O MEU BARRIO... O POLVORÍN (5.ª Edición) Escolma das máis de 400 fotos recollidas pola asociación de veciños deste barrio entre a propia veciñanza, e que mostra familias, grupos de amigos, lugares e personaxes, a maioría desaparecidos, que evocan a historia dun pasado recente do barrio. Na Asociación de Veciños O Polvorín, do 2 ao 15 de novembro

• CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PURIFICACIÓN GARCÍA 2009 Un dos máis importantes premios en canto a dotación e pola categoría dos premiados en edicións anteriores. Nesta sétima edición o xurado realizou unha selección de 27 obras entre as 454 presentadas por artistas residentes en España e Portugal. Tras un intenso debate, outorgou os tres premios: un primeiro, dotado con 12.000 euros, a Carlos Irijalba pola súa obra «Twilight, 14»; un segundo, de 10.000 euros, a Carlos Sanva pola súa obra «13 Mil Millones»; e un terceiro, de 8.000 euros, a Mónica Fuster pola súa obra «Sin Título». O nivel das obras presentadas fixo que o xurado decidise outorgar ademais catro mencións especiais, sen dotación económica, a Llorenç Ugas, pola súa obra «Puerta de Luz II»; a Pedro Peña, pola súa obra «Rio Tinto I»; a Juan Mejías, pola súa obra «Cielo VI»; e a Pablo Tarszenski, pola súa obra «New Earth’s Crust #1/Sahara Desert, Algeria». Os premiados e seleccionados son: Paula Anta, José Luis Beneyto Dáger, Karmelo Bermejo, Massimo Boldrin, Félix Carpio, Carlos Cid, Albert Corbí Llorens, Gerardo Custance, Elena de la Rúa, Cecilia de Val, Juan Fabuel, José Ferrero, Jean Fleche, Mónica Fuster, Carlos Irijalba, Juan Mejías Barrera, Roberto Milán, Nave&Millás, Pedro Peña Gil, Juan Pérez Guarner, Gonzalo Pérez Mata, Francisco Reina, Carlos Sanva, Daniel Silvo, Pablo Tarszenski, Zoé T. Vizcaíno e Llorenç Ugas Dubreuil. (�) No Centro Cultural da Deputación de Ourense, do 5 de novembro ao 13 de decembro

• AGROEXPOSICIÓN: RETRATOS DA SUSTENTABILIDADE Amarante, A Esmorga, Amigos da Terra, Semente e Verdegaia promoven esta exposición itinerante. Vinte e nove instantáneas de 15 estudantes de primeiro curso de fotografía da Escola de Arte Antonio Faílde retratan o medio rural desde diversos puntos de vista, pero co fío condutor da agroecoloxía, coa finalidade de achegar a realidade do mundo rural á sociedade desde distintos puntos de vista, amosando fórmulas de desenvolvemento e relación diferente co «medio». Esta actividade busca tamén ocupar espazos e chegar a persoas ás que tradicionalmente non chega a mensaxe da agroecoloxía. No Centro de Recursos de Amarante e Verdegaia en Ourense, do 9 de novembro ao 4 de decembro

• A FOTOGRAFIA É O MÁIS NATURAL Vinte fotografías realizadas polos socios do Centro de Maiores nas localidades do Xurés e monte Aloia, dentro do programa «A fotografía é o máis natural – Programa de educación ambiental para maiores». O territorio galego presenta unha elevada diversidade de paisaxes e ecosistemas, pero seguimos descoñecendo en gran medida esta riqueza; por outra banda, un dos sectores que dispón de máis tempo para o ocio son os maiores. O 21% da poboación galega ten máis de 65 anos e non existen moitos programas de educación e sensibilización ambiental específicos para eles. Un dos principais obxectivos deste programa é o achegamento dos maiores a os espazos naturais galegos dun xeito á vez lúdico e motivador. Pretende sensibilizar os participantes a respecto da necesidade de protexer e conservar os espazos naturais galegos, dar a coñecer aos nosos maiores as áreas naturais protexidas galegas mediante rutas adaptadas, ser unha alternativa de ocio e familiarizar os maiores coa fotografía dixital No Centro de Maiores de Caixa Galicia de Ourense, do 12 ao 25 de novembro

Page 14: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

• NOVAS CONVERSAS CON ATLANTE O océano Atlántico, ese ollo no que o sol se deita a descansar, falou desde sempre coa sociedade galega, manténdoa e axudándoa a medrar. Fotógrafos galegos tentan recoller con esta exposición os cambios sufridos nesta relación despois da traxedia do afundimento do petroleiro Prestige. Fotografías de Xosé Abad, Miguel Harguindey, Xacobe Meléndrez (comisario da mostra), Sandra Rey, Paco Rocha e Xosé Tiega. No Espai Fotogràfic Can Basté de Barcelona, do 12 novembro ao 4 decembro Na Casa da Xuventude de Ourense, do 15 ao 30 de decembro

• V e VI CERTAME DE FOTOGRAFÍA DA UNIVERSIDADE DE VIG O Premios destes certames, en 2008, modalidade Serie: 1º premio, Aloia Alonso con «En vermello»; accésit a Melissa Rodríguez Varela, con «Ventana de Emergencia» e a Mª Angeles Fernández Cousillas con «Heterotopías» e na modalidade Fotografía única: 1º premio, Laura Piñeiro Meana con «Creando” e un accésit a Lorena González Rodríguez con «Good Luck»; os primeiros do 2009, son: modalidade Serie: 1º premio, Cintia Ramírez Hidalgo con «Future artist» e 2 accésit de Ana Eiras Domínguez con «Sádico» e Verónica Crespo Pereira con «0.65|1.75|56665»; na modalidade Fotografía única: 1º premio de Bibiana Juanes Fariñas con «Otra mirada» e accésit de María García Cabeza con «Moonlight». No Edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense, do 13 de novembro ao 11 de decembro

• VIST A BARCELONA Mostra colectiva que recolle os traballos de dez fotógrafos sobre a Cidade Condal: Joan Alvado Cárcel, Jordi Barreras, Sergi Bernal, Carles Castro, Fernando Gallardo, Núria López Torres, Eva Parey, Pablo Porlan, Josu Trueba e Domingo Venero. Organizada polo Espai Fotogràfic Can Basté de Barcelona para o Outono Fotográfico. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 13 ao 27 de novembro

• UNA PELÍCULA DE PIEL XV Por décimo quinto ano consecutivo, e coincidindo, como todos estes anos, co Outono Fotográfico de Ourense, a galería Marisa Marimón quere celebrar os seus 15 anos dentro do seu ciclo anual de fotografía «Una Película de Piel». Esta vez será unha exposición colectiva formada por distintos traballos dos artistas que participaron ao longo destes anos neste ciclo. Algunhas das fotos serán recoñecidas facilmente polo espectador, xunto con outras que se mostrarán por primeira vez. É o noso pequeno homenaxe a todos aqueles artistas que participaron en «Una Película de Piel». Poderemos ver obras de: Tamara Arroyo, Salvador Cidrás, Chema Madoz, Mireya Masó, Rosell Meseguer, Diego Opazo e Manuel Vázquez. (�) Na Galería Marisa Marimón de Ourense, do 13 de novembro ao 22 de decembro

• IX CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CLUBE ALPINO OURENSÁN Premios e obras presentadas ao concurso social do Clube Alpino. Fotografías que están relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do club en todas as súas modalidades: imaxes de alpinismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canóns, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes... Obras de Vicent Auzillón (accésit), Baldomero Conde Morán, Lidia Daquinta Santas, Joaquín Dobarrio Romasanta, Venerando Feijoo Quintas, Javier Moldes Magdalena, Jorge Pallás Vallerós, Félix A. Parada Mouriño (2.º premio), José del Río Caamaño, Elías Rodríguez Gómez, Pedro Seoane López, Florentino Taín Guzmán (3.º premio), Manuel Veiga Rial (1.º premio), Alberto Vila Garrido e Ramón Vila Garrido. No Liceo de Ourense, do 16 ao 30 de novembro

• OS NOSOS BOSQUES 38 fotografías que nos achegan aos bosques españois e aos seus habitantes. Unha mostra para gozar da cor e da forma das árbores, descubrindo a variedade de bosques diferentes que temos a oportunidade de ver e visitar no noso país. Unha exposición realizada por Fotógrafos de Natureza de Madrid e organizada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. No Castelo de Santa Cruz, Oleiros, sede do CEIDA, do 16 de novembro ao 16 de xaneiro

• SEIXALBO, PRESENTE CONTINUO Antes ían transmitindo en cada tarefa a sabedoría ancestral atesourada ao longo dos séculos; as seguintes xeracións dependían dos seus coñecementos: as lúas, as podas, os enxertes, a desfeita do porco, o adubo dos chourizos... Sentíanse parte imprescindible da historia. Os novos tempos trocaron tamén isto: agora calquera meniño posúe coñecementos técnicos imprescindibles para a supervivencia no mundo das novas tecnoloxías, coñecementos dos que carecen os seus avós, e cando xa non se valen por eles semella lóxico buscarlles un lugar onde se murchen os seus días e a súa ciencia porque o ritmo febril da sociedade de consumo non nos permite dedicarlles a atención debida... E quen sabe se nese menosprezo non haxa que buscar moitos dos problemas da sociedade actual: a perda do referente, a cadea que racha o seu elo. En Seixalbo non nos esquecen os nosos maiores. Non queremos que se sintan relegados: o lugar que temos, o que somos, o espírito de loita polo común... Todo llo debemos a eles, porque son a terra na que medrou a semente ao longo de xeiras de traballos e esforzos. Velaquí temos a razón desta pequena homenaxe que

Page 15: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

hoxe lles brindamos dun xeito sinxelo: grazas por estardes aí! Aínda que ás veces, coas présas, non atinemos co momento para volo lembrar, sodes o noso referente, as raíces que nos prenden firmemente a Seixalbo. Unha mostra de Pablo Araújo e Alberte Paz. Na Librería Eixo de Ourense, do 16 de novembro ao 16 de decembro

• IV PREMIO MANUEL BLANCO PASCUAL De fotografía sobre o patrimonio cultural de Valdeorras. Varios autores. O Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV) presenta, por cuarto ano consecutivo, dentro do Outono Fotográfico, os resultados do concurso que convoca para honrar a memoria do fotógrafo barquense, desaparecido trala guerra civil, Manuel Blanco Pascual, o que máis e mellor ten fotografado a vida social, o territorio e os elementos patrimoniais do Barco e a súa comarca entre 1915 e 1936. Serán expostas tanto as obras premiadas como as finalistas. Na Galería Sargadelos do Barco de Valdeorras, do 17 de novembro ao 9 de decembro

• VIAXANDO As 36 fotografías participantes no terceiro concurso que con ese título e tema convocaron a Casa da Xuventude de Tui e as oficinas de Información Xuvenil da Guarda, O Rosal, Tomiño, O Porriño, Salceda de Caselas e Gondomar, para mozos de ata 30 anos. A mostra fai itinerancia polos centros convocantes. Na Casa da Xuventude de Tui, do 17 de novembro ao 23 de decembro

• CONCURSO FOTOGRÁFICO FESTA DA ISTORIA 2009 Con dous mil euros en premios e dúas categorías, coleccións e individuais, estes patrocinados por Caixanova. O tema para esta edición nas coleccións foi o dos escudos medievais en Ribadavia e comarca, e nos individuais, a propia edición da Festa da Istoria deste ano (que decorreu o pasado 29 de agosto). Os premiados foron, en coleccións: Raúl Gómez Lorenzo (1.º premio); Jesús M.ª Torrado Vidal (2.º premio), e José López Pérez (accésit); e en individuais: Marcos Prieto Alonso (1.º premio), e Cesáreo Meiriño Gallego e Raúl Gómez Lorenzo (accésit). Na Igrexa da Magdalena de Ribadavia, do 20 de novembro a 21 de decembro

• EDUARDO BLANCO AMOR E A FOTOGRAFÍA Na última década do pasado século unha asociación cultural da cidade, O Clube Cultural Alexandre Bóveda, organizou dúas mostras fotográficas: en 1993, «Eduardo Blanco Amor, fotógrafo», con imaxes realizadas polo propio Eduardo Blanco Amor —71 fotografías organizadas en tres apartados: personaxes, viaxes e Galicia—; e en 1998, «O fillo da Florista», con fotografías que retratan o escritor —as fotografías, acompañadas de tarxetas manuscritas de persoas que tiveron trato con Blanco Amor: Xesús Alonso Montero, Segundo Alvarado, Luís Álvarez Pousa, Jacobo de Arce, Arturo Baltar, Nemesio Barxa, Víctor Campio, Ángel Chamarro, Isaac Díaz Pardo, M.ª Victoria Fernández España, Francisco Fernández del Riego, Blanca Gómez del Valle, Eduardo González Ananín, M.ª do Carmo Henríquez Salido, Clotilde Iglesias, Pilar Jeremías, Carlos Laíño, Mariano López, Anselmo López Morais, Xosé Lois López de Prado, Basilio Losada, Acisclo Manzano, Manuel María, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas, Maribel Outeiriño, Manuel Peña-Rey, Antonio Pérez Prado, Xaime Quessada, Berto Tabarés, Antón Tovar, Augusto Valencia e Xaquín Vales. A Concellería de Cultura de Ourense, coa colaboración da Casa da Xuventude de Ourense, recupera estas mostras dentro do programa do 50 aniversario da publicación da obra A Esmorga. (�) No Auditorio Municipal de Ourense, do 24 de novembro ao 20 de decembro

• EN CLAVE DE DÓ O obxecto desta exposición é presentar, mediante unha serie de fotografías, acompañadas de textos, un instrumento que axude a reflexionar sobre a violencia de xénero, un problema que supón unha auténtica lacra social, xa que a violencia contra a muller constitúe unha violación dos Dereitos Humanos fundamentais. O 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, inaugurarase esta exposición fotográfica. As fotos son todas metafóricas. Fuximos de sangue, golpes...; fotos moi respectuosas coas mulleres. Acompañándoas, vai unha estrofa dunha canción que realmente é o que lle dá forza e impacto á imaxe. O título é: «En clave de dó». Dó, como alusión á música da que derivan todos os textos; dó de dor, de dominación, de dócil, de dobrez, de doloso e, neste caso, de documento. Neste sentido, todos temos a obrigación de concienciar á sociedade da grave situación na que se encontran centos de mulleres sometidas baixo o xugo da violencia machista. Fotografías de Pablo Araújo Barros, Daniel Atanes, Óscar de la Campa Bermúdez, Mar Castro Manzanares, Eva Domínguez, Ana Herrera, Aleixo Manchón, Salva Moreiras, Estíbaliz Osorio, Iñaki Osorio, Alberte Paz Garza, Martiño Pinal, María Prada, Jesús Regal, Alba Rubín, Carlos Álvaro Sánchez González e Rosa Veiga. Organizada polo Ateneo de Ourense. No Ateneo de Ourense, do 25 de novembro ao 8 de decembro

• MULLERES VISTAS POR MULLERES. UNHA MIRADA DE XÉNERO (5.ª Edición) Unha mostra colectiva, cedida polo colectivo feminista Ciudad de Mujeres, un lugar que non é utopía, porque utopía quere dicir non-lugar. Mulleres protagonistas a un lado e outro da cámara. A mostra inaugúrase no Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Organizada por Anacos da Cidade. Nas Galerías Centrais de Ourense, do 25 de novembro ao 9 de decembro

Page 16: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

• CORRESPONDENCIAS É unha revista trimestral que recompila baixo diferentes formatos, en sintonía co tema que se trata, os traballos de diversos colaboradores, que poden variar dun número a outro. Dientes de Ojo (Claudia González, Jesús Bermejo e José Enrique Mateo León) concíbese como unha vía alternativa de produción e difusión da arte, que a pequena escala quere ofrecer un produto reflexivo e aberto tanto para os que participan nela como para os seus receptores. Na Sala Alterarte do Campus Universitario de Ourense, do 26 de novembro ao 11 de xaneiro

• GALICIA EN FOCO 20.ª edición deste certame de fotoxornalismo organizado polo Clube de Prensa de Ferrol co fin de promover e potenciar o labor profesional dos fotoxornalistas que exercen en Galicia. Un xurado composto por dous fotógrafos participantes, e presentes no acto de inauguración, e tres membros da organización elixirá a Foto do Ano, que será dada a coñecer no acto inaugural da exposición; será entre as obras dos fotógrafos que responderon á convocatoria con imaxes realizadas entre o 30 de setembro de 2008 e o 30 de setembro de 2009. Son imaxes que resumen un ano da prensa galega. (�) No Museo Municipal de Ourense, 26 de novembro ao 13 de decembro

• CONCURSO FOTOGRÁFICO Mostra das fotografías presentadas ao concurso convocado pola Casa da Xuventude de Chantada (véxase «Outras actividades»). Na Casa da Xuventude de Chantada, do 26 de novembro ao 18 de decembro

• UNHA DÉCIMA DE SEGUNDO O «instante decisivo» de Cartier-Bresson é un mito fotográfico que non coincide coa experiencia visual do ser humano. Non é máis que unha forma de entender a fotografía. Os «instantes decisivos» non existen salvo no cerebro do fotógrafo cando decide apertar o disparador. Doutra banda, o rexeitamento á instantaneidade na fotografía é unha vía alternativa e tan creativa como a anterior. O emprego de tempos longos de obturación pon en evidencia outros aspectos que non están na realidade que percibimos, e que aparecen a través do medio fotográfico. Os alumnos de segundo curso do Ciclo Superior de Fotografía artística da Escola de Artes e Superior de Deseño Antonio Faílde parten da premisa de dar nas súas imaxes unha exposición igual ou maior dunha décima de segundo buscando esta faceta expresiva da fotografía nos seus proxectos persoais. Son: Noemí Álvarez, Ana Barrio, Tamara Barros, Nuria Calviño, Sara Cordeiro, Natalia De Evan, Sheila Domínguez, Daniel Eyre, Zulima Fernández, Raquel Gómez, Miro González, Román Nóvoa, Alberto Paz, Marta Pérez, Miguel Rodríguez, Aleixo Rodríguez, Silvia Rodríguez, Goretty Vázquez e Humberto Vergara. Na Casa da Xuventude de Ourense, do 29 de novembro ao 13 de decembro

• ANTIGOS SOÑOS DE MULLERES KICHWAS Exposición sobre a vida das mulleres indíxenas kichwas da Amazonía Ecuatoriana que leva por título «Kallary Muscuy Warmi Wuankurishka / Antigos Soños de Mulleres Kichwas.», levada a cabo por Paz e Desenvolvemento Galicia ONGD. A presente proposta circunscríbese no ámbito dos Desprazamentos Imaxinarios e Conceptuais, nos que a loita permanente da nacionalidade Kichwa Amazónica intenta sobrevivir dentro dun mundo globalizado como pobo, como nacionalidade e como mulleres. Realizada por Luis Vera, fotógrafo paraguaio de Cruz Vermella Suíza e a colaboración de Raquel Clausí, fotógrafa valenciana radicada en Granada e colaboradora puntual de Paz e Desenvolvemento. No Centro Comarcal de Terra de Caldelas, do 1 ao 15 de decembro

CURSOS

Curso de fotografía en branco e negro Durante o mes de novembro, catro horas á semana repartidas en dous días. Inclúe revelado de carretes e papel. Profesor: Camilo Lorenzana. Inscrición gratuíta, na Casa da Xuventude de Chantada. Curso de fotografía dixital Na Casa da Cultura de Monforte Impartido por Jesús Rodríguez Montero, martes e xoves de 20 a 22 horas. Prazas limitadas. Información no teléfono 982 404 404. Curso de fotografía dixital para mozos Na sala Multimedia do Concello do Carballiño. Impartido por Héctor Guzmán. Duración de 15 horas. Comeza o 7 de novembro e continuará nos seguintes sábados en horario de 10 a 12.30 horas. Para máis información, no Concello de Carballiño, Cultura.

Page 17: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

OUTRAS ACTIVIDADES Concurso Casa da Xuventude de Chantada Para todos os interesados. Tamaño mínimo de 18 x 24 cm. Máximo catro fotografías por autor, e dúas como mínimo. Branco e negro ou cor. Tema libre, cun premio especial para a mellor fotografía que teña como tema os mercados tradicionais. O prazo de entrega pecha o 23 de novembro. Premios: cámara fotográfica dixital, reprodutor portátil de DVD, reprodutor MP4 e trofeo para a mellor fotografía sobre os mercados tradicionais. Todas as fotos serán expostas do 26 de novembro ao 18 de decembro, na Casa da Xuventude de Chantada. Teléfono 982 441 614. ‘Proxecta’ na Casa da Xuventude de Ourense Na súa sala exterior proxectaranse imaxes dos fotógrafos Xosé Lois Vázquez e Alba Vázquez Carpentier, coa posibilidade de que todos aqueles que desexen proxectar as súas fotografías teñan un oco na programación, para o que terán que pórse en contacto coa organización do Outono Fotográfico. Proxeccións das 19 ás 23 horas, excepto festivos. A maxia do ceo Presentación e proxección de timelapses por conta de Daniel López (Observatorio do Teide – Instituto de Astrofísica de Canarias). Ademais da súa actividade profesional, Daniel López é un dos astrofotógrafos máis coñecidos e recoñecidos pola espectacularidade do seu traballo e o seu bo facer. Dedícase á astrofotografía. Os seus traballos teñen sido premiados en distintos medios, incluíndo a páxina da NASA APOD (Astronomical Picture of the Day), así como na prestixiosa revista National Geographic ou a publicación española Astronomía. Esta actividade está incluída dentro do programa «A Intercultural – Espazos de intervención», do Campus de Ourense. Na Sala Multiusos do Edificio de Facultades, do campus de Ourense, o 18 de novembro, ás 20 horas. «Imos de fotos » A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense organiza unha ruta polos cafés e locais que presentan exposicións individuais de xente nova, fotógrafos/as todos/as menores de 35 anos. Este locais son, A Trampa de Venus, Café Cultural Auriense, Café Plaza, Café Pop Torgal, Cafetería Cátedra, Cervexaría O Moucho, Elephant, Faíscas, Lizarrán, Mesón O Queixo, Ollo Ledo, Trampitán e Turco. Noite de rolda As mulleres fotografas saen de rolda nocturna a fotografar a muller no espazo da noite en dous eixes temáticos: «As mulleres na Noite»/«A Noite e as mulleres». A relación que establece a muller na noite, o lecer, os petiscos, a música, o baile, a charla, os paseos, os/as amigos/as, as parellas, os ligues, etcétera; e o outro é a muller e as profesións nocturnas: médicas, enfermeiras, celadoras, limpadoras, policías, traballadoras do lixo, das radio-emisoras, prostitutas, camareiras, vendedoras na praza e da feira, etcétera. Con todas as fotografías farase unha montaxe enfiada cun relato de Eva Moreiras que será presentado o día 27 pola noite, na Casa da Xuventude de Ourense, ás 21 horas. As fotógrafas participantes no evento son: Soco Álvarez, Eva Domínguez, Natalia Figueiras, Natalia G. Devesa, Itzal González, Antonia López, Elena Nieto, Lucía Nóvoa, Elisa Pereira, Andrea Pérez, Celina Ramos, Alba Rubín, Tareixa Taboada, Alba Vázquez e Rosa Veiga. Organizan: Colectivo Sociocultural Violeta, O Espertello e Anacos da Cidade. PROXECCIÓNS DE DIAPOSITIVAS XI Xornadas Audiovisuais do Clube Alpino Ourensán Patrocinadas pola Fundación Florencio Álvarez e M.ª Teresa Esteban No Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia de Ourense, Rúa Xoán XXIII, 31, soto Día 23, luns, ás 20 horas ATLAS EXPRESS por Ángel Barrio Alonso e Joaquín Dobarrio Romasanta Coa filosofía da lixeireza os autores realizan unha serie de ascensións a ritmo vertixinoso polas principais montañas do Atlas marroquí, destino clásico de montañeiros de todo o mundo atraídos polo exótico interese destas montañas de máis de 4.000 metros. Día 26, xoves, ás 20 horas ACONCAGUA, O TEITO DE AMÉRICA por Pedro Seoane e Nando Feijoo

Page 18: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

O Aconcagua, considerado o teito de América e incluído no desafío «7 Summits», recibe cada ano a visita dun gran número de montañeiros que intentan conquistar o seu cumio. Este audiovisual relata a experiencia vivida por tres socios do Club Alpino Ourensán nos Andes arxentinos co obxectivo de acadar o premio da cima do Cerro Aconcagua. Día 27, venres, ás 20 horas 6.000 METROS: LA REBANADA IDEAL DE ALPINISMO CLÁSIC O por Carlos Buhler. Exploración de montañas de 6.000 metros. «Uns contos sobre as miñas aventuras emocionantes, primeiras ascensións, e vías extremas en montañas de entre 6.000 e 7.000 metros. Unha selección, ou a rebanda, do alpinismo que a min me anima moito pola súa combinación de altura, tamaño e loxística nos Andes e o Himalaya, incluíndo o Ama Dablam Cara NE, en inverno; Changabang Cara Norte, 16 días en parede cos Rusos; Siula Grande Cara W (primeiros na cara despois de Simpson e Yates) pro vía nova, Avoiding the Touch; Pucahirca Cara W, vía nova; Ausangate Arista NE (sete días na segunda ascensión desa grande aresta); Dorje Lhakpa Aresta W, en solitario; Huascaran Norte, vía Paragot; Aconcagua Cara Sur, facendo a segunda feminina...» Libros galegos de fotografía A Livraria Torga, no 12 da rúa da Paz de Ourense, presentará unha exposición de libros galegos de fotografía. Neste local poderanse encontrar os catálogos das exposicións do Outono Fotográfico que estean á venda.

Page 19: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

Exposicións do OUTONO FOTOGRÁFICO 2009

OURENSE

AMARANTE 9/11 a 4/12 Agroexposición: retratos da sustentabilidade 10 a 31/12 Grafflicia, de Miguel Doval AMENCER 26/10 ao 14/11 Ebolowa… con sabor a África, de Juan Alberto Soutullo ASOC. VV. O POLVORÍN 2 a 15/11 Olladas o meu barrio... O Polvorín (5ª edición) ASOC. VV. PARQUE BARBAÑA 9/11 a 4/12 At the checkpoint, de Khaled Jarrar ASPANAS 6 a 28/11 XII Premio Internacional de Fotografía Humanitaria “Luis

Valtueña”. Médicos do Mundo ATENEO 4 a 18/11 Cuba; pretérito imperfecto, de Ernesto G. del Valle 25/11 a 8/12 En clave de do AUDITORIO MUNICIPAL 24/11 a 20/12 Eduardo Blanco Amor e a Fotografía AURIENSE 1 a 30/11 Durga Puja de Pablo Araújo CAFÉ PLAZA 30/10 a 30/11 7 Pecados Capitais, de Rut Martínez Viso CAFÉ POP TORGAL 1 a 30/11 Trangallada, de Miguel González Anllo CAFETERIA CATEDRA 1 a 30/11 Marxe esquerda, notas ó pé da rúa de Dani G. Laguna CAIXA GALICIA 2 a 13/11 13º Certame de fotografía Viña do Campo 16 a 30/11 Estrechando el trazo, de Héctor Guzmán CENTRO MAIORES 12 a 25/11 A fotografia é o mais natural CAIXANOVA 30/10 a 13/12 Fotógrafos da natureza 2009 CAMPUS UNIVERSIDADE

ALTERARTE 26/11 a 11/01 Correspondencias EDIFICO POLITÉCNICO 13/11 a 11/12 V e VI Certame de fotografía da Universidade de Vigo

CASA DA XUVENTUDE 29/10 a 11/11 19º Certame de Medio Ambiente 2009. Ateneo Ferrol 29/10 a 12/11 Festimage. Câmara Municipal de Chaves 13 a 27/11 Vist a Barcelona. Can Basté 28/11 a 9/12 A bordo do obxectivo, de Miguel Riopa 30/11 a 14/12 Unha décima de segundo. Escola Arte Antonio Faílde 15 a 30/12 Novas conversas con Atlante CENTRO C. PONTE VELLA A partir do 5/11 Gallaecia antigua. O val dos cigurri de Pedro Vidal CENTRO CULT. DEPUTACIÓN 4 a 30/11 Purificación García, Concurso de Fotografía 2009 CENTRO C. P. X. LORENZO 16 a 30/11 Estampas dunha Romaría CERVEXERÍA O MOUCHO 1 a 30/11 Olladas desde o golfo de Fonseca, de Judith Sing ELEPHANT 1 a 30/11 Almas, de Jorge J. Martinez FAISCAS 1 a 30/11 1368 Horas, de Jairo González Fernández GALERÍA M. MARQUEZ 20/11 a 13/12 Seres, estares e lugares de Roberto Vázquez Gutiérrez GALERÍA M. MARIMÓN 13/11 a 22/12 Unha película de pel XV GALERÍA VOLTER 12/11 a 12/12 Derivas, de Antón García GALERÍAS CENTRAISI 25/11 a 9/12 Mulleres vistas por mulleres. Anacos da cidade

Page 20: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

LIBRERÍA EIXO 30/10 a 15/11 Dona interior 16/11 a 16/12 Seixalbo, presente continuo LIVRARIA TORGA 13 a 30/11 Futillos, de Xacobe Meléndrez Fassbender LIZARRÁN 30/10 a 30/11 Pirujas, de Eva Domínguez LICEO 1 a 15/11 D line 09. Colexio Profesional de Delineantes 16 a 30/11 IX Concurso de Fotografía Clube Alpino Ourensán MESÓN O QUEIXO 2 a 23/11 Recunchos de Fernando Sacó Vidal MUSEO MUNICIPAL 29/10 a 22 /11 Mulleres abrindo camiños. Caja Madrid 25/11 a 24/01 Tempo atopado, de Manuel Outumuro 26/11 a 13/12 Galicia en Foco. Clube de Prensa Ferrol 17/12 a 24/1 Retratos, de Eduardo Núñez TRAMPITÁN 1 a 30/11 Vivencias de Beatriz Moares González TURCO 5 a 30/11 Miradas desde Malawi, de Ana Campderrich

ALLARIZ A FÁBRICA 20/11 a 8/12 Berlin oriental. Tempo, de Alfonso Bueno Gayo FUNDACIÓN VICENTE RISCO 2 a 30/11 Olhar catalão em terras lusas, de Enric Vives-Rubio

BARBADÁS CASA DA CULTURA 2 a 15/11 Estrechando el trazo, de Héctor Guzmán 16 a 30/11 Carteis para un tempo, de José Luis Diz

BARCELONA ESPAI CAN BASTÈ 12/11 a 4/12 Novas conversas con Atlante

BOBORÁS CASA DO CONCELLO 2 a 30/11 A beira/la orilla, de Paco Núñez

O BARCO DE VALDEORRAS GALERÍA SARGADELOS 1 a 15/11 Unha pausa no tempo, de Óscar Rodríguez Nogueira 17/11 a 9/12 IV Premio Manuel Blanco Pascual SALA DE CAIXANOVA 3 a 15/11 Un anaco de cada un. Escola Arte Mestre Mateo 16 a 30/11 Camiño, foto e palabra, de Juan Rúa CAFÉS LA GALERÍA, PRINCI- 1 a 30/12 Fotodiversa PAL E VEIRA SIL

O CARBALLIÑO CASA DO CONCELLO 2 a 30/11 Expresion.es, de Paz Vicente IES Nº 1 SEÑORÍN 1 a 15/11 Da cepa á copa, de Dolores A. Carretero Vaquer IES CHAMOSO LAMAS 16 a 30/11 Da cepa á copa, de Dolores A. Carretero Vaquer SALA DE O POTIÑOS 1 a 30/11 Sentido del ritmo, de Edmundo Paz

CASTRELO DO VAL CENTRO DE INTERPRETACIÓN 6 a 30/11 Miradas, de Flor Fernández

CASTRO CALDELAS CENTRO COMARCAL 2 a 30/11 Contrastes, de Cástor Villar Sabucedo 1 a 15 Antigos soños de mulleres kichwas. Paz e Desenvolv.

CELANOVA CASA DOS POETAS 1 a 15/11 Estampas dunha Romaría. 16 a 30/11 Asómate!, de Carlos Lorenzo Pérez

CHANTADA CASA DA XUVENTUDE 2 a 25/11 Vision EISV. Escola Imaxe e Son de Vigo 26/11 a 18/12 Concurso fotográfico

LALÍN CASA DA XUVENTUDE 2 a 30/11 Diversos horizontes CENTRO C. PONTIÑAS 17 a 30/11 Dona interior

Page 21: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

LEIRO

CASA DO CONCELLO 2 a 30/11 Passerby in China, de Alfonso de Castro

LUGO EDIFICIO ADM. XUNTA 2 a 30/11 Elas, de Xosé Manuel Otero

MACEDA CASTELO 1 a 15/11 Contrapuntos,de Luisa Lorenzo 16 a 30/11 De santos e devocións, de Mila Fernández

MASIDE CASA DO CONCELLO 2 a 30/11 Arte na rúa, de Francisco Menjivar

MONFORTE DE LEMOS CASA DA CULTURA Ata 30/10 Mis periplos, de Jesús Rodríguez Montero 4 a 29/11 Anacos da nosa terra, de Kike Corbacho

OLEIROS CASTELO DE SANTA CRUZ 16/11 a 16/01 Os nosos bosques. CEIDA

OROSO CASA DA CULTURA SIGÜEIRO 2 a 30/11 Interretratos. Concello de Oroso

RIBADAVIA IGREXA DA MADALENA 20/11 a 21 /12 Concurso fotográfico Festa da Istoria 2009 20/11 a 21 /12 Cinephilia. Oufilm festival, de Antía González Diéguez 20/11 a 21 /12 Ourense. Recuperando cidade, de Victoria Peña-Rey

SANTIAGO DE COMPOSTELA BISTRO BAR LEAL 1 a 30/11 Senegal, de Ruth Beltrán ESCOLA ARTE M. MATEO 23/11 a 21/12 Un anaco de cada un. Escola Arte Mestre Mateo

TRIVES CVENTRO COMARCAL 2 a 30/11 Fotodiversa

TUI CASA DA XUVENTUDE 17/11 a 23/12 Viaxando

VERÍN CASA DO ESCUDO 30/10 ao12/11 As árbores perdidas de Xosé Ramón Reigada

XINZO DE LIMIA CASA DA CULTURA 2 a 15/11 A seca Ribeira Sacra de Manuel Blanco Guerra ‘Celta’ 16 a 30/11 A lo lejos/Ao lonxe de Mari C. Hernández Izquierdo

Page 22: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

SALAS E ESPAZOS EXPOSITIVOS. HORARIOS

ALLARIZ

FUNDACIÓN VICENTE RISCO. Rúa San Lorenzo, 3 sábados e domingos, de 11 a 14 e de 17 a 20 horas SALA DE EXPOSICIÓNS «A FÁBRICA». Alameda, s/n. Teléfono: 988 440 859 fins de semana e festivos, de 11 a 14 e de 17 a 19 horas BARBADÁS CASA DA CULTURA. Rúa San Bernabé, 37. A Valenzá. Teléfono: 988 246 885 de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 20 horas BARCELONA

ESPAI FOTOGRÀFIC CAN BASTÉ. Passeig Fabra i Puig, 274. Teléfono: 934 206 651 de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16 a 22 horas (o luns pecha de mañás) sábados, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas BOBORÁS

CASA DO CONCELLO. Cristóbal Colón s/n. Teléfono: 988 402 008 de luns a venres, de 8 a 15 horas

O BARCO DE VALDEORRAS

CAFÉ LA GALERÍA. Avenida Eulogio Fernández, 66. todos os días, de 10 a 00.30 horas

CAFÉ PRINCIPAL. Rúa Abdón Blanco, 1. Teléfono: 988 322 730 todos os días, de 11 a 00.30 horas

CAFÉ VEIRA SIL. Praza Maior, 8. Teléfono: 988 320 152 todos os días, excepto martes (pechado), de 11 a 00.30 horas

GALERÍA SARGADELOS. Avda. Conde de Fenosa, 38. Teléfono: 988 320 586 de luns a venres, de 10 a 13.30 e de 16.30 a 20 horas. Sábados, de 10 a 14 horas SALA CAIXANOVA. Praza do Príncipe, s/n. Teléfono: 988 322 933 de luns a sábado, de 19.30 a 21.30 horas. Domingos e festivos, pechado O CARBALLIÑO CASA DO CONCELLO. Praza Maior, s/n. Teléfono: 988 530 007

de luns a venres, de 8 a 15 horas IES NÚM. 1. Alberto Vilanova s/n. Teléfono: 988 271 000

de luns a venres, de 9 a 14 horas IES CHAMOSO LAMAS. A Lavandeira, s/n. Mesego. Teléfono: 988 271 122

de luns a venres, de 9 a 14 horas SALA PERMANENTE DE O POTIÑOS. Galerías Alameda. as 24 horas CASTRELO DO VAL CENTRO DE INTERPRETACIÓN. Rúa Toural, s/n. Teléfono: 988 419 002 todos os días, de 10 a 14 e de 16 a 20 horas CASTRO CALDELAS CENTRO COMARCAL DE TERRA DE CALDELAS. Praza da Torre s/n. Teléfono: 988 204 630

todos os días, de 10 a 14 e de 16 a 19 horas. Fins de semana abre polas mañás ás 11 horas CELANOVA CASA DOS POETAS. Rúa Curros Enríquez, 37

de martes a sábado, de 11 a 13.30 e de 16 a 19 horas. Domingos e festivos, de 11 a 13.30 h CHANTADA CASA DA XUVENTUDE. Rúa Rosalía de Castro, 1. Teléfono: 982 441 614 de luns a sábado, de 17 a 22 horas LALÍN CASA DA XUVENTUDE. Rúa Pena Toares, 2. Teléfono: 986 780 229 de luns a sábado, de 10 a 13 e de 16 a 21 horas. Sábados, só de mañá CENTRO COMERCIAL PONTIÑAS. Carballeira da Botica, 5. Teléfono: 986 792 328 toda a semana, horario comercial.

Page 23: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

LEIRO CASA DO CONCELLO. Gabino Bugallal, 39. Teléfono: 988 488 000 de luns a venres, de 9 a 14.30 horas LUGO

SALA DE EXPOSICIÓNS DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO XUNTA DE GALICIA. Ronda da Muralla, 70. Teléfono: 982 294 066

de luns a venres, de 9 a 14 e de 16.30 a 20 horas MACEDA CASTELO. Teléfono: 988 463 634 de luns a venres, de 16 a 20 horas. Sábados, domingos e festivos, pechado MASIDE CASA DO CONCELLO. Praza Maior, 1. Teléfono: 988 280 606 de luns a venres, de 8 a 15 horas MONFORTE DE LEMOS CASA DA CULTURA. Praza de España, 3. Teléfono: 982 404 404

de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 21 horas OLEIROS CASTELO DE SANTA CRUZ. Liáns, Oleiros, A Coruña. Teléfono: 981 630 618 de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 19 horas. Sábados, de 11 a 14 horas OROSO CENTRO CULTURAL FERNANDO CASAS E NOVOA. Rúa da Cultura, 2. Sigüeiro. Tf.: 981 690 903

de luns a venres, de 10 a 13 e de 17 a 20 horas. Sábados, só de mañá OURENSE

ALTERARTE. Sala do Campus Universitario. Pavillón n.º 1. As Lagoas de luns a venres, de 9 a 21 horas. Sábados e festivos, pechado

ASOCIACIÓN DE VECIÑOS O POLVORÍN. Praza Antolín Faraldo, 2. Teléfono: 988 238 057 todos os días, de 11.30 a 13.00 e de 17.00 a 20.30 horas ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DO PARQUE BARBAÑA. Traseira da Avda. Portugal nº 63, baixo de luns a venres, de 19 a 21.30 horas ASOCIACIÓN XUVENIL AMENCER. Praza Don Bosco, 1 baixo. Teléfono: 988 218 123

de martes a sábados, de 10 a 13.30 e de 18 a 20 horas. Grupos, previa cita telefónica ASPANAS. Avda. de Portugal, 93 baixo. Teléfono: 988 246 021 de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 21 horas ATENEO. Rúa Curros Enríquez, 1 principal. Teléfono: 988 372 075 todos os días, de 19 a 21.30 horas AUDITORIO MUNICIPAL. Rúa da Canle, 2. Teléfono: 988 391 290

de luns a venres, de 9 a 13 e de 16 a 20.30 horas. Sábados e domingos, no horario da programación, se a houber

CAIXA GALICIA. Rúa Xoán XXIII, 35. Teléfono: 988 371 920 de luns a venres, de 19 a 21 horas CAFÉ CULTURAL AURIENSE. Praza do Correxedor, s/n. Teléfono: 988 250 106 todos os días, de 18 a 3 horas CAFÉ PLAZA. Praza de Paz Novoa, 5. Teléfono: 988 375 397 todos os días, de 7 a 1 horas CAFÉ POP TORGAL. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo. Teléfono: 988 247 809 todos os días, de 9 a 23 horas CAFETERÍA CÁTEDRA. Rúa Ervedelo, 9. Teléfono: 988 241 535 todos os días, de 7 a 23 horas CASA DA XUVENTUDE. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27. Teléfono: 988 228 500 de luns a sábado, de 19 a 21.30 horas. Festivos, pechado CENTRO COMERCIAL PONTE VELLA. Planta alta. Avda. Ribeira Sacra, 50. Teléfono: 988 510 232 todos os días, de 10 a 22 horas CENTRO CULTURAL DEPUTACIÓN. Rúa do Progreso, 30. Teléfono: 988 385 222 todos os días, de 17 a 21 horas

CENTRO CULTURA POPULAR XAQUÍN LORENZO. Pza Daniel González, s/n. Teléfono: 988 249 493 de luns a venres, de 10 a 13 e de 18 a 21 horas

CENTRO DE MAIORES DE CAIXA GALICIA. Rúa do Paseo, 6-4.º andar de luns a venres, de 11 a 12.30 e de 17 a 19 horas

CENTRO DE RECURSOS DE AMARANTE E VERDEGAIA. Av da Habana, 64. Teléfono 988 238 057 de luns a venres, de 10.30 a 14 e de 17 a 20 horas. Sábados, só de mañá

Page 24: Dossier de prensa 2009 - culturagalega.galculturagalega.gal/imaxes/docs/dosier outono fotografico 2009.pdf · As árbores, alegoría do tempo fuxidío, da natureza efémera, fannos

CENTRO SOCIAL CAIXANOVA. Praza Maior, 4. Teléfono: 988 391 749 todos os días, de 18 a 21.30 horas. Sábados, domingos e festivos, tamén de 11 a 14 horas CERVEXARÍA O MOUCHO. Rúa da Concordia, 17 soto. Teléfono: 988 239 360 todos os días, de 9 a 22 horas EDIFICIO POLITÉCNICO. Campus universitario norte. As Lagoas

de luns a venres, de 9 a 21 horas. Festivos, pechado. ELEPHANT. Eirociño dos Cabaleiros, s/n todos os días, a partir das 19 horas, ata o peche FAÍSCAS. Rúa Lúa, 12. Teléfono: 693 649 170 todos os días, a partir das 19 horas, ata o peche GALERÍA MANUEL MARQUEZ. Doutor Marañón, 19. Teléfono: 988 223 103 de luns a venres, de 11 a 13 e de 17.30 a 21 horas. Sábados, de 17.30 a 21 horas GALERÍA MARISA MARIMÓN. Rúa Cardeal Quiroga, 4 baixo. Teléfono: 988 244 887 de luns a sábado, de 12 a 14 e de 18 a 21 horas. Domingos, pechado GALERÍA VOLTER. Rúa Xaquín Lorenzo, 1. Teléfono: 988 238 458 de luns a venres, de 12 a 14 e de 18 a 21 horas GALERÍAS CENTRAIS. Patio interior. Rúa do Paseo todos os días LIBRERÍA EIXO. Rúa Cardeal Quevedo, 36. Teléfono: 988 255 983 de luns a venres, de 9.30 a 13.30 e de 16 a 20 horas. Sábados, só de mañá LIVRARIA TORGA. Rúa da Paz, 12. Teléfono: 988 250 737 de luns a venres, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas. Sábados, só de mañá LIZARRÁN. Rúa Lepanto, 29 baixo todos os días, de 12 a 14 e de 19 a 24 horas LICEO DE OURENSE. Rúa Lamas Carvajal, 5. Teléfono: 988 220 650 todos os días, de 19 a 21.30 horas MESÓN O QUEIXO. Eirociño dos Cabaleiros, s/n. Teléfono: 988 24 26 18 todos os días, de 19 a 24 horas MUSEO MUNICIPAL DE OURENSE. Rúa Lepanto, 8. Teléfono: 988 248 970 de martes a domingo, de 11 a 13.30 e de 18.30 a 21.30 horas. Domingos, só de mañá. Luns e festivos, pechado

TRAMPITÁN. Praza Maior, 21. Teléfono: 988 243 461 todos os días, de 8 a 15 e de 16 ata o peche TURCO. Hernán Cortés, 24 baixo xoves, venres e sábados, a partir das 23 horas

RIBADAVIA IGREXA DA MADALENA. Praza da Madalena, s/n

todos os días de 12 a 14 e de 18.30 a 20.30 horas. Luns pechado SANTIAGO DE COMPOSTELA BISTRÓ BAR LEAL. San Pedro de Mezonzo, 5, Praza Roxa todos os días, de 10.30 a 17 e de 20 a 24 horas

ESCOLA DE ARTE MESTRE MATEO. Rúa Virxe da Cerca, 32. Teléfono: 981 587 757 de luns a venres, de 9 a 14 e de 16 a 20 horas

TRIVES CENTRO COMARCAL DE TERRAS DE TRIVES. Estr. Comarcal 536, Km 68. Teléfono: 988 331 005 de luns a venres, de 10 a 14.30 e de 16 a 19 horas. Sábados, de 10 a 14 horas TUI CASA DA XUVENTUDE. Rúa Sanz, 28. Teléfono: 986 600 568 de luns a venres, de 10.30 a 13.30 e de 16.30 a 20.30 horas. Sábados, só de mañá VERÍN CASA DO ESCUDO. Avda. San Lázaro, entroncamento coa estrada de Laza de luns a sabado, de 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 horas XINZO DE LIMIA CASA DA CULTURA E XUVENTUDE. Rúa Curros Enríquez, 15. Teléfono: 988 461 442

de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 22 horas. Sábados, só de mañá