Os segredos das árbores

182
Os segredos das árbores Guía didáctica

description

Guía das árbores de Galicia

Transcript of Os segredos das árbores

Page 1: Os segredos das árbores

Os segredos das

árboresGuía didáctica

Page 2: Os segredos das árbores
Page 3: Os segredos das árbores
Page 4: Os segredos das árbores

Edita: Consellería de Medio Ambiente

Centro de Desenvolvemento Sostible

UNIÓN FENOSA

Autores: Susana Domínguez LerenaEzequiel Martínez Rodríguez

Texto: © Susana Domínguez Lerena

Fotos: © Susana Domínguez Lerena© Ezequiel Martínez Rodríguez

Deseño gráfico: uqui IIIII cebra

Imprime: Litonor

Depósito legal: C-415-2003

IBSN:

Page 5: Os segredos das árbores

Prólogo 11

Presentación 13

Bosque mediterráneo 25

Bosque húmido 83

Bosque de ribeira 137

Espacios naturais protexidos de Galicia 159

Vocabulario 179

Bibliografía 183

Índice

Page 6: Os segredos das árbores
Page 7: Os segredos das árbores

BIDUEIROS cimeiros!

Pena das Augas!

Xardois teixos

rebolos tocos faias derrubadas!

Camiño da Veneira!

Carreiro dos dez regueiros!

Cereixas de carnabudo! Abrotias abrairas

pincheiras e pincheiras

Eiquí sempre foi bosque...

Ruxir solo

da fonte do corzo!

Barbas do mofo

pingando dos toros

Os eidos. Uxío Novoneyra

Page 8: Os segredos das árbores
Page 9: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 11

Prólogo

As árbores son probablemente a expresión máis xenuínada personalidade dun territorio. Posuír árbores significa terpaisaxes vexetais cheas de vida e riqueza, cheas de histo-rias e lendas, de tradicións e cultura.

A Comunidade galega é un dos territorios máis ricos eprolíficos en árbores que se encontran unidas á historia ecultura do pobo galego desde antano. Moitas delas utilizá-ronse ó longo dos séculos polas súas virtudes curativas, pro-ductivas ou alimentarias, formando parte da memoriacolectiva do noso pobo de xeración en xeración. É difícil in-tentar definir Galicia sen recorrer ás súas árbores, castiñei-ros, carballos e outras tantas especies arbóreas propiasdestas terras. Coñecelas e defendelas é unha forma de res-pecta-la nosa personalidade colectiva e as nosas tradiciónsmáis xenuínas.

Malia isto, nos últimos anos estamos asistindo á desa-parición do coñecemento e da cultura popular do campo.Descoñécense moitos conceptos básicos do noso medio am-

Page 10: Os segredos das árbores

biente, entre os que se atopan as nosas árbores. Esta guíapretende, dunha forma sinxela, amena e divulgativa, dar acoñece-las árbores da Comunidade galega, os seus usos,curiosidades e aproveitamento.

A Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia,a través do apoio á exposición Os segredos das árbores ecoa edición desta guía didáctica, aposta pola educación am-biental das novas xeracións, xa que teñen nas súas mans ofuturo desta fermosa e prolífica terra.

Xosé Manuel Barreiro FernándezConselleiro de Medio Ambiente

12

Page 11: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 13

A protección do patrimonio natural converteuse nun dosalicerces fundamentais da cultura empresarial de Unión Fe-nosa. A este propósito dedica a nosa empresa moi diversasactividades, que van desde a minimización do impacto am-biental das actividades enerxéticas ata a posta en prácticade iniciativas culturais e sociais que contribúan a incre-menta-la sensibilización medioambiental e o aprecio polanatureza.

Unión Fenosa fixo públicos os principios que inspiran asúa política medioambiental, e anualmente informa, comaior detalle e precisión, dos resultados que ofrece a xes-tión medioambiental levada a cabo. Pero busca, ademais,en colaboración con institucións docentes (escolas, institu-tos, universidades…), coas administracións públicas e conmoi diversas asociacións, contribuír á divulgación das ri-quezas do noso contorno natural.

Dentro deste último xénero de actividades realizouserecentemente unha exposición fotográfica e editouse, en

Presentación

Page 12: Os segredos das árbores

14

colaboración coa Xunta de Galicia, esta coidada guía que,co título Os segredos das árbores, ensina a coñecer e ama-los nosos bosques e as nosas árbores. Hai moitos séculos,poboaban case toda a terra e constituían unha base funda-mental para a supervivencia dos seres humanos. O bosqueera refuxio e casa, farmacia e mercado.

Ata hai relativamente pouco tempo, o home serviuse dariqueza do bosque e das árbores. Moitos dos nosos ante-pasados máis recentes vivían en vilas, aldeas ou cidades pró-ximas ó campo. En moitas zonas de España sóubose res-pectar este contorno dunha forma sabia e sostida. Asdevesas de aciñeira da metade sur peninsular son un boexemplo dunha paisaxe transformada polo home, na queprimou unha conservación e un aproveitamento sostido.

Na actualidade, vivimos nun mundo que se encontraradicalmente transformado. Pero resistímonos a darlle ascostas á natureza, e por iso, desde a «selva tecnolóxica» dasnosas cidades, botamos de menos o campo e amámo-lobosque. Non queremos deixar de entendelo, nin esquece-las súas ensinanzas, nin permitir que as nosas tradicións seperdan xunto coa memoria dos nosos avós. Non poderia-mos ter unha sociedade realmente culta se chegaramos aignora-la natureza ou descoñecerámo-la base do noso eco-sistema, que son as árbores.

Este é o propósito desta guía, amena e sinxela, que sengrandes complicacións busca que todos, desde nenos,aprendamos a coñecer, distinguir e ama-las nosas árbores.

Nela fálase do monte mediterráneo, do bosque húmidoe do bosque de ribeira. Descríbense as especies de árboresmáis coñecidas e as que con maior extensión encontramosdentro da península Ibérica. Preséntanse pólas, flores, froi-tos, porte e casca, e coméntanse curiosidades, historias etradicións. ¿Alguén sabía que a palabra «bacharelato» pro-vén da palabra latina bacca lauri, que significa «froitos deloureiro»? ¿Ou que a casca de teixo contén unha substan-

Page 13: Os segredos das árbores

cia anticanceríxena ou que as follas de nogueira en infusiónbaixan a proporción de azucre no sangue? Son moitas ascousas que podemos aprender ó pasa-las páxinas destelibro, que se incorpora ás publicacións de Unión Fenosa codesexo de agradar a todos e de contribuír á educaciónambiental dos máis pequenos.

Quixera, por último, agradecerlle ó conselleiro de MedioAmbiente da Xunta de Galicia as reflexións que serven deinteresante limiar á nosa guía e a contribución e apoio téc-nico que recibimos da súa consellería para detallar canto serefire ás especies autóctonas de Galicia.

Antonio Basagoiti

Presidente de UNIÓN FENOSA

Os segredos das árbores 15

Page 14: Os segredos das árbores
Page 15: Os segredos das árbores
Page 16: Os segredos das árbores
Page 17: Os segredos das árbores

Claves para comprende-la guía

Nome vulgar - nome científico

O nome vulgar é a denominación común ou popular coaque se coñece a árbore, por exemplo aciñeira. O nome cien-tífico é a denominación técnica e universal da árbore; pre-senta un «nome» en latín ó que se lle chama xénero; porexemplo o xénero da aciñeira é Quercus, e un «apelido», ta-mén en latín, que na aciñeira é ilex. A unión do «nome» e o«apelido», Quercus ilex, forman a especie, e ese é o nomecientífico da aciñeira. O xénero adoita ser común a variasespecies que teñen características semellantes. Por exem-

plo, existen varias especies na pe-nínsula Ibérica que pertencen óxénero Quercus: Quercus ilex, Quer-cus suber, Quercus robur, Quercuspyrenaica, Quercus petraea..., e ta-mén fóra do noso territorio.

A existencia dun nome cientí-fico é sumamente útil, pois é onome co que se denomina a espe-

cie en tódolos países do mundo, impedindo con isto as ine-vitables confusións que se presentan cos nomes vulgaresou populares.

Os segredos das árbores 19

Cómo utilizar esta guía

Partes dunha árbore:

Copa

Pólas

Tronco

Raíces

Page 18: Os segredos das árbores

Formas das copas

Tipos de follas

Piramidal Ovada Cónica Redondeada Lobulada Aparasolada

Formas das follas

Limbo

Pecíolo

Folíolos

Folla composta

Raquis

Imparipinnadas Paripinnadas Alternas Opostas

Triangular Lobulada Asimétrica Lineal Redondeada

Palmeada Acorazonada Acicular Elíptica Lanceolada

Folla simple

20

Page 19: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 21

Organización das especies

Cada unha das árbores presentes nesta guía clasificouseen tres tipos de bosques en función do hábitat caracterís-tico de cada unha das especies, e está representada por unton de cor:

Bosque mediterráneo

Situado nas zonas de clima máis seco, sobre todo du-rante o verán. As árbores que o forman teñen folla perenne.Na exposición e nesta guía preséntanse as seguintes: aci-ñeira, sobreira, érbedo, caxigo, piñeiro manso, cimbro, sa-bina, pinsapo, piñeiro bravo, piñeiro laricio, pradairo deMontpellier, loureiro e lodoeiro.

Bosque húmido

Situado en climas frescos e chuviosos, sen seca marcadadurante o verán. Está formado por árbores de folla caduca,como a faia, carballo, cerquiño, castiñeiro, nogueira, bi-dueiro, capudre e pradairo. E outros de folla perenne, comopiñeiro silvestre, acivro, teixo, piñeiro negro e abeto.

Bosque de ribeira

Situado en solos con presencia próxima de auga, nestetipo de bosque encóntrase o olmo, freixo, chopo, ameneiroe álamo branco.

Page 20: Os segredos das árbores
Page 21: Os segredos das árbores

Froitos

Noz Pomo Drupa

Sámara Castaña Landra

Legume Baga Arcéutide

Estróbilo ou piña Estróbilo ou piña Faiuco

Alas

Sementes

Cúpula

Ala

Semente

Page 22: Os segredos das árbores
Page 23: Os segredos das árbores

Bosque mediterráneo

Page 24: Os segredos das árbores
Page 25: Os segredos das árbores

A aciñeira é unha árbore de follaperenne; é corpulenta, ten de 15 a20 metros de altura, aínda que enocasións pode alcanza-los 25 metros.Posúe unha copa ampla e redondea-da, que pode chegar a medir máis de20 metros de diámetro, abundante-mente ramificada, que proporcionaunha exuberante sombra no verán.Baixo ela desenvólvese un pasto deexcelente calidade, debido ó micro-clima que crea e ó bombeo de nu-trientes que realizan as súas raíces.Encóntrase en todo tipo de solos e écapaz de soportar tanto fortes secasestivais como duros fríos invernais.

A aciñeiraQuercus ilex

27

Altitude: 0-1.400 m

Crecemento: moi lento

Idade media: 500 anos

Idade máxima: 700 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 375

Page 26: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para o gando.

Madeira: compacta, moi dura e pesada; empregábasepara postes, eixes e rodas de carro, construccións navais;a súa leña e carbón son de excelente calidade.

Casca: para tinguir la e curtir coiros.

Raíz: a casca cocida produce unha tinguidura negra paraos cabelos.

As follas son simples, coriáceas, de corverde intensa pola face e abrancazada polo en-vés. Permanecen na árboreentre 3 e 4 anos sen secar.A forma delas varía de re-dondeada a lanceolada. Asfollas inferiores adoitan sermáis espiñentas cás supe-riores, como defensa fronteó gando que se alimentadelas; as vellas caen ó prin-cipio do verán cando abro-llaron xa as do ano. As súaslandras son as máis docesde tódalas especies do seuxénero e delas aliméntansemoitos animais, entre osque se encontra o afamadoporco ibérico. Produce froito desde os 20 anosata os 200 ou 300 anos.

28

Page 27: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 29

gal.: aciñeira, enciño

cast.: encina, carrasca

cat.: alzina

éusc.: artea, arta

port.: azinheira, azinho

fr.: chêne vert

ing.: evergreen oak, holm oak

it.: leccio

Mapa de distribución e nomes vulgares

Page 28: Os segredos das árbores
Page 29: Os segredos das árbores

O seu aspecto é parecido ó da aciñeira, aínda que se di-ferencia dela pola súa grosa e esponxosa casca de máis de15 cm de grosor, chamada cortiza, e polas súas follas me-nos espiñentas cá desta. Vive en solos ácidos, soltos e areo-

sos, baixo clima suave e con alta humidade ambiental. Non tolera asxeadas e os fríos intensos. A opera-ción de lle quita-la casca á árbore(descortizado) ten lugar cada 8 ou 10anos e sempre en verán, durante osdías de maior humidade ambiental, xaque a árbore sen a casca é moi sen-sible ó lume e ós ventos desecantes.

As follas miden de 3 a 7 cm, son coriáceas, coa marxelisa ou sinuosa e con dentiños pouco profundos. Pola facea súa cor é verde brillante e abrancazada polo envés. As lan-dras teñen un sabor doce, como as da aciñeira, e madure-cen de setembro a febreiro.

A sobreiraQuercus suber

Familia: Fagáceas (Fagaceae)

31

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: lento

Idade media: 400 anos

Idade máxima: 500 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 170

Foto casca de Sobreira

Page 30: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para o gando.

Madeira: é moi dura e resistente; utilizábase en carretería, carpin-tería, construccións navais; a súa leña e carbón son de excelente ca-lidade.

Casca (Cortiza): emprégase para tapóns de botellas, colmeas, illan-tes sonoros e acústicos, calzado, solos, etc.; tamén se empregabapara curtir coiros.

32

gal.: sobreira

cast.: alcornoque

cat.: alzina-surera, suro,sureda

éusc.: aritelatz, ametza

port.: sobreiro, sobro

fr.: chêne liège

ing.: cork oak

it.: sughera

Mapa de distribución e nomes vulgares

Page 31: Os segredos das árbores

33

Sobreira solitaria descortizada

Os segredos das árbores

Page 32: Os segredos das árbores
Page 33: Os segredos das árbores

O érbedo é unha arboriña de folla perenne, de pequenadimensión, polo xeral mide entre 3 e 5 metros de altura,aínda que en ocasións pode chegar ata os 8 ou 10 metros.Esta árbore encóntrase en todo tipo de solos, preferente-mente nos soltos, profundos e frescos. O vocábulo arbutussignifica «arboriña» en latín, e fai referencia ás pequenasdimensións que, polo regular, alcanza esta árbore. Une-

do significa «un só», dando aentender que non se debenconsumir abundantemente osseus froitos, xa que, de faceloasí, producen dor de cabeza eembriaguez.

O érbedoArbutus unedo

Familia: Ericáceas (Ericaceae)

35

Altitude: 0-1.200 m

Crecemento: lento

Idade media: 100 anos

Idade máxima: 120 anos

Reproducción: semente e estaca

N.º medio sementes/kg: 450.000

Page 34: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: empréganse en pastelería e na elaboraciónde bebidas alcohólicas e vinagre.

Madeira: proporciona leña e carbón de excelente ca-lidade.

Casca: utilizábase para curtir peles e como remediocontra a diarrea e disentería.

Follas: cocidas son diuréticas e antisépticas das víasurinarias.

36

As súas follas son simples e alternas, lanceoladas, cobordo lixeiramente serrado, parecidas ás do loureiro,dunha viva cor verde. O froito é unha baga globosa, de20 a 25 mm de diámetro, de cor vermella ou alaranxadacando está madura. A superficie está cuberta de peque-nas verruguiñas e dentro encóntranse as sementes en

número variable. As flores son brancas,dispostas en ramalletes colgan-

tes, con forma dunha pe-quena ola. Florece a finais

do verán ou principiosdo outono, á vez quemaduran os froitosdo ano anterior, poistardan case un anoen madurar.

Page 35: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 37

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: érbedo

cast.: madroño, borto,alborecera

cat.: arbolar, cirerer

éusc.: gurbitza

port.: medronheiro, êrvodo

fr.: arbousier

ing.: strawberry tree

it.: carbezzolo

Page 36: Os segredos das árbores
Page 37: Os segredos das árbores

É unha árbore de tamaño medio, de porteesvelto, que pode alcanza-los 20 metros de al-tura, aínda que polo seu tratamento en montebaixo adoita encontrarse en forma de mata ouarboriña. É unha especie de gran parecido áaciñeira. A diferencia desta, é de folla caduca,habita en zonas un pouco máis elevadas, som-brías e frescas, e as súas follas son menos gro-sas e espiñentas. Está adaptada a vivir baixotemperaturas moi extremas (ata -12 ºC) sobretodo tipo de solos, aínda que prefire os calca-rios e calcario-arxilosos.

As súas follas son simples, alternas e cadu-cas. Nos exemplares máis novos mantéñenseverdes, mentres que nos máis vellos secan noinverno; son de cor verde lustrosa, co bordosinuoso e forma elíptica ou ovada. Nesta espe-cie é bastante común a aparición de bugallos,que adoitan confundirse co seu froito. Prodú-cense pola picadura dun insecto ó coloca-losovos sobre a folla. O froito é unha landra quemadura en outono.

O caxigoQuercus faginea

Familia: Fagáceas (Fagaceae)

39

Page 38: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para o gando.

Madeira: proporciona leña e carbón de excelente calidade.

Casca: para curtir peles e na fabricación de tinguiduras ecolorantes.

40

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: caxigo

cast.: roble carrasqueño,quejigo

cat.: roure de fulla, rourevalencià

éusc.: erkametza

port.: carvalho

fr.: chêne a petites feuilles

ing.: lusitanian oak,small-leaved oak

it.: rovere

Page 39: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 41

Altitude: 300-1.200 m

Crecemento: lento

Idade media: 300 anos

Idade máxima: 500 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 370

Follas e bugallos

Page 40: Os segredos das árbores
Page 41: Os segredos das árbores

O piñeiro manso é unha árbore robusta, que adoitamedir entre 25 e 30 metros de altura. Pinea significa «piña»en latín, e fai referencia ó principal aproveitamento destaespecie: os piñóns. Encóntrase en terreos areosos e soltosde mesetas ou chairas, en forma de masa adevesada, xa quecon baixas densidades se estimula a producción de froito

e se obtén pasto de gran calidade.Posúe un groso tronco e unhas raícesmoi potentes, que medran en pro-fundidade para poder sacar auga dascapas máis profundas do solo.

As follas son aciculares (en formade agulla), ríxidas e punzantes; midende 10 a 20 cm de longo e de 1,5 a 2mm de groso; son de cor verde in-

tensa; permanecen na árbore entre 3 e 4 anos. Florece demarzo a maio. As piñas, dentro das cales se encontran ospiñóns, maduran ó terceiro ano, e diseminan os piñóns naprimavera do cuarto ano.

O piñeiro mansoPinus pinea

Familia: Pináceas (Pinaceae)

43

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: medio

Idade media: 200 anos

Idade máxima: 500 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 1.500

Page 42: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para os animais; empréganse en pastelería,salsas, guisos e embutidos. Antigamente era un alimento funda-mental para os humanos e, debido á enerxía que proporciona, cons-

tituía a base da alimentación daslexións romanas.

Madeira: difícil de traballar po-la súa riqueza en resina, poloque se utiliza pouco. Emprégase para fabricar vigas, travesas, encarpintería e construcción depequenas embarcacións (Anda-lucía).

Casca: para curtir coiros.

44

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: piñeiro manso

cast.: pino piñonero, pinodoncel, pino real

cat.: pi vé, pi pinyer, pi ver

éusc.: pinezi pinua

val.: pino vero

port.: pinheiro

fr.: pin pignon, pin pinier

ing.: italian stone pine

it.: pino domestico,pino da pinoli

Page 43: Os segredos das árbores
Page 44: Os segredos das árbores
Page 45: Os segredos das árbores

O piñeiro de Alepo é unha árbore que xeralmente nonalcanza grandes dimensións (arredor dos 20 metros comomáximo). A copa é globosa e cónica nos exemplares máisnovos e lobulada e irregular nos de máis idade. O seu sis-tema radical é potente e moi ramificado. Ten un porte tor-tuoso e algo curvado. É a especie máis común das costas eladeiras erosionadas da rexión mediterránea. Resiste moi bena seca, e pode aguantar climas con precipitacións mediasde tan só 250 ou 300 mm ó ano.

As follas son aciculares, finas e flexibles, de cor verdeclara. A súa vida media na árbore é duns dous anos. As piñasson alongadas, con forma ovado-cónica, de cor parda-arroi-bada; madurecen ó final do segundo verán, e diseminan asemente (piñóns) na primavera seguinte.

O piñeiro de AlepoPinus halepensis

Familia: Pináceas (Pinaceae)

47

Page 46: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: as sementes empapadas en auga sal-gada, torrefactas e con mel teñen fama de

afrodisíacas.

Madeira: é moi dura e rica en resi-nas; debido ó seu porte escaso

e ás veces retorcido, non seemprega en construcción;utilízase para madeira depequenas dimensións: cai-xas, travesas de ferrocarrile postes.

Casca: é rica en taninos e utilizábase para curtir

peles.

48

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: piñeiro de Alepo

cast.: pino carrasco, pinocarrasqueño

cat.: pi bord, pi blanc,pi garriguenc

éusc.: Aleppo pinua

port.: pinheiro de Alepo

fr.: pin blanc, pin d’Alep

ing.: Aleppo pine

it.: pino d’Aleppo

Page 47: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 49

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: medio

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 200 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 52.000

Page 48: Os segredos das árbores
Page 49: Os segredos das árbores

O cimbro Juniperus communis-Juniperus oxycedrus

Familia: Cupresáceas (Cupressaceae)

51

Existen dúas es-pecies de cimbros napenínsula Ibérica: J.communis e J. oxyce-drus. As dúas son ár-bores de folla perenne,de pequenas dimensións;miden entre 3 e 5 metros de altura, aínda que en ocasiónspoden chegar ós 10 metros. Junipe-rus procede da palabra celta jeneprus, quesignifica «rudo» ou «áspero», facendo referencia ás follaspunzantes que ten. É unha árbore que se encontra nas zo-nas máis frías e secas da península Ibérica, nas que sobre-vive gracias ás potentes raíces e á súa frugalidade.

As follas son aciculares, ríxidas e punzantes, de 0,5 a 2,5cm de longo e de 1 a 2,5 mm de ancho. As dúas especiesde cimbros diferéncianse polo número de liñas brancas que

Page 50: Os segredos das árbores

52

Altitude: 0-1.000 m (J. oxycedrus)0-2.000 m (J. communis)

Crecemento: lento

Idade media: 200 anos

Idade máxima: 300 anos

Reproducción: semente, acodo e estaca

N.º medio sementes/kg: 100.000

Page 51: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 53

percorren a face da súa folla: dúas no caso do J. oxycedruse unha no J. communis. Na antigüidade pensábase que ainfusión dos seus froitos devolvía a xuventude perdida, ena Grecia antiga estes eran queimados para combate-laspestes. Tamén se cría que pendurar un ramallete de froitosde cimbro nas portas e o fume da súa leña protexían de bru-xas e demos.

Mapa de distribución e nomes vulgares

J. oxycedrus J. communis

gal.: cimbro galego cimbro

cast.: enebro, enebro jabino,de la miera ximbro, larraón

cat.: càdec, ginebrons ginebre

éusc.: hego-ipurna ipar-ipurua, ipar-orrea, orri

port.: cedro-de-espanha zimbro comum

fr.: cade vrier commun

ing.: spanish juniper common juniper

it.: ginepro assicedro ginepro comune

Aproveitamentos

Froitos: son diuréticos e carminati-vos; serven para a expulsión de gasesintestinais; deles obtense a xenebra;secos utilízanse para dar sabor aescabeches e salsas.

Madeira: é aromática e resistente áputrefacción; escorrenta os insectos;emprégase para vigas, valos, linteis eportas.

Pólas: as súas cinzas servían comoincenso.

Resina: empregábase como verniz deescribir para impedir que se esten-dese a tinta.

Page 52: Os segredos das árbores
Page 53: Os segredos das árbores

A palabra thurifera significa «productora de incenso»;a árbore recibe este nome polo olor aromático que des-prende a súa madeira. Ten unha talla mediana, entre 4e 12 metros de altura, aínda que en condicións óptimaspode alcanza-los 20 metros. O seu tronco é bastantegroso, e pode chegar a medir 5 metros de diámetro. Ossabinares son bosques claros que se encontran nas zo-nas máis frías e secas da península. Esta especie é ca-paz de vivir con precipitacións anuais en torno ós 400mm; resiste invernos moi fríos, con temperaturas míni-mas próximas ós –25 ºC, e máximas superiores ós 40 ºCno verán.

As súas follas son cupresoides, de cor verde escura.O froito, chamado gálbula, é esférico e globoso, de 6 a10 mm de grosor, e no seu interior encerra de 2 a 6 se-mentes. Tarda dous anos en madurar. Esta árbore é unhareliquia da era terciaria que nos últimos anos correu pe-rigo de desaparecer debido á retardada e difícil xermi-nación da súa semente, ó seu lentísimo crecemento eás cortas e pastoreos abusivos.

55

A sabina turífera Juniperus thurifera

Familia: Cupresáceas (Cupresaceae)

Page 54: Os segredos das árbores

56

Altitude: 300-1.500 m

Crecemento: moi lento

Idade media: 300 anos

Idade máxima: 400 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 95.500

Page 55: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 57

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para animais, sobre todo aves.O paso polos seus tubos dixestivos parece que facilitaa xerminación da semente.

Madeira: é dura e aromática; ó queimarse escorrenta osinsectos; emprégase en ebanistería e tornería para tra-ballos de arte-sanía debido ásúa bonita core vetas.

Pólas e follas:como alimentopara o gando.

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: sabina turífera

cast.: trabina, sabina albar

cat.: savina thurifera

éusc.: intzentsu-miterra,intzentsu-sabina

port.: sabina turífera

fr.: vrier de l’encens

ing.: spanish juniper

it.: ginepro turifero

Page 56: Os segredos das árbores

Altitude: 1.000 -1.700 m

Crecemento: medio

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 300 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 19.000

Page 57: Os segredos das árbores

O pinsapo é unha árbore moiantiga, procedente da era terciaria.Encóntrase en enclaves moi singula-res e restrinxidos do sur da penínsulaIbérica, en zonas sombrías e baixogran cantidade de precipitacións(2.000 mm anuais), pero con secamarcada durante o verán. En condi-cións naturais non adoita pasar dos20 m de altura, aínda que en lugaresespecialmente bos pode chegar ataos 30 m. A súa copa é perfectamentecónica nos exemplares máis novos, evólvese máis achatada coa idade.

Ten unhas follas aciculares, bas-tante ríxidas e repoludas, colocadashelicoidalmente e de forma radial

arredor do ramiño. Persisten na árbore entre 11 e 13 anosnormalmente, aínda que poden chegar a permanecer ata os15 anos sen caer ó chan. Posúen dúas bandas brancas nasúa parte inferior que representan liñas de estomas (célu-las que permiten o intercambio de gases). Habita en zonascon altas pendentes e facilmente erosionables, onde ten unincalculable valor protector e estético.

59

O pinsapoAbies pinsapo

Familia: Pináceas (Pinaceae)

Page 58: Os segredos das árbores

Foto casca de pinsapo

Aproveitamentos

Sen dúbida persistiu ata os nosos días polo pouco inte-rese que espertou o seu aproveitamento.

Madeira: é débil e lixeira, con malas características me-cánicas; empregouse algo en construcción. Os burlade-

ros da praza de touros de Rondaestán feitos de madeira de

pinsapo.

60

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: pinsapo

cast.: pinsapo, pino pinsapo

cat.: pinsap

éusc.: pinsapua, izei espaniar

port.: pinsapo

fran.: sapin de l’Espagne

ingl.: spanish fir

it.: abete di Spagna

Page 59: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 61

Page 60: Os segredos das árbores
Page 61: Os segredos das árbores

É unha árbore robusta, que alcanza entre 20 e 30 me-tros de altura, posúe unha raíz principal forte e profundacon abundantes raíces secundarias. O seu crecemento é omáis rápido de tódolos piñeiros que habitan naturalmentena península Ibérica. Encóntrase en ambientes soleados,

baixo solos areosos e pobres en cal.É capaz de soportar tanto fortes se-cas no verán como rigorosas xeadasno inverno.

As súas follas son aciculares, decor verde escura, fortes, longas e es-piñentas; permanecen na árbore de 3a 4 anos. As piñas son as máis gran-des de tódolos piñeiros españois;

madurecen ó final do verán do segundo ano e non se des-prenden os piñóns ata o terceiro ano.

O piñeiro bravoPinus pinaster

Familia: Pináceas (Pinaceae)

63

Altitude: 0-1.500

Crecemento: rápido

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 300 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 1.500

Page 62: Os segredos das árbores

64

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: piñeiro bravo,piñeiro do país

cast.: pino rodeno, pinonegral, pino negrillo

cat.: pi bord

éusc.: itsas pinnua

port.: pinheiro marítimo

fr.: pin maritime,pin de landes

ing.: cluster pine

it.: pino marittimo, pinastro

Page 63: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 65

Aproveitamentos

Froitos: os piñóns dábanselles ás galiñas como alimento;as piñas utilizábanse para acende-las chemineas.

Madeira: para madeira de serra, apeas e postes, táboasgrandes e travesas de ferrocarril.

Resina: serve para fabrica-la augarrás.

Page 64: Os segredos das árbores
Page 65: Os segredos das árbores

É unha árboreque mide entre 30 e40 metros de altura e ata 50metros en lugares favorables. As súasmellores masas encóntranse en zonas calcarias da montañamediterránea. A madeira é moi apreciada debido a que é undos piñeiros de crecemento máis lento. Gran parte da es-tructura de madeira do mosteiro de San Lorenzo de El Es-corial pertence a esta especie. Tamén é un dos piñeiros máislonxevos, pois chegáronse a encontrar exemplares cunhaidade próxima ós 10 séculos.

O piñeiro laricioPinus nigra

Familia: Pináceas (Pinaceae)

67

Page 66: Os segredos das árbores

As súas follas son aciculares, de cor verde intensa, bas-tante ríxidas pero non punzantes; permanecen na árbore detres a seis anos. Florece en primavera; as piñas maduran nooutono do ano seguinte e diseminan ó terceiro ano. É unhaespecie veceira, pois a súa fructi-ficación é máis abundante cadatres ou catro anos. Soporta con-dicións de clima e solo desfavo-rables, resistindo ben os ambien-tes contaminados, polo que éindicada para restaurar zonas de-gradadas.

Aproveitamentos

Madeira: é dura e resistente; utilízase para madeira deserra, construcción e industria naval.

Resina: para obter trementina.

68

Altitude: 800-1.800 m

Crecemento: medio

Idade media: 300 anos

Idade máxima: 600 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 50.000

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: piñeiro laricio,piñeiro negro

cast.: pino negral, pino laricio,pino salgareño

cat.: pinassa, pi serrat

éusc.: larizio pinnua

port.: pinheiro negro

fr.: pin laricio

ing.: corsica pine

it.: pino laricio

Page 67: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 69

Page 68: Os segredos das árbores
Page 69: Os segredos das árbores

É unha arboriña que adoita medir en-tre 10 e 15 metros de altura. A forma dasúa copa é globosa ou redondeada e pre-senta unha follaxe bastante densa, poloque proporciona unha sombra abundante.Habita preferentemente en solos calcarios,aínda que tamén se pode encontrar sobresilíceos. Non forma masas, senón que máisben se encontra de maneira illada xunto aoutras especies, sempre no contorno me-diterráneo, pois aguanta bastante a secae o frío.

Ten follas caducas, coriáceas, de corverde brillante pola face e máis clara polo envés. Son ca-ducas e durante o outono toman un bonito ton avermelladoantes de caeren. A súa madeira é moi apreciada para ins-trumentos musicais, ferramentas e utensilios diversos, e moiboa como combustible. As follas aprovéitanse como forraxepara o gando.

O pradairoAcer monspesulanum

Familia: Aceráceas (Aceraceae)

71

Page 70: Os segredos das árbores

72

Altitude: 700-1.000 m

Crecemento: lento

Idade media: 80 anos

Idade máxima: 100 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 17.000

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: pradairo

cast.: afre, arce de Montpellier

cat.: auró negre

éusc.: eihar frantsesa

port.: zelha

fr.: érable de Montpellier

ing.: Montpellier maple

it.: acero piccolo

Page 71: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 73

Aproveitamentos

Madeira: moi apreciada para construír instrumentos musicais, ferramentas e utensilios. Tamén como com-bustible.

Pólas e follas: alimento para o gando.

Page 72: Os segredos das árbores
Page 73: Os segredos das árbores

É unha arboriña que vive sobre calquera tipo de solo,sempre que sexa solto e teña certa humidade. Foi cultivadadesde a antigüidade, aínda que se atopa espontaneamenteen gargantas e barrancos do sur da península Ibérica. A súahistoria encóntrase chea de lendas e tradicións. Considerá-base símbolo do amor e do triunfo. Os emperadores roma-nos coroaban coas súas follas ós xenerais vencedores. Apalabra «bacharelato» procede da palabra latina «baccalauri», que significa froitos de loureiro, pois os estudiantesque remataban os seus estudios coroábanse con estas follas.

As súas follas son aromáticas, de forma lanceolada, du-ras, de cor verde intensa pola face e máis pálida polo en-vés. O froito é unha drupa parecida a unha oliva, de corverde ó principio e negra ó madurar. As follas constitúen oseu principal e máis coñecido aproveitamento, pois servenpara condimentar guisos. Tamén son utilizadas como tónicodixestivo e contra o reumatismo.

75

O loureiroLaurus nobilis

Familia: Lauráceas (Lauraceae)

Page 74: Os segredos das árbores

76

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: loureiro

cast.: loro, lloreo, laurel

cat.: llorer

éusc.: erramua

port.: loireiro

fr.: laurier

ing.: bay

it.: lauro, alloro

Page 75: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 77

Aproveitamentos

Madeira: é dura, pesada e moiaromática. Ten escasas aplica-cións polas pequenas dimensiónsque alcanza.

Pólas e follas: como alimento parao gando e para condimentar gui-sos; son indicadas como tónicodixestivo e para combate-lo reu-matismo.

Altitude: 0-800 m

Crecemento: medio

Idade media: 80 anos

Idade máxima: 120 anos

Reproducción: semente,estaca e acodo

N.º medio sementes/kg: 1.500

Page 76: Os segredos das árbores
Page 77: Os segredos das árbores

O lodón é unha árbore de dimen-sións variables segundo os terreosonde habite; en condicións favorablespode alcanza-los 20-25 metros dealtura. A súa copa é ampla e con moi-tas ramificacións. As raíces son abun-dantes e penetrantes. Prefire os solosareosos e frescos, aínda que adoitaencontrarse en terreos pedregosos esecos, pois resiste ben a seca gracias aun sistema de raíces moi profundo.

As súas follas son simples e alter-nas, de forma ovada-lanceolada, cobordo serrado. O froito é unha drupade cor verde ó principio; coa madu-rez vólvese máis escura, de cor par-denta. Habita en zonas de clima suave,preferindo os soltos areosos e frescos,aínda que se adoita encontrar nos pe-dregosos e secos, pois resiste ben aseca. Utilízase frecuentemente en xardinería e para fixar ladeiras ines-tables.

79

O lodónCeltis australis

Familia: Ulmáceas (Ulmaceae)

Page 78: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: é dura e elástica; empregouse en tonelería ecarretería, pero, sobre todo, para construír utensilios e ferramentas como forcas, garrotes, tridentes, etc.; asúa leña e carbón son de boa calidade.

Follas: serven de alimento para o gando; as follas e osfroitos verdes cocidos utilizáronse como astrinxentes econtra a disentería.

80

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: medio

Idade media: 200 anos

Idade máxima: 600 anos

Reproducción: semente e estaca

N.º medio sementes/kg: 5.000

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: lodón, lodoeiro

cast.: lodoño, latonero

cat.: lledoner

éusc.: lodoeiroa

port.: lódão, agreira

fr.: micocoulier de Provence

ing.: nettle tree

it.: bogalaro

Page 79: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 81

Page 80: Os segredos das árbores
Page 81: Os segredos das árbores

Bosque húmido

Page 82: Os segredos das árbores
Page 83: Os segredos das árbores

A faia é unha árbore degran porte que pode alcanzarmáis de 30 metros de altura. É endémica de Europa; formaos bosques máis caracterís-ticos das rexións húmidas.Habita nas ladeiras sombríasde montaña, sobre solos fres-cos e ricos, dentro dun climasuave e húmido, sen a penasseca estival.

Forma unha follaxe densaque proporciona abundantesombra. As follas de faia estánadaptadas á escasa luz das

zonas onde habita. Para que a interceptación sexa máxima,colócanse case perpendiculares ós raios solares. No outonotoman unha bonita cor alaranxada xusto antes de caeren.Fagus significa «comellón», facendo referencia ós seus froi-tos comestibles.

A faia Fagus sylvatica

Familia: Fagáceas (Fagaceae)

85

Altitude: 1.000-1.700 m

Crecemento: lento

Idade media: 200 anos

Idade máxima: 300 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 4.000

Page 84: Os segredos das árbores

86

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: faia

cast.: haya, fago

cat.: faix, faig

éusc.: paga, payo, pagda

port.: faia

fr.: hêtre

ing.: european beech

it.: faggio

Page 85: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 87

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para o gando; prensados danaceite para cociñar, alumear e fabricar xabóns.

Madeira: boa de traballar; utilízase para chapas, entari-mados, ebanistería, carpintería e fabricación de parqués;o seu carbón é de moi boa calidade.

Follas: ó pouco de abrollaren pódense comer en en-salada.

Page 86: Os segredos das árbores
Page 87: Os segredos das árbores

Q. petraea e Q. robur son dúas espe-cies moi parecidas entre si. O Q. robur éalgo máis alto e robusto (mide ata 40metros) có Q. petraea (alcanza ata 35metros). Petraea procede da palabra latinapetraeus, que significa «que crece entrerochas», referíndose a que o Q. petraeavive en sitios máis agrestes e duros có Q.robur. Son especies que habitan en climashúmidos, en vales e ladeiras suaves, conterreos profundos e soltos.

As follas son simples, alternas e cadu-cas, con lóbulos profundos. As follas de Q.

petraea teñen un pecíolo máis longo e desenvolvido cás doQ. robur, pero o talo do que colga a landra do Q. robur émáis longo. Polas grandes dimensións e a lonxevidade quealcanza, consideráronse desde a antigüidade como árboressagradas, e eran o centro da actividade social e cultural demultitude de vilas. Baixo os carballos realizábanse xuízos,reunións e xuramentos.

O carballo Quercus robur-Quercus petraea

Familia: Fagáceas (Fagaceae)

89

Page 88: Os segredos das árbores

90

Altitude: 0-1.000 m (Q. robur)

0-1.800 m (Q. petraea)

Crecemento: moi lento

Idade media: 600 anos

Idade máxima: 1.000 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 275-300

Mapa de distribución e nomes vulgares

Q. robur Q. petrea

gal.: carballo carballo

cast.: roble pedunculado, roblecarvallo

cat.: roure pènol roure de fulla

éusc.: aritza, aritza, haritz haritz kondudura kandugabea

port.: alvarinho, carvalho carvalho

fr.: chêne pédonculé chêne sessile, rouvre

ing.: pedunculate oak, sessile oakcommon oak

it.: farnia revere

Page 89: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 91

Aproveitamentos

Madeira: é de excelente calidade, escura, dura, pesadae resistente á putrefacción, mesmo dentro da auga. Poriso, empregouse desde a antigüidade para a construc-ción de barcos. A Arca de Noé e a Armada Invencible fo-ron construídas na súa maior parte con esta madeira

Follas e froitos: como alimento para o gando.

Page 90: Os segredos das árbores
Page 91: Os segredos das árbores

O cerquiño é o car-ballo característico dasrexións mediterráneas.Adoita substituí-los aci-ñeirais e as caxigueiras óascender en altitude. Es-tá adaptado ás fortesxeadas e ás secas mode-radas. Sitúase en ladeirase faldras das montañasde terreos ácidos.

As súas follas posúen densos peliños que o protexen dasaltas temperaturas do verán e que lle dan unha cor cincenta.Son apreciadas polo gando cando hai escaseza de pasto. Óchega-lo outono mantéñense secas na propia árbore. Tenunhas raíces moi potentes que producen abrollos abun-dantes, os cales forman extensas varas de pequenas varasou arboriñas. Esta característica outórgalle un importantepapel na protección, formación e conservación de solos.

O cerquiñoQuercus pyrenaica

Familia: Fagáceas (Fagaceae)

93

Page 92: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: pouco aproveitable po-las escasas dimensións dos seustroncos; utilizouse para postes,travesas, leña e carbón.

Casca: para curtimento.

Follas e froitos: alimento para ogando.

94

Altitude: 400-1.500 m

Crecemento: medio

Idade media: 400 anos

Idade máxima: 600 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 220

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: cerquiño

cast.: rebollo, marojo, melojo

cat.: roure reboll

éusc.: ametza

port.: carvalho negral

fr.: chêne tauzin

ing.: pyrenean oak

Page 93: Os segredos das árbores

95

Page 94: Os segredos das árbores
Page 95: Os segredos das árbores

O piñeiro silvestre é unha árbore de gran talla, que podechegar ata os 30 ou 40 metros de altura. A copa é cónica epiramidal nos individuos máis novos e irregular nos de máisidade, aínda que a súa conformación se ve influenciada polaexposición ó sol e ós ventos. Habita principalmente en la-deiras e cumes de montaña, resistindo ben os ventos, as ne-ves e as xeadas.

As follas son aciculares (en forma de agulla), ríxidas epunzantes; son curtas (miden de 3 a 7 cm de longo e de 1a 1,5 mm de ancho) e de cor verde intensa tirando a azu-lada. Caen da árbore ó cuarto ou quinto ano. Florece demaio a xuño. O seu tronco é dereito, cilíndrico e bastanterecto. A casca despréndese na parte alta do tronco en lá-minas finas, dándolle unha cor alaranxada. A madeira é moiapreciada en carpintería polos poucos nós que posúe, de-bido ás escasas ramificacións que presenta e á boa poda na-tural que se dá nesta especie en situacións de espesura.

O piñeiro silvestrePinus sylvestris

Familia: Pináceas (Pinaceae)

97

Page 96: Os segredos das árbores

98

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: piñeiro silvestre

cast.: pino silvestre, pino albar,pino de valsain

cat.: pi bord, pi rojal

éusc.: lerr, lergorria,pinu gorria

val.: pi rojal

port.: pinheiro silvestre

fr.: pin blanc, pin rouge,pin sylvestre

ing.: scotch pine, wild pine

it.: pino silvestre

Page 97: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 99

Aproveitamentos

Madeira: emprégase en ebanistería, carpintería, cons-trucción, industria naval e do contrachapado, etc.

Xemas: en infusión ten efectos diuréticos.

Follas (acículas): O grego Hipócrates e o romano Pliniorecomendábanas para as doenzas respiratorias. En Suízaénchense os colchóns coas súas acículas para evita-lareuma; delas tamén se extraen aceites esenciais parapreparar sales de baño e productos de tocador.

Altitude: 1.000-2.000 m

Crecemento: medio

Idade media: 300 anos

Idade máxima: 500 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 92.000

Page 98: Os segredos das árbores
Page 99: Os segredos das árbores

O acivro é un arbusto ou arboriña de escasa dimensión;normalmente ten de dous a cinco metros alto, aínda quepode alcanza-los oito ou dez metros. Habita nos bosques elugares máis sombríos de montaña con moita precipitacióne humidade, sobre solos ácidos. É unha especie que soporta

moi ben a sombra doutras árbores,se non é moi intensa, polo que con-vive no sotobosque dalgunhas es-pecies, como os piñeiros e as faias.

As follas do acivro presentanmáis picos nas plantas máis novas enaquelas partes da árbore máisexpostas ó ataque do gando. O seufroito, carnoso e de cor vermella

intensa, madura en outono e manténse na árbore durantebastante tempo; debido a iso, é o principal alimento dafauna durante o inverno. Unha antiga tradición simbolízaocomo protector de bruxas e encantamentos. As fiestras doPalacio Real de Madrid foron construídas con madeiradesta especie.

O acivroIlex aquifolium

Familia: Aquifoliáceas (Aquifoliaceae)

101

Altitude: 300-1.500 m

Crecemento: moi lento

Idade media: 100 anos

Idade máxima: 120 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 30.000

Page 100: Os segredos das árbores

102

gal.: acivro, aceviño

cast.: acebo, cardón,cardonera

bal.: arbre de Visch

cat.: grèvol

éusc.: gorosti, garratz

port.: acevinho, pica-folha,visqueiro

fr.: houx

ing.: holly

it.: agrifolio

Mapa de distribución e nomes vulgares

Page 101: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 103

Aproveitamentos

Froitos: como alimento para a fauna; ten propiedadespurgantes e vomitivas.

Madeira: moi pesada e non flota na auga. É boa comocombustible pero difícil de traballar; empregouse enebanistería e tornería.

Casca: obtense unha goma ou pegamento que se uti-liza para cazar paxaros.

Page 102: Os segredos das árbores
Page 103: Os segredos das árbores

O castiñeiro é unha ár-bore grande e robusta;mide entre 20 e 30 metrosde altura e ten unha copamoi ampla e redondeada.Posúe un tronco curto e

bastante groso, que pode supera-los dous metros de diá-metro. É unha especie moi lonxeva que alcanza os 1.000anos de idade. Encóntrase en solos soltos e profundos, enladeiras frescas e sombrías, pero quentes en verán.

As súas follas son grandes, de forma lanceolada e cobordo serrado. As flores son longas espigas erguidas e es-treitas, de cor amarela. Os froitos, as castañas, están cu-bertos dunha cúpula espiñosa en forma de globo. O cultivodesta árbore coñécese desde a antigüidade pola multitudede usos e aproveitamentos para os que se empregaba (ascastañas constituían un alimento de primeira orde). A súamadeira é parecida á do carballo, pero menos pesada e dura.

O castiñeiroCastanea sativa

Familia: Fagáceas (Fagaceae)

105

Page 104: Os segredos das árbores

106

gal.: castiñeiro

cast.: castaño

cat.: castanyer

éusc.: gaztainondo,gaztaña, arrunta

port.: castanheiro

fr.: chataignier

ing.: sweet chestnut

it.: castagno

Mapa de distribución e nomes vulgares

Page 105: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 107

Aproveitamentos

Froitos (castañas): alimento para aspersoas e para os animais.

Madeira: utilízase para postes, esta-cas, fabricación de chapa, toneis,cestería e carpintería.

Casca e pel de castaña: eran utiliza-das para curtir peles.

Follas e casca: fervidas eran boaspara a diarrea e as dores de garganta.

Altitude: 0-1.500 m

Crecemento: lento

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 1.000 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 150

Page 106: Os segredos das árbores
Page 107: Os segredos das árbores

A nogueira é unha árbore caducifolia que non supera os20 metros de altura. Foi cultivada desde a antigüidade paraaproveita-los seus froitos. Non é orixinaria da penínsulaIbérica, senón das rexións montañosas do Himalaia e doCáucaso. É unha árbore bastante impresionante pola cor-pulencia do seu tronco (que pode chegar a medir máis de

dous metros), as grandespólas e a ancha e enormecopa.

A nogueiraJuglans regia

Familia: Xuglandáceas (Juglandaceae)

109

Altitude: 0-1.500 m

Crecemento: lento

Idade media: 200 anos

Idade máxima: 300 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 90

Page 108: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: as noces son moi nutritivas e ricas en aceitescon propiedades vermífugas; diminúen a cantidade decolesterol no sangue e son vasodilatadoras. Co aceite

de noces fanse pinturas,xabóns e vernices.

Madeira: emprégase paracontrachapados, culatas derifle e escopetas, e comomadeira maciza en ebanis-tería de luxo. As culatas dosrifles na primeira guerramundial eran de madeira denogueiras españolas.

Casca: a casca da raíz tenpropiedades anticaries econtra o mal alento.

Follas: cocidas utilizáronse para cura-los pés doridos epara fortalece-lo coiro cabeludo. Tomadas en infusión,diminúen a cantidade de azucre no sangue.

110

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: nogueira

cast.: nogal, nocedo, noguero

cat.: noguera, noguer

éusc.: intxaurrondo, eltzaurr

port.: nogueira

fr.: noyer

ing.: walnut

it.: noce

Page 109: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 111

As follas desprenden un olor pe-netrante que fai arreda-los insectose cáusalle dor de cabeza ó que dor-mite baixo a súa copa, e curiosa-mente non son comidas polo gando.O froito é unha drupa de forma glo-bos, lisa e de cor verde, que mide de4 a 5 cm. No seu interior encóntrasea semente, con aspecto parecido aun pequeno cerebro, que recibe onome de «noz».

Page 110: Os segredos das árbores
Page 111: Os segredos das árbores

O teixo é unha árbore de dimensións variables.En zonas adecuadas pode chegar ata os 15 metrosde altura e os dous metros de diámetro. Bota abro-llos ó longo de todo o tronco debido á gran canti-dade de xemas durmintes que posúe. Taxus procededa palabra grega tóxicos, que significa «veleno», poistódalas partes da árbore son tóxicas, agás a envol-tura carnosa que rodea a semente, que recibe o nomede «arilo».

O teixo Taxus baccata

Familia: Taxáceas (Taxaceae)

113

Page 112: Os segredos das árbores

114

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: teixo, teixeiro

cast.: tejo, taxo

cat.: teix, teixera

éusc.: agin, hagina

port.: teixo

ing.: yew

it.: tasso

Page 113: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 115

As follas son de forma lineal, longas e estreitas, de corverde escura pola face e algo máis clara polo envés. A súavida aproximada na árbore é de oito anos. En torno a estaárbore construíronse lendas e tradicións debido á súa granlonxevidade e toxicidade. Era símbolo da vida eterna, poloque se plantaba cerca dos cemiterios. Os gregos fabricabanun veleno coa semente que colocaban na punta das frechaspara mata-los seus inimigos.

Aproveitamentos

Madeira: é durísima, semellante ó ferro. Con ela fabri-cábanse instrumentos de guerra, rodas de carro, vigas,arcos, pas para extraer cobre das minas, etc.

Casca: dela extraeuse unha substancia, o taxol, que ac-túa como anticanceríxeno.

Follas: usáronse como antídoto contra as mordedurasde víbora, contra a rabia e como abortivo. Nalgunhaszonas de Asturias utilízanse os bafos das súas follas paralles abri-las vías respiratorias ás vacas.

Altitude: 700-1.500 m

Crecemento: moi lento

Idade media: 400 anos

Idade máxima: 1.000 anos

Reproducción: semente, acodo,vara e enxerto

N.º medio sementes/kg: 17.000

Page 114: Os segredos das árbores
Page 115: Os segredos das árbores

O bidueiro é unha árbore que crece moi rápida e vigo-rosamente, alcanzando máis de 20 metros de altura candoas condicións son boas. As súas raíces non son moi abun-dantes e medran máis cerca da superficie ca en profundi-dade. Esta especie necesita luz, polo que non soporta vivirtapada por outras. Baixo ela desenvólvense outras especies,como o carballo ou a faia, debido ó microclima ideal quecrea pola súa alta transpiración e bombeo de nutrientes eminerais cara ó solo.

As súas follas son simples, alternas e colgantes, de formatriangular ou romboide, algo coriáceas, en punta e co bordoserrado. As sementes desta árbore son os seres vivos ala-dos máis lixeiros do mundo. Despois das glaciacións foronas primeiras árbores que cubriron a terra. O seu froito, se-mellante a unha noz con dúas alas, madura entre xullo e se-tembro. Posúe unha gran capacidade de dispersión e unrápido e vigoroso crecemento, polo que coloniza con granrapidez os terreos descubertos.

O bidueiroBetula pendula

Familia: Betuláceas (Betulaceae)

117

Page 116: Os segredos das árbores

118

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: bido, bidueiro

cast.: abedul, bedul

cat.: bedoll, beç

éusc.: urkía, urrki

port.: bidoeiro

fr.: bouleau

ing.: silver birch

it.: bétulla, bétula

Page 117: Os segredos das árbores

Altitude: 1.000-2.000 m

Crecemento: medio

Idade media: 80 anos

Idade máxima: 100 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 5.300.000

Os segredos das árbores 119

Aproveitamentos

Madeira: é lixeira, branda e elástica. Emprégase paramangos de ferramentas e utensilios de pequeno tamaño.Proporciona moi bo combustible. Tamén serve para obter pasta de papel. Coa seiva elabóranse viños casei-ros, cervexa, tónicos, xampús e locións para o cabelo.

Casca: fabricábanse canles para a auga, zocos, polainase tecidos.

Follas: en infusión, xunto cos abrollos tenros, empre-gábase como diurético, antirreumático e como remediocontra a febre.

Pólas: úsase para facer cestas evasoiras, así como útiles deazoutar para saunas.

Page 118: Os segredos das árbores
Page 119: Os segredos das árbores

O piñeiro negro é unha árbore pouco elevada que, xe-ralmente, non chega ós 20 m de altura polas situacións di-fíciles nas que habita, xa que é a árbore que maior altitudealcanza na península Ibérica. Encóntrase en calquera tipode solo e situación, sempre que teña humidade. Aguantafríos intensos durante o inverno; sen embargo non toleraos períodos prolongados de seca durante o verán.

As follas son aciculares, de cor verde escura, ríxidas peronon punzantes. Duran de 4 a 6 anos na árbore. A floraciónten lugar entre xuño e xullo, mentres que a maduración daspiñas se produce ó final do segundo verán. As raíces late-rais son moi fortes e potentes e introdúcense entre os ocosdas pedras, suxeitando a árbore nas ladeiras con forte pen-dente. O seu valor como especie protectora do solo é in-calculable, pois as raíces suxeitan o solo das ladeiras ondehabita, evitando aludes e derrubamentos en cotas inferio-res e poboacións rurais.

O piñeiro negroPinus uncinata

Familia: Pináceas (Pinaceae)

121

Page 120: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: é compacta, lixeira e fácil de traballar. É ade-cuada para tornear e pulimentar e moi apreciada comomadeira de construcción.

Follas (acículas): Extráense esencias aromáticas para fa-bricar sales de baño.

122

Altitude: 1.600-2.400 m

Crecemento: lento

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 200-600 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 114.000

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: piñeiro negro

cast.: pino negro, pino moro

cat.: pi negre

éusc.: mendi pinua,leherra pinua

port.: pinheiro negro

fr.: pin à crochets

ing.: mountain pine

it.: pino montano

Page 121: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 123

Page 122: Os segredos das árbores
Page 123: Os segredos das árbores

O abeto é unha árbore elevada; xeralmente alcanza en-tre 20 e 30 m de altura, aínda que en boas condicións podesupera-los 40 m. É unha especie autóctona da alta mon-taña do norte da península Ibérica que adoita encontrarsenas zonas máis sombrías e de maior altitude. Ten un granvalor estético e protector, pois as súas masas son a mellordefensa dos terreos que coloniza.

As follas son aciculares, aplanadas, romas, flexibles, me-nos espiñentas e máis pequenas e flexibles cás dos piñei-ros. Na súa parte inferior teñen dúas liñas brancas querepresentan bandas de estomas (estructuras polas que seproduce o intercambio de gases co exterior). Aguantan naárbore de 7 a 10 anos. As piñas son cilíndricas, alongadas eerguidas, de cor parda cando maduran. A copa, ó principio,ten forma cónica ou piramidal; a medida que aumenta enidade, toma un aspecto tronco-cónico, pois as pólas infe-riores alcanzan maior desenvolvemento cá guía principal ecás superiores.

O abetoAbies alba

Familia: Pináceas (Pinaceae)

125

Page 124: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: é lixeira e fácil de traballar, menos resistentecá do piñeiro negro; emprégase moito na construcción,para chapa e para fabricar instrumentos musicais comoo violín, a guitarra e o piano. Non é moi boa como com-bustible.

Resina: con ela facíanse ungüentos para cura-las feri-das e chagas.

Xemas: en infusión comba-ten a tose e o catarro.

126

Altitude: 700-1.800 m

Crecemento: lento

Idade media: 200 anos

Idade máxima: 400 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 25.000

gal.: abeto branco

cast.: abeto blanco, pinabete

cat.: abet, pibet, piabet

éusc.: izai, izei

port.: abeto branco

fr.: sapin pectiné

ing.: silver fir

it.: abete bianco

Mapa de distribución e nomes vulgares

Page 125: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 127

Page 126: Os segredos das árbores
Page 127: Os segredos das árbores

É unha árbore decrecemento rápido,cunha altura que va-ría entre os 15 e os 20metros. Recibe es<tenome polo gran pare-cido que presentan assúas follas co pláta-no (Platanus hibrida),

árbore introducida en parques, xardíns e rúas de moitas ci-dades. Esta especie habita, de forma natural, en solos sol-tos, frescos e profundos, xeralmente en zonas sombrías eacompañando a outras especies.

As follas desta árbore presentan cinco lóbulos poucoagudos e co bordo dentado. As súas sementes van unidasdúas a dúas e rodéanse dunha membrana moi fina que llepermite ser desprazada polo vento. Este tipo de froito re-cibe o nome de «disamara».

O pradairoAcer pseudoplatanus

Familia: Aceráceas (Aceraceae)

129

Page 128: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Froitos: propiedades astrinxentes.

Madeira: lixeira e fácil de traballar; emprégase en eba-nistería.

Casca: propiedades astrinxentes.

Follas: propiedades astrinxentes

130

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: pradairo

cast.: arce, falso plátano

cat.: plàtan fals

éusc.: astigar zuria

port.: plátano bastardo

fr.: érable sycomore

ing.: sycamore maple

it.: acero di monte

Altitude: 700-1.500 m

Crecemento: rápido

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 200 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 10.600

Page 129: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 131

Page 130: Os segredos das árbores
Page 131: Os segredos das árbores

É unha arboriña de tamaño medio que alcanza en-tre 8 e 10 metros de altura. Habita nas ladeiras frescasdas montañas, acompañando a outras especies, princi-palmente sobre solos silíceos. Dos tres tipos de capu-dres (Sorbus aria, Sorbus torminalis e Sorbus aucuparia)este é o que maior altitude alcanza, pois pode chegarata os 2.000 metros.

As súas follas son compostas, cun número impar defolíolos (imparipinnadas) que oscilan entre 11 e 15. Osfolíolos teñen forma lanceolada e o seu bordo é serrado.As flores son brancas e os froitos son de pequeno ta-maño, globosos, de cor vermella intensa. Habita nas la-deiras frescas das montañas, acompañando a outrasespecies, principalmente sobre solos silíceos. En caste-lán recibe o nome de «serbal de cazadores» porque asúa semente se emprega como cebo para cazar paxaros.

O capudreSorbus aucuparia

Familia: Rosáceas (Rosaceae)

133

Page 132: Os segredos das árbores

134

Altitude: 1.000-2.000 m

Crecemento: medio

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 400 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 285.000

gal.: capudre, cancereixo

cast.: serbal de cazador

cat.: server dels caçadors

éusc.: otsalizarra

port.: tramazeira

fr.: sorbier des oiseaux

ing.: rowan

it.: sorbo degli uccellatori

Mapa de distribución e nomes vulgares

Page 133: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 135

Aproveitamentos

Froitos: son moi ricos en taninos e vitamina C, polo queantigamente se usaban como remedio contra o escor-buto; tamén son moi populares entre os cazadores comocebo para cazar paxaros.

Madeira: é moi dura e resistente, por iso se empregoupara pezas expostas ó rozamento, como os fusos, rode-tes e mangos de ferramentas.

Page 134: Os segredos das árbores
Page 135: Os segredos das árbores

Bosque de ribeira

Page 136: Os segredos das árbores

Olmo enteiro solitario, follas verdes -V

Page 137: Os segredos das árbores

O olmo é unha árbore de talla media; normalmente al-canza entre 15 e 20 metros de altura, aínda que en ocasiónspode supera-los 20 metros. Esta especie foi cultivada desdetempos remotos e moi estendida por toda a península po-los romanos. Na actualidade está en extinción, debido á gra-fiose, grave enfermidade que produce a embolia dos vasosconductores de seiva.

As follas son simples e alternas, co bordo serrado e aco-razonadas asimetricamente na base. O olmo florece a finaisdo inverno, entre febreiro e marzo, e fructifica antes debota-la folla, entre marzo e abril. A semente encóntrase ro-deada dunha pequena vesícula lixeira e de forma redonde-ada, chamada sámara, que lle permite ser desprazada polovento. É unha árbore típica das zonas de veigas, soutos eribeiras dos ríos, de solos fértiles, profundos e frescos.

O olmoUlmus minor

Familia: Ulmáceas (Ulmaceae)

139

Page 138: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: escura, fácil de traballar e resistente á putre-facción cando se mantén húmida. Utilizábase en cons-trucción naval, pozos e conduccións de auga, taménpara carretería, construcción de casas e carpintería.

Casca: propiedades astrinxentes.

Follas: alimento para o gando.

140

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: rápido

Idade media: 150 anos

Idade máxima: 300 anos

Reproducción: semente e vara

N.º medio sementes/kg: 140.000

Page 139: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 141

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: olmo, ulmeiro

cast.: olmo, negrillo

cat.: om

éusc.: zumar, escurr,hostotxicia

port.: ulmeiro

fr.: orme noir

ing.: small-leave elm

it.: olmo

Page 140: Os segredos das árbores
Page 141: Os segredos das árbores

O freixo é unha árbore de tamaño medio que adoita me-dir uns 15 metros de altura, aínda que en condicións ade-cuadas pode chegar ata os 20-25 metros. O F. angustifoliaocupa as zonas de clima mediterráneo, mentres que o F. ex-celsior o substitúe nas zonas máis ó norte da península. Asdevesas de freixo, situadas ós pés da serra, forman un eco-sistema intimamente ligado ó ser humano. Os freixos pó-danse completamente a principios de outono (setembro),operación que se chama «desmoucar», co fin de conseguirleña e alimento para o gando. É unha das árbores máis re-sistentes a este tipo de podas.

As súas follas son compostas e caducas. Están forma-das por un número de entre 5 e 13 folíolos de forma lance-olada e co bordo serrado. Son un excelente alimento parao gando. Ten unha floración precoz, a principios da prima-vera ou finais de inverno, antes de forma-las follas. Os froi-tos maduran ó final do verán. Esta árbore encóntrasepróxima a ríos e ribeiras, fondos de val con solos frescos ecapa freática próxima.

O freixoFraxinus angustifolia-Fraxinus excelsior

Familia: Oleáceas (Oleaceae)

143

Page 142: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: moi resistente, elástica e fácil de traballar.Empregábase para fabricar multitude de

utensilios: pértegas, mangos de ferra-mentas e forcas. Aínda hoxe se uti-

liza en ebanistería para pezas cur-vas e artigos deportivos. Comocombustible é excelente.

Follas: alimento para o gandono inverno. Teñen efectos diu-réticos e antirreumáticos. As fo-

llas tenras cómense en ensalada.

144

Mapa de distribución e nomes vulgares

F. angustifolia F. excelsior

gal.: freixo freixo

cast.: fresno, fresno de Castilla fresno de Vizcaya

cat.: freixe de fulla, frix, freija freixe de fulla, gran

éusc.: lizar hostotxikia lizar arrunta

port.: freixo freixo

fr.: frêne a petites feuilles frêne commun

ing.: narrow-leaved ash common ash

it.: frassino frassino

Page 143: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 145

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: rápido

Idade media: 100 anos

Idade máxima: 200 anos

Reproducción: semente, acodo e estaca

N.º medio sementes/kg: 13.500

Page 144: Os segredos das árbores
Page 145: Os segredos das árbores

O chopo negro é unha árbore elevada que adoita me-dir entre 20 e 30 metros de altura. A súa copa é grande eampla, ovada, cónica ou columnar, con abundante ramifi-cación. Posúe un sistema radical cunha raíz principal po-tente e ramificada que alcanza gran profundidade. Populusprocede da palabra latina populi, que significa «do pobo»,facendo referencia á popularidade desta árbore.

As follas abrollan en primavera despois da floración, quese produce entre os meses de febreiro e marzo. Son de corverde intensa, de forma ovado-romboidal, con pequenosdentes en forma de serra no bordo e cun pecíolo moi longo.Encóntrase nos soutos e ribeiras dos ríos, xunto con olmos,salgueiros e freixos. Adáptase a todo tipo de solos, pero pre-fire os soltos, profundos e lixeiros con moita humidade. Cul-tívase para madeira en moitas zonas de España, cerca dasveigas dos ríos.

O chopo negroPopulus nigra

Familia: Salicáceas (Salicaceae)

147

Page 146: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: de cor branca, moi lixeira e branda, fácil detraballar. Úsase en carpintería e construcción lixeira depouca resistencia, taboleiros e caixas de froita. Comocombustible non é moi bo porqueten escaso poder calorífico. O seuaproveitamento máis frecuente épara obter papel.

Follas: en zonas pobres e fríasutilizábanse para alimenta-logando.

Xemas: empregábanse para ela-borar un ungüento moi eficazcontra as hemorroides.

148

Altitude: 0-1.500 m

Crecemento: moi rápido

Idade media: 70 anos

Idade máxima: 100 anos

Reproducción: semente e vara

N.º medio sementes/kg: 1.000.000

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: chopo negro, llamagueiro

cast.: álamo, chopo,álamo negro

cat.: xop, poll, pollanch

éusc.: eltzuna, makal

port.: álamo negro

fr.: peuplier noir

ing.: black poplar

it.: pioppo nero

Page 147: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 149

Page 148: Os segredos das árbores

Enteiro só

Page 149: Os segredos das árbores

O álamo branco éunha árbore robusta eelevada. Mide de 20 a25 metros de altura,aínda que en ocasiónspode alcanza-los 30metros. Presenta diá-metros grandes de ata

tres metros na súa base. É unha especie que soporta moi bena seca e as augas contaminadas con pouco osíxeno. Ten unsistema de raíces superficiais que fixan e protexen moi benas marxes dos ríos.

O álamo é unha árbore parecida ó chopo. Aínda que ta-mén se encontra nas ribeiras dos ríos, diferénciase pola súacasca abrancazada e polas súas follas, que teñen unha formapalmeada, ovadas ou elípticas e son de cor branca pola súaface inferior. Encóntrase en solos frescos e húmidos, cercados cursos de auga, pero a menor altitude có chopo.

O álamo brancoPopulus alba

Familia: Salicáceas (Salicaceae)

151151

Page 150: Os segredos das árbores

Aproveitamentos

Madeira: branca e lixeira, con escasa resistencia e poucaelasticidade. Utilízase para facer xoguetes, caixas e ca-deiras. As cadeiras de enea e madeira branca típicas dasvilas están feitas de madeira de álamo. O seu principalaproveitamento é a obtención de pasta de celulosa parafabricar papel.

152

Altitude: 0-1.000 m

Crecemento: moi rápido

Idade media: 60 anos

Idade máxima: 100 anos

Reproducción: semente, gallo e vara

N.º medio sementes/kg: 1.700.000

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: álamo branco

cast.: álamo plateado, álamoblanco, chopo blanco

cat.: àlber, arbre blanch

éusc.: zumarra, zumarzuriya,zurzuria

port.: álamo branco,choupo branco

fr.: peuplier blanc

ing.: white poplar

it.: pioppo bianco

Page 151: Os segredos das árbores

153

Page 152: Os segredos das árbores
Page 153: Os segredos das árbores

Alnus significa «planta que vive cerca dos ríos». É unhaárbore típica de zonas de ríos de montaña, arroios e lagoas,onde vive practicamente somerxido e forma verdadeirosbosques de galería, xunto a outras especies. Alcanza uns 20metros de altura media, aínda que existen exemplares demáis de 30 metros. A súa copa, irregular e con pólas abertas,é bastante densa e proporciona unha abundante sombra.Posúe un sistema radical moi superficial pero abundante.Resiste solos pobres e encharcados, onde outras especiesnon poderían prosperar.

As súas follas son de cor verde escura pola face e máisclara polo envés; teñen forma redondeada, elíptica, con pe-quenos dentes no bordo e terminación escotada. Os froitosson leñosos, ovoides, de cor parda escura, parecidos a pi-ñas pequenas, de 10 a 30 mm de lonxitude. Maduran nooutono. O papel do ameneiro nos ríos é importantísimo porser unha especie fixadora do nitróxeno atmosférico, pro-tectora do solo e creadora de illas de vexetación.

O ameneiroAlnus glutinosa

Familia: Betuláceas (Betulaceae)

155

Page 154: Os segredos das árbores

156

Mapa de distribución e nomes vulgares

gal.: ameneiro, amieiro

cast.: aliso, alno, vinagrera

cat.: vern

éusc.: altza

port.: amieiro

fr.: aulne

ing.: alder

it.: ontano

Page 155: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 157

Aproveitamentos

Madeira: cando se corta é branca e a medida que pasao tempo tórnase de cor avermellada ou alaranxada. É li-xeira e moi resistente á auga, polo que se empregou enobras hidráulicas. Actualmente a súa madeira utilízasepara contrachapados, cepillos e ferramentas de pequenadimensión.

Casca: ademais de empregarse para curtir coiros, utili-zábase como astrinxente, para as inflamacións de bocae amígdalas.

Follas: acabadas de cocer e colocadas directamente naplanta do pé, serven para alivia-los pés doridos, a reumae a ciática.

Altitude: 0-1.200 m

Crecemento: rápido

Idade media: 80 anos

Idade máxima: 120 anos

Reproducción: semente

N.º medio sementes/kg: 775.000

Page 156: Os segredos das árbores
Page 157: Os segredos das árbores

Espacios naturais protexidos de Galicia

Page 158: Os segredos das árbores

Galicia é, xunto con Asturias, a Comunidade Autónomamáis verde de España. O seu clima, húmido e con tempe-raturas suaves, e a súa rica variedade de solos crean o mi-lagre dunha paisaxe rica en especies vexetais, tanto arbóreascomo arbustivas, que conxugan unha gran variedade deecosistemas. Debido a iso, os bosques galegos son os pul-móns do territorio español, pois ocupan nada máis e nadamenos ca uns dous millóns de ha de superficie, o que cons-titúe cerca do 20% da superficie forestal española e o 70%da superficie total de Galicia. Por todo iso, o monte e a so-ciedade galega encóntranse intimamente unidos. O bosqueocupa un lugar importante nas tradicións e na historia, pro-porcionando unha ampla gama de bens e servicios para todaa sociedade.

Nos últimos anos, a sociedade galega sensibilizouse cosmontes de forma considerable. Valórase cada vez máis a im-portancia que presentan os montes e, por iso, algúns delesforon protexidos co obxectivo de preservalos e conservalospara as xeracións futuras.

Page 159: Os segredos das árbores

161

Na actualidade Galicia conta con seis parques naturais:

❙ P. N. Monte Aloia

❙ P. N. Illas Cíes

❙ P. N. Complexo Dunar de Corrubedo

❙ P. N. Baixa Limia-Serra do Xurés

❙ P. N. Monte do Invernadeiro

❙ P. N. Fragas do Eume

E catro monumentos naturais:

❙ Costa de Dexo

❙ Souto de Rozabales

❙ Souto da Retorta

❙ Fraga de Catasós

Nesta guía e na exposición «Os segredos das árbores»queremos destacar catro espacios protexidos galegos, es-collidos polas singularidades arbóreas que presentan: Fragado Eume, Souto da Retorta, Fraga de Catasós e Sobreira dorío Arnego, esta última incluída dentro das zonas declara-das como lugares de interese comunitario (LIC) dentro daREDE NATURA 2000 formada pola Unión Europea.

Page 160: Os segredos das árbores

162

Page 161: Os segredos das árbores

A Fraga do Eume é un paraíso vexe-tal. O seu clima oceánico suavizado polaproximidade do mar, as súas altas preci-pitacións situadas entre os 1.400 mm óano das zonas máis baixas e os 1.900 mmdas zonas máis altas, a súa xeoloxíavariada e a súa variación altitudinal, de 0 a 700 m de oeste a leste, configúra-no como un dos bosques húmidos máisimportantes e interesantes de todo oterritorio español. Freixos, olmos, carba-llos, castiñeiros, ameneiros, abeleiras,capudres, estripeiros, cerdeiras, piñeiros,loureiros e eucaliptos son algunhas dasespecies vexetais que se poden observarneste espacio.

Espacio natural

da Fraga do Eume

163

Page 162: Os segredos das árbores

Características do espacio

Provincia: A Coruña.

Municipios: Cabanas, A Capela, Pontedeume, As Pon-tes de García Rodríguez.

Superficie: 9,126 ha.

Accesos: Estrada A-9 de Ferrol a Pontedeume, tamén dePontedeume ó Mosteiro de Caaveiro.

Mellor época para visitar: Outono, polas tonalidadescromáticas, e primavera.

164

Page 163: Os segredos das árbores

A moita humidade existente na zona produce unha granriqueza florística, cunha importante variedade de fieitos eplantas sen flor, cerca de 25 especies diferentes, e plantasbriofíticas asociadas a rochas con preto de 221 especies. Ta-mén é importante destaca-la gran variedade de liques pre-sentes na zona, en torno a 27 especies, tres das cales sonúnicas dentro da Europa continental.

O encaixe do río Eume dá lugar a canóns espectacula-res, de máis de 300 metros de altura, producindo unha grandiversidade de microclimas por fenómenos de inversión tér-mica nos fondos dos vales, variacións entre as orientaciónsdas ladeiras de solana e sombría e o efecto producido polaproximidade do río nas ribeiras.

O mosteiro de Caaveiro encóntrase no curso medio dorío Eume e é unha xoia histórica, declarada monumento his-tórico artístico, que data da Idade Media.

Os segredos das árbores 165

Page 164: Os segredos das árbores
Page 165: Os segredos das árbores

Monumento natural

Souto da Retorta

O Souto da Retorta, tamén coñecido comoEucaliptal de Chavín, forma unha das pai-saxes máis singulares do territorio espa-ñol. O eucaliptal procede dunha antigarepoboación de eucalipto as primeiras ár-bores da cal foron plantadas a finais doséculo XIX. Encóntrase enclavada dentrodo canón do río Landro e acompañada davexetación típica das fragas atlánticas.

167

Page 166: Os segredos das árbores

168

Características do espacio

Provincia: Lugo.

Municipio: Viveiro.

Superficie: 3 ha.

Acceso: Desde Viveiro a Chavín, pasandoesta última vila nunha desviación á dereita.

Mellor época para visitar: primavera e verán.

Page 167: Os segredos das árbores

Debido ás condicións climáticas favorables, abundanciade auga, humidade ambiental e temperatura suave, os eu-caliptos plantados desenvolvéronse de forma espectacular,polo que se poden atopar neste souto os maiores exempla-res de toda Europa. Os eucaliptos son especies de crece-mento moi rápido, orixinarias doutras partes do mundo; asúa maior diversidade encóntrase no continente australiano.

Coñécense máis de 600especies diferentes de eu-caliptos, cada unha delasadaptadas a condiciónsde clima e solo diferente.As primeiras sementes deeucalipto chegaron a Eu-ropa en 1804 e a partirdese momento foron in-troducidas as súas planta-

cións, debido ó seu rápido crecemento, para producir pastade papel.

Os eucaliptos adoitan alcanzar grandes dimensións,mesmo poden chegar a supera-las sequoias en altura. Enconcreto, o récord de altura teno o Eucaliptus regnans, quealcanza alturas en torno ós 114 m. De entre os exemplaresdo Souto da Retorta destaca un coñecido como «O Avó»,cunhas dimensións que son espectaculares: 7,55 metros deperímetro e 65,78 metros de altura.

Os segredos das árbores 169

Page 168: Os segredos das árbores
Page 169: Os segredos das árbores

Monumento natural

da Fraga de Catasós

A Fraga de Catasós é un pequeno espa-cio de natureza conservado polo home.Representa unha das carballeiras e soutosco mellor estado de conservación de todaGalicia. Neste pequeno bosque conviveno carballo (Quercus robur) e o castiñeiro(Castanea sativa) con tanta espesura que,de feito, é bastante difícil observa-lo pasoda luz.

171

Page 170: Os segredos das árbores

Características do espacio

Provincia: Pontevedra.

Municipio: Catasós.

Superficie: 4,5 ha.

Acceso: antes de chegar á vila de Cata-sós, vindo desde Lalín, nunha desviacióná esquerda.

Mellor época para visitar: primavera e verán.

172

Page 171: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 173

Este espacio conta con algúns dos exemplares de cas-tiñeiro mellor conservados de Europa, o que espertou o in-terese dos investigadores. Noutros lugares é frecuenteatopar exemplares de maior grosor, pero moitos deles es-tán ocos ou cheos de enfermidades. Na Fraga de Catasósos castiñeiros encóntranse en inmellorables condicións deconservación, polo que poden ser contemplados en todo oseu esplendor.

As condicións de escasa luminosidade orixinaron que oscastiñeiros se desenvolvesen máis en altura, buscando a luz.Debido a isto, estes exemplares son, seguramente, os máisaltos de Europa.

Page 172: Os segredos das árbores
Page 173: Os segredos das árbores

Sobreira do Río Arnego

O espacio constituído polas sobreiras dorío Arnego é unha auténtica representa-ción da vexetación mediterránea e formaunha paisaxe singular dentro de Galicia.As sobreiras son especies característicasdo clima mediterráneo que adoitan viviren zonas húmidas e con precipitacións,pero con episodios de seca durante overán. As especiais condicións que encon-tran no contorno do río Arnego favore-ceron a concentración desta especie.

175

Page 174: Os segredos das árbores

A abundancia de sobreiras, nalgúns lugares, cun óptimoestado de conservación, constitúe a mellor representacióndeste tipo de bosque en Galicia. Antigamente, as sobreiraseran descortizadas polos habitantes da zona, que conse-guían uns ingresos extra coa venda da cortiza. Na actuali-dade, a explotación de cortiza realízase de forma escasa epuntual.

Características do espacio

Provincia: Pontevedra.

Municipios: Vila de Cruces, Agolada e Lalín.

Superficie: 11,240 ha.

Acceso: De Lalín a Vila de Cruces e de aí ata a zona doval do río Arnego.

Mellor época para visitar: en calquera época do ano.

176

Page 175: Os segredos das árbores

Os segredos das árbores 177

Page 176: Os segredos das árbores
Page 177: Os segredos das árbores

179

A

Abrollar de raíz ou de cepa: capacidade que teñen algunhas plan-

tas de producir abundantes abrollos ou varas procedentes da

raíz, talo ou cepa, unha vez que foron cortadas ou mutiladas.

Altitude: altura dun punto con respecto ó nivel do mar.

Antiséptico: que serve para combater ou previ-las infeccións.

Apeas: tronco ou anaco de tronco de diámetro pequeno que pode

servir para valos, cerramentos ou esteos das galerías de minas.

Astrinxente: que produce amargor.

B

Bugallo: atrofia dos tecidos do talo en forma globosa motivada

pola presencia dun parasito (insectos ou ácaros). É bastante

común nos carballos ou especies do xénero Quercus.

C

Caducifolia: planta que tira as follas no período frío.

Calcario: solo ou terreo con abundancia en rochas ricas en carbo-

nato cálcico.

Capa freática: zona máis ou menos profunda que presenta unha

acumulación de auga dentro do terreo.

Carminativo: cando favorece a expulsión dos gases do tubo di-

xestivo.

Vocabulario

Os segredos das árbores

Page 178: Os segredos das árbores

Cepa: parte do tronco da árbore que está dentro da terra e unida

directamente ás raíces.

Compacto: solo de textura apertada e pouco poroso.

Coriáceo: con consistencia de coiro, dura.

Cortiza: casca arrincada da sobreira e en disposición de aprovei-

tarse.

Curtimento: actividade de curtir peles.

D

Devesa: terreo xeralmente acoutado, con poucas árbores e que

ten como aproveitamento principal o pasto para o gando.

Disentería: enfermidade infecciosa caracterizada pola presencia

de diarreas.

Diurético: cando produce aumento dos ouriños.

E

Endémica: especie propia exclusivamente dun país, cordilleira, illa,

etc.

Envés: cara inferior do limbo da folla.

Espesura: cando existen moitas árbores ou matogueiras próximas

ou moi xuntas.

Estival: relativo ó período de verán.

Estomas: aperturas microscópicas na epiderme para realizar in-

tercambios de gases entre a planta e o exterior.

F

Face: cara superior do limbo dunha folla.

Folíolos: cada un dos limbos que forman unha folla composta.

Follaxe: conxunto de follas das árbores.

Forraxe: alimento verde ou seco que se lle dá ó gando para a súa

alimentación.

Frugal: escaso, limitado, moderado.

180

Page 179: Os segredos das árbores

181

M

Masa: conxunto de árbores que poboan unha superficie.

Microclima: condicións climáticas especiais que se dan nunha área

pequena.

Monte baixo: terreo cuberto de árbores ou plantas na súa maio-

ría procedentes de abrollos de cepa ou raíz.

P

Pecíolo: parte da folla que une o talo co limbo.

R

Raíces principais ou primarias: aquelas que saen directamente do

tronco.

Raíces secundarias: aquelas que saen das primarias.

S

Silíceo: terreo con abundancia de sílice.

Sistema radical: conxunto de raíces das plantas.

Solana: zona da ladeira que recibe máis horas de sol e con máis

intensidade.

T

Textura: proporción de diferentes grupos de tamaños das partí-

culas que forman o solo.

V

Vermífuga: propiedade de matar lombrices intestinais.

Os segredos das árbores

Page 180: Os segredos das árbores
Page 181: Os segredos das árbores

183

ABELLA, I. 1997. La magia de los árboles. Barcelona. IN-TEGRAL.

ADENA/WWF. El libro rojo de los bosques españoles. 1989.

BLANCO, E. 1998. Los bosques españoles. Barcelona. Lun-werg Ed.

BAUER, E. 1991. Los montes de España en la historia. Madrid.M.A.P.A. Fundación Conde del Valle Salazar.

CATALÁN, G. 1991. Semillas de árboles y arbustos forestales.Madrid. ICONA.

CEBALLOS, L.; RUIZ DE LA TORRE, J. 1979. Árboles y arbustos.Madrid. E.T.S.I.M.

COSTA, M.; MORLA, C.; SAINZ, H.; 1998. Los bosques ibéricos.Madrid. Ed. Planeta.

CRETTI, L. 1985. Guía práctica de las bayas y frutos silvestres.Barcelona. Ed. Daimon.

LAGUNA, M. 1993. (Ed. facsímil). Flora Forestal Española. ACoruña. Xunta de Galicia. Galicia Ed.

LÓPEZ GONZÁLEZ, G. 1982. Guía Incafo de los árboles y arbus-tos de la Península Ibérica. Madrid. INCAFO.

M.A.P.A. Nuestros árboles forestales. 1968. Madrid.

MONTOYA, J. M. 1988. La poda de los árboles forestales.Madrid. Ed. MUNDIPRENSA.

Bibliografía para consultar

Os segredos das árbores

Page 182: Os segredos das árbores