DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7....

12

Transcript of DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7....

Page 1: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS
Page 2: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 1 -

1. NOVAS DO PERSOAL LABORAL DO CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DA

XUNTA DE GALICIA

2. LISTAS DE CONTRATACIÓN DO SERGAS

3. CUALIFICACIÓN PROFESIONAL DA EGAP

3.1 PROBAS DE AVALIACIÓN DO PLAN OFIMÁTICA DE GALICIA

3.2 PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

4. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN DA C.A. DE

GALICIA

5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DE ENTIDADES LOCAIS

6. OFERTAS PÚBLICAS NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

7. CONCURSO DE TRASLADOS NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

8. OUTRAS NOVAS

Page 3: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 2 -

1. NOVAS DO PERSOAL LABORAL DO CONVENIO COLECTIVO ÚNICO DA XUNTA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR - DOG, 19 DE XULLO

Resolución do 16 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a

inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia das instrucións necesarias para unha

correcta aplicación do Acordo para o acceso á xubilación parcial e o contrato de remuda do

persoal laboral do Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR - DOG, 19 DE XULLO

Resolución do 10 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a

inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as

organización sindicais CIG e CC.OO., relativo á aplicación ao persoal do V Convenio colectivo único do

persoal laboral da Xunta de Galicia do réxime de vacacións, permisos e licenzas do persoal

funcionario.

2. LISTAS DE CONTRATACIÓN DO SERGAS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE - DOG, 16 DE XULLO

Resolución do 3 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de

prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a

formalización de nomeamentos estatutarios temporais nas categorías de técnico/a superior e

técnico/a de grao medio en Prevención de Riscos Laborais.

Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas

para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e

entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías de técnico/a superior e técnico/a de grao

medio en Prevención de Riscos Laborais.

As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas nas

categorías citadas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na web www.sergas.es.

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico

persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

De conformidade coa base sétima da Resolución do 14 de marzo de 2012, contra a presente resolución,

que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-

administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación.

CONSULTA “ON LINE” DOS CHAMAMENTOS DOS ASPIRANTES INSCRITOS NAS LISTAS DE

CONTRATACIÓN DO SERGAS

Dende o pasado martes día 9 de xullo está operativa unha nova funcionalidade en FIDES/expedient-e pola

que os aspirantes admitidos nas listas de selección temporal poderán consultar on line, de forma directa e

actualizada, dende o seu expediente electrónico persoal, a orde de chamamento que ocupan en cada unha

das listas elaboradas conforme ao novo Pacto, na que consten admitidos.

No apartado de “Novidades” de Fides facilitarase información aos aspirantes sobre o procedemento de

acceso a esta nova funcionalidade.

Page 4: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 3 -

3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - DOG, 17 DE XULLO

Resolución do 4 de xullo de 2013 pola que se convoca a terceira edición das probas de avaliación de

carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o

persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

CONVOCATORIA:

Convócanse 1.500 prazas de acceso libre integradas no Plan formativo ofimático de Galicia nas seguintes

accións formativas que a continuación se relacionan:

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (OpenOffice).

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office).

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice).

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office).

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice).

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office).

• Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (OpenOffice).

• Aplicacions informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office).

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Linux).

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows).

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimatica» (190 horas),

asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información

e a documentación», do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do

dito módulo formativo pódense consultar no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se

complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas

cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE do 7 de

maio).

REQUISITOS:

Empregados e empregadas públicos destinados na Administración autonómica de Galicia que se encontran

en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo

coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria. Está

exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal

sanitario, sempre que non desempeñen postos de Administración xeral.

DATAS CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de

Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, os días 11, 12, 13, 14, 19 e 20 de novembro de 2013, das 9.00

ás 15.00 horas e das 16.30 ás 20.30 horas.

SOLICITUDES E PRAZO:

Poderase presentar un máximo de cinco solicitudes no enderezo https://egap.xunta.es/matricula

entre as 8.00 horas do 18 de xullo e as 14.00 horas do 27 de xullo de 2013.

Page 5: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 4 -

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA - DOG, 19 DE XULLO

Resolución do 12 de xullo de 2013 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal

ao servizo da Administración autonómica galega.

O persoal da Administración autonómica galega que desexe participar no programa de autoformación

dispón de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra. Por unha banda pode

acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP,

tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación

reguladas no anexo II. Por tanto, o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de

avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas. Porén, só as persoas que se matriculen

nestas probas e as superen teñen dereito ao certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de

aproveitamento.

RELACIÓN DE ACTIVIDADES:

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

Réxime disciplinario da función pública en Galicia

As subvencións. Fundamentos e aspectos básicos da súa ordenación

Introdución ao uso da web 2.0 nas administracións públicas

xénero e a igualdade nas administracións públicas. A súa evolución normativa

Iniciación á Administración electrónica. A seguridade da información e a protección dos datos

PARTICIPANTES E SOLICITUDES:

A) CONTIDOS DE ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

1. Poden participar todos os empregados públicos e as empregadas públicas da Administración auto-

nómica galega que desexen acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación poden

facelo, sen pasar por un proceso de selección.

2. As/os interesados/as poderán inscribirse na zona de matrícula da EGAP, no enderezo

http://egap.xunta.es/matricula

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao

da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de decembro de 2013.

B) PROBAS DE AVALIACIÓN DAS ACTIVIADES DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN

1. Poden participar nas probas de avaliación das actividades do programa de autoformación os

empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración autonómica galega que se

encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou

excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar, con excepción do persoal docente e do persoal sanitario,

sempre que non desempeñe postos de Administración xeral.

2. As solicitudes só poden realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo

http://egap.xunta.es/matricula

3. O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación das actividades do

programa de autoformación comeza ás 8.00 horas do 2 de setembro de 2013 e remata ás 14.00

horas do 16 de setembro de 2013.

Page 6: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 5 -

4. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN DA C.A. DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 18 DE XULLO

Anuncio do 10 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se

comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir

docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, nas especialidades de canto aplicado á

arte dramática (594441) e teoría teatral (594459).

REQUISITOS:

1. Estar en posesión das titulacións que, para cada especialidade seguintes:

- Canto aplicado á arte dramática (594441) - Título superior de canto.

- Teoría teatral (594459): Título superior en arte dramática, especialidade interpretación*.

2. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.

PRAZO:

Dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. - DOG, 18 DE XULLO

Anuncio do 10 de xullo de 2013, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se

comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de

profesores de escolas oficiais de idiomas, nas especialidades de chinés (592004) e xaponés

(592013).

REQUISITOS:

1. Estar en posesión das titulacións que, para cada especialidade seguintes:

- Chinés (592004): Licenciatura ou grao en Filoloxía Chinesa, Lingua e Literatura Chinesas,

Lingüística Chinesa. Estudos de Asia Oriental (itinerario China), Tradución e Interpretación (chinés lingua

B ou C). Calquera titulación universitaria superior da área de Humanidades. que teña un Certificado de

aptitude ou certificado de nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma chinés.

Calquera titulación universitaria superior que teña cursado un ciclo dos estudos conducentes á obtención

das titulacións especificadas no número 1, xunto co certificado de aptitude ou o certificado de nivel

avanzado nas ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma chinés.

- Xaponés (592013): Licenciatura ou grao en: Filoloxía Xaponesa. Lingua e Literatura Xaponesas

Lingüística Xaponesa Estudos de Asia Oriental (itinerario Xapón). Tradución e Interpretación (xaponés

lingua B ou C). Calquera titulación universitaria superior da área de Humanidades. que teña un Certificado

de aptitude ou certificado de nivel avanzado das ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma

xaponés. Calquera titulación universitaria superior que teña cursado un ciclo dos estudos conducentes á

obtención das titulacións especificadas no número 1, xunto co certificado de aptitude ou o certificado de

nivel avanzado nas ensinanzas de idiomas de réxime especial no idioma xaponés.

2. Estar en posesión da formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, segundo se sinala no punto segundo deste anuncio.

3. Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.

PRAZO:

Dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Page 7: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 6 -

5. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO DE ENTIDADES LOCAIS

CONCELLO DE BAIONA - DOG, 19 DE XULLO

Anuncio da aprobación da oferta de emprego público para o ano 2013.

Funcionario de carreira: 2 axentes de policía local, subgrupo C1, escala Administración especial.

CONCELLO DE CELANOVA - BOP DE OURENSE, 15 DE XULLO

Convocatoria de proceso selectivo e bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de procesos

selectivos para cubrir as prazas de arquitecto técnico a tempo parcial e de auxiliar administrativo a

tempo parcial, en calidade de funcionarios interinos para a execución de programas de carácter temporal,

polo sistema de concurso-oposición.

PRAZAS E REQUISITOS:

- Unha (1) de arquitecto técnico, a tempo parcial, da escala de administración especial, subescala técnica,

integrada no grupo A, subgrupo A2. Estar en posesión do título de diplomado en Arquitectura Técnica ou

título de grao de Enxeñeiro da Edificación.

- Unha (1) de auxiliar administrativo, a tempo parcial, da Escala de administración xeral, Subescala

Auxiliar, integrada no grupo C, subgrupo C2. Graduado en educación secundaria obrigatoria ou

equivalente

PRAZO:

Dez días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no BOP.

CONCELLO DE FENE - BOP DA CORUÑA, 18 DE XULLO

Anuncio de convocatoria de praza de funcionario de carreira pertencente á escala de Administración

Especial, subescala de Servizos Especiais, clase de Policía Local escala básica, a cubrir polo sistema de

oposición, en quenda libre.

PRAZO:

20 días naturais, a contar dende o seguinte ó da publicación da convocatoria no BOE.

CONCELLO DE GONDOMAR - BOP DE PONTEVEDRA, 12 DE XULLO

Bases para a contratación laboral temporal dunha (1) praza de traballador/a social.

Personal: Laboral. Denominación: Traballador Social. Vacantes: Unha. Sistema se selección: oposición.

REQUISITOS:

Estar en posesión, como mínimo, do título de Diplomado en Traballo Social ou titulación equivalente.

PRAZO:

10 días naturais, contados a partir da publicación desta convocatoria no BOP de Pontevedra.

CONCELLO DE GONDOMAR - BOP DE PONTEVEDRA, 18 DE XULLO

Oferta de emprego público para o ano 2013.

Persoal funcionario: 1 axente de policía local, subgrupo C1, escala Administración especial.

Page 8: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 7 -

CONCELLO DE NEDA - BOP DA CORUÑA, 17 DE XULLO

Convocatoria e bases reguladoras para a contratación, con carácter interino, dunha (1) praza de

arquitecta/o.

Persoal funcionario. Denominación: Arquitecta/o, subgrupo A2. Sistema concurso-oposición. Requisitos:

posuír o título de arquitecto.

PRAZO:

10 días contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases no BOP.

CONCELLO DE OROSO - BOE, 16 DE XULLO

Resolución de 26 de junio de 2013, referente a la convocatoria para proveer una plaza de trabajador

social.

Personal: Laboral. Denominación: Trabajador Social. Vacantes: Una. Provisión: Consolidación de empleo,

concurso-oposición. Turno: Libre.

PRAZO:

20 días naturales que contarán desde el día siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOE.

CONCELLO DE OROSO - BOP DA CORUÑA, 17 DE XULLO

Convocatoria e bases específicas para a selección dunha (1) praza de arquitecto/a municipal.

Persoal funcionario de carreira. Denominación: Arquitecta/o, subgrupo A2, escala Administración especial.

Sistema concurso oposición, proceso de consolidación de emprego temporal. Requisitos: posuír o título de

arquitecto.

PRAZO:

A contar cando se publique a convocatoria no DOG e no BOE.

CONCELLO DE RIVEIRA - BOE, 17 DE XULLO

Resolución de 8 de julio de 2013, referente a la convocatoria para proveer una plaza de auxiliar

administrativo.

Personal funcionario: escala de Administración general. Sistema de oposición libre.

PLAZO:

20 días naturales que se iniciará el día siguiente al de la publicación de este anuncio en el BOE.

CONCELLO DE SADA - BOP DA CORUÑA, 15 DE XULLO

Convocatoria para a contratación laboral temporal, dun (1) xefe de brigada de incendios, mediante o

sistema de oposición libre.

PRAZO:

Cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP.

CONCELLO DE SAN AMARO - BOP DE OURENSE, 15 DE XULLO

Bases específicas e selección de cinco traballadores para formación dunha brigada de prevención e

defensa contra incendios, mediante os seguintes postos:

Page 9: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 8 -

Un xefe de brigada con titulación de enxeñeiro/a de Montes, enxeñeiro/a técnico/a forestal, técnico/a

superior en Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxísticos, técnico en Traballos Forestais e

Conservación do Medio Rural ou formación profesional equivalente (carné B); un peón-condutor (carné B)

e tres peóns de brigada. O sistema de selección será mediante concurso.

PRAZO:

Cinco días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP.

CONCELLO DE VALDEORRAS - BOP DE OURENSE, 19 DE XULLO

Bases que rexerán a selección para a contratación laboral temporal dun (1) traballador para a prestación

do servizo de axuda a domicilio.

PRAZO:

Tres días naturais a partir da publicación da convocatoria no BOP.

CONCELLO DE XUNQUEIRA DE ESPADANEDO - BOP DE OURENSE, 19 DE XULLO

Convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal para a formación dunha brigada de

prevención e defensa contra incendios forestais: (1 xefe de brigada, 1 peón condutor e 3 peóns).

PRAZO:

Cinco días naturais contados dende o seguinte á publicación deste anuncio no BOP.

DEPUTACIÓN DE OURENSE - BOP DE OURENSE, 18 DE XULLO

Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia, dun (1)

chofer-operario do lixo para a zona de Trives-Valdeorras.

O procedemento de selección será o de concurso e o perfil requirido para a contratación será de ter

graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente e o permiso de circulación clase "C" e "E".

PRAZO:

Tres días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.

6. OFERTAS PÚBLICAS NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

MINISTERIO DE ASUNTOS EXTERIORES Y DE COOPERACIÓN - BOE, 15 DE JULIO

Orden AEC/1341/2013, de 5 de julio de 2013, por la que se convocan pruebas selectivas para ingreso, por

el sistema general de acceso libre, de 4 plazas del Cuerpo de Traductores e Intérpretes.

El proceso selectivo se realizará mediante el sistema de oposición, con las valoraciones, pruebas y

puntuaciones que se especifican en el anexo I de esta convocatoria, e incluirá la superación de un periodo

de prácticas

REQUISITOS:

Estar en posesión o en condiciones de obtener el título de licenciado, ingeniero, arquitecto o grado.

PLAZO:

Veinte días naturales contados a partir del día siguiente al de fecha de publicación de esta convocatoria

en el BOE.

Page 10: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 9 -

MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 16 DE JULIO

Orden ESS/1363/2013, de 25 de junio de 2013, por la que se convoca proceso selectivo para el ingreso,

por el sistema general de acceso libre y acceso por el sistema de promoción interna, de 26 plazas del

Cuerpo de Subinspectores de Empleo y Seguridad Social.

Se convocan 24 plazas por el sistema general de acceso libre mediante oposición, dos de ellas se

reservarán para el cupo de minusválidos ) y 2 plazas mediante el proceso de promoción interna mediante

concurso - oposición.

REQUISITOS:

Estar en posesión o en condiciones de obtener el título de Diplomado Universitario, Ingeniero Técnico, o

Arquitecto Técnico o Grado.

PLAZO:

Veinte días naturales contados a partir del día siguiente al de fecha de publicación de esta convocatoria

en el BOE.

MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP - BOE, 15 DE JULIO

Orden HAP/1344/2013, de 26 de junio de 2013, por la que se convocan procesos selectivos para ingreso,

por el sistema general de acceso libre y acceso por el sistema de promoción interna, de 28 plazas del

Cuerpo Técnico de Auditoría y Contabilidad.

Los procesos selectivos constarán de una fase de oposición (acceso libre) y fases de oposición y concurso

(promoción interna). En el proceso de acceso libre se convocarán 23 plazas (1 reserva para personas con

minusvalía) y en el proceso de acceso de promoción interna se convocarán 5 plazas.

REQUISITOS:

Estar en posesión o en condiciones de obtener el título de Ingeniero Técnico, Diplomado universitario,

Arquitecto técnico o grado.

Los aspirantes que concurran a la convocatoria de acceso por promoción interna, deberán cumplir los

siguientes requisitos: Pertenecer como funcionario de carrera a alguno de los cuerpos o escalas del

subgrupo C1:

a) De la Administración General del Estado (excepto los suspensos).

b) De Cuerpos o Escalas Postales y Telegráficos.

c) Del resto de los ámbitos incluidos en el artículo 2.1 de la Ley 7/2007, de 12 de abril del Estatuto Básico

del Empleado Público, con destino definitivo en la Administración General del Estado.

Haber prestado servicios efectivos, durante al menos dos años, como funcionario de carrera en Cuerpos o

Escalas del subgrupo C1:

a) De la Administración General del Estado.

b) De Cuerpos o Escalas Postales y Telegráficos.

c) Del resto de los ámbitos incluidos en el artículo 2.1 de la Ley 7/2007, de 12 de abril del Estatuto Básico

del Empleado Público.

PLAZO:

Veinte días naturales contados a partir del día siguiente al de fecha de publicación en el BOE.

Page 11: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 10 -

7. CONCURSO DE TRASLADOS NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

MINISTERIO DE JUSTICIA - BOE, 16 DE JUNIO

Orden DEF/1362/2013, de 11 de julio, por la que se convoca concurso de méritos de funcionarios de los subgrupos C1 y C2 para la provisión de puestos de trabajo.

REQUISITOS:

Podrán participar los funcionarios de carrera de la Administración del Estado, ..., que reúnan las

condiciones generales exigidas en las bases de esta convocatoria así como los requisitos de

grupo/subgrupo y Cuerpo o Escala que se indican para cada puesto en el anexo I.

PLAZO:

Quince días hábiles contados a partir del día siguiente al de la publicación de la presente convocatoria.

8. OUTRAS NOVAS

MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 16 DE JULIO

Resolución de 8 de julio de 2013, de la Presidencia de la Agencia Estatal de Evaluación de Políticas

Públicas y Calidad de los Servicios, por la que se publica un resumen del informe general de actividad

correspondiente al año 2012.

CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 18 DE XULLO

Orde do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función

Pública.

Page 12: DO 15 AO 19 DE XULLOcsif.santiagodecompostela.org/wp-content/uploads/2013/07/... · 2013. 7. 19. · DO 15 AO 19 DE XULLO - 3 - 3. FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

DO 15 AO 19 DE XULLO

- 11 -