Boletín de cualificacións - CIG Ensino · Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús...

4
Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO CURSO 2011-12

Transcript of Boletín de cualificacións - CIG Ensino · Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús...

Page 1: Boletín de cualificacións - CIG Ensino · Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria PLATAFORMA

Boletín de cualificaciónsDo alumno D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

PLATAFORMA GALEGAEN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

CURSO 2011-12

Page 2: Boletín de cualificacións - CIG Ensino · Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria PLATAFORMA

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Curso 2011-12

D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Avaliación final

MATERIA  CUALIFICACIÓN Ratio alumnado por aula………………………………………………………………………………………………………………. 0Substitución do profesorado de baixa…………………………………………………………………………… 0Horario do profesorado…………………………………………………………………………………………………………………. 0Implantación novos ciclos FP…………………………………………………………………………………………………… 0Oferta de modalidades de Bacharelato……………………………………………………………………….. 0Taxas universitarias…………………………………………………………………………………………………………………………….. 0Redución do fracaso escolar…………………………………………………………………………………………………….. 0Atención ás necesidades educativas específicas………………………………………………. 0Igualdade de oportunidades do alumnado…………………………………………………………….. 0Compromiso co ensino público……………………………………………………………………………………………… 0Dotación suficiente de profesorado nos centros……………………………………………… 0Mellora da calidade do ensino……………………………………………………………………………………………….. 0Mellora das condicións laborais do profesorado……………………………………………… 0Servizos complementarios………………………………………………………………………………………………………….. 0Oferta de actividades extraescolares……………………………………………………………………………… 0Recursos para o funcionamento dos centros públicos………………………….…… 0Investimento no ensino público………………………………………………………………………………………..…. 0Ensino en galego………………………………………………………………………………………………………………………………….…. 0Ensino laico…………………………………………………………………………………………………………………………………………………… 0Gratuidade de libros de texto…………………………………………………………………………………………………. 0

ALUMNO

SUSPENSO

O alumno, Jesús Vázquez, amosou un profundo e permanente desinterese ao longo de todo o curso escolar. O equipo docente aconsella ao seu titor, Alberte Núñez Feijoo, que o retire do sis-tema educativo por ser refractario a todo o que debe significar un sistema público e galego.

OBSERVACIÓNS:

O titor legal,

Alberto Núñez FeijooPresidente da Xunta

O órgano avaliador,

PLATAFORMA GALEGA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO

Page 3: Boletín de cualificacións - CIG Ensino · Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria PLATAFORMA

OUTRAS OBSERVACIÓNS:Cómpre que o alumno mude a súa actitude, de xeito que os criterios que primen, á hora

de ordenar o ensino público, sexan sociais e pedagóxicos e non económicos. O ensino é un dereito e, polo tanto, non pode estar suxeito a criterios economicistas, como os aplicados pola Consellaría de Educación coa finalidade fundamental de reducir profesorado. E por ser un dereito e un servizo público esencial, a Administración ten o deber de garantilo, dentro dunhas condicións de igualdade de acceso que, a día de hoxe, non están aseguradas, a causa das medidas actualmente adoptadas:

Por manter unha ratio excesiva (25 en Infantil e Primaria, 30 en Secundaria e 35 en Ba-•charelato) e superior á prometida cando accedeu ao cargo. Porque non hai garantías de que esta ratio non se incremente nun 20%, especialmente nos centros privados que desexan incrementar o número de alumnos/as matriculados.Por agrupar nunha mesma aula alumnado de diferentes niveis, cursos ou ciclos. •Por non cubrir as baixas do profesorado durante os quince primeiros días, conculcan-•do o dereito á educación do alumnado.Por incrementar o horario lectivo do profesorado en Primaria (xa en xuño de 2011) e en •Secundaria, reducindo o tempo dedicado a outras funcións necesarias, como a titoría do alumnado, coa pretensión de reducir profesorado nos centros. Isto ten como con-secuencia que o profesorado teña que impartir materias das que non é especialista.Por atrasar, até o ano 2015, a implantación dos novos ciclos de FP, necesarios para a •diversificación profesional e o incremento de oportunidades laborais.Porque non hai garantías de que non se elimine a oferta de dúas modalidades de •Bacharelato en cada centro, e, se isto sucedese, reduciríanse as oportunidades do alumnado, dando lugar mesmo ao incremento do abandono escolar.Por incrementar as taxas das matrículas universitarias en contías que poden superar •os 500 euros, facendo que moito alumnado teña que desistir dos seus estudos univer-sitarios por non contar con recursos económicos suficientes.Por non adoptar ningún tipo de medida para facer fronte ao fracaso escolar, para aten-•der debidamente as necesidades educativas específicas e para procurar a igualdade de oportunidades, xa que os centros non se dotaron de profesorado especialista sufi-ciente, non se realizaron desdobres e non se facilitou unha atención educativa perso-nalizada.Por non apostar polo ensino público, non garantir os servizos complementarios en to-•dos os centros e desatender as actividades extraescolares.Porque cada día son menos as aulas que se imparten en galego e menor a presenza •do noso idioma nos centros. Como consecuencia, unha parte importante do alumnado non acada competencia suficiente en lingua galega.Por reducir os investimento no ensino público, provocando a supresión de unidades •e a eliminación de 2000 postos de traballo, e por primar o ensino privado concertado en detrimento do público, desviando 250 millón de euros de fondos públicos a centros privados.

Por todo isto, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público conclúe que Jesús Vázquez debe abandonar o seu posto pola súa manifesta incompetencia e desprezo ao ensino público e reivindica a non aplicación do Real Decreto 14/2012, porque supón un grave deterioro do ensino público, que é único garante dunha educación que aspire a eliminar as desigualdades que persisten na sociedade.

Page 4: Boletín de cualificacións - CIG Ensino · Boletín de cualificacións Do alumno D. Jesús Vázquez Abad conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria PLATAFORMA