Divinadelamuerteext

15

description

Leopoldo Pardo, vixilante de seguridade no centro comercial dunha cidade pequena, quere demostrar ó mundo que serve para algo máis que para indicar ás señoras como localizar os cuartos de baño. A súa oportunidade xorde cando atopa a unha fermosa dependenta da tenda de roupa máis prestixiosa do lugar morta en circunstancias estrañas. Decide, entón, resolver a morte da rapaza no menor tempo posible para poñer sobre a mesa todo canto el vale. Jorge Emilio Bóveda (Ourense 1975) Escritor e mestre de inglés no ensino público. Logo de autoeditar seus nove primeiros libros comezou o seu camiño no mundo literario no 2010 coa novela A vila das ánimas (Toxosoutos), á que seguiron A habitación secreta (Toxosoutos) e os ensaios A xanela escura: tres arquetipos de terror na cinema (Urco 2011) e A xanela insólita: historia reducida da ficción científica literaria (Urco 2013). Ofrece agora esta novela curta homenaxeando por unha banda aos mestres literarios clásicos do razoamanto dedutivo e particularmente a aqueles abnegados escritores de bolsilibros das décadas dos cincuenta e sesenta no estado español, como Curtis Garland ou Keith Luger.

Transcript of Divinadelamuerteext

Page 1: Divinadelamuerteext
Page 2: Divinadelamuerteext

DIVINA DE LA MUERTE

Asasinato no centro comercial

Jorge Emilio Bóveda

Page 3: Divinadelamuerteext

Extracto gratuito destinado a promoción de la obra Divina de la muerte. Asasinato no centro comercial del autor Jorge Emilio Bóveda, publicada por la editorial Enxebrebooks.

Se puede adquirir la obra completa en formato electrónico o papel en http://www.descubrebooks.com

Page 4: Divinadelamuerteext

Todo o mundo é ambicioso, pero ninguén confesa súa ambición mais que cando se ve favorecido pola fortuna.

A. de Bersancourt

O ambicioso é un escravo de todo o mundo: do príncipe, porque conceda emprego; do valido, para que interceda; dos demais, para que non estorben.

Benito Xerónimo Feixoo

Cheguei a ter a rexa convicción de que a vaidade e a base de todo, e iso que se chama conciencia non é senón a vaidade interior.

Gustave Flaubert

A vaidade e as paixóns son as donas do mundo.

P. Borel

Page 5: Divinadelamuerteext

7PREÁMBULO

É martes, o sol preguiceiro das sete da mañá non asoma ó redor, pero avanza a xusta claridade para que Leopoldo Pardo vexa onde pon os pés na beirarrúa que conduce ó centro comercial, un monstro de consumo no centro dunha cidade pequena.

Leopoldo traballa alí como vixiante de seguridade, único e solitario debido a unha política de aforro propiciada pola crise económica do país no ano dous mil once, e que lle confire un grao de responsabilidade que lle ven moi grande, pois Leopardo, que así o alcumaron dende moi neno por evidente xogo de palabras e malicia infantil, é un home de corenta e cinco anos que procede dunha nenez de inseguridade e mofas por mor de catro cousas:

A) O seu nome.

B) Unha lixeira obesidade.

C) Unha timidez innata.

D) Uns pais que se encargaron de lle gravar na cabeza que é unha persoa que non serve absolutamente para nada.

Camiña a ritmo bo, o xusto para non suar, apertando unha bolsa de deporte na que leva seu uniforme de Segurdis, e apertando tamén o convencemento de que vale para moito máis que para dicirlle ás vellas onde están os cuartos de baño do centro comercial. Porque, lamentablemente, por non o tomar en serio, non o toma nin súa propia muller, Cándida, que considera súas ínfulas de home de acción como unha especie de resto do entusiasmo propio dun neno que nunca medrou. E que agora é tarde para que o faga.

Achegouse á porta de servizo pola que entraba todas as mañás, enferruxada e allea ó protagonismo das grandes portas centrais, e, ó atravesar a ucheira, sentiu unha incómoda sensación que non soubo

Page 6: Divinadelamuerteext

atribuír a nada concreto. A resposta que deu a aquelo foi un lixeiro ralentí nos movementos de seu corpo ó entrar no lugar. Paradoxalmente, coma se se tratara do ladrón das xoias da coroa dun reino de consumo.

Cando se fixo co moble dos conmutadores xerais e accionou os mandos pertinentes, o gran monstro amosou de socato toda a súa variedade de cores mesturadas en desorde, envolvida en luz ubicua. E aparentemente non había nada estraño, salvo a lóxica ausencia de frenéticos compradores compulsivos. Polo que gañou o seu gabinete, tan discreto que ningún humano naquel lugar reparaba nel, e vestiu o seu traxe mecanicamente, sen apurar moito, facéndose a si mesmo a promesa a medio prazo de perder trinta quilos de peso, pois inda que a Cándida non lle dicía nada ó respecto, ben seguro que sería para ela unha sorpresa grata ver que seu home adquiría o contorno e aparencia daqueles bonecos esveltos que enchían os escaparates das tendas de roupa que o arrodeaban, que estendían os seus brazos absurdos cara el, cominándoo a formar parte da elite bonita e superficial do mundo. Leopardo, bazuncho, sé coma nós!!!

E nesas cábalas de estética comezou a ronda, non sen antes axustar a porra ó cinto, e tirar da chaqueta cara abaixo contra o aleiro do bandullo. Logo colocaba o mancontro na emisora que o poría en contacto con Leocadio, seu contacto na oficina central de Segurdis co que soia comunicar para comunicarlle que nunca pasaba nada. A cerna da súa vida collía un xeito por intres irreal, dando a sensación na súa conciencia pouco observadora que os días pasaban en balde, que seu traballo non enchía seus designios como macho alfa dunha manda de dous e sen fillos, e que o tempo de vivir realizado fuxía entre seus dedos e dedas como a area dun reloxo de area. Cumpría demostrar ó mundo a saber o que.

Os mesmos corredores. Sotos. Planta baixa coas reixas ante os comercios. Ascensores. Planta primeira, con comercios con reixas por diante. Pasarelas, escaleiras de caracol, escaleiras de incendios. Planta segunda. Reixas diante de vidros diante de andeis con milleiros de produtos multicolor. Almacéns (por fora, sempre pechados), cines

Page 7: Divinadelamuerteext

calados, cachifallos de subir os meniños cubertos con lonas poeirentas, recunchos insospeitados nos que nunca se topaba nada de particular, salvo a sucidade que escamoteaban as espelidas señoras da limpeza. Parques falsos con monicreques e cores, onde os cativos agardaban ignorantes a ansia consumista de seus pais. Céspedes sintéticos, baleiro e lembranza dun filme que vira na tele cando era cativo, en Primera Sesión, sobre un Charlton Heston que topaba toda unha cidade tan quieta e baleira como aquel Comercio Central polo que deambulaba aborrecido. Mentres aquel actor topaba desacougo ante a ausencia da humanidade, este personaxe, Leopoldo, topaba rutina.

E por último, tocaba roldar os cuartos de baño, de certa hixiene polo axexo das inspeccións sanitarias e polo boca a boca dos usuarios dos mesmos, que non dubidaban, como calquera sabe, en lixalos cando os topaban limpos e en falar mal deles se os topaban sucios. Nunha confluencia inefable de salpicaduras e desleixos. Unha patética testemuña de que, entre latrinas e sanitarios, nada ocorría. E tan mecánico era seu traballo que a minutos de entrar as señoras da limpeza, meigas no despiste e a fuxida, nin conta se daba das condicións hixiénicas daquelas estancias fedorentas. No dos homes o cheiro a urea que pululaba polo aire era xa coma unha anestesia xeral, e no das mulleres habitaba a perpetuidade dun sutil recendo, mestura de perfume feminino falsamente caro e feces.

O primeiro, o masculino, presentaba o aspecto de sempre mentres as portas dos reservados entreabrían cara el sen revelar nada en particular; pero o segundo, o das damas, co seu característico ambiente cargado, amosoulle algo que lle engurrou unha miga os testículos, e foi o simple feito de que unha das portas dos escusados se vise pechada, apreciándose por baixo da porta unha especie de bolso de muller arrumbado contra unha beira. Feito que lle deu azos de falsa gallardía conferíndolle unha voz que soou a medias convincente.

—Hai alguén aí? —silencio.

Achegouse paseniño mentres ó encollemento testicular se lle sumaba

Page 8: Divinadelamuerteext

a invasión das entrañas por unha serpe que lle comezaba a devorar famenta as beiras do estómago. Botou a man ó picaporte e topou a porta pechada. Entón repetiu:

—Hai alguén aí? —silencio.

Anicouse e tentou mirar por baixo, pero non era quen de ver nada. Soamente o bolso, que lle era familiar por ser semellante a un que lle mercara á Cándida nos chinos, falsificado dunha marca de gran bombo e prestixio comercial. Non soubo atribuírlle unha propietaria concreta, por ser dese tipo de artigos que se poñen de moda nun intre determinado, que merca todo o mundo até o punto de saírlle imitadores oportunistas e que, en cuestión de semanas, son relegados ós armarios.

O que fixo deseguido foi sopesar se o seu corpo gordecho cabería polo oco que consentía a porta contra o chan, mais o seu bandullo obrigouno a decatarse de que non debía facelo. Logo pensou en chamar á policía, pero tamén o desbotou porque naquel intre o único policía era el, e quizais sería esta boa oportunidade ante os seus fociños de demostrar ó mundo local a súa valía. Sería, pois, cousa del, e non deses policías petulantes que vía pola cidade co peito inflado, ou a parella de locais prepotentes que roldaba os exteriores do centro comercial.

Colleu unha cadeira dunha estancia almacén adxacente ós lavabos de muller, levouna cara diante da porta do escusado, alzouse e, para seu horror, estupefacción e desiderátum, descubriu á Mireia, unha empregada da moi distinguida tenda de moda Mara –unha rapaza preciosa e voluptuosa que cómpre dicir que lle atraía de sobre maneira– sentada na cunca do váter cos ollos pechados e a cabeza pousada no ombreiro esquerdo, vestida do cinto cara arriba cunha prenda de moda coas letras en inglés, que marcaba deliciosamente as súas prominencias; e do cinto cara abaixo os pantalóns e a roupa interior engruñada nos nocellos e o pube depilado coma o dun manequín; algo que quizais fose tamén moda. Unha imaxe global que lle suscitou a partes iguais mágoa, patetismo e morbo. Polo que, actuando dun xeito insospeitado, meteu o brazo cara dentro do retrete, abriu o pasador dende dentro e

Page 9: Divinadelamuerteext

entrou. Achegouse a Mireia e arrimou con suavidade unha bota contra unha das súas pernas. Permanecía inerme. Logo colocou o face da man sobre seu rostro –vira nun documental da Sexta a inconveniencia de deixar pegadas dixitais– e lle traspasou unha frialdade a duras penas antes coñecida e que non permitía paso a dúbida algunha, polo que, de xeito inmediato, colixiu que a rapaza era cadáver. Estaba morta. Morta. MORTA.

Atoparíase indisposta e morrería en tan indefensa situación? Colocaríana alí unha vez morta para despistar logo de depravados actos? Decidiría rematar súa vida por propia vontade a golpe de sustancias narcóticas? Por que o fermoso corpo da Mireia estaba sentado nun váter do centro comercial no que traballaba? Entón, non sen pensar por algún intre en ceibar nela as súas escuras paixóns e a represión que lle provía a relación coa Cándida, decidiu non dar parte do suceso en vintecatro horas. O tempo que se impuxo a si mesmo para facer unha investigación pola súa conta... e risco, quizais.

Page 10: Divinadelamuerteext

12DEZ

Logo de deixar o escenario do crime/suicidio como o topara (só moveu un chisco co pé o bolso para tiralo da primeira vista) pegou con cinta adhesiva un cartel no que escribira “non funciona”, sen deterse a pensar un intre os problemas que lle podería supor ser testemuña dun suposto crime e ocultalo durante vintecatro horas. A explicación máis plausible era que pesaba máis a súa ansia por demostrar que podía levar unha investigación máis ou menos pautada para poñer ós responsables do acto diante da xustiza que verse implicado no turbio asunto, no presentimento de que unha persoa non soe dar cabo da súa vida cos pantalóns baixados. Todo isto aproveitando que o técnico de mantemento estaba de baixa, aínda que andase por aí facendo traballos en negro, contribuíndo ó mergullo da economía; e aproveitando tamén que a cousa económica andaba abondo mal para agardar un técnico de mantemento substituto. O váter estaría “avariado” polo menos uns días.

Certa inercia levouno á zona central do centro comercial, onde estaba a zona de esparexemento. Alí traballaba Tono, que chegara a España logo de facer un regateo a Fidel hai dous anos atrás, e descubrira, para o estupor dos seus desexos de El Dorado, que a hostalería era a única saída para os inmigrados que chegaban a unha cidade tan pequena e de escasa oportunidade como aquela. Non probara sorte noutras cidades porque os seus contactos xa lle informaran de que a cousa non andaba mellor noutros sitios, no medio da crise económica que zorregaba ó estado español no ano dous mil once. Traballaba nun bar chamado Mojito, transformado en cafetería polas mañás por esixencia dun guión laboral e recén chegado ó Comercio Central, procuraba cun trapo un brillo imposible ás cadeiras do negocio, que pertencía a un personaxe que el nunca vira e de cuxa existencia dubidaban moitos dos traballadores do lugar. Alguén chamado señor Varela.

Page 11: Divinadelamuerteext

Mentres Tono comezaba a desistir das mesas, Leopoldo chegou onda el, azorrando os pés un chisco, como rango inconsciente da pesadume que lle supuxera o que viña de contemplar.

—Tes que agaldal, Leo, a cafeteira está a quecel.

Leopardo non quería que se lle notara que o que menos lle importaba hoxe era o café, e o que máis, pescudar as circunstancias que arrodearan a morte da Mireia, aquela rapaza que xacía un secreto soño eterno sentada no interior dun váter que supostamente non funcionaba. Muller nova cuxa voluptuosidade espertara o seu desexo en máis dunha ocasión; a última había uns minutos.

—Botaches a primitiva, Tono?

—Vou logo, cando non haxa xente na barra. Agora boto tamén o euromillóns e merco un boleto da once. Unha pasta, pero unha inversión de futuro, Leopoldo, que teño un presentimento.

—A min chégame coa primitiva. A miña economía non dá para máis.

—Hai que invertil, Leo. Que podes perdel? Uns euros?

—Tono, eu non teño a sorte de ter a nómina das empregadas de Mara.

—Iso é todo aparencia. En absoluto é o que semella. Non penso que cobren máis ca ti. De feito cónstame que algunha delas vai facel horas de limpeza a algunha casa para completal ingresos.

—Pois quen o diría, co guapas e lanzais que camiñan, que semellan todas tiradas da pasarela Cibeles.

—E o boas que están.

—Ben, si, pero iso non ten que ver con ingresos e diñeiros.

—En palte si, polque se non estiveran boas non as terían contratado.

Page 12: Divinadelamuerteext

—Iso tanto lles terá se lles pagan tan pouco como dis.

—Non están as cousas como para escollel. Dígocho eu pol experiencia miña.

—Mira para aí —dixo virando o corpo corenta e cinco grós cara a entrada da tenda sobre a que falaran—, hoxe semella que non ven a Mireia. —Observando a quenda de mañá estirando o pescozo lixeiramente e, en certa maneira, tentando a sorte.

—Estas tipas cambian de quenda dependendo do día. Ademais onte vina saír tarde pola noite. Seguro que non lle toca ata a tarde.

Leopoldo sabía de lei que os martes a Mireia tiña quenda de mañá e que entre elas, a pesar do que dicía Tono, o latin lover do Comercio Central, que non eran máis ca contos de taberna (nunca mellor dito), non cambiaban as quendas así como así, pois operaba entre elas unha rivalidade case visible, polo menos palpable no aire. Quedou coa nota mental importante de que a Mireia abandonou o centro comercial o luns pola noite porque tamén sabía que os luns ela traballaba de mañá a non ser que tiveran inventario, cousa non viable en plena campaña de rebaixas. E tampouco desbotou a implicación de Tono no crime pois era vox populi a súa insistencia coas mulleres para acadar cópulas con frecuencia, cantas máis e variadas mellor.

Tirou do fío da información subministrada por Tono e se meteu nun dos ascensores con dirección ó garaxe, o lugar onde supostamente a viran cunha bolsa. Causáballe certo arrepío a lembranza do cadáver sobre o váter, pero a súa ansia por demostrar algo (sen saber ben o que) seguía a pesar mais.

Lembrou que Mireia tiña un peugeot douscentos seis de cor verde turquesa, e que soia aparcar nunha praza moi concreta no aparcadoiro; unha flanqueada por dúas columnas e cun extintor pendurado dunha delas, concretamente no sector vintedous B. Achegouse, e unha primeira inspección ocular non lle revelou nada de particular, salvo que o coche non estaba, e lle constaba que a rapaza vivía nos arrabaldes

Page 13: Divinadelamuerteext

15da cidade, nun piso de aluguer compartido con compañeiras. Aparte, nunha das beiras, xusto nunha das liñas pintadas de amarelo que delimitaban a praza, había no chan o que parecía ser a etiqueta dunha prenda de roupa. Anicouse para collela e, efectivamente, tratábase do cartón delator dunha prenda da firma Mara. Concretamente unha que rezaba cazadora nobuk da talla XL, cun valor en euros de oitenta e nove. Meteuna no peto da camisa xusto baixo a placa de Segurdis como unha posible proba para a consecución do caso, ó que xa case inconscientemente bautizara como o caso do cadáver sentado no váter, no canto deses nomes aleatorios que lle constaba escollía a CIA para súas razzias no oriente, como a que viña de chimpar ó Bin Laden.

Aparte da ausencia do coche e a referida etiqueta, na outra beira da liña que delimitaba o espazo de aparcadoiro, achou unha cabicha de Chesterfield manchada de carmín. Sabendo que Mireia soia lucir uns beizos desa cor e que non fumaba, e sabendo tamén que aquela cabicha podía provir de calquera boca inocente, quedou coa posible proba da hipotética implicación dunha muller fumadora de beizos vermellos mentres a malfadada Mireia agardaba morta a resolución da súa sorte mala.

Cando o Leopoldo, improvisado pescudador, volvía cara o aparello elevador co obxecto de continuar a súa rolda diaria de martes, topou con Gertrudis, unha das señoras da limpeza que se incorporaba un pouco tarde á quenda das súas compañeiras, aínda que xa viña de “limpar” algo enfundada no seu característico conxunto azul de dúas pezas e empurrando un carriño cheo de utensilios e produtos para a pulcritude, do que sobresaía o que semellaba unha bolsa con lixo.

Sen intención de deterse, mirouno e falou:

—Temos un váter avariado e o Adolfo de baixa. Non sei se non sería mellor avisar ó señor Kóvac para que manden alguén.

O señor Kóvac era un home novo que asumira ó completo ás funcións de dirección do Comercio Central. Alto, traxeado, impoluto, de pelo negro fulxente e gran determinación á hora de tomar decisións.

Page 14: Divinadelamuerteext

Pero dese tipo de persoas das que se descoñece a existencia até que non acodes a ela cun problema prantexado. O Kóvacs, de ascendencia húngara, só quería que o deixaran en paz.

—Xa me encargo eu, Gertru. Ademais penso que o Adolfo non tardará en se reincorporar —raposeiro—. Por certo, non verías nada raro no garaxe?

—E ló por que? —galega.

—Porque me dixeron que seica viron intrusos polo centro comercial —mentireiro.

—Home, toda a xentiña que anda por aquí a diario é intrusa.

—Pero intrusos dos de malas intencións. Ladróns ou lacazáns, ou moinantes deses países de fora. Viches algo, Gertru?

—Pois o único raro é esta bolsa que levo ás rapazas de Mara, que está chea de detectores antirroubo. —Tirándoa do carro, amosándollela e deixando explícito que non era lixo—. E na que tamén hai unha caixa baleira dun rolo de papel albal.

—E como non mo dixeches diante? —facendo notas mentais.

—Pois, Leonardo, porque non —taxativa—, voulle levar a bolsa ás rapazas porque non penso que sexa nada raro que haxa cousas destas por aí tiradas. Nin que fora a primeira vez.

—Xa, ben, pero eu teño que velar pola seguridade, e as alarmas forman parte desa seguridade. Así que, veña, trae acá, que eu a levarei. —Firme na medida do posible, lembrando a Sylvester Stallone sen saber por que.

Page 15: Divinadelamuerteext

Jorge Emilio Bóveda (Ourense, 1975)

Escritor e mestre de inglés no ensino público. Logo de autoeditar seus nove primeiros libros comezou seu camiño no mundo literario no 2010 coa novela A vila das ánimas (Toxosoutos), á que seguiron A habitación secreta (Toxosoutos) e os ensaios A xanela escura: tres arquetipos de terror na cinema (Urco 2011) e A xanela insólita: historia reducida da ficción científica literaria (Urco 2013). Ofrece agora esta novela curta homenaxeando por unha banda ós mestres literarios clásicos do razoamanto dedutivo e particularmente a aqueles abnegados escritores de bolsilibros das décadas dos cincuenta e sesenta no estado español, como Curtis Garland ou Keith Luger. Máis información: www.jorgeemilioboveda.es

Clik libro este

descargar para aquí

Usuario
Highlight