DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de...

14
DIARIO VISTA ALEGRE O XORNAL DAS NOVAS DO COLEXIO Ano: 5 Núm. 5 www.colegiovistalegre.com Xoves, 18 de maio de 2019 DIARIO VISTA ALEGRE Este ano o Diario dedícalle un monográfico á figura de Antón Fraguas. En vindeiros anos seguiremos recollendo novas relacionados co colexio e co resto da comunidade educativa. Algunhas cantigas do mar Carpinteiro de ribeira faime un barquiño de vela para ir de lúa de mel coa miña Manoela. Velahí vén teu pai, deixalo pasar: vén largar as redes ao medio do mar. A miña dorna pequena é como o berce dun neno; cando o mareiro me arrola como un meniño adormezo. Pasei pola Ponte abaixo, vin saltar unha sardiña, mariñeiros, ide ao mar e botádelle a traíña . Antón Fraguas ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019 DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019 Antón Fraguas Fraguas Patio cuberto do colexio Vista Alegre Xoves, 18 de maio ás 12.50 da mañá ÍNDICE Antón Fraguas Cercedo - Cotobade Coplas Actividades VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 Hoxe celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, que este ano ten como autor homenaxeado a Antón Fraguas Fraguas, destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En páxina 2 Especial Día das Letras en torno á figura do autor homenaxeado. En páxina 8 coplas onde se nos contan aspectos da súa vida e a súa obra. Como tódolos anos, no colexio temos unha programación especial para honrar a figura do homenaxeado. Un cartel de Antón Fraguas, aspectos da súa obra, coplas, lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas das actividades que se realizarán no patio do colexio, con toda a comunidade educativa. Redacción

Transcript of DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de...

Page 1: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

DIARIO VISTA ALEGRE

O XORNAL DAS NOVAS DO COLEXIO

Ano: 5 Núm. 5 www.colegiovistalegre.com Xoves, 18 de maio de 2019

DIARIO VISTA ALEGRE

Este ano o Diario dedícalle un monográfico á figura de Antón Fraguas. En vindeiros anos seguiremos recollendo novas relacionados co colexio e co resto da comunidade educativa.

Algunhas cantigas do mar

Carpinteiro de ribeira faime un barquiño de vela para ir de lúa de mel coa miña Manoela.

Velahí vén teu pai, deixalo pasar: vén largar as redes ao medio do mar.

A miña dorna pequena é como o berce dun neno; cando o mareiro me arrola como un meniño adormezo.

Pasei pola Ponte abaixo, vin saltar unha sardiña, mariñeiros, ide ao mar e botádelle a traíña.

Antón Fraguass

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

DÍA DAS LETRAS

GALEGAS 2019

Antón Fraguas Fraguas

Patio cuberto do colexio Vista

Alegre

Xoves, 18 de maio

ás 12.50 da mañá

ÍNDICE

Antón Fraguas

Cercedo - Cotobade

Coplas

Actividades

VII Concurso de Relato

V Concurso de Poesía

2

6

8

9

12

13

Hoxe celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, que este ano ten como autor homenaxeado a Antón Fraguas Fraguas, destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. En páxina 2 Especial Día das Letras en torno á figura do autor homenaxeado. En páxina 8 coplas onde se nos contan aspectos da súa vida e a súa obra.

Como tódolos anos, no colexio temos unha programación especial para honrar a figura do homenaxeado. Un cartel de Antón Fraguas, aspectos da súa obra, coplas, lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas das actividades que se realizarán no patio do colexio, con toda a comunidade educativa.

Redacción

Page 2: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS Antón Fraguas Fraguas

A Real Academia Galega (RAG) decidiu dedicar o Día das letras galegas 2019 á figura de Antón Fraguas Fraguas, destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista. Natural de Insuela, na parroquia de Loureiro (Cerdedo -Cotobade), veu ao mundo o 28 de decembro de 1905 e faleceu en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999. Neste novo número do xornal acercámonos a este intelectual galego, para saber un pouco máis da súa vida e, principalmente , da súa obra.

Currículo

Foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez e de Teresa Fraguas Vázquez, ámbolos dous fillos de canteiros. Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa. En 1918 os pais tiñan decidido migrar, ao Brasil, e que Antón chegase a ser maquinista de tren, oficio que lle ía aprender un curmán do pai. Refusaron da idea pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, Augasantas, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio. De 1919 a 1924 estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de, entre outros, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e especialmente de Antón Losada Diéguez , que influíu

nel e o converteu ao galeguismo. Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra, xunto con outros compañeiros de estudos, entre os que se atopaba Sebastián González García - Paz, a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír á luz. A súa primeira oratoria en público foi para presentar o agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.

A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Animado por Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala, presididas por Vicente Risco, e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928 cun estudo sobre o castro de Soutolongo (Lalín), nas seccións de Xeografía (dirixida por Ramón Otero Pedrayo), Etnografía e Folclore (dirixida por Risco) e Prehistoria (dirixida por Florentino López Cuevillas). Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios permitiulle participar na catalogación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da

xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras do Concello de Cotobade.

Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ao redor do Entroido. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografía galega, e participou na formación do Museo Etnográfico do Seminario instalado no Colexio de Fonseca. Licenciouse en 1928. En 1929 iniciouse na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.

Foi un dos primeiros en usar o galego na radio ao intervir varias veces na Radio Galega en 1932. O 16 de xullo dese mesmo ano casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos. Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. En xullo de 1936 apareceu o primeiro e único número da La Voz de Cotobad baixo a súa dirección.

Foi presentado á alcaldía da Estrada en 1936, en contra do seu criterio, e participou nas campañas a favor do Estatuto de autonomía, ao ser secretario xeral do Partido Galeguista, e tralo Golpe de Estado do 18 de xullo sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo.

Page 3: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

Trasladouse a Santiago de Compostela, onde tivo que traballar no ensino privado, e xunto co crego Ramón Davila García crea a "Academia Menéndez y Pelayo" en 1938 no pazo de Amarante. Durante este tempo traballou na súa tese de doutoramento que defendeu en 1948. Finalmente, en 1950, aproba a oposición a catedrático de ensino secundario de Xeografía e Historia e é destinado a Lugo.

O 6 de maio de 1950 foi nomeado catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo (actual IES Lucus Augusti) ata 1959, no que foi secretario e xefe de estudos, colaborando tamén co Museo Provincial e co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 pediu traslado a Santiago de Compostela, ao Instituto Nacional de Enseñanza Media Rosalía de Castro no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro), onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata a súa xubilación en 1975.

Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, constituído en 1944, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista

editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.

Tamén participou na fundación do Padroado Rosalía de Castro en 1947, integrando a súa xunta de goberno e sendo tesoureiro.

O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio ocupando a cadeira que deixara Castelao. O seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Otero Pedrayo. Durante uns meses de 1997 foi presidente en funcións da institución. En 1955 traballou na biblioteca da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego e do que el foi un dos fundadores. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente. En 1969 organizou, en colaboración con Xoán Naya Pérez e Ricardo Carballo Calero, unha exposición sobre o traxe galego nos locais do

Instituto Padre Sarmiento.

Outros cargos e actividades que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía cultural do Consello da Cultura Galega (1983), promotor, membro numerario e bibliotecario da Real Academia Galega de Ciencias, correspondente da Real Academia de la Historia, a Associação dos Arqueólogos Portugueses e a Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia. En 1992 o consello da Xunta de Galicia nomeouno cronista xeral de Galicia. En 1994 dooulle ao museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20 000 volumes.

Finou por causa dunha doenza cardíaca no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999, aos 93 anos de idade. A capela ardente situouse no auditorio do Museo do Pobo Galego, antes de que o seu corpo pasase a repousar ao lado de Aurelio Aguirre e Ramón María del Valle-Inclán, e dende 2012 tamén a carón do seu amigo Isaac Díaz Pardo, no cemiterio de Boisaca.

Obra en galego

Os seus estudos versaron sobre cultura popular, xeografía, arqueoloxía, historia e arte. Fraguas escribiu varios libros, entradas da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas -especializados ou non-, colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega , recensións,

Page 4: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

conferencias, catálogos de exposicións, pregóns e programas de festa. A continuación aparece a súa produción en galego. "Unha serán na catedral",

1929, A Nosa Terra 261, p. 9-10.

"Mámoas do Sabiñao. A anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá", 1930, Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.

"O Entroido nas terras do Sul de Cotobade", 1930, Nós 77. p. 84-94.

"O culto ós mortos", 1931, Nós.

"Do folk-lore de Armeses-Listanco", 1931, Nós 96. pp. 221–227.

"As lêndas da Fonte Pormás", 1932, Nós 108, pp. 218–221.

"Terra de Melide" (catalogación de castros), 1933, Seminario de Estudos Galegos, Santiago.

"O pazo", 1933, Universitarios. Revista de la F.U.E. 2, p. 9.

"Noite", 1933, Cristal 8. p. 11.

"Domingo de ramos na aldea", 1933. Cristal 10. p. 23.

"Nos cantamos?", 1935, Logos. Boletín católico mensual 47, p. 95-96.

"Dous romances de Galicia", 1946, Revista de Guimarães.

"Farsas de carnaval en Touro (Coruña)", 1951, CEG t. VI, p. 431-441.

"As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade" (discurso de ingreso na

Real Academia Galega, 8 de maio de 1956), A Coruña.

"A Exposición", 1974 En Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. Exposición (27ª. 1973. Santiago de Compostela). Seminario de Estudos Galegos : (1923-1973) : cincuentenario da súa creación : 27ª exposición, Santiago de Compostela, julio de 1973, Santiago de Compostela : Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos pp 19-28.

"Lembrando a Paulino Pedret Casado", 1977, Boletín de la Real Academia Gallega nº 359, p. 321-334.

"A xeografía no Seminario de Estudos Galegos", 1978, Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos, Santiago.

"Homes de letras da Ría de Arousa", 1982, Ría de Arousa, Santiago.

"A emoción da banda popular", 1983, Homenaxe ás bandas, Santiago.

"A 'Pena Cadeira' e dúas pedras máis", 1983, Brigantium, A Coruña.

Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985, Fundación Otero Pedrayo.

"Fole nos cernes de Galicia", 1986, Os escritores lucenses arredor de Fole, Lugo.

"As almas do Purgatorio", 1986, Encrucillada, Vigo.

Romarías e santuarios, 1988, Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia.

"O teatro en Santiago", 1988, Teatro Principal, Santiago.

"Castelao e o Seminario de Estudos Galegos", 1989, 'Actas Congreso Castelao, Santiago.

Celso Emilio Ferreiro, 1989, Real Academia Galega.

"O río Miño: realidade, lenda e literatura", 1989, Conferencias sobre el río Miño, Ourense.

"Don Antonio Couceiro Freijomil: o historiador", 1990, Homenajeal polígrafo eumés Don Antonio Couceiro Freijomil, A Coruña.

"A Sociedade Económica informa da emigración", 1990, Memoria anual de la Real Sociedad Económica de Amigos del País (1988-1989), Santiago.[]

Galicia máxica, 1992, Biblioteca 114 nº 49, El Correo Gallego, Editorial Compostela.

"A repoboación forestal dende a Edade Media", 1992, Especies frondosas en la repoblación de Galicia, Lugo.

"O cambio familiar", 1992, I Congreso Internacional da Cultura Galega, 1990, Santiago.

"O que eu sabía das serpes", 1992, Boletín Auriense.

Carnaval e outras festas, 1992, El Correo Gallego, Santiago.

Romarías e santuarios, 1992, Diario 16, 3ª ed., Vigo.

Page 5: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

O conto de Serafín. O santuario da Franqueira, 1993, Contos do Castromil, 27, Santiago.

"Dende o ano 1931 deica hoxe", 1993, Rolda de Amigos derredor de Francisco Fernández del Riego, Sada.

"Desde o Antroido á Pascua: vida e costumes a comenzos de século", 1993, Homenagem a J. R. dos Santos Júnior, (1989), II, Lisboa.

"Dende o ano 1931 deica hoxe", 1993, Rolda de Amigos derredor de Francisco Fernández del Riego, Sada.

"Desde o Antroido á Pascua: vida e costumes a comenzos de século", 1993, Homenagem a J. R. dos Santos Júnior, (1989), II, Lisboa.

"Alberto Vieira Braga: ilustre antropólogo", 1993, Revista de Guimarães, 103, pp. 33-43.

"Variantes de algúns contos", 1993, Revista de Guimarães, 103, pp. 129-140.

Santiago de Compostela, 1993 (reed.), Consorcio de Santiago, Santiago.

Do Entroido, 1994, Museo do Pobo Galego, Alicerces 6, Santiago.

"Don Fermín Bouza-Brey Trillo de Figueroa", 1994, Simposio Internacional de Antropoloxía: In memoriam Fermín Bouza-Brey, 1992, Santiago.

A festa popular en Galicia, 1995, Publicacións do

Seminario de Estudos Galegos, Ed. do Castro.

“Peregrinaxe a Santiago e as romarías de Galicia: Lendas e tradicións", 1995, Romarías e peregrinacións: actas do Simposio de Antropoloxía, 1993, Santiago.

"Do cancioneiro á mesa posta", 1995, Ciencia y Humanismo en la Alimentación, Santiago.

"O cancioneiro popular nas Rías Baixas", 1995, Las Rías Bajas y el Arco Atlántico: cursos de conferencias, Pontevedra.

"O pantalón chamado cirolas", 1995, Raigame, Ourense.

"A mitoloxía da auga", 1996, As augas de Galicia, Santiago.

"Peixeiros, peixe e peixeiras", 1996, La pesca en Galicia: presente y futuro. Curso de conferencias, 1995, Real Academia Galega de Ciencias.

"Lembranza de Don Xaquín Lorenzo Fernández", 1996, Tecnoloxía tradicional: dimensión patrimonial e valoración antropolóxica: Simposio Internacional. Inmemoriam Xaquín Lorenzo, Ourense, 1994, Santiago.

"O folclore na obra de Sarmiento", 1997, O Padre Sarmiento e o seu tempo: Actas do congreso, Santiago, 1995, Santiago.

"O muíño nas terras do sul de Cotobade", 1997, Iª Jornadas nacionales sobre molinología, 1995, Santiago.

"O traxe tradicional", 1997, Galicia Antropoloxía , XXV,

A Coruña. Cancioneiro de

Cotobade, 1998 (reed.), Ed. do Castro, Sada.

"Festa equinoccial", 1998, 23 letras para un pais, O Correo Galego, p. 29-32.

"Lembrando a Manuel Fabeiro", 1998, Día das letras galegas, Sociedad

Liceo, Grupo filatélico, p. 13-14.

"Don Xosé Fernando Filgueira Valverde", 1998, Antropoloxía mariñeira, CCG, p. 13-14.

"Lenda e poesía popular nas nosas rías, no noso mar", 1998, Antropoloxía mariñeira, CCG, p. 335-348.

"Antropólogos de comenzos de século…", 1998, El Museo de Pontevedra t. LII, p. 135-162.

"ÁngelIlarri un amante de Vigo e do seu mar", 1998, Castrelos 11, p. 13-14.

"Terra de Montes e terras veciñas", 1998, Cotaredo 1, Forcarei. p. 8-10.

"Laudatio de Castelao", 1999 (reed.), Presenza de Castelao na Academia, RAG, p. 29-31.

"As festas populares", 1999, en Circular polo Saviñao, Círculo Saviañao, p. 171-177.

"As augas misteriosas", 1999, en Las aguas de la Provincia de Ourense, p. 115-126, RAGC.

"O lugar e a casa onde nacín", 1999, Grial 144, p. 621-629.

"Manuel Vázquez Seijas", 2000, Boletín da Real Academia Galega nº 361, p. 288-289.

"Xaquín Lorenzo Fernández

Page 6: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2000, Boletín da Real Academia Galega. nº 361, p . 297 - 299 .

Colexio de Fonseca, 1995. Ed. en en galego, Consorcio de Santiago - Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos - Universidade de Santiago.

Romaría e Santuarios, 1995, Galaxia, ed. Nova, Vigo.

Polas catro témporas: colaboracións en “La Voz de Galicia” e “O Correo Galego”: (1992-1999), 2006, editores Xosé López, Rosa Aneiros, Daniel Salgado, Colección Base Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela.

Do tempo e dos astros, 2018, Galaxia. Inclúe: “O culto aos mortos” (1931) e “Preocupación polo tempo e os astros … ”. (1975).

Busto feito por Camilo Seira, na Avda. de Antón Fraguas, en Compostela.

“Os xogos eran o trompo, a cacholiña, os botóns, a aceitera, que che toque, que non che toque, a la víbora, víbora el rei, ranran la pelota, a pita cega,o lipe, o zamanquiño, a saltar as bornas, á chica, as patadas e moi rara vez, i-usté, i-usté (con unha xostra de rama de xesta imitando ao mestre). Cando iamos coas vacas xogabamos á porquiña. Se había sitios onde puidésemos agocharnos, xogábase ao escondite.”

Recoñecementos: Pontevedrés do ano en 1973. En 1984 Pedrón de Ouro, a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego e a Medalla Castelao da Xunta. Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1985. Premio Otero Pedrayo das deputacións provinciais en 1992, ano en que tamén foi nomeado cronista xeral de Galicia. Premio das Artes e das Letras de Galicia en maio de 1995. En 1989 fillo adoptivo de Santiago de Compostela e en 1996 Premio San Martiño de normalización lingüística do Concello da Estrada. Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”.

CERCEDO – COTOBADE

O noso autor naceu en Cotobade, un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Este concello limitaba cos de Campo Lameiro, Cerdedo, Forcarei, A Lama, Pontecaldelas e Pontevedra. E dicimos limitaba porque en 2016 fusionouse co concello de Cerdedo, dando orixe ao novo concello de Cerdedo - Cotobade.

A denominación de Cotobade procede, ao parecer, de "couto do abade", pois toda a comarca pertencía á antiga xurisdición que exercía o Superior do convento de Beneditinos de Tenorio. A parroquia da que procedía Antón era Loureiro, unha das trece que conformaban o antigo concello pontevedrés.

6

Page 7: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

CERCEDO – COTOBADE

Mapa dos concellos de Galicia. En vermello Cotobade

Mapa do antigo concello de Cotobade, no que figuran as trece parroquias que conformaban o municipio.

Casa do concello de Cerdedo-Cotobade

NOTA. A información sobre a vida e obra en galego de Antón Fraguas foi recollida da páxina de Internet gl.wikipedia.org/wiki/Antón_Fraguas, así como algunhas fotos que a ilustran. A de Cerdedo-Cotobade e as súas fotos da páxina www.cerdedo-cotobade.gal/es.

Page 8: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Coplas dedicadas a Antón Fraguas, nas que as alumnas e alumnos de Secundaria contan aspectos da súa vida e obra.

D

Í

A

Hoxe imos presentarvos a figura de Antón Fraguas, prestixioso galeguista e un etnógrafo de fama.

Dende o ano trinta e tres pasa a ser mestre na Estrada e logo no trinta e seis sofre duras represalias.

Tamén é un dos fundadores no convento San Domingos do Museo Pobo Galego que defende con afinco.

D

A

S

Foi nacer en Cotabade, que é vila pontevedresa en mil novecentoscinco, fillo dunha tal Teresa.

Foi pola súa defensa da nosa Autonomía, en favor do Estatuto para el a mellor vía.

Destacado historiador, dedicou gran atención ao estudo da cultura de Galicia, como non!

L

E

T

R

Estudou bacharelato, Castelao foi un dos mestres e tamén foivos pupilo de Antón Losada Diéguez.

Logo ten que traballar dentro do ensino privado e xunto a Ramón Davila volve estar en Santiago.

Finou hai xa vinte anos, Antón Fraguas escritor, home sempre respectable, de Galicia defensor.

A S G

Rematado o ensino medio iniciou unha carreira, tras marchar a Santiago foi Filosofía e Letras.

Tras diversos avatares chegamos ao ano cincuenta cando aproba a oposición segue sendo na docencia.

A cultura de Galicia débelle moito a Antón e a Academia decidiu honralo con ilusión.

A

L

E

G

Firme defensor do idioma da terra que o viu nacer, funda a Sociedá da Lingua pra Galicia defender.

Foi membro de numerosos foros e institucións en defensa de Galicia sendo sempre a súa paixón.

E xa para rematar só nos restan por dicir do querido Antón Fraguas

as verbas que din así:

A S

Rematada a carreira é mestre auxiliar na cidade de Santiago, á que el chegou a amar.

No ano cincuenta e un é xa membro numerario da nosa Real Academia foivos un oito de maio.

Sempre por e pra Galicia, con todo meu corazón, eu en todo canto fixen

puxen sempre ilusión.

8

Page 9: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS ACTIVIDADES INFANTIL

Recitaremos a poesía Os ollos dos poetas

Rin os ollos dos poetas cando escriben sentimentos, cantan, soñan, calan, choran, pasean no vento os seus versos.

rin os ollos dos poetas cada verso, cada letra, cada sorriso do verán cada bágoa do inverno.

Rin os ollos dos poetas cando escriben sentimentos.

Rosalía Morlán

Choromiquean as nubes será porque teñen medo, todo ocorre ou non ocorre con palabras de caramelo,

Choran os ollos dos poetas cando non atopan versos, nin ven como brinca a lúa nin escoitan cantar o vento

ACTIVIDADES PRIMARIA

Faremos un mural co mapa de Galicia no que aparecen os diferentes autores homenaxeados o Día

das Letras Galegas, dende o seu comezo alá polo ano 1963 ata este mesmo ano 2019. No mapa

aparecen destacadas as catro provincias galegas. Colocarémolo no corredor de Primaria.

Cada clase traballará varios autores. O día do acto cada clase amosa ao resto do colexio unha

imaxe tamaño cartolina dos seus autores escollidos e indicará datos relevantes sobre os mesmos. A

distribución por provincias é a seguinte: A Coruña (1º e 2º de Primaria), Ourense (3º e 4º de

Primaria), Lugo (5º de Primaria) e Pontevedra (6º de Primaria).

ACTIVIDADES SECUNDARIA

Cinco escenas do galego

Esta pequena obra trasládanos a cinco momentos importantes na Historia da nosa lingua. A única

pretensión desta é a de achegarnos a eses fitos que consideramos importantes no devir do galego,

esta lingua nosa que debemos coidar coma se se tratase dunha criatura que precisa dos coidados

continuos dos seus pais para desenvolverse plena e feliz. O día de hoxe é o marco ideal para

reivindicala como tal.

Escena primeira

O latín morre. Atopámonos no cuarto dunha casa moi vella. Nese cuarto tombado nunha cama

agoniza o latín, quere ver os seus fillos e chama polo criado.

Latín - Patronioooo, Patroniooo; morroooo!

Patronio - (irónico) Que quere, meu señor! Que lle acontece!

Latín - (doente) - Patronio, non ves que estou a morrer!

Patronio - (irónico) - Meu señor, leva un século morrendo...!

Latín - (serio) - Agora morro e quero ver os meus fillos; veña; chama por eles!

Page 10: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

Patronio - (resignado) - Aquí tes o teu fillo da Galia (francés).

Francés - Mom die! Pai estás morrendo!

Latín - Que descoñecido estás e case non te entendo!! Señor, que pasou!

Patronio - Aquí tes o teu fillo de Italia.

Italiano - Io sono o filio que vive aquí ao lado, pai!

Latín - (enfadado) Pois para vivir aquí ao lado, vaia como cambiaches!

Patronio - Aquí tes o teu fillo da Hispania.

Castelán - Hola papá!

Latín - Canto creciches na terra de emperadores!

Patronio- Aquí vén o teu fillo de Cataluña.

Catalán - Jo sóc catalá! Como estás, pai?

Latín - Ai, Ai, ti es o fillo independentista! Saíchesme revolucionario.

Patronio - Aquí tes o teu fillo galego-portugués.

Galego - (sorrinte). Ola pai! Veño dun recuncho da Hispania, pero crecerei!!

Latín - Meu querido fillo, claro que crecerás!!

(O vello latín morre feliz de ter coñecido os seus fillos).

Escena segunda

Apoxeo do galego (o galego-portugués, s. XII, XIII e XIV). Praza maior dunha vila galega. Lugar de

reunión de todos os estamentos sociais. Espreitamos (observamos) nela a un nobre, un letrado do

Estado, un labrego, o rei e un rei castelán que está de paso. Preséntanse eles mesmos.

Nobre - Eu son nobre e o galego uso dende que nacín!

Letrado do Estado - Os documentos que escribo na miña lingua están; dá igual que sexan

herdanzas como papeis sen importancia.

Labrego - Son labrego, no campo traballo e en galego falo.

O rei - Son o rei; levo o reino; ordeno e mando e todo en galego fago.

Afonso X - Eu son Afonso X, o rei Sabio; creo cantigas fermosas e en galego as fago!

Escena terceira

O galego escurece. O galego esvaece acosado pola raíña Isabel de Castela. É a súa maneira de

castigar o apoio que recibiu a súa sobriña por parte da nobreza galega no enfrontamento que

sostiñan ambas pola coroa de Castela, no que Isabel se alza vencedora. Vemos ao galego apresado

ante a Coroa. (Cuarto escuro, unha pequena ventá na esquina; dous personaxes: galego [esposado]

e castelán que se presentan a si mesmos).

Galego - (moi dorido) Aiiii, así me vexo! Atado, silenciado e escravizado!!!

Castelán - (fachendoso e irónico) - Ti o buscaches porque de min renegaches! Pero non te

preocupes porque agora formarás parte de algo grande; eu, o castelán, son a lingua do imperio!

Page 11: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

Galego - (collendo forzas) - Aínda que agora me vexo con estas cadeas; eu nacín libre e os meus

fillos volverán verme forte e a ferruxe do tempo, fenderá estas cadeas!

Escena cuarta

Rexurdimento do galego. Volvemos a Praza maior da vila galega. Unha moza e dous mozos, os tres

vestidos de branco, prepáranse para recitar unhas composicións escritas por eles. A xente asiste

atónita ao evento, pois nin os máis vellos do lugar lembran algo así. Estamos no século XIX.

Rosalía de Castro - Adiós ríos, adiós fontes

Adiós regatos pequenos,

Adiós vista dos meus ollos

non sei cando nos veremos.

Pondal - Que din os rumorosos na costa verdecente

ao raio transparente do prácido luar.

Curros - Que triste está a aldea,

Que triste e que sola!

A terra sin frutos, a feira sin xente,

sin brazos o campo.

Sin nenos a escola!

Escena quinta

O galego hoxe. A diglosia é mal que se agocha na sociedade dos nosos días.

Un home entra no Rexistro Civil do seu concello disposto a inscribir o seu fillo que acaba de nacer.

Diríxese ao funcionario en galego, pero este fai coma que non o entende.

O pai - Bo día, señor!

O funcionario - ...

O pai - Señor falo con vostede, pode atenderme?

O funcionario - Ah, si, que desea?

O pai - Quero inscribir o meu fillo no Rexistro Civil.

O funcionario - Que nombre le va a poner?

O pai - Quero poñerlle Xurxo.

O funcionario - Cómo? ...dirá Jorge!

O pai - Non, non; quero chamarlle Xurxo; Xurxo López González.

O funcionario - Pero hombre! Que ganas de complicarse la vida; con lo bonito que es Jorge!!

FIN

Idea orixinal. Mari Pampín Texto. Mari Pampín e Jorge González

Page 12: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS Como xa vén sendo tradicional dende hai uns anos a Semana das Letras ten lugar o fallo dos concursos de relato curto e poesía do Colexio Vista Alegre. Este ano chegamos a VII a V edición respectivamente. Dámosvos, dende estas páxinas, as grazas a todos os participantes e animámosvos a continuar participando nas vindeiras edicións. A continuación presentamos os gañadores deste ano.

VII Concurso de relato curto

Unha longa viaxe

Eran as 14.47 horas da tarde dun mércores e eu, coma de costume, estaba a piques de coller o autobús para regresar a miña casa despois das clases. Gustábame o transporte público porque, ademais das dificultades dos meus pais para ir recollerme ao colexio, pois traballaban todo o día, parecíame unha maneira de aforrar e axudar ao medio ambiente.

Paguei en efectivo, pois lembrei que a miña tarxeta non tiña saldo, e senteime no sitio de sempre - na parte de atrás, dándolle as costas ao condutor e ao lado da ventá -. Esquecera os auriculares na casa, así que apoiei a cabeza na ventá e pensei noutra forma de entreterme durante a viaxe.

O primeiro que vin foi unha muller duns vinte e poucos anos con dous carriños de bebé e un rapaz, que xa andaba, agarrado ao seu brazo. Supuxen que eran os seus fillos e comezou a atormentarme a idea de ter tantos fillos a idade desa rapaza que semellaba tan nova.

Deseguido vin a unha muller duns setenta anos que me resultaba familiar. Era Lita, unha antiga amiga da miña avoa. Chamoume a atención que empurraba por unha cadeira de rodas ao seu esposo. Eu sabía que Xoán estaba enfermo, pero non imaxinaba que tanto. Deume pena velos nesa situación. A verdade e que sempre foran unha moi boa parella; sen dúbida non o merecían!

O autobús fixo unha parada e eu levantei a cabeza e mirei o móbil . Non tiña ningunha

mensaxe polo que o apaguei e continuei co meu entretemento. A miña vista fixouse nun home que estaba remexendo nun contedor. Non era a primeira vez que vía algo así e non me resultaba agradable. Parecíame moi inxusto que houbese xente que tivera que vivir desa maneira.

Xa chegando case a miña casa vin como unha nena me saudaba desde fóra. Marga era unha rapaza moi guapa e moi boa estudante e a ela e aos seus pais non lles faltaba de nada. Facía moito tempo que non a vía, dende que se cambiara ao colexio privado no que agora estuda. Mandeille un bico dende o meu asento e o autobús continuou o seu percorrido. Fiquei cavilando na boa sorte que sempre tivera Marga na vida, cando un enorme estrondo, difícil de recoñecer, interrompeu os meus pensamentos …

Chámome Lidia e sempre fun zurda, pero agora estou escribindo estas letras coa man dereita, pois teño a parte esquerda do meu corpo paralizada dende o accidente de autobús daquel fatídico mércores ao saír do colexio.

Definitivamente, como xa me dera de conta naquela longa viaxe en autobús, pode que as condicións que a vida nos pon non sexan as máis xustas para todos e cada un de nós, pero si son coas que temos que aprender a vivir ou quizais, noutros casos, as que nós mesmos temos que axudar a cambiar.

Uxía Méndez, 3º de ESO

12

Page 13: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

ESPECIAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS V Concurso de Poesía

A primavera

A bolboreta que vai voando coas súas ás de mil cores

e as súas antenas de moitos sabores.

Alejandro, 2º EP

As plantas dos amores

Medrou unha planta medrou un amor

medraron tres flores no teu corazón.

Noe, 2º EP

O Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é hoxe e celebrámolo con todo neno que cante e xogue.

Este ano celebrámolo e moi ben pasámolo.

Antón Fraguas é o homenaxeado, María Victoria foi o ano pasado.

No cole facemos unha festa, con contos, versos e poemas e moitas risas e sorrisos.

Iria, Sofía, Anxo, Indhira, Sara e Mauro 3º de Primaria

Letras Galegas

O 17 de maio, Galicia regálanos un agasallo.

Cos seus mellores poemas, escritos por grandes poetas.

Antón Fraguas é o elixido, neste ano tan concorrido,

cheo de autores, candidatos a ser os mellores.

O 17 de maio, este autor

será sempre recordado grazas aos seus mellores traballos.

E nós escribimos poemas, de multitude de temas,

para conmemorar ás grandes persoas que fixeron letras moi boas.

Borja Rivero, 6º Primaria

O río

O río corre, á velocidade do reloxo, a distancia que percorre

non a recorre un oso.

O río é rápido, pero non coma un xaguar

e cando remata o seu camiño desemboca no mar.

O río parece azul, pero é transparente,

aínda que polo reflexo, ¡é o que di a xente!

O río corre, á velocidade do vento,

ás veces rápido, e ás veces lento.

Lucía Alonso, 5º Primaria

Escolma de poesías do V Concurso de Poesía Colexio Vista Alegre

13

Page 14: DIARIO VISTA ALEGRE · VII Concurso de Relato V Concurso de Poesía 2 6 8 9 12 13 ... lectura de poemas, representacións e o VII concurso de relato curto e o V de poesía son algunhas

COLEXIO VISTA ALEGRE

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Eu traballei sempre por e para Galicia. Unhas veces acertei, outras non; pero en todo canto levo feito puxen sempre toda a miña ilusión, todo o pouco que sei, sen esperar nunca nada a cambio.

Antón Fraguas

ANTÓN FRAGUAS

17 DE MAIO

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Xoves, 18 de maio de 2019