Diario de... excursión betanzos

2
O pasado mércoles 26 de marzo de 2014, os alumnos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO fumos de excursión a Betanzos. Unha vez en Betanzos ,dirixímonos ao Campo da Feira donde nos estaba a agardar unha guía que nos serviría de axuda para explicarnos mellor a historia de Betanzos. No campo da Feira explicounos cousas que xa sabíamos como que cada ano, o 16 de agosto sae un globo que se votamos unha mirada ao pasado, leva voando os ceos brigantiños desde 1875. Tense constancia que este globo chegou asta Arxentina, polo que en Arxentina tamén se fai un globo, non tan grande, cada ano. Tamén, no Campo da Feira, nos explicou a historia do irmáns Juan e Jesús García Naveira. A historia dos irmáns García Naveira comeza no ano 1860 cando emigran a Arxentina e co seu esforzo e traballo fanse cunha gran fortuna. Cando regresan a Betanzos, a sua terra natal, utilizan o seu diñeiro para contruír obras benéficas: o lavadeiro, o Pasatempo (unha obra didáctica contruida especialmente para instruir a xente inculta), etc. Ademáis constrúen unha vivenda para eles na que había auga e luz, que daquela era un privilexio impensable e destacaba sobre as outras casas veciñas pola súa fachada. Hoxe mesmo podemos ver no centro da praza unha estatua na que están os dous irmán, Juan apuntando cun brazo o Pasatempo. Aproveitando que estabamos xunto a famosa fonte do campo da feira, explicounos que a fonte a comprou o concello por catálogo, polo que é única, e que a fonte que podemos ver hoxe, sofreu modificacións respecto a orixinal. A nosa excursión continuou hasta a praza do Concello. Elena, a nosa guía, informounos de que Betanzos tiña 5 portas pra entrar a vila e concretamente ensinounos unha, que actualmente xa non está por problemas de espazo. Pero para deixar constancia de que naquel lugar houbo unha porta para entrar a vila, deixaronse os tres escudos que contiña a porta. Un deles representa a Castela, outro deles a vila(Betanzos) e o último contén unha frase”Las del Rey” e o seu lado hay unhas copas. Betanzos é a cidade de Galicia con máis portas medievais. Unha das portas de Betanzos subía as súas reixas as 8 da maña e baixábanas as 10 da noite. Os que non pertencían a cidade debían pagar un importo para poder entrar na cidade e así sacar beneficio económico. Encima de cada porta había unha casa,onde vivía o encargado de cobrar o imposto e de subir e baixar as reixas. Betanzos foi saqueado polos vikingos, ingleses e portugueses, polo que vixiaban dende a torre de Lanzós(dende alí víase Sada). A nosa excursión polo casco histórico de Betanzos continuou polas igrexas. A primeira visita foi para a igrexa de Santiago. Esta igrexa pertence o século XV aínda que contén restos do XI e XII, de estilo gótico, arcos apuntados, decoración nos capiteis, base nas

Transcript of Diario de... excursión betanzos

O pasado mércoles 26 de marzo de 2014, os alumnos de primeiro, segundo, terceiro e cuarto

da ESO fumos de excursión a Betanzos.

Unha vez en Betanzos ,dirixímonos ao Campo da Feira donde nos estaba a agardar unha guía

que nos serviría de axuda para explicarnos mellor a historia de Betanzos. No campo da Feira

explicounos cousas que xa sabíamos como que cada ano, o 16 de agosto sae un globo que se

votamos unha mirada ao pasado, leva voando os ceos brigantiños desde 1875. Tense

constancia que este globo chegou asta Arxentina, polo que en Arxentina tamén se fai un globo,

non tan grande, cada ano.

Tamén, no Campo da Feira, nos explicou a historia do irmáns Juan e Jesús García Naveira. A

historia dos irmáns García Naveira comeza no ano 1860 cando emigran a Arxentina e co seu

esforzo e traballo fanse cunha gran fortuna. Cando regresan a Betanzos, a sua terra natal,

utilizan o seu diñeiro para contruír obras benéficas: o lavadeiro, o Pasatempo (unha obra

didáctica contruida especialmente para instruir a xente inculta), etc. Ademáis constrúen unha

vivenda para eles na que había auga e luz, que daquela era un privilexio impensable e

destacaba sobre as outras casas veciñas pola súa fachada. Hoxe mesmo podemos ver no

centro da praza unha estatua na que están os dous irmán, Juan apuntando cun brazo o

Pasatempo.

Aproveitando que estabamos xunto a famosa fonte do campo da feira, explicounos que a

fonte a comprou o concello por catálogo, polo que é única, e que a fonte que podemos ver

hoxe, sofreu modificacións respecto a orixinal.

A nosa excursión continuou hasta a praza do Concello.

Elena, a nosa guía, informounos de que Betanzos tiña 5 portas pra entrar a vila e

concretamente ensinounos unha, que actualmente xa non está por problemas de espazo. Pero

para deixar constancia de que naquel lugar houbo unha porta para entrar a vila, deixaronse os

tres escudos que contiña a porta. Un deles representa a Castela, outro deles a vila(Betanzos) e

o último contén unha frase”Las del Rey” e o seu lado hay unhas copas. Betanzos é a cidade de

Galicia con máis portas medievais. Unha das portas de Betanzos subía as súas reixas as 8 da

maña e baixábanas as 10 da noite. Os que non pertencían a cidade debían pagar un importo

para poder entrar na cidade e así sacar beneficio económico. Encima de cada porta había unha

casa,onde vivía o encargado de cobrar o imposto e de subir e baixar as reixas.

Betanzos foi saqueado polos vikingos, ingleses e portugueses, polo que vixiaban dende a torre

de Lanzós(dende alí víase Sada).

A nosa excursión polo casco histórico de Betanzos continuou polas igrexas.

A primeira visita foi para a igrexa de Santiago. Esta igrexa pertence o século XV aínda que

contén restos do XI e XII, de estilo gótico, arcos apuntados, decoración nos capiteis, base nas

columnas... Tamén contén algunhas columnas tortas e algún arco desfeito como consecuencia

da construción, no XIX, dunha torre para que a fachada quedara simétrica.

A rúa de Santiago é unha rúa plana, unha das poucas de Betanzos,porque había unha muralla.

O resto das rúas de Betanzos maioritariamente son inclinada para que os atacantes lles

constara tempo subir e mentras os defensores da cidade preparábanse para contraatacar e

defenderse.

A nosa seguinte parada foi a Igrexa de Santa María. A igrexa está situada na praza de Fernán

Pérez de Andrade. Lorca tivo o pracer de estar no cruceiro da igrexa e sacar unha foto (proba

que confirma a súa visita). Dentro desta Igrexa había postos de comida. Nos arcos pequenos

dos muros había sepulcros de cidadáns notables. Nesta igrexa houbo numerosos saqueos. Un

dos roubos máis importantes foi o roubo dun retablo en 1981. O autor do roubo, Erick el belga

rompeu a porta e levou parte das escenas do retablo, que máis tarde tras arrepentirse

devolveu.

Nas paredes quedan vestixios de vikingos, xa que hai pinturas de un drácar (barcos nos que

viñan, etc).

Unha columna desta igrexa conta con un capitel curioso. Mentras que os demáis capiteis son

de temas relixiosos, este contén un calendario agrícola, cada mes está representado ca tarefa

agrícola pertencente a ese mes.

O convento foi a nosa última parada polo casco históricode Betanzos. Este convento pertence

ao século XIV. Nel vivian os monxes franciscanos e competentes dos monxes de Sobrado. É

unha das mellores igrexas góticas de Galicia. Fernán(patrocinador do convento)nace en

Pontedeume en 1320. Casou con Dña Sanha, familia dos Pardo(a familia máis importante de

Galicia). Fernán era un señor feudal, que contaba con exército propio. Era un home culto e na

súa casa había unha biblioteca e ademáis coñecia moita mitoloxía grega, etc. Como el sabía

que ía morrer e quería ser recordado,construiu o convento. Un dos seus desexos era ser

enterrado nun panteón e ese desexo cumpriuse. A tumba é enorme e está construida en

pedra. Soportando a súa tumba hai un oso e un xabarín e representanse escenas de caza.

É con isto rematou a nosa entretida e divertida excursión a Betanzos polo seu casco histórico.

ASIGNATURA: Ciencias Sociais.

ALUMNA: Silvia López Villasenín.