Betanzos - Unirioja

28

Transcript of Betanzos - Unirioja

Page 1: Betanzos - Unirioja
Page 2: Betanzos - Unirioja
Page 3: Betanzos - Unirioja

Betanzos

EDITA

ISSN 2603-9583

Page 4: Betanzos - Unirioja

casadosespellos.gal

facebook.com/casadosespellos/[email protected]

PERIODICIDADE CALL FOR PAPERSCasa dos Espellos é unha revista anual que recibe os seus artigos antes do 31 de outubro

COLABORACIONS

DESEÑO E ILuSTRACIONSYosune Duo Suárez

(Ilustración de portada baseada en Camilo Díaz Baliño, ilustración do templete do Parque do Pasatempo baseada nunha imaxe de Jose Souto Santé)

Diana Sobrado

Jose Souto San

Mar Vieites

(A partir dunha imaxe de Jose Souto santé: escudo de Betanzos da seguinte páxina tomado do cartel das festas de Betanzos do 1934 obra de Camilo Díaz Baliño e filigrana do índice sacada dos mosaicos de azulexos da Casa dos Espellos)

COmITE TECNICOLucía Díaz VilariñoYosune Duo SuárezNoelia Fraga Pérez

Diana Sobrado

COmITE CIENTIFICOPilar Cagiao Vila (Universidade de Santiago de Compostela))

Carlota González Míguez (Asociación de Amigos del Parque del Pasatiempo)David Martín López (U. Granada)

Ernesto Vázquez-Rey (U. da Coruña)José Manuel Rey Bao (IES Francisco Aguiar)Julián Ferrer García (IES Francisco Aguiar)

Patrizia Granziera Ceotto (Universidad Autónoma del Estado de Morelos)Paz Moreno Felíu (Universidad Nacional de Educación a Distancia)

Uxía Cagiao Teijo (IES Francisco Aguiar)Xosé Luís Mosquera Camba (IES Francisco Aguiar)

COORDINAÁngel Arcay Barral

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

CONTACTO

Ángel Arcay BarralAdrián Brandariz López

Laura Camino PlazaSara Fraga Pérez

Adrián FeijooSánchezCatuxa Gómez Teijo

Juan antonio Rodríguez ArnaoJose A. Souto Santé

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Page 5: Betanzos - Unirioja

Ricardo Varela Fernández

Laura Camino Plaza

Jose A. Souto Santé

Juan Antonio Rodríguez Arnao

Sara Fraga Pérez

Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Adrián Brandariz López

Ángel Arcay Barral

Ángel Arcay Barral e Daniel Lucas Teijeiro Mosquera

Adrián Feijoo Sánchez

Catuxa Gómez Teijo

pax 8-15

pax 16-23

pax 24-51

pax 68-87

pax 88-115

pax 116-131

pax 132-151

pax 152-181

pax 182-203

pax 204-215

pax 52-67

Estatua de Mercurio do Parque do Pasatempo: Unha postal de Pedro Ferrer

Materiais empregados na construción do Pasatempo

Placas en honor de los Hermanos García Naveira y sus obras

Xardíns temáticos ou arte interactiva? O Parco Museo Jalari e o Parque do Pasatempo

A arte no Pasatempo de Betanzos (II): Entre as súas pezas e os catálogos franceses de fundición artística

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade

Laboratorio de formas: O Parque do Pasatempo no arquivo persoal de Isaac Díaz Pardo

Fontes documentais arredor dos García Naveira (II): A chegada da estrada ao Parque do Pasatempo

A emigración no cine de Chano Piñeiro: Mamasunción (1985) e Sempre Xonxa (1989)

O Parque do Pasatempo como recurso educativo: Unha proposta interdisciplinar

A outra metade do Pasatempo: Reconstrución gráfica do recinto inferior. Hipótese da recuperación da casiña dos espellos

Page 6: Betanzos - Unirioja
Page 7: Betanzos - Unirioja
Page 8: Betanzos - Unirioja
Page 9: Betanzos - Unirioja

117C D E

117

Resumo Estudo da vivenda mariñeira tradicional e modernista no concello sadense nos nosos días, comprendendo

o contexto de comezos do século XX, tanto a nivel do centro urbano local coma no entorno rural inmediato.

Palabras chave: mariñeiros, emigrantes, cosmopolitismo, elites, modernidade.

Abstract Study of the traditional and modernist seafaring housing nowadays in Sada, including the context of the

early 20th century, both in the local urban center and in the immediate rural environment.

Keywords: sailors, emigrants, cosmopolitanism, elites, modernity.

Presentación

Manuel Lorenzo Freire-Calvelo xa situaba en 1923 o sector construtivo como uns dos principais do concello sadense, e é que o sector atopábase nuns momentos dourados con toda a gama de novas tipoloxías arqui-tectónicas chegadas do entorno coruñés, unha mestura do tradicional e popular con modernismo, influenciado polos novos pen-samentos cosmopolitas e de progreso. Co paso das décadas, esta paisaxe urbanística foise esvaecendo e foi substituído por unha nova arquitectura, pero quedando vestixios que nalgúns casos comprenden a imaxe re-presentativa de Sada hoxe en día.

1. Introdución ao contexto histórico da

vila

Ata a primeira década do século pasado, a vila de Sada contaba cunha dependencia económica baseada nos minifundios, a co-mercialización local-comarcal dos produtos agrícolas pero, sobre todo, na industria con-serveira que levaba en pé dende finais do

século XVIII coa súa introdución por empre-sarios catalás tales como Tomás Maristany ou Francisco Bargalló, entre outros, estando localizadas as fábricas na zona de Fontán, preto do actual porto pesqueiro. Esta depen-dencia á pesca proporcionoulle a Sada unha imaxe urbana concentrada xunto á primeira liña da costa (fig. 1), formando un poboa-mento de percepción densa que lle daría ata certo encanto ás elites coruñesas nos anos posteriores.

1.1. O contaxio coruñés. A chegada do

tranvía, do lecer e da Terraza a Sada. Co-

mezo do fenómeno modernista na vila

As noticias locais das dúas primeiras déca-das do século pasado falan dun certo dina-mismo económico, cun crecemento conside-rable de novos establecementos que tocaría a súa cume nos anos 1920. A través dos re-latos de Manuel Lorenzo Freire Calvelo en La Voz de Galicia, con data en 1923, sabemos que o sector pesqueiro contaba con 12 fábri-cas de salgadura-conserveiras, ademais de

Adrián Brandariz LópezInvestigador

Ilustracións: Diana Sobrado

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 10: Betanzos - Unirioja

panificadoras, fábricas de tellas, de ladrillos e eléctricas de madeira, fábrica de gasosas, de mobles, de alimentación, etc. Neste contex-to, o 1 de xaneiro de 1923 inaugúrase a liña de tranvías Sada-Coruña, impulsada por Pe-dro Barrié de la Maza e as elites coruñesas e demandada polos sadenses. Paralelamente, o edificio da Terraza, situado nos Xardíns de Méndez Núñez de A Coruña, é adquirido por empresarios sadenses e trasladado entre 1919 e 1920 a Sada, sendo inaugurado tres anos despois (fig. 2). Estes dous fenómenos foron o impulso de-finitivo para a localidade, cun considerable efecto chamada no ocio. Nos xornais da épo-ca hai recollidas moitas noticias sobre nume-rosas excursións e visitas de importantes fa-milias coruñesas á vila, que se concentraban especialmente os fins de semana1. Así, con-tamos cun relato descritivo da vida sadense por parte dun madrileño en 1925:

Estos tranvías que van y vienen a La Coruña ruedan lo mismo que los de la Calle Mayor (…) esas gentes, sobre todo los señores, visten como los que pasean por Recoletos y El Retiro (…) ¡Qué jaleo! ¡ Qué barullo! ¡Qué incesante movimiento! ¡Qué ir y venir por el muelle, avenidas de Barrié y del Progreso! ¡Qué alegría en los bailes del ele-gante y lujoso salón-teatro El Moderno, los con-ciertos en La Terraza y El Suizo de noche, los de-buts y sesiones de cine en los salones Moragra y Gran Suizo! Por las calles no se puede andar, hay ríos de gente, tranvías y autos. El automovilismo se impone. (…)2

En definitiva, o traslado da Terraza e a chegada do tranvía a Sada marcou o in-mediato futuro da localidade, reflectido na chegada de novas modas e estilo e dando lugar a unha importante apertura á moder-nidade no contexto de 1920-1930.

1.2. O papel dos emigrantes sadenses

en América

Había dúas caras da moeda: a mellora económica non chegaba a todos, polo que moitos, especialmente nas parroquias ru-rais de familias campesiñas, víanse forza-dos a emigrar. Moitos fillos de Sada mar-charon entre 1910 e 1920 a Bos Aires ou Nova York principalmente, e as súa ache-gas posibilitaron a supervivencia de moitas familias e o fomento da educación local. O cumio disto foi a fundación da escola Sada y sus Contornos en 1928, inspirada na «formalización volumétrica del último mo-dernismo»3. Pero coa crise de 1929 moitos deles retornaron, e consigo os capitais ad-quiridos, dando así apertura a novas insta-lacións como ultramarinos, melloras locais e reedificacións de vivendas nos novos es-tilos. Dito proceso modernizador foi imposi-ble sen as aportacións dos emigrados sa-denses nas Américas. Debe terse en conta que moitos emigrados retornaban america-nizados, cunha visión cosmopolita e urba-na. Algúns deles terían un importante papel na política local durante a II República.

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

Page 11: Betanzos - Unirioja

119C D E

119

1 Moitos dos xornais da época, coma La Voz de Galicia ou El Pueblo Gallego, constan de numerosos anuncios onde moitas familias sadenses alugan unha habitación para fins de semana e períodos máis amplos nos veráns e festas de agosto para as familias forasteiras, xa que moitos preferían esta opción antes que acudir aos hostais locais.2 RODRÍGUEZ ARES, R. (1998). Historias de Sada. Sada. Revistas, p. 206.3 SOLARUCE BLOND, J. (2013). Modernismo en A Coruña y su área metropolitana. A Coruña, D.L. Sada, p. 45.

(Fig.1)

(Figs. 2 e 3)

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 12: Betanzos - Unirioja

2. Estudo interurbano do concello de

Sada: distribución de estilos arquitectó-

nicos

Nun primeiro momento, a paisaxe urbana sadense ía ser case monótona ata a chega-da das influencias e estilos coruñeses entre os anos 1915 e 1930; só entón a finais desa fase é cando podemos completar o variado cadro estilístico vilego. O que se nos mostra a través do estudo de certas imaxes é o re-chamante do fenómeno das localizacións de certas tipoloxías arquitectónicas dependen-do das rúas ou zonas, xa que entra en xogo a tipoloxía das vías, a funcionalidade das vi-vendas ou as posicións de poder de certas familias, entre outros factores.

Así, poderemos diferenciar entre a arqui-tectura tradicional popular, principalmente mariñeira, os barrios de Fontán, Tenencia e A Ponte e, pola outra banda, as edificacións de estilo modernista, nun eixo definido en-tre a plaza del Conde, a avenida de la Ma-rina e a calle Mayor (hoxe Linares Rivas) de cara ás edificacións máis salientables. Sen embargo, todos os mencionados estilos contarían con edificacións illadas por todo o poboamento, pero será nestes puntos urba-nos onde máis presenza tiñan estes estilos correspondentemente, dando certo carácter singular ás diferentes zonas. Imprescindible é ter en conta a expansión destas modas ar-quitectónicas no entorno rural, punto onde máis se conservan hoxe en día ditas tipo-loxías.

2.1. A arquitectura de carácter popular e

tradicional mariñeira

Dito tipo de arquitectura era o dominante na localidade polas razóns explicadas no primeiro apartado, imperando o factor mariñeiro, pero, co tempo, moitas vivendas incorporaron certas innovacións modernistas como consecuencia da gran importancia que chegou a acadar.

2.1.1. Barrio da Tenencia O núcleo urbano orixinal da vila localizábase na zona da Tenencia, posto que a mediados do século XVIII contaba con pouco máis de 200 veciños. Atopábase en primeira liña de costa, cunha serie de vivendas que constantemente se atopaban vulnerables ás tempestades marí-timas. Hai que ter en conta que o porto-refuxio non sería construído ata mediados de século XX e o paseo marítimo actual comezaría a reali-zarse entre os anos 1970 e 1980.

Este barrio contaba con rúas tortuosas e moi estreitas que hoxe en día son aínda aprecia-bles, con casas tipicamente mariñeiras baixas ou dunha planta, reducidas, estreitas, sen de-pendencias traseiras propias do entorno rural e que moi raramente tiñan a capacidade de contar con corredoira na fachada dada a tipo-loxía das calexas. As fachadas contaban con cachotería, vans de madeiras e rechamantes nas cubertas, a dúas augas. O único espazo que permitía dita tipoloxía era a antiga rúa do Porto, hoxe en día rúa José Monzo, que, grazas á suficiente anchura da vía, contando as casas con balcóns de madeira moi elaboradas de ba-

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

Page 13: Betanzos - Unirioja

121C D E

121

laústres torneados e apoiadas sobre canzorros de madeira (fig. 3). Tamén se podía dar o caso do emprego de pedra para corredoiras, aínda que moi esca-samente. No resto das calexas dominaban os balcóns rasos de carpintería, nos cales o vano do muro resgábase ata o chan da habitación verticalmente co fin de aproveitar ao máximo a luz natural. Moitas das vivendas empregaban a planta baixa como establecemento, chamadas «plantas terreas».4

2.1.2. Barrio da Ponte Dentro do contexto de comezos do século XX, este barrio era a zona de construción máis re-cente e, por moito tempo, a zona máis humil-de de Sada. Moitas das súas edificacións eran vivendas baixas e familiares. As que contaban con primeiro andar eran menores e bodegas, almacéns e hortas convivían coas vivendas, no-tablemente austeras e con apenas elementos decorativos (fig. 4). As casas eran de tipo mariñeiro, aínda que con características distintas ás da Tenencia.

Contaban con parcelas máis grandes e ti-ñan igualmente carpinterías en portas e ven-tás; sen embargo, o balcón como elemento central da fachada estaba moi ausente. As bufardas centrais nos tellados eran o máis característico e iluminaban as estancias dos mariñeiros, elemento que J. R. Solaruce Blond considerou como singular da historia urbanística sadense.5.

2.1.3. Barrio de Fontán (fig. 5) Dominando a altitude de xeito privilexiado fronte a ría e a carón do porto, ata fai poucas décadas semellaba ser unha vila indepen-dente a Sada. En consecuencia, a arquitec-tura tradicional costeira galega era a domi-nante, aínda que, posteriormente, a moda modernista penetrou con intensidade. Den-tro do tradicional, había unha gran amalga-ma de estilos: casas estreitas, con balcóns, con galerías, etc., semellante á Tenencia en certos aspectos, pero sempre cun carácter propio. O elemento central novamente se-rían as carpinterías mariñeiras que se mos-tran en todas estas formas arquitectónicas.

(Fig 4) (Fig.5)

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 14: Betanzos - Unirioja

4 SOLARUCE BLOND, J., FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X. (1995). Arquitecturas da provincia da Coruña. Volume 1: A Comar-ca coruñesa. A Coruña, Deputación Provincial, D.L. Sada, Arquitectura Popular en Sada, p. 264.5 Íbid., p. 265.6 As diferenzas de clase ían chegar a ser tan fortes que na década de 1930 o sector anarquista local Luz ía reaccio-nar violentamente contra grandes propietarios e empresarios sadenses, especialmente en decembro de 1933, con varias detonacións en vivendas da clase alta local.

2.2. O estilo modernista a través do

estudo do detalle

Foron varios os factores que, como vimos, determinaron a chegada do modernismo á vila: a construción da Terraza e do tranvía, que conectaba A Coruña e Sada; a vista da localidade coma un destino de fin de sema-na por parte das familias adiñeiradas coru-ñesas; ou o retorno de capitais e a visión cosmopolita por parte dos emigrados. O es-tilo modernista convertíase a nivel local nun fenómeno universal: as elites económicas construían neste estilo as maiores casas da vila como mostra do seu poder e puxanza socioeconómicas6, pero tamén moitas edi-ficacións tradicionais adoptárona, sempre en niveis máis modestos pero en extensión ampla. O modernismo sadense, de igual forma que os principais centros modernistas galegos, consistía nun estilo puramente decorativis-ta, contaxiándoo a todos os niveis sociais: clases alta, media e mariñeira-campesiña sadenses; sen embargo, hai que indagar que o modernismo sadense chega á vila de forma moi tardía, entre 1920 e 1930, cando en moitos puntos xa está en claro retroceso.

2.2.1. O núcleo urbano sadense Aquelas familias de situación económi-ca privilexiada ían edificar no novo estilo naquelas vías máis transitadas e conside-radas as máis céntricas: praza do Conde, avenida da Marina, rúa Maior (hoxe Linares Rivas) e o Pedregal (hoxe rúa Barrié de la Maza). En case todos os casos atopámo-nos co desenvolvemento do organicismo: os seus elementos compositivos intentan-do asemellarse á natureza e concibindo os conxuntos coma organismos vivos..

(Fig.6)

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

Page 15: Betanzos - Unirioja

123C D E

123

O primeiro punto sinalado, a praza do Con-de, antigamente dominado por casas mari-ñeiras tradicionais, foi dando paso a novas construcións modernistas de sensación com-pacta e robusta: Casa Mora, Casa Golán e as escolas locais. A Casa Mora (fig. 6) está protexida hoxe en día polo Concello e nela abundan os elementos vexetais na fachada e as formas onduladas, polo que transmite unha sensación de vitalidade. Nos marcos das ventás e portas atopámonos ferro for-xado que asemella talos e espigas, mentres que as flores (en formas tanto realistas como xeométricas) dominan os balcóns, os canzo-rros e os marcos das ventás e a cornixa en forma de debuxos.

Todos os demais edificios modernis-tas da praza están hoxe desaparecidos, salvo a devandita Casa Mora. A praza xa mencionada estaba dominada pola Casa Golán (fig. 7), cuxa planta interme-dia contaba cunha bonita balconada que cubría toda a fachada en forma de co-lumnata e cuxa terraza estaba coroada cunha exuberante vexetación decorativa e esculturas de macetas, coidando a si-metría e regularidade das formas. Hoxe en día o edificio non existe, pero o actual situado nese emprazamento conserva o seu recordo co emprego de columnas transversais na súa fachada.

(Fig.7)(Fig.8)

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 16: Betanzos - Unirioja

(Fig.9)

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

(Fig.10)

Page 17: Betanzos - Unirioja

125C D E

125

Na avenida da Marina, situada ata as últimas décadas do século pasado na beira da ría, era o último punto da liña do tranvía Coruña-Sada, cuxa parada situábase enfronte xusto do edifi-cio da Terraza, o que constituía un paseo á bei-ra do mar por onde concorrían as familias aco-modadas locais e coruñesas. En consecuencia, moitos dos edificios locais máis elegantes abi-cábanse nesta zona por ser, ademais, punto privilexiado de cara a ría.

Destacar a Casa Pollán (fig. 8), de 1920, que contaba con grilandas, motivos vexetais nos balcóns, columnas con capiteis nos corpos centrais e laterais e lixeiros retoques nos mar-cos de madeira das ventás, ademais das ba-laustradas superiores. Todo isto proporciona a un edificio ecléctico e de elementos clásicos certa percepción modernista7.

O resto das vivendas eran de menores di-mensións, pero algunhas delas contaban con curiosas galerías acristaladas modernistas e balcóns moi elaborados, igualmente con ele-mentos naturais (fig. 9). Na rúa Maior (hoxe rúa Linares Rivas), consér-vanse a antiga Casa do Concello (fig. 10), levan-tada en 1915. É seguramente o primeiro edifi-cio modernista no núcleo urbano, substituíndo os motivos naturais polas formas xeométricas

e curvas en ventás, cornixa e molduras. É un modelo modernista máis racional, con for-mas máis severas e menores decoracións. Antigamente, destacaba na rúa a mestura de arquitectura tradicional coa edificación modernista, sobresaíndo a Casa de Correos (fig.11), do empresario Manuel Zapata Mon-tero, que copiaba o modelo de vivenda india-na típica de Betanzos, con tres niveis de al-tura, balconada intermedia de ferro forxado e galería superior modernista. Como curiosi-dade, Zapata foi un dos empresarios respon-sables do traslado da Terraza dende seu em-prazamento nos Xardíns de Méndez Núñez a Sada en 1919.

En canto ás demais vivendas conservadas actualmente, a meirande parte delas contan con elementos modernistas, pero iso non sempre implica que o conxunto do edificio sexa considerado como tal. Nestas vivendas pódese identificar o modernismo en elemen-tos arquitectónicos máis reducidos ou deco-rativos. Ademais, algunhas destas vivendas foron transformadas en certa medida nas dé-cadas seguintes, polo que se eliminaron cer-tos elementos compositivos, como balcóns e galerías. Contan cunha variable de formas e compoñentes que, en moi próxima medida, semellábanse ás existentes nos comezos do século pasado, segundo se analiza en anti-gas imaxes.

7 SOLARUCE BLOND, J. (2013). Modernismo en A Coruña y su área metropolitana. A Coruña, D.L. Sada, p. 44.

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 18: Betanzos - Unirioja

(Fig.12)

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

(Fig.11)

Page 19: Betanzos - Unirioja

127C D E

127

En canto aos balcóns de ferro (fig.13), predo-minan os abertos individuais e, de xeito máis reducido, os de balcón raso ou corrido. O for-mato de elaboración conta de forma omnipre-sente cunha combinación de formas xeométri-cas e naturais-vexetais (espigas, talos, flores). Os balcóns de ladrillo son principalmente abertos, sobre todo nas rúas máis transi-tadas, aínda que tamén teñen presencia os rasos, especialmente na zona da Tenencia. Polo xeral, contan con canzorros decorados e mesmos motivos decorativos; sen embargo, o material construtivo permite novos xogos de construción nos balcóns, coma no caso das vivendas modernistas da rúa da República Ar-xentina (fig.14), e incluso motivos mariños xa desaparecidos.

(Fig.13)

As edificacións menores deste estilo pene-raron en amplas zonas da vila, incluso naque-las onde o elemento tradicional e mariñeiro estaba consolidado, como a Tenencia ou Fon-tán, pero sempre en menores tamaños que os edificios destacables polas características urbanísticas destes barrios e a pertenza dos propietarios á clase media-baixa/mariñeira, aínda que non por iso os detalles eran menos ricos (fig.12).

Visualizando e estudando as fachadas das vivendas conservadas hoxe en día, podemos distinguir tres elementos fundamentais do edificio: o balcón, as molduras e os elemen-tos decorativos complementarios. En canto ao primeiro elemento, hai que diferenciar entre o balcón de ferro e o de ladrillo.

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 20: Betanzos - Unirioja

E, finalmente, as molduras e corpos superio-res das ventás e demais elementos decorati-vos. As molduras son escasas en canto a súa presencia, pero insisten na horizontalidade e teñen un carácter austero (agás nos grandes edificios) e xeométrico ao longo da fachada. Os rostros femininos consérvanse en esca-sos exemplos (nos números 23 e 30 da rúa República Arxentina e no número 11 da rúa do Río), e cuxo obxectivo era transmitir unha imaxe grácil e de harmonía. O elemento máis estendido son as decoracións en portas, ven-tás, marcos, ou capiteis en formas de flores, follas, ramos, froitos, círculos, formas xeomé-tricas e formas onduladas (fig. 15 e 16). Os balcóns e galerías acristalados estaban moi estendidos no núcleo urbano, especialmen-te na actual rúa Barrié de la Maza e avenida da Marina. Hoxe en día consérvanse de xeito escaso, sobre todo no primeiro caso8 (fig.17). 2.2.2. A arquitectura modernista no entor-no rural Nas primeiras décadas de século e de for-ma tardía (na década de 1930), as vivendas tradicionais ían incorporar progresivamente novos detalles nas fachadas en remates, bal-cóns e enreixados, mentres que os interiores seguirían sendo totalmente clásicos9 .Por este proceso destacaron os centros rurais de Osedo, Pazos, Mondego e especialmente Carnoedo.

(Figs.14,15 e 16)

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

Page 21: Betanzos - Unirioja

129C D E

129

A tipoloxía imperante é a vivenda de baixo e primeira planta, con tres corpos de ventás superiores mesturando balcóns rasos e aber-tos. O central sería o que resalta pola súa elaboración, mentres que as plantas baixas soen ser máis sobrias en decoración, propor-cionando unha imaxe de simetría e propor-cionalidade (fig.18). Aínda que igualmente comparten entorno os motivos xeométricos e florais-vexetais, neste contexto impóñense os primeiros, mentres que os segundos com-prenden un complemento secundario e de fondo nas decoracións principais. É moi co-mún, ademais, atopar moitas vivendas que comparten unha mesma decoración, o que indica o protagonismo de certos construtores en certas parroquias ou o maior gusto parro-quial por certos motivos ornamentais.

Se analizamos as parroquias indagadas, Osedo conta coas vivendas máis salientables na beira da estrada entre A Coruña e Sada, por onde pasaba a liña do tranvía (fig. 19). É un espazo de convivencia entre arquitectu-ra tradicional e decoracións modernistas. Os

8 Curioso é a localización en Barrié de la Maza de tipoloxías de vivendas tradicionais de finais do século XIX e de comezos do XX con trazos decorativos modernistas, cunha prolongación simétrica e repetitiva das portas, que antiga-mente daban paso a pequenos recibidores e almacéns. Hoxe en día están transformadas días portas en ventas e as estancias.9 SOLARUCE BLOND, J. , FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X. (1995). Arquitecturas da provincia da Coruña. Volume 1: A Co-marca coruñesa. A Coruña, Deputación Provincial, D.L. Arquitectura Popular en Sada, p. 264.

(Fig.17)

(Fig.18)

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 22: Betanzos - Unirioja

balcóns centrais superiores destacan cos dous ou tres corpos de círculos (pode que cadeas) unidos entre si, mentres que de fondo obsér-vanse diferentes motivos florais, coma botóns de rosas enroscadas nas formas xeométricas (fig. 20. Ilustración). As partes exteriores dos faiados soen estar tamén decoradas con mol-duras ou elementos de carpintería. Carnoedo é, sen dúbida, o centro modernis-ta do concello sadense, en especial no lugar de Chan da Aldea, o que lle da este estilo un carácter singular á parroquia. Dominan, con-trariamente, os balcóns rasos tanto na plan-ta superior coma na inferior, pero fortemente decorados, sendo os protagonistas das facha-das. Establécense as mesmas decoracións que en Osedo, e incluso de forma repetitiva entre certas vivendas próximas entre si; pero tamén convive outro modelo tamén repetido, con formas ondulantes que simulan cintas en-roscadas no motivo central, mentres que o ele-mento floral ocupa un papel menor (portada).

Conclusión

Coa chegada dos novos fenómenos urbanís-ticos ás costas galegas, moita da paisaxe ur-bana predominantemente tradicional foi des-aparecendo masivamente entre os anos 1960 e 2000. Sada non quedou á marxe. Escasos edificios antigos locais permanecen hoxe en pé, en maior ou menor nivel de conservación e espallados urbanísticamente, con certa con-centración na praza de San Roque, na rúa Ba-rrié de la Maza e no antigo barrio da Tenencia.

Só nos anos recentes foise creando un pensamento local e colectivo sobre a nece-sidade de preservación, coroado polas ne-cesidades reformistas do edificio A Terraza e a antiga Casa Consistorial que xa hoxe en día conforman iconas locais. Dito proceso veuse favorecido pola celebración de no-vas festividades coma a Feira Modernista, que conseguen dar a coñecer o rico pasa-do arquitectónico sadense xa en boa parte desaparecido. Unha vila que a comezos do novecentos contaxiábase das novas ideas culturais e de progreso que se veu reflecti-do na arquitectura, mentres seguía miran-do cara o mar.

(Fig.20) Ilustración.

Tradición e modernismo en Sada. Visual do patrimonio arquitectónico local conservado na actualidade | Adrián Brandariz López

(Fig.19)

Page 23: Betanzos - Unirioja

131C D E

131

BIBLIOGRAFÍA

El Ideal Gallego, 30-06-1923, Año VII, número 1828 (p. irrecoñecible). EN SADA.

PÉREZ LORENZO, Manuel (outubro 2010). “Manuel L. Freire-Calvelo na Sada dos anos 20 e 30”.

EN, Areal : revista cultural de Sada, número 1. Sada, A.C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO, p. 11-14.

RODRÍGUEZ ARES, Ramón (1998). Historias de Sada. Sada.

SOLARUCE BLOND, José, FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé (1995). Arquitecturas da provincia da Coruña.

Volume 1: A Comarca coruñesa. A Coruña, Deputación Provincial, D.L.

SOLARUCE BLOND, José (2013). Modernismo en A Coruña y su área metropolitana. A Coruña, D.L.

http://www.spanishrailway.com/2012/05/29/tranvias-de-la-coruna/

Fontes fotográficas:

Gráficas Ocero (Av/República Arxentina, nº41, Sada).

Memoria de Sada: arquivo fotográfico de Sada https://memoriadesada.com

(Fig.20) Ilustración.

Casa dos Espellos, 2 (2019), pp. 116-131, ISSN 2603-9583

Page 24: Betanzos - Unirioja

TEmA

Casa dos Espellos: Revista poliédrica da cul-tura galega é unha revista anual de Arqueo-loxía, Historia, Historia da Arte, Antropoloxía e Literatura, podendo admitir outras temáticas segundo o criterio do seu Comité Científico.

TRABALLOS

Publicaranse traballos orixinais e inéditos, podendo reeditar traballos que conten cun interese especial para a nosa temática. Non se aceptarán para a súa valoración traballos que foran publicados noutros medios ou estean en proceso de ser aceptados para outra publica-ción.

PRESENTACIÓN

Os traballos serán presentados por correo electrónico dentro do proceso de recepción de orixinais.

IDIOmAS

Os idiomas dos traballos poderán ser: galego, castelán, portugués e inglés.

FORmATO

A extensión máxima será de 10 follas sen ter en conta as imaxes. Entregarase unha copia formato Word ou Open Office, cunha letra Times New Roman a tamaño 12 e cun interli-neado de 1,5. As notas ao pé terán un tamaño 10 e interlineado sinxelo. O sistema de citas será o Estilo Harvard, presentando as referen-cias completas ao final do texto.

O inicio do traballo debe contar cun título, un breve resumen e cinco palabras clave que definan o traballo, no idioma do texto e a súa respectiva traducción ao inglés.

Noutro documento a parte, deberán apare-cer os datos do autor: nome completo, correo electrónico, filiación profesional e unha breve descripción biográfica acompañada dunha imaxe para ser engadida ao apartado de “Co-laboradores” da nosa web.

A Bibliografía aparecerá ao final do texto, or-denada alfabéticamente por autores e dentro de cada autor seguirá unha orde cronolóxica. Exemplos:

· Para libros: APELIDOS, Nome (Ano). Tí-tulo. Lugar de edición, Editorial.

· Para artigos: APELIDOS, Nome (Ano). “Título do artigo”. En Título da Revista, número. Lugar de edición, Editorial, Páxi-nas.

· Para capítulo: APELIDOS, Nome (Ano). “Título do capítulo”. En APELIDOS, Nome. Título do libro. Lugar de edición, Editorial, Páxinas.

· Para notas de prensa: Título da publica-ción, data, número, páxina. Título da nota ou da imaxe.

· Para fotografías: APELIDOS, Nome (Ano). Título da fotografia. Medidas. Fon-do.

· Para cuadros: APELIDOS, Nome (Ano). Título da obra. Material, medidas. Fondo.

NORmAS DE PuBLICACIÓN

Page 25: Betanzos - Unirioja

217

ImAXES

As imaxes empregadas serán de autoría pro-pia, estarán suxeitas a Creative Commons ou virán acompañadas do consentimento do autor para a súa publicación, no caso de ser un terceiro. O formato preferido será TIFF e a resolución mínima esixida será de 300ppp. De non contar ca resolución óptima poden ser desbotadas do artigo.

Non aparecerán no texto, senón que virán adxuntas no correo electrónico, cunha sinali-zación númerica (Fig. 1, Fig. 2, etc.) no traba-llo para que o equipo de deseño coñeza a súa disposición.

DIFuSIÓN

Todos os traballos presentados estarán dispo-ñibles en plataformas de acceso libre

DEREITOS

Os autores sempre serán os responsables le-gais dos seus textos. Non se poderá esixir nin-gún tipo de remuneración económica.

REVISIÓN

Será decisión do Comité Científico consulta-do, a publicación definitiva de cada traballo, tratando sempre de corrixir xunto co autor to-dos aqueles erros que sexan advertidos.

Os artigos de investigación estarán avaliados por dous expertos externos á Revista, mediante un sistema de doble cego, sendo anónimo o pro-ceso tanto para o autor coma para quen o avalíe.

A revista comprométese a adoptar unha de-cisión sobre a publicación de orixinais nun prazo de seis meses, reservándose o dereito de publicación nun prazo dun ano, dependendo sempre das necesidades da revista.

Casa dos Espellos contactará cos avaliadores aos que lles remitirá unha copia do texto sen indicio directo da identidade do autor e un modelo de informe no que se poida avaliar o contido do artigo, os aspectos formais, a cali-dade do texto, a clasificación tipolóxica no que deberemos encadralo e un veredicto no que se aconselle ou non a súa publicación ou a súa corrección. Estes datos poden ser enviados ao autor, tamén de forma anónima para o seu co-ñecemento e para favorecer as eventuais mo-dificacións.

CORRECCIÓN

Casa dos Espellos conta cun Comité de Re-dacción que revisará todos os textos e pode-rá propoñer modificacións nos mesmos aos autores, que disporán dun prazo máximo de dúas semanas para solventar os erros indica-dos. Non se permitirán cambios sustanciais do texto entregado.

— O feito de participar na revista, garante a aceptación e o cumplimento destas normas —

Page 26: Betanzos - Unirioja
Page 27: Betanzos - Unirioja
Page 28: Betanzos - Unirioja