2016deserta. Para sobrevivir na illa e dominar unha natureza hostil, Crusoe verase obrigado a avivar...

20
L I T E R A T U R A Cucaina Aula das Letras 2016

Transcript of 2016deserta. Para sobrevivir na illa e dominar unha natureza hostil, Crusoe verase obrigado a avivar...

LITERATURA

CucainaAula das Letras

2016

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 1 7/1/16 13:27

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 2 7/1/16 13:28

Literatura VicensVives,un empeño educativo

Deseñar unha colección literaria é un labor apaixo-

nante. Así a todo, o reto é dobre cando se pretende

conxugar o pracer que produce a lectura dun bo libro

coa vontade de formar a sensibilidade e o espírito crítico dos

estudantes. Tal empeño, que atopa camiño aberto pola traxec-

toria editorial de Vicens Vives, materializouse na creación de

dúas coleccións literarias que, con decidida vocación didácti-

ca, están presididas por un rigor intelectual e unha calidade de

edición capaces de satisfacer o lector máis esixente.

Cucaina concibiuse para os primeiros niveis do ensino se-

cundario e distínguese pola calidade das súas numerosas

ilustracións e polo seu atractivo formato. En Cucaina pu-

blícanse relatos de escritores como Oscar Wilde, Charles

Dickens, Arthur Conan Doyle ou William Irish, quen, ao tem-

po que nos conmoven coa beleza das súas historias, nos pro-

porcionan sabias leccións sobre o ser humano. Algúns títulos

desta colección son adaptacións de grandes obras elaboradas

cun refinado estilo literario.

Con Aula das Letras pretendemos guiar os primeiros pasos

do estudante que se inicia na lectura de obras fundamentais

da tradición literaria universal. A escolma de autores e títulos

capaces de seducir a lectores en proceso de formación é, xa

que logo, un obxectivo básico desta colección ilustrada en

cor por afamados artistas.

Ambas as coleccións dan cabida a toda clase de xéneros

literarios. A edición de todas as obras segue dous criterios

rexedores: as notas e prólogos proporcionan o conxunto de

claves para a comprensión cabal do texto, mentres que as

meditadas actividades estimulan a participación activa e a

reflexión persoal do estudante.

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 3 7/1/16 13:28

Otexto literario está composto cunha letra facil-

mente lexible. As abundantes ilustracións en

cor son obra de prestixiosos ilustradores na-

cionais e estranxeiros. A nota léxica está redactada con

gran sinxeleza e claridade.

As actividades ofrécense como complemento da lectura

e estrutúranse en tres apartados:

– En «Comprensión» ou «Argumento» repásanse os

episodios ou as situacións claves que fan progresar

a acción.

– En «Comentario» e «Expresión» vaise alén da com-

prensión superficial da obra, e, en función da idade

á que se destina cada lectura, reflexiónase sobre per-

sonaxes, temas, valores éticos etc.

– En «Creación» e «Expresión» propóñense toda unha

serie de actividades creativas arredor da obra: compo-

sición de textos escritos, debates, dramatizacións etc.

Todos os volumes contan cunha Guía didáctica.

4 LITERATURA

As actividades, divididas en tresseccións, constitúen unha guíasinxela e amena para tirar maiorrendemento da lectura.

As abundantes ilustraciónsen cor son obra deprestixiosos ilustradoresnacionais e estranxeiros.

Cucaina

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 4 7/1/16 13:28

LITERATURA 5

As notas están redactadas congran sinxeleza e claridade.

O texto literario está compostocunha letra facilmente lexible.

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 5 7/1/16 13:28

6 LITERATURA

1. A voz dos soñose outros contos prodixiosos

Hugh Lupton

Contos tradicionais e fantásticos

Como pode ver un cego con máis claridade que uncazador? É posible que chovan moletes e que os peixesnaden entre a herba dos bosques? As cativadorashistorias deste libro advírtennos contra as persoascontiñeiras, suxírennos que confiar nos soños nonsempre resulta desatinado, e apréndennos que o máissabio é quen ve cos ollos da mente… e do corazón.

Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1062-9

2. O Xigante egoístae outros contos

Oscar Wilde

Contos morais e fantásticos

Este libro reúne os contos máis fermosose conmovedores de Oscar Wilde, os seusrelatos máis dotados de valores morais.Os protagonistas destes contos alcanzan afelicidade e o amor cando, renunciando aoegoísmo, se mostran amables e xenerosose se preocupan polo ben dos demais.

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1104-6

4. Conto de NadalCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual

Relato moral e de fantasía

Ao vello avarento Ebenezer Scrooge aparécenselle unhanoite catro espectros que fan que recapacite sobre a súaconduta e que lle amosan o sinistro futuro que terá se teimano seu egoísmo. Con este conmovedor relato, Dickenspropúxose remover as conciencias dos seus lectores econvencelos da necesidade de seren bondadosos e depracticaren a caridade nun mundo inxusto.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1071-1

3. Fábulas de EsopoJerry Pinkney

Contos morais e fábulas

Neste fermoso libro escolmáronse sesenta fábulasde Esopo, un xénero e un autor imitados sendescanso. A súa permanente popularidade non éde estrañar, pois cada relato depara unha sorpresa:un muiñeiro e seu fillo deciden levar un burro aolombo, un lobo disfrázase cunha pel de ovella,unha gansa pon ovos de ouro, un sapoconchogáñalle a unha lebre nunha carreira…

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1133-6

Cucaina

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 6 7/1/16 13:28

6. Un tirón no raboMary Hoffman

Fábulas e contos de animais

Que acontece cando un lobo comellón pretendepapar a ovella máis repoluda? E cando un raposopresume da súa velocidade diante dun caranguexo?Neste libro reúnense once divertidas historias deanimais, nas que o lector descubrirá que se un sepasa de listo, é demasiado cobizoso ou se comportacoma un farfallán, pode saír bastante malparado.

Desde 8 anos ISBN: 978-84-682-1268-5

5. Mitos gregosMaria AngelidouAdaptación de Miguel Tristán

Relatos mitolóxicos

Toda a maxia e a beleza da mitoloxía aparecenreflectidas nos catorce mitos gregos desta antoloxía.O libro explica, entre outras historias, a loita deTeseo contra o Minotauro, a lenda da caixa dePandora, o desafortunado voo de Ícaro, a viaxe deOrfeo aos infernos e a astucia do cabalo de madeiraco que Ulises puxo fin á guerra de Troia.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1049-0

LITERATURA 7

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 7 7/1/16 13:28

8 LITERATURA

8. Relatos de monstrosSteven Zorn

Terror, humor e fantasía

Polas páxinas deste libro espreitan toda clase demonstros: un marabilloso dragón, uns enredantestrasnos, a criatura do doutor Frankenstein, un temiblelobishome… Os seis relatos que narran as súasaparicións farán que arrepíes de medo, que te divirtas,que te emociones, pero, sobre todo, con eles aprenderásque non todos os monstros son tan espantosos nin tandaniños como os pintan. A que esperas para descubrilo?

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1266-1

7. Aprendiz de detective Un roubo moi custoso

William Irish

Aventura, misterio e humor negro

A intriga, a emoción e o suspense atrapan olector desde a primeira á última liña destes dousmagníficos relatos policiais. No primeiro delesviviremos a aventura dun verdadeiro «aprendizde detective». O humor negro de Un roubo moicustoso, en troques, culmina nun arrepiantedesenlace.

Desde 10 anos ISBN: 978-84-316-2941-0

Cucaina

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 8 7/1/16 13:28

LITERATURA 9

9. Grandes esperanzasCharles DickensAdaptación de José María Pérez Zúñiga

Relato de aventuras e formación

O orfo Pip namórase de Estella, unha fermosa rapaza quevive cunha excéntrica anciá. Para conquistar a súa amada,Pip decide converterse nun cabaleiro e arredarse da súahumilde familia. Esa cega ambición lévao a desdeñara todos aqueles que o queren de verdade e a se deixarhumillar polos que o desprezan, o cal fai que se sintaculpable e descubra, ao cabo, que o segredo da felicidadereside nos bos sentimentos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1275-3

12. O misterio dos bailarínsPenca de Prata

Arthur Conan Doyle

Relatos policiais

A capacidade de observación e o talento dedutivo deSherlock Holmes relocen nestes dous relatos subxugantes.En O misterio dos bailaríns, o famoso detective resolve unintrigante asasinato grazas ao enxeñoso desciframento duncriptograma, mentres que en Penca de Prata Holmes ten queempregar toda a súa perspicacia para desbotar as probas queacusan o presunto culpable e identificar o verdadeiro asasino.

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1300-2

11. O corcovadoe outros contos de «As mil e unha noites»

Anónimo

Contos de aventuras, fantasía e humor

Nestes dez contos de As mil e unha noites, as anécdotasmáis divertidas e as fábulas máis formativas convivencon historias tan fantásticas como a do home quegardaba na súa bolsa toda unha cidade, o corcovado quemorreu catro veces e ao fin resucitou, o avarento que operdeu todo por mor dos seus zapatos e o leñador quetornou rico ao grito de «Ábrete, sésamo!».

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1302-6

10. Robinson CrusoeDaniel DefoeAdaptación de Eduardo Alonso

Novela de aventuras

Dominado pola ambición e o afán de aventuras,o mozo Robinson Crusoe abandona o seu fogarpaterno e, tras superar unha serie de perigosasaventuras e infortunios, naufraga nunha illadeserta. Para sobrevivir na illa e dominar unhanatureza hostil, Crusoe verase obrigado a avivaro enxeño e a desenvolver múltiples destrezas.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1299-9

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 9 7/1/16 13:28

14. Oliver TwistCharles DickensAdaptación de Pablo Antón Pascual

Novela realista e moral

Esta conmovedora novela narra as desventuras deOliver Twist, un rapaz que medra nun refuxio demendigos e que sofre incontables penalidades candose une, sen sabelo, a una banda de garduños. Cun hábilmanexo da intriga e o misterio, Dickens traza un retratosatírico dunha sociedade incapaz de comprender quesó o amor pode vencer os peores instintos humanos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1298-2

18. As viaxes de GulliverJonathan SwiftAdaptación de Martin Jenkins

Novela de aventuras, fantasía e sátira social

Tras naufragar na illa de Liliput, o doutor Lemuel Gullivercoñece os seus diminutos e mesquiños habitantes, capa-ces de declararlle a guerra ao país veciño por non sepoñeren de acordo sobre como escachar os ovos. Nasviaxes sucesivas, Gulliver convive con outros personaxesextraordinarios, a través dos cales satiriza, con humore enxeño, os defectos dos seres humanos.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1643-0

15. Miguel StrogoffJules VerneAdaptación de José María Pérez Zúñiga

Novela de aventuras

O capitán Miguel Strogoff realiza unha longa e perigosa viaxepola estepa siberiana para previr o gobernador de Irkutsk contrao traidor Iván Ogareff, que se aliou cos invasores tártaros.Polo camiño, o correo do tsar é capturado e cegado cun sabreincandescente polo inimigo. Con todo, a perseveranza deStrogoff e a axuda da moza Nadia permiten que o heroe escape,se enfronte a Ogareff e deteña a invasión tártara.

Desde 11 anos ISBN: 978-84-682-1442-9

NOVIDADE

Cucaina

13. Relatos de pantasmasSteven Zorn

Misterio, terror e humor

Un viaxeiro comparte o camarote dun barco cunmorto vivente… Un rapaz orfo recibe a visita dedúas pantasmas de curta idade que non pretendenoutra cousa que salvarlle a vida… Atrévete a entrarno mundo misterioso e fantástico dos oito contosdeste libro. En cada unha das súas páxinas atoparásunha sorpresa.

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1301-9

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 10 7/1/16 13:28

LITERATURA 11

19. Amigos robotsIsaac Asimov

Ciencia ficción

Nos dous relatos deste libro, Asimov descríbenosunha sociedade futura na que os robots seconverten en fieis servidores dos seres humanosaté o extremo de suplir as súas carencias afectivas.Tal é o caso de Robbie, un dos contos máis tenrosescritos polo autor, e tamén de Sally, relato no queuns coches dotados de intelixencia defenden o seudono do ataque duns malfeitores.

Desde 10 anos ISBN: 978-84-682-1589-1

NOVIDADE

20. O mago de OzL. Frank Baum

Fantasía e aventura

Da man da pequena Dorothy, Baum lévanosde viaxe ao máxico reino de Oz, onde as bruxasbatallan coas fadas e o máis insólito semellaposible. Unha sucesión de emocionantes aventurase inesquecibles personaxes apréndenos que todosos nosos soños poden facerse realidade se loitamospor eles con ilusión e esforzo.

Desde 9 anos ISBN: 978-84-682-1571-6

NOVIDADE

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 11 7/1/16 13:28

12 LITERATURA

Concibida para cubrir as etapas da Educación

Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato, esta

colección reúne unha serie de libros que cati-

varán o interese do estudante tanto polos seus temas

coma polo seu valor literario. A carón de autores de

obrigada presenza (Poe, London, Conan Doyle…), Auladas Letras ofrece opcións innovadoras tales como es-

colmas de relatos policiais, de humor ou de narracións

fantásticas. Esta colección aspira así mesmo a familia-

rizar o alumnado con todos os xéneros literarios, polo

que inclúe novelas, relatos, pezas teatrais…

Alén de ponderadas introducións, cada edición incor-

pora unha útil dobre anotación (léxica e explicativa) e,

sobre todo, un amplo abano de propostas de traballo

onde o texto se analiza non só desde o punto de vista

literario, senón atendendo a outros enfoques que o

contido de cada libro esixe: histórico, ético etc.

A colección conta con ilustracións en cor de artistas de

recoñecido prestixio.

Os textos auxiliares reúnendocumentos críticos, históricos,éticos etc., que constitúen o puntode partida para as actividades.

Foliación en números arábigos.

Nota léxica redactada con claridade.

Número da nota socioculturalou de interpretación destacadoen cor.

Aula das Letras

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 12 7/1/16 13:28

LITERATURA 13

Explicación previa áformulación de cuestións.

A letra en negra destaca os temasnos que se centran as preguntas.

Clara división temática enapartados e subapartados.

Nas actividades remítese aostextos auxiliares, á Introducióne, sobre todo, ao propio textoliterario.

Todos os volumes contancon ilustracións en cor.

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 13 7/1/16 13:28

14 LITERATURA

1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa Morgue

Edgar Allan Poe

Relatos de enxeño e de misterio

Este libro reúne dous dos contos máis famosos de Poe.En «O escaravello de ouro», o achado dun pergameocunha mensaxe cifrada da pé á exhibición do enxeño doprotagonista, Legrand, e do humor do seu inesqueciblecriado. En «Os crimes da rúa Morgue», o investigadorDupin consegue resolver cunha asoballante lóxica oenigmático caso dun crime cometido nun cuarto fechado.

Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1047-6

4. A rateiraAgatha Christie

Drama policial

Tras cometerse un asasinato en Londres, o sarxentode policía Trotter preséntase nun pequeno hotelafastado da capital e illado pola neve para advertirllesaos seus moradores que o asasino está a piquesde chegar co propósito de cometer outro crime. Ahabelencia coa que a autora manexa a intriga e odesenlace sorprendente converteron esta obra na máisrepresentada de toda a historia do teatro.

Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1303-3

3. A chamada da naturezaJack London

Novela naturalista e de aventuras

Ambientada no Canadá e durante a «febre do ouro»de 1897, A chamada da natureza relata a loita polasupervivencia de Buck, un can ao que uns desaprehen-sivos raptan en California para ser vendido nas xélidasterras do Norte. A crueldade que Buck debe afrontarqueda mitigada polo amor e a fidelidade que o cansente polo seu amo, unha lección que nos fai vibrar eque London nos transmite con todo dramatismo…

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1070-4

2. A visita do inspectorJ. B. Priestley

Drama moral e de intriga

Un inspector de policía preséntase no domicilio dafamilia Birling, interrompe a animada cea coa queestán a celebrar o compromiso matrimonial de Sheila eindaga na implicación dos comensais no suicidio dunhamoza. A obra desenvolve a partir de entón unha tramachea de suspense na que se presenta un tema de fondocalado moral: todos formamos parte da humanidade esomos responsables da sorte dos demais.

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1048-3

Aula das Letras

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 14 7/1/16 13:28

LITERATURA 15

5. Canción de NadalCharles Dickens

Novela moral e de fantasía

A melodramática historia do vello avaro EbenezerScrooge, que unha noite soña cos horrores que haberáde padecer se porfía no seu detestable egoísmo,ofrécese nesta fermosa edición cun prólogo que estudaa famosa obra de Dickens con detalle. A edición contacon máis de sesenta acuarelas do artista irlandés P. J.Lynch e unhas actividades que analizan o libro desde opunto de vista literario, histórico e ético.

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1304-0

6. Antoloxía do relato policialSelección de J. Santamaría e P. Alonso

Relatos policiais

Os relatos policiais desta engaiolante escolmaconteñen os grandes temas do xénero e contancos máis famosos detectives como protagonistas:o inimitable Sherlock Holmes, o duro e cínico SamSpade ou o infalible Ellery Queen. Nos contos de ConanDoyle, Dashiell Hammett, Berkeley Cox ou WilliamIrish, o lector descubrirá a fascinación que exerce omisterio e o pracer que produce resolvelo.

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1305-7

7. As mil e unha noitesSelección de Brian Alderson

Relatos de aventuras, de misterio e de humor

Magoado pola infidelidade da súa esposa, un vingativosultán decide axustizar cada día unha muller até que,chegada a quenda de Sahrazad, a rapaza se nega aaceptar ese destino atroz. Para adiar a súa morte,Sahrazad acorda cativar a atención do rei unha noitetras outra con historias ateigadas de prodixios, relatosde misterio e intriga, contos humorísticos… atéconformar o libro máis fascinante de todos os tempos.

Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1306-4

8. O signo dos catroArthur Conan Doyle

Relato policial e de misterio

A señorita Mary Morstan acode a Sherlock Holmespara que a acompañe a unha cita cun home descoñe-cido que lle foi enviando unha perla cada anodurante os últimos dez. O enigmático personaxe éfillo dun amigo do pai de Mary, un oficial británicodesaparecido misteriosamente, e no encontrorelátalles unha trepidante historia de roubos,traizóns e asasinatos que Holmes deberá solucionar.

Desde 14 anos ISBN: 978-84-682-1307-1

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 15 7/1/16 13:28

16 LITERATURA

9. O can dos BaskervilleArthur Conan Doyle

Relato policial e de misterio

Desexoso de satisfacer os seus ávidos lectores, ArthurConan Doyle baseouse na lenda dun can feroz e espectralpara compoñer a máis brillante de todas as novelasnas que o protagonista é Sherlock Holmes. O can dosBaskerville é unha obra espléndida onde, a partir dafusión do xénero policial cos recursos da novela gótica, secontrapoñen, sazonados cunha boa dose de suspense,o poder da razón e as pantasmas do sobrenatural.

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1445-0

12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia ficción

Edición de Agustín Sánchez Aguilar

Relatos de ciencia ficción

Non hai xogo máis excitante que imaxinar o que vai vir. A iso é aoque se dedica a ciencia ficción, o xénero ao que pertence Viaxe aofuturo. Unha partida de cazadores embarca nunha máquina dotempo para matar un dinosauro, cinco astronautas desaparecensen deixar rastro no planeta Xúpiter, un androide chega á Terracargado cunha bomba letal, unha estraña epidemia impulsa oshomes a acabar coas mulleres que aman…

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1448-1

10. O gato negroe outros contos de horror

Edgar Allan Poe

Relatos de fantasía e horror

Para provocar o espanto do lector, Poe indagou nos recantosmáis escuros da mente humana: dela proceden as imaxesdelirantes que inducen ao asasinato os protagonistas dalgúnsrelatos («O gato negro» e «O corazón delator») e nela incuba odesexo de vinganza que culmina en atroces crimes («A barricade amontillado» e «Hop Frog»). En todos estes relatos, en fin,brilla o xenio literario de Poe, mestre inigualado de contistas.

Desde 13 anos ISBN: 978-84-682-1446-7

Aula das Letras

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 16 7/1/16 13:28

LITERATURA 17

Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1644-7

13. A pantasma de Cantervillee outros contos

Oscar Wilde

Relatos de fantasía e horror

Encabezada por «A pantasma de Canterville», un relato quecombina trazos do xénero gótico e unha divertidísima sátirada aristocracia británica, esta antoloxía reúne os contosmáis entrañables do escritor irlandés. Neles, Wilde criticaa ridícula vaidade dun pretensioso foguete, censura ahipocrisía de quen finxe amizade ou conmóvenos co amor ea xenerosidade sen límites de moitos dos seus personaxes.

Desde 12 anos ISBN: 978-84-682-1588-4

14. Robbiee outros relatos

Isaac Asimov

Relatos de ciencia ficción

Que pasará cando utilicemos os robots como coidadoresdos nosos fillos e como condutores dos nosos coches; candoconfiemos neles para escoller os nosos gobernantes e pararesolver todos os nosos problemas? Que ocorrerá se asmáquinas comezan a decidir por nós? Ateigado de suxestivaspreguntas e de imaxinativas respostas, Robbie e outros relatosamósanos un futuro que ilusiona e inquieta ao mesmo tempo.

1. A voz dos soñose outros contos prodixiososHugh Lupton

Contostradicionais

e fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·2. O Xigante egoísta

e outros contosOscar Wilde

Contosmorais e

fantásticos · · · · · · · · · · · · · · · ·3. Fábulas de Esopo

Jerry Pinkney

Contosmorais efábulas · · · · · · · · · · · · · · · ·

4. Conto de NadalCharles Dickens

Relatomoral e de

fantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·5. Mitos gregos

Maria AngelidouRelatos

mitolóxicos · · · · · · · · · · · · · · · ·

Colección Cucaina

CADRO DE VALORES

Am

izad

e

Com

pañe

irism

o

Con

fianz

a

Con

stan

cia

Cre

ativ

idad

e

Crit

erio

prop

io

Div

ersi

dade

Xen

eros

idad

e

Hon

rade

z

Imax

inac

ión

Xus

tiza

Med

iona

tura

l

Resp

onsa

bilid

ade

Solid

arie

dade

Tole

ranc

ia

Vale

ntía

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 17 7/1/16 13:28

18 LITERATURA

7. Aprendiz de detectiveUn roubo moi custosoWilliam Irish

Aventura,misterioe humor

negro· · · · · · · · · · · · · · · ·

8. Relatos de monstrosSelección de Steven Zorn

Terror,humor efantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·

9. Grandes esperanzasCharles Dickens

Relato deaventuras eformación · · · · · · · · · · · · · · · ·

10. Robinson CrusoeDaniel Defoe

Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·

11. O corcovado e outros contosde «As mil e unha noites»Anónimo

Contos deaventuras,

fantasíae humor

· · · · · · · · · · · · · · · ·12. O misterio dos bailaríns

Penca de PrataArthur Conan Doyle

Relatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·

13. Relatos de pantasmasAdaptación de Steven Zorn

Misterio,terror

e humor · · · · · · · · · · · · · · · ·14. Oliver Twist

Charles DickensNovelarealista · · · · · · · · · · · · · · · ·

15. Miguel StrogoffJules Verne

Novela deaventuras · · · · · · · · · · · · · · · ·

Colección Cucaina

CADRO DE VALORES

Am

izad

e

Com

pañe

irism

o

Con

fianz

a

Con

stan

cia

Cre

ativ

idad

e

Crit

erio

prop

io

Div

ersi

dade

Xen

eros

idad

e

Hon

rade

z

Imax

inac

ión

Xus

tiza

Med

iona

tura

l

Resp

onsa

bilid

ade

Solid

arie

dade

Tole

ranc

ia

Vale

ntía

18. As viaxes de GulliverJonathan Swift

Novela deaventuras,fantasía e

sátira social· · · · · · · · · · · · · · · ·

19. Amigos robotsIsaac Asimov

Cienciaficción · · · · · · · · · · · · · · · ·

20. O mago de OzL. Frank Baum

Fantasía eaventura · ·· · · · · · · · · · · · · · ·

6. Un tirón no raboMary Hoffman

Fábulas econtos deanimais ·

·· · · · · · · · · · · · · ·

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 18 7/1/16 13:28

LITERATURA 19

1. O escaravello de ouroOs crimes da rúa MorgueEdgar Allan Poe

Relatos deenxeño e

de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·2. A visita do inspector

J. B. Priestley

Dramamoral e de

intriga · · · · · · · · · · · · · · · ·3. A chamada da natureza

Jack London

Novelanaturalista

e deaventuras

· · · · · · · · · · · · · · · ·4. A rateira

Agatha ChristieDramapolicial · · · · · · · · · · · · · · · ·

5. Canción de NadalCharles Dickens

Novelamoral e de

fantasía · · · · · · · · · · · · · · · ·6. Antoloxía do relato policial

Varios autoresRelatospoliciais · · · · · · · · · · · · · · · ·

7. As mil e unha noitesVarios autores

Relatos deaventuras,de misterioe de humor

· · · · · · · · · · · · · · · ·8. O signo dos catro

Arthur Conan Doyle

Relatopolicial e

de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·

ColecciónAula das Letras

CADRO DE VALORES

Am

izad

e

Com

pañe

irism

o

Con

fianz

a

Con

stan

cia

Cre

ativ

idad

e

Crit

erio

prop

io

Div

ersi

dade

Xen

eros

idad

e

Hon

rade

z

Imax

inac

ión

Xus

tiza

Med

iona

tura

l

Resp

onsa

bilid

ade

Solid

arie

dade

Tole

ranc

ia

Vale

ntía

10. O gato negroe outros contos de horrorEdgar Allan Poe

Relatos defantasía e

horror · · · · · · · · · · · · · · · ·9. O can dos Baskerville

Arthur Conan Doyle

Relatopolicial e

de misterio · · · · · · · · · · · · · · · ·

12. Viaxe ao futuroRelatos de ciencia ficciónVarios autores

Relatosde ciencia

ficción · · · · · · · · · · · · · · · ·13. A pantasma de Canterville

e outros contosOscar Wilde

Relatos defantasía e

horror · · · · · · · · · · · · · · · ·14. Robbie e outros relatos

Isaac Asimov

Relatos decienciaficción · · · · · · · · · · · · · · · ·

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 19 7/1/16 13:28

Ronda de Outeiro, 308. 15011 A Coruña. Tel. 981 27 35 00 • Fax 981 26 98 8615011 A Coruña • [email protected] • www.vicensvives.es

C101

354

Librería en liña de Vicens Vives.

Por mercar en vicensvivesonline.com, 5% de desconto eenvío gratuíto de libros e materiais de papel.

Ctlg_Literatura_GAL_2016.indd 20 7/1/16 13:28