Derradeira carta ós Reis Magos - recursos.grupoanaya.es · • Dende a chamada revolución...

8
1 Derradeira carta ós Reis Magos XERAIS Título: Derradeira carta ós Reis Magos Autora: Fina Casalderrey Ilustradora: Hoa-binh Melgar Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 48 ISBN: 84-8302-893-X Idade: De 7 anos en diante

Transcript of Derradeira carta ós Reis Magos - recursos.grupoanaya.es · • Dende a chamada revolución...

1

Derradeira carta ós Reis Magos

XERAIS

Título: Derradeira carta ós Reis Magos

Autora: Fina Casalderrey

Ilustradora: Hoa-binh Melgar

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 48

ISBN: 84-8302-893-X

Idade: De 7 anos en diante

2

a autoraFina Casalderrey

Nada en Pontevedra, conta xa cunhaextensa obra narrativa dirixida ó públi-co infantil e xuvenil, pola que recibiunumerosos premios e pode considerar-se unha das escritoras máis recoñecidase traducidas da nosa literatura.Dentro desta colección podemos ato-par outros títulos como Dúas bágoaspor Máquina (Premio Merlín 1991)ou Chamizo (que aparece na Lista deHonra de CLIJ en 1994).Foi Premio Barco de Vapor 1994 ePremio Nacional de LiteraturaInfantil e Xuvenil 1996 por O misteriodos fillos de Lúa, Premio Edebé 1995por O estanque dos parrulos pobres,¡Puag, que noxo! foi recollido na Listade Honra de CLIJ en 1998, ¡Prohibidocasar, papá! foi incluída na seleccióndos «The White Ravens 1998» da Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnic,con Ás de mosca para Anxo foi candidata para a Lista de Honra do IBBY en 1999 e aca-dou o 1º Premio de Literatura Infantil e Xuvenil «Lecturas» por O misterio do cemite-rio vello no ano 2000.Mestra de profesión, Fina Casalderrey escribiu tamén obras de teatro para ler e repre-sentar, dirixidas ó seu alumnado, e que aparecen recollidas en Recursos teatrais para aexpresión dramática na escola. 7 pezas para representar.Xunto con Mariano García escribe algún que outro libro sobre etnografía e cociñacomo O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.Tamén é colaboradora literaria dos xornais Diario de Pontevedra e El Progreso.

3

resumo argumentalPequeno relato organizado en tres capítulos.En primeira persoa, o protagonista introdúcenos nunha historia que ten toda amaxia do Nadal e a furiosa candidez da conciencia das primeiras inxustizas.Comeza presentándonos a súa casa, os pais e a ledicia deses tempos nos que o que llepides ós Reis aínda está nos escaparates. Sendo así non haberá desculpa, poderáncollelo para ti. Desa maneira razoa o noso pequeno…Continúa relatándonos o percorrido pola rúa, o que vai atopando e a volta á casa conpapá canso de estar no paro e mamá traballando ata tarde por ser festas. A vésperade Reis mirando a cabalgata e recordándolles ós Reis o que xa eles saben: ¡que quereun scalextric!Pero ó día seguinte sufrirá unha decepción: non só non lle trouxeron o que lle pedi-ra a pesar de ser bo, senón que a outros deixáronlles máis aínda do que solicitaran…e remata escribíndolles unha carta, a derradeira, na que descarga toda a rabia polainiquidade que cometeran con el.Escrita coma se o fixera un neno, tal cal, dunha maneira que quere ser infantil, naque se recoñece a liña de razoamento da rapazada, as saídas propias deles…

ilustraciónHoa-binh Melgar

Hoa-bin Melgar (A Habana, Cuba),fixo ilustración publicitaria para revis-tas como Mia, Ragazza, AR… e paralibros en editoriais como Edelvives,Everest ou Ibaizabal.Un aire naif parece percorrer as páxi-nas do libro, axudado polas coresquentes e as distorsións na representa-ción da realidade.

4

temáticaXustiza

O rapaz é capaz de gozar de todo aquilo que lle ofrece a rúa e o tempo.Non vive no mellor dos mundos, pois seu pai acaba de quedar sen tra-ballo e non sempre anda o home de humor, mentres súa nai ten un hora-

rio máis longo pola proximidade das festas. De todos os xeitos, séntese feliz ata quedescubre que «os magos» non lle traen o que pedira e ó que se sente con dereito, sobretodo se se compara con outros que non son mellores ca el e obteñen máis.

As ilusións, a espera dos grandes días……sentir o corpo livián e o mundo en paz. A ledicia que nos produce terconfianza na bondade e nos outros.

Os Reis Magos

A derradeira carta

¿A última porque xa non quere saber máis deles ou a última porque seuspais vanlle contar un segredo e o segredo é que non hai Reis a quen escri-birlle? Ese primeiro golpe da realidade cando a maxia se converte en algo

corrente e vulgar.

5

actividadesAntes da lectura

• Suscitaremos predicións a partir do título.• Observemos a portada. Tamén ela nos achegará datos acerca do que trata o relato.• Leremos a contracapa e acabaremos de adiviñar a historia que despois leremos paraconfirmar.• Deixaremos que vaian mirando o libro, os datos no interior das tapas sobre a autora, ailustradora e outros títulos da colección. Falarán de se xa as coñecen ou se leron algúnoutro libro escrito ou ilustrado por elas. Mirarán as ilustracións e os títulos dos capítulos…• Antes de comezar a lectura podemos activar os coñecementos que ten o alumnado acer-ca dos Reis Magos: quén son, cómo comeza a súa historia, cándo se celebra o día de Reis…

Durante a lectura

• Contesta:– ¿Como se chama o protagonista desta historia?– ¿Cantos anos ten?– ¿Que será entoar cancións sen palabras?– ¿Por que dicimos os Magos de Oriente cando nos referimos ós Reis?– ¿Que será unha estatua de bolboreta? ¿Como lle chamades vós?– ¿Por que cres que lle di o mestre que leva ollos de vagalume?– ¿Cal será o segredo que lle van contar os pais ó final do relato?– ¿Por que Baltasar levaba na cabalgata o colo da camisa todo manchado de negro?• Completa:– É un rapaz sincero que entende que o ano pasado os Reis non lle puideron traer o quelles pedira porque…– A señora do quiosco chámase………… E o mestre…………– Os Reis a Lupe trouxéronlle…• Describamos ó protagonista e, se non temos datos suficientes, podemos inventarllosentre todos.• ¿Como se xoga ó scalextric? A partir de aí podemos ir facendo un percorrido contan-do a qué xogar. Podemos facelo oralmente ou elaborando unha ficha para cada xogo coadescrición por un lado e o debuxo por outro.• Lembremos as cabalgatas de Reis nas que participamos nalgunha ocasión.• El explica como nota cando seu pai ten os pensamentos tristes. ¿E ti, como te decatas diso?• «Proíalle o corpo co nerviosismo, coma se tivera formigas.» ¿Como te sentes ti candoestás nervioso?• A el dálle vergonza que a compañeira o atope a carranchapernas de seu pai. ¿Que chedá vergonza a ti?• Faise preguntas acerca dos Reis: «¿Como farán para repartir tantos regalos por todo omundo nunha soa noite?» ¿Que preguntas te fas ti para as que aínda non tes resposta?• No texto dise: «Aplanado coma a masa de facer galletas.» Podemos buscar dez cousastan aplanadas coma esa masa. ¡A ver quen o fai primeiro! Logo xogaremos por equipos;cada un deles realizará dez comparacións buscando sempre a orixinalidade.

6

actividades• «Semellaba unha pelota de goma cando ía dando pinchos dun escaparate a outro.»Sigamos utilizando este esquema e realizando comparacións así de divertidas. Exemplo:«Semellaba unha pomba voando dun escaparate a outro»…• «Flotaría igual cá flor dunha camelia» ¿Que outras cousas flotan? Exemplo: «Flotaríaigual ca unha cortiza»…• «Nos meus ollos acendíase luces de cores coma as da rúa». Sigamos xogando. Cadarecurso dos que aparece no texto daranos pé para abrir a nosa imaxinación: «Nos meusollos acendíanse estrelas coma as do firmamento na noite»…• «As persianas das ventás parecen pálpebras». Seguro que somos capaces de atopar moi-tas cousas que se semellen ás diferentes partes do noso corpo: as fiestras dunha casa pare-cen os ollos, a porta parece a boca…• Mirábase nos espellos das pozas de auga, nos dos vidros das tendas… ¿En que outroslugares se podería ver coma se fosen espellos?• Ás veces a mesma palabra pode servir para cousas moi diferentes. Dicimos «a lúa doescaparate» e tamén «a lúa do ceo», o satélite da Terra. Busquemos outras palabras quetamén sexan homónimas.• «Notei como o sangue me corría polas veas» ou «Metéraseme un ruído de grilos nacabeza». Elixe unha destas frases e escribe unha historia tomándoa ó pé da letra.• Se queremos facerlle un marcapáxinas a este libro poderiamos realizado longo, enforma de scalextric ou… ¡apunta ti algunha outra idea!• Mirar o ceo enteiro se estamos no campo ou os anacos que podemos ver entre os edi-ficios cando estamos na cidade; miralo de día e de noite, aprendendo a recoñecer asestrelas e os tipos de nubes. Investigade un pouquiño neses campos.• Escribe o título dos tres capítulos e explica a razón pola que se chamarán así.• «Parei onda unha árbore que tiña flores; chámanlle camelia.» Sigue poñendo nomesde árbores e algunha calidade coa que podiamos recoñecelas.• Ollos de vagalume. Boca de caravel. ¿Que máis se nos ocorre?• Iso de ser empresario debe ser coma xogar na selección. ¿E coma que máis? E ser obrei-ro, ¿a que se parecerá?• Escribámoslle unha carta ós Reis fóra de época, botándolle en cara todas as veces queo fixeron mal con nós. Ou escribámoslle unha carta ós Reis dándolle as gracias por todosaqueles anos que nos trouxeron o que pedimos.• ¿De quen es ti: dos Reis ou de Papá Noel? Expliquemos esa opción.• De Reis Magos a Reis Parvos, de reis con carroza a reis da baralla… ¿Que máis reiscoñeces?• A este rapaz encántalle o scalextric, é a cousa que máis quere no mundo. ¿E ti? ¿Por que?• A rúa na que vive o protagonista é peonil. Nas cidades modernas, inténtase conseguirque unha parte quede libre de trafico rodado, para que poidan camiñar tranquilas aspersoas, mirar escaparates, sentarse a descansar… Fai o plano dunha cidade tal como ati che gustaría. Terás toda a liberdade na túa man.• Dende a chamada revolución industrial, as máquinas fan traballos que antes só reali-zaban os homes, e estes quedan no paro. ¿Coñeces algún caso real no que sucedera isto?Iso non tiña por que estar mal, se as persoas puidesen facer tarefas menos penosas…

7

actividadesConvirtámonos en inventores e deseñemos unha máquina que nos axude nun traballoque nos pareza moi molesto.• Agora seremos políticos e organizaremos a sociedade de maneira que todos poidamosrepartirnos o traballo e o tempo libre, porque iso de que o pai non poida traballar fóra peroque a nai non poida chegar a tempo para cear con eles non parece moi xusto, ¿verdade?• «¡Eu era feliz!», di o neno. Comeza unha redacción con esta fórmula e buscando esemomento no que te sentiras así de ben.• Entoemos cancións sen palabras. Xoguemos a adiviñar cáles son as que entoan os demais.• Cada un de nós prepararase para facer de «estatua». Tamén ensaiarán a maneira demoverse cando lles boten unha moeda.• Nas rúas peonís adoita haber xente que fai diferentes cousas para distraer ós paseantese conseguir uns cartos a cambio: mimos, músicos… Convirtamos a aula nunha desasrúas e cada un de nós tentará gañar a vida coas súas «estratexias».• «¿Credes que se pasa ben obedecendo sempre?» Opinemos sobre isto.• «Non quería chorar e non chorei.» ¿Cando che pasou algo semellante?• Ó longo da lectura, vemos coma o protagonista pasa por momentos exultantes nos quetodo parece ir sobre rodas e outros ben tristes. Contesta por medio dunha redacción á pre-gunta: «¿Como te sentes?».• «Adeus, Reis Parvos, xa non vos quero», di o neno. ¿Que pasará cos reis se os nenosnon os queren? Escribe esta historia.• Ide contando ata cándo crestes nos Reis e en Papá Noel. ¿En que outras cousas crestese xa non credes?• ¿En que momentos vos sentistes inxustamente tratados? ¿A que foi debida esa inxustiza?• Hai detalles que aparecen nas ilustracións e dos que non nos fala o rapaz. Cita algún deles.• Busca a ilustración que máis che gusta e explica as razóns desa elección.• Podemos probar a facer un cómic no que se conte esta mesma historia.• Tal vez sexamos capaces de crear algo tan marabilloso coma os Reis pero que, de ver-dade, poidan levar ó Terceiro Mundo todo o que aqueles nenos necesitan. Pensemos,pensemos… tanta xente pensando seguro que crea algo marabilloso.• ¿Pasouche algunha vez iso de confundirte coma o neno cando bebe augardente pen-sando que é auga? ¿Cando e como foi?• Escribámoslle cartas a todos aqueles ós que lles queremos pedir contas, a todos os queconsideramos que están facendo ou fixeron algo mal.• Cada neno e cada nena fará un «texto de tres días». En primeira persoa, cada día irácontando o que fai e o que pensa, o que lle pasa e o que desexa. Logo, despois de revi-salo todo, poñeralle título á noveliña e ós capítulos de cada día.• Imos realizar un xogo que vai consistir en que alguén pense en personaxes de moitatradición ente nós coma os Reis, Papá Noel, o Meco… Irá describíndoos, e os demaisterán que ir adiviñando de quén se trata.• Dramaticemos o texto. Cada un dos rapaces e rapazas será un personaxe diferente ecomecemos a actuar.• Fagamos memoria: ¿Que foi o que lle pedimos ós Reis –ou a Papá Noel– o ano pasa-do? ¿E hai dous anos? ¿E hai tres?…

8

actividades• Podemos ir facendo fichas sinxelas dalgún dos libros que lemos. Nelas aparecerán otítulo, o nome do autor ou da autora, o nome do ilustrador ou da ilustradora, os per-sonaxes da historia, a opinión que nos merece o libro…• Tamén podemos facer un resumo deste libro a través de pictogramas.• ¡Escribámoslle cartas a todo o mundo!, sobre todo ós que lles queremos.• O pai do protagonista está no paro. É certo que non ten que traballar, pero non se vecontento; el quixera ter choio como tivo sempre… Falade entre vós para ver se hai paisou nais no paro e a que é debida esta situación.

Despois da lectura

• ¿Como podería continuar o relato?• Contádevos uns a outros a historia que lemos tentando non esquecer nada –de todasmaneiras o compañeiro ou compañeira poderá ir completándoa co que nos falte–.• Se che gustou o libro, fai unha tarxeta para regalarlla ós teus amigos: por un lado, faras-lle un debuxo co título, coma se fose unha nova portada; e polo outro, escribirás unpequeno texto recomendándolla.• Nunha posta en común iremos comentando as nosas opinións acerca do libro: se nosgustou ou non, qué foi o que máis nos gustou e o que menos…• Esta autora seguramente xa lles é coñecida. Buscaremos outros libros dela que haxa nabiblioteca ou que eles poidan traer das súas casas e montaremos unha exposición.• Faremos xeroglíficos cos títulos dos seus libros, para que os demais os adiviñen.• Buscaremos pola biblioteca outros libros que traten o tema dos Reis Magos. Taménpodemos buscar libros que traten de cartas.• Escribirémoslle unha carta á autora dándolle ideas para novos libros.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro Martínez, 2003© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2003Depósito legal: VG. 1180-2003