Demiños lambóns

6
Demiños lambóns

description

Demiños lambóns. conto Esta historia ocorreu en Castro Caldelas (Ourense). Unha moza de 14 anos estivo poseída por uns demiños , víase que a moza falaba castelán correctamente, cando no seu idioma natural era incapaz. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Demiños lambóns

Diapositiva 1conto
Esta historia ocorreu en Castro Caldelas (Ourense). Unha moza de 14 anos estivo poseída por uns demiños, víase que a moza falaba castelán correctamente, cando no seu idioma natural era incapaz.
A moza posuída, ou a criatura, como os demiños preferían chamarlle tiña unha irmá chamada Carolina, e se ós enredantes se lles antollaba,facían que Carolina tivese que levar a irmá as cabaliñas, cousa que non era de moi bon gusto.
A moza negábase a pisar lugar sagrado, así que cando chegou o día da novena dos Remedios a moza non logrou convencer aos demiños para que a deixaran ir, pero…………
Entón falaron os demiños e dixeron que se lles daban un chourizo e unha onza de chocolate deixaban ir a moza á novena. Déronlles as viandas, a moza foi á novena e quedou libre deles xa para sempre.
Claudia Rozas Sanz
Pablo Rodríguez Pena