[Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos

2
PARA SITUAR A NOSA LINGUA NO FUTURO DESDE OS CONCELLOS Hoxe, 17 de maio de 2015, todas as persoas que conformamos as candidaturas do Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas nas eleccións do 24 de maio de 2015 queremos facer explícito un compromiso continuado coa nosa lingua. E falamos de continuado porque non comeza hoxe, aquí, senón que vén de lonxe na nosa longa vida colectiva, herdeiras e herdeiros, como somos, das Irmandades da Fala, cuxo nacemento aconteceu hai case cen anos e, por tanto, nos meses previos existía unha efervescencia especial para crear a conciencia necesaria a este respecto. E tampouco remata hoxe, senón que se materializará todos e cada un dos días deste ano e do seguinte e do próximo e do que está por vir... Mostramos esta nosa firme determinación nestes momentos porque sabemos que, desde os concellos, podemos realizar un labor fundamental para enraizar o galego coa maior das dignidades e contaxiar o optimismo que sentimos ao escoitar con orgullo a nosa lingua na boca de persoas de todas as idades que queren continuar a se sentir galegas a través do idioma. Planificar tempos de esperanza para a lingua galega é a nosa prioridade política. Por iso, para alén doutras moitas accións que rodean a nosa vida diaria e fan posíbel que vivamos en galego a pesar de todas as dificultades e do intento de rematar de vez coa expresión colectiva deste pobo creador, anunciamos unha serie de medidas polas que traballaremos para se converteren nunha realidade. Queremos formar un coro de voces que percorra a Galiza desde a Guarda a Ribadeo, de Verín a Camariñas, de Cariño a Lobios e que atravese, de maneira especial, as cidades e as vilas máis poboadas da nosa nación. Por todo isto, facemos explícito o noso compromiso para: 1. Promover unha revisión e actualización dos acordos e normas municipais en materia de uso da lingua guiada polo criterio da transversalidade da normalización lingüística en todos os ámbitos da acción municipal. 2. Apoiar o asociacionismo a prol da lingua como unha garantía de avance nas políticas lingüísticas que xulgan prioritaria a defensa do galego e a aposta pola diversidade lingüística. 3. Considerar as crianzas e a mocidade sectores estratéxicos a que irán orientadas boa parte das medidas que se desenvolverán. Por tanto, será

Transcript of [Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos

Page 1: [Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos

PARA SITUAR A NOSA LINGUA NO FUTURODESDE OS CONCELLOS

Hoxe, 17 de maio de 2015, todas as persoas que conformamos as candidaturasdo Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas nas eleccións do 24 de maiode 2015 queremos facer explícito un compromiso continuado coa nosa lingua.E falamos de continuado porque non comeza hoxe, aquí, senón que vén delonxe na nosa longa vida colectiva, herdeiras e herdeiros, como somos, dasIrmandades da Fala, cuxo nacemento aconteceu hai case cen anos e, portanto, nos meses previos existía unha efervescencia especial para crear aconciencia necesaria a este respecto. E tampouco remata hoxe, senón que sematerializará todos e cada un dos días deste ano e do seguinte e do próximo edo que está por vir...

Mostramos esta nosa firme determinación nestes momentos porque sabemosque, desde os concellos, podemos realizar un labor fundamental para enraizaro galego coa maior das dignidades e contaxiar o optimismo que sentimos aoescoitar con orgullo a nosa lingua na boca de persoas de todas as idades quequeren continuar a se sentir galegas a través do idioma. Planificar temposde esperanza para a lingua galega é a nosa prioridade política. Por iso,para alén doutras moitas accións que rodean a nosa vida diaria e fan posíbelque vivamos en galego a pesar de todas as dificultades e do intento derematar de vez coa expresión colectiva deste pobo creador, anunciamos unhaserie de medidas polas que traballaremos para se converteren nunharealidade. Queremos formar un coro de voces que percorra a Galiza desde aGuarda a Ribadeo, de Verín a Camariñas, de Cariño a Lobios e que atravese,de maneira especial, as cidades e as vilas máis poboadas da nosa nación.

Por todo isto, facemos explícito o noso compromiso para:

1. Promover unha revisión e actualización dos acordos e normas municipaisen materia de uso da lingua guiada polo criterio da transversalidade danormalización lingüística en todos os ámbitos da acción municipal.

2. Apoiar o asociacionismo a prol da lingua como unha garantía de avancenas políticas lingüísticas que xulgan prioritaria a defensa do galego e aaposta pola diversidade lingüística.

3. Considerar as crianzas e a mocidade sectores estratéxicos a que iránorientadas boa parte das medidas que se desenvolverán. Por tanto, será

Page 2: [Decálogo pola lingua] Para situar a nosa lingua no futuro desde os concellos

un labor continuado deseñar medidas e ofrecer actividades para asocialización en galego, tanto en colaboración con centros de ensino detodos os niveis, como con outras entidades ou ámbitos de especialrelevancia para a socialización da infancia e da mocidade.

4. Comprometerse a aplicar as medidas incluídas no Plan xeral denormalización da lingua galega.

5. Aproveitar o potencial normalizador que presta o carácter internacionalda nosa lingua co obxectivo de incrementar a autoestima lingüística dacidadanía e de enfatizar a proxección do galego. Realizar todas aspresións necesarias para facilitar e facer realidade a recepción dastelevisións de Portugal na Galiza.

6. Garantir que todas as accións do concello procuren unha maiorvaloración, calidade e uso do galego, como por exemplo a comunicaciónmunicipal, as contratacións de empresas, as intervencións dos cargospúblicos, os actos xurídicos, a contratación de persoal, a concesión desubvencións, os programas de formación etc. Garantir os dereitoslingüísticos da veciñanza.

7. Recuperar a microtoponimia e incorporar as denominacións do rueiro. 8. Solicitar dos medios de comunicación que respecten a lingua das noticias

xeradas en galego. 9. Crear ou reforzar servizos de normalización lingüística estábeis, dotados

de recursos humanos e partidas orzamentarias suficientes, quexestionarán e executarán as accións e as medidas necesarias para ofomento do uso e prestixio do galego en todos os ámbitos sociais.

10. Traballar a prol da diversidade lingüística e cultural desde o orgullo donoso.

#dependedenós

bng.gal