A Nosa Voz

59
1 A NOSA VOZ A NOSA VOZ A NOSA VOZ A NOSA VOZ A NOSA VOZ A NOSA VOZ A NOSA VOZ A NOSA VOZ C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS) XUÑO 2008 XUÑO 2008 XUÑO 2008 XUÑO 2008 XUÑO 2008 XUÑO 2008 XUÑO 2008 XUÑO 2008

description

Revista do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis

Transcript of A Nosa Voz

Page 1: A Nosa Voz

1

A NOSA VOZA NOSA VOZA NOSA VOZA NOSA VOZA NOSA VOZA NOSA VOZA NOSA VOZA NOSA VOZ

C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)C.P.I. AURELIO M. REY GARCÍA (CUNTIS)XUÑO 2008XUÑO 2008XUÑO 2008XUÑO 2008XUÑO 2008XUÑO 2008XUÑO 2008XUÑO 2008

Page 2: A Nosa Voz

2

Editorial 1

Despedidas 2

Entrevistas 4

Actividades Extraescolares 6

Equipo de Normalización 22

Reportaxes 32

Transversais 36

Exprésate 44

Creación 46

Pasatempos 54

Biblioteca 56

Non, non é un eslogan duns grandes almacéns. É un feito que se pode percibir desde hai un tempo. Na sociedade hai certo debate sobre a lin-gua galega: se se fala galego de máis, se se fala galego de menos... O ENDL do CPI Aurelio M. Rey García segue coa súa teima de querer que os rapaces e rapazas de Cuntis falen galego sen complexos. Xa o falan moitos, pero queremos que o falen sen prexuízos, non só por rutina. Queremos romper a tendencia a que a xente máis nova fale cada vez menos galego. Esmagar os prexuízos foi o obxectivo básico do Equipo ao longo deste curso. Deste xeito foron a música e a rede os dous campos de traballo neste ano. Con respecto ás novas tecnoloxías, o labor desenvolvido foi moi impor-tante. Aí están, en internet, os blogues de 4º da ESO, de educación vial, do 3º ciclo de Primaria, a web e o wiki do noso centro, todos en galego, porque a nosa lingua serve tamén, como non, para chegar a calquera parte do mundo a través da rede. E aí está tamén o blogue Na lingua de tod@s, a nova canle de comunicación do ENDL. Aínda queda moito por andar. Pero haberá que ir afacéndose a utilizar cada vez máis estas no-vas ferramentas, que permiten unha maior difusión e un maior rendemen-to do traballo. A Nosa Voz acabará circulando pola rede, espallando as voces da comunidade educativa de Cuntis por calquera punto do planeta. Doutra banda, naceu o Musigal, un proxecto que pretende, por un lado, achegarlle ao alumnado da ESO a música máis actual feita en galego. Porque existe, aínda que non se visualice moito. E, por outro lado, tamén busca achegarlle ao alumnado de Infantil e Primaria a música e as can-cións propias da súa idade en galego. Consideramos estes dous ámbitos moi atractivos para a xente nova, dúas actividades ligadas á modernidade. Porque o galego non é algo propio do pasado, do rural ou do atraso. En galego queremos vivir o futuro, no cam-po ou na cidade, loitando polo desenvolvemento da nosa sociedade, polo progreso e a cultura de Galicia. Porque cremos que valorar o propio e traballar por acadar a normalidade da nosa lingua é tamén traballar por unha sociedade máis plural e, polo tanto, máis xusta e humana. E isto debe ser un proxecto de todos e todas nós.

CONSELLO DE REDACCIÓN

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Alumnado de Secundaria

Mª Justa Vara Campos (4º A)

Coordinadora do alumnado

María Prado Barros (4º A)

Coordinadora do alumnado

María Riveiro Novás (4º A)

Andrea Vázquez Fernández (4º A)

María Rey Búa (4º A)

Cristina Piñeiro Cortés (4º A)

Noemí González García (4º B)

Adriana Fuentes Melio (4º B)

Adriana Cortegoso Aboy (4º B)

Javier Vázquez Castro (4º C)

Andrés Terceiro Guimarei (3º B)

Rocío Torres Iglesias (3º B)

Sara Vargas Vázquez (2º B)

Laura Riopa Rodríguez (2º B)

Cristina Sueiro Pazos (2º B)

Olalla Pego Peña (2º B)

Lorena Tato Torres (2º B)

Olaya Rivas Guimarei (2º B)

Samer Abdulkader Sande (1º A)

Daniel Fariña Magariños (1º A)

Profesorado

Román Cerqueiro Landín

Ramón Domínguez Mariño

Sofía Calo Vidal

Xosé Rivas Espiño

Isabel Rodríguez Rodríguez

Mª Xesús Saborido Castro

Concepción Diéguez Álvarez

Coordinadora ENDL

Persoal non docente

Tono Abal Nartallo

Capa

Lorena Tato (2º B ESO)

Contracapa

Carolina G. Silven e Noelia G.

Pereiro (5ºA)

Colabora

EDITORIAL: “O GALEGO ESTÁ DE MODA” EDITORIAL: “O GALEGO ESTÁ DE MODA” EDITORIAL: “O GALEGO ESTÁ DE MODA” EDITORIAL: “O GALEGO ESTÁ DE MODA”

ÍNDICE

Concellaría de Turismo, Cultura,

Deporte, Xuventude e Normaliza-

ción Lingüística. Concello de Cuntis

Page 3: A Nosa Voz

3

OS/AS QUE SE VAN...

botaremos de menos: O compañeirismo destes últi-mos anos

Os/as profesores/as que nos ensinaron “cousas” importan-tes, xa non só das materias, senón tamén da vida

Os recreos na cafetería con Car-men e mais os seus bocatas

As excursións

A Paco, Carmen, Tono, Toño…

O coche de Eusebio e a moto de Paco diante do colexio

Os bailes da clase de música

As pelis de relixión

Baixar ao patio nas horas libres

Os berros de Paco….

Xa pronto nos iremos do colexio de Cuntis e por suposto...

Non botaremos de menos: A algúns profes e compañeiros As presentacións e exposicións As clases pola tarde Subir as escaleiras do colexio Exames, recuperacións e deberes A sintaxe, as ecuacións, os ver-bos… Os berros dos profesores As enquisas que tódolos anos hai que cubrir...

PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998PROMOCIÓN 1998------------200820082008200820082008200820082008200820082008

Page 4: A Nosa Voz

4

...E O PROFESORADO QUE NOS

DEIXA …..

Para o concurso vindeiro non estarán connosco un bo número de profesores co-mo, de esquerda a dereita na foto superior, Manuel Pérez, Eusebio, Román, Ra-món, Sofía, Ana e Manuel. Xunto con Carmen, na foto de abaixo, están Begoña Porto e Belén Treviño, que tamén nos deixan… ao igual que Chus Saborido, Isa-bel Rodríguez e Chus Goldar, que non estiveron na sesión de fotos pero que ta-mén cambian de aires. A todos/as, moita sorte nos seus novos destinos.

Page 5: A Nosa Voz

5

ENTREVISTAS

Seica marchas do noso colexio, é certo? Pois si, este ano decidinme a pedir o cam-bio. Fundamentalmente pola familia, no cole para o que vou teñen xornada única e ade-mais os compañeiros que se estaban a colocar no meu pobo teñen moitos menos puntos ca min e, ao mellor, cando quixese achegarme non tiña a oportunidade. Canto tempo levabas dando clase no CPI Aurelio M. Rey García? Levo once anos. Pero xa anteriormente estiven en Troáns. Dos 21 anos que levo exercendo, a práctica totalidade desenvolvi-nos neste concello. Neste colexio sempre na etapa de infantil. Que é o mellor de ser mestra de infantil? Os nenos sen dúbida ningunha. Son cariño-sos, agradecidos, creativos, sen ningún tipo de prexuízos, abertos e receptivos e, ade-mais, ensínanche día a día cousas novas. Non podes perder comba porque rapida-mente reclaman que volvas ao rego. E o peor? Que esixen unha atención total e absoluta, sobre todo os de tres anos. Son como pe-quenos vampiros aos que tes que darlle todo. Iso esgota, física e mentalmente, e necesitas un pequeno respiro para volver con novos folgos. Nalgún curso de tres anos tiven que levar algún pequeno comigo ao baño porque non soportaba quedar só. Ás veces sentimos que o noso traballo non está o suficientemente valorado cando o considero fundamental, son os primeiros contactos co mundo académico. Se sabe-mos que son decisivos os primeiros anos de vida dun neno, por que non valoramos do mesmo xeito os primeiros anos de vida escolar? Despois de tantos anos, pódese dicir que tes unha boa visión dos nenos e nenas de Cuntis. Como son? Teño unha visión estupenda, creo que xa quedou parcialmente reflectido nunha das anteriores preguntas. Son nenos e nenas abertos, positivos, cariñosos, cheos de ga-nas de aprender, de medrar… Polas miñas mans pasaron xa un bo fateixo de nenos e nenas e sempre tiven a expectativa de que eses pequenos proxectos chegasen moi lonxe e, ás veces, anos despois, apénache que algún quedase no camiño cando ti tiñas unha visión del moito máis positiva. Que é o que pasou no camiño? Gustaríame atopar a resposta.

O tempo dá unha perspectiva das co-usas. Percibes cambios nos nenos des-que comezaches a hoxe? Cales? Si, fundamentalmente de autonomía. Antes chegaban con máis madurez á hora de hábitos e rutinas (ir só ao baño, vestirse…). Agora non sei se porque as unidades fami-liares son máis reducidas, e dedicámoslle toda a nosa atención a ese neno, ou polo tipo de vida que levamos de tanto trafego, traballando os dous pais, o que nos leva a facerlle cousas para axilizar (por exemplo,

vestilo pola mañá para rematar máis axiña porque andamos con tempo xusto, etc.).

Ademais, están moito máis protexidos e mimados, parece que podemos traumatiza-los cun castigo ou unha berra. Non todos os pais reaccionan do mesmo xeito, pero, en xeral, si que noto esas diferenzas. Hai 20 anos estaban todos “máis preparados” para saír do cascarón.

Outra cousa tamén moi evidente é que to-dos teñen “de todo”. Ás veces dispoñen de máis cousas na casa do que lle oferta o cole, temos que poñernos ao día senón non hai maneira de motivalos, de ofrecerlles algo que lles interese. Non valoran o que teñen, non son conscientes da gran diferen-za dun neno de hoxe en día cun de hai 10 anos, xa non digo de máis. É labor de to-dos, pais e mestres, facelos conscientes das grandes oportunidades que teñen agora e desbotar o que non está ben, que tamén hai moito.

A que cres que son debidos eses cam-bios? Como xa dixen, a sociedade avanza a pa-sos axigantados e non sempre dun xeito positivo. Ás veces temos que pararnos a reflexionar e ver que cousas debemos incor-porar e que cousas rexeitar. Pero hoxe en día temos en xeral demasiada présa, e hai que pararse nas cousas que de verdade pagan a pena, recuperar valores que nunca pasan de “moda”, tomar as cousas devagar e recreándose máis nas persoas e menos nas cousas materiais.

Os tempos mudaron tamén para o gale-go. A sociedade de Cuntis é maioritaria-mente galego-falante. Pero, percibes cambios con respecto ao uso do galego nos nenos? Na miña experiencia destes once anos non percibín cambios fundamentais. Os nenos e nenas son practicamente todos galego-falantes cando chegan ao cole, incluso os que son castelán-falantes teñen unha com-prensión plena do galego. Ademais teñen unha cousa fundamental, non teñen prexuí-zos de ningún tipo cara ás linguas, pódenos ter os seus pais pero eles son totalmente espontáneos. Encántame ver a María (castelán-falante) falándolle a Juan en gale-go, ou a Paula falarlle en castelán a Goretti porque veu de Madrid. O meu cometido é que coñezan e dominen as dúas, pero teño claro que fóra (enténdase radio, prensa,

xogos, libros...) domina o castelán e quizais por iso dentro agarime máis o galego.

Neste momento hai certo debate na so-ciedade con respecto ao ensino do gale-go na escola. Cal é a túa opinión sobre o tema? Non entendo ben certas discusións, certas cerrazóns, o galego é noso, é algo que nos pertence, que non debemos deixar que se perda. Iso non ten que ir en detrimento do castelán. Estamos nunha comunidade bilin-güe, debemos dominar as dúas, pero o certo é que o castelán hoxe en día está en clara vantaxe. Por que é malo ensinar en galego? Tamén se ensina en castelán, e deberíamos dominar non só esas dúas lin-guas senón outras. Isto é positivo e enrique-cedor, nunca negativo. O que si é certo é que o castelán nunca se vai perder, non periga de ningún xeito, e depende de nós que o galego siga a mesma sorte. Que cres que se debería facer para evitar o descenso de galego-falantes na nosa sociedade? Se tivese ou tivesemos esa resposta, a pregunta non tería sentido, só sei que é labor de todos agarimalo, coidar que non se perda algo noso, algo que nos enriquece, que nos identifica como algo único e dife-rente. Deberiamos traballar máis a autoesti-ma como galegos, sentirnos fachendosos do noso e das nosas diferenzas. Se nin-guén se avergoñase de falalo, se todos o considerasemos como enriquecedor, non habería perigo de ningún tipo. Todos debe-mos poñer o noso gran de area. Os nenos beben do que nós lles transmitimos, e repi-to, en infantil, non hai ningun tipo de prexuí-zo por ningunha, ambas son válidas e posi-tivas e serven para comunicarse. Son un vehículo de unión, nunca de separación ou disputa. Por que non aprendemos deles?

Que botarás de menos do CPI Aurelio Marcelino Rey García? Sobre todo os nenos e os compañeiros. Un colexio é a urdime creada polas relacións entre as persoas. Neste cole pasaron unha chea de anos da miña vida, e todos e cada un dos meus compañeiros axudaron a que esto fose máis fácil, a que medrara como persoa e como mestra. Uns máis que outros é evidente, pero a todos lles estou agradeci-da. Moitos deses compañeiros xa non es-tán, pero sigo levándoos no meu corazón porque me axudaron a seguir adiante con ánimo. Sempre estiven moi a gusto e quero dende aquí darlles as grazas a todos e to-das, e tamén, como non, aos “meus” nenos e nenas, verdadeiros artífices de todo. Non me esquezo tampouco dos pais/nais que tamén colaboraron estreitamente comigo en todo o que lles solicitei. Un bico moi forte para todos e os meus mellores desexos para o futuro.

Moitas grazas, Chus, por ter contribuído a que os nenos e nenas de Cuntis poidan medrar felices. Dende A Nosa Voz tamén che desexamos moita sorte na túa nova vida!

María Xesús Saborido (Chus), Mestra de Educación Infantil

Page 6: A Nosa Voz

6

ENTREVISTAS

Como te sentiches dando a túa primeira clase? Pois ee... Moi a gusto, estaba afeita a outro tipo de alumnado e sor-prendeume gratamente o voso comportamento. Ben, lémbrome tamén que nada máis entrar berreille a Hugo. Segues pensando o mesmo? Foi moi boa, e agora aínda estou máis con-tenta. De feito gustoume moito dar clase en 4º porque tendes máis ma-durez e son as clases máis divertidas.

Que botaras máis de menos, a nós ou as clases de CC.MM.? Uiiiii... A vós nas clases de CC.MM. Algunha anécdota boa que contar? E unha mala? Unha boa foi cando lle deron o Nóbel a Watson e Creck e unha alumna dixo que por que non lle daban o dez. E unha mala, o pouco que me deixastes durmir en Bubal. Sentímolo, he he, he... Pensas que nos cambiaches a nosa maneira de pen-sar sobre o medio ambiente ? Confío en que valera para facervos cuestionar ou noso modo de vida e que agora sexades máis críticos. Algunha recomendación para tentar cambia-lo futu-ro? Bufff.. Cantas queredes? Pois ter a mente aberta, for-marse durante toda a vida, ser críticos e activos... E, sobre todo, non deixarse ir coa maioría. Con que te quedas de nós? E do colexio? Quédome co voso interese, traballo, cos risos no traba-llo, coa vosa solidariedade e, sobre todo, co a gusto e ben que estiven con vós ao longo do curso. E do co-lexio? Quédome co ben que estiven cos fantásticos compañeiros que me topei e coas súas ganas de facer cousas, que foi moi contaxiosa. Como te sentes agora que marchas, nas últimas cla-ses, connosco, cos profesores? Un pouco morriñenta, pero aínda non asimilei o verme marchar. Supoño que en setembro serei máis conscien-te de que non volvo. Un último consello? Aínda queredes máis? Ha, ha, ha... Sobre todo, nunca deixedes de aprender e ter curiosidade polas cousas, e, espérovos na manifa do sábado cotra Ence. Podemos!! (non vai de fútbol).

Como te sentiches dando a túa primeira clase? Moi cómodo, agradába-me a forma de ser dos rapaces e traballar con eles. Que botaras máis de menos, a nós ou as clases de Inglés? Despois de doce anos aquí, está claro que bo-tarei moitas cousas de menos, por suposto, por enriba de todo, o alum-nado. Algunha anécdota boa que contar? E unha mala? Nun dos primeiros anos aquí, chegoume un alumno a dez minutos do final dun exame, un venres á primeira hora da tarde, sen cortarse un pelo comentou que viña de cortar o pelo. Todos nos botamos a rir. Efectivamente, traía unha boa rapada... Algunha recomendación para tentar cambia-lo futu-ro? Que o futuro non vos cambie a vós. Con que te quedas de nós? E do colexio? Gústame ese fondo de nobreza que atopo nos rapaces deste centro.Tamén valoro que manteñan o respecto ao profesorado, por moi ben que se leven con el. Sempre hai unha educación. Como te sentes agora que marchas, nas últimas cla-ses, connosco e cos profesores? Síntome moi raro. Aínda non me acabo de crer que non vaia estar aquí o vindeiro curso. Un último consello? Intentade sempre ser vós mesmos.

Sofía co seu grupo a poucos días de rematar o curso

ENTREVISTA

Manuel Pérez Lourido e Sofía Calo Vidal

Polo alumnado de Cuarto

Page 7: A Nosa Voz

7

Esta nova edición do ma-gosto celebrouse con éxi-to o 9 de novembro. Hou-bo un grande clima de convivencia entre to-dos/as e moitas ganas de aprender nos distintos obradoiros que se organi-zaron: malabares, elabo-ración de caixas-niño, xogos populares, com-post, bonsais, contacon-tos para os máis peque-nos da man dos bos con-tadores de historias que son os mozos e mozas de 4º de ESO, etc.

MAGOSTO 200

7

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Obradoiro de reciclaxe

A tribo dos comecastañas

No obradoiro de bonsais dirixido por Ramón Obradoiro de maxia impartido por

José Manuel

Vas caer!!!

Page 8: A Nosa Voz

8

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Voltas E máis voltas...STOP!!!

E xogos de habilidades

Construíndo niños para os paxaros

Os Antonios asan as castañas, Es-piño dirixe a operación.

Xogos que non pasan de moda aos que, se cadra, xa xogaban os seus avós e os seus pais e nais.

E, por suposto, a comer castañas!!!

MÁIS FOTOGRAFÍAS EN: http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/XtraScolares/2007/11/13/Magosto-2007.html

Page 9: A Nosa Voz

9

O venres 1 de febreiro organi-zouse un festival de entroido no colexio. A maioría dos profes e alumnos/as disfrazámonos. O festival estivo bastante ben a pesar de haber algúns proble-mas co son (a nós nada se nos resiste). Cada grupo subía ao escenario e facía unha repre-sentación. O alumnado da ESO tivo que ir disfrazado represen-tando diferentes culturas. Logo, no pavillón, desfilamos e máis tarde comemos orellas e filloas acompañadas dun zume. Este foi o último entroido no co-lexio para o alumnado de 4º, que por certo gañaron o 1º e o 2º premio do segundo ciclo. No primeiro ciclo tamén gañaron os dous primeiros. Hai que di-cir que os profesores (que exer-cen de titores nas respectivas clases) nos axudaron moito nas representacións que, finalmen-te, levamos a cabo. En tódolos cursos participaron a maioría dos alumnos/as. Esperamos que para o ano vindeiro estea-mos presentes para ver de no-vo o colexio no entroido e en moitas celebracións máis.

ENTROID

O 200

8

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Unhas fresas ricas e sas

Os homes da casa entre cazolas… faltaría máis!

George Bush tamén fixo acto de presenza, iso si, ben escoltado

Por rumbas xitanas no Don Aurelio

Por Cristina Piñeiro (4ºA) e Adriana Fuentes

Page 10: A Nosa Voz

10

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Un paso de peóns móbil

Cara a Cuntis vou lixeiriño navegando, na miña patera polo río Gallo xa estou chegando...

O Departamento de Actividades Extraescolares organizou un ano máis o entroido no que é, sen dúbida, a xornada festiva máis participativa de todas cantas se celebran no colexio. Nesta ocasión, o Entroido xirou en torno aos contidos transversais, de xeito que todos os grupos traballaron cadanseu contido. - Infantil: Educación medioambiental. “A protección dos animais”. - 1º Ciclo de Primaria: Educación para a Saúde. “Por unha alimentación sa”. - 2º Ciclo de Primaria: Educación pola Igualdade. “Mulleres por homes, homes por mulleres”. - 3º Ciclo de Primaria: Educación Vial. “Por unha circulación responsábel”. - ESO: Educación para a multiculturalidade. “Outros pobos, outras culturas”. Polo colexio desfilou un ronsel de disfraces de todos os tipos e cores, artesanais ou feitos do que se ato-pou na casa, de cociñeiros e chícharos, de orientais e brasileiros/as, de viquingos/as do norte… Tamén houbo moitos gardas dirixindo viandantes e automóbiles… e os os sinais de tráfico, que por momentos cobraron vida. E, por suposto, non faltaron unhas ricas filloas e orellas da man da Asociación de Nais e Pais “O Baño”.

Enterro do Chapante

Page 11: A Nosa Voz

11

SAÍD

AS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Excursión a Excursión a Excursión a Excursión a Vigo e O MorrazoVigo e O MorrazoVigo e O MorrazoVigo e O Morrazo

O 23 de abril saímos da es-cola de Cuntis a segunda hora da mañá nun autobús para ir a Vigo, en concreto, á Fundación Barrié de la Maza para ver a exposición "A lóxi-ca do Irracional", que fai un percorrido pola obra pictórica de Laxeiro. Despois saímos do museo para ir a Cangas nun catamarán, que collemos no porto de Vigo. A viaxe no catamarán foi moi divertida. Cando chegamos a Cangas, fomos ao parque a comer e de seguido fomos á praia.

Logo tomamos o autobús en d i r e c c i ó n a o C a b o Home. Pasamolo estupenda-m e n t e a l í e f o -mos á Parroquia do Hío pa-ra ver o seu famoso Cruceiro e as vistas sobre a Ría de Aldán. Ah... e alguén atopou un balón de fútbol algo dete-riorado a causa do paso do tempo entre as silveiras; trouxémolo como botín.

A última parada tivo como destino o Museo Massó de Bueu, onde vimos como se facían os barcos e os en-

vasados de antes, ade-mais dunha película baseada na Batalla de Rande. Para rematar, subimos ao autobús e, tras comprobar que ao pa-so por Marín non podiamos ver o Labirinto de Mogor por mor dunhas obras na estrada das praias, regresamos á ca-sa Cuntis sobre as 8 da tar-de.

Por Rubén Gosende e Hugo Constenla (4ºB)

“Laxeiro: a lóxica do “Laxeiro: a lóxica do “Laxeiro: a lóxica do “Laxeiro: a lóxica do irracional”irracional”irracional”irracional”

En Vigo visitamos a exposi-ción "A lóxica do irracional", dedicada a pintura de Laxei-ro. Cando chegamos á Fun-dación Barrié, tivemos que deixar as mochilas nunha habitación e subir ó segundo andar no montacargas en dous grupos. Ensináronnos os cadros de Laxeiro e expli-cáronnos algo da súa traxec-toria. No noso grupo tivemos un pequeno problema coa muiñeira... he, he. Fomos a diferentes salas e vimos unha escolma dos seus cadros. O que máis nos gustou foi o dos anxos.

Cando acabamos, leváron-nos a unha espectacular sala polivalente situada no baixo para desenvolver un obradoiro de pintura.: iámo-nos converter en artistas. Pa-ra invertarnos un nome tive-

mos que escribir nun papel o noso nome e primeiro apelido reais separándoos por síla-bas. Deseguido, cortamos cada unha das sílabas e mesturámolas. Despois, sa-camos unha a unha e xunta-bámolas para dar cun "novo" nome artístico, algúns deles eran difíciles de pronun-ciar. Logo fixemos o mesmo cun dos concellos da comar-ca do Deza, de onde era orixinario Laxeiro, para inven-tar o noso trasno, como o pintor tiña o seu. E a pintar.

O debuxo tiñámolo que facer s e g u i n d o u n m é t o -do vangardista: facer raias dunha cor no papel de ma-neira instintiva, coller unha figura que nos deron e trazar o seu molde enriba do de-buxo con outra cor e, des-pois, buscarlle unha forma a todos aqueles garabatos pro-curando unha imaxe de nós mesmos. Finalmente, había que colorear.

Algún dos debuxos tiñan dife-rentes formas, como o de At-henia, que era un parrulo e un home ao mesmo tempo. Tamén saíron pingüíns, per-soas cun nariz enorme, etc. Foi moi divertido e pasámo-lo moi ben.

Por Athenia Álvarez e Inma Durán (4ºB)

Page 12: A Nosa Voz

12

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Iº CAMPIONATO Iº CAMPIONATO Iº CAMPIONATO Iº CAMPIONATO DE XADREZDE XADREZDE XADREZDE XADREZ

O Departamento de Activi-dades Extraescolares orga-nizou o Iº Campionato de Xadrez a comezos do 2º tri-

mestre. O gañador foi Mi-guel Zas (1ºB) e, en segun-do lugar, quedou outro Zas, Damián (4º C). Cómpre destacar o labor de Patricia Pequeño e, so-bre todo, Vanesa Míguez, ambas as dúas alumnas de 1ºB, na organización do tor-neo. Por último, hai que sinalar que o torneo espertou o in-terese por esta actividade. Así, durante todo o segundo e o terceiro trimestres hou-

bo rapaces e rapazas que se converteron en asiduos xogadores de xadrez no re-creo.

Ceda o paso

O blogue do alumnado de 4º C da ESO e 6º A de Pri-maria foi elixido polo xura-do do Concurso de Blo-gues do programa Prensa-Escola da Voz de Galicia como o mellor do mes de abril.

Na súa opinión, a bitácora que naceu da man do no-so compañeiro Heladio é "un excelente exemplo de como realizar un proxecto de educación vial e de co-mo usar a prensa diaria como soporte e os blogues como panel de exposi-ción e debate". Destacan,

así mesmo, as seccións Te s t e m u ñ o s , N o r -mas, Humor e Arredor de Nós.

O xurado valorou tamén a orixinalidade da proposta, a frecuencia de actualiza-ción, os comentarios do alumnado e, sobre to-do, o uso dos blogues e da prensa como base dun proxecto de aula en dife-

rentes niveis educativos.

Como premio ao seu tra-ballo de conscienciaón a prol dunha condución res-ponsábel, os dous grupos foron de excursión á Coru-ña, onde visitaron as insta-lacións do xornal, o Aqua-rium e o Domus.

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2417/

Page 13: A Nosa Voz

13

EXCURSIÓN A EXCURSIÓN A EXCURSIÓN A EXCURSIÓN A MANZANEDAMANZANEDAMANZANEDAMANZANEDA

Entre os días 21 e 23 de maio medio cento de ra-paces e rapazas de 1º e 2º da ESO marcharon tres días de excursión a Man-zaneda acompañados por Manuel, Sofía e Norma.

Esta saída, programada polo Departamento de Educación Física, é xa unha actividade consoli-dada no noso colexio e conta co entusiasmo dun alumnado que, durante toda a estadía na estación

de montaña ourensá, combina actividades de-portivas e de lecer baixo a atenta supervisión de mo-nitores.

Escalada, hípica, kárting, ou a piscina ocuparon as

horas en Manzaneda… xunto cos risos nas comi-das, nos bungalós e no tempo libre… Ah! E bailando o chiqui-chiqui… profesores e pro-fesoras incluídos.

SAÍD

AS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Page 14: A Nosa Voz

14

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

POR TERRAS DE POR TERRAS DE POR TERRAS DE POR TERRAS DE LUGO LUGO LUGO LUGO

O mércores 14 de maio alum-nos e alumnas da ESO saíron de excursión nunha viaxe or-ganizada polos Departamen-tos de Ciencias Naturais e Ciencias Sociais. A primeira parada tivo lugar no recinto de Avifauna, en Castro de Rei, onde puidemos coñecer máis polo miúdo aves de todo o mundo, algunhas exóticas e outras máis próximas a nós. Logo, achegámonos ao Cas-tro de Viladonga, un poboado castrexo posteriormente ro-manizado que conta cun cen-tro de interpretación moi com-pleto. Alí, puidemos ver unha maqueta xigante do castro, amais de pezas orixinais da época como peites, cerámica, armas, torques e aneis de ou-ro e prata, moedas... Hai que agradecer a cordiali-dade e o bo facer do persoal do centro que, tamén hai que recoñecelo, destacou que o de Cuntis era un dos mellores grupos que pasara por alí. Es-te comentario estase a con-verter nun costume alá onde imos… Que así sexa por moito tempo.

VISITA A AVIFAUNA E AO CASTRO DE VILADONGA

Page 15: A Nosa Voz

15

EXCURSIÓN Á EXCURSIÓN Á EXCURSIÓN Á EXCURSIÓN Á CASA ALVARELLACASA ALVARELLACASA ALVARELLACASA ALVARELLA En outubro realizamos unha excursión didáctica a Alvare-lla, a onde chegamos un xo-ves pola mañá e marchamos o venres ao mediodía. Esta excursión organizáron-na os nosos titores para que opinaramos sobre as nosas clases e o noso colexio e decidiramos que podiamos facer nós para sentirnos máis a gusto nel.

Fomos a un albergue ecoló-xico situado preto das Fra-gas do Eume chamado “Alvarella” para que, en con-tacto coa natureza, o medio ambiente, soubesemos man-ter unha relación de convi-vencia entre todos e todas: saber organizarnos, compar-tir habitacións, traballar en grupos as normas da clase, etc. Nesta excursión partici-

pamos varias clases da ESO: 4º B, 4ºA, 3ºA, 3ºC e 1ºA e os titores. E así foi: respectamos as regras de convivencia, re-partimos o traballo de reco-ller a louza, poñer a mesa... Tamén respectamos a hora de deitarnos.

Pasámolo ben e dedicamos parte do tempo a decidir no-vas propostas para que a convivencia no colexio fose

mellor entre nós: facer as clases máis didácticas, inte-grar as novas tecnoloxías... Ademais, falamos sobre co-mo manter o colexio máis coidado. Decidimos que os nosos representantes pedi-sen no Consello Escolar arranxar os baños (poñer papel, espellos, xabrón...). Fixéronnos algo de caso porque agora hai papel. Ta-mén propuxemos quedar unha tarde todos/as para pintar a clase, cambiándolle a cor ás paredes por outra máis agradable.

Ó outro día, o venres, reali-zamos unha camiñada polas Fragas do Eume de dúas horas e estivemos en con-tacto coa natureza.

Esta excursión serviunos pa-ra realizar propostas que axudasen a amenizar as cla-ses e convivir mellor no cole-xio.

Só foi un día e medio, pero aprendemos moitas cousas e ó mesmo tempo pasámolo ben.

Por Noelia Diéguez (4º B)

SAÍD

AS

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

No presente curso formouse un grupo de traballo sobre convivencia no colexio. O seu obxectivo é mellorar o clima escolar fomentando o diálogo na resolución dos conflitos e o fomento da cooperación e a participación na vida académica. Entre outras accións, cabe destacar a saída das titorías ao albergue ecoturístico Casa Alvarella (outubro 07) e o pintado das aulas de 3º B e 4º B por parte do alumnado do 2º ciclo da ESO.

Page 16: A Nosa Voz

16

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

VIAXE A PARÍS Departamento de Francés

PROGRAMMATION DU VOYAGE CULTUREL À PARIS DU 23 AU 27 AVRIL 2008

Page 17: A Nosa Voz

17

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

VI XORNADAS CULTURAIS DON AURELIO 2008VI XORNADAS CULTURAIS DON AURELIO 2008VI XORNADAS CULTURAIS DON AURELIO 2008VI XORNADAS CULTURAIS DON AURELIO 2008

Miguel Martínez Campos (Infantil 5 anos)

Chegou o mes de maio e con el as chuvas... E, un ano máis, as Xor-nadas Culturais do colexio, que xa van pola súa sexta edición.

Nesta ocasión, o fío condutor das Xornadas foi a Educación Vial e o profesor Heladio Anxo o coor-dinador dun programa plural que superou a vintena de actividades.

As temáticas foron variadas e houbo charlas de orientación aca-démica e ocupacional para os ma-iores, conferencias e proxeccións audiovisuais de contido histórico, moita música galega, moito teatro e títeres, ilustración, literatura... e, sobre todo, educación vial.

Hai que destacar a colaboración do Concello de Cuntis, que ache-gou material e estivo presente con Protección Civil e a policia no Día da Educación Vial; a DXT; AELESME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular

Espinal), do Fervedoiro, etc.

Noraboa á organización e a to-dos/as os/as que axudaron nestas xornadas. O listón queda ben alto para o ano que vén.

XOGOS DE EDUCACIÓN VIALXOGOS DE EDUCACIÓN VIALXOGOS DE EDUCACIÓN VIALXOGOS DE EDUCACIÓN VIAL

O pasado día 16 de maio foi o Día da Educación Vial no noso colexio. A acti-vidade central foi a realización dunha serie de xogos relacionados con esta temática para o alumnado de Infantil e Primaria. Para a organización dos xogos conta-mos coa inestimable axuda dos profe-sores Eusebio, Xosé Manuel, Patricia, Ramón, Manuel e Sofía. Pero sobre to-do queremos destacar o grande traballo realizado polo alumnado de 4º da ESO (os que non foron á excursión) e os de 3ºC: Antonio, Damián, María Justa, Ma-ría Prado, Sheila, Noemí, Paula, Sergio, Javier, Porto, Rubén, María Riveiro, An-drea, David Pereira, David Míguez, Ga-briel e Isaac. Grazas a eles todo saíu ben e é de xustiza felicitalos. Para pórlle a guinda ao día puidemos contar tamén co coche de Protección Civil, o da Policía Municipal e o da Gar-da Civil. Por alí pasaron curiosos e en-tusiasmados todos os alumnos e alum-nas. Temos que agradecerlle a Suso, o municipal, unha vez máis, a súa desin-teresada colaboración, así como a Pa-co, o noso conserxe.

Por David Pereira (4º C)

Máis Info. sobre Educ. Vial en:

http://blogs.lavozdelaescuela.es/

blog/blog2417/

Page 18: A Nosa Voz

18

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As actividades realizadas, en tres quendas durante a mañá, foron: o circuíto, que percorreron o

en bicicleta, con volantes, atados e/ou facendo unha ‘carreira de sacos’; ás cegas, no que un

‘lazarillo’ guiou unha persoa cega (cos ollos tapados); e sen oír, que é un xogo de mímica se-

mellante aos xogo das películas pero con sinais de tráfico; o clásico xogo das cadeiras adapta-

do á educación vial; un sinal/unha acción, no que os grupos tiñan que memorizar xestos ou ac-

cións vinculados a un sinal; trasvasando auga amodiño; un xogo de pistas polo colexio na

procura do tesouro; e o scaléxtric, que foi montado na entrada do colexio.

Aparcando nas cadeiras...

Preparados, listos…

Que a gusto estamos aquí! Van gañando as mozas

Tomando a curva Atentos ás explicacións das maiores...

Page 19: A Nosa Voz

19

MÁIS INFO E FOTOGRAFÍAS EN: http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/Titoria/2008/02/26/Aulas-de-cores-no-CPI-don-Aurelio.html http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/XtraScolares/2008/04/26/Segunda-pintada.html http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/XpresaT/2008/04/14/Unha-experiencia-nova.html

AULAS DE CORES AULAS DE CORES AULAS DE CORES AULAS DE CORES NO CPI DON AURELIONO CPI DON AURELIONO CPI DON AURELIONO CPI DON AURELIO

Durante catro venres, o alumnado de 4º ESO do CPI don Aurelio de Cuntis levamos a cabo un estu-pendo traballo en equipo. Todos xuntos pintamos dúas clases do centro con dúas profesoras, as nosas titoras.

A idea xurdiu na excursión das titorías nas Fragas do Eume. Lo-go, xa na clase coas nosas tito-ras, escollemos as cores e puxé-monos de acordo para falar co director do centro, solicitarlle per-miso e pedirlle que o levara ao Consello Escolar.

A alcaldesa da vila proporcionou-nos o material para realizar a acti-vidade (pintura, rodillos, cinta de carroceiro, etc.). A tarefa de ir gar-dando periódicos foi nosa.

Para nós foi emocionante compar-tir horas de traballo. Todo come-zaba os venres, coa fin das cla-ses, levabamos uns bocadillos para comer xuntos no colexio e, logo, comezar a pintar. Repartímonos o traballo de forma que todos e todas cooperasemos e participasemos na actividade. Ao son da música, as nosas mans movíanse. Todos pintamos, máis altos e máis baixos; máis coidado-

sos, máis inexpertos. A pesar destas diferenzas, todos rimos e fomos pintanto a nosa clase con ánimo.

A maioría do alumnado que esta-mos nesas clases a diario afirma-mos que agora se respira un me-llor ambiente (unha vez marchou o olor á pintura) e pódese atender mellor nas clases.

As profesoras están de acordo en que agora non é o mesmo. Antes entraban en clase e só se vía un ambiente monótono con esa pare-de manchada de amarelo e eses armarios esborranchados. O que senten agora é alegría ao ver ese colorido e esa luz que entra polas ventás. O que sentimos nós é or-gullo porque o fixemos entre to-dos e todas.

Por Tamara Alonso (4º B)

UNHA EXPERIENCIA NOVA O día que pintamos estabamos moi ilusionados e case todos par-ticipamos. O máis importante de todo é que pensamos que soube-mos aproveitar as calidades de todos (que eran moitas...) os que alí estabamos e que o fixemos coma un equipo. O seguinte ven-res démoslle a segunda man e a experiencia repetiuse, desta vez (e da outra) compañeiros/as dou-tros cursos viñeron a axudar. Das dúas veces estivemos

acompañados por Sofía e Norma (que desta vez estaba alí pero coa escusa da perna... non pin-tou… he, he!).

As aulas quedaron moi ben pa-ra ser pintadas por nós e a-prendimos que, cando quere-mos, sabemos traballar en e-quipo! Tamén hai que dicir que saímos na prensa (en tres peri-ódicos diferentes) e entrevista-ron a profes e alumnos/as.

Por Cristina Piñeiro (4º A) e Adriana Fuentes (4º B)

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Page 20: A Nosa Voz

20

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Os alumnos Luís Alberto Argibay González (6ºB) e Abrahán Argibay González (2ºA) mere-ceron un accésit no certame Dinamizando o 17 de maio en Cuntis con este traballo que ela-boraron como unha presentación en powerpoint. O concurso foi convocado pola Rede de Dinami-zación da Consellaría de Innovación e Industria en colaboración coa Concellaría de Industria, Medio Rural, Vivenda e Solo do Concello de Cuntis con motivo da celebración o 17 de maio do Día das Letras Galegas, Día de Internet e Día das Telecomunicacións e da Sociedade da Infor-mación, coa finalidade de fomentar o uso do galego nas novas tecnoloxías e conmemorar ao autor homenaxeado no ano 2008 a partir da creatividade, literaria e gráfica. Pola súa banda, o ENDL montou unha exposición sobre a vida e a obra do autor no segundo andar do colexio mentres que o Equipo da Biblioteca dispuxo unha exposición de libros na entrada. Grazas á axuda do profesor Alberto Armada, coordinador das TIC no colexio, todo o profesorado tivo acceso a numerosos recursos sobre o autor homenaxeado para a súa utilización nas aulas: http://ticblog.wordpress.com/category/areas/lingua-galega/

X. Mª. ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Naceu en Tui no ano 1915. Escribiu libros de poesía, contos e outros nos que contaba cousas da historia de Galicia. Fundou dúas editoriais dedicadas á publicación de libros galegos. Este ano adícaselle o Día das Letras Galegas.

O AÑO PITAÑO O año pitaño vai no paraño. A cabuxa luxa marchou onda a bruxa.

O gato cegato fuxiu ao burato.

O coello vello

anda no cortello.

O galo ralo rubiuse no valo, e a galiña tiña está na cociña.

Anda neniña, déixaos estar,

e imos brincar cas cunchas do mar.

Vente mirar

no fondo do mar os peixiños nadar.

http://www.blogoteca.com/nalinguadetodos/index.php?

LETRAS GALEGAS 2008LETRAS GALEGAS 2008LETRAS GALEGAS 2008LETRAS GALEGAS 2008

Page 21: A Nosa Voz

21

Entre os días 14 e 21 de maio o alumnado de 4º da ESO realizou a viaxe de fin de curso a Catalu-ña na compaña de Toño Casais e José Luís. Bar-celona, Tarragona e Sa-lou, a base de opera-cións, foron os destinos dunha excursión moi agardada pola que tra-ballaron arreo durante todo o curso. De seguro que a viaxe cumpriu as

súas expectativas e dela trouxeron uns recordos inesquecibles.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

VIAXE A SALOU EXCURSIÓ

N FIN

DE C

URSO

Despedida de Port Aventura tras dous intensos días

Unhas galegas con chuvasqueiro! E logo rímonos dos ingleses en Compostela

Chegando a Port Aventura

Nas bodegas de Codorniu, en San Sadurni de Noia

Outra cousa non, pero posar para as fotos moito lles presta

Page 22: A Nosa Voz

22

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Paseando polo Barrio Gótico No Parque Güel

Que perigo!!!

Máis fotos no mundo soñado por Gaudí

Venderon bicas a eito pola Fei-ra (contan que a berros e axu-dados dun megáfono), inunda-ron o colexio de camisolas, complementos e unha chea de cousas máis, venderon rifas (non houbo sorte!)…. Todo o que se poida imaxinar un e máis. E puxeron o broche de ouro co Festival Pro-Excursión, que dúas semanas antes da viaxe reuniu no Centro Patelas a case 200 persoas. Acrobacias ximnásticas, teatro, números musicais, humor e moitos ner-vios nunha noite especial que plasmou a súa capacidade de traballo e organización.

Page 23: A Nosa Voz

23

No presente curso 2007-2008 houbo cambios no Equipo de Normalización cunha renova-ción importante nos seus membros. Algunhas activida-des consolidadas, como a pu-blicación dos calendarios, vol-taron ver á luz, igual que esta revista; no entanto, non saíron as revistas mensuais, a grande e mais a pequena. Deuse, no seu lugar, unha aposta polas novas tecnoloxí-as coa posta en marcha da bitácora Na lingua de tod@s e traballouse da man doutros departamentos como o da Bi-blioteca na organización de diversos concursos e na crea-ción dunha fonoteca musical en galego. Tamén houbo unha relación moi fluída coa Conce-llaría de Normalización Lin-güística do Concello e con co-lectivos sociais como O Ferve-doiro. Así mesmo, creouse o Grupo de Teatro Vademecum e houbo sesións de contacon-tos protagonizadas polos maio-res para os máis cativos… E, a nivel interno, o ENDL asesorou lingüísticamente e enviou infor-mación ao profesorado sobre ferramentas lingüísticas para facilitar e potenciar o traballo cotián en lingua galega. Espe-ramos que fose de utilidade. A semente está botada e xa hai proxectos en mente para o vindeiro curso que só poderán saír adiante coa implicación de toda a comunidade escolar. A porta está aberta e hai sitio pa-ra todos/as…

Publicación do calendario de mesa que tivo como fío con-dutor a escola na vila de Cun-tis dende os anos 20 até a actualidade. O Equipo repartiu o calenda-rio de peto de 2008. A súa

publicación forma parte da campaña de sensibilización sobre o uso do gale-go no contorno do noso centro educati-vo. Desta volta, quixe-mos visualizar a im-

portancia que ten transmitir o galego no seo das familias pa-ra frear o proceso de substitu-ción lingüística. A resposta ao Concurso de Cartas de Amor, convocado con moitvo do Día de San Va-lentín, foi moi positiva e agar-damos repetir a experiencia para o ano. Nas páxinas de creación poderes atopar as cartas gañadoras. Na mesma sección tamén pu-blicamos un dos relatos gala-dores do Concurso de Relatos sobre Educación Vial co que o Equipo de Normalización e a Biblioteca se sumaron ás VI Xornadas Culturais don Aure-lio. E moitas actividades que ato-paredes ao longo desta revis-ta. Agardámosvos no curso 2008-2009 con ánimos reno-vados.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

CURSO 2007-2008

Page 24: A Nosa Voz

24

Ao longo de todo o curso, o Equipo de Normaliza-ción atopouse felizmente no camiño da promoción e dignificación da lingua co colectivo social e cultural O Fervedoiro, que botou a andar neste ano a Cam-paña de Normalización Lingüística Cuntis ‘08. Esta campaña inclúe unha serie de medidas tenden-tes a avanzar na plena presenza do galego na vida municipal, na galeguización da toponimia deturpada ou no ámbito empresarial e comercial local. No terceiro trimestre O Fervedoiro organizou o con-curso de debuxo Na Nosa Lingua (NNL), un certa-me de sensibilización sobre o uso do galego que tivo como protagonista o alumnado do CPI don Au-relio. O certame ía destinado aos rapaces e rapazas do 1º ciclo da ESO e tiña como obxectivo elaborar lemas e debuxos que divulgasen a imaxe do galego como símbolo da nosa identidade como pobo. As imaxes e lemas seleccionados foron editados en adhesivos e marcapáxinas para que todos e todas nós puidesemos fachendear de lingua. Os/as premiados/as recibiron por agasallo cadanseu MP3 e, ademais, o ENDL fixo uso do traballo gañador para incluílo na portada desta publicación.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

ASOCIACIÓN CULTURAL O FERVEDOIRO http://ofervedoiro.blogaliza.org

Dende o CPI don Aurelio queremos agradecer o tra-ballo a prol do galego do Fervedoiro e a súa vontade de crear dinámicas de colaboración con outras enti-dades e institucións do Concello. Iniciativas coma es-tas que nacen do tecido asociativo do país son funda-mentais para recuperar a tensión social arredor da lingua porque o galego é cousa de todos/as.

Como o ENDL do colexio, o Fervedoiro aposta pola música en lingua galega. Abaixo, programa do concerto do vindei-ro 22 de agosto. Á dereita, cartaz do concurso NNL (deseños ambos de Martiño Picallo).

Page 25: A Nosa Voz

25

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

PINTAMOS A LINGUA DE AZUL POLO GALEGO!!!

O ENDL do CPI don Aurelio apoiou o manifesto Polo de-reito a vivirmos en galego impulsado pola Mesa pola Normalización Lingüística e animou á comunidade esco-lar do CPI don Aurelio de Cuntis a participar na mani-festación nacional convoca-da pola Mesa pola Normali-zación Lingüística que per-correu as rúas de Compos-tela o domingo 18 de maio.

No colexio pintamos as lin-guas de azul polo galego pa-ra amosar tamén simbolica-mente o noso apoio a esta mobilización.

www.amesanl.org

Page 26: A Nosa Voz

26

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

En xullo de 2007 entrou en vigor a nova normativa sobre a regulación do uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo (Decreto 124/2007), que reforza o programa de educación bilingüe que se vén ofrecendo dende 1995.

O Decreto 247/1995 foi un fracaso porque non capacitou por igual a todo o alumnado no dominio oral e escrito das dúas linguas. Só domi-na galego e castelán os rapaces e rapazas de linguas familiar ou am-biental galega. Poucos rapaces de lingua ambiental ou familiar castelá teñen competencia oral en galego.

O novo Decreto pretende capacitar por igual a todo o alumnado –como mínimo– nas destrezas lecto-escritoras e orais en galego e cas-telán, compensando na escola o déficit familiar ou social nestas competencias. É unha obriga da administración formar e capaci-tar a todos por igual, sen segre-gacións nin discriminacións. Pa-ra acadalo, impúlsase o uso do ga-lego como lingua vehicular de polo menos a metade do horario escolar. A educación plurilingüe é o uso de dúas ou máis linguas de instru-ción escolar para posibilitar o do-minio efectivo dunha ou máis linguas que o alumnado non ten na casa. O plurilingüismo é apostar polo desenvolvemento social, o en-riquecemento da comunidade e a consecución dun mundo máis democrático, educado, culto, to-lerante, libre e plural. É unha esi-xencia de calquera sociedade mo-derna, culta e avanzada. A escolarización en varias lin-guas ten efectos positivos sobre o desenvolvemento educativo e lingüístico do alumnado: reforza a súa capacidade de simbolización e abstracción, polo que favorece a adquisición de contidos relacio-nados, por exemplo, coas mate-máticas, as artes plásticas… Os modelos de educación plurilin-güe aplícanse en todo o mundo desde hai 100 anos e hoxe aplícan-se nos estados e países máis mo-dernos e civilizados: Finlandia (máxima puntuación no informe PI-SA), Islandia (maior índice de lectu-ra por habitante), etc. No Estado hai varias experiencias de educa-ción plurilingüe, todas elas con gran éxito de resultados: a maioría do alumnado remata a escola sabendo falar e escribir con dignidade na lingua autóctona, na lingua do Esta-do e nunha lingua estranxeira.

O ensino pretende que o alumnado adquira competencia abonda para se expresar con corrección en gale-go e castelán, para garantir a plena igualdade das dúas linguas, ade-mais dunha terceira. É o bilingüis-mo aditivo, para que a poboación poida elixir libremente a súa lingua de uso porque coñece as dúas lin-guas cooficiais. Ninguén terá liber-dade para falar ou escribir en varias linguas se só coñece unha. E a so-ciedade reclámalle ao ensino per-soas máis preparadas, competitivas e libres.

Hoxe, o sensato e o culto en toda Europa é a rehabilitación para no-vos usos do patrimonio natural, do artístico-histórico e do lingüístico, ata agora estragado en nome da modernidade. Europa ten interese no fomento do patrimonio lingüísti-co nun continente culto e políglota.

Toda persoa que sabe galego sabe tamén castelán. Pero non ao revés. Saber galego fainos máis compe-tentes para accedermos rapida-mente ás outras linguas románicas: italiano, catalán, francés, roma-nés… E sabéndomos galego so-mos competentes en portugués, lingua falada por 250 millóns de persoas de 4 continentes, coas vantaxes comerciais, económicas, educativas e comunicativas que isto supón.

Infantil (artigo 7) O profesorado usará na clase a lingua materna predominante entre o alumnado, terá en conta a lingua do contorno e coidará de que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas. Fomentarase a adquisición progresiva da lectura e a escrita en galego, no sentido de que este se converta no idioma base da aprendizaxe, de xeito que o alumnado obteña unha competencia que lle permita comunicarse en galego. Primaria (artigo 8) Impartiranse en galego as áreas de matemáticas, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación para a cidadanía, garantindo a competencia lingüística propia do nivel nas dúas linguas oficiais. Secundaria (artigo 9) Impartirase un mínimo do 50% das clases en galego: Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Matemáticas e Educación para a cidadanía. Cando Ciencias da Natureza se desdobre en Bioloxía e Xeoloxía, por un lado, e Física e Química, por outro, ambas materias impartiranse en galego.

O Decreto insírese no Estatuto, Constitución, LOU e Carta Europea das Linguas. É consecuencia do Plan Xeral de Normalización aprobado en 2004 por unanimidade no Parlamento Galego (PP, PSOE e BNG). Unha recente sentenza do Tribunal Superior de Xustiza confirma que este decreto é o camiño para fomentar a igualdade lingüística.

MÁIS INFORMACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO

http://webs.uvigo.es/plurilinguismo/

Page 27: A Nosa Voz

27

TEATRO

O venres 23 de mai-o o Grupo de Teatro don Aurelio do cole-xio representou a obra Os vellos non deben de namorar-se, de Alfonso Ro-dríguez Castelao, baixo a dirección de Xosé Rivas Espiño. Para-béns a todo o grupo polo seu bo facer enriba do escenario: REPARTO BOTICARIO: Antonio Chedas LELA: María Xosé Arca CARABINEIRO: Sergio Castromán A MORTE: Pedro Ortigueira IRMÁ I: Vanesa Fuentes IRMÁ II: Andrea Vázquez IRMÁ III: Patricia Vázquez IRMÁ IV: Carmen Miranda MULLER I: Xosé Antón Domínguez MULLER II: Vanesa Míguez MULLER III: Diana Rey

APUNTADORA: Lucía Villaverde SELECCIÓN MUSICAL: Xosé Antón Méndez ENCARGADOS SON: X. Manuel Correa, Toño Casais DECORADOS: Eusebio Rivero COLABORADOR ESPECIAL: Fco. Campos COLABORADORES: María Riveiro, Damián Zas

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 28: A Nosa Voz

28

“Bicos con lingua” por Totum Revolutum O martes 27 de maio, o Grupo de Teatro do Equipo de Normalización, Totum Re-volutum, representou a obra Bicos con lingua na Biblioteca do noso colexio. Sirva esta introdución dos condutores da obra para presentar este novo grupo teatral que de seguro nos acompañará nos próximos cursos:

Outra vez teatro! Despois da magnífica representación de “Os vellos non deben de namorarse” do outro día, hoxe o grupo de teatro do Equipo de Normalización, TOTUM REVOLUTUM, tráenos unha adaptación da obra “Bicos con lingua”, de Talía Teatro, sobre textos de Suso de Toro, Cándido Pazó, Avelino González, Ana Iglesias, Xavier Lama, Marta Echevarría e Manuel Núñez Singala. Por se non o sabedes, totum revolutum é unha expresión latina que significa caos, desorde… Pilládelo? E a que imos ó teatro? A rir? Tamén se pode chorar… e tamén nos fai pensar. Hoxe imos ter teatro para reflexionar. A ver, está o galego enfermo? Hai que aplicarlle un tratamento de choque para que non morra? Ultimamente, este tema da lingua está moi de moda…, que se eu fáloo porque si…, que si yo hablo lo que quiero… Eu creo que na nosa terra aínda non temos moi claro isto de en qué lingua falar… Vas a un bar e o camareiro fai de tradutor das túas palabras galegas, e ti, para que non leve tanto tra-ballo, pois acábaslle falando en castelán… ou non… E cando queres ligar? En que falas cando queres “camelar” un rapaz ou unha rapaza, eh? Claro, todos pensamos que o castelán é máis fino. Con todo, uns versos potentes en galego, dígovos que derreten a calquera… E os nenos? Por que lles falan os pais ós seus fillos en castelán cando eles falan en galego? Ben podían falarlles inglés, e francés, e…! E así, en vez de ser BI, poderían ser PLURI-lingües, que din os entendi-dos que iso é moi bo para o cerebro…

QUE PAIS! QUE PAÍS!

Pepo Suevos no Don Aurelio O actor e contador de historias Pepo Suevos, que se-guro que recoñecedes en series como Terras de Miran-da ou programas como O show dos Tonechos, visitou o mércores 28 de maio o CPI don Aurelio para agasallar-nos coas súas historias. O noso convidado deixou un bo sabor de boca entre o alumnado, que seguiu con atención as súas historias e valorou moi positivamente a actividade, en especial, a súa expresividade.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 29: A Nosa Voz

29

...E ALGUNHAS FERRAMENTAS LINGüÍSTICAS NA REDE

Dicionarios Dicionario Ir Indo: http://digalego.com/ Dicionario Estraviz: http://www.agal-gz.org/estraviz/ CLUVI (Galego-Inglés, Inglés-Galego): http://sli.uvigo.es/CLIG.html

Vocabulario ortográfico VOLGA: http://www.realacademiagalega.org/volga/

Tradutores Opentrad Apertium: http://sli.uvigo.es/tradutor Opentrad galego-español-portugués: http://opentrad.imaxin.com/ Traducíndote galego-español-catalán-portugués-inglés: http://www.ieschandomonte.edu.es/traducindote/ ESGA galego-español-galego: http://www.xunta.es/tradutor/

Cursos e manuais de galego en liña É Galego: http://e-galego.cesga.es/inicio.htm Galego en liña: http://www.galegoenlinna.uvigo.es/index.asp

Correctores Ortogal: http://sli.uvigo.es/corrector/

Software libre en galego Mancomun: http://www.mancomun.org/

Terminoloxía BIBLIO-TERM: http://www.usc.es/snl/term/biblio-term.htm

ALGÚNS ENDEREZOS DE INTERESE ARREDOR DOS LIBROS E A LECTURA...

Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/ Praza das Letras: http://www.prazadasletras.org/ Bibliotecas Escolares Galegas: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ O Soportal da Literatura Galega: http://www.culturagalega.org/lg3/ Biblioteca da Literatura Infantil e Xuvenil: http://www.filix.org/home.html Biblioteca Virtual da Lit. Universal en Galego: http://www.culturagalega.org/lg3/

Asociación de Escritores en Lingua Galega: http://www.aelg.org/

Apostas polo software libre? Buscas programas en galego? Openoffice, mozilla, firefox… Que che fai falta? Mancomun.org!!!

A enciclopedia colaborativa e libre en galego, a Galipedia, acaba de superar os 38.000 artigos.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 30: A Nosa Voz

30

N o curso 2007-08 pro-duciuse un auténtico boom do CPI don Au-

relio na rede. O colexio pasou de estar presente na internet coa vella web a contar con 9 páxinas, xa sexan webs, wikis ou blogues, do alumnado ou do profesorado, vencellados á vida do centro ou especializa-dos nalgunha materia, nalgún grupo ou nalgunha temática concreta. Detrás deste novo don Aurelio virtual percíbese a man do profesor Alberto Armada, coordinador das TIC e incansábel difusor das van-taxes que achegan as novas tecnoloxías á educación. Pese aos atrancos da administra-ción, que non acaba de dispo-ñer dos recursos necesarias para implementar as novas tecnoloxías no ensino, e ás inercias da vida académica, pódese afirmar que neste curso se deron algúns pasos que temos que reafirmar en-tre todos/as: profesorado, alumnado, nais e pais e as au-toridades educativas.

O COLEXIO NA REDE http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/ Páxina de referencia do centro que en só 4 meses de vida xa comeza a coller corpo. Ten un potencial enorme de cara ao futuro, non só a nivel informativo, senón tamén a nivel didáctico e de xestión. Nela poderán participar todos os membros da comunidade educativa. http://donaurelio.wikispaces.com/ O noso wiki, a comunidade virtual do profesorado do colexio. h t t p : / / w ww . b l o g o t e c a . c o m /nalinguadetodos/ Blogue do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística que xa suma unhas 5000 visitas. Ventá aberta ao traballo do equipo e á actualidade da lingua galega. No camiño da normaliza-ción da nosa lingua hai moito que facer para todos/as os/as que queiran botar unha man.

http://www.blogoteca.com/heladio/ Blogue de Heladio, profesor de Cien-cias Sociais que comparte co alumnado este espazo orientado ao coñecemento da historia.

http://ticblog.wordpress.com/ http://tic56.wordpress.com/ Bitácora de Alberto Armada sobre o uso das TIC no ensino e blogue de aula. Ticblog conta con máis de 50 páxinas, actualización diaria e unha clasifi-cación temática que abrangue as diferentes áreas e ciclos educati-vos. Próxima ás 70.000 visitas en 8 meses de vida.

http://cadernodelingua.wordpress.com Blogue da materia de Román, profesor de Lingua Galega. 18.000 visitas en 6 meses.

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2793/ Bitácora de 4º da ESO, froito dunha ilusión compartida por profes de diversas materias e un grupo de alumnas/os que publicaron máis de 200 artigos en 6 meses.

http://blogs.lavozdelaescuela.es/blog/blog2417/ Páxina de Educación Vial compartida polos grupos de ESO e Primaria dos profesores Heladio e Esther. Premio ao me-llor blogue do mes de abril do Programa Prensa-Escola da Voz de Galicia.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Page 31: A Nosa Voz

31

O ENDL presentou a finais de abril o Proxecto Musigal, unha iniciativa que puxo en marcha coa colaboración da Concellaría de Turismo, Cul-tura, Deporte, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Cuntis para dar a coñecer ao alumnado a música feita en galego na actualidade.

Os obxectivos deste proxec-to que terá continuación en vindeiros cursos son:

1.- Dar a coñecer a música galega actual nos máis va-riados estilos (rock, pop, hip-hop, metal, electrónica, fu-sión, jazz, raíz, etc.). 2.- Ensinar ao alumnado a buscar produtos culturais fó-ra dos circuítos establecidos, máis mediáticos, e máis co-merciais. 3.- Rachar os prexuízos que exclúen o galego dos modos de vida máis moderna e van-gardista. Tras facerse cunha boa co-lección de discos de música en galego e difundir o tríptico informativo (que contén unha chea de enderezos de músi-ca galega), o Musigal botou a andar da man da xornalista da TVG e a RG Belén Re-gueira, unha voz autorizada para coñecer a música gale-ga máis actual.

UNHA CLASE DIFERENTE Os músicos de Cerceda Martín e Carlinhos impartiron un obradoiro de hip-hop na biblioteca do noso colexio para o alumnado de 3º e 4º da ESO. Na súa charla trazaron unha historia do hip-hop e explica-ron os elementos que se combinan neste movemento cultural (rap, break, grafitti,

mc e beatbox). Ade-mais, Carlinhos deunos un pequeno curso de iniciación ao beatbox que deixou coa boca aberta a máis dun/dunha. Deseguida, Martin achegounos al-gunhas claves para a composición das letras

das cancións que, de segu-ro, fixo saltar algúns resortes nas cabezas do alumnado. Á pregunta típica de por que cantades en galego? seguiu-lle unha resposta do máis natural, porque falamos en galego, oe... pregúntame po-la música que fago! Xa meti-dos en fariña, escoitamos unha versión reague do him-no galego, acrecentado nuns cantos versos por Martín, que nos conduciu á reflexión sen deixar de gozar cos rit-mos xamaicanos.

Finalmente, chegou a parte máis práctica e participativa: a confección e rapeado, mesmo houbo quen se lan-zou ao beatbox, duns ver-sos. Un éxito que deixou bo sabor de boca entre o alum-nado.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A xornalista Belén Regueira achegounos o pano-rama actual da música galega

Martín Prego no obradoiro de Hip-Hop

Martín e Carlos Gende rapeando e facendo beat-box

Page 32: A Nosa Voz

32

FONOTECA MUSIGAL

O ENDL, en coloboraciòn co-a Biblioteca Escolar, puxo á disposición da comunidade escolar unha fonoteca mu-sical que xa contén case un cento de discos de grupos ga-legos de todos os estilos. Ademais, a fonoteca conta cunha sección infantil, que inclúe unha serie de publica-cións audiovisuais destina-das ao alumnado de Infantil

e Primaria.

Este fondo bi-b l i o g r á f i c o consta de ma-terial diverso que inlúe mú-sica galega in-fantil en dife-

rentes formatos, dende can-cións para escoitar en CD ata DVD interactivos que repro-ducen xogos populares, kara-okes e videoclips ou libros-xogo.

EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Un proxecto que nos trae a música feita en galego. Todo é música que fala a túa lingua, feita por xente coma ti para ti. Non sexas repunante e dálle caña á música en galego. Como? Ao longo do mes de maio tivemos a oportunidade de coñecer bandas e solistas a través do préstamo de discos na biblioteca, da internet, de charlas e obradoiros, de audicións nos recreos… E o próximo curso moito máis. A que esperas? Concurso Cos teus votos elixiremos os mellores temas e editaremos un CD no vindeiro curso.

Page 33: A Nosa Voz

33

Knell é unha banda de Cuntis que naceu de Sección 16, un grupo de hardcore no que comezaron a súa andaina algúns dos seus membros. Knell fai un metal aberto a novas sonoridades e entre as súas influencias caben sons diversos como os de Deftones, Metallica, Incu-bus, Hamlet, Bersuit, Faith No More ou Depeche Mode. Nestes anos comparti-ron escenario con bandas e solistas de referencia como Hamlet, Soziedad Alco-hólica, Rosendo, Habeas Corpus, Iván Ferreiro ou Koma, entre outras. Knell estará o 20 de xuño no pub Inferno da Estrada con Sem Resposta. Falamos con Sousa, un dos integrantes, sobre a banda.

- Como se vos ocorreu a idea de mon-tar o grupo? Pois, foi alá pólo ano 2000. O primeiro proxecto foi unha banda chamada sec-cion 16, faciamos hard rock pero co paso dos anos e cos cambios de forma-ción e, sobre todo, de gustos, decidimos montar a nova banda baixo o nome de Knell e cambiar algo de estilo. Casual-mente todos eramos amigos da infancia e eso facilitou moito as cousas. Case todos partimos dunha formación autodi-dacta. Por eso, é que ademais moitos de nós tocamos mais dun instrumento, pero co paso dos anos tamén seguimos algunhas clases para mellorar nalgun aspecto. Hai que evitar estancarse.

- A quen de vós se lle ocorreu? (Sousa) A Jacobo e a Cristian, que co-mezaron con Sección 16. Eles son os únicos que sobreviviron musicalmente a aquela aventura, os outros fómonos sumando co paso dos anos, algúns de nos procedentes doutras bandas como Extridentes ou Berro Homicida.

- A que anos empezastes? Con 15, 16, 17 anos. Está claro que cambiaron moitas cousas, co paso dos anos ves as cousas con máis perspecti-va e con máis experiencia e aprendes de todo, pero basicamente a esencia da banda segue sendo a mesma.

Lembrades o primeiro ensaio, o pri-meiro tema, o primeiro concerto? Por desgraza eu non fun dos primeiros compoñentes da banda (di Sousa). En-tón, dificilmente che podo contestar, o que si vos podo é falar do primeiro tema que se compuxo cando eu entrei na banda hai case 6 anos, chamado “Mi perfecto salvador”. Foi un tema moi im-portante para nós, de feito ainda o se-guiamos tocando hai uns meses en di-recto. Da primeira actuación, unha moi importante foi a de hai 4 anos no festival Verea Rock. Foi o primeiro festival im-portante para nós e temos un grato re-

cordo daquel dia, foi dos mellores sen dúbida.

Compoñedes vós as cancións? To-dos facedes letras ou un só? Umm... O proceso de composición po-demos dicir, polo menos dende a nosa experiencia persoal, que non é unha ciencia exacta, cada tema é un mundo, sempre dicimos que cada tema nos vai marcando as pautas ou os camiños que temos que seguir. É algo asi coma un puzzle. Si que é certo que sempre parti-mos dun riff de guitarra que nos gusta ou dunha melodía de voz pero despois deixámonos levar polo que nos transmi-te o propio tema. Intentamos reflectir enerxía e falar de vivencias persoais cos nosos temas.

Cales son as vosas influencias musi-cais? Temos influencias moi dispares, e moi-tas delas non teñen nada que ver co rock. Atreveríame a dicir que cada vez menos. Gústanos de todo, de todo o que transmita personalidade e orixinalidade, intentamos conxugar todo eso co noso son. Desde logo que admiramos a ban-das míticas do rock coma Metallica, Fai-th no More pero poderíamos dicir mil nomes

O feito de editar un CD, influíu no gru-po? Si, dende logo que para ben, sobre todo notámolo nos concertos. Agora xa non cantamos só nós, e eso dá gusto, a ver-dade. Grazas a el démoslle un empurrón forte ao grupo.

E cantos CD´s gravastes xa? Dous, Demo 03 e Demo 07. Os cambios foron notables, pero non nos soprendeu porque somos un grupo que compoñemos a un ritmo lento e cada tema difire moito do anterior, sempre nos sorprendemos con cada nova com-posición. Que representa para vós a musica? Pois a verdade, é unha sensación moi

gratificante, tando dende o punto de vista do traballo no ensaio compoñendo temas que te fan sentir moi realizado como persoa e como músico, ata os directos nos que a xente che fai vibrar e vives sensacións únicas. A xente é moi agradecida e despois dun concerto sem-pre se achegan e falan contigo para agradecerche e felicitarte polo concerto. Hai que ter moita conta con esto e non subir ás nubes, pero dende logo que eu creo que os músicos deben ser as per-soas coa autoestima máis alta e máis seguras de si mesmas.

Por que lle puxestes o nome de Knell ao grupo? Porque está o cemiterio ao lado e en inglés é algo asi coma un código de campás que significa toque final a mor-te. Ocorréuselle a Cristian. Antes, como dixemos, o grupo tiña outro nome: “Seccion 16”. Pero para nada nos senti-mos identificados con nada gótico nin por nada relacionado coa morte, de feito o propio significado do nome non ache-ga nada á banda. Elixímolo polo simple sentido estético do vocablo e porque non nos recordaba a nada.

Cantas persoas estades no grupo? Cinco: Sousa, Cristian, Jacobo, Alberto e Alex.

Con quen coincidistes sobre os esce-narios? Quen vos impactou especial-mente? Pois a verdade é que nos sentimos moi afortunados porque tivemos a sorte de poder compartir escenario coas bandas máis representativas do panorama na-cional rockeiro. Recordamos especial-mente o día que tocamos con Hamlet, que é a nosa banda favorita de rock metal, e tamén con Skunk DF, que son unha xente impresionante. Tanto Hamlet coma Skunk DF son unha xente que vale moito a pena. Son moi amables e agradecidos, son deses músicos que se revalorizan cando coñeces as grandes persoas que son. Tamen compartimos cartel con Boikot, Soziedad Alkoholika, Estirpe, Koma, Habeas Corpus, etc.

Dos vosos concertos, cales lembra-des con especial cariño? Pois mira, sempre gozamos máis dos concertos pequenos coa xente ai preto de ti. Recordamos grandes concertos no pub Inferno na Estrada, tamén os do Chiorta ou o Chelsea coa xente de Cun-tis. Tamen en Noia, onde nos aprecian moito e, como non, os festivais onde ves tanta xente e te impresiona tanto.

www.fotolog.com/knell.fotolog Myspace.com/knellmyspace

Por Vanesa Míguez, Patricia Vazquez e Patricia Pequeño (1º B)

REPORTAXES

Page 34: A Nosa Voz

34

Seguro que xa coñecedes este grupo porque tres dos seus integrantes estudan no noso colexio. O 21 de xuño tocan na feira.

Como empezastes co grupo? Perdemos o Norte xurdiu porque era-mos amigos e a todos nos gustaba a música. Levamos tocando dende co-mezos do ano pasado. Todo princi-piou nun festival da Escola de Música de Cuntis, onde iamos aprender a tocar a guitarra. E pensamos en mon-tar un grupo, xa que a Xurxo se lle deu por aprender a tocar a batería e a Alba o baixo. O nome do grupo na-ce dunha anécdota que lle pasou a Xurxo coa avoa. Vai e dille: “Avoa, hoxe imos ensaiar que temos un gru-po”, e ela resposta “ai, neno, perdes-tes o norte”.

Qué estilos musicais tocades? Cales son as vosas influencias? O noso estilo …buff… Estamos co-mezando a compoñer… Temos catro temas propios e, si, son rock, pero as letras están como rapeadas…aínda que non en todos os temas… rap-rock quizais…? Escoitamos rock e heavy máis ben. Gústannos grupos como: Habeas Corpus, Nao, Sistem of a Down, Skunk DF... Que instrumentos tocades? Sabemos tocar o básico na guitarra, xa que fomos a clases na Escola de

Música con Fran, aínda que no grupo tócana Abrahán e Manu, Xurxo aprendeu a tocar a bateria só e Alba vai a clases de baixo. Tendes algunha canción propia? Temos 4 temas propios: “Marxinado Social”, “Sinte”, “Rondando” e “Atrapado nun soño”. Quen fai a letra das vosas canci-óns? En que vos inspirades? (Alba) Os temas falan sobre todo de inxustizas sociais, pero máis ben é do que lle cadre... En que me inspi-ro?...buff... boa pregunta...he, he... A verdade é que nin o sei eu... Escribo o que se me ocorre e dependendo de como teña o día. Agora que remata o curso podo confesar que “Sinte” es-cribino nunha mañá na clase na que non sabía o que facer e me aburría... Asi que xa vedes E a música? A cousa é así: Xurxo saca un ritmo na batería e Abrahan compleméntao con rifs e acordes na guitarra, logo metémoslle a letra... Juju!! Pensades incorporar máis músi-cos ao grupo (rumoréase que ides incorporar unha nova voz? Pois si, antes cantaba Alba xa que anteriormente tiveramos outro can-tante pero deixou o grupo. Agora te-mos un novo cantante, pero de mo-mento non imos desvelar nomes... o máis seguro é que xa o vexades no próximo concerto. Que tedes pensado para o futuro? Progresar e ser un pouco coñecidos, aínda que só sexa na Galiza, ogallá algún día se nos recoñeza a nivel galego, pero fai falla moito ensaio. Canto tempo dedicades a ensaiar? O normal para nós son dúas horas á semana, pero cando temos concerto procuramos quedar máis. A semana pasada rematamos de montar o novo local de ensaio na Escola de Couse-lo. Está xenial xa que o insonoriza-mos, pintamos a porta e puxemos corrente e bombillas. A verdade é que se está moi a gusto alí. Cantas actuacións tivestes? Cal foi a reacción do público? Tivemos máis ou menos oito actuaci-óns, case todas elas grazas a Knell, que nos axudaron a lanzarnos nesto de darnos a coñecer pouco a pouco. A reacción do público... Cremos que

boa... polo me-nos a nós sempre nos din que moi ben. A min (fala Alba) o que me gustou foi o que me dixeron no Chelsea ó aca-bar de tocar a primeira vez. D i x é r o nm e : “buá, como molades, parecedes Knell cando es-taban empezando!”. Eso enche a un... (di Manu). É moi complicado gravar? Non o vemos moi complicado, porque hai grupos que cremos que soan moi-to peor ca nós e están aí con temas gravados no myspace. Este ano ao mellor non pero senón para o seguin-te fixo que gravamos algún tema.

Parece que estades compoñendo algo en galego? É tan difícil pegar ese salto a pesar de ser galego-falantes? (Alba) Aínda que vos pareza raro, resúltame moito máis facil compoñer en castelán e non sei certamente o porqué. Penso que moito de culpa téñena os grupos que adoito escoltar, e de aí veñen os temas en castelán,. Este novo tema que andamos a facer a pouquiños é en galego. A quen vos gustaría parecervos? A Knell ou a Nao. Porque nos gusta a súa música e como de ben teñen montado o asunto. Tendes relación con outros gru-pos? Cos compoñentes de Môrula levá-monos ben e nun concerto tocamos con Odio e Amo.

Por Daniel Hervés, Daniel Fariña e Francisco Reboredo (1º A)

coa axuda inestimábel de Alba

REPORTAXES

Jorge (batería)Jorge (batería)Jorge (batería)Jorge (batería)

Manuel (guitarra)Manuel (guitarra)Manuel (guitarra)Manuel (guitarra)

Alba (baixo)Alba (baixo)Alba (baixo)Alba (baixo)

PERDEMOS O PERDEMOS O PERDEMOS O PERDEMOS O

NORTENORTENORTENORTE

Abrahám (guitarra)Abrahám (guitarra)Abrahám (guitarra)Abrahám (guitarra)

Page 35: A Nosa Voz

35

REPORTAXES

No ano 1994 creouse este mu-seo e instalouse na clase que actualmente é de 2º A, que tiña unha parte adicada a esta activi-dade. Atopábase nesa aula por-que era a titoría do profesor Juan A. Fernández Castro, a persoa da que xurdiu a idea de crear o museo no noso centro. Os obxectos que había foron achegados por alumnos e profe-sores. A partir de 1996 creouse o Se-minario Permanente de Coñece-mento do Medio, do que forma-ron parte moitos profesores: Tri-nidad Iglesias, Isabel Ferro, Ma-ría Porto, María Tato, Pilar Fon-devila, Mª Carmen Fernández, Mª Carmen Bernal, Mª Jesús Saborido, Emilia Monteagudo, José M. Piñeiro, Mª Carmen González Güimil e Juan A. Fer-nández Castro, o coordinador. Este seminario contaba cunhas axudas da Xunta que facilitaba as cuestións económicas. A fi-nalidade era reunir obxectos da vida cotiá dos alumnos e promo-ver actividades culturais no co-lexio. Algúns alumnos doaron os obxectos para o museo e outros

prestáronos para que, cando quixesen, pode recollelos. No museo estiveron moi involucra-dos os alumnos e, grazas a iso, recibía moitas visitas tamén dos pais. Os propios rapaces encar-gábanse dalgunhas xestións do museo: abríano durante os re-

creos para que o resto dos com-pañeiros o puidera visitar, e eran os propios alumnos os que facili-taban a información sobre os obxectos coleccionados aos visi-tantes. A partir deste traballo

elaboráronse oito libros sobre Cuntis, cos datos facilitados polo propio alumnado que, deste xeito, foron protagonistas de to-do o proceso de creación e mantemento do museo. O mu-seo está formado por obxectos antigos referentes á vida cotiá

das familias e mais obxectos de certas profesións. Neste curso 2007-2008, o mu-seo pasou por un proceso de renovación: fíxose unha amplia-ción e o novo etiquetado dos obxectos e restauráronse algúns deles. No mes de maio levouse a cabo a reapertura deste espa-zo cultural do noso centro. Os profesores que colaboraron nes-ta renovación foron Juan A. Fer-nández, Ana Real, Ramón Do-mínguez e Heladio Fernández. No futuro cóntase con ampliar o museo e a súa colección. Pero isto dependerá da colaboración de toda a comunidade do CPI Aurelio M. Rey García.

Samer Abdulkader Sande e

Daniel Fariña Magariños (1º A ESO)

Page 36: A Nosa Voz

36

A festa mudou en chapuza e espectáculo vergoñento. A cul-pa, o diñeiro. Fernando Váz-quez, seleccionador de Galiza xunto a Arsenio Iglesias, resu-miu o sentimento que rondaba onte pola cabeza de todos os que agardaban a que tiña que ser a celebración do fútbol gale-go cun invitado, en principio, de honra: Camerún. Os leóns indo-mables non foron tan salvaxes:

"Pódese querer ser a mellor se-lección de África e unha das mellores do mundo, pero a cla-se é a que non se pode com-prar".

O encontro comezou con máis de hora e media de atraso e grazas porque ás nove da noite, hora prevista para o inicio, nin-guén daba un peso porque o partido se disputase. Mentres,

nas bancadas, a xente estaba porque a informalidade duns non chafara a fes-ta prevista.

A selección de Gali-za, A irmandiña , no-me co que foi bauti-zado o combinado galego, non defrau-dou na súa cita desta

volta en Balaídos

Houbo que agardar ao minuto 6 para que o primeiro aviso de Jo-nathan Aspas espertase unhas bancadas que viron como a súa boa disposición inicial decaía un pouco. Só foi un intre por-que finalmente, con atraso e ca-breo, o guión estaba escrito. Gozar dunha selección que é a de todos xogue contra quen xogue e pase o que pase. Ao final, o partido rematou en em-pate, cun gol para cada selec-ción.

Creo que o máis emotivo do en-contro foi a entoación do himno galego por case todos os siarei-ros e dous ou tres futbolistas.

Por Alba González Picáns (4ºB)

Unha ilusión, unha selección (28-12-2007)

Campións cutienses

Por Pedro Ortigueira (4ºA)

O piloto cuntiense Xosé Mi-guel Martínez Barreiro foi, por segunda vez, Campión de Galiza de Rallys 2007, título que acadou no Rally da Baixa Limia. Esta é unha foto do au-tomóbil que o fixo campión.

Palmarés: Campión Galego de Rallys 2006 e 2007; Sub-campión Galego de Ralis 2003; Subcampión Galego de Montaña 2001; Campión Ga-

lego de Montaña 2000; e Campión da Mabor 1992.

Pola súa banda, no Rally do Botafumeiro 2007, Xosé Ma-nuel Pazos Fontán, co seu amigo Víctor Manuel Fdez. Araújo como abordante xa que o seu copiloto Sergio Bar-go estivo ausente nesta proba por lesión, gañou o "Trofeo Driver Center”. Tamén gañou o trofeo nesta proba, aínda que lle chegaba con ser 3º.

Despois dun comezo de tem-pada inmellorable, gañando as tres primeiras probas, o campionato parecía retorcer-se un pouco ata que ó final o conseguiu co seu Citröen Saxo VTS 16v, que ten á ven-da para adquirir unha nova máquina de cara ó "Volante Rac" .

Todos con Ezequiel Mos-quera e o Karpin GZ

Por Diego Rubines (4ºA)

Tras gañar a Clásica de Al-conbendas en maio, o ciclista de Teo ten pensado correr este ano a Volta a España, na que quedou 5º en 2007. Entre o s s e u s o b x e c t i -vos atópase quedar, polo me-nos, entre os 10 primeiros e, sobre todo, dar espectaculo, que é o que necesita a afec-ción para que as beiravías es-tean cheas ata a bandeira.

REPORTAXES

Page 37: A Nosa Voz

37

TRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivoTRANSVERSAIS: educación afectivo------------sexualsexualsexualsexualsexualsexualsexualsexualsexualsexualsexualsexual

A Rede de Centros Quérote, Centros de Asesoramento Afectivo-Sexual, ten por misión promover a saúde sexual im-pulsando servizos asistenciais, de asesoramento e de carác-ter informativo no tocante a actitudes afectivas, cognitivas e condutuais. A Rede de Centros de Aseso-ramento Afectivo-sexual son unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidari-dade que se inicia coa crea-ción do primeiro Centro en Santiago de Compostela. A rede de centros estenderase proximamente ás principais cidades galegas e os seus ser-vizos vanse canalizar non só a través da rede, senón tamén a través dos Puntos de Informa-ción Xuvenil e e dos colexios e institutos.

Nos artigos sobre os que nos informan, atopei un moi intere-sante: o DESAMOR. O desamor é un proceso no cal van diminuíndo os senti-mentos cara a unha persoa ou mesmo desaparecendo algúns deles. Da mesma maneira que nos podemos namorar, tamén

podemos desnamorarnos. Igual que idealizamos á per-soa, desidealizámola e come-zamos a vela dun xeito máis real, e comezamos a ver esas cousas que non nos gustan tanto e que non víamos antes, mesmo algunhas veces, pare-ce que comezan a ter máis importancia que as outras. Do mesmo xeito que sentimos unha profunda admiración por ela, podemos deixar de senti-la, e pódenos deixar de gustar e podemos deixar de sentir as emocións que sentíamos can-do estábamos con ela. Todo isto é o desamor. Moitas veces, o desamor fai que deixemos de saír con esa persoa da que estabamos na-moradas ou namorados e pa-se a ser unha amiga ou amigo, ou unha relación máis superfi-cial ou mesmo interrompamos calquera tipo de trato con ela. Pero todo isto non depende do desamor, senón máis ben do que ocorra durante o proceso. Porque o desamor non implica necesariamente a perda total e absoluta do amor, senón a súa diminución e o cambio dal-gunha das súas cualidades. O namoramento pode deixar pa-so ao simple apego ou ao aga-rimo. O que ocorre é que, al-gunhas veces, no proceso de desamor, pasan cousas moi desagradábeis que nos fan sentir moi mal e que nos levan a "non querer saber máis na-da" con esa persoa e isto dáse con máis frecuencia se só se desnamora unha das dúas. Outras veces, o desamor pro-dúcese tamén con algunha amiga ou amigo. Xeralmente pasa algunha cousa que nos

parece grave e enfadámonos moito con ela ou con el, mes-mo cortamos a relación, tem-poral ou definitivamente e co-mezamos a deixar de lle ver todas as cualidades que antes lle viamos e mesmo temos ga-nas de que a deixen de valorar outras persoas. Todo isto ta-mén é unha forma de des-amor. Evidentemente, a rela-ción cambia, diminúe ou des-aparece a complicidade e a intimidade, tamén se deteriora a confianza. Todo isto pódese reparar, ou deixar paso a unha relación de simple respecto dende a distancia ou a unha ruptura definitiva, todo depen-de do que sentiramos cando sucedeu "ese algo" que fixo que relación cambiara. Todo isto é o desamor... moito menos agradábel que o amor pero moito menos lesivo que o odio, só que ás veces, o des-amor sucede despois do amor e outras veces non se dá ata que pasa un tempo no que predominan os sentimentos de odio.

Na súa páxina poderedes ac-ceder a un glosario onde vos explican tódolos conceptos que non entendades sobre o sexo e as súas variedades.

Por Sandra Fandiño

O Centro está situado na praza d o M a t a d o i r o , s / n , CP 15703, de Santiago de Compostela.

http://www.querote.org/

Page 38: A Nosa Voz

38

SUPER SIZE ME

Documental estadounidense do ano 2004 dirixido polo cineasta independente Morgan Spurlock. A fita foi nominada aos Premio óscar ao Mellor Documental. Neste documental o realizador Spurlock experimenta como é alimentarse con comida rápida de McDonald's durante 30 días. O experimento ten asombrosos e negativos efectos para o prota-gonista, xa que nun mes sobe 11 quilos de peso, sente fatiga con-tinua e ten a necesidade de se-guir comendo, bota a perder o seu fígado, os niveis de coleste-rol no seu sangue aumentan de forma impresionante, e diminúe a súa vida sexual nunha forma considerable. Este documental é unha aberta crítica á comida rápida ou Fast-Food, e sobre todo ás súas ver-sións "super size" ou "super combo", as que curiosamente McDonald's saca de circulación días despois da estrea da pelícu-la. Nela, tamén se poden observar diferentes estratexias de capta-ción de clientes, por exemplo, a

felicidade que senten os ne-nos ao seren levados a esta ca-dea de restaurantes xa que no interior dos locais están con seus pais e outros nenos xogando en parque infantís. O recordo que constrúen do lugar permanecerá ata que sexan maiores e, daque-la, levarán os seus fillos a este tipos de restaurantes. Aos alumnos de CC.MM. pare-ceunos que non paga a pena ir comer a estes sitios: xa non tiña-mos moitas ganas da comida-lixo pero agora quitáronsenos de todo. De verdade paga a pena ir comer a estes restaurantes?

Por María Prado (4ºA)

OUTRO XEITO DE VIVIR

Jane Goodall é famosa polos estudos que realizou a primates xa que conviviu con eles durante moitos anos. Escribiu numerosos ensaios sobre os seus comporta-mentos. Foi homenaxeada nu-merosas veces polo seu traballo. Recibiu o premio Príncipe de As-turias da Investigación Física e Técnica no ano 2003.

Escribiu este libro, Otra manera de vivir, que non fala de primates senón que fala dos humanos, particularmente da nosa alimen-tación e temas preocupantes acerca dela como o abuso da comida, a agricultura tradicional, os alimentos modificados xenéti-camente (transxénicos), o sufri-mento de animais nas granxas e a medicación destes nas mes-mas, dos mares e océanos e o perigos da súa fauna, dos distin-tos tipos de vexetarianos, os su-permercados, dos produtos lo-cais e de tempada, os produtos ecolóxicos, a obesidade e comi-da rápida, a escaseza de auga, produtos ecolóxicos… O que nos quere dicir Goodall con este libro é, sobre todo, que podemos op-tar por outra maneira de vivir xa que vivimos nunha sociedade na que parece que estamos "enganados" e que non sabemos o que hai detrás… Ben sei que hai xente que real-mente non o sabe porque eu mesma me sorprendín ao ler o libro de que haxa tanta cruelda-de contra os animais e con ou-tros temas por parte das multi-nacionais só por gañar máis cartos. Invítovos a ler o libro para que reflexionedes sobre que outra maneira de vivir é posible. Este é só un resumo xeral do libro xa que cada alumno da cla-se de ciencias medioambientais leu uns determinados capítulos, dalgúns deles falamos no blog. Na aula fixemos unha posta en común do libro e hai que dicir que hai alumnos que quixeron lelo enteiro porque realmente é moi interesante e é necesario saber o que realmente pasa.

Por Adriana Fuentes (4ºB)

TRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientais

Page 39: A Nosa Voz

39

FABRICANDO XABRÓN O outro día na clase de cien-cias medioambientais estive-mos falando do aceite usado, en concreto, de que facer con el. Sofía comentounos que podíamos facer xabrón e pa-sounos as instrucións!

O material que precisamos é o seguinte: - Recipiente de barro, metal ou cristal. - Culler ou pau de madeira. - 250 ml de aceite. - 250 ml de auga. - 42 g de sosa cáustica (é moi corrosiva e debemos evitar que entre en contacto coa roupa ou coa pel; no caso de mancharnos debemos botarlle auga abundante e xabrón).

Como o facemos?

Comezaremos por botar nun recipiente a sosa cáustica e engadirlle auga (con moito coidado), sen tocar a sosa cáustica en ningún momento coa man xa que pode queimar a pel! Ao preparar esta disolu-ción observaremos que se desprende calor, o cal é nece-sario para que se produza a reacción! A continuación, hai que enga-dir, pouco a pouco, o aceite

remexendo continuamente, aproximadamente durante unha hora. Cando apareza unha espesa pasta blanca, alegrarémonos porque conse-guimos o xabrón que con tan-ta paciencia tivemos que ela-borar. Se queremos que saia máis branco, podemos enga-dirlle un produto branqueador e para que cheire ben tamén lle podemos botar esencias. Que facemos se as cousas non saen como deberían? Ás veces ocorre que por moito que remexamos, a mestura está sempre líquida; o xabrón cortouse! Pero non o tiredes porque hai remedio. Temos que pasar a mestura a unha cacerola e poñela ao lume (mentres volvemos a remexer) e aparecerá xabrón. O toque final Temos que botar a pasta obti-da nunha caixa de madeira para que vaia escorrendo o líquido sobrante. Ao cabo dun ou dous días podemos cortalo en anacos cun coitelo e xa estará listo para usar. Non esquecer Ao acabar de facer xabrón la-var as mans, o cabelo, a rou-pa, o chan, etc. Nós xa probamos a facelo. Da primeira vez non nos saíu pe-ro da segunda parece que si!!

Por Adriana Fuentes (4ºB) e Cristina Piñeiro (4ºA)

NOCES DE LAVADO

A noz de lavado é o fruto du-nha árbore, o Sapindus muko-rossi (tamén chamada árbore do xabrón), que se atopa ó norte de India e en Nepal.

A casca da noz contén sapo-nina, un axente moi activo que a árbore produce para prote-xerse dos parasitos e insec-tos. A casca destas noces serve para diversas funcións, como a de servir de deterxen-te, e teñen a vantaxe de que non contaminan. O seu uso nas lavadoras

Introducir sobre 4-6 noces partidas á metade nunha bolsiña sobre a roupa no tam-bor da lavadora. Esas noces valen para 3 lavados a 30ºC-40ºC ou 2 lavados a 60ºC-

TRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientais

Page 40: A Nosa Voz

40

90ºC. O cheiro da roupa será neutral.

Outros usos

Esas cascas empregadas ta-mén se poden ferver en agua durante 10-15 min e o líquido que sae servirá para limpar o que queiramos (é desinfectan-te). Un litro de auga para 30 cascas será suficiente.

Cousas que soen pasar

Cando empregamos as cascas como deterxente na roupa branca podemos observar u-nha capa media grisácea. Isto desaparece se lle botamos un pouco de sal branqueador.

DECÁLOGO DA CONDUCIÓN ECOLóXICA 1- Empregar transporte público sempre e cando sexa posible e compartir coche con compañei-ros de traballo. 2- á hora de conducir, empre-gar marchas largas a baixas revolucións.

3- Evitar freazos, aceleracións e cambios de marcha innece-sarios, mantendo unha veloci-dade uniforme; para iso, é pre-ciso estar atento e respectar as distancias entre os coches. 4- En paradas prolongadas (máis de sesenta segundos) apagar o coche.

5- Non empregar o aire acondi-cionado nin a calefacción can-do non sexa necesario xa que o seu uso aumenta o gasto de combustible. 6- Non tirar papeis, cabichas, ou outros obxectos pola xane-la do automóbil xa que pode poñer en perigo a seguridade dos demais automobilistas. 7- Se as condicións económi-cas o permiten, comprar co-ches de baixo consumo. 8- Para pequeno percorridos, aínda que dispoñamos de co-che propio, podemos despra-zarnos camiñando.

BENEFICIOS DA ECO-CONDUCIÓN

* Aforro medio de carburantes dun 15%. * Diminución global da conta-minación ambiental. * Redución dun 15% das emi-sións de CO2 a atmosfera. * Diminución da contaminación acústica.

* Aumento da comodidade no automóbil. * Diminución de perigo dos ac-cidentes.

* Redución da fatiga do condu-tor.

* Aforro dos custes de mante-mento do automóbil, sistemas do motor, etc.

Por Adriana Fuentes (4ºB) e Cristina Piñeiro Cortés (4ºA)

O PETRÓLEO, A ÚNICA ALTERNATIVA? Hoxe en día todos falamos da crise dos combutibles fósiles, pero, temos outras opcións?

Hai tipos de combustibles alter-nativos: o etanol, o bioetanol e o biodiesel, que se extraen de produtos vexetais que se culti-van e tratan só para iso... aín-da que a maioria son transxéni-cos e hoxe en día comezan a ser responsables da fame en moitos países. E logo están o gas natural, o hidróxeno e a electricidade . En Galicia contamos con 23 estacións de biodiesel, pero xa se veu tamén que na comuni-dade xa existen fábricas de bioetanol. Unha alternativa falando de transporte son sen dúbida os coches híbridos dos que xa fa-lamos noutro post, e sobre to-do A REDUCCIóN (as bicis e camiñar en traxectos curtos, evitar coller o coche para todo, usar transporte público...).

Por María Prado (4ºA)

TRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientais

Page 41: A Nosa Voz

41

O alumnado de CC.MM. de 4º da ESO realizamos un concurso entre todas as clases da ESO para ver quen de todos os cursos recicla máis. En abril fixemos o estudo para ver que grupo foi o que máis reci-clou. Estes foron os resultados:

1º A: 1.450 puntos. 1º B: 620 puntos. 2º A: 160 puntos. 2º C: 48 puntos. 3º A- 400 puntos. 3º B: 1550 puntos. 3º C: 730 puntos. 4º A: 5750 puntos. 4º B: 6900 puntos. 4º C: 6690 puntos. Moitos cursos foron penalizados por botar chicles, papeis enrugados, obxectos que primeiro debían ser

reutilizados, etc. Como podedes comprobar, os cuar-tos foron os que máis reciclaron. Isto tamén pode ser en que somos un grupo de ciencias que nos esta-mos preocupando polo futuro do noso medioambiente e non quere-mos estragar a nosa terra.

Vós tamén podedes colaborar para que o mundo vaia a mellor; todos xuntos, todo sería moito máis doa-do. Por María Rey (4ºA)

Que é o consumismo? É o termo que se utiliza para describir os efectos de igualar a feli-cidade persoal á compra de bens e servizos ou ó consumo en xeral. Tamén se emprega referido á compra compulsiva. Pódese resumir nesta máxima:

“Canto máis compro, máis feliz son” - Unha crítica: todo o que se compra é innecesario e leva unha carga politica. - Unha defensa: todo o que se compra é necesario. CAUSAS E CONSECUENCIAS: - Publicidade. - Predisposición usar e tirar moitos produtos. - Baixa calidade dalgúns produtos, que son atractivos polo baixo custo. - Comprar para eliminar penas (vender enganando). - Non reutilizar nin reciclar. - A presión social e a cultura. EFECTOS:

ACCIÓNS QUE REDUCEN O CONSUMISMO: Antes de comprar, podemos considerar diversas cuestións: - Evitar produtos de baixa calidade. - Non mercar alimentos empaquetados e bebidas embotelladas. - Rexeitar pratos, coitelos, etc. non reutilizables. En definitiva, que é o consumo responsable? 1. Un consumo ético no que se introduzan valores como unha variante importante á hora de consumir ou optar por determina-dos produtos. 2. Facer uso das tres “R”: reducir, reutilizar e reciclar. 3. Un consumo social e solidario no que entre o comercio xusto. Que lle paguen polo produto o que custa en realidade a quen o fixo e non unha miseria.

Por Rubén Gosende (4ºB) e David Souto (4ºA)

TRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientaisTRANSVERSAIS: ciencias medioambientais

Page 42: A Nosa Voz

42

Pódeche pasar vvvv ivimos nun mundo no que todo se move moi rápido: a maneira de vivir, os avances técnicos e, tamén, a nosa forma de divertirnos. Eu, cando estou por aí cos meus amigos, non penso no que nos pode pasar, só no que es-tá pasando. Iso é un erro.

O 14 de maio deste curso asistimos a unha charla de AESLEME, dentro dunha campaña sobre a prevención de accidentes. Dúas persoas cunha lesión medular falaron sobre a súa experiencia persoal e déronnos recomendacións para evitar accidentes, ou ensináronnos que facer e que non facer no caso de vernos nun. Por exemplo, estas dúas persoas a min fixéronme reflexionar sobre o repousacabezas do coche, que nunca poño á medida, senón que tal como estea queda. Tamén de que o importante non é poñer o cinto para que non nos quiten puntos, senón para que teñamos un mínimo de seguridade ao volante dun coche.

Durante a charla esquecín todo. Non lembraba nin a excursión, nin as clases, nin nada de nada. Foi moi impactante porque, aínda que xa tiñamos algunha información de antemán, estas dúas persoas amosáronnos o tema máis vivamente, posto que eles están nunha cadeira de rodas por culpa dun acci-dente. Debe ser moi duro estar nunha cadeira de rodas o resto da túa vida. Por iso, esa muller, coma ou-tras moitas que non coñezo, parécenme moi valentes.

Eu non imaxino como chegaría a ser a miña vida se estivera nunha cadeira de rodas, porque ter que depender todo o tempo dos teus pais, irmáns, amigos, etc., ten que ser moi duro. Unha lesión medu-lar non implica soamente unha lesión, implica un cambio radical na vida do que a sofre e na dos que es-tán ao seu redor; implica o comezo dunha etapa, dura e difícil, para a que ninguén está preparado. Ade-mais, tes que aprender a valerte por ti mesmo e, en moitos casos, o único que consegues é dar pena aos demais, cando non é diso do que se trata. A min con só escoitala víñanme as bágoas ós ollos. Pero así con bágoas nos ollos sentíame estúpida, porque eu non era a vítima.

Ter unha lesión medular é coma morrer e volver nacer, xa que hai que ter moita forza de vontade e volver aprender a facer todo. Eu non sei se sería capaz de superalo. De todo o que nos contaron, o que máis me impactou foi o do rapaz de dezaoito anos que quedou tetrapléxico e que, pola súa culpa, morreron algúns compañeiros seus. E aínda así, día tras día, escoitas aos teus amigos dicir que van de botellón e que conducen igual… Pensaba que estas cousas só lle pasaban á xente que non respecta as normas de condución. Pero non, isto pódelle pasar a unha persoa que está facendo deporte, a unha persoa que vai perfectamente conducindo e vai un irresponsable, dache un golpe e quedas mal para toda a vida. Non podemos tomalo a broma. A ninguén lle gustaría estar nunha cadeira de rodas ou ver que algún amigo está nela por culpa túa.

Aínda así, algunha xente pensa que non lle vai pasar nunca nada e arríscase. Así hai cada vez máis accidentados nos hospitais con problemas de lesións medulares. Pareceume sorprendente o dato que nos repetiu dúas veces a rapaza: no ano 2007, tres mil persoas morreron nas estradas e, aproxima-damente, mil cincocentas eran menores de trinta anos.

Os novos, e todo o mundo en xeral, moitas veces actuamos sen pensar nas consecuencias dos nosos actos. Só cando estamos mal nos decatamos dos erros e, entón, laiámonos. Teño amigos con mo-to e coche e, realmente, moitas veces preocúpome por eles. Estou sempre coma unha pesada para que teñan coidado, que poñan o casco, o cinto, etc.

Dentro de pouco creo que terei coche, así que veume moi ben esta charla. É un exemplo moi bo, para que nós vexamos o que pode pasar se non cumpres as regras de seguridade. Levo toda a vida “vivindo”, sen pensar, intentando pasalo o mellor posible… Pero isto fíxome reflexionar. Polo menos a min fíxome pensar moito, pensar que non se pode facer o louco na estrada. Despois desta charla, non esque-cerei poñer o cinto de seguridade, nin de pór un casco cando suba a unha moto. Polo que poida pasar… Sinto que estas charlas se deberían dar máis a miúdo e en máis sitios, para que a xente tome conciencia do que lle pode pasar se non fai o debido.

Estas dúas persoas fixéronme cambiar a miña maneira de pensar á hora de subir a un automóbil, porque deime conta de que che pode cambiar a vida radicalmente por un accidente.

Reflexións do alumnado de 4º da ESO despois da charla de AESLEME

(Asociación para o Estudos da Lesión Medular Espinal)

TRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vialTRANSVERSAIS: educación vial

Page 43: A Nosa Voz

43

POLA IGUALDADE POLA IGUALDADE POLA IGUALDADE POLA IGUALDADE NO CPI NO CPI NO CPI NO CPI

DON AURELIO DON AURELIO DON AURELIO DON AURELIO Na véspera da celebración do 8 de marzo, Día da Mu-ller, entregáronse na biblio-teca do CPI don Aurelio os premios do Concurso "A igualdade na fotografía" convocado pola Concella-ría de Igualdade e Benes-tar Social do Concello de Cuntis.

Este certame ten como obxecto promover a través da fotografía unha socie-dade máis xusta baseada na igualdade da muller e o home. Para iso, os traba-llos deben mostrar algunha situación na que homes e mulleres se mostren en es-pazos e contextos de igualdade, asumindo o re-parto de responsabilida-des, promovendo a incor-poración da muller ao tra-ballo, sen discriminación laboral, etc.

Convocáronse tres modali-dades:

1.- Alumnado.

2.- Profesorado que traba-lla no concello.

3. Asociacións cuntienses.

Na primeira categoría os gañadores foron Javier Vázquez Castro (4º C) e Andrea Pereira Fariña (3º B), que recibiron cadan-seu MP4 polos traballos “Medrando xuntos/as e iguais” e “No fútbol, coma na vida, nós tamén dispu-tamos a pelota”, respecti-vamente. Na modalidade reservada ao profesorado gañou a fotografía "Dúas mans", de Heladio, o no-so mestre de Ciencias So-ciais, que recibiu un pen-drive de 8 xigas. Pola súa banda, O Fervedoiro ga-ñou co traballo titulado

"Entre dous" a modalidade dedicada aos colectivos sociais locais, que tiña por premio unha cámara dixital valorada en 200 €.

Así mesmo, os traballos premiados ficaron pendu-rados en grandes lonas en diversos edificios do muni-cipio para conmemorar du-rante todo este mes o Día da Muller.

Ao acto de entrega de pre-mios asistiu a Concelleira de Igualdade e Benestar Belén Pazos Touriño, que animou ao alumnado a tra-ballar por unha sociedade máis igualitaria na que as discriminacións de xénero non teñan cabida.

TRANSVERSAIS

: EDUCACIÓ

N PARA A IGUALDADE

CONCURSO A IGUALDADE NA FOTOGRAFÍA CONCELLARÍA DE IGUALDADE E BENESTAR SOCIAL

CONCELLO DE CUNTIS

Entre dous é máis

sinxelo, en igualdade,

respectuosos o un co

outro, sen xefes. A suor

escorre por entre os

dedos de cadaquén con

idénticos camiños; nun

e s f o r z o c o m ú n ,

e s p r e m e n d o a

substancia vital dos

nosos días, para crear

infíndos instantes de

respecto, e de conseguir

a equidade en paralelo,

sen temor: este é o

único xesto de amor.

Page 44: A Nosa Voz

44

OS PREXUÍZOS DE XÉNERO

No Nadal, polo noso aniver-sario e o noso santo, polo Día do Pai e da Nai, comu-ñóns… todos/as recibimos agasallos., dende os/as máis cativos/as ata os/as grandes. Polo Nadal nenos e nenas soen pedir sempre xoguetes. E para escoller o xoguete que queren collen unha re-vista especializada e miran o que máis lles gusta.

Pero nunca nos decata-mos de que ata nas re-vistas máis comúns e i nocen tes se está a e x p o ñ e r

unha imaxe discriminatoria contra as mulleres baseada en tópicos? Ou simplemente facemos que non vemos o que está a pasar? Por que digo isto? Pois por-que cando collemos un catá-logo de xoguetes, abrimos a primeira páxina e normal-mente aparece: un fondo de cor rosa e imaxes de coci-

ñas, bonecas, barbies.... e rapazas lucindo esas bone-cas ou carros de bonecas. E hai algún home que estea na cociña co carro das bone-cas, coas barbies? NON! Seguimos mirando o catálo-go, pero esta vez vexo que o fondo xa non é de cor rosa senón que é azul, e as imaxes son pistolas, co-ches... Hai algunha rapaza con algún destes xoguetes? NON!

Decatámonos do que está a pasar? Xa nos educan dende meniños cal debe de ser o lugar de cada un: os nenos traballando con martelos, pas, pistolas... e, pola contra, ás rapazas -como somos máis "sensibles"- póñennos nos catálogos coas bonecas, cociniñas, etc. como querén-donos dicir que de maiores temos que coidar dos nosos fillos e limpar. E os homes, no entanto, teñen a obriga de traballar coas pas, ca-mións… Por que normalmente se vis-te ós rapaces de azul e ás rapazas de rosa cando son cativos? Para diferenciar-

nos? Non creo, para iso te-mos o nome, entón por que? O azul é símbolo de valentía, fortaleza, poderio… O rosa é simbolo de debilidade, impo-tencia

Todos/as podemos encontra-nos con isto ó longo da nosa vida cando collemos calque-ra catálogo… Facede a pro-ba no próximo nadal no catá-logo dos xoguetes e compro-baredes o que estou a dicir! Ben, tamén hai que dicir que hoxe en día isto está a cam-biar pero non creamos que esta transformación vai aca-bar dun día para outro se non somos conscientes e non poñemos o noso gran de area combatendo estes pre-xuíxos!

Por ANDREA VáZQUEZ (4º A)

Xa nos educan dende

meniños cal debe ser o

lugar de homes e

mulleres

Por que normalmente se viste ós rapaces de azul e ás rapazas de rosa cando son c a t i v o s ? P a r a diferenciarnos?

Page 45: A Nosa Voz

45

EXPRÉSATE

AAAA p r o v e i t a n d o a “celebración” do Día do Pai deume en pensar en certas

efemérides dende unha pers-pectiva crítica. Non entendo porque xusto o 19 de marzo ten que ser o día do pai, digo eu, se é teu pai, terás que querelo todos os días, ou?

Vale, pode que sexa porque é un día de recoñecemento para eles por ter que aturarnos todo o san-to ano... pero eu penso que o día do pai, da nai, e até o día dos namorados, deberían ser todos os días. Logo que? Unha parella de na-morados só amosa o seu afecto o día dos namorados? Unha nai ou un pai que traballa todo o ano só se lle recoñece o seu es-forzo nun día?

Creo que ás veces deberiamos darnos de conta de que estamos nunha sociedade cada vez máis consumista, e estas datas ("día da nai, pai, avós y demás fami-

lia...") non son máis que unhas

datas ditadas por alguén nas que aumenta o consumismo.

Por certo, este artigo fíxeno des-pois dunha longa conversa coa miña avoa: ela di que estas datas son as do Corte Inglés... Ha...ha..!! Non lle falta razón! Máis nada, reflexionade!

Por Cristina Piñeiro (4ºA)

SSSS abemos todos/as que Galiza ten dúas lin-guas, como tales de-bemos respectalas.

Pero estamos todos da acor-do en que o galego non sexa lingua oficial a todos os efec-tos? Por que un galegofalante non ten os memos derei-tos que falantes doutras lin-guas? Dende o meu punto de vista, o galego non carece de nada para ser unha lingua coma o castelán, o francés... Ten a súa escrita, ten o seu diciona-rio... pero ten falantes? O gale-go esta perdendo moitos falan-tes, por que? 1º Non é útil para ligar. 2º Es máis fino se falas caste-lán. 3º Se educas os teus fillos en castelán terán máis éxito. 4º Non falamos galego por que

é unha vergoña. 5º Non falamos galego porque mirarán para nós... e que di-rán?

E como estes cinco exemplos de prexuízos que eu puxen hai moitos máis pero creo que chegan para explicar por-que o número de falantes do galego decrece.

Tamén se fala o castelán por outras razóns: porque hai per-soas que se educaron nesa lingua, porque se sen-ten mais cómodos fa-lando nesta lingua...

Creo que non se de-bería obrigar a nin-guén a falar en gale-go! Iso sae de cada un, tampouco estou de acordo en que al-gunhas materias se nos obrigue a expre-

sarnos en galego! Porque co-mo xa dixen, Galiza é bilingüe e temos o dereito de expresar-nos nas dúas! Ben, o tempo que perdín escri-bindo isto non o perdín porque me aburrira senón para que todos reflexionemos un pouco e nos preguntemos a nós mes-mos estas cuestións. Entre to-dos creo que podemos conse-guir que o galego non morra!

Por Andrea Vázquez (4ºA)

Page 46: A Nosa Voz

46

OOOO luns 14 de abril o alumnado de terceiro e cuarto da ESO visi-tamos o Cottolengo,

en Santiago. Seguramente por ese nome non saibades de que estou a falar. O Cottolengo é unha ca-sa onde se acolle persoas con enfermidades crónicas (na ca-sa de Santiago teñen ata 58 enfermos) que non teñen re-cursos para seguir adiante ou que foron abandoados/as. A dirección desta casa recae nas monxas que, con axuda de voluntarios, levan a cabo as tarefas do día a día. Viven de doazóns que fai a xente sen ningún tipo de beneficio para o que as fai. Nós levámoslle os alimentos que depositamos nunha caixa

á entrada do colexio. Hai que dicir tamén que son persoas moi relixiosas e confían en que sobreviven día a día coa axuda de Deus, que os axuda sempre.

Deixando á parte as nosas crenzas e demais, hai que va-lorar o que estas persoas es-tán facendo, xa que traballar todos os días e seguir adiante sen saber o que che poida de-parar o futuro é un factor moi importante a ter en conta. Penso que o máis destacable

da excursión foi o espírito de superación que teñen estas persoas, que a pesares de estar enfermas traballan, axú-danse entre elas... e incluso algúns deles (os de máis ca-pacidades) están estudando para darlles clases @s seus compañeir@s. Forman unha familia. Tamén cabe destacar o que nos dixeron alí. Nós temos to-do o que queremos e aínda así cando temos un problema non sabemos aceptalo doutro xeito que non sexa discutindo ou comportándonos mal... Eles pódennos dar unha lec-ción de superación ante a vida e de que, aínda que nela haxa adversidades, hai que apro-veitar o bo dela e seguir adiante.

Por Adriana Fuentes (4ºB)

EXPRÉSATE

QQQQ ue é Sogama? É o acrónimo de Socie-dade Galega de Me-d i o A m b i e n -

te. Trátase dunha empresa pública galega creada polo Decreto 111/1992 da Xunta de Galicia, isto é, un servizo da política ambiental galega.

En Sogama atribúense a re-colla de lixo sen danar o medio ambiente e con ener-xía renovable, novas tecno-loxías...

A composición media dos re-siduos urbanos en Galicia é a que segue: - Materia orgánica-57% - Papel-13% - Vidro-8%

- Metais-3% - Plástico-11% - Varios-. o resto. A verdade é outra:

- Sogama é unha incinerado-ra na que se producen gases, non só pola queima senón tamén polo lixo que ten que esperar para ser quei-mada.

- Gástase moita enerxía en trasporte para mover o vidro e o papel para fóra de Galicia xa que non contamos cunha planta de reciclaxe.

- Sogama céntrase no rural nalgunha das súas

campañas, esto non é nece-sario xa que no rural se utiliza a maioría dos residuos como compostaxe, abono...

- Non se esixe o 50% da compostaxe que manda o Goberno.

Por María Prado (4ºA)

Vertedoiro ilegal da Areosa (Cerceda)

Page 47: A Nosa Voz

47

Querida compañeira: Neste día no que comprobo que te quero igual e posiblemente máis que outro calquera, dígoche que ti, miña vida, es todo o que teño neste mundo. Ti poderás dicirme que co paso do tempo irei con outra, tamén poderás dicir que cada vez que te vexo, quérote menos. Iso é mentira, querida miña. Eu téñote presente en todo momento, hora, data e lugar. Nunca pensaría en marchar con outra rapaza ou persoa que non foses ti, nunca pensaría en deixarte e nin se me ocorrería deixar de quererte, verte, aloumiñarte e bicarte con dozura. Sabes moi ben que me custa expresar o que sinto... pero nesta carta dígoche o que xa sabes, que te quero, que daría todo o que teño por ti, se por causa do azar ou do destino che ocorrese algo malo a ti, rapaza dos meus soños, eu non o dubidaría. Se fixese falla daría en bandexa a miña vida, pois se ti desapareceras deste mundo noso, o meu corazón non aguantaría e morrerí-a, a miña alegría, dozura, esperanza e vida acabarían. Sempre e agora dedícoche tempo, amor, cartas e poemas. Consúmome por ti. Pero sobre todo, o que máis aprecio é o cariño que lle teño á túa persoa, a ti, vida. Só ti es a dama, raíña e señora do meu corazón. Non me importa nada, só me importas ti, os teus ollos, a túa voz... Non paso nada por alto, gústasme ti e os teus defectos e tamén os aloumiños que me dás. Sempre te que-rerei, pois do meu corazón nunca te sacarei. Deséxoche o mellor en cada momento da nosa vida porque eu, o teu neno e cordeiriño, sempre intentarei darche o mellor de min. Vida miña, dedíco-che este poema: Sucando os mares en barca, pensaba no amor da miña vida, que algún día vería. Sempre te quererei e desde logo, cerca de ti estarei, pois nunca te abandonarei. Aínda despois da morte te recordarei o meu amor nunca abandonarei. Javier Vázquez (1º premio do 2º ciclo)

CCCC on motivo da celebración do día de San Va-lentín, o Equipo de Normalización e Dina-mización Lingüística convocou o “I Con-curso Literario de Cartas de Amor”. Outor-

gáronse dous premios en dúas modalidades: 1º ciclo da ESO e 2º Ciclo da ESO.

Cuntis, 14 de febreiro de 2008 Doce luz da miña vida:

Sinceramente, non sei cando alguén se namora, pero eu só sei que me deito pensando en ti, e que cando esperto todos os días pola mañá, sigo pensando en ti. Se eso non é estar namorado, non sei que o será.

Así é que, co meu corazón, redáctoche neste frío papel os meus sentimentos e emocións cara ti. Por iso é que con gran franqueza che escribo para que te decates de todo o meu amor por ti. Cando vexo os teus beizos, doce música; os teus ollos, dous luceiros encantados por cupido; o teu corpo, harmo-nía e paz para a miña mente encandilada por ti, que con eses movementos de cadeira, fanme sentir coma un manso gatiño. Ao teu carón síntome como nun leito brando e suave de ledicia.

Pídoche que nunca te separes de min, por favor, luz e vida da miña alma. Eternamente teu,

Mónica Campos (1º Premio do 2º Ciclo)

CREACIÓN

Page 48: A Nosa Voz

48

Estimado Tone: A verdade é que non sei como comezar esta carta, pero haberá que intentalo. Un día normal, coma un once de outubro de 2006, sucedeu a túa desgraza, unha desgraza que nunca debeu ocorrer. Entre as dez e as once tiveches un accidente. Para min esa noite todo ía tranquilo, ata a mañá seguinte, cando me chegou a noticia de que xa non volverías estar con nós, que nunca máis te volvería ver. Todo se acabara, os risos que me botabas, esas tardes e noites que pasabamos contigo, ninguén sabe o que é perder unha persoa tan querida coma ti. Xamais pensei que isto ía ocorrer, nunca o imaxinei. Ata hai pouco eu cría que volverías, que non te perdera, que te ía volver ver algún día, pero alguén me dixo que non ías volver. E así é, non vas volver estar con nós. Estou vivindo un pesadelo do que non podo saír. Non ten porta para saír pero si para entrar. Só me queda o teu recordo. Daría a miña vida porque estiveses aquí de novo? Si, iso sempre. Mataría por ti? Si, téñoche moito cariño e por ti faría moitas cousas máis. Durante moito tempo busquei algo neste mundo que puidera consolarme despois da túa perda, pero non o encontrei. Pero o que atopei foi a axuda das persoas que me queren de verdade. Todo son bá-goas por ti pero non volves. Por que? Non o sei. Acabáronse as bromas que nos facías, os teus risos, sempre estabas no bo e no malo, pero unha das cousas que máis desexabas era celebrar o teu dezaoito aniversario co meu irmán. Xa o tiñades todo preparado mais unha semana antes todo se chafou, ti xa non volverías máis e o teu soño foise. Agora cando miro cara a atrás véxoo todo gris e miro cara a adiante e todo é gris tamén. Hai un ano, catro meses e catro días que nos deixaches. Este ano farías vinte. Son 9864 horas sen ti, 236736 minutos sen ti, 14204160 segundos sen ti, despois de todo aínda me pregunto se algún volve-rás. Alberto, xamais borrarei o teu recordo. Esta carta vai dedicada a ti, dende onde ti esteas sei que a estás lendo. Tamén sei de xente que nunca máis te borrará da súa mente... coma o meu irmán, que nunca o fará porque eras e es un dos seus mellores amigos e iso é moi duro. Nunca te olvidaremos. Tone, quérote, nunca te olvidarei.

Lorena Conde Cascallar (1º Premio do 1º Ciclo)

Non poño nome porque non son ninguén. Non son ninguén, e sono todo, son o que ti queiras que sexa. O camiño ata a gloria só me leva á túa pel, morena, suave veludo. Cara de anxo, coroado dunha melena cor castaña escura, ollos brillantes de cor mel intensa, labios de caramelo... Paraí-so na Terra!!! Son aquela árbore que medra no teu corazón, regado polas bágoas dun amor inexistente, invisi-ble, imposible de explicar… Cumpre, estrela fugaz, o meu desexo, tan só quero estar xunto dela, fundido nun abrazo, bicándoa... Pola noite, soño con soñar contigo; pola noite, escapo do meu cuarto tan só para verte a través dun cristal. Pola noite... Oh grandiosa lúa, cobizosa da súa bele-za, confírmalle o que por ela sinto... Arde o segundo no que os teus ollos me tocan.Arde enteiro con cada aloumiño teu, treme chan nsssidtibadstateinfospeller teus bicos...Non hai máis mundo que o teu sorriso, non hai máis uni-verso que os teus ollos, ti para min élo todo... Cando miro ó ceo, o vento susúrrame un nome... Un nome, ó que con esta carta lle digo Quérote!!!

Sergio Castromán (2º premio do 1º ciclo)

CREACIÓN

Page 49: A Nosa Voz

49

Nas aulas de lingua de 4º da ESO probamos a compor poemas dadaístas colectivos. Co-mo? Seguindo os pasos que nos deu Tristan Tzara, o máximo expoñente desta corrente artística na literatura.

RECEITA PARA FACER UN POEMA DADAÍSTA

Tome un xornal e unhas tesoiras. Corte un anaco dun artigo que teña a extensión prevista para o seu poema. Recorte cada unha das palabras e métaas nunha bolsa. Mestúreas suave-mente. Extraia despois cada unha das palabras ao chou. Cópieas concienzudamente. O poe-ma aparecerá. E verase Vde. convertido nun escritor inmensamente orixinal e dunha sensi-bilidade encantadora, aínda que incomprendido polo vulgo.

Ao estilo Dadá, Diego Barros e Sergio Castromán (4ºA) elaboraron este poema, foto in-cluída:

O seguinte paso consistiu en es-coller tres palabras de clara pe-gada poética en cada un dos gru-pos feitos na aula e escoller, de entre todas elas, un total de cinco termos. A continuación, cada gru-po elaborou tres versos a partir dalgunha ou de todas as pala-bras seleccionadas e, seguindo a técnica do cadáver exquisito, do-brou a folla ocultando dous ver-sos e deixando o terceiro á vista. Logo, intercambiáronse as follas e cada grupo continuou o poema a partir do terceiro verso e así su-cesivamente até que a folla che-gou ao grupo que encetou o poe-ma, que se encargou de revisalo para darlle a forma final.

Obradoiro de Creación Poética Vangardista

Cadáver exquisito de 4º B

Cadáver exquisito de 4º A

CREACIÓN

Page 50: A Nosa Voz

50

O Obradoiro de Creación Poéti-ca rematou na rede, exactamen-te no blogue Seica chove no patio? Alí lanzámonos a elabo-rar varios “cibercadáveres exqui-sitos”, unha creación colectiva de versos que aproveita as posi-bilidades interactivas do blogue a partir de 2 ou 3 versos dun poeta galego. Estes foron algúns dos “cibercadáveres” resultan-tes.

Un poema da escritora Lupe Gómez deu pé aos versos de Manuel, Concha, Alba, Heladio e Cris, por esta or-de.

María Prado, Cristina, Heladio, María Rey e Noemi tiraron dos tres primeiros versos da poeta María Lado: “Quero un obxec-to…”

Por último, Sofía, María Rey e María Prado uniron os seus versos aos do poeta Miro Villar. A fotografía que ilus-tra este poema corresponde aos famo-sos Aguillóns de Ortegal.

CREACIÓN

Page 51: A Nosa Voz

51

Librarme deste inferno Chámome Xoán, teño 29 anos e son condutor de autobús escolar. Todos os días fago o mesmo percorrido. O luns xa estou desexando que chegue a fin de se-mana para poder librarme deste inferno. Cada día é peor. Cando leades o relato dunha das miñas xornadas de traballo entenderedes porque estou tan queimado no traballo. Saio da casa, subo no autobús e poño rumbo á primeira parada. Os rapaces so-ben contentos, eufóricos; saltan, berran… Eu sempre lles digo que senten, que estean quietos, que iso non se pode facer, porque pode haber un accidente e eu son o responsable, pero case nunca me fan caso. Segundo vou pola estrada, tamén me atopo con moitos outros inconvenientes. Coches mal aparcados, outros que non respectan os sinais, xente que nos pa-sos de peóns non espera a que o semáforo se poña en verde, e cruzan sen mi-rar. E por se fose pouco os rapaces non paran de facer barullo. O peor de todo pasoume ao parar nun semáforo. Cando se puxo en verde e arranquei atopeime no medio do cruce cun tolo que cruzou en vermello. Case o levo por diante! Conseguiu esquivarnos, pero subiu á beirarrúa e atropelou unha anciá. Unha traxedia que se podía ter evitado. Se ese tolo respectara os sinais de tráfico nada diso ocorrería.

En días coma ese eu desexaría non saír da cama, porque aín-da que vou todo o día sentado chego á casa moi canso e cunha dor de cabeza impresionante. Isto acabaríase se os ra-paces fosen máis educados e se todos fixesemos caso dos si-nais, pero a xente é tan atravesada que non o fai, e así, des-pois, pasa o que pasa.

Vanesa Camiña Ferreiro (4º C de ESO)

Nas categorías de Infantil e Primaria estes foron os gañadores:

- Paula Pereira Barros (Infantil)

- Silvia Villaverde Touriño (1º ciclo Primaria)

- Noelia González Pereiro (3º ciclo Primaria)

- Vanesa Toledo Bermúdez (Mención especial ao Maior Esforzo)

oooo Equipo da Biblioteca e o Equipo de Normaliza-ción e Dinamización Lingüística sumáronse ás VI Xornadas Culturais don Aurelio convocan-do un Concurso de Relatos sobre Educación

Vial para todas as etapas educativas.

CREACIÓN

Page 52: A Nosa Voz

52

CREACIÓN

DETECTIVES CULTURAIS DE 3º A DE PRIMARIA

“O rato do monte e o da casa”, por Enma

Saíu unha vez un rato da casa nun día de in-verno, e encontrou un rato do monte cheo de frío e moi fraco.

—E ti como estás así, tan fraco? —díxolle o da casa— Vente comigo, que alí onde eu estou hai sempre que comer sen necesidade de pasar frío nin mollarse para buscar de comer. -E o gato?-preguntou o do monte. -Boh! –respondeulle o da casa. Hai alí un, pero é coma se nada. Sem-pre está durmido.Ti ven, e verás como paso por diante del e nin se-quera me ve. Foron os dous para a casa, e viron o gato durmido diante da porta. Pa-sou o rato por diante del todo confiado, pero o gato abriu un pouco os ollos, deu un brinco, e o rato quedou entre as uñas e os dentes do ga-to. O rato do monte, que tal viu, deu media volta e dixo: -Vale máis no monte fraco, que gordo no cu do gato!

“O cabalo de feira”, por Manuel

Un cabalo vello foi levado polo seu amo a un circo para dar voltas nunha noria. E despois dun tempo, un día dixo o cabalo: “cando era novo e gañaba carreiras era cabalo, pero agora que son vello trátanme coma un bu-rro”.

“Coplas”, por Manuel

Ábrelle as portas ao día coa chave do teu cantar, que xa na fonte da lúa está lavando a mañá.

Bótalle o teu aturuxo á paisaxe desde o val que o gran .... das estrelas cairá serodio no mar.

O campo cheo de frío busca un anaco de sol acéndello unha fogueira co lume da túa voz.

Page 53: A Nosa Voz

53

Pico, pico, mazarico, quen che deu ese gran bico?

Deumo Deus para picar, piquei, piquei e repiquei

e un granciño de millo atopei. Leveino ao muíño,

o muíño a moer e os ratiños a roer. Collín un polo rabo

e leveino ao mercado. —Señora! Canto me da

por este cocho cebado? —Douche os bois, a vaca

e a burra para ir a cabalo. Collín outro polos calzóns

e tireino entre os terróns... Yeray

Chamáchesme sardiñeira aínda non comín sardiñas sardiñeira serás ti que comiches as espiñas. Alba

CREACIÓN

“O príncipe durminte”, por Alba Conta a historia que nun castelo moi lonxe hai un príncipe encantado. É moi guapo e pasa todo o ano durmindo e só esperta na mañanciña do día de San Xoán. Se ó espertar non atopa ninguén, volve durmir ata o ano seguinte. Así es-tará ata que un día vaia ao castelo unha princesa, que sente ao seu lado e alí quede ata que esperte o día de San

Xoán e a encontre. Cando isto suceda, o príncipe casará coa princesa e así desfarase o feitizo.

“A casa da capadora”, por Abrahán Existe unha casa en San Mamede de Piñeiro que din que está encantada porque anda solto pola casa o espírito da capadora. Chámanlle así porque dicían que lle cortara os testículos ao seu home, porque tiña unha relación sentimental cunha veciña. Entón, existe a lenda de que na casa anda o es-pírito da capadora porque anda vagando a súa alma en pena.

CANTO ME GUSTARÍA

Canto me gustaría, ser unha ave rapaz, sobrevoar o ceo estrelado, e a selva de par en par.

Canto me gustaría, poder tocar o algodón, que cobre o inmenso ceo, e éncheme o corazón. Canto me gustaría, inspirar aire fresco, e durmir nunha árbore, na que non teña medo.

Canto me gustaría, sentir a alma viva, cando eu mesma, toco a luz do día.

Iria Ribeiro Ramos (5º B)

Page 54: A Nosa Voz

54

CREACIÓN

Un lobo tiña o costume de seguir sempre o mesmo rabaño, sen atacalo nunca, e o pastor xa o conside-rou máis un gardián ca un posible inimigo. Un día, o pastor tivo que baixar ao pobo e pareceulle normal confiar as súas ovellas ao, no seu entender, inofen-sivo lobo. Que desengano tan grande! Ao volver en-controu o seu rabaño morto! Despois de moito pen-sar, deuse conta de que a culpa era só súa ao confi-ar nun lobo: quen se fía dos falsos amigos non pode esperar nada bo, pois un día ou outro acaban fallándoche.

Daniel Monreal Couso (5ºA) ADIVIÑAS RAPACES E RAPAZAS DE 2ºB Adiviña cal é a palabra que falta Acabáronse as vendimas e veñen as esfolladas, para comer coas mozas catro castañas

A castaña no ourizo eu ben che sei o que fai, se é que está verde, madura, e se está madura,

Santo que estás no canizo bota castañas abaixo, que anque non teño mandil apáñochas no

COUSAS CURIOSAS

- O xirasol é un cultivo de secano que xira e xira ao longo do día para mirar o Sol. - Segundo os neurofisiólogos o noso cerebro está capacitado para aprender 20 ou 25 idiomas. - George Henny Schmit, membro da ONU, pode comunicarse en 31 idiomas. Xa pode falar!

No alto vive no alto mora no alto tece a tecedora.

QUE É?

Page 55: A Nosa Voz

55

Como chegou o outono e con el os cogomelos propoñemos que fagades de detectives e busquedes un cogomelo seguindo as pistas: - Non ten un cogomelo ne-gro sobre ela. - Nin un cogomelo con raias horizontais á súa dereita. - Tampouco está rodeada por ningún cogomelo con boliñas.

PASATEMPOS

Page 56: A Nosa Voz

56

OS CINCO Empregando en cada caso cinco cin-cos e combinando as operacións bá-sicas (suma, resta, multiplicación e división), poderías escribir os dez primeiros números?

PASATEMPOS

ESTRÉS Un alumno fíxolle ó seu profesor o seguinte razoamento: “Non podo vir a clase porque non me queda tempo: • Teño que durmir 8 horas diarias (122 días ó ano) • Hai 104 sábados e domingos • 60 días de vacacións • Necesito 3 horas diarias para comer (45 días ó ano) • 2 horas diarias para xogar (30 días ó ano) En total, 122+104+60+45+30= 361 Xa ve, non me queda tempo” O profe repasou as contas e comprobou que non había erros, como é posible?

CHAMAN Á PORTA TOC x TOC= ENTRE Tendo en conta que cada letra representa unha cifra diferente e que a primeira non po-de ser 0, cal será a cifra que corresponde a cada unha?

OS CATRO SOSPEITOSOS Características dos números sospeitosos: • Son catro números primos • Teñen esta forma: AA BAB BACD AAAC • As letras A, B, C e D teñen o mesmo valor en todos eles, eses valores son

diferentes e en cada número están colocadas na orde exporta antes. • A letra B non vale 3.

TES CAMBIO? Nun peto temos moedas de tres clases: 5, 20 e 50 céntimos. En to-tal 12 moedas cun valor de 2 euros e 85 céntimos (2,85 €). Cantas moedas hai de cada tipo?

PASATEMPOS MATEMÁTICOS

Podes atopar as solucións a estes pasatempos na páxina do Equipo de Normalización! www.blogoteca.com/nalinguadetodos

Page 57: A Nosa Voz

57

Este ano mercamos unha morea de libros cos cartiños do premio que nos deron. Hainos de todos os ti-pos, así que animádevos e visitade a biblioteca .

Como vos gustou moito a actuación do grupo Migallas, pensamos trae-los outra vez o próximo curso. Tamén foi interesante a actividade lúdica co ilustrador Orballo, que avivou a nosa imaxinación e creati-vidade. Dende a Biblioteca animaré-

A NOSA BIBLIOTECA

molo para que nos visite outra vez.

Esperamos recoller a vosa opinión sobre as actividades feitas no “Buzón de suxeren-cias”: títeres, contacontos, actuación do mago… para repetir ou engadir outras no-vas. Asdo.: Termiño.

Máis info. sobre as actividades da Biblioteca en: http://centros.edu.xunta.es/cuntiscpi/?q=node/110

Page 58: A Nosa Voz

58

SOLUCÍON AOS PASATEMPOS

Hai varias posibilidades, aí vai unha: 0= (5-5) x 5+5-5 1= (5+5): 5-5 : 5 2= 5-(5+5+5):5 3= (5+5):5+5:5 4=(5+5+5+5):5 5=(5 x5):5+5-5 6=(5 x5):5+5:5 7=5+5:5+5:5 8= (5+5+5):5+5 9= (5+5) x 5-5:5

TES CAMBIO? O método máis doado semella ser por tanteo. Supoñamos a cantida-de de moedas de 50 céntimos: 5 de 50: 1 de 20 e 1 de 5 (só hai 7 moedas) 5 de 50: 0 de 20 e 17 de 5 (hai 18 moedas) 4 de 50: 4 de 20, 1 de 5 (hai 9 moedas) 4 de 50: 3 de 20 e 5 de 5 (hai 12 moedas). Esta é unha solución.

OS CATRO SOSPEITOSOS O “sospeitoso” máis doado de atopar é o de dúas cifras iguais. Pode ser 11, 22, 33,… O único primo é o 11 ( os demais son divisibles por 11) O segundo pode ser 111, 212, 313, 414, 515, 616, 717, 818, 919. Aplicando os criterios de divisibilidade, só poden ser primos 313, 717 e 919, pero B non é 3. Só quedan 717 e 919. Pasemos ó cuarto (oterceiro necesita os valores de C e D) Aplicando novamente os criterios de divisibilidade, o cuarto só pode ser 1117 polo que o segundo é 919. O terceiro só pode ser 9173

������������������������������������

CHAMAN Á PORTA Trátase dun problema de moita dificultade pero que permite profundizar nos algoritmos de cálculo. Algúns razoamentos iniciais poden axudar a atopar a solución: T só pode corresponder a 1, 2 ou 3. Doutro xeito o producto tería seis cifras e non cinco E non pode ser 2, pois nese caso o resultado tería que ser 2NTR2 e non hai ningún número que multiplicado por si mesmo (CxC) de un número rematado en 2 Se T=1, E= TxT=1 ou E= TxT+1=2, cousa que non pode suceder. T=2, entón E=4 e C=8 (non pode ser 2) e O=0 (208 x 208= 43264) Pódese intentar comprobar se hai outras solucións (a calculadora pode facilitar e acortar o proceso)

TOC x TOC

—————

����

����

����� ——————

ENTRE

ESTRÉS O truco do avispado alumno está en contar varias veces algunhas cantida-des: as horas de sono e para comer de sábados, domingos e vacacións. Días “lectivos”: 364-104-60= 201 Neses días lectivos, sacando as horas de sono, comer e xogar (8+3+2=11) quedan 11 horas para a clase. Suficientes, non si?

OS CINCO

Page 59: A Nosa Voz

59