de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h,...

19
músicas e outras paisaxes de Compostela de LUGARES e ÓRGANOS

Transcript of de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h,...

Page 1: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

músicas e outraspaisaxes de Compostela

de LUGARES e ÓRGANOS

Page 2: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

3

de LUGARES e ÓRGANOS

Por segundo ano consecutivo, De Lugares e Órganos convídanos a redescubrir o patrimonio da cidade de Compostela, coincidindo coa chegada da primavera. Faino a través dun comple-to programa de músicas atemporais, xunto con outras actividades que procuran afondar en aspectos da paisaxe urbana, a través dos seus espazos e da música, tomando como elemento inspirador o patrimonio organístico diseminado pola cidade.

De Lugares e Órganos propón trazar sobre o territorio da cidade un mapa de grandes espa-zos e pequenos recunchos para a música, para o encontro e o intercambio. Unha programa-ción na que conflúen artistas da contorna e formacións convidadas de diferentes procedencias. Música antiga e novas músicas, poesía, itinerarios polos órganos da cidade e os seus espazos, obradoiros, espazos para a conversa e a discusión. Son os elementos dunha programación que busca na música e nas propostas artísticas o recollemento e a quietude, pero tamén a provocación que incita á reflexión. Unha programación integradora, feita desde a cidade e para as persoas que a aman. Unha programación que se afianza pouco a pouco nun contexto de cambio, cunha mensaxe esperanzadora fronte ás mensaxes da desconfianza e da indiferenza. Un programa de músicas e actividades para o lecer, na busca de sendeiros para un camiñar e avance conxunto desde o respecto e a procura do entendemento.

Martiño Noriega SánchezAlcalde de Santiago de Compostela

Organiza: Concello de Santiago. Concellaría de Acción Cultural Dirección artística: Belén Bermejo LópezRedacción: Andrés Díaz Pazos e Belén Bermejo LópezAsesoramento lingüístico: Dpto. de Lingua do Concello de SantiagoCoordinación e deseño: Sirgo TorcendoMaquetación: Cátia LeiteProdución técnica: GoyplasonImprime: Gráficas Garabal S.L.

Page 3: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

54

Retirada de entradas:As entradas para as actividades e concertos son de balde, previa retirada de invitación a partir do 28 de marzo, no despacho de billetes do Teatro Principal, aberto de martes a sábado (mais días do evento) de 18.00 a 21.00 h. De non esgotarse, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar de celebración da mesma desde 1 hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas até 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.As actividades do espazo O órgano sae á rúa son de entrada libre até completar capacidade e non é precisa a retirada previa de entrada.No momento da retirada das invitacións para o Obradoiro de organería para crianzas, solicitarase o nome do neno ou nena así como un teléfono de contacto dun adulto.

OUTRAS PAISAXES

ITINERARIOS POLOS ÓRGANOS DE COMPOSTELA Páx. 18

Sábado 1 de Abril, igrexa da Compañía ou da Universidade, 16.00 h Sábado 8 de Abril, igrexa da Compañía ou da Universidade, 16.00 h Mércores 12 de Abril, igrexa da Compañía ou da Universidade, 16.00 h

MÁIS QUE MÚSICA

OBRADOIRO DE ORGANERÍA PARA CRIANZAS Páx. 21 Xoves 13 de abril, igrexa da Compañía ou da Universidade ás 12.00 h e ás 16.30 h

O ÓRGANO SAE Á RÚA Páx. 23 Venres 31 de marzo, Kookaï-Nafnaf, 19.30 h Mércores 5 de abril, Secretos de Galicia, 19.30 h Sábado 15 de abril, O Pazo das Musas, 12.00 h

ÓRGANOS IGREXA DA COMPAÑÍA OU DA UNIVERSIDADE Páx. 24 IGREXA DE SAN PAIO DE ANTEALTARES Páx. 26 IGREXA DAS ÁNIMAS Páx. 28 IGREXA DE SAN MARTIÑO PINARIO Páx. 30 IGREXA DE SAN MIGUEL DOS AGROS Páx. 32

PROGRAMACIÓN PRINCIPAL

GRUPO OURIOL E JOSÉ LUIS GONZÁLEZ URIOL Páx. 7 Venres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade

CUARTETO ALICERCE Páx. 9 Luns 10 de abril, 20.00 h, igrexa das Ánimas Ás 19.00 h preparación para a escoita

ANA PAZOS PINTOR E JULIA AMMERMAN YEBRA Páx. 11 Martes 11 de abril, 20.30 h, igrexa de San Miguel dos Agros

DOMINIQUE VELLARD E JAN WILLEM JANSEN Páx.13 Mércores 12 de abril, 20.30 h, igrexa de San Paio de Antealtares

PABLO SEOANE TRÍO ELECTROACÚSTICO Páx.15 Sábado 15 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade

CATALINA VICENS Páx.17 Domingo 16 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade

Page 4: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

76

GRUPO OURIOL E JOSÉ LUIS GONZÁLEZ URIOLMÚSICA Igrexa da Compañía ou da Universidade

Venres 7 de abril, 20.00 hDESCENDAT NUNC DE CRUCE

ESPECTÁCULO POÉTICO-MUSICAL

“Que ese Cristo, o Rei de Israel, descenda agora da cruz, para que vexamos e creamos” (Marcos 15:32)

Así narra o Evanxeo segundo San Marcos o escarnio co que o xentío increpaba ao que se dicía fillo de Deus pouco antes de morrer na cruz. Nos episodios da paixón de Cristo narrados nos evanxeos, atopamos unha chea de metáforas e imaxes que ilustran proble-mas filosóficos éticos ou morais intemporais cos que acotío se enfronta o home contem-poráneo. Da entrada triunfante en Xerusa-lén á condena unánime dun pobo, a traizón do amigo, a fraqueza do individuo, o dilema ante calar ou dicir a verdade, o medo á dor, ao padecemento, á soidade, son temas pre-sentes nos textos bíblicos nos que atoparon inspiración innumerables artistas ao longo dos tempos.

O grupo Ouriol constrúe, a través desta proposta poético-musical, o seu propio re-

lato arredor da paixón, cunha ben estuda-da escolla de poemas da literatura universal que se inspiran de maneira directa ou indi-recta nos textos dos evanxelistas. Mulleres e homes poetas de diversas épocas e pro-cedencias xúntanse a través da moi persoal voz dunha muller, a poeta e recitadora Eva Veiga, e dos compoñentes do grupo Ouriol, canda un dos grandes intérpretes de música para órgano, José Luis González Uriol, nunha representación na que se fará confluír todo un universo poético cunhas músicas que non son só un acompañamento, senón un acordo creativo que proporciona unha at-mosfera porosa na que o público se poida mergullar, en sensible respiración, e captar o sentir dos textos a través da música.

Eva Veiga, recitadoBernardo Martínez, clarinete e percusións

Fito Ares, clarinete baixo e frauta

José Luis González Uriol, órgano

Page 5: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

98

Luns 10 de abril, 20.00 hÁs 19.00 h, preparación para a escoita

MÚSICA Igrexa das Ánimas

CUARTETO ALICERCE

AS SETE PALABRAS DE XESUCRISTO NA CRUZ

UNHA RECREACIÓN VISUAL E MUSICAL DO EXERCICIO DAS TRES HORAS

Por encarga da catedral de Cádiz, Haydn com-puxo, cara a 1786, unha obra evocadora das últimas frases de Cristo na cruz, unha obra que se había representar durante o chamado exercicio das tres horas, unha práctica relixiosa orixinaria das misións xesuíticas do Perú e es-tendida, dende mediados do século XVII, por Hispanoamérica e España. O acto tiña lugar o Venres Santo entre as doce e as tres da tarde, nunha igrexa en penumbra na que se meditaba sobre as sete palabras que Cristo pronuncia na súa agonía na cruz, intercalando a interpre-tación de músicas compostas por Haydn para cada unha das sete frases.

Nesta ocasión, o cuarteto Alicerce afronta o reto de interpretar a obra de Haydn na súa versión para cuarteto de corda, recreando o ambiente escenográfico ao servizo da medita-ción que se buscaba nas representacións orixi-nais de La Santa Cueva, na igrexa do Rosario. O cuarteto Alicerce é un grupo de recente creación formado por músicos profesionais,

que conflúen neste proxecto musical came-rístico fundado coa intención de interpretar música para cuarteto de cordas dos períodos clásico e primeiro romanticismo europeos con instrumentos encordados en tripa, nun intento por recrear, coa maior fidelidade, a sonoridade e o espírito desas obras.

Con anterioridade ao concerto, teremos a oportunidade de conversar con Óscar Valado, director do Departamento de Música Sacra da Arquidiocese de Santiago, e o teólogo Andrés Torres Queiruga, moderados pola xornalista Belén Regueira, sobre diversos aspectos mu-sicais e teolóxicos que axudarán a afondar na escoita e entendemento do programa.

Jorge Montes, violínRoberto Santamarina, violín

María José Pámpano, violaCarlos García Amigo, violoncheloPablo Sampedro Magán, narrador

Alejandra Escolante, órgano

Page 6: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

1110

GLOSAS, CANTOS E DEVOCIÓN EN FEMININO

Estas dúas mulleres, radicadas en Compos-tela, xúntanse a través dun proxecto musi-cal no que se combinan dous instrumentos capaces de xerar fermosas e empastadas sonoridades: a corneta, un instrumento de vento que foi amplamente empregado no Renacemento como integrante das capelas musicais e que dobraba as voces, e un ór-gano histórico de tubos.

O programa de concerto fai un percorri-do por diversos cantos devocionais rena-centistas inspirados, xa na Virxe María, xa na muller, a través dos que se aprecian as influencias mutuas que se xeraron entre os mundos sagrado e profano ao longo da historia da música. A corneta e o órgano

Ana Pazos Pintor, cornetaJulia Ammerman Yebra, órgano

Martes 11 de abril, 20.30 h

MÚSICA Igrexa de San Miguel dos Agros

ANA PAZOS PINTOR E JULIA AMMERMAN YEBRA

conformarán así un diálogo de glosas sobre pezas como o Ave Maris Stella, do arquivo da Catedral de Santiago de Compostela, o Hanacpachap Cussicuinin, unha obra polifó-nica procedente do Novo Mundo, que está adicada á Virxe, ou Susanne un jour, peza inspirada no episodio bíblico recollido no Libro de Daniel, que enxalza a determina-ción da moza Susana establecendo, deste xeito, un claro paralelismo entre a pureza da protagonista e o dogma da pureza da Virxe María.

Page 7: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

1312

Mércores 12 de abril, 20.30 h

MÚSICA Igrexa de San Paio de Antealtares

DOMINIQUE VELLARD EJAN WILLEM JANSEN

O DULCIS AMOR

REPERTORIOS PARA VOZ E ÓRGANO DOS SÉCULOS XVI E XVII

Dúas das máis relevantes figuras do mun-do da música antiga, o tenor e fundador do grupo Gilles Binchois, Dominique Vellard, e o organista Jan Willem Jansen, xúntanse para ofrecer un programa de música vocal e instrumental que propón unha viaxe que percorrerá desde a polifonía renacentista española ata a monodía italiana do s. XVII. Un programa conformado por músicas de compositores como Monteverdi ou Fres-cobaldi, que foron quen de desenvolver, no Barroco, novas estéticas e técnicas a partir dunha tradición profundamente arraigada no Renacemento, representada por mes-tres como Guerrero, Victoria ou Morales.

Un programa cheo de contrastes, virtuosis-mo e movemento como instrumentos ao servizo da expresividade.

Dominique Vellard, tenorJan Willem Jansen, órgano

Page 8: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

1514

Sábado 15 de abril, 20.00 h

MÚSICA Igrexa da Compañía ou da Universidade

PABLO SEOANE TRÍO ELECTROACÚSTICO

MUTEMA

VOCES, VONTADE, METAL, OUVIDO. PEZA EN TRES ACTOS

María Mutema é un personaxe da novela Grande Sertão: Veredas, de João Guimarães Rosa, unha muller que acabou co seu home derramándolle chumbo derretido no ou-vido por un funil. Mutema matou logo un crego, a quen tamén amaba, a contos. E, fi-nalmente, converteuse ela mesma en conto ou en canto, en cousa que anda nas voces.

As voces dos afectos, a vontade, o metal, o ouvido, a degradación que entra pola orella. Ou morte pola orella. Mutema é unha mú-sica que xorde arredor destes elementos, que celebra o que neles está implícito. Unha peza dividida en tres partes, composta por Pablo Seoane, que afonda na experimen-tación sonora e tímbrica dos instrumentos, para trasladar ao ouvinte un universo de elementos narrativos.

Pablo Rega, electrónicaSaúl Puga, contrabaixo

Pablo Seoane, composición, dirección e órgano

Page 9: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

1716

Domingo 16 de abril, 20.00 h

MÚSICA Igrexa da Compañía ou da Universidade

CATALINA VICENS

RENACERES

MÚSICA ANTIGA E CONTEMPORÁNEA PARA INSTRUMENTOS DE TECLA ANTIGOS

Obras de: Afonso X, do Codex Las Huelgas, Codex Rossi, Antonio Cabezón ou Enno Kastens, entre outros

Catalina Vicens está considerada como un dos valores máis sólidos do mundo da mú-sica antiga e unha das novas promesas das últimas promocións de músicos saídos da Schola Cantorum de Basilea. Nada en Chile, estudou clave en Estados Unidos e Euro-pa, especializándose máis tarde en música medieval, con experiencia tamén no eido da interpretación de repertorios de música contemporánea para instrumentos de tecla históricos.

No programa de concerto, Catalina Vicens alternará diferentes instrumentos antigos de tecla para interpretar un variado reper-torio de músicas dos séculos XIII a XVI e, ao tempo, músicas contemporáneas com-postas especificamente para seren inter-pretadas en instrumentos antigos, e coas que poder explorar todos os seus recursos e límites sonoros.

Catalina Vicens, portativo, espineta, órgano

Page 10: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

1918

Adrián Regueiro, órganoAndrés Díaz Pazos, relator

Xa dende principios do século XVI, a cida-de de Compostela foi o máis importante centro de construción de órganos e de for-mación de organeiros do noroeste penin-sular. Probablemente esta actividade viñera xa sendo realizada na cidade dende a baixa Idade Media, pois sabemos que a catedral e algún outro templo contaban con órgano, e mesmo que algún mestre local foi construír instrumentos fóra, como é o caso de Al-fonso Gondissalbo que, en 1414, constrúe un instrumento para a catedral de Barce-lona. A razón da profusión destes artesáns na cidade era a existencia de numerosos clientes aos que atender. O primeiro deles, dende logo, a Catedral e a súa fábrica, pero tamén os numerosos conventos e igrexas da cidade. Por esta causa, hoxe en día a cidade alberga aínda 16 órganos, en esta-dos diversos de conservación. Todos estes instrumentos, e outros moitos espallados por Galicia e mesmo fóra dela, son teste-muña da importante actividade organeira que, desde Compostela, se desenvolveu ao longo de varios séculos, e que tentaremos descubrir a través destes itinerarios e do resto das actividades do ciclo.

ÓRGANOS E ORGANERÍA EN COMPOSTELASábado 1 de abril, 16.00 h

Visita aos órganos da Compañía, San Paio e San Martiño Pinario

Sábado 8 de abril, 16.00 hVisita aos órganos da Compañía,

San Paio e San Martiño PinarioMércores 12 de abril, 16.00 h

Visita aos órganos da Compañía, San Miguel e San Martiño Pinario

OUTRAS PAISAXES

ITINERARIOS POLOS ÓRGANOS DE COMPOSTELA

Para descubrirmos os vestixios dunha frutífera actividade arredor do órgano na cidade de Com-postela e o rico legado organístico que aínda se conserva nela, propoñemos novos itinerarios nos que descubrirmos algúns dos órganos que inte-gran estas descoñecidas paisaxes. Nesta nova edi-ción renovamos a oferta de espazos visitados: os órganos das igrexas da Compañía, de San Miguel dos Agros, de San Paio de Antealtares e de San Martiño Pinario. Durante o percorrido podere-mos ver moi de cerca estes instrumentos, apren-der cousas sobre os seus construtores, estilos e a época na que foron construídos pero, e sobre todo, escoitar, naqueles órganos que aínda están en activo, o seu son.

Capacidade máxima: 60 persoasLugar de encontro: na porta da igrexa da

Compañía ou da Universidade

Page 11: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

2120

CONSTRÚE O TEU PROPIO TUBOMÁIS QUE MÚSICA Igrexa da Compañía ou da Universidade

OBRADOIRO DE ORGANERÍA PARA CRIANZAS

Unha actividade dirixida a nenas e nenos, que pretende aprenderlles que é un órgano, como funciona e a terminoloxía básica asociada ao ins-trumento: que é un tubo, o fol, os rexistros..., para logo construír un pequeno tubo de órga-no de madeira e iniciarse así no apaixonante e descoñecido mundo da organería e dos oficios relacionados cos órganos. Como complemento á actividade, proponse unha visita guiada por un órgano e as súas partes, diferentes xogos de discriminación auditiva, incluso a posibilidade de poñerse á fronte do instrumento e facelo soar!

Ademais, contaremos coa escritora Charo Pita, que será a nosa anfitrioa e nos fará partícipes dun divertido relato que terá o chamado rei dos instrumentos e a súa música como protagonistas.

Xoves 13 de abrilGrupo 1, de 12.00 h a 14.00 h

Grupo 2, de 16.30 h a 18.30 h

Capacidade máxima: 15 persoasPara nenas e nenos a partir de 6 anos e até 12

Page 12: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

2322

MÁIS QUE MÚSICA

Kookaï-NafnafDoutor Teixeiro, 20

Venres 31 de marzo, 19.30 hEncontro informal, música e conversa arre-

dor dos órganos

Secretos de GaliciaSanto Agostiño, 7

Mércores 5 de abril, 19.30 hEncontro informal, música e conversa arre-

dor dos órganos

O Pazo das MusasRúa Nova, 8

Sábado 15 de abril, 12.00 hConversa e música con Catalina Vicens: os

instrumentos antigos de tecla

O ÓRGANO SAE Á RÚA

O órgano sae novamente á rúa e ao en-contro da cidadanía coa idea de trasladar as actividades do ciclo a ámbitos diferentes do seu contexto habitual ou dos espazos de concerto programados. Para aquelas per-soas que queiran afondar un pouco máis nos contidos da programación, coñecer os artistas, ou simplemente albiscar algo do que imos ver e escoitar, propoñemos pe-quenas iniciativas e encontros en estable-cementos da cidade, nos que participarán músicos, persoas expertas en diferentes temas ou colaboradoras do proxecto, can-da o propio público. No conxunto das ac-tividades teremos oportunidade, ademais, de iniciármonos no oficio da organería ex-perimentando co mecanismo interno dun pequeno prototipo de órgano desmonta-ble. Encontros que, sen dúbida, axudarán a entender e gozar máis dos concertos e das actividades programadas.

Anímaste a vir connosco? Agardámoste!

Page 13: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

2524

A presenza do órgano na igrexa da Universidade hai que trazala a partir da translación dos racio-neiros da confraría do Sancti Spiritus ao templo a consecuencia da expulsión dos xesuítas en 1767. Esta expulsión motivou a distribución dos seus bens mobles e inmobles entre diferentes institu-cións da cidade e que a igrexa pasase a ser aten-dida polos anteditos racioneiros. Estes racionei-ros tiñan un papel destacado en diversas liturxias catedralicias, entre as que podemos destacar o canto da Salve á tarde, “diante da imaxe da Virxe preñada”, e dicir, a Virxe do O, daquela situada no antigo trascoro. Por este motivo, unha das cali-dades que tiñan que reunir os ditos racioneiros era a de posuír unha boa voz para participar co canto nestas liturxias que, de xeito ordinario, eran acompañadas polo órgano. Coa ocupación da igrexa polos racioneiros, hai constancia docu-mental do uso dun “realexo” (un pequeno órga-no portátil de 3 ou 4 rexistros) no templo, o cal indica que os xesuítas non a dotaran dun instru-mento. Ao mesmo tempo, contábase co servizo dun organista estable.

Con posterioridade, sobre o ano 1800, decídese construír un órgano de maior porte. O artífice elixido será o organeiro de orixe madrileña Ma-nuel Sanz, que se formara como oficial no taller do extraordinario organeiro real, Pedro Liborna Echevarría, e que xa traballara para o Cabido entre 1773 e 1778 na ampliación dos órganos da catedral. A obra durou de novembro de 1800

até abril de 1802 e tivo un custo total de 49.572 reais e 2 maravedís. Era esta unha suma elevada que viña supor, aproximadamente, o total das im-portantes rendas anuais que tiñan os racioneiros do Sancti Spiritus e, dende logo, moito máis do que dedicaban ás obras e mantemento da igrexa e aos seus empregados. Como detalles anecdó-ticos, diremos que o estaño da aliaxe dos tubos constituía un 10% aproximadamente do custo total da obra (4.250 reais), da mesma orde que o custo da caixa (4.730 reais, incluída a madeira) debida ao artesán local Agustín Trasmonte. O ta-mén artista local Manuel do Porto pinta a caixa, por un total de 2.000 reais.

O órgano, cara ao ano 1850, atopábase xa algo deteriorado, como se pode constatar por un in-forme do organeiro da Catedral, Pedro Méndez de Mernies, no que destaca a calidade do instru-mento e cifra o seu arranxo e posta a punto en 1.000 reais. Coa desamortización e o paso da igrexa á Universidade é probable que tanto o seu uso como os coidados necesarios para man-ter un instrumento destas características decae-ran. De feito, a fins do século pasado o órgano estaba inutilizado. A feliz intervención, en 1998, do especializado taller de organería de Gerhard Grenzing, baixo o soporte económico da Fun-dación Pedro Barrié de la Maza con motivo do V Centenario da USC, permitiron recuperar esta alfaia da organería histórica galega.

O ÓRGANO DA IGREXA DA COMPAÑÍA OU DA UNIVERSIDADE

Page 14: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

2726

Coa reorganización das ordes monacais en Galicia, a comezos do século XVI, as monxas beneditinas pasarán a ocupar o mosteiro de Antealtares e moi axiña construirán un órga-no, en 1537, feito por Pedro Vélez, un orga-neiro activo daquela en Galicia, en particular en Santiago. Xa no século XVII, no ano 1625, o daquela organeiro da catedral, Gaspar de Alaraz y Estrada, traballará tamén para o mosteiro, non sabemos se facendo unha profunda remodelación do instrumento xa existente ou un novo. Este órgano debeu durar até fins do século XVIII, que é cando o organeiro compostelán Alberto de la Peña constrúe o magnífico instrumento que hoxe podemos ver e escoitar. En efecto, entre 1782 e 1784 construíu De la Peña este ór-gano, un dos máis importantes que se con-servan en Galicia no seu estado orixinal. Tivo unha primeira restauración en 1974 a cargo do taller de organería de Gerhard Grenzing, que daquela escribiu del que se trataba dun-ha “peza mestra e unha representación exem-plar da arte dos organeiros españois”.

O instrumento, como dicimos, ten dous te-clados de 51 teclas, partidos e con oitava tendida. O primeiro teclado controla o cha-mado órgano maior: aquel composto polos

canos da fachada e outros máis dentro da caixa, pero na súa parte frontal. Pola con-tra, o segundo teclado controla a chamada “cadereta interior”, que é como un pequeno órgano independente, con todos os canos dentro da caixa situados cara á parte de atrás. O son deste segundo teclado é máis feble e afastado que o do primeiro, o que permite ao instrumentista introducir cam-bios de intensidade na súa interpretación, e tamén cambiar os timbres, pois cada teclado dispón de diferentes rexistros. O número total de rexistros é de 13 na man esquerda e 15 na dereita, no órgano maior, e de 7 na man esquerda e 8 na dereita, na cadereta. Ten ademais 10 contras, ou canos de sono-ridade grave, que se poden accionar cos pés. Para Compostela en particular, e para Gali-cia en xeral, este instrumento representa un dos cumes da arte organeira, no momento de máximo esplendor do chamado órgano barroco ibérico. É, por tanto, unha das pezas máis importantes, en termos absolutos, do noso patrimonio histórico, construído ade-mais por un organeiro formado en Com-postela, daquela un dos principais focos da organería peninsular.

O ÓRGANO DE SAN PAIO DE ANTEALTARES

Page 15: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

2928

Ademais da Catedral e da gran cantidade de mosteiros da cidade, houbo historica-mente en Compostela outros clientes que moitas veces adquirían para si un órgano: as confrarías. Naturalmente, só as que tiñan rendas e recursos económicos suficientes podían permitirse un instrumento coma este e, en calquera caso, tratábase de ins-trumentos máis cativos cós da catedral ou os dos mosteiros máis importantes. Porén, temos noticia, dende bastante axiña, de que a Confraría do Rosario (con sede en San Domingos de Bonaval) tiña un órgano e contribuía a manter os restantes órganos do convento. Tamén quedan restos dun ór-gano, sufragado pola Confraría da Nosa Se-ñora do Socorro, na capela lateral de igual nome da igrexa de San Martiño Pinario. E a motivos similares respondía a presenza dun instrumento na capela da Confraría dos Clérigos do Coro da Catedral.

Así pois, cando se remata a igrexa de Ánimas, sede da Confraría das Ánimas, esta decide dignificar o magnífico templo e as súas cele-bracións, dotándoo dun órgano. Nun primei-ro momento (xaneiro de 1855) encargará-selle a Santiago Tafall, organeiro da Catedral

e daquela un dos máis importantes orga-neiros peninsulares, que será o que gañe o concurso convocado para súa construción. Porén, a sona de Tafall facía que estivese ocupado en obras de moita envergadura: entre 1855 e 1864 intervirá, entre outros, nos órganos grandes de todas as catedrais de Galicia a excepción da de Tui e, daquela, a obra das Ánimas queda sen facer. Non será até 1880 (segundo consta na caixa do instrumento) que o órgano quede remata-do, da man doutro organeiro compostelán, Ramón Cardama, do que non temos moi-tos datos mais alá das intervencións que fixo na cidade. Dentro da súa caixa neogó-tica, o órgano segue na súas características a estética do órgano barroco ibérico, es-cola na que probablemente se formase (e en certo modo “militase”) o seu organeiro, nun momento no que o chamado órgano romántico xa tiña acadado unha ampla di-fusión por toda Europa. Foi restaurado re-centemente polo taller de organería dos irmáns Desmottes, atópase nun excelente estado de conservación e é outra intere-sante peza do rico panorama dos órganos de Compostela.

O ÓRGANO DA IGREXA DAS ÁNIMAS

Page 16: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

3130

O impresionante edificio do convento bieito de San Martiño Pinario non podía deixar de contar cuns órganos á súa altura. Detrás da gran pantalla barroca do retablo maior, a am-bos os dous lados do coro, restan dúas caixas xemelgas, aínda con algúns tubos de fachada orixinais. Estes órganos foron construídos por unha parella de organeiros irmáns, naturais de Tui: frei Manuel Rodríguez Carbajal, que profe-sara como leigo no propio mosteiro en 1714, e o seu irmán Antonio Rodríguez Carbajal. Sabemos seguro que un deles foi construído antes de 1724, pois cando o segundo dos or-ganeiros pretende unha praza na catedral de Palencia, o Cabido recibe un informe ao seu favor, do padre mestre de San Martiño. Di frei Juan Sánchez que Antonio, xunto co seu irmán, fixera o órgano do mosteiro. Cualifícao de bo traballador e de ser moi experimentado, tan-to en facelos como en afinalos. Máis tarde, en 1733, o abade Cornejo manifesta, en consello, a súa intención de facer un órgano novo coa súa caixa, xunto coas novas tribunas, todo por riba do coro. Daquela traballaría nel Manuel, que case levaba 20 anos de leigo como or-ganeiro, probablemente axudado polo seu ir-mán. É moi probable que este segundo órgano sexa o do evanxeo, no que aparece escrito o ano 1734, no cano máis grande. Estes órganos con caixas xemelgas de San Martiño deberon ser os cuartos que se viron polas nosas terras, despois dos das catedrais de Santiago, Mondo-

OS ÓRGANOS DE SAN MARTIÑO PINARIOñedo e Tui. Foi esta unha moda que terminaría espallándose por todo o resto da Península a partir do modelo compostelán. A decoración e factura das caixas indica que deberon ser realizadas por Miguel de Romay que, amais do propio retablo maior da igrexa do mosteiro, xa fixera as dúas caixas dos órganos da catedral. Coa desamortización e a perda das impor-tantísimas rendas dos frades, o mantemento e conservación debeuse de tornar en pouco menos que imposible e o organeiro Mariano Tafall constrúe, na segunda metade do século XIX, un pequeno órgano a carón do órgano da esquerda, para uso do, daquela xa, Semi-nario Maior.

Dentro do propio templo, e nun lugar sor-prendente, podemos tamén observar (non sen certa dificultade pola altura á que se ato-pan) uns poucos restos doutro órgano, den-tro da capela do Socorro. Esta capela, que foi comezada en 1739 por Fernando de Casas, pertencía á rica Confraría do Socorro. Entre 1740-1750 procederase á súa decoración e, en 1746-1749, farán o retablo Fernando de Casas e José de Leis. Xa que logo, o órgano debeu de ser construído por esas datas ou algo posteriormente. Nun inventario de 1838, aínda se fai constar que “contiene dicha Capilla un organo sobre su cornisa”. Dende logo, un ór-gano só apto para organistas sen vertixe.

Page 17: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

3332

Non é frecuente no noso país atopar órga-nos nas igrexas parroquiais. O órgano é un instrumento caro, tanto de fabricar como de manter, xa que require unha man de obra moi especializada. Amais, obriga ao pagamen-to dun organista. Os poucos que atopamos están localizados, xeralmente, naquelas vilas nas que o concello contribuía dalgunha ma-neira ao ornato da parroquia por mor dun maior esplendor das festas relixiosas nas que participaba. Tamén, cara a mediados do século XIX, as parroquias máis ricas das cidades co-mezan a ter o seu órgano. En Compostela, a moi antiga parroquia de San Miguel tiña unha economía saneada en virtude da acumulación de doazóns e fundacións dos seus fregueses e, daquela, no século XIX, puido afrontar o gasto de contar cun órgano.

Trátase neste caso dun órgano de propor-cións modestas, pero axeitado para o tem-plo no que se atopa. Foi construído polo que daquela era organeiro da catedral, Pedro Méndez de Mernies, en 1842, e foi restaurado en 2001 polo taller de organería dos irmáns Desmottes. Responde en todo ao prototipo

O ÓRGANO DE SAN MIGUEL DOS AGROS

de órgano barroco ibérico que se asentaría na Península cara a fins do século XVII. Cons-truíuse o órgano ao tempo que se remode-laba a igrexa, ao que contribuíu activamente o seu párroco, Xosé Velázquez Carbajal. O contrato foi outorgado o 9 de novembro de 1841, e nel, amais dos rexistros dos que debía constar o instrumento, especificábase o seu custo: 11.500 reais. O órgano estaba rema-tado en agosto de 1842, cando se lle fai o último pago ao organeiro e se lle dá unha propina de 500 reais. Mernies, canda o seu oficial José Linares, seguiría encargándose do mantemento e afinación do órgano, e mesmo da reposición dalgún cano roubado, até a súa morte, en 1853. A fins do século XX o instru-mento estaba moi deteriorado e totalmente inutilizable. Tivo que ser, de novo, outro teimu-do preste, o actual párroco don Jaime López Ramón, quen non sen moito pelexar lograse xuntar os cartos precisos para a súa restaura-ción. E é grazas á colaboración de todas esas persoas conectadas pola música a través de tres séculos que, hoxe, podemos gozar de novo deste fermoso e nobre instrumento.

Page 18: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

3534

Agradecementos

_Comunidade de beneditinas de San Paio de Antealtares de Compostela_Santiago Ferreiro Fernández, párroco da igrexa das Ánimas_Jaime López Ramón, párroco da igrexa de San Miguel dos Agros_Museo San Martiño Pinario e Seminario Maior compostelán_Dip. Ing. Herbert Kuen, construtor de instrumentos de tecla e do prototipo de órgano_A todas aquelas persoas e establecementos de Compostela que fixeron posible coa súa colaboración este proxecto

Page 19: de LUGARES e ÓRGANOS - COMPOSTELA - Capital · PDF fileVenres 7 de abril, 20.00 h, igrexa da Compañía ou da Universidade ... música para cuarteto de cordas dos períodos clásico

O Pazo das Musas

COLABORAN