DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf ·...

8
Clube de Montaña Xistra Rúa Zaragoza 62 Baixo Apdo. 5.430 - 36200 VIGO Telf./Fax 886 11 70 11 www.xistra.org [email protected] DATA 01-09-2013 ao 03-09-2013 ACTIVIDADE Travesía polo Macizo do Vignemale LUGAR Pirineos ORGANIZA Particular MEMORIA Chegamos ao val de Ossoue e fixemos noite de campamento xunto o embalse, preto dunha cabana, a 1840m de altitude. Tíñamos un día espectacular, pero á noite, fixo un frío de mil pares... Ao amencer, levantamos as tendas e comezamos a ascensión cara o refuxio de Bayssellance, o refuxio gardado mais alto do Pirineo, a (2651m). O camiño ben sinalizado, chega ata o barranco onde vemos unha fermosa fervenza e atravesamos o nevero Pont de Neige, feito polas avalanchas. Seguimos subindo en zigzag por unha pronunciada ladeira ata chegar a un cruce, onde nos indica que o refuxio queda a 30 minutos collendo o camiño da dereita. O camiño da esquerda vai cara o glaciar de Ossoue. Continuamos a ascensión por unha pendente pedregosa ata chegar ao refuxio. Facemos a reserva, e continuamos a ascensión ao Petit Vignemale, cara á contigua depresion da Horcada de Ossoue, ata mirar a vertente de Oulettes de Gaube, xiramos á esquerda, continuando polo cordal e atravesando logo unha ladeira chea de pedras ata facer cumio, a 3032m. Logo de disfrutar do panorama, baixamos, o refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase ambiente alpino. Estaba cheo ata os topes. O día seguinte, tocaba madrugar para facer o Gran Vignemale, tamén chamado Pique Longue. Antes de ir para o saco, puidemos observar, dende fora do refuxio, o mar de nubes que tapaba o val de Ossoue. Chega o día. Recollemos sacos e a tomar o almorzo. Mi madriña!! Unha cunca enorme de café (algúns comentaban o parecido coa de lavar as froitas). Torradas, pan alemá, manteiga, marmeladas... e leite, como non. Logo das despedidas oportunas, emprendemos a ruta.

Transcript of DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf ·...

Page 1: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

DATA

01-09-2013 ao 03-09-2013

ACTIVIDADE

Travesía polo Macizo do Vignemale

LUGAR

Pirineos

ORGANIZA

Particular

MEMORIA

Chegamos ao val de Ossoue e fixemos noite de campamento xunto o embalse, preto dunha

cabana, a 1840m de altitude. Tíñamos un día espectacular, pero á noite, fixo un frío de mil

pares...

Ao amencer, levantamos as tendas e comezamos a ascensión cara o refuxio de Bayssellance,

o refuxio gardado mais alto do Pirineo, a (2651m). O camiño ben sinalizado, chega ata o

barranco onde vemos unha fermosa fervenza e atravesamos o nevero Pont de Neige, feito

polas avalanchas. Seguimos subindo en zigzag por unha pronunciada ladeira ata chegar a un

cruce, onde nos indica que o refuxio queda a 30 minutos collendo o camiño da dereita. O

camiño da esquerda vai cara o glaciar de Ossoue. Continuamos a ascensión por unha

pendente pedregosa ata chegar ao refuxio. Facemos a reserva, e continuamos a ascensión ao

Petit Vignemale, cara á contigua depresion da Horcada de Ossoue, ata mirar a vertente de

Oulettes de Gaube, xiramos á esquerda, continuando polo cordal e atravesando logo unha

ladeira chea de pedras ata facer cumio, a 3032m. Logo de disfrutar do panorama, baixamos, o

refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

ambiente alpino. Estaba cheo ata os topes. O día seguinte, tocaba madrugar para facer o

Gran Vignemale, tamén chamado Pique Longue. Antes de ir para o saco, puidemos observar,

dende fora do refuxio, o mar de nubes que tapaba o val de Ossoue.

Chega o día. Recollemos sacos e a tomar o almorzo. Mi madriña!! Unha cunca enorme de café

(algúns comentaban o parecido coa de lavar as froitas). Torradas, pan alemá, manteiga,

marmeladas... e leite, como non. Logo das despedidas oportunas, emprendemos a ruta.

Page 2: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

Baixamos un pouco pola ruta de acceso pero deixamos o camiño do val, xirando á dereita e

avanzando en horizontal por unha inestable ladeira, con zonas aéreas, onde temos que ter

coidado, non só con non caer ladeira abaixo, se non tamén coa fauna que pasa por riba de

nos, que sempre nos mandan algún recordo pedregoso... Por fin chegamos ao leito do glaciar,

onde poñemos os crampons e achantamos unha mochila con peso innecesario para a

ascensión. Alí está a morrena e a torrentera principal. O camiño mais transitado era subindo

pola esquerda, arrimado al Montferrat e logo en diagonal hacia ó glaciar. Nos subimos

directamente polo glaciar, en pequenos zigzags. Deixamos á dereita o Pitón Carré e chegamos

á base do Pique Longue, onde quitamos os crampons e iniciamos a trepada. A parte mais

baixa está pulida polo xeo (observamos como os guías levaban gatos nestes tramos), pero

mais arriba xa abondan as presas. É recomendable o uso de casco nesta trepada, porque a

roca está moi descomposta e existe risco de caída de pedras. Fixemos a trepada en zigzag

cara á esquerda e a tres cuartos da ascensión, en diagonal hacia la cresta, saíndo dela a uns

20m do cumio e cresteando ata o pico do Gran Vignemale (3298m). Parece interesante facer

a cresta dende este cumio ata o Cerbillona, pero nos non arriscamos porque había un paso

aéreo na cresta intermedia que impoñía respecto... mellor encordarse. Nos baixamos por

onde subimos, e logo bordeamos polo glaciar pasando por debaixo das Covas de Russell,

chegando ao collado do Cerbillona, para comezar o ascenso ata o cumio do mesmo nome

(3247m). Non podemos pararnos moito, porque temos que baixar ata o encoro de Ossoue

para montar o campamento de novo. A neve estaba branda, facía fácil o descenso sen

crampons, intentado “esquiar” coas botas e axudando cos bastóns, con algunha caída que

outra, pero sen perigo por ir encordados e co piolet na man, por se as moscas... Chegamos ao

campo base, montamos as tendas e a compartir os logros cos compañeiros que se achegaban

ata o val para facer a ascensión ao día seguinte.

PARTICIPANTES XISTRA

Pilar Del Moral

Page 3: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

FOTOS

Val de Ossoue

Nevero Pont de Neige

Page 4: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

Camiño ao refuxio

Refuxio de Bayssellance

Subindo ao Petit Vignemale

Page 5: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

Cumio do Petit Vignemale (3032m)

Mar de nubes sobre o val de Ossoue, dende o refuxio

Leito do Glaciar de Ossoue, avanzando ata a morrena

Page 6: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

Subindo o glaciar en zigzag

O glaciar que non remata...

Pitón Carré (3197m). Xa queda menos...

Page 7: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

Base do Pique Longue

A trepada

A cresta

Page 8: DATA ACTIVIDADE - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_Vignemale2_web.pdf · refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase

Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo

Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11

[email protected]

Cumio do Pique Longue o Gran Vignemale (3298m)

Cumio do Cerbillona (3247m)