Crónica saída pico sacro

5
SAÍDA PICO SACRO Alumnado do CPI Virxe da Cela no Pico Sacro, Boqueixón. 16 outubro 2015 O Pico Sacro, en Boqueixón, é un lugar máxico cargado de mitoloxía. Din as lendas xacobeas que o corpo do Apóstolo Santiago, antes de chegar a Compostela, tivo que sortear os enganos da Raíña Lupa e do dragón que se agochaba no Pico Sacro. Por iso se elixiu este espazo para celebrar a xuntanza final do Proxecto Dragl (venres 16 de outubro de 2015), no que participou o noso centro escolar o pasado curso académico 2015-2016. Así que, uniformados e totalmente equipados con escudos e espadas, os rapaces de 2º e 3º da ESO acudiron á cita marcada o 16 de outubro de 2015, dispostos a loitar pola Fraternidade do Dragón. Neste caso a forza non era o importante, senón máis ben a estratexia, a lóxica, o traballo en equipo, a orientación e outras capacidades que ben tiveron a oportunidade de amosar o alumnado do noso centro… Durante horas estivemos percorrendo pistas labirínticas do Pico Sacro, atopándonos por momentos con outros centros educativos e combatendo con ansia ate ir acadando as pedras preciosas que unha vez sumadas leváronnos ao primeiro posto deste xogo de rol. Non conseguimos máis premio que a satisfacción de facer as cousas o mellor posible e sentirnos vencedores da xornada, e ben contentos marchamos cos nosos diplomas debaixo do brazo. Realmente foi unha xornada moi divertida que deixará por moitos anos a lembranza nas nosas memorias!

Transcript of Crónica saída pico sacro

Page 1: Crónica saída pico sacro

SAÍDA PICO SACRO

Alumnado do CPI Virxe da Cela no Pico Sacro, Boqueixón. 16 outubro 2015

O Pico Sacro, en Boqueixón, é un lugar máxico cargado de mitoloxía. Din as lendas

xacobeas que o corpo do Apóstolo Santiago, antes de chegar a Compostela, tivo que sortear os

enganos da Raíña Lupa e do dragón que se agochaba no Pico Sacro. Por iso se elixiu este

espazo para celebrar a xuntanza final do Proxecto Dragl (venres 16 de outubro de 2015), no

que participou o noso centro escolar o pasado curso académico 2015-2016.

Así que, uniformados e totalmente equipados con escudos e espadas, os rapaces de 2º

e 3º da ESO acudiron á cita marcada o 16 de outubro de 2015, dispostos a loitar pola

Fraternidade do Dragón. Neste caso a forza non era o importante, senón máis ben a estratexia,

a lóxica, o traballo en equipo, a orientación e outras capacidades que ben tiveron a

oportunidade de amosar o alumnado do noso centro…

Durante horas estivemos percorrendo pistas labirínticas do Pico Sacro, atopándonos

por momentos con outros centros educativos e combatendo con ansia ate ir acadando as

pedras preciosas que unha vez sumadas leváronnos ao primeiro posto deste xogo de rol. Non

conseguimos máis premio que a satisfacción de facer as cousas o mellor posible e sentirnos

vencedores da xornada, e ben contentos marchamos cos nosos diplomas debaixo do brazo.

Realmente foi unha xornada moi divertida que deixará por moitos anos a lembranza nas nosas

memorias!

Page 2: Crónica saída pico sacro
Page 3: Crónica saída pico sacro
Page 4: Crónica saída pico sacro
Page 5: Crónica saída pico sacro